1 minute read

Normativa por provincias

• Ríos da Furnia, do Hospital da Briña e do Pego (afluentes do Baixo Miño) augas abaixo da estrada PO-552 (Vigo-Tui) en todos os casos. • Canles e pozas da antiga lagoa de Antela, pozas dos Milagres (concello de Maceda), pozas de Rioseco (concello de Paderne de Allariz), pozas de Niñodaguia (concello de Xunqueira de Espadanedo) e coiñais de Oímbra (concello de Oímbra).

Tramos de encoros para a pesca con asticot

Advertisement

Conforme o disposto no artigo 4 e no anexo X da Orde do 28/01/2022, en determinados tramos de encoros autorízase a captura de ciprínidos con asticot sen limitacións no tamaño dos anzois.

Normativa por provincias

A continuación, se relacionan unhas táboas que inclúen información sobre os coutos de pesca, os tramos fluviais libres nos que unicamente poderá practicarse a modalidade de pesca sen morte, e os tramos vedados de cada provincia. Ademais, engádese un mapa provincial no que aparece a ubicación destes tramos e a situación aproximada dos centros de precintaxe e guiado de salmón e reo, no seu caso.

En primeiro lugar, atópanse os cadros cos coutos de pesca e as súas normas básicas de funcionamento. Neles, na columna titulada «km», figura a lonxitude aproximada do tramo expresada en quilómetros. Na columna titulada «Cat.», figura a categoría dos permisos de pesca, tendo en conta que nun mesmo couto ou tramo, os permisos de inferior categoría só se expiden no caso de veda da especie principal. Na columna titulada «cm troita» figura a dimensión mínima da troita que rexerá no couto, expresada en centímetros e a columna “Nº” indica a cota de captura de troitas por persoa e xornada. As columnas “L” e “F” recollen o número de permisos do couto en xornadas laborables ou festivas respectivamente.

A continuación, inclúense a relación dos tramos libres de pesca sen morte de cada provincia, indicándose os novos tramos respecto á tempada anterior.

Por último, aparecen as táboas cos tramos fluviais de cada provincia que permanecerán vedados durante toda a tempada de pesca. Lembre que a declaración dunha masa de auga como vedada, prevalece fronte a calquera outra; isto é, a masa de auga considerarase vedada para todos os efectos. Nestas táboas, na columna titulada «Obs.», o texto «Afluentes» indica que a veda esténdese a todos os afluentes existentes no tramo.

NORMATIVA Guía •

19

This article is from: