13ª REVISTA FGJUDO

Page 1

REVISTA OFICIAL DA FEDERACIÓN GALEGA DE JUDO E DD. AA.

www.fgjudo.com

Nº13. XANEIRO 2009. EXEMPLAR GRATUITO. PROHIBIDA A VENDA

Sara Álvarez Campioa de Europa JÚNIOR 2008

Galicia na CUP KOREA OPEN

Cinco medallas para GALICIA NO NACIONAL ABSOLUTO 2008 Óscar Fernández, , medalla de ouro. Miguel Romero, Hugo Burgos, Sara Álvarez e Nagore Valle, medallas de bronce.


www.noris.es

NORIS

a túa traxe a medida.

NORIS, Sponsor oficial da Federación Galega de Judo e DD.AA.

NORIS JUDO SPAIN. Ciudad de Frías, 16 MADRID 280121 tlf. 913182205 fax 917983180


Nº13

Agradecemos a tódolos colaboradores a sua aportación, especialmente aos compañeiros judokas que ceden as suas fotos a esta redacción e en particular a o noso bon amigo Jesús Asensio.

4-5 Gala judo galicia

12-13 Cidade de Vigo

20-21 Escolar e C.G.T.D.

7 Campionatos de Galicia

14-15 Congreso de Mestres

22-23 DD.AA. e breves.

8-9 Campionatos de España

16-17 Titulación e reciclaxe.

24-25 Concentracións

10-11 Internacional

26 18-19 Trofeo de Frutos e Miguelito. Hoxe falamos con

sumario

Mestre Lee Young

editorial


4

12ª gala fgjudo

Mario Muzas presidente da FGJUDO

MANUEL MONTERO VIDAL VICEPRESIDENTE 2º MEDALLA DE OURO AO MÉRITO DEPORTIVO DA R.F.E.J. Y D. A.

JOSE ENRIQUE SOTELO VILLAR DEPUTADO DEPORTES PONTEVEDRA MELLOR LABOR DE PROMOCIÓN

GUILLERMO SÁNCHEZ FOJO CONCELLEIRO DEPORTES NARÓN MELLOR CONCELLEIRO DE DEPORTES

JOSÉ ANGEL CRESPO JAIME ROQUE LÓPEZ PROFESOR CLUB LOBEIRA DTOR. DEPARTAMENTO ARBITRAXE MEDALLA DE PRATA AO MÉRITO DEPORTIVO MEDALLA DE BRONCE AO MÉRITO DEPORTIVO DA R.F.E.J. Y D. A. DA R.F.E.J. Y D. A.

JOSÉ GAGO GARRIDO JUAN RUMBAO GONZÁLEZ DTOR. DEPARTAMENTO WU SHU XEFE SERVIZO COORDINACIÓN DEPORTIVA MEDALLA DE BRONCE AO MÉRITO DEPORTIVO MELLOR INSTITUCIÓN PÚBLICA DA R.F.E.J. Y D. A. DIRECCIÓN XERAL PARA O DEPORTE

FRANCISCO MARTÍNEZ MERLAN DELEGADO FERROL MELLOR DELEGACIÓN F.G.J.

DE PE: MARIO MUZAS- RUMBAO - JOSE ENRIQUE SOTELO - JOSE FDEZ. MUIÑOS - LUIS RDGUEZ - ANGEL VILLAR - MARÍA BELLO - PIER VEIRA - JUAN C. PURRIÑOS ROBERTO NAVEIRA - JUAN J. RDGUEZ GENDE - JOSE R. LÓPEZ GACIO - JOSE LUIS DÍAZ. AGACHADOS: FRANCISCO SORIA - VICTORINO GONZÁLEZ MARCIAL ROMERO - LUIS SORIA MTEZ. - JUAN CARLOS GARABATOS


5 Mario Muzas presidente da FGJUDO.

PREMIO MELLOR JUDOKA FEMININA: DA. SARA ÁLVAREZ FOLGUEIRA (JUDO CLUB LUGO)

PREMIO MELLOR JUDOKA MASCULINO: “TROFEO MAXIMO CARUNCHO” D. JESÚS MAQUIEIRA CARRASCO. (JUDO CLUB LOBEIRA - VILAGARCÍA)

PREMIO MELLOR PROFESOR: “ TROFEO MESTRE DE FRUTOS” D. MIGUEL RAMOS MEDINA (GIMNASIO J.K. DE CORUÑA)

PREMIO MELLOR DEPORTISTA DE WU-SHU: D. ALFONSO VALCÁRCEL GIL. (CLUB AMIGOS DEL WU-SHU)

PREMIO MELLOR JUDOKA PROMESA: “ TROFEO JOAQUÍN ROLDÁN” D. PEDRO TEIJEIRO MIGUENS. (JUDO CLUB LOBEIRA DE VILAGARCÍA)

PREMIO MELLOR CLUB GALEGO: CLUB VIEIRASA FAMU DE VIGO.

PREMIO MELLOR DEPORTISTA DE AIKIDO: D. VICENTE ARES DURÁN. (CLUB MANCONTRO DE CORUÑA)

PREMIO MELLOR JUDOKA REVELACIÓN: “ TROFEO VENANCIO PARGA” DA. SARA GONZÁLEZ GRANDAL . (JUDO CLUB CORUÑA)

PREMIO PREMIO MELLOR ÁRBITRO GALEGO: D. SANTIAGO CONCHADO PAN. (JUDO CLUB SHIAI)

PREMIO MELLOR DEPORTISTA DE JIU-JITSU: DA. BLANCA ADIEGO LEZA. (JUDO CLUB CORUÑA)

PREMIO SIAREIRO DE OURO: “ TROFEO JOSE LUIS NAVEIRA” D. PACIANO FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ.


SEIPOL COA FEDERACIÓN GALEGA DE JUDO

" só os mellores " terannos nas súas mans

c/ Romil, 18 tlf. 986435873-986435677 VIGO 36202 seipol@terra.es


campionatos galegos infantil

absoluto, sub-23

cadete

CAMPIONATO do 2007

FEMININA -44 Ana Dapena / Bitácora -48 Rebeca Garrán / JC Coruña -52 Sofía Alonso / Eumegym -57 Selenia Quijada / Karbo -63 Sandra Cortiñas / JC Coruña -70 Rebeca Fernández / Carral +70 Lorena Barros / CDUS

MASCULINA -42 Rodrigo Rodríguez / Cambre -46 Pablo Forján / CDUS -50 Sergio Caamaño / Culleredo -55 Rubén Vázquez / Shiai -60 Saúl Rodríguez / Do Majo -66 Manuel González / CDUS +66 Daniel Cebeira / Oleiros

MASCULINA -50 Alvaro Pedreira / CDUS -55 Francisco Vázquez / Shiai -60 Eduardo Sobral / Vieirasa-Famu -66 Lázaro Rodríguez / Bazán -73 Jonathan Lamas / Liceo La Paz -81 Gabriel Pintor / JC Coruña +81 Yago Viñas / Vieirasa - Famu

júnior

FEMININA -40 Begoña Álvarez / Vieirasa Famu -44 Sandra Pedreira / CDUS -48 Rebeca Vila / Ramón Otero Pedrayo -52 Rosa A. Miguel / CDUS -57 Sara M. Caho / Karbo -63 Sara González / JC Coruña +63 Paula Yañez / JC Coruña

