SAÚDA DO ALCALDE O Trofeo Miguelito cumpre xa o seu vixésimo aniversario, unha edición especial que amosa a importancia deste acontecemento deportivo con tradición na cidade. Polo tanto, en primeiro lugar, quero felicitar a todos aqueles que fan posible o éxito deste torneo, no que se poñen o valor o espíritu deportivo e participativo e a trascendencia dunha competición para compartir en familia e con amigos. É de destacar o esforzo que fan cada ano os organizadores deste trofeo e a axuda que prestan as entidades colaboradoras. Esta nova edición coincide ademais cun ano moi especial para a cidade, que cumpre o seu oitavo centenario e compite ante a Unesco para que a Torre de Hércules sexa declarada Patrimonio da Humanidade. Desde estas liñas volvo animar ós coruñeses e ás coruñesas a que participen nas actividades que se están a celebrar e que, como no caso deste torneo, amosan o espirítu participativo e asociativo dos veciños da cidade. Os mozos tamén son os protagonistas, para amosarnos as súas habilidades e coñecementos aprendidos para compartir unha xornada única na que se rinde homenaxe a Miguel, coa Þn de manter vivos e presentes os valores que el reunía e que todos os que lle coñecían apreciaban. Esta vixésima edición non sería posible sen o traballo dos clubes e asociacións dos participantes, que contan co apoio do Concello para manter a aposta polo deporte como base fundamental na formación dos nosos mozos e mozas. Por tanto, desexo a todos os participantes os maiores éxitos nesta experiencia á que convido ós coruñeses.
O Alcalde Javier Losada de Azpiazu
SAÚDA DO CONCELLEIRO DE DEPORTES Dende estas líñas compráceme felicitar o vinte cumpreanos ao Trofeo Miguelito. Durante estes anos Miguelito foi deixando pegadas no seu camiñar. Moitos lembramos aqueles momentos onde o proxecto comnzaba, a ilusión ca que os rapaces e rapazas vestían o judogui para participar nun torneo onde todos gañan, sí digo ben, “todos gañan”. Que complexo parece introducir esta Þlosofía no deporte actual pero cando o Comité Organizador coida este evento con tanto agarimo só pode acadar fructíferos resultados. Na pasada edición 3.000 deportistas de entre 3 e 14 anos pasaron polo Coliseum, desexo que este ano se estableza un novo récord de participación. Para Þnalizar gustaríame destacar a formación integral que este deporte ofrece, como todos sabedes coa práctica do judo mellórase a condición física e vese incrementado o repertorio motor dos nosos deportistas, pero ademáis a gran riqueza de estímulos sensoriais e as numerosas tomas de decisións fan que o desenrolo cognitivo tamén sexa constante. Despídome cos maiores parabéns para o judo galego e envíovos dende esta Concellaría forza para que o noso País siga promocionando este deporte ano tras ano. Un cordial saúdo
Xoán Xosé Martínez Cajigal Concelleiro de Deportes do Concello da Coruña
O COMITÉ ORGANIZADOR dávos as grazas a todos: patrocinadores, colaboradores, medios de comunicación, público, voluntarios, profesores, iudocas e, por suposto, grazas “Miguelito”.