Os abContos de 1ºesoD

Page 1

Os

abcontos de

primeiroesoD IES Salvaterra de Miño 2021/22 1


E de súpeto sentiu que o momento era case solemne. Sentou dereito, colleu o libro, abriuno pola primeira páxina e comezou a ler

A historia interminable I Fantasía en perigo Aos seus buratos, niños e tobos dirixíanse todos os animais do Bosque de Haule. Era medianoite, e nas copas das vellísimas e grisáceas árbores ruxía un vento tempestuoso. Michael Ende: A historia interminable. 2


a AMOOOR!!! (Alejandra Álvarez Álvarez) Amador amaba a Ana, Ana amaba a Amador. Ana adoraba acampar. Andaban amodiño, ata atopar ameixas. Ataron a asa amarela á árbore. Amador, abraiado, acercouse a Ana abrazándoa agarimosamente. Ambos amábanse. An! ALICIA ASTRONAUTA. (Carla Domínguez García) A autronauta Alicia Álvarez, aspecto aliñado, alegre, apasionada, amábel, aventureira, alta, ama a vida... Analiza aos astros, as auroras ao amañecer. Anotaba as actividades atípicas, as alteracións apreciadas ao acabar as análises. Antigamente ao anoitecer atendía atentamente as alegres anécdotas, aventuras, andazas acontecidas ao avó Andrés, artista afeccionado ao adornar as aspas abandonadas, aboiando auga avolta. Alicia a autronauta, adora acordar aqueles anos animados.

ANIMAIS AMIGABLES (Marco Domínguez Álvarez) Animais amigables: araña, avestruz, atún, alce, asno, antílope, anguía, avispa, ameixas, anchoas, aguia, arenque.

A ABELLA: (Alejandra Estévez Lorenzo) Ana Álvarez admitiulle á abella acercarse a Ainoa. Aquela avoa asfixiada aterrizou, aplaudiu, admirou ao astronauta. Ana asistiu antes ás asembleas antigas. Agora acabou ansiosa, amedrentada, aburrida... A avoa axudou ao amigo. AGACHANDO ANOTACIÓNS (Ainoa Porto Castro) Ainoa, Ánxela, Antía, Ana acabaron as anotacións ás agachadas ante a atenta ameaza. Áxiles, acarréxanas ata a acea agochándoas alí, agradecendo á alborada a agridoce alerta. 3


AMOR ANECDÓTICO (Aitana Pino González) Amanda amaba a Amador. Anécdota: Amador amaba a Amaia.

b BRANCA (Noa Cambra Martínez) Branca buscaba bonitas botellas, botas baratas, bebidas básicas. Branca botaba balóns brillantes… Branca boxeaba, bromeaba… Boa bailarina Branca.

c CANTANDO CON CHUVIA (Inés Álvarez Murillo) Carmen collía coidadosamente chocolate coa culler cando conversaba co caótico Carlos. Concluía coa canción cando caía chuvia caudalosamente. Carlos cantaba contento coa chuvia. Celia contemplábaos con celo. CAROLINA CO CURMÁN. (Candela Estévez Lorenzo) Carolina Castaño conseguiu casar cun conserxe calvo, canoso, calado...Carolina conviviu co curmán cantante, con cans cane corso chamados: Caca, Champiñón, Concho, Carameliño. Carolina co curmán cantou cancións como Corre. CAPITÁ CAMILA. (Carla Domínguez García) Capitá chamada Camila Carballo caracterízase combatente, curiosa, caprichosa... Con cara colorada, camufla certa cicatriz cun cabelo color carbón cepillado cada catro crepúsculos. Capitaneaba cos compañeiros certa canoa colosal coa cal comentaban calquera caso curioso con coidado, coa condición, como, chegar, concretar, conseguir clarificar crimes. Cada cuestión causa conmoción cunha curiosidade compensada coa cualificación concedida cunha chapa co comentario campeoa célebre capitá Camila.

4


CÉSAR CONTEIRO (Carlota Pérez Martínez) César Cepo conta café cos celtas, conta cervos comendo cebola. Contaba coellos con cerraduras, calendarios con “calzaslargas”… Conta con Carolina caracterizada como carpinteira. Conta contos curtos como cadelas camiñando con cataláns. César conta cos cervos, Carolina, “calzaslargas”, cadelas… cartas.

CAETANO CASTRO (Carlos Segovia Alén) Caetano Castro Castelo, cabelo cor café, come comida como: chourizo, cabra, chuletón, churros… Conduce coche Chevrolet Cruce cor cian. Conduce con cautela. Cae continuamente cando corre coxeando cara a casa, cálmase cando come caldo cunha culler cor coral.

d DIANA DADIVOSA (Daniela Carballo Groba) Diana deume doces de Dinamarca, despois deume diñeiro dabondo, discos, dados, despertadores… Díxome de dividir dous discos dun diaño de Dubai.

e ENMA ESTUDA (Noa Cambra Martínez) Enma estaba estudando, ela estudaba estrelas. Emma estaba empezando, estudaba estoutras estrelas: Elnath, Ebla, Electra, Enif, Edasich, Elgafar, Elkurud, Eltanin, Emiw e Errai. ESTE EDUARDO! (Hugo Estévez Gómez) Eduardo é enfermeiro empregado en emerxencias. Eduardo edita escritos esaxeradamente, Eduardo é esaxerado.

ESTAFADOR ENFADADO (Daniela Carballo Groba) Esteban estaba estafando emprendedores estando enfadado en España. Era estilista, empresario e enfermeiro. E… 5


EX E EX (Eduardo González Montes) El. Emilio Estévez. Emprendedor, elocuente, engaiolante. Ela. Elisa Echenique. Elegante, esvelta, estupenda. El e ela. Encontráronse. Esposo e esposa. Exultante estilo. Enfrascados en estar eufóricos. El. Estuda Económicas, Enxeñería Espacial e Estatística. Era experto espía. Estivo en Etiopía e Exipto. Embaixador en Eslovaquia. Exiliouse en Ecuador. Estranxeiro. Ela. Entrementres. Escribía esmerados ensaios. Esculpía esquisitas esculturas. Estudaba enigmas esotéricos. E esperaba. Entristecida… Estoupou! El e ela. Ex.

f FEBREIRO FESTIVO (Ainhoa Porto castro) Fernando foi festexar, ficou fóra feliz falando fenomenal, formulando fluídas frases, facendo fuxi-los fatuos fulanos. Felicitárono facéndolle formidables facianas, facilitándolle face-las fatigosas faenas. Froallou fóra facendo fuxi-los fanáticos festeiros.

g GABRIELA. (Candela Estévez Lorenzo) Gabriela gasta gorras grandes. Gaña gatos grazas ás gorras. Gabriela gustou gastar gorras, globiños, guitarras, gomas, gatos... Gabriela gañou galletas grandes, gallegas gordas... Gabriela gritou: ¡GATOS!

GRITAR, GARDAR (Carlos Segovia Alén) Gael Gallego Gómez, gústalle gardar gatos grandes, gomas grises, gansos gordos, gorros galantes, globos grises. Gael grita grave. Gritan gaivotas, gritan galgos, gritan guitarras. Gael goberna Georgia.

6


h HORTELÁN (Hugo Estévez Gómez) Harry hortalizas húmidas.

i IMAXINACIÓN INAUDITA (Inés Álvarez Murillo) Isabel imaxinaba iguanas intrépidas iniciando, incansables, itinerarios increíbles. Ideaba, igualmente, insectos inexistentes.

L LOLA LECTORA (Eduardo González Montes) Lola López. Loura, lista, locuaz, lúcida. Lola loce linda. Lola le libros, libertinos, loucos, lóbregos… Le lendas. Le literatura latina, literatura letoa... Loxicamente, le lecturas lixeiras, leviáns, lenes.. Lendo lentamente, Lola logrará liberar lousas, logrará lecer, logrará liberdade.

m MARÍA MANDONA (Alejandra Estévez Lorenzo) María Méndez mandou medir mobles, mesas, marcos. Mañá mandará móbiles, martelos, mazás, melóns, maletíns, mapas. Moitas marcas mundiais mercarán moda moderna. Mandou marcar moitas macetas magníficas.

MERCAR (Marco Domínguez Álvarez) Mateo Martinez marca moitos mates. Marcelo Mansinño merca moitas mandarinas. Mono mordomo merca macarróns, morcego médico merca mermelada, mosca mesera merca mango, morsa modista merca manzana, medusa meteoróloga merca marisco, mexillón militar merca milanesa. 7


n NAROA NAS NUBES (Noa Cambra Martínez) Naroa non nada nas nubes, nunca nadou nelas. Na nenez, nunhas negras nubes, Naroa notara ninfas nadando. Neves, Nuria, Nani... Nomeounas Naroa. Nas nubes nadaban novas ninfas nas noites negras. Naroa negábase, non nadaría nunca nas nubes...

o OUH! (Ainoa Porto Castro) Onte oín o oso ouvear onda o olmo, ostentando optimamente o ouro onde onte obraban ouvidos obscenos, ou obstinados; ollando o outeiro onda o olor oprimía os operarios.

OSO OU OVO? (Alejandra Álvarez Álvarez) O oso Óscar odiaba os ovos. Onte observou o ornitorrinco Odón oprimindo o ovo. — Odón, o ovo!

p PASTICHE PASTOSO (Alejandra Estévez Lorenzo) Peixe pardo pescando peixiños pardos, preparando plátanos planos, praticando parkour por Ponteareas. Potando plátanos para Patricio Pérez por preguiceiro, papa plátanos papados. Papouno pouco porque Paco pasou polo parque.

PEPE PETARDO (Eduardo González Montes) Pepe Petardo. Pum!!!

8


PASEO POLA PRAIA (Inés Álvarez Murillo) Paula paseaba pola praia pintando paisaxes preciosas, pescando peixes púrpura, procurando perlas plateadas, percibindo petunias…

q QUE? (Ainoa Porto Castro) Quixen quedar quieto, quizais quen quixo queimalos quince quilos de queixo químico quixese quentala quenlla; quedou queixándose querendo quita-lo quiste que queceu quen quería quebra-la quenda querendo quince quiñóns. QUE! (Julia Bernárdez Lago) Quintín Quintas quizáis queixoso, querido, quinceañeiro, quere quitarnos queixo quente. Quere queimar quincalla e químicos. Quere quirófano.

r RÁAAAPIDO!!! (Eduardo González Montes) — Ruth, refixéches relatos? — Refacer, refacer… —respondeu Ruth. — Revisa, repasa, reorganiza, reescribe… Remata! —recrimínolle. Rapidament Ruth, rauda, risoña, rebuldeira, recolle, retírase. Ruth remata reflexionando, repensando: raíñas, raios, rosas, ruxerruxes… Repentinamente Ruth ri. Resultado: relato rimbombante rematado. — Recaramba! —respiro relaxado.

ROBA RUBÍS (Ruth González Alonso) Ratiña Rosa Rodriguez roba rubís. Rastrexa rubís raídos, redondos, rectangulares… Rosa ráscase, ri, roxe, roga... Rosa reproduciuse. Ratiños renomeados: Reina, Rodolfo, René, Rufino, Rebeca, Rosamunda, Roque… Rosa. Ramiro. Remataron rompendo.

9


s SAMUEL SARDIÑA. (Candela Estévez Lorenzo) Samuel Sardiña saborea saltóns saltando sobre salamándridos. Samuel sopra sopa salgada saboreando saliva, séntese só sempre soprando sopa. Samuel sempre soubo sobre serpes, sapos, salmóns. Samuel serviu sopa salgada sempre.

SARA SABÍA… (Noa Cambra Martínez) Sara sabía sentir sabores salgados; sabía sentirse solitaria; sabía saír soa; sabía sentir sete sabores; saborealos; sabía saltar saltos; sabía, sobre todo… sumar.

SENSIBLE SAÚL (Carlos Segovia Alén) Saúl Segovia Salas sae sen supervisión. Sempre saúda simpático, sabe saltar sen soltalo seu silbato, sabe soster sandías. Sen suspirar, sopra sopa suave, suma sen saber subtraer, sempre se sente só… Sorprendente sensibilidade. SANTIAGO SMITH SORBE SOPA. (Sabela Mata Álvarez) Santiago Smith, sorbe sopa. Se Santiago Smith sorbera sopa só, sorbería sopa serenamente. Seguramente se Santiago Smith soubese sorber sopa só sorbería sopa sen sentido.

t TREPIDANTE TOMAS T. (Daniela Carballo Groba) Tomas Tomich toma tomate triturado tras trotar tras tres tiburóns traumados. Tamén ten tristeza, tensión, tras tomar tranquilizante tóxico. Tarado, trata teu tío tras tomar turrón.

10


TADEO TARDÓN (Eduardo González Montes) Tadeo Tardón. Típico trasno terrorífico, testalán, timorato, truán. Trasfega trapalladas. Tira tomates. Toma tubérculos triturados. Toca teclados. Trampea. Ten tres trípodes. Talmente terremoto. Todo tirado. —Tranquilízate, Tadeo… Todo trucos, trolas, trasnadas!!!

u ULIDORES (Marco Domínguez Álvarez) Ulidores: Uriel, Unai, Urano, Ulises, Úrsula, Uxia, Uriana.

v VERÓNICA VAMPIRO, VIAXEIRA. (Carla Domínguez García) Venres vinte. Verónica Vampiro, vella, valente, vivaz... Veu visitar vellos veciños valencianos. Vendeulles varios vestidos verdes, vermellos, violetas, vaqueiros, varredoiros, verzas... Viu voar velozmente voitres, vagalumes, vagabundos vagar, visitou viveiros... vendimou volutariamente vides. Verónica viviu valiosas vivencias viaxando. Voltará varias veces. VICTORIA VELÁZQUEZ (Sabela Mata Álvarez) Victoria Velazquez viaxa voando vivindo virtualmente, Victoria vive vixiando vacas vagas, víboras verdes, verdugos vellos... Victoria Velázquez viaxa voando vivindo virtualmente.

x XUSTIZA XUNTOS. (Carla Domínguez García) Xullo, xoves: Xulio, xocoso, xunto Xerardo, xeneroso, xantaban xurelos. Xa xogaran, xuntaran xistos, xutaran... Xamais xeraran xelatina, xamón, xeado... Xulio, xubilado, Xerardo, xuíz, xulgaron xustiza xuvenil.

11


z ZAPATEIRO ZURDO (Carlota Pérez Martínez) Zapateiro zurdo zapata zafiros zamoranos, zangonea zorros zoantes, zurdas zancadas. Zamora zarpa zumarenta, zapatea zume, zurdas, zorros, zoolóxicos, zapatos… ZAMPÓN (Hugo Estévez Gómez) Zacarías zapateiro, zampa zapatos.

E tres contos máis: Xulia (Carla Domínguez García) Xulia xa non poderá sufrir por culpa daquela man que cada día lle apretaba o corazón ata deixala sen aire. Os seus ollos deixaron de brillar dentro dunha escuridade ao pensar que pronto ía ser avoa, pero aquela man decidiu o seu destino e ensinoulle a voar sen ás. Sen título (Nuria Lugo Rodríguez) Teño sono. Sinto os meus ollos pecharse, pouco a pouco, lentamente. Levo así uns minutos, non hai ninguén na casa, estou só. Será que mañá aínda poderei ver a fermosura desta marabillosa paisaxe de campo? Ou, quizais xa non poderei contemplala máis? Penso, ocorrería isto se houbese alguén aquí?

Natureza e soidade (Inés Álvarez Murillo) Paseaba preto do río na soidade, mais gustáballe iso, non o vía como algo malo senón como liberdade, fóra dos prexuízos da xente e as súas críticas... Ela e a natureza, xa o único no que se pode confiar, pensaba mentres camiñaba todas as noites pola beira deste regato...

Relatos, e debuxos de cadansúa autora, creados na aula de lingua galega de

1º ESO - D IES Salvaterra de Miño 2021/22 12


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.