Proposals galician

Page 1

Categorías das propostas establecidas no Manifesto Cidadán

1. Traballo

2. Benestar social

3. Finanza

4. Legalidade

5. Democracia

6. Medios de comunicación

7. Bens comúns

8. Medio

9. Emigración

10. Igualdade de xénero

11. LGBT

12. Persoas de etnia xitana

Propostas do Manifesto Cidadán


Traballo Proposta n º 1 Regulacións europeas dos períodos de prácticas en empresas. Os períodos de prácticas en empresas da Unión Europea deben estar pagados e regulados para que non sexan considerados man de obra oculta. Tódalas empresas que acollan a estas persoas deben proporcionar información clara e transparente sobre dito proceso. Proposta n º 2 Salarios mínimos na UE. Tódolos Estados membros da UE deben establecer un Salario Mínimo Interprofesional acorde co posto de traballo. Proposta n º 3 Unha Garantía Xuvenil real, sostible e eficaz en toda Europea. Debe introducirse a chamada Garantía Xuvenil (un programa recomendado pola Comisión dos Estados membros), así como máis fondos e sistemas de seguimento e avaliación para que sexa unha ferramenta eficaz e sostible contra o desemprego xuvenil.

Propostas do Manifesto Cidadán


Benestar social Proposta n º 1 Educación de calidade para todos. Acceso igualitario a unha educación de calidade, independentemente do nivel socioeconómico. Proposta n º 2 Forte resposta da UE ó amplo desemprego europeo: desemprego e beneficios sociais. A UE debe asegurar prestacións sociais e o subsidio mínimo de desemprego a tódolos desempregados da UE. Proposta n º 3 Dereitos de pensión na UE. Despois dunha vida de traballo, a pensión é un dereito e esta debería estar suxeita a unha cantidade estándar establecida a nivel europeo. A fragmentación nas contribucións non debe conducir á perda dos beneficios de pensións. Así pois, considérase xusto prever un tope para as pensións máis altas. Proposta n º 4 Renda Básica Incondicional a nivel europeo. Propoñemos introducir unha Renda Básica Incondicional a nivel europeo que sexa individual (non familiar), universal (tódolos cidadáns e residentes deben recibila), sen condicións (non debe estar suxeita a ningunha precondición ou nivel de benestar) e suficientemente ampla para cubrir as necesidades básicas. Ademais debe axustarse ás reformas financeiras sobre os impostos, incrementando a súa progresividade.

Propostas do Manifesto Cidadán


Proposta n º 5 Predominio dos dereitos sociais básicos. Deben garantirse os dereitos sociais básicos (estándares de vida dignos, o acceso ós servizos sanitarios, á vivenda e á comida) a tódalas persoas que residan en Europa. A UE debe encamiñarse cara un novo modelo social que se centre no crecemento económico e nos mercados financeiros.

Propostas do Manifesto Cidadán


Finanza Proposta n º 1 Deter o rescate financeiro e volver estruturar a industria bancaria. Pedimos que se deteña o uso do diñeiro dos contribuíntes para o rescate dos bancos e que se volva estructurar a industria bancaria cara funcións que sexan socialmente útiles. Proposta n º 2 Permitir a cancelación da débeda pública. A UE debe introducir normas en materia de quebra para os debedores públicos. Deste xeito, aquelas partes da débeda pública que non poidan ser saldadas serán canceladas. Proposta n º 3 Frear a competición fiscal. Por freo á competencia fiscal entre países da UE. Proposta n º 4 Taxa europea sobre as transaccións financeiras. Introducir unha taxa europea sobre as transaccións financeiras (Taxa Tobin). Proposta n º 5 Cooperación económica entre os países da UE. Promover a cooperación económica e acabar coa competición dañina entre os países da UE.

Propostas do Manifesto Cidadán


Legalidade Proposta n º 1 Combater os paraísos fiscais a través de lexislacións sobre a propiedade e o goce dos bens. A UE debe loitar contra os paraísos fiscais a través dunhas lexislacións sobre a recollida, a publicación e a distribución de datos relativos á propiedade e ó goze dos bens, así como sobre a súa transparencia e accesibilidade. Proposta n º 2 Perseguir os bens adquiridos ilegalmente. As autoridades deben centrarse na persecución dos bens adquiridos ilegalmente e introducir lexislacións que persigan ós presuntos autores do crime. Proposta n º 3 Confiscación dos fondos europeos e reutilización social dos bens adquiridos ilegalmente. A UE debe establecer a confiscación dos fondos europeos e promover a reutilización dos bens adquiridos ilegalmente para acabar coas actividades das organizacións criminais transnacionais. Proposta n º 4 Mellor coordinación entre as autoridades que investigan as actividades das organizacións criminais transnacionais. Deberíase introducir unha coordinación mutua entre autoridades locais, nacionais e europeas para dar unha resposta adecuada a este tipo de actividades..

Propostas do Manifesto Cidadán


Proposta n º 5 Cidadáns e auditores nos contratos públicos. As adxudicacións dos contratos públicos a nivel local, rexional, nacional e europeo deben involucrar a cidadáns e expertos independentes en materia de auditoria. Debe introducirse unha lista denominada Naming and Shaming (Lista da vergoña) que realice un monitoreo das irregularidades nos contratos públicos.

Propostas do Manifesto Cidadán


Democracia Proposta n º 1 Un goberno político europeo. Propoñemos que tódolos membros da Comisión Europea sexan nomeados polo Presidente da Comisión, quen debe ser elixido polo Parlamento Europeo de acordo cunha maioría política que xurda das eleccións europeas. Isto garante un verdadeiro goberno político baseado na representación política maioritaria da UE, en lugar do sistema actual no que os membros da Comisión son elixidos polos gobernos dos Estados membros, independentemente dos resultados políticos das eleccións europeas. Proposta n º 2 Un poderoso Parlamento Europeo. Propoñemos que o Parlamento Europeo teña a totalidade dos poderes lexislativos como normalmente se lle outorgan ós parlamentos nacionais. O Parlamento Europeo debe ser quen de iniciar procesos lexislativos de acordo cos resultados electorais expresados polos cidadáns europeos nas eleccións. Debe producirse tamén unha codecisión extensible a tódolos elementos que interveñen no proceso de toma de decisión dentro da UE. Proposta n º 3 Permitir que cidadáns de terceiros países voten nas eleccións europeas. Propoñemos que tódolos residentes europeos e os emigrantes sen nacionalidade europea pero con permanencia a longo prazo no territorio poidan votar nas eleccións europeas. Proposta n º 4 Mellorar a Iniciativa Cidadán Europea. Propoñemos que a Iniciativa Cidadán Europea (ICE) sexa máis cercana e accesible ós cidadáns e que cause un maior impacto sobre a lexislación europea.

Propostas do Manifesto Cidadán


Proposta n º 5 Listas transnacionais para as eleccións europeas. Debe modificarse a lei electoral da UE de maneira que se lle permita ós votantes elixir ós eurodeputados que presenten a súa candidatura nas listas transnacionais e que fagan campañas en varios países europeos. Proposta n º 6 Proceso constitutivo para unha democracia europea. Esiximos a revisión das estruturas democráticas europeas e a clarificación da división de competencias entre os Estados membros e a Unión Europea a través da activación dun proceso participativo que leve á creación dunha Convención Europea para toda a UE (incluíndo os 28 Estados membros), ou á Eurozona.

Propostas do Manifesto Cidadán


Medios de comunicación Proposta n º 1 Harrmonización das regras sobre a propiedade dos medios de comunicación. A UE debe aprobar un marco lexislativo sobre a propiedade dos medios de comunicación introducindo estándares mínimos para os Estados membros co fin de evitar a concentración de poder sobre os medios de comunicación. Proposta n º 2 Independencia dos órganos de supervisión na pluralidade de medio de comunicación. A UE debe garantir que as autoridades nacionais que regulan a pluralidade nos medios de comunicación sexan totalmente independentes dos poderes económicos e políticos. Proposta n º 3 Alfabetización nos medios de comunicación. A UE debe espallar as súas políticas de promoción da alfabetización nos medios de comunicación traballando conxuntamente con tódolos organismos da UE e coas autoridades locais e rexionais, así como intensificar a cooperación coa UNESCO e co Consello de Europa. Proposta n º 4 Liberdade e pluralismo nos medios de comunicación e establecemento de normas en Europa. A UE debe garantir que os medios de comunicación sexan libres e plurais a través dunha regulación base e baixo a supervisión dun corpo independente rexido por uns criterios comúns aplicables a tódolos Estados membros. Proposta n º 5 Transparencia sobre a propiedade dos medios de comunicación. A UE debe establecer un marco legal de transparencia sobre a propiedade dos medios de comunicación que sexa obrigatorio para tódolos Estados membros. Propostas do Manifesto Cidadán


Bens comúns Proposta n º 1 A auga é un ben común, non unha comodidade. Esiximos a aplicación dunha lexislación europea que estableza o dereito humano á auga potable, situando os servizos hídricos (dende a xestión dos recursos ata a súa distribución) fóra das normas do mercado interior, e excluíndoa da liberalización, para que sexa considerada un servizo esencial para todos. Proposta n º 2 Protexer o dereito dos bens comúns. Esiximos unha Carta Europea de Bens Públicos que protexa os servizos fundamentais e os bens comúns da privatización, ó mesmo tempo que se garante o acceso igualitario para todos, sen distincións.

Propostas do Manifesto Cidadán


Medio Proposta n º 1 Transición enerxética en Europa. Cumprir co compromiso de que o 20% da enerxía no 2020 será renovable e que no 2050 alcanzarase o 100%. Crearase tamén unha gran rede eléctrica para transportar enerxía renovable e para o autoconsumo enerxético por toda Europa. Proposta n º 2 Sustancias químicas nos alimentos. Prohibir o uso de pesticidas, cuxos efectos nocivos para a saúde humana xa foran probados, e establecer unha redución de impostos para os cultivos que non leven sustancias químicas. Proposta n º 3 Prohibir as operacións que usen a fracturación hidráulica na exploración e a explotación do gas de esquisto e do petróleo de baixa permeabilidade. Deben prohibirse tódalas operacións que utilicen a fracturación hidráulica na exploración así como a explotación do petróleo esquisto e do petróleo de baixa permeabilidade.

Propostas do Manifesto Cidadán


Emigración Proposta n º 1 Igualdade de trato e de dereitos entre os cidadáns da UE e os nacionais dun terceiro país. A UE debe garantir a igualdade de trato e de dereitos e debe estender o estatus de cidadanía europea a tódalas persoas establecidas en calquera Estado membro da UE. Proposta n º 2 Acceso á xustiza e criminalización dos emigrantes. A UE debe prohibir a criminalización dos emigrantes irregulares na política, na práctica, e na linguaxe, e adoptar medidas positivas para asegurar o acceso efectivo á xustiza de tódolos emigrantes, independentemente do seu estatus de residencia. Proposta n º 3 Implementar un Sistema Común Europeo de Asilo. A UE debe supervisar a aplicación do Sistema Común Europeo de Asilo, así como prestar especial atención ás seguintes áreas: acceso real ós procedementos de asilo, reformar o Convenio de Dublín, evitar a detención e acceso a unha asistencia xurídica eficaz. Proposta n º 4 Xestión das fronteiras europeas. A UE debe garantir unha protección efectiva, transparencia e responsabilidade sobre as violacións dos dereitos fundamentais dentro da xestión de fronteiras. Ademáis, debe tomar medidas efectivas para evitar a violación dos dereitos fundamentais nas fronteiras europeas.

Propostas do Manifesto Cidadán


Proposta n º 5 Alternativas á detención.

Non debe utilizarse a detención como mecanismo de control da emigración. Os Estados deben supervisar o proceso de peche dos centros de detención e pór en práctica alternativas á detención.

Propostas do Manifesto Cidadán


Igualdade de xénero Proposta n º 1 Redistribución do traballo reprodutivo Os Estados membros da UE deben adoptar tódalas medidas necesarias para lograr o recoñecemento, a redución e a redistribución do traballo reprodutivo e doméstico non remunerado, ademais de recoñecelo como unha responsabilidade social e colectiva en vez dun problema individual. Proposta n º2 Implementar a Resolución sobre a saúde sexual e reprodutiva e os dereitos asociados. Reivindicamos impulsar a implantación da Resolución sobre a saúde sexual e reprodutiva e os dereitos asociados e a Resolución sobre o acceso ó aborto legal e seguro en Europa. En particular, pídese promover a descriminalización do aborto dentro dos límites razoables do período de xestación (un mínimo de 12 semanas) e a eliminación das restricións que dificultan o acceso a un aborto seguro. Proposta n º 3 Loitar contra toda forma de violencia contra as mulleres. Esiximos que se implante un Plan de Acción Europeo para combater toda forma de violencia masculina contra as mulleres así como ferramentas legais, incluso unha Directiva Europea que loite contra toda forma de violencia masculina. Proposta n º 4 Actuar contra a crenza da muller obxecto. Impulsar un organismo europeo que promova a tolerancia cero sobre toda linguaxe sexista ou imaxe degradante das mulleres nos medios de comunicación e desenvolva estratexias educativas que impulsen a toma de conciencia entre a mocidade,dos estereotipos de xénero.

Propostas do Manifesto Cidadán


Proposta n º 5 Por fin a diferenza salarial de xénero.

Reducir a brecha, cando menos, en 5 puntos porcentuais por ano, e controlar se se produce un progreso real ou se a redución na brecha é o resultado dun empeoramento no salario dos homes.

Propostas do Manifesto Cidadán


LGBT Proposta n º 1 Lexislación sobre delitos de odio cara o colectivo LGBT. A UE debe adoptar unha lexislación sobre os delitos motivados por odio (delitos de odio) cara o colectivo LGBT: lesbianas, gays, bisexuais ou transexuais. Proposta n º 2 Implantar procedementos comúns de asilo para o colectivo LGBT. A UE debe asegurar a transposición e a implementación da Directiva 2013 sobre procedementos comúns de asilo, esta inclúe garantías procesuais sobre discriminación por motivos de orientación sexual e identidade de xénero. Proposta n º 3 Cambio de xénero sen necesidade de someterse a cirurxía. A UE debe introducir disposicións legais que aseguren que o cambio de xénero e os transexuais poidan realizar este proceso sen necesidade de someterse a cambios físicos. Proposta n º 4 Recoñecemento do matrimonio e outras formas de unión civil ou de rexistro civil. A Unión Europea debe asegurar que calquera parella que se una en matrimonio (ou por outro procedemento civil) sexa recoñecida como tal en calquera estado membro da UE. Proposta n º 5 Benestar infantil independentemente do estado civil dos pais e da súa orientación sexual. A UE debe garantir o benestar infantil en Europa, incluíndo o daqueles nenos que viven con familias do mesmo sexo, e independente do estado civil dos pais.

Propostas do Manifesto Cidadán


Persoas de etnia xitana Proposta n º1 A UE debe asegurar o cese dos desaloxamentos forzosos realizados á xente de etnia xitana dentro da UE. A Comisión debe aplicar os instrumentos legais existentes para asegurar o cese dos desaloxamentos (sobre todo dos desaloxamentos en masa) e facer que a xente de etnia xitana goce plenamente da liberdade de circulación e residencia na Unión Europea. Proposta n º2 Non o desmantelamento dos campamentos xitanos sen proveelos dunha vivenda adecuada como sustitución. A UE debe exercer máis presión sobre os Estados membros para cesar o desmantelamento dos denominados campamentos xitanos ou campamentos ambulantes. Dado o caso de que isto se produza, deberán proveelos dunha vivenda adecuada e dun área equipada polo tempo que sexa necesario. Proposta n º 3 Programas e proxectos eficaces para a inclusión da xente de etnia xitana na UE e nos Estados membros. Co fin de eliminar a discriminación a gran escala e a exclusión da xente de etnia xitana, cómpre implantar planes estratéxicos e programas de longa duración e a gran escala, en termos de decisión política, medios financeiros, recursos humanos, mecanismos de aplicación e de compromiso no tempo. A xente de etnia xitana debe participar en tódalas etapas de debate político que lle afecten. Proposta n º 4 Recoñecemento da xente de etnia xitana como parte integrante das sociedades europeas. A xente de etnia xitana debe ser recoñecida como parte integrante de Europa (de acordo coa súa lingua, costumes, tradicións e cultura) e non ser considerados «un problema

Propostas do Manifesto Cidadán


social» para combater o antiziganismo e a segregación. Pola contra, podería introducirse un sistema legal europeo que protexa ás minorias nacionais e transnacionais. Proposta n º 5 A UE debe asegurar unha calidade educativa para os rapaces de etnia xitana. A UE, xunto cos Estados membros, debe asegurar o dereito de todo rapaz de etnia xitana a unha educación de calidade para así combater o absentismo escolar e o abandono.

Propostas do Manifesto Cidadán


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.