Programa dos V Encontros de Mondariz-Balneario (2007)

Page 1

cc cc F

U

N

D

A

C

I

Ó

ARLOS

V

E

N

C

O

N

ASARES

N

T

R

O

S

DE

MONDARIZ-BALNEARIO A M É R I C A L AT I N A E O F U T U R O 25, 26 e 27 de Setembro de 2007 Mondariz-Balneario (Pontevedra)

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA


A ACTIVIDADE DA FUNDACIÓN CARLOS CASARES ESTÁ PATROCINADA POLAS SEGUINTES ENTIDADES

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

Concello de Vigo

Concello de Ferrol

DEPUTACIÓN

Concello de Mondariz-Balneario

DA CORUÑA

Concello de Celanova

CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Rodman Polyships, S.A.U. Aguas de Mondariz

Concello de Ourense

UNIVERSIDADE DE VIGO Campus de Ourense


Golpes de estado militares, ditaduras, guerra prolongada, esbouridos populares, fenómenos de corrupción masiva, ex-presidentes procesados e encarcerados, etc. constitúen aínda o clixé sobre América Latina vixente en Europa Occidental. Menos coñecidos, pero talvez igual de importantes, son os fenómenos de preservación e hibridación de identidades culturais indíxenas que, moi recentemente, esixen a súa afirmación e recoñecemento constitucional, deixando de manifesto o carácter multicultural da patria soñada por Bolívar. En razón da súa identidade lingüística e relixiosa maioritarias e da vixencia das mesmas alternativas políticas e culturais que se abren no resto do mundo occidental, América Latina é considerada parte da cultura occidental. Dentro desa identidade básica, o seu carácter diferencial está vencellado a dous feitos indiscutibles: é a única área extensa do mundo que, posuíndo un substrato cultural predominante occidental, fai parte do denominado Terceiro Mundo debido ao seu “atraso” económico-social, e nela están presentes pobos e culturas cunha identidade anterior á colonización. Un dos obxectivos destes Encontros é discutir se esta diversidade cultural pode resultar conflitiva ou se, pola contra, presenta unha compoñente de ‘capital social’, substrato de posibles iniciativas anovadoras e cooperativas na perspectiva da superación dese “atraso”, auténtico desafío de América Latina neste intre. Para mellor comprendermos un mundo formado en parte polas nosas propias achegas migratorias e que, por tanto, tamén contribuíu a conformar a nosa propia autopercepción como país, a Fundación Carlos Casares, nos V Encontros de Mondariz-Balneario, convídaos a reflexionar sobre América Latina e o futuro. Agardamos que os debates sexan do seu interese.


P

R

O

G

R

A

M

A

Luns, 24 de setembro

17.00-20.00: Segunda sesión

Chegada dos participantes ao Hotel Balneario de Mondariz

ROBERTO MANSILLA BLANCO Xeopolítica en América Latina

22.00: Cea

22.00: Cea

Martes, 25 de setembro

Mércores, 26 de setembro

9.15: Almorzo

9.15: Almorzo

10.00-13.00: Primeira sesión

10.00-13.30: Terceira sesión

CARLOS TAIBO América Latina no mundo: globalización, enerxía, conflitos

MARCELO CAVAROZZI MOURIÑO Democracia e rutas políticas en América Latina a comezos do século XXI

13.30. Acto de inauguración

14.30: Xantar ofrecido polo Concello de Mondariz-Balneario

14.30: Xantar inaugural


17.00-19.30: Cuarta Sesión

14.30: Xantar

RAMÓN MÁIZ Nacionalismo e indixenismo

17.00-20.00: Sexta sesión

20.00: Conferencia pública:

CARLOS MALAMUD Os procesos de integración en América Latína: dificultades e futuro

FRANCISCO SESTO NOVÁS (“Farruco” Sesto) Cultura e desenvolvemento na Venezuela Bolivariana

22.00 Cea

22.00: Cea

Venres, 22 de setembro Almorzo e despedida dos convidados

Xoves, 27 de setembro 9.15: Almorzo 10.00-13.30: Quinta Sesión

ARACELI BURGUETE Estado e pobos indíxenas en América Latina


O

s Encontros de Mondariz-Balneario celebran a súa quinta edición coa pretensión de se converteren nun foro de debate estable para, dende Galicia, proceder ao intercambio de opinións sobre cuestións fundamentais do mundo contemporáneo. Os Encontros naceron sen vocación académica nin de reunión de especialistas e aspiran a consolidarse como un espazo para o diálogo libre, aberto e cordial entre persoas intelixentes e informadas, ben dispostas para o debate de ideas e procedentes de distintas áreas profesionais e diferentes campos ideolóxicos. Os Encontros teñen como horizonte estratéxico erixirse nun elemento cualitativo, referencial, na relación entre Galicia e o mundo global, conformándose como un foco de pensamento e reflexión plural sobre os asuntos que afectan á sociedade actual, dende os conflitos interculturais até a educación, a economía, a política ou a arte, materias todas elas que serán abordadas en sucesivas edicións. Deste xeito, os Encontros pretenden ser tamén unha pequena contribución da Fundación Carlos Casares á consolidación de Galicia como unha sociedade aberta e en permanente relación intelectual co mundo.


OS CONVIDADOS Carlos Taibo Profesor Titular do Departamento de Ciencia Política e Relacións Internacionais na Facultade de Dereito da Universidade Autónoma de Madrid. Autor dunha vintena de monografias, as máis recentes son Cien preguntas sobre el nuevo desorden (2002), Guerra entre barbaries (2002), ¿Hacia dónde nos lleva Estados Unidos? (2004), No es lo que nos cuentan. Crítica de la Unión Europea realmente existente (2004), Movimientos de resistencia frente a la globalización capitalista (2005), Rapiña global (2006), Rusia en la era de Putin (2006) e, en colaboración co escritor José Luis Sampedro, Sobre política, mercado y convivencia (2006). Das monografias que leva publicadas en galego, as últimas son Os movementos de resistencia fronte á globalización capitalista (2005) e Misérias da globalizaçom capitalista (2006). Analista de política internacional en varios medios de comunicación, colabora habitualmente cos diarios “El País”, “La Vanguardia” e os xornais do grupo “El Correo” e é comentarista radiofónico da Cadena SER. Roberto Mansilla Blanco Licenciado en Estudos Internacionais pola Universidade Central de Venezuela e Magister en Ciencia Política pola Universidade Simón Bolívar de Caracas, foi redactor e analista de política internacional en varios medios de información venezolanos. Dende o ano 2003 é analista para América Latina do IGADI (Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional) e, dende o 2004, responsable do seu CIDIC (Centro de Información e Documentación Internacional Contemporánea). Especializado, así mesmo, en política do Próximo Oriente, dende xuño deste mesmo ano 2007 é Representante en Galicia da UNRWA (Axencia das Nacións Unidas para os Refuxiados en Palestina). Colaborador habitual en temas de política internacional para diversos medios de comunicación, como a Radio Galega e a Televisión de Galicia, ten participado en numerosos foros de debate sobre o Próximo Oriente e América Latina. Marcelo Cavarozzi Mouriño Doutor en Ciencia Política pola Universidade de Berkeley (California, EUA) e Contador Público Nacional pola de Bos Aires, é Investigador Principal do CONICET (Consello Nacional de Investigacións Científicas e Técnicas, de Arxentina) e Decano da Escola de Política e Goberno da Universidade Nacional de San Martín, onde exerce a docencia e a investigación, así como Director da revista “Política y gestión”. Foi profesor convidado en numerosas universidades, entre elas as de Bos Aires, Flacso (México), Yale e Georgetown (EUA), e no prestixioso MIT (Instituto Tecnolóxico de Massachusetts, dos EUA). Como ensaísta conta con títulos como Autoritarismo y democracia e Capitalismo político tardío y su crisis en América Latina; como editor e compilador, cabe salientar, por exemplo, El asedio a la política. Defende que, perante o descrédito da política local e a vertixinosa volatilidade do mercado global, os países da América Latina deben de recrearse a si mesmos como comunidades a partir do seu substrato cultural común.


Ramón Máiz Catedrático de Ciencia Política e da Administración da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da Universidade de Santiago de Compostela e Profesor visitante en universidades españolas e estranxeiras (Italia, Francia, Alemaña, Reino Unido, EUA, Canadá e Arxentina). Os temas fundamentais das súas liñas de investigación en Teoría Política son a estrutura do estado, o nacionalismo e a construción política de identidades, aos que ten adicado numerosos artigos en revistas especializadas e monografías, algunha delas premiada, centrando nos últimos anos parte das súas investigacións no indixenismo e o multiculturalismo en América Latina. É membro de importantes asociacións de carácter internacional de pensamento político e fai parte do consello de redacción de varias publicacións especializadas. Conta co Premio Galicia de Investigación en Ciencias Sociais e co Premio Estatuto de Galicia do Parlamento de Galicia. Francisco Sesto Novás (“Farruco” Sesto) Natural de Vigo, foi Profesor Titular da Cátedra de Deseño na Escola de Arquitectura da Universidade Central de Venezuela, acadando importantes premios internacionais pola súa obra arquitectónica. Ensaísta, poeta, pintor, conferenciante e colaborador de diversos medios de comunicación, na administración pública venezolana desempeñou, entre outras responsabilidades, os cargos de Director do Fondo Nacional de Desenvolvemento Urbano, Presidente do Instituto do Patrimonio Cultural, Director Xeral de Planificación e Director Xeral de Ordenamento Urbano do Ministerio de Infraestruturas, Membro da Comisión Presidencial para a Alfabetización, Presidente do Consello Nacional da Cultura, Viceministro de Cultura e, dende o ano 2004, Ministro do Poder Popular para a Cultura. Araceli Burguete Cal y Mayor Indíxena chiapateca, Mestra en Socioloxía pola Universidade Autónoma de Chapingo (México), é Profesora Investigadora de Antropoloxía e Estudos Políticos do CIESAS - Unidade Sueste (Centro de Investigacións e Estudos Superiores en Antropoloxía Social, no Estado de Chiapas). Especializada en Antropoloxía Xurídica, céntrase no estudo dos sistemas xurídicos non estatais e a súa articulación co sistema estatal, observando os cambios xurídico-políticos e de organización territorial, así como os procesos de construción de cidadanía multicultural e os conflitos derivados da implementación destas políticas. Defensora de estratexias para o indixenismo que non exclúan a outros grupos étnicos, propón establecer alianzas interétnicas e interclasistas e sistemas de recoñecemento da diversidade cultural e de redistribución económica, afirmando que o multiculturalismo, o interculturalismo e demáis “ismos” semellantes son un engano neoliberal. Carlos Malamud Rikles Doutor en Xeografía e Historia (especialidade en Historia de América) pola Universidade Complutense de Madrid, é Profesor Titular de Historia de América da UNED (Universidade Nacional de Educación a Distancia) e Investigador principal para América Latina do Real Instituto Elcano de Estudos Estratéxicos e Internacionais. Foi profesor e investigador visitante en diversas universidades e centros extranxeiros, como o Colexio de México, a Universidade de Bos Aires, o Instituto Torcuato Di Tella e o St Antony’s College da Universidade de Oxford como Spanish Sennior Visiting Fellow. É autor de numerosos libros e artigos sobre as súas especialidades; entre os primeiros cóntanse Historia de América (2005), Historia contemporánea de América Latina, tomo IV: El Estado en crisis (1920-1950) (2003) e, en colaboración con Elizabeth Joyce, Latin America and the Multinational Drug Trade (1998).


Director dos Encontros: Carlos Fernández Secretaría: Pedro Blanco Llano, Miguelanxo Murado Lorenzo Consello Consultivo dos Encontros: Josep Borrell, Bernard Cassen, Antonio Elorza, Felipe Fernández-Armesto, Miguel Ángel Fernández Fernández, Xosé Fortes Bouzán, Rita el Khayat, John Keane, Emilio Lamo de Espinosa, Ramón Máiz, Gema Martín Muñoz, Alberto Oliart, Tariq Ramadán, Xavier Rubert de Ventós, Fernando Savater, Eugenio Trías, Darío Valcárcel, Fernando Vallespín, Rafael Vilasanjuán, Darío Villanueva, Nadia Yassine, Danilo Zolo. PADROADO

Kristina Berg - VICEPRESIDENTE: Xavier Casares Mouriño SECRETARIO: Håkan Casares Berg - ADMINISTRADOR: Xosé María Fonseca Moretón VOGAIS: Christian Casares Berg, Mercedes Casares Mouriño, Manuel Rivas Barrós, Manuel Rodríguez Álvarez, Manuel Rodríguez Vázquez, Damián Villalaín, Darío Villanueva Prieto Xunta de Galicia Deputación Provincial de Pontevedra Deputación Provincial de Ourense Concello de Ourense Concello de Vigo CaixaGalicia Caixanova La Voz de Galicia Consello da Cultura Galega Editorial Galaxia Real Academia Galega Fundación Penzol PRESIDENTA:


COMISIÓN EXECUTIVA

Kristina Berg Håkan Casares Berg Christian Casares Berg Xavier Casares Mouriño Xosé María Fonseca Moretón Manuel Rodríguez Álvarez Manuel Rodríguez Vázquez Damián Villalaín DIRECCIÓN XERENTE:

Pedro X. Blanco Llano

DOCUMENTACIÓN:

Miguelanxo Murado Lorenzo

CONSELLO ASESOR

Antón Baamonde Carlos Fernández Juan Fonseca Moretón Leandro García Bugarín Basilio García Pérez Gustavo Adolfo Garrido Luís González Tosar

Manuel Janeiro Modesto López Ramón Loureiro Anxo Lourenzo Henrique Monteagudo Antonio Montero Carro Xulio Ríos

Manuel Rivas Lois Rodríguez Andrade Xosé Manuel Soutullo Marcos Valcárcel Vítor Vaqueiro Manuel F. Vieites Darío Villanueva


AMIGOS DA FUNDACIÓN CARLOS CASARES Modesto López Bouzas Valentín Arias López Xosé Luís Rodríguez Pardo Antonio Salgueiro Armada Antón Riveiro Coello Miguel Pérez Romero Pedro Xosé Blanco Llano Inmaculada Gutiérrez Xavier Mouriño Cagide Håkan Casares Berg Begoña Álvarez Fernández Xosé Manuel Soutullo Pedro F. Díaz Torres Leandro García Bugarín Delgado Arce Asesores, S.L. Teresa Vázquez de la Cruz Francisco Castro Veloso Blanca Ana Roig Rechou Paulino Novo Folgueira F. Xavier Río Barxa Anxo Tarrío Varela Narciso Luaces Pardo José Mª Fonseca Moretón Manuel Janeiro Casal Miguelanxo Murado Lorenzo Manuel Espiña Gamallo Xesús Rábade Paredes Helena Villar Janeiro Bieito Iglesias Araúxo José Manuel Iglesias Carrera Ramón Barral Andrade Manuel Veiga Taboada Bodegas Terras Gauda, S.A.

Daniel Soutullo España Carlos Méixome Quinteiro Edicións Lea, S.L. Basilio Losada Castro Antón Grande Penela Mª X. Pérez Meixeira Juan C. González Febrero Mª José del Río Oliete Hixinio Beiras Cal Alfonso Zulueta de Haz Bernardo Atxaga Xan Bouzada Fernández Olivia Rodríguez González Domingo Domínguez Gómez F. Xavier Carro Rosende CEP “Carlos Casares” Esther Regueiro Fernández Alejandro Requejo Domínguez Efrén Vázquez Vázquez Santiago Jaureguízar Luís Menéndez Villalba Antía Pérez Lorenzo Ana González López Fernando Savater Mercedes Lamarca Ruiz Manuel Rodríguez Álvarez Rosa Muñoz Aller Guillermo de la Dehesa APROIN Álvaro Espilla Díaz Joaquim Ventura Ruiz Damián Villalaín José Araújo Fernández J.L. Álvarez Naveiro (†) Agustín Sixto Seco (†)

Delfín Caseiro Nogueiras Blanca Lorenzo Royo Eva Ocampo Vigo José Recio Díaz Concepción Blanco Llano Miguel A. Murado García Manuel Guisado Tato Concepción Villanueva Ruiz Miguel Pérez Pereira Miguel Anxo Fernández Juan I. Fonseca Moretón Escola Rosalía de Castro Lola Beccaria Xoiaría Arezo Gustavo A. Garrido Dolores Vilavedra Fernández Antonio Piñeiro Feijoo José María da Rocha Julia Mera Guerrero Mª Dolores Fernández Pedro Laín Martínez Luis Caramés Viéitez Arcadio López-Casanova Camiño Noia Xulián Maure Marta González López Real Club Náutico de Vigo Antonio Pichel Lorenzo Mª Cristina Gutiérrez Fdez. Purina Villanueva Ruiz Victoria Lojo Vicente Mª Cristina Glez. Fdez. X. L. González. Rguez.


cc CONCELLO DE MONDARIZ-BALNEARIO

Aguas de Mondariz

OURENSE VIGO A-52

A-52 A-52 PORRIテ前 A-55

A-52 BENAVENTE

PONTEAREAS A-6

MONDARIZ BALNEARIO TUI

Fundaciテウn Carlos Casares. Elduayen 36, 2ツコ. Vigo 36202. Telf.: 986 225 785 www.fundacioncarloscasares.org fundacioncarloscasares@fundacioncarloscasares.org


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.