FEMININA -48 VANESA LÓPEZ / FIBRA -52 ELDA GARCÍA-MIRAMONTES / LICEO -57 LAURA BAJO / VIEIRASA FAMU -63 ANDREA FDEZ. / UNIVERSITARIO -70 NOELIA ABAD F / RIAZOR- KARBO -78 LORENA BARROS / UNIVERSITARIO +78 SARA ÁLVAREZ / LUGO

7

FEMININA -48 Vanesa López Rguez. - Fibra -52 Maite Rios Cortiñas - Lugo -57 Paula Vilacoba Schez. - Fibra -70 Nagore Valle Benito - Shiai -78 Carla Mosquera Jove - Shiai +78 Sara Alvarez Folgueira - Lugo MASCULINA -60 Ruben Perrino Pérez - Fibra -66 Eduardo Carballeira - Coruña -73 Miguel Romero - V. Famu -81 Oscar Fdez. Vigil - V. Famu -90 Yago Díaz Castillo - Senra -100 Alejandro Sanmartin - Coruña +100 José Cuba - Senra

absoluto, sub-23 FEMININA -48 Sabela Delgado - Shiai -52 Elda García Miramontes - Liceo -57 Paula Vilacoba Schez. - Fibra -63 Noelia Abad - Riazorkarbo -70 Nagore Valle Benito - Shiai -78 Carla Mosquera Jove - Shiai +78 Lorena Barros - USC MASCULINA -60 Ruben Perrino Pérez - Fibra -66 Eduardo Carballeira - Coruña -73 Miguel Romero - V. Famu -81 Jesús Maquieira - Lobeira -90 Manuel Sanmartín - Coruña -100 Alejandro Sanmartin - Coruña +100 José Cuba - Senra

MASCULINA -55 FCO. J. VAZQUEZ / SHIAI -60 MARIO A. MUZAS / VIEIRASA FAMU -66 PEDRO TEIJEIRO / LOBEIRA -73 MARCO A. PEREZ / JC CORUÑA -81 JAVIER ARIAS / VIEIRASA FAMU -90 SERGIO LOPEZ / JC CORUÑA -100 ALEJANDRO SANMARTIN / JC CORUÑA +100 DANIEL MAQUIEIRA / LOBEIRA

liga de clubes O CLUB VIEIRASA FAMU DE VIGO E O PARQUE SPORT DE VALLADOLID CONQUISTAN O TÍTULO DE CAMPIÓN MASCULINO E FEMININO RESPECTIVAMENTE, NA LIGA ABSOLUTA DE JUDO POR CLUBS.

1º CLUB VIEIRASA FAMU DE VIGO. 2º CORUÑA-SEAT AUTOMOV. SÁNCHEZ. 3º XIMNASIO FIBRA TRANWAY 4º GIMNASIO PARQUE SPORT

O Pavillón Municipal dos remedios en Ourense foi o escenario da xornada final dos Play Off da LIGA INTERAUTONÓMICA DE JUDO POR CLUBS 6º TROFEO DE JUDO “CIDADE DE OURENSE”, que organizou a Federación Galega de Judo baixo o patrocinio da Dirección Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e do Excmo. Concello de Ourense. Moita espectacularidade e emoción viviuse nestes Play off finais que como sempre coa presenza de fichaxes e de equipos de fora de Galicia, resultaron unha vez máis un gran éxito. Ao igual que ocorrese na fase regular, o club vigués VIEIRASA FAMU de Vigo na categoría masculina, demostrou a súa hexemonía nesta Liga de clubs e proclamouse Campión da Liga Absoluta de Judo por clubs 2008 ao impoñerse ao J. C. CORUÑA - SEAT AUTOMOVILES SÁNCHEZ na final por 4 victorias a cero. O XIMNASIO FIBRA TRANWAY acadou a terceira praza ao impoñerse por 3 a 1 ao club PARQUE SPORT de Valladolid Pola súa banda na categoría feminina o club PARQUE SPORT de Valladolid impúxose na final ao JUDO CLUB SHIAI da Coruña por 2 victorias a 1 . O club JUDO LUGO acadou a terceira praza ao impoñerse ao club VIEIRASA FAMU de Vigo nos puntos tras empatar a dous victorias.

1º GIMNASIO PARQUE SPORT. 2º JUDO CLUB SHIAI DA CORUÑA 3º GIMNASIO JUDO LUGO. 4º CLUB VIEIRASA FAMU DE VIGO


sectores cpto. España

8

23 de ouro, 17 de prata e 25 de bronce.

GALICIA acadou 65 medallas nos sectores.

júnior MASCULINA FEMININA

OURO MARCO A. PEREZ VÁZQUEZ OURO JAVIER ARIAS GREGORIO OURO ALEJANDRO SANMARTIN CARRERA OURO DANIEL MAQUIEIRA CARRASCO PRATA FCO. J. VAZQUEZ MIÑONES PRATA PEDRO TEIJEIRO MIGUENS BRONCE MARCOS FERNANDEZ AGUAYO BRONCE SERGIO LOPEZ QUINTELA BRONCE MANUEL SANMARTIN CARRERA BRONCE SANTIAGO VALERA PEREA BRONCE DANIEL GONZÁLEZ JORGE BRONCE GABRIEL PINTOR MARCH

sub-23

OURO ANA I. DAPENA GARCÍA OURO VANESA LÓPEZ RODRÍGUEZ OURO ELDA GARCÍA-MIRAMONTES OURO LORENA BARROS BARREIRO PRATA JULIA GARCÍA ARES PRATA ANDREA FDEZ. BARREIRO BRONCE LAURA BAJO BORLAN BRONCE NOELIA ABAD FERNÁNDEZ BRONCE LAURA ABAD FERNÁNDEZ

MASCULINA

FEMININA

OURO RUBÉN PERRINO PÉREZ OURO FERNANDO VITES ABILLEIRA OURO ALEJANDRO SANMARTÍN CARRERA PRATA MARCO A. PEREZ VÁZQUEZ PRATA SERGIO LOPEZ QUINTELA BRONCE MARIO MUZAS FERNÁNDEZ BRONCE DANIEL GONZÁLEZ JORGE BRONCE SANTIAGO TRANCHERO CASTRO BRONCE SANTIAGO VALERA PEREA

OURO VANESA LÓPEZ RODRÍGUEZ OURO LARA RODRÍGUEZ DÍAZ PRATA JULIA GARCÍA ARES PRATA PAULA VILACOBA SÁNCHEZ PRATA ANDREA FDEZ. BARREIRO BRONCE NOELIA ABAD FERNÁNDEZ BRONCE LAURA BAJO BORLAN

absoluto MASCULINA

FEMININA

OURO Rubén Perrino Pérez OURO Hugo Burgos Delgado OURO Miguel Romero Azpitarte OURO Oscar Fernández Vigil OURO Yago Díaz Castillo OURO José Cuba Vázquez PRATA Juan M. Brandariz Pereira PRATA Jesús Maquieira Carrasco PRATA Carlos Álvarez Fariñas PRATA Alejandro Sanmartín Carrera PRATA Diego Abad Fernández BRONCE Eduardo Carballeira BRONCE Nicolás García Ares BRONCE David Pérez Anido

OURO Vanesa López Rodríguez OURO Maite Rios Cortiñas OURO Paula Vilacoba Sánchez OURO Sara Álvarez Folgueira PRATA Carmen Sotillo Marsal PRATA Elda G.-Miramontes Vázquez PRATA Nagore Valle Benito BRONCE Carmen Moral Soto BRONCE Julia García Ares BRONCE Laura Bajo Borlan BRONCE Rebeca Brandariz Pereira BRONCE Noelia Abad Fernández BRONCE Carla Mosquera Jove BRONCE Laura Abad Fernández


campionatos de España

9

GALICIA acadou 29 medallas nos nacionáis. 5 de ouro, 7 de prata e 17 de bronce. PRATA SARA GONZALEZ GRANDAL BRONCE PABLO FORJAN SOMOZA BRONCE RUBEN VAZQUEZ LOPEZ BRONCE SARA M. CHAO DE DIEGO BRONCE PAULA YAÑEZ MARTINEZ

