Literatura galega 2º Bacharelato Comentario de texto. Exemplos
Eduardo González Montes
1
1.- A poesía das Irmandades da Fala. Características, autores e obras representativas. ¡Irmáns no amor á Suevia
PREGUNTA: O seguinte texto é a terceira
de lexendaria historia,
estrofa do poema titulado “En pé”,
¡en pé! ¡en pé dispostos
dedicado a Luís Porteiro. Despois de
a non morrer sin loita!
realizar unha análise formal da estrofa,
¡O día do Medulio
explica cal é a mensaxe deste himno e
con sangre quente e roxa
dúas características, con exemplos tirados
mercámo-lo dereito
do texto, que xustifiquen a súa adscrición á
a libre, honrada chouza!
poesía cívica do autor. Indica outros dous
¡Xa está ao vento a bandeira azul e branca!
títulos de poemarios de Cabanillas.
¡A oliva nunha man, a fouce noutra,
(Extensión aprox. 250 palabras)
berremos alto e forte: “¡A nosa terra é nosa!”. Ramón Cabanillas, Da terra asoballada, 1917
RESPOSTA MODELO: Despois de publicar os seus primeros poemarios na emigración cubana, Ramón Cabanillas regresa a Galicia, participa na creación das Irmandades da Fala e, coa publicación de Da terra asoballada, vai asumir o papel de poeta civil ao tempo que Galiza pasa a ser suxeito da súa poesía. Formalmente a estrofa está composta por unha mestura de dez versos heptasílabos máis dous hendecasílabos con rima asonante nos versos pares. Podemos afirmar que se trata dun himno, inzado de sintagmas exclamativos, porque o suxeito lírico, o poeta, convértese ao mesmo tempo en receptor da mensaxe que envía aos que considera os seus irmáns, os galegos: o dereito á liberdade, a deixar de seren explotados. A mensaxe fica explícita no derradeiro verso do poema: “¡A nosa terra é nosa!”. Para conseguir este propósito, adopta unha actitude didáctica ofrecendo exemplos de momentos da nosa historia en que os galegos e galegas se rebelaron contra a opresión: “a Suevia de lexendaria historia“ (cando o pobo suevo se instalou neste territorio e fundou o Reino Suevo de Galiza) e “o día do Medulio” (evoca a resistencia dos habitantes do noroeste peninsular ante a conquista romana).
Ademais das referencias á nosa historia para animarnos aos galegos a
loitar pola liberdade, outra característica da poesía cívica do autor é a presenza de símbolos, como “a oliva” e “a fouce”, que simbolizan, respectivamente, a paz e as loitas agraristas; ou “a bandeira azul e branca”, símbolo da nación galega. A obra de Cabanillas é rica e plural. O seu primeiro poemario, publicado en Cuba en 1913, foi No desterro. Xa nos anos 20, en plena etapa mítico-saudosista, publica o poema narrativo Na noite estrelecida.
2
(276 palabras)
1.- A poesía das Irmandades da Fala. Características, autores e obras representativas. PREGUNTA: Cal é o tema do fragmento?
É Merlín o profeta, o celta armoricán,
Que virtudes se destacan do protagonista?
dos silfos e das lumias ollado por irmán,
Xustifica, con exemplos extraídos do texto,
sabidor dos encantos e os máxicos conxuros,
a que etapa da traxectoria poética de
das virtudes das herbas e dos fados escuros,
Ramón Cabanillas corresponden estes
que nos craros dos bosques e os baixíos costeiros deprendeu o diviño lenguaxe dos luceiros;
versos. Lembra indicar a orixe dos
o bardo das edades, o da segreda cencia
elementos poéticos do seu estilo. Por
que a terra fixo súa, impóndolle obedencia
último, indica outras obras, non só
ás ágoas da riada, ós rochedos do cume,
poéticas, publicadas polo autor nesta
ás nubes da tromenta, á ardentía do lume.
etapa. (Extensión aprox. 250 palabras)
Ramón
Cabanillas:
“A
espada
Excalibur” (fragmento), Na noite estrelecida, (1926)
RESPOSTA MODELO: A obra de Ramón Cabanillas, membro da xeración das Irmandades, presenta unha forte evolución ao longo dos anos alcanzando unha especial fecundidade nas década dos 20 do século pasado. A súa estética, alén de presentar influencias da poesía tradicional (a poesía popular, os clásicos e mais os autores do Rexurdimento), recibe aqueloutras dos movementos poéticos contemporáneos, especialmente do Modernismo e do Saudosismo portugués. O tema do texto é a descrición do mago Merlín que se nos presenta como unha figura maxestosa e mítica (trata con silfos e lumias), con coñecementos de herboloxía (sabedor das virtudes das herbas) e astroloxía (aprendeu a linguaxe dos luceiros) e é señor dos elementos (as augas, o lume…) Do Modernismo, Cabanillas adopta, sobre todo, as roupaxes externas: a versatilidade métrica e rítmica, co emprego de sonetos de arte menor ou de versos alexandrinos, coma neste texto, conformado por 6 pareados de versos alexandrinos con rima consonante: AABB…; o gusto polo sensual; a musicalidade; o preciosismo verbal e os efectos coloristas. Neste período, a etapa mítico-saudosista, sempre dentro das coordenadas ideolóxicas do galeguismo, Cabanillas leva a cabo unha reconstrución mitificadora do pasado nacional, desde unha perspectiva saudosista e centrándose en varios momentos clave: a época celta, a época medieval e a crise do século XV. Así, neste fragmento recrea a figura do mago da mitoloxia celta, Merlín (o celta armoricán, o bardo das edades), como parte da actualización da materia de Bretaña que realiza en Na noite estrelecida para adaptar a complexa lenda medieval a unha mensaxe patriótica e cristiá. Nesta década escribe en colaboración con Antón Villar Ponte a obra teatral O Mariscal e publica A rosa de cen follas. Breviario dun amor (1927), que retoma a liña intimista e amorosa, en clave modernista, propia dalgunhas páxinas dos seus primeiros libros. (299 palabras)
3
2.- A poesía de vangarda. Características, autores e obras representativas.
PREGUNTA: Analice tres características deste
enloitouse de silenzo.
poema que permitan situalo no seu movemento literario. Contextualíceo
Co ollar húmido do verde
historicamente e indique outras dúas
camiñan os bois labregos,
correntes poéticas da mesma época, así
levando os piñeiros mortos
como un dos seus autores máis
no primeiro cadaleito.
representativos e unha das súas obras. (Ext. -O serán cóncavo e fondo
aprox. 250 palabras) (2,5 puntos)
molla polo mar os ecos OS PIÑEIROS MORTOS
das doídas bateladas que pinga a campa do ceo-
Afiando o berro dos carros fende o sol por amarelo.
Ficou chorando no campo
Rube a lúa polo monte
o enorme e viudo vento,
para despedir o enterro.
buscándoos ás apalpadelas na horfandade do ermo.
As estrelas en ringleiras alumean o vieiro.
Luís Amado Carballo, O galo, 1928.
O bosque despeiteado
RESPOSTA MODELO: A poesía renovadora que se cultivou en Galicia nos anos 20 e primeiros 30 do século XX segue tres tendencias principais: a neotrobadorista, a hilozoísta, e a propiamente vangardista. Esta última propugna unha ruptura practicamente total co ruralismo, o costumismo, a poesía patriótica e mesmo coa poesía das grandes figuras do Rexurdimento; mentres que a tendencia neotrobadorista e a hilozoísta establecen un diálogo coa tradición, medieval, nun caso; paisaxísitica e popular, no outro. As características deste poema de Amado Carballo confirman a súa adscrición ao Hilozoísmo. A hilozoísta é unha poesía caracterizada pola brevidade, a sinxeleza, permanencia de esquemas de rima e métrica tradicionais (o poema consta de cinco estrofas de catro versos octosílabos con rima asonante nos pares, coplas: - a - a); a frecuente personificación de elementos naturais (Rube a lúa polo monte…, O bosque despeiteado enloitouse…, …chorando no campo o enorme e viudo vento, etc.); o predominio das imaxes (O serán cóncavo e fondo), a concepción pictórica do poema e a linguaxe metafórica. O tema central é a paisaxe, o traslado en carro duns piñeiros cortados nunha serán chuviosa e escura, tema absolutamente tradicional; pero empréganse imaxes e recursos moi novos, de raíz vangardista, como é a asociación do carro cun cadaleito na
4
terceira estrofa, semellante á que establece Manuel Antonio en De catro a catro, o barco = un cadaleito. Outras correntes poéticas da época son o Neotrobadorismo, que inaugura Fermín Bouza Brey publicando en 1926 na páxinas da revista Nós algúns poemas que logo reunirá en Nao senlleira (1933); e o Creacionismo, representado polo poemario De catro a catro (1928), de Manuel Antonio. (265 palabras)
3. A prosa do primeiro terzo do XX: as Irmandades e o Grupo Nós (narrativa, ensaio e xornalismo). PREGUNTA Educación literaria: Contextualice o texto de Castelao na época literaria correspondente e identifique e explique dúas características do seu estilo narrativo apoiándose no propio fragmento. Indique outros dous narradores máis destacados deste período e sinale unha obra de cada un deles. (Ext. aprox. 250 palabras) (2,5 puntos) CHEGOU DAS AMÉRICAS UN HOME RICO e trouxo consigo un negriño cubano, coma quen trai unha mona, un papagaio, un fonógrafo... O negriño foi medrando na aldea, onde deprendeu a falar con enxebreza, a puntear muiñeiras, a botar aturuxos abrouxadores. Un día morreu o home rico e Panchito trocou de amo para gana-lo pan. Co tempo fíxose mozo cumprido, sen máis chatas que a súa coor... Aínda que era negro coma o pote, tiña gracia dabondo para facerse querer de todos. Endomingado, con un caravel enriba da orella e unha ponla de malva na chaqueta, parescía talmente un mozo das festas. Unha noite de estrelas xurdeu no seu maxín a idea de saír polo mundo á cata de riquezas. Tamén Panchito sinteu, como tódolos mozos da aldea, os anceios de emigrar. E unha mañán de moita tristura gabeou polas escaleiras dun trasatlántico. Panchito ía camiño da Habana e os seus ollos mollados e brillantes esculcaban no mar as terras deixadas pola popa. Nunha rúa da Habana o negro Panchito tropezou cun home da súa aldea e confesoulle saloucando: -Ai, eu non me afago nesta terra de tanto sol; eu non me afago con esta xente. ¡Eu morro!
5
Panchito retornou á aldea. Chegou probe i endeble; pero trouxo moita fartura no corazón. Tamén trouxo un sombreiro de palla e mais un traxe branco... Castelao, Cousas, 1926 RESPOSTA MODELO: No primeiro terzo do século XX asistimos ao nacemento da moderna narrativa galega grazas ao labor dos intelectuais e escritores vinculados ás Irmandades da Fala e, especialmente, grazas aos escritores que conforman o denominado Grupo Nós: Risco, Pedrayo, Cuevillas, aos que se une Castelao. Colaboran na publicación de narrativa curta impulsada polas Irmandades a través de coleccións de relato curto, como Céltiga ou Lar, cuxo obxectivo final era conformar un novo modelo de narrativa galega moderna, de ambiente urbano e temas máis ben lixeiros e amenos, para captar un público acostumado a esta fórmula, introducindo claves culturais propias. A culminación deste proceso de modernización chegará a finais da década dos 20 cando se publiquen as primeiras novelas galegas abertas ás tendencias estéticas anovadoras. Neste proceso é fundamental o labor de Castelao. Cousas é unha obra que agrupa corenta e catro narracións breves cuxo trazo máis orixinal é a combinación de debuxo e texto. Características relevantes son tamén a confluencia de formas xenéricas (poesía, narrativa, teatro), encubertas en formato de relato, e o sintetismo. Nesta “cousa” o autor nos resume nunhas poucas liñas, de elaboración aparentemente sinxela, toda a unha vida, a do negriño Panchito, para reflexionar sobre a idea de a identidade nacional ser algo cultural: Panchito séntese galego a pesar de non nacer en Galicia. Afondando no ideal de sintetismo do autor, a súa prosa é unha prosa substantiva, con escasez de adxectivos. Apenas rico (sempre acompañando a home) e pobre, negro e endeble para cualificar ao protagonista. Outra característica da prosa de Castealo é o lirismo que, neste texto se xustifica no emprego de recursos estilísticos que asociamos co xénero lírico a pesar de non ser exclusivos deste, como a comparación (coma quen trai unha mona, un papagaio, un fonógrafo... ; negro coma o pote; parescía talmente un mozo das festas) ou a anáfora (Panchito no inicio dos parágrafos V, VI e VIII). Outros narradores deste período son Vicente Risco e Ramón Otero Pedrayo, autores respectivamente de O porco de pé e Os camiños da vida, novelas publicadas no ano 1928. (342 palabras)
6
3. A prosa do primeiro terzo do XX: as Irmandades e o Grupo Nós (narrativa, ensaio e xornalismo). PREGUNTA 5. Educación literaria: Contextualice o texto de Rafael Dieste na época literaria correspondente e identifique e explique dúas características do seu estilo narrativo apoiándose no propio fragmento. Indique outros dous narradores máis destacados deste período e sinale unha obra de cada un deles. (Ext. aprox. 250 palabras) (2,5 puntos) “O neno suicida” Cando o taberneiro rematou de ler aquela nova inquedante –un neno suicidárase pegándose un tiro na sen dereita– falou o vagamundo descoñecido que acababa de xantar moi pobremente nun curruncho da tasca mariñeira e dixo: –Eu sei a historia dese neno. Pronunciou a palabra neno dun xeito moi particular. Así foi que, os catro bebedores de augardente, os cinco de albariño e o taberneiro calaron e escoitaron con xesto inquiridor e atento. –Eu sei a historia dese neno –repetiu o vagamundo–. E, tras dunha solerte e ben medida pausa, escomenzou: –Alá polo mil oitocentos trinta, unha beata que despois morreu de medo viu saír do camposanto florido e recendente da súa aldea a un vello moi vello en coiro. Aquel vello era un recén nacido. Antes de saír do ventre da terra nai escollera el mesmo ese xeito de nacencia. ¡Canto mellor ir de vello para mozo que de mozo para vello!, pensou sendo espírito puro. A noso señor chocoulle a idea. ¿Por que non face-la proba? Así foi que, co seu consentimento, formouse no seo da terra un esqueleto. E despois, con carne de verme, fíxose a carne do home. E na carne do home aformigou a caloriña do sangue. E como todo estaba listo, a terra-nai pariu. Pariu un vello en coiro. De cómo despois o vello topou roupa e mantenza é cousa de moita risa. Chegou ás portas da cidade e como aínda non sabía falar, os ministros, despois de lle botaren unha capa enriba, levárono diante do xuíz como se tivesen sido testigos: Aquí lle traemos a este pobre vello que perdeu a fala coa tunda que lle deron uns ladróns mal entrañados. Nin roupa lle deixaron. (…) Rafael Dieste: Dos arquivos do trasno, (1926) RESPOSTA MODELO Na década do anos 20 do século pasado, escritores vinculados ás Irmandades da Fala, entre os que se achaban os homes do Grupo Nós, puxeron todo o seu empeño en modernizar a narrativa galega, ata entón apegada ao ruralismo, incorporándoa ás novas correntes europeas. Para lograr
7
este propósito cultivaron unha narrativa de ambientación urbana, personaxes das clases medias, temas máis ben lixeiros e amenos e unha compoñente de humor, que cobran protagonismo fronte a unha prosa de temática labrega. A este empeño sumouse tamén un representante da xeración de vangarda, Rafael Dieste, quen publica en 1926 Dos arquivos do trasno, un libro de contos escritos cunha técnica e estilo que o aproximan, segundo algúns, á obra de autores como Castelao, Poe ou Borges e a corrente do “realismo máxico”. Tres trazos caracterizan a narrativa deste autor: a importancia concedida á técnica, a preferencia por temas relacionados co misterio e a orixe popular e folclórica dos argumentos. En canto á técnica, obsérvase no fragmento a característica mestura de recursos propios do relato oral: o relato de vagamundo enmarcado na historia principal que se desenvolve na taberna ou o seu comezo, “–Alá polo mil oitocentos trinta,…” (1) ; con aquelotros trazos propios do conto culto, aquí o comezo “in media res”, xa que nas primeiras liñas se desvela un acontecemento esencial para a historia como é o suicidio do neno. (2) Por outra parte, é innegábel o carácter de extraordinario, fantástico e macabro da historia dun ser que vén a este mundo “ao revés”. Outros narradores desta época foron Vicente Risco, autor da novela satírica O porco de pé, (1928); e Ramón Otero Pedrayo, quen publicou a triloxía Os camiños da vida, tamén en 1928. (281 palabras)
(1) Tamén poderiamos sinalar a ambientación popular dunha taberna mariñeira e a “parroquia” de bebedores, que parece recollido dos ambientes do Rianxo natal do autor. (2) No texto temos un exemplo de técnica narrativa no emprego do estilo indirecto libre cando “escoitamos”, mesturado no discurso do narrador, as palabras de Deus: ¿Por que non face-la proba?
4. O teatro no primeiro terzo do séc. XX: Irmandades, vangardas e Grupo Nós. PREGUNTA 5. Educación literaria: Contextualiza o texto de Cabanillas e Villar Ponte na época literaria correspondente e xustifica o papel propagandístico da dramaturxia dos autores apoiándose no propio fragmento. Indica o título e autor doutras dúas pezas destacas deste período. (Ext. aprox. 250 palabras) (2,5 puntos)
8
O Mariscal, Acto Terceiro. Xornada Primeira. Primeiro Cadro (fragmento) Un calabozo na cadea de Mondoñedo. No fondo, á esquerda, un Santo Cristo ó pé do que prega de xoellos Frei Rosende; á dereita unha fenestra enreixada, ó través da que se ve o ceo, alumeado por un fío de luz. O Mariscal-Miranda-O fillo do Mariscal (os tres con grillóns de ferro) PEDRO: (Que está mirando ó través das grades da fenestra) ¡Vén o día! Na raia da montana a crarexar comenza. O MARISCAL: Tras da escurada desta noite triste, tras destas irtas, medoñentas trebas, ten de chegar a luz da libertade a abrir as portas e a tronzar cadeas; a levarnos alén, onde o repouso os corazós magoados asosega. ¡Libertade da morte, como ningunha de baril e rexa, contra a que nada poden mando e forza deses reises tiráns! MIRANDA: ¡Dor é que seia a libertade nosa, escravitude desta adourada malferida terra! R. Cabanillas e A. Villar Ponte: O mariscal, 1926 RESPOSTA MODELO: Nos inicios do século XX, o noso teatro vive unha situación de precariedade que se manifesta no escaso seu cultivo e contadas tendencias (social, costumista, histórica). Trátase de obras de extensión breve, poboadas por personaxes labregas tópicas, escritas en verso e cunha lingua moi dialectalizada. Será a partir de 1916, grazas ao labor e orientación das Irmandades da Fala, cando o teatro galego experimente un relevante salto cualitativo. As Irmandades consideraban o teatro como o xénero máis adecuado para realizar propaganda da nosa lingua e espallar os seus ideais nacionalistas. Xurdirán textos en dúas direccións: unha continuadora da tradición teatral centrada nun teatro máis popular, de carácter histórico, costumista ou social; e outra máis culta e renovadora, cultivada por autores como Antón Villar Ponte, R. Cabanillas ou Xaime Quintanilla, que procuran modelos en diversas literaturas dramáticas europeas (teatro catalán, teatro simbolista, teatro de tese escandinavo...). É este un teatro de tema universal, con personaxes de altura, en que o galego serve de medio de expresión como calquera outro idioma nacional.
9
A intencionalidade propagadística do ideario nacionalista dos autores fica patente na elección do protagonista, o nobre Pardo de Cela, axustizado en Mondoñedo por opoñer resistencia á raíña castelá Isabel a Católica, ao que elevan á categoría de protomártir das liberdades galegas. Neste fragmento, o propio Mariscal di que a súa morte servirá algún día para liberar a terra dos reis tiráns de Castela, que tras a escura noite (opresión) chegará a luz (liberdade). Tamén Miranda fala da Escravitude / desta adourada malferida terra. Por outra parte, o fondo sentimento relixioso de Cabanillas, como en moitos momentos da súa obra, tamén está presente na idea de a morte ser un tránsito a un lugar de repouso: alén, onde o repouso / os corazós magoados asosega./ ¡Libertade da morte. Outras pezas destacadas deste período son A man de Santiña, do mesmo Canbanillas; ou Alén, de Xaime Quintanilla. (313 palabras)
5. A poesía galega entre 1936 e 1976: a Xeración do 36, a Promoción e Enlace, a Xeración das Festas Minervais.
PREGUNTA. Educación literaria: A bomba ten lombrices, bombardinos,
Analice tres características deste poema que
vermes de luz, bombillas fluorescentes,
permitan situalo no seu movemento literario.
peixes de chumbo, vómitos, anémonas,
Contextualíceo historicamente e indique outras dúas correntes poéticas da mesma
estrelas de plutonio plutocrático,
época, así como un dos seus autores máis
esterco de cobalto hidroxenado,
representativos e unha das súas obras. (Ext.
martelos, ferraduras, matarratos.
aprox. 250 palabras) (2,5 puntos) A bomba, bong. A bomba, bon amigo. Poema nuclear
Con átomos que estoupan en cadeia
¡Qué ben, que a bomba ven co seu rebombio!
e creban as cadeias que nos atan.
A bomba, ¡bong!, a bomba, bon amigo.
Celso Emilio Ferreiro: O soño sulagado (1955)
A bomba con aramios, con formigas, con fornos pra asar meniños loiros.
RESPOSTA MODELO:
10
Como resultado da Guerra Civil, produciuse en Galicia un silencio editorial que durou case tres lustros ata que, en 1947, A. Iglesia Alvariño publique Cómaros verdes, punto de partida dun lento proceso de recuperación. As primeiras tendencias poéticas que se cultivaron foron aquelas que xa se cultivaran antes do 36 e resultaban tematicamente descomprometidas (o costumismo ruralista, o paisaxismo hilozoísta, o neotrobadorismo). A continuación aparecen discursos virados cara ao interior anímico (intimismo), que anunciarán as preocupacións existenciais da Escola da Tebra. Completan a nómina das tendencias da lírica galega de posguerra, clasicismo, culturalismo e, por fin, socialrealismo. Esta última tendencia triunfará por volta dos anos 60, da man de poetas como Manuel María (Documentos personaes, 1958) e a emblemática obra de Celso Emilio Ferreiro Longa noite de pedra (1962) e será o estilo hexemónico até ben entrada a década dos 70. Agora ben, un feixe de poemas que se conteñen n´O soño sulagado (1955), como o “Poema nuclear”, seguen a liña social (que ten en Rosalía, Curros e Cabanillas os predecesores máis destacados), solidaria cos oprimidos, defensora do idioma e denunciadora dos males sociais, do fascismo, da guerra, da falta de liberdade, da inxustiza... Unha característica esencial na poesía de Celso Emilio, xa presente nos dous primeiros versos do poema, é o recurso á ironía (¡Qué ben, que a bomba ven) para enviar a súa mensaxe antibelicista. O resultado do estoupido da bomba, e das guerras en xeral, non é outro que unha sociedade caótica que se representa nas enumeracións caóticas que completan o poema e que neste fragmento (versos 5 a 10), reproduce o caos do estoupido. As exclamacións reforzan o carácter irónico. Tamén é recorrente na lírica ferreiriana a incorporación de distintos rexistros da fala cotiá (linguaxe administrativa, comercial, política...) e léxico da modernidade urbana. Neste texto temos exemplos da linguaxe científico-técnica: bombillas fluorescentes, plutonio, chumbo, cobalto hidroxenado. Muiñeiro de brétemas (1950), de Manuel María, é un poemario que se adscribe á Escola da Tebra e Dona do corpo delgado (1950), de Á. Cunqueiro, ao neotrobadorismo. (340 palabras)
11
6. A prosa entre 1936 e 1975: os renovadores da prosa (Fole, Blanco Amor, Cunqueiro e Neira Vilas). PREGUNTA. Educación literaria: Contextualice o texto de Ánxel Fole na época correspondente e identifique e explique catro características do seu autor, recorrendo sempre a exemplos tirados do propio texto. Sinale dúas tendencias narrativas máis da mesma época, os seus autores máis representativos e dúas obras de cada un. (Extensión aprox. 250 palabras) (2,5 puntos) Viña do alén Fora na feira de Rubián. Entón adicábame a mercar e vender gado. Ganaba hastra vinte pesos por semá tratando nos bois... Era polo mes de xaneiro. Xa asaran os Reises. Eu i outros tratantes xantáramos en cas do Tumbarán. Bon xantar, e que Dios nono-lo dea pior. Chourizos con cachelos e viño de Lor. Eramos catro: o Chinchas, Pelandrusco, o Fogueteiro i eu. Come que come, bebe que bebe, xoga que xoga. O Pelandrusco chegounos a melar un tras outro. Esquencinme de decirlles que xogábamos nun cuarto do piso. Xa vendéramos todo o gado que trouguéramos. Pechámo-la porta tras nós; e xa comprenderán por qué. Ondia hai cartos hai que ter moito procuro. Non coiden que é unha broma. Bueno ... Veña un trago ... Alí había un home ... Non sei que cousa de raro lle atopaba ó seu vestido. Dende logo, non era xa do noso tempo. Levaba unha chaqueta de pana moura ribeteada de alpaca ... Aínda traguía unha asín a muller de don Ánguele, o boticario de Bóveda. I unha camisa almidonada ... Déixenme acordare. Un chaleque color tabaco. E antiparras. Era un home que tería sesenta anos pouco máis ou menos. E parecía home de carreira. Coma todos nós, estaba coas cartas na man. Non daba fala. Dábame medo ... E moito máis me deu. Ánxel Fole. “Viña do alén”, Á lus do candil, (1955) RESPOSTA MODELO: A fundación da editorial Galaxia no ano 1950 e a publicación un ano despois d´A xente da Barreira, de R. Carballo Calero (primeira novela publicada despois dun silencio editorial provocado polo triunfo da ditadura franquista) marcan o inicio dun lento proceso de recuperación da narrativa galega que callará na aparición dun bo número de obras mestras que se adscriben a diferentes liñas narrativas. Ánxel Fole publica en 1953 Á lus do candil, incorporandose así ao proceso de recuperación da narrativa en galego, revitalizando o realismo popular ou etnográfico. A escrita de Fole caracterízase polo naturalismo lingüístico, a predilección polas técnicas propias do conto oral, o realismo narrativo e a relevancia da paisaxe. O tema do conto, xa anunciado no título “Viña do alén” bebe da mitoloxía popular do contos de aparecidos, contos de medo que provoca o aparecido no narrador (Dábame medo ... E moito máis me deu.) Tamén característicos do conto popular son: a localización do espazo (a feira de Rubián, en cas do Tumabarán) e o tempo (Era
12
polo mes de xaneiro) e os personaxes, descritos con cadanseu alcume (O Chinchas, o Fogueteiro) e ocupación (tratantes de gando); as precisas anotacións antropolóxicas, como o menú que degustan ou a descrición do vestiario do descoñecido que, entre outros detalles, vestía unha chaqueta parecida a unha “da muller de don Ánguele, o boticario de Bóveda”,
un
minucioso detalle que aumenta a veracidade do descrito; o naturalismo lingüístico ao reproducir usos vulgares, dialectais ou propios da lingua oral (semá, nono-lo dea, trougeramos, asín, Ánguele…). A técnica propia do conto oral obsérvase no emprego de constantes referencias a un suposto destinatario do relato: Esquencinme de decirlles…, Non coiden que é unha broma, Déixenme acordare, e nos sobreentendidos que representan os numerosos puntos e seguido repartidos por todo o texto. Outras tendencias narrativas da época son o realismo fantástico de Á. Cunqueiro, autor de novelas como Merlín e familia e As crónicas do sochantre; e o realismo social de obras como A esmorga ou Xente oa lonxe, de E. Blanco Amor. 339 palabras
6. A prosa entre 1936 e 1975: os renovadores da prosa (Fole, Blanco Amor, Cunqueiro e Neira Vilas). PREGUNTA. Educación literaria: Contextualice o texto de Álvaro Cunqueiro na época correspondente e identifique e explique catro características do seu autor, recorrendo sempre a exemplos tirados do propio texto. Sinale dúas tendencias narrativas máis da mesma época, os seus autores máis representativos e dúas obras de cada un. (Extensión aprox. 250 palabras) (2,5 puntos) —Eu, meu señor Leonís, ben che emprestara o camiño, pro co aquel de estar no canuto de ferro no sobrado enferruxóu, i agora non se solta máis de catro légoas, i é tan estreito, por mor de que se mollóu pasando por il de Galicia a Avalón, cando fun ás bodas do neto de don Amadís, i encolléu tanto coma paño de buró, que soio de un en un se camiña por il. Ista menciña, pois, non sirve, pro vouche a dar un fío, que has de amarralo ao limoeiro que hai en Alepo cabo da igresia da Santísima Trindade, e tiras o novelo ao chán, e bérraslle: «¡Adiante, adiante!», e siguelo, e chegas onde aos teus en dous días, atraveso do deserto, e volves con iles sanos e salvos. E no que toca a dama Caliela, busca na garda real un arqueiro que teña un ollo colorado, e que apontando soio con iste, lle poña unha frecha no corazón.
13
—Ise arqueiro haino, que é o príncipe de Tebas, neto dun rei mui sonado que lle chamaban don Edipo. O señor Leonís beixoulle a man a mi amo, colléu o novelo que iba nunha caixiña das manteigadas de Astorga mui envolto en paño verde, e naquel intre mesmo saíu a gallope no seu baio polo camino de Belvís. Nunca poiden saber si chegaría a tempo, pro de quén gardo máis memoria é de dona Caliela, que por veces me ven aos soños, e acaime níles como anelo ao dedo. Álvaro Cunqueiro: “O camiño de quita e pon”, Merlín e familia, (1955) RESPOSTA MODELO: A fundación da editorial Galaxia no ano 1950 e a publicación un ano despois d´A xente da Barreira, de R. Craballo Calero, a primeira novela publicada despois dun silencio editorial provocado polo triunfo da ditadura franquista, marcan o inicio dun lento proceso de recuperación da narrativa galega que callará na aparición dun bo número de obras mestras que se adscriben a diferentes liñas narrativas: o realismo popular e etnográfico de Fole, o realismo fantástico de Cunqueiro ou o realismo social de Blanco Amor. O universo narrativo de Álvaro Cunqueiro é froito da confluencia de elementos culturalistas e populares, realidade cotiá e fantasía desbordada. Así no fragmento, un elemento fantástico como o nobelo de fío máxico que se lle ofrece a Leonís vén gardado nun recipiente tan popular como unha caixiña que gardara manteigadas; ademais, personaxes populares como o criado de Merlín, narrador no derradeiro parágrafo, interactúa con Leonís, servidor dun rei oriental, e co mesmo Merlín. Por outra parte, referencias culturalistas abundan no texto: personaxes mitolóxicos (Edipo) ou literarios (Amadís), lugares exóticos (Alepo, Tebas). Tocante ao estilo do autor, que segue o modelo do conto oral tradicional, é característico o período longo. O primeiro parágrafo consta unicamente de tres enunciados, os dous primeiros extensos e construídos a base do polisíndeto, que tan ben imitan o discurso oral. Unha segunda característica que confirma a influencia do conto tradicional é o recurso ao diálogo e a intercalación de detalles mínimos e anecdóticos (cando fun ás bodas do neto de don Amadís). Respecto da lingua, arcaísmos (mi amo) dialectalismos propios do galego da área mindoniense (il, ista, iles, imprimen aínda maior sabor popular aos textos. Por último, o humor e a poeticidade tan cunqueirianos están presentes nas últimas liñas cando o narrador nos explica a impresión que lle deixara a historia de dama Caliela, que acaía nos seus soños “como anelo ao dedo”. Outras tendencias narrativas desta época son o realismo popular ou etnográfico de Ánxel Fole (Á lus do candil e Terra brava) e o realismo social de E. Blanco Amor (A esmorga e Xente ao lonxe) (346 palabras)
14
7.- A Nova Narrativa Galega. Características, autores e obras representativas. PREGUNTA 5. Educación literaria: Contextualice o texto de Carlos Casares na época correspondente e identifique e explique catro características do seu autor, recorrendo sempre a exemplos tirados do propio texto. Sinale dous autores/as que cultivasen a mesma tendencia narrativa e dúas obras de cada un. (Extensión aprox. 250 palabras) (2,5 puntos) H. Eire espertou, sentouse na cama, puxo unhas alpargatas, ergueuse de pé, ollouse no espello. Tiña os labres doridos, conxestionados, sentíaos quentes. Dormira pouco. Descorreu os visillos. Chovía agora. Non chovera durante toda a noite, durante toda a longa noite. (…) H. Eire díxose a si mesmo: — Bos días. Despois sorriu un pouquichiño. Sorriu porque comenzou a lembrar o ocurrido a noite pasada. Acendeu un pito. Arrincou unha folla do almanaque, unha folla en branco. E ficou á lus outa que decía en tinta rubia: XANEIRO 1 LUNS. Tres copas bateron ao mesmo tempo contra a parede do bar. Escacháronse ledamente, cun bruído parrrandeiro, de gargallada. Simultaneamente tres mozos saíron corrrendo á rúa. O bar estaba cheo de xente que beillaba, bebía e levaba narices de cartón-pedra. Todo o mundo despedía o ano. Todo o mundo tiña antre os sobrecellos, fixa como unha punta na parede, a preocupación de despedir ben o ano. E a todo o mundo lle parecía moi mal que tres rapaces romperan as copas contra a parede e saíran a correr. Isto, evidentemente, non era un xeito normal de se adivertir. A Violeta fíxolle moita gracia a indinación xeral. Violeta estaba soia. Violeta, nunha mesa afastada, diante dun outo vaso de xinebra, estaba soia, no día de ano novo. E posíbelmente era a única era persoa da vila que non despedía o ano. Adivertíase moito pensando que ela despedía o ano tódolos días, agás o día de fin de ano. Bebera moito, pro non estaba bébeda. Sabía o que facía, Violeta, cando agarrou o seu vaso firmemente, sen un tremor, e o escachou contra a parede. RESPOSTA MODELO: Desde finais dos anos 50 do século pasado, en paralelo ao labor de narradores como Fole, Cunqueiro ou Blanco Amor, participan tamén no proceso de renovación da narrativa galega os integrantes da Xeración dos 50. O espírito renovador desta xeración dá pé á chamada Nova Narrativa Galega (NNG), un conxunto de obras editadas entre finais dos 50 e comezos dos 70 que inauguran un novo xeito de narrar. A NNG supón a asimilación consciente dunha serie de temas, técnicas
e procesos fondamente renovadores utilizados na narrativa universal do
século XX por escritores como James Joyce, Kafka, Jonh Dos Passos e o nouveau roman francés. As primeiras obras de Méndez Ferrín, os libros de relatos Percival e outras historias e
15
O crepúsculo e as formigas; e a súa primeira novela, Arrabaldo do norte, adscríbense a esta tendencia narrativa. Neste texto preséntasenos un episodio de violencia que ocorre nun bar durante unha Noitevella de alcohol e baile mentres Violeta sente a soidade que caracteriza aquelas persoas que a senten a pesar de estaren rodeadas de xente. Todo nos chega a través do discurso dun narrador que, a través dunha analepse, lembra o acontecido a noite anterior. Xa que logo, ademais da presenza da violencia, os espazos urbanos e clautrofóbicos (“un bar cheo de xente”) e as personaxes problemáticas (como Violeta, que acaba sumándose á violencia ambiental escachando tamén a súa copa), este texto presenta un narrador característico da NNG: en terceira persoa gramatical pero exento da tradicional omnisciencia xa que que adopta un ton autobiográfico ao se confundir co protagonista (“Sorriu porque comenzou a lembrar o ocurrido a noite pasada”). O narrador sérvese do obxectalismo ou técnica de cámara e limítase a contar o que observa ao plasmar coma nunha imaxe cinematográfica o ambiente e mais o bar onde se atopaba Violeta. Como escachan as copas. A soidade de Violeta. Por último, o proceso de renovación técnica afecta á temporalidade que deixa de ser lineal e pasa a ser subxectiva: a historia chéganos a través das lembranzas do protagonista en forma de analepse. Outros narradores da NNG son Carlos Casares, autor do libro de relatos Vento ferido e da novela Xoguetes pra un tempo prohibido; e Gonzalo Rodríguez Mourullo, que publicou Nasce unha árbore e Memorias de Tains. 376 palabras
7.- A Nova Narrativa Galega. Características, autores e obras representativas. PREGUNTA 5. Educación literaria: Contextualice o texto de Carlos Casares na época correspondente e identifique e explique catro características do seu autor, recorrendo sempre a exemplos tirados do propio texto. Sinale dous autores/as que cultivasen a mesma tendencia narrativa e dúas obras de cada un. (Extensión aprox. 250 palabras) (2,5 puntos) Agora estou neste colexio. Aquí levo un ano. É primavera e non podo saír. Ao mellor saio para xuño. Onte leváronme á sala de castigos. Din que non se pode andar sos, que hai que xogar. Tampouco se pode andar de dous en dous. A puta que os pariu a todos. (…) Para xullo din que saio. O Rata, ao mellor, pensa que me esquecín. Estache bo. Estache bo. Heino arranxar ben arranxado. El ha pensar que somos amigos. Estache bo. ¡Ai, Rata! “¿Vés
16
ao río?” El vén, que lle gusta moito. “¿Xogamos aos submarinos?” El xoga, que lle gusta moito xogar aos submarinos. Primeiro paso eu. Paso dúas ou tres veces. Despois que pase el. Eu escarránchome e el pasa por debaixo da auga entre as miñas pernas. E así dúas ou tres veces, para que se confíe. Pouquiño a pouco. Paseniño. E entón, hala, cando pase, pecho as pernas e queda preso polo pescozo. Pouquiño a pouco. Paseniño. Como as moscas da pileta. Carlos Casares, “O xogo da guerra”, Vento ferido (1967) RESPOSTA MODELO. Desde finais dos anos 50 do século pasado, en paralelo ao labor de narradores como Fole, Cunqueiro ou Blanco Amor, participan tamén no proceso de renovación da narrativa galega os integrantes da Xeración dos 50. O espírito renovador desta xeración dá pé á chamada Nova Narrativa Galega (NNG), un conxunto de obras editadas entre finais dos 50 e comezos dos 70 que inauguran un novo xeito de narrar. A NNG supón a asimilación consciente dunha serie de temas, técnicas e procesos fondamente renovadores utilizados na narrativa universal do século XX por escritores como James Joyce, Kafka, Jonh Dos Passos e o nouveau roman francés. As primeiras obras de Carlos Casares (Vento ferido, Cambio en tres e Xoguetes para un tempo prohibido) poden adscribirse á NNG ao empregaren recursos narrativos de gran modernidade. O tema deste texto, o proxecto de vinganza dun protagonista adolescente encerrado nun colexio/reformatorio, encaixa coa intención da NNG de producir desacougo no lector ao reflectir nas súas obras a sociedade alienante e opresiva característica do franquismo a través do desequilibrio e illamento que caracterizan os seus personaxes. A particular visión da realidade da NNG plásmase no feito de os acontecementos que se narran ocorreren só na conflitiva mente do narrador. A violencia e agresividade, tan presente nos textos da NNG, caracterizan o protagonista. Paralelamente á renovación temática, as obras da NNG plasman un proceso de renovación técnica que ten que ver co punto de vista, co tempo e co espazo. Aquí o narrador, fronte a omnisciencia tradicional en 3ª persoa, é un narrador homodiexético que fala para si mesmo en 1ª persoa; o tempo, reducido a uns poucos minutos, alterna o presente da primavera no colexio, co futuro da prolepse da segunda parte, cando o protagonista imaxina como se desenvolverá a súa vinganza; e respecto do espazo, refíctese un espazo claustrofóbico, pechado, sórdido… como o é o dun reformatorio. Outros narradores da NNG son X.L. Méndez Ferrín, autor dos libros de relatos Percival e outras historias e O crepúsculo e as formigas; e Gonzalo Rodríguez Mourullo, Nasce unha árbore e Memorias de Tains.
348 palabras
17
9. A literatura do exilio entre 1936 e 1975: poesía, prosa e teatro. PREGUNTA. Educación literaria: (…) Analice tres características deste poema que
O pai de Celsa R.I. falaba de encantamentos.
permitan situalo no seu movemento literario.
Non falaba da súa vida.
Contextualíceo historicamente e indique
Tampouco o fixera o seu home. Afogado,
outras dous poetas da mesma época e unha
naufragou nun barco de pesca.
das súas obras. (Ext. aprox. 250 palabras) (2,5
¿Que se ten de falar da vida dun mariñeiro?
puntos)
Celsa R.I. vivía nunha aldea de vellos e nenos.
Celsa R.I. aforcouse en xullo do 74
Illada, soia, medoñenta. Tampouco tiña nada que falar de sí.
Celsa R. I. pendurouse dunha viga.
¿A quen lle podía importar Celsa R. I.
Aforcouse nun alpendre.
nunha terra maldita, de xentes emigradas,
Profesión: pescantina. Estado: viuda.
rillada polos usureiros,
Ós coarenta e cinco anos xa era vella.
apremada dende lonxe polos burócratas? Cómo brúa a mar. Qué negra noite, Celsa R. I.
Celsa R.I. traballadora no peirao,
O vento bate a porta aberta do alpendre
aforcouse.
e abana paseniñamente teu corpo.
(…)
Renxe a viga.
Luís Seoane, A maior abondamento, 1972
RESPOSTA MODELO: A derrota do bando republicano na Guerra Civil empurrou ao exilio a moitos galegos e galegas, entre eles escritores, artistas e intelectuais que elixiron como destino, en gran medida, os países da América latina. Alí, xunto con emigrantes galegos que tamén asumen a condición de exiliados, conforman un tecido asociativo que leva adