Empezou o curso! A primeira excursión que fixemos foi á unha exposición na carpa da Festa do Marisco, no Grove. Logo fomos aos xogos populares xa que nos portamos moi, moi ben.........
.........e pasámolo aínda mellor. Menudas risas!!!
A segunda excursión foi ao concerto de Caixanova; logo de aí merendamos nos xardíns da Avenida de Montero Ríos (Pontevedra) e fomos a Combarro para ver as casas mariñeiras.
O P.D.I. Do noso cole este ano é “A pedra en Galiza”, e nós escollemos o tema das casas mariñeiras, así que desta excursión sacamos MOITO proveito, aparte de divertírmonos claro está.
A terceira excursión foi a Santiago de Compostela; pero desta xa vos darán conta os nosos compañeiros de 5ºA......
........E mais....aínda haberá unha cuarta excursión que a levaremos a cabo o 5 de xuño aos Muíños de Ribadumia – Meis ( “A ruta da pedra e da auga”) o 5 de xuño. Pero non todo foron excursións. Ao longo do curso tamén fixemos un Taller de Poesía. Tratábase de facer unha biografía e un poema de Rosalía de Castro, Eduardo Pondal, Xosé Díaz Castro, a nosa biografía e un poema inventado por nós. É un poema no que cada un de nós fixo un verso. Tamén levamos a cabo un Taller de Contos. Era en grupo e cada un de nós desempeñaba un papel diferente: coordinador de grupo, debuxantes, correctores lingüísticos, escritores e todos do grupo a súa vez éramos creadores da historia.
Taller de poesía
Taller de contos
O 2 de abril foi o Día do Autismo. Nese día vimos un vídeo moi bonito e emotivo sobre os nenos que teñen este problema. Logo pintamos globiños azuis con témperas, nas ventás; fixémolo porque é o símbolo do Autismo. Despois tivemos que facer un traballo sobre este tema. Buscamos en blogs de familias que falaban de como era o día a día deles; tamén demos opinión sobre o tema. A continuación colgamos os traballos na porta da nosa clase. En resumo, foi un día diferente con varias cousas especiais e emotivas.
E pechamos a travesía de 5º cunha das nosas obras de arte xa que algún de nós estudar non estudaremos pero somos uns artistas! Felices VACACIÓNS a todos/as!!!