OURO SARA ÁLVAREZ FOLGUEIRA OURO DANIEL MAQUIEIRA CARRASCO PRATA ELDA GARCÍA-MIRAMONTES BRONCE ALEJANDRO SANMARTIN

OURO OSCAR FERNÁNDEZ VIGIL BRONCE MIGUEL ROMERO AZPITARTE BRONCE HUGO BURGOS DELGADO BRONCE NAGORE VALLE BENITO BRONCE SARA ÁLVAREZ FOLGUEIRA

Infantil

Júnior

Absoluto

PRATA ANA Mª GARCIA ESMORIS BRONCE JONATHAN LAMAS GUILLEN BRONCE DANIEL MAQUIEIRA CARRASCO

Cadete

Open cadete

Sub-23

PRATA DANIEL MAQUIEIRA CARRASCO BRONCE SOFIA ALONSO PLACER BRONCE ANA M. GARCÍA ESMORIS BRONCE GABRIEL PINTOR MARCH

OURO SARA ÁLVAREZ FOLGUEIRA OURO CARLA MOSQUERA JOVE PRATA RUBÉN PERRINO PÉREZ PRATA JESÚS MAQUIEIRA CARRASCO PRATA ALEJANDRO SANMARTIN CARREIRA BRONCE ELDA GARCÍA MIRAMONTES BRONCE PAULA VILACOBA SÁNCHEZ BRONCE DIEGO ABAD FERNÁNDEZ


Nacional absoluto

10

Óscar Fernández Campión de España absoluto GRANDE ACTUACIÓN DA SELECCIÓN GALEGA DE JUDO AO LOGRAR CINCO MEDALLAS, UNHA DE OURO E CATRO DE BRONCE, E DOUS QUINTOS POSTOS O Pabillón Europa de Leganés na Capital de España foi o escenário da Fase Final do Campionato de España de Judo, categoría senior masculina e feminina, á que acudiron os dezaséis mellores judokas de cada peso e categoría que se clasificaran nas respectivas fases de sector e para o que Galicia clasificou 23 judokas. A Selección Galega acadou unha grande actuación ao lograr un total de cinco medallas, unha de ouro e catro de bronce, e dous quintos postos. A grande alegría da mañá deuna Oscar Fernández coa súa medalla de ouro que lle permitirá loitar por unha praza olímpica. Por outra parte Miguel Romero sendo o claro favorito da categoría, cometeu un erro no pase a final, o

bronce soupolle a pouco. Tiveron unha actuación moi destacada logrando o bronce Sara Álvarez, Hugo Burgos e Nagore Valle.

Óscar Fernández demostrou unha mentalidade de ferro.

Miguel Romero, laméntase sabedor de que perdeu unha oportunidade única.

Sara Álvarez.

Nagore Valle.

Hugo Burgos.


Nacional sub-23

11

A SELECCIÓN GALEGA DE JUDO REALIZA UNHA MAGNÍFICA COMPETICIÓN E O JUDO GALEGO CONTINUA BATENDO MARCAS, OITO MEDALLAS, DÚAS DE OURO, TRES DE PRATA E TRES DE BRONCE BALANCE FINAL. O Pavillón Municipal Jorge Carbajosa de Torrejón en Madrid foi o escenario da Fase Final do Campionato de España de Judo, categoría sub 23 masculina e feminina, á que acudiron os catorce mellores judokas de cada peso e categoría que se clasificaron nas respectivas fases de sector. A Selección Galega callou unha gran actuación xa que logrou oito medallas, dúas de ouro, tres de prata e tres de bronce e aínda se frustraron varias opcións claras de medalla polo que o balance é máis que positivo xa que se participou cunha selección moi nova que permanecerá case na súa totalidade nesta categoría o próximo ano.

Alejandro sanmartín xuventude e progresión imparable.

Maquieira sabe perder coma un campión. Sara Álvarez oro en +78kg.

Os ouros foron logrados pola lucense Sara Álvarez e a coruñesa Carla Mosquera, dúas grandes promesas do judo galego xunto ao resto dos seus compañeiros. Pola súa banda Jesús Maquieira que xa foi campión o ano pasado acuso o período que estivo sen adestrar por motivos laborais aínda que logrou meterse na final e continuar como primeiro do ranking nacional de face ao europeo. As outras pratas foron para Alejandro Sanmartín que a pesar da súa mocidade realizou unha magnífica competición demostrando que segue en progresión ascendente e Rubén Perrino que se incorporou este ano á selección galega e demostrou o seu nivel. Os bronces foron logrados por Diego Abad, Paula Vilacoba e Elda García que do mesmo xeito que todo o novo equipo clasificado

Elda e Paula lograron o bronce con bravura.

para esta final brillaron a un gran nivel.

Rubén Perrino bronce en 60 kg.

Carla Mosquera oro en -78kg.

Diego Abad bronce e con calidade para estar mais arriba.


Nacional junior

12

GRAN ACTUACIÓN DA SELECCIÓN GALEGA DE JUDO JUNIOR AO LOGRAR CATRO MEDALLAS, DÚAS DE OURO, UNHA DE PRATA E UNHA DE BRONCE. O Polideportivo Príncipe de Asturias en Pinto - Madrid foi o escenario da Fase Final do Campionato de España de Judo, categoría júnior masculina e feminina, á que acudiron os catorce mellores judokas de cada peso e categoría que se clasificaron nas respectivas fases de sector e para o que Galicia clasificara 19 judokas. A Selección Galega callou unha gran actuación ao lograr un total de catro medallas, dúas de ouro, unha de prata e unha de bronce, cunha selección moi nova, logrando clasificar para o circuíto europeo a os tres deportistas finalistas, Sara Álvarez, Daniel Maquieira e Elda García-Miramontes, sendo o bronce Alejandro Sanmartín. Elda García

Alejandro Sanmartín

Daniel Maquieira

Sara Álvarez


Nacional infantil y cadete

13

BOA ACTUACIÓN DA SELECCIÓN GALEGA CADETE DE JUDO NO OPEN NACIONAL CADETE AO CONSEGUIR CATRO MEDALLAS E DOUS QUINTOS POSTOS Bos resultados da Selección Galega cadete de Judo ao conseguir catro medallas e dous cuartos postos no Open Nacional Cadete que se disputou este fin de semana no pavillón Fernando Martín de Fuenlabrada en Madrid os dedallistas foron: PRATA DANIEL MAQUIEIRA CARRASCO, BRONCE SOFIA ALONSO PLACER, BRONCE ANA M. GARCÍA ESMORIS, BRONCE GABRIEL PINTOR MARCH. Esta competición é puntuable para o Torneo Internacional de Fuengirola e para o circuíto internacional que da acceso ao Campionato de España e de Europa de esta categoría.

Gabriel Pintor

Sara González

Selección Galega infantil e cadete.

Yonathan Lamas


Internacional

14 Sara Álvarez mostranos a sua flamante medalla de ouro.

Sara Álvarez campioa de Europa junior GRAN ACTUACIÓN DA JUDOKA GALEGA, SARA ÁLVAREZ FOLGUEIRA, AO PROCLAMARSE CAMPIOA DE EUROPA NA CATEGORÍA JUNIOR. DANIEL MAQUIEIRA CARRASCO, A PESAR DE SER AÍNDA CADETE, OBTIVO A 7º PRAZA.

Galicia acadou 46 medallas internacionais no ano 2008, 13 ouros, 11 pratas e 22 bronces.

Dous judokas galegos, Sara Álvarez e Daniel Maquieira, lograron no circuito internacional clasificarse para o Campionato de Europa Junior por méritos propios e chegaron á competición, que se disputaba en Varsovia, coa tranquilidade de que non se lles esixía chegar máis aló das súas posibilidades e cumpriron sobradamente, en especial a nova judoka lucense da categoría de +78kg que venceu nos seus catro combates e obtivo a 1º praza no torneo continental, f a c e n d o b o a s a s p r e v i s i ó n s e o s desexos da Federación, de seu club, dos seus adestradores, de seus pais e dos seus compañeiros. . Sara Álvarez, a gran judoka lucense do Judo Lugo - club no que se formou e no que adestra na actualidade tras o seu paso polo C.T.D.G. de Pontevedra, non se deixou vencer nin polos nervios da alta competición nin pola presión ambiental e conseguía o terceiro metal europeo na historia do Judo Galego e acadaba a primeira medalla de ouro europea para Galicia despois de realizar unha competición case que p e r f e c t a . .


Internacional

15

A medalla de Sara foi a única da Selección Española e ademáis de ouro.

Combate de semifinais ca Británica Ashley Fleming.

O primeiro combate enfronto a Sara contra a judoka de Austria, Julia Pfeifer, á que se impuxo con relativa . facilidade por ippon. O segundo combate, ante a judoka polaca Joanna Jaworska, estivo algo máis apertado en puntuación, aínda que o desenlace volvería favorecer á judoka galega. Xa en semifinais chegaría o choque crave frente á judoka de Gran Bretaña, Ashley Fleming, que perdeu fronte a Sara tamén por . ippon de inmobilización. No ultimo e decisivo combate que a enfrontaba á judok a bielorusa, Marina Slutskaya, polo título continental, Sara conseguiu o triunfo marcando un ippón por inmobilización aos . 27 segundos. Pola súa banda o judoka do Club Lobeira de Vilagarcía, Daniel Maquieira, que empezou mal perdendo o seu primeiro combate, venceu nos dous seguintes da repesca e caeu eliminado no terceiro, téndose que conformar coa 7ª praza, resultado moi bo tendo en conta que este era o seu debut . europeo e que con 16 anos aínda é cadete. A medalla de Sara foi a única da Selección Española e o seu resultado xunto a 7º praza do tamén galego Daniel Maquieira foron os mellores resultados do equipo español.


Ciutat de Barcelona

16

Galicia campiona do Ciutat de Barcelona Derrotou na final á selección ACBB PARÍS A selección galega de Judo proclamouse campiona do 36º Torneo Internacional de B a r c e l o n a n a s ú a c a t e g o r í a s é n i o r. Previamente os compoñentes do equipo sub19 callaran unha aceptable actuación que se viu excepcionalmente completada pola selección absoluta que durante a liguiña previa venceu por 5-0 a Cataluña e ó AIX EN Provence e por 4-1 ó Toulouse; o pase á final supuxo superar brilantemente o obstáculo de Madrid por 4-1. .

E na final demostrou a súa superioridade fronte á campiona dúas edicións atrás, a selección AC BB Paris. . Destacar especialmente a actuación de Rubén Perrino e Miguel Romero, ámbolos dous vencedores dos seus cinco combates, así como a notable actuación dun debutante cos sénior, Alejandro Sanmartín, que uniu a súa xuventude á veteranía dos seus compañeiros para traer a Galicia esta vitoria no Internacional de Barcelona.

Equipo sub-19

Equipo absoluto

Óscar Fernández

Jesús Maquieira

Miguel Romero

Rubén Perrino

A expedición Galega que foi o Ciutat de Barcelona, posando con trofeo absoluto.

Eduardo Carballeira


Cidade de Vigo

17

Clasificación:

1º ESPAÑA 2º GALICIA 3º CATALUÑA 4º PORTUGAL 5º GRAN BRETAÑA 6º CASTELA-LEÓN

Galicia sub-campiona do Cidade de Vigo nuha final moi igualada. ESPAÑA IMPONSE A GALICIA NA FINAL DA 13ª EDICIÓN DO GRAN PREMIO INTERNACIONAL DE JUDO “CIDADE DE VIGO” POR UN APERTADO 3 A 2 A pesar de non lograr o triunfo por terceiro ano consecutivo, inesquecibles momentos está dando a selección galega - neste Gran Premio Internacional “Cidade de Vigo”- a todos os afeccionados a este deporte, xa que un ano máis a EMOCIÓN, CALIDADE E ESPECTACULARIDADE estiveron presentes coa presenza de grandes seleccións e co triunfo final moi axustado do combinado nacional por 3 a 2 fronte a Galicia nun Pavillón de Bouzas abarrotado que se vestiu coas súas mellores galas para este gran espectáculo deportivo. .

Especialmente emotivo estivo o momento da entrega por parte da Federación Galega a Sara Álvarez Folgueira, dunha placa conmemorativa do seu triunfo no europeo, mellor resultado da historia do judo galego, cun público posto en píe aplaudindo ao unísono xunto a participantes, técnicos e árbitros. .

Sara Álvarez recibíu unha placa conmemorando o ouro europeo.

O acto de clausura foi realizado por D. José Enrique Sotelo Villar Deputado de Deportes da Deputación de Pontevedra e o Presidente da Federación Galega, D. Mario Muzas Cobo, e consistiu na entrega dos premios aos mellores judokas e aos equipos vencedores. A selección galega finalista estivo integrada por: MAITE RIOS CORTIÑA -52, EDUARDO CARBALLEIRA FDEZ - 66, MIGUEL ROMEU AZPITARTE -73, JESÚS MAQUIEIRA CARRASCO 81, SARA ÁLVAREZ FOLGUEIRAS +78

Galicia saíu a por todas na final e puxo o taboleiro nun 2 a 2 moi emocionante coas victorias de Maite Ríos e Miguel Romeu sendo decisivo o último combate que enfrontaba á recente campioa de Europa júnior, a galega Sara Álvarez Folgueira, fronte á 3ª de Europa señor, a madrileña Raquel Prieto, combate que fixo tremer as bancadas do Pavillón de Bouzas co apoio do numeroso público presente neste Gran Premio ante a valentía, entusiasmo e calidade da moza judoka galega de 17 anos que lle plantou cara á experimentada judoka do equipo nacional e que vendeu moi cara a súa derrota ata o último momento. . Os judokas galegos estiveron a un gran nivel e impuxéronse ás seleccións de Castela León, Portugal e Cataluña. O premio Faro de Vigo á mellor judoka feminina foi a parar a mans de Raquel Prieto e o de mellor judoka masculino recibiuno David Ramírez ambos do equipo nacional. .

Podium de vencedores

Santiago Domínguez, medalla o mérito deportivo.

Durante a recepción matinal a todas as delegacións celebrada o Museo Verbum de Vigo o Tenente Alcalde de Vigo, D. Santiago Domíguez Olveira, recibiu a medalla ao mérito deportivo da Real Federación Española de Judo polo seu labor de apoio a este deporte nos últimos 10 anos.

Os deportistas participantes cas Cíes de fondo.


Internacional JÚNIOR CIDADE DE NARÓN FRANCISCO J. VAZQUEZ, PRATA XOEL VAZQUEZ, BRONCE MARIO A. MUZAS, BRONCE MARCO A. PEREZ, BRONCE GABRIEL PINTOR, PRATA JAVIER ARIAS, BRONCE MANUEL SANMARTIN, OURO SERGIO LÓPEZ , BRONCE ALEJANDRO SANMARTIN, OURO DANIEL MAQUIEIRA , OURO SANTIAGO VALERA, PRATA JULIA GARCIA , BRONCE REBECA GARRAN , BRONCE ELDA GCIA-MIRAMONTES , OURO VANESA LOPEZ , BRONCE LAURA BAJO , OURO SELENIA QUIJADA , BRONCE ANDREA FERNANDEZ, PRATA SANDRA CORTIÑAS , BRONCE NOELIA ABAD, PRATA LAURA ABAD, BRONCE

INTERNACIONAL CADETE FUENGIROLA DANIEL MAQUIEIRA CARRASCO, OURO ANA GARCÍA ESMORÍS, BRONCE GABRIEL PINTOR MARCH, BRONCE

18

Dous ouros no Ciudad de Málaga. Na categoría senior o judoka vigués do Vieirasa Famu Miguel Romero e a xove judoka Sara Álvarez do Judo Lugo acadaron a medalla de ouro no torneo internacional de Málaga no que participaban as seleccións de Andalucía, Cataluña, Galicia, España, Grecia e Portugal. Especialmente meritorio pola súa idade é o triunfo de Sara Álvarez, actual Campiona de España Júnior

MIGUEL ROMERO AZPITARTE, OURO.

SARA ÁLVAREZ FOLGUEIRA, OURO.

CARLA MOSQUERA JOVE, PRATA.

MAITE RIOS CORTIÑA, BRONCE.

Internacional júnior de Portugal SARA ÁLVAREZ FOLGUEIRA, OURO DANIEL MAQUIEIRA CARRASCO, PRATA Internacional cadete de Portugal DANIEL MAQUIEIRA CARRASCO, OOURO ANA M. GARCÍA ESMORIS, BRONCE

COPA INTERNACIONAL kOBAYASHI MAITE RÍOS, PRATA CARLA MOSQUERA, BRONCE NAGORE VALLE, BRONCE LAURA BAJO, BRONCE

Internacional júnior de Corea SARA ÁLVAREZ FOLGUEIRA, BRONCE INTERNACIONAL JÚNIOR DE ALEMAÑA

INTERNACIONAL DE ALICANTE SARA ÁLVAREZ FOLGUEIRA, OURO. CARLA MOSQUERA JOVE, PRATA. DANIEL MAQUIEIRA CARRASCO, PRATA. ALEJANDRO SANMARTÍN CARRERA, PRATA. PAULA VILACOBA SÁNCHEZ, BRONCE.

Mundial Júnior Sara Álvarez representou a España no mundial.

Europeo sub-23 Jesús Maquieira representou a España.

A lucense Sara Álvarez, do Judo Club Lugo, conquistou a medalla de bronce no Campionato Internacional de Judo que tivo lugar na cidade alemana de Berlín. .


Internacional de Corea

19

As saídas internacionais da selección Galega tiveron como colofón a Copa Internacional de Corea. Aínda que en Corea non se acdaron medallas cabe destacar a grande actuación de Eduardo Carballeira que obtivo o 5º posto perdendo o bronce por hantei. RUBÉN PERRINO 7º, JESÚS MAQUIEIRA 7º, ALEJANDRO SANMARTIN 7º, NAGORE VALLE 7ª.

Eduardo Carballeira

Nagore Valle

Miguel Romero

Rubén Perrino


Congreso Galicia judo

20

Tras o éxito das 8 edicións anteriores o Hotel Balneario de Mondariz (Pontevedra) acolleu o ”9º CONGRESO DE MESTRES DE JUDO DE GALICIA” que organiza a Federación Galega de Judo e D. A. coa presenza de mais de 50 Mestres de Judo de toda Galicia co patrocinio da EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA e a colaboración da DIRECCIÓN XERAL PARA O DEPORTE. O asesor deportivo da Federación Galega, o mestre YOUNG LEE JOO - Cinto Vermello 9º dan, presidiu o 9º Congreso que contou con dous poñentes de luxo: -O MESTRE FRANCÉS PASCAL TAYOT, CINTO BRANCO/VERMELLO 6º DAN - SUBCAMPIÓN OLÍMPICO E CAMPIÓN DE EUROPA. -O MESTRE VICENTE CARRATALÁ CINTO BRANCO/VERMELLO 7º DAN DOUTOR EN CIENCIAS DA ACTIVIDADE FÍSICA E DEPORTE E EX-DECANO DA UNIVERSIDADE DE VALENCIA.e a colaboración do Director Deportivo da Federación Galega - D. Juan Carlos González Purriños. Ao mesmo asistiron como invitados de honra:

Pascal Tayot subcampión olímpico foi o mestre que impartiu o congreso.

INVITADOS DE HONRA SR. D. JOSE MANUEL GARCÍA GARCÍA Mestre Adestrador Nacional de Judo Doutor en Ciencias da Act. Física e Deporte. Profesor titular do INEF de Toledo. Cinto Branco/Vermello 6º Dan SR. D. LUIS FERNANDES MONTEIRO Director Deportivo e Responsable da alta. competición da Federación Portuguesa de Judo. Profesor Universidade Lusofona Licenciado en Ciencias Act. Física e Deporte. SR. D. OSCAR PEÑAS GARCÍA Licenciado en Ciencias Act. Física e Deporte. Master Alto Rendemento. 5º Diploma Olímpico en Atenas. Clasificado Pekín 2008.

A Escola Federativa Galega, que dirixe D. Francisco Soria Rodero, propuxo para este ano os seguintes temas de traballo: ”ESTRUCTURA DO JUDO FRANCES: DESCRICIÓN E COMPARACIÓN CO MODELO ESPAÑOL” - O KUMI KATA CRUZADO E O SISTEMA DE ATAQUE DE TAYOT, BENBOUDAOUD E DARBELET. - NE-WAZA: SANKAKU. “PERCEPCIÓN DE ENSINO, MOTIVOS DE PRÁCTICA E ABANDONO DO JUDO” “OBRADOIRO DA CADEIRA - O LABOR DO ADESTRADOR DESDE A MESMA” O congreso celbrouse os días 17 e 18 de maio, o sábado en xornada de mañá e tarde e o domingo en xornada de mañá.


Reciclaxe

21

Grupo de Mestres reciclados para tribunal de examen xunto a Carlos Pasán membro da comisión nacional de katas

VILLAR Y MARIO

VILLAR Y JOSÉ LUIS

YIYO Y NAGORE

GARABATOS Y COBELO

ROQUE Y ABANDO

YAÑEZ Y GONZALO

RICARDO Y TRASTOY

TRASTOY Y MANOLO

RIAL Y MUIÑOS

PACO Y GACIO

GALÁN Y GACIO

LUIS Y DARIO

O mestre Carlos Pasán repasou as modificacións que se acordaron na comisión nacional de kata.


Titulación

22

Clausura do curso a que asistiu Serafín Araüete Secretario Técnico da RFEJYDA.

Grupo de monitores

Primeiros da promoción de monitores

Grupo de adestradores

Primeiros da promoción de adestradores

Grupo de mestres durante unha clase de Ne-waza.

Grupo de mestres

Primeiros da promoción de mestres

Mestres do curso.

JUAN JOSÉ RGUEZ. JOSÉ M. GARCIA. EDUARDO GALÁN. MARIO MUZAS, FRANCISCO SORIA, CARLOS PASÁN, JUAN C. G. PURRIÑOS Y ROBERTO NAVEIRA.


C.G.T.D.

24

PROMOCIÓN 2008 - 2009 ADESTRADOR: Marcial Romero EDUCADORES: 1.-Vanesa Lopez (fibra) 2.-Carlos Alvarez(Vieirasa Famu) RESIDENTES: 1.-Eduardo Sobral(Vieirasa Famu) 2.-Mario A. Muzas(Vieirasa Famu) 3.-Fran vazquez(shiai) 4.-Iago Iglesias(shiai) 5.-Ruben Vazquez(shiai) 6.-Denis Lago(fibra) 7.-Sergio Caamaño(Culleredo)

JUDOKAS EXTERNOS: 1.-Marta Mestre 2.-Miguel Romero(Vieirasa Famu) 3.-David Abalde(Vieirasa Famu) 4.-Maria Romero(Vieirasa Famu) 5.-Jesus Maquieira(Lobeira) 6.-Daniel Maquieira(Lobeira) 7.-Pedro Teijeiro(Lobeira) 8.-Javier Arias(Vieirasa Famu) 9.-Ruben Abalde(Vieirasa Famu) 10.-Laura Bajo(Vieirasa Famu) 11.-Marcos Fernandez (Vieirasa Famu) 12.-Elda Garcia-Miramontes(Liceo la Paz)


Promoción

CONVENIO Caixanova Caixanova e a Federación Galega de Judo viaxarán xuntos, grazas o convenio firmado un dos principios do Judo será aplicada dende agora,” colaboura e progreso mutuo “.

23

Marta Souto A Directora Xeral par ao Deporte foi galardoada pola FGJ, co cinto negro honorífico polo seu apoio ao noso deporte.

Proxecto UNIVERSIADA Vigo 2013

Recordo o Mestre José Luis de Frutos

Unha amplia expedición Viguesa na que estaba o noso presidente acudiu a Bruselas para a elección, e aínda que non saliu elexida a cidade Olivica seguirá intentandoo.

Na revista de artes Marciais “ El Budoka” fixeron unha retrospectiva da figura xenial do mestre.

Asinación de convenio. O presidente da RFEJYDA asina o convenio co Concelloda Coruña para a celebración do cpto. Nacional de Judo absoluto 2009, diante do Concelleiro de Deportes Xan Caxigal e de Mario Muzas presidente da FGJ. A firma do convenio realizouse no marco do Coliseum, lugar de celebración do campionato.

Pontevedra Olímpica. O Judo Galego foi un dos deportes elixidos para estar presentes na homenaxe aos Deportistas Olímpicos Pontevedreses organizado pola Excma. Deputación Provincial de Pontevedra o pasado venres día 26 de setembro.

Anxela Bugallo Conselleira de Cultura e Deporte co noso presidente, durante a sua viaxe a Bruselas.

50 aniversario do Judo Galego Por primeira vez na historia do Judo Español celebrarase o campionato absoluto na cidade da Coruña, esta foi escollida pola Federación Galega e Española por ser onde se iniciou o Judo en Galicia fai nada mais e nada menos que cincuenta anos.

Marcial Romero MARCIAL ROMERO PREMIADO DURANTE A CELEBRACIÓN DA GALA DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA POLA SUA TRAXECTORIA DEPORTIVA DE 18 ANOS DE COMPITICIÓN ENTRE (1990 -2008)

Mario Muzas Mario Muzas o noso presidente foi o delegado da expediciónEspañola que compitiu en Viena


Campionato Escolar

2.010 2008

2008

2008

280

2007

270

386

2007

393

760

2007

553

1.556

00

2007

2008

2007 A CORUñA, 1.556 JUDOKAS 2008 A CORUñA, 2.010 JUDOKAS

2007 VIGO, 553 JUDOKAS 2008 VIGO, 760 JUDOKAS

2007 LUGO, 393 JUDOKAS 2008 LUGO, 386 JUDOKAS 2007 COSTA, 270 JUDOKAS 2008 COSTA, 280 JUDOKAS

2008 TOTAL JUDOKAS 3.436

3.436

2007 TOTAL JUDOKAS 3.052

3.052

Evolución de participación

2007 2008

No Campionato en Idade Escolar coordinado polo departamento de Judo infantil que dirixe Eduardo Galán puxose de manifesto unha vez mais a aceptación e progresión deste evento. A Directora Xeral Marta Souto estivo presente na fase final do Campionato Galego infantil e cadete que é onde o proxecto da compiticón adadtada escolar, ten a sua culminación , xa que as rapazas e os rapaces ao chegar aquí xa levan moitos anos facendo a compitición coma un xogo fácil e divertido.


Trofeo Miguelito

26

Vinte anos de Miguelito cheos de ilusión e bo facer dos organizadores , o traballo ben feito, a ilusión, pero sobre todo a gran participación de nada mais e nada menos que 3.000 judokas, fan de este evento un referente nacional tanto en organización coma en participación.

Juan Carlos Barcos presidente da REFEJYDA, Mario Muzas presidente da FGJ e Xan Caxigal Concelleiro de Deportes xunto os representantes dos centros gañadores dos premios de Técnica.

Miguel Ramos presidente do Comité Organizador xunto o Concelleiro de deportes de A Coruña

REPACIÓN DE CENTROS GAÑADORES DOS PREMIOS DE TÉCNICA TROFEO MIGUELITO: COLEXIO EUSEBIO DA GARDA, E.M. CAMBRE, COLEXIO LICEO LA PAZ, E.M. PONTECESO, J.C. OLEIROS, COLEXIO FOGAR STA. MARGARIDA, COLEXIO JUAN FERNÁNDEZ LATORRE, SALGADO TORRES, COLEXIO SOFÍA CASANOVA,


Trofeo de Frutos

O pasado mes de decembro celebrouse unha xornada mais da festa do Judo Vigués, e que dende fai dous anos ven sendo homenaxe a noso mestre Jose Luis De Frutos Molinero.

Premiados vieirasa-FAMU 2008

O pavillón do I.M.D.estivo ataigado de participantes, público, autoridades e moitos amigos que non quixeron perder esta festa que lembra a sua memoria.

LUIS SORIA DELEGADO PROVINCIAL F.G.J. JOSE ANGEL OTERO LAMAS ASESOR CONCELLO DE VIGO JORGE SANTOS LÓPEZ DTOR. DEPARTAMENTO DE MARKETING CAIXANOVA SANTOS HÉCTOR RDGUEZ DÍAZ CONCELLEIRO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA, EMPLEO e PARTICIPACIÓN CIUDADANA DE VIGO MARÍA XESÚS LÓPEZ ESCUDEIRO DELEGADA PONTEVEDRA CONSELLARÍA DE CULTURA E DEPORTE ABEL CABALLERO ÁLVAREZ ALCALDE DE VIGO LUCÍA MOLARES PÉREZ DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA JOSE COVELO CARTELLE SERVIZO DEPORTES/DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

27


concentracións

28

Pontevedra sub-23 A Directora Xeral para o Deporte estrenou o cinturón negro que lle foi entregado polo Presidente da Federación Galega de Judo , Marta demostrou que ademáis de ter cualidades nos despachos tamén as ten enriba dun tatami. A Federación Galega de Judo quixo agradecer deste xeito tan especial no mundo do Judo a boa sintonía e colaboración da Dirección Xeral.

Pontevedra cadete. Alemaña, Italia, Portugal, Inglaterra foron os paises presentes nesta concentración cadete de altísimo nivel xa que todos viñan de participar no campionato de Europa, os equipos de Galicia e España tiveron ocasión de adestrar duramente dirixidos por: O mestre Lee Young, Pascal Tayot, e os seleccionadores nacionáis Juan C. Purriños, Francisco Lorenzo, Tomás Toro e Yolanda Soler, adestraron xunto cos seleccionadores os equipos desplazados ata esta cocentración.


concentracións

29

Alicante A expedición que se desplazou a Alicante fixo un traballo magnífico nun curso de verán que goza de toda a solera e tradición posible dentro do Judo nacional e internacional.De insuperable podríamos calificar a acollida que os organziadores do curso Miriam Blasco e Carlos Montero tiveron co equipo Galego, en todo momento se sentiron coma na sua casa.

Miriam Blasco directora do curso.

Equipo Galego Carlos Montero técnico de Judo Club Alicante

Málaga

Lignano

Nico, Pier, Carla e Carlos

Fuengirola

Torrelavega

Equipo Galego en Italia

Sara, Hugo e Maite Equipo Galego

Equipo Galego

Equipo Galego

Castelldefels

Un luxo compartir cos maestros Italianos Capelleti e Mariani.


concentracións

30

Corea O equipo Galego preparou o campionato de España absoluto en Corea , os judokas adestraron xunto os mellores judokas Coreans entre os que se encontraban campións olímpicos e do mundo, os adestramentos foron moi duros o que demostra que os Coreans están nun altísimo nivel entre outras cousas pola sua capacidade de sacrificio.

Foto de esquerda a dereita: Mario Muzas - Presidente da FGJ Young Lee Delegado da FGJ Kim Jung-Haeng - Presidente Federación Coreana de Judo Kim Kwang-Wong - Chairman & CEO of Korea Racing Authority Haruki Uemura - Director Deportivo FIJ Takao Kawaguchi - Director arbitaxe de Asia Jan Snijders - Dtor. arbitraxe da Unión Europea.

O Presidente da Federación Koreana de Judo,D.Jung-Haeng Kim, deu a benvida ao Presidente da Federación Galega de Judo e ao Delegado da Selección Galega de Judo durante a súa estancia na Isla Jeju.S


concentracións

31

Xornadas de Nadal Un ano mais Claudio Pusa deleitounos a todos co traballo desenrolado a largo das Xornadas de Nadal que organiza a Federación Galega de Judo e o Club Riazor da Coruña . Asistiron clubes de toda a xeografía nacional e tamén os nosos habituais compañeiros de Portugal. Nesta ocasión o olímpico Óscar Peñas colaboruo nos adestramentos donde o equipo Galego tivo unha boa preparación de cara o nacional absoluto.

Juan Carlos Purriños e Claudio Pusa

Mario Muzas e o mestre Lee

Óscar Peñas e Claudio pUSA

Kangeiko O pasado día 27 de decembro celebrouse nas instalacións do Colexio Liceo A Paz da Coruña o 1º KANGEIKO do Judo Galego que superou todas as previsións de participación con 132 veteranos judokas, algúns levaban máis de 20 anos sen se subir a un tatami, que tras suar un pouco o judogui lembraron xuntos os gratos lembranzas vividos, todo elo arredor dun bo chocolate con churros programado pola organización como peche do acto. O presidente da Federación, D. Mario Muzas Cobo, abriu o acto, felicitou a todos a nadal e aproveitou a ocasión para entregar a D. Santiago Troitiño Guerrero, diante dos seus compañeiros e amigos, a Medalla de bronce ó mérito deportivo como recoñecemento ao seu labor no centro de tecnificación deportiva durante nove anos. Este KANGEIKO serviu como acto de apertura da celebración do 50º aniversario do Judo Galego que ten a súa continuación coa 2ª edición das xornadas de Nadal que se estenderán ata o 30 de decembro, co Campionato de España Absoluto que se disputará o fin de semana do 31 de xaneiro e o 1 de febreiro de 2009 e coa Gala da Federación Galega que se celebrará durante o mes de maio e que poñerá o broche de ouro ó peche deste aniversario.

Familia do Judo Galego que acudiu o Kangeiko O Mestre Lee Young asesor da FGJUDO dirixiu o Kangeiko.


DD.AA.

32

Wu Shu Rocío Salgado é a primeira deportista feminina que consegue medalla europea no equipo nacional de Wushu Do 14 ao 20 de outubro celebrouse en Varsovia, Polonia, o 12 Campionato de Europa de Wushu, coa participación de 26 países e 300 atletas. España tivo novamente unha brillante participación, conseguindo un total de 12 medallas, 8 de prata e 4 de bronce. Os 4 competidores galegos, Rocío Salgado, Ezequiel Gago, José Manuel Ferreira e Alfonso Valcárcel que formaban parte da Selección Española conseguiron medalla. Ademais Rocío Salgado é a primeira deportista feminina que consegue medalla europea no equipo nacional de Wushu. Os galegos afrontaron o campionato con moita confianza na súa preparación, no gran esforzo que están realizando e convencidos de que non regresarían coas mans valeiras.

España baixou do 3º posto, que conseguiu en Italia o 2006, ao catorce ao non conseguir ningunha medalla de ouro; pero coa diferenza de orzamento as medallas do equipo español máis que de ouro, son de sacrificio, constancia e ilusión. Se Galicia presentásese como nación, o posto obtido sería o 15, diante de países como Hungría, Grecia, Finlandia ou Suecia, que contan cun orzamento maior o que da idea do traballo serio e organizado dos profesores do Departamento de Wushu da Federación Galega, o seu alto nivel técnico, a súa experiencia en aproveitar ao máximo os poucos recursos de que dispón, e a gran ilusión que están pondo os competidores e as súas familias. Na modalidade de Formas Modernas,a ourensá Rocío Salgado, que nos 3 últimos europeos conseguira o 4º posto, logrou a medalla de bronce escribindo unha brillante páxina na historia deste deporte. Ezequiel Gago e José Manuel Ferreira, de Ourense e Verín respectivamente, obtiveron a prata na modalidade de combate sincronizado. O Pontevedrés (Sanxenxo) Alfonso Valcárcel, ex campión de Europa en -90kg, subiu á categoría de máis de 90kg, téndose que conformar co bronce nesta ocasión, pois chegou a semifinais moi cansado do seu anterior combate co representante turco que pesaba 115 kg, este esforzo pásolle factura en semifinais onde gaño o primeiro asalto facilmente ao representante de Suíza, tamén con máis peso que Alfonso, pero o cansazo fíxolle baixar o ritmo e perdeu os dous asaltos seguintes e polo tanto o combate, quedándose finalmente 3º.

Rocío Salgado no mais alto do podio Europeo

A actuación dos deportistas galegos estivo a gran altura e con moi boas perspectivas de futuro pola súa calidade técnica, mocidade e entrega demostrada.

Jiu Jitsu No C.SD. celebrouse o trinta aniversario do Jiu-Jitsu en España evento o que asistiron os mestres de Jiu-Jitsu galegos Bernardo Romay e Manuel Montero ambolos dous fan de esta actividae asociada un referente na nosa comunidade tanto a nivel promoción coma na sua laboura a nivel compitición. O acto asistiron moitas personalidades do Jiu-Jitsu que tamén o son en moitos casos do Judo. O presidente da Real Federación Española clausurou un emotivo acto no que se reconoceron os mais veterans deste deporte.


Hoxe falamos con

25

POR: RUBÉN LÓPEZ PAZ RESPONSABLE DOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN DA F.G.JUDO

Hoxe falamos con Santiago Troitiño Guerrero O PASADO MES DE SETEMBRO O NOSO COMPAÑEIRO SANTIAGO TROITIÑO REMATOU A SÚA LABOR COMO TÉCNICO DO CENTRO DE TECNIFICACIÓN DE PONTEVEDRA E DEIXABA O LISTÓN MOI ALTO COS NUMEROSOS ÉXITOS ACADADOS O LONGO DE CASI UNHA DÉCADA.

1.- Supomos que foi unha decisión difícil e moi meditada despois de tantos anos ¿Pero que lle . levou a tomala? Desde o momento en que acepte a proposta do Presidente da Federación Galega, Don Mario Muzas, de acceder a devandito posto sabía e entendía que era un traballo provisional, condicionado tanto por factores externos, como polos resultados deportivos ou o apoio federativo, como por factores internos, . como a motivación, as metas, etc.

. ¿Por que agora? Penso que é o momento xusto; durante nove anos acheguei todo o meu tempo e os meus coñecementos aos alumnos do CGTD e creo que agora é necesaria outra persoa que acceda coa mesma motivación e ilusión coa que comecei eu no seu momento, xa que é moi posible que agora eu xa non as teña. Considero, así mesmo, que a persoa ideal para o posto é, quen agora está, Marcial Romero. É unha gran sorte contar nunha Federación cunha persoa de tan estimable valía persoal e profesional. Deséxolle toda a sorte do . mundo.

2.- Vostede iniciou esta sección no C.G.T.D. que sente ao deixala. . Recordo perfectamente o curso 1999/00 en que iniciamos a nosa andaina no CGTD; recordo con enorme agarimo a todos os meus judokas, tanto internos como externos, que pasaron polo centro; aos diferentes directores (Don José Vázquez Pájaro, Miguel Brigos, Carmela e Telmo), compañeiros de traballo, etc. Nestes nove anos pódesche imaxinar a cantidade de anécdotas, momentos agradables e situacións comprometidas que pasamos (estas últimas asegúroche que darían para escribir un libro). Todo iso ten un lugar especial na miña memoria e o seu recordo (xa sexa persoal ou cando falo con antigos alumnos) prodúceme unha enorme satisfacción e alegría. . Non sinto pena, pois sei que quedan en boas mans. Quizais, mirando atrás, o único que me produza tristeza sexa o non poder responder ás esperanzas dalgún alumno ou ferir a algún de forma non . deliberada.

3.- ¿Qué momentos bós e malos desta etapa de adestrador lembra nestes instantes? Quero quedarme só cos bos que son moitos e superan aos malos e, para min, transcenden completamente do ámbito deportivo e enmárcanse na relación persoal e o trato humano. Prodúceme unha enorme satisfacción contribuír, na medida das miñas posibilidades, ao desenvolvemento persoal e social dos alumnos de judo do CGTD, eses son os momentos bos, cando os vía (e a moitos aínda os vexo) gozar sen triunfalismos dos seus éxitos deportivos, asumir as súas derrotas, comportarse de forma racional nas diferentes situacións deportivas, respectar aos seus compañeiros, adversarios, árbitros, adestradores. Creo que é aquí onde radica un bo adestrador, calquera pode sacar un campión, máis difícil é facer bos deportistas. .

Santiago Troitiño recibiu do Mestre Lee a medalla ao mérito deportivo concedida pola REFEJYDA .

Hei de dicirche, que momentos malos e difíciles tamén tive, vivín con moita amargura momentos de desolación dos deportistas e recordo con especial amargura a única situación na que non renovei a solicitude dunha deportista (crin que tomaba a decisión adecuada); recordo con tristeza a miña impotencia de non poder salvar a deportistas nas negociacións coa Dirección Xeral. Xa ves, houbo de todo, pero como antes che dixen quédome co afecto e respecto dos deportistas e dos meus compañeiros. .

4.- ¿Qué éxitos garda con mais agarimo, os bronces europeos de Sabela e Rocío, os campionatos de España ou os campionatos . Galegos acadados? De todos gardo un bonito recordo. Non cabe dúbida que os bronces de Sabela Delgado e Rocío Fernández foron un fito na historia do Judo Galego como agora o é o ouro de Sara Álvarez, que tamén estivo connosco, quizá os inesperados ou os que suceden contra prognóstico ou de xeito especial recórdalos mellor pero todos os éxitos dos deportistas galegos vívelos con enorme alegría. Só teño respecto e admiración cara a eles. Durante nove anos, vin a moitos deportistas deixar as súas familias, compaxinar estudos con duros adestramentos, aguantar unha disciplina estricta, con privacións, sen tempo de lecer, etc. Gustaríame que vises as miñas palabras como un tributo a todos eles e darlles, a todos e a cada un dos judokas que pasaron polo CGTD, as grazas por permitirme adestralos e formalos e grazas por axudarme a mellorar como persoa, foi unha gran honra traballar convosco. 5.- O longo destes anos tivo unha estreita relación coa Federación e con seu presidente ¿Como ve ao . Judo Galego? Creo que o judo galego está cheo de vida. As súas licenzas soben, os resultados melloran, a xente traballa a gusto, realízanse actividades diversas, discútense ideas, por iso dígoche que o judo galego está vivo. A nivel deportivo, creo que temos excelentes competidores que nos darán moitas alegrías e que contribuirán á mellora do nivel xeral. Con todo, a nivel federativo, creo que as persoas que están aí non son suficientemente valoradas, nin recoñecidas. Eu, que vivín outros tempos desta Federación, considero que o que este grupo federativo logrou foi unha proeza, o judo galego sempre estará en débeda con eles e o judo galego, e eu con el, sempre estaremos en débeda con Mario. Non digo nada novo, todo o judo galego sábeo, pero quizá deberiamos recordalo e recordarllo de cando en vez: “se chegamos ata aquí é grazas a ti, Mario”, non o esquecemos, cando menos, eu non o esquezo. E xunto a el, todo un grupo que loitou a brazo aberto por esta federación, tanto agora como nos tempos . difíciles. . 6.- ¿Agora qué? A nivel persoal unha nova etapa, novos retos, novos obxectivos. A nivel deportivo, a seguir gozando do judo desde onde sexa necesario ata desde as . bancadas. Un bico a todos e moita sorte na vida.

.


Paix贸n polo judo

Gracias a t贸dolos mestres de Galicia

Campionatos, actividades, cursos, concentraci贸ns, codo con codo, logramos entre todos facer as cousas mellor e mais f谩cil. Noraboa.

32


ti

preocúpate de gañar...

Viajes Airbus, s.a.

… da viaxe facémolo nos

EN VIGO c/ República Argentina, 12 - 986447261 - 36201 c/ Areal, 16 - 986439092 - 36201 c/ Rosalía de Castro, 28 ofi. 9 - 986432000 - 36201 NA CORUÑA c/ Federico Tapia, 14 - 981120034 - 15005 EN PORRIÑO C/ Pío XII, 9 BAJO - 986337777 EN REDONDELA C/Plaza de Ribadavia, 2 - 986401800 -


APOYANDO EL DEPORTE

Sara Álvarez Folgueira CAMPIOA DE EUROPA JÚNIOR

www.pontgrup.com tlf. 902152122


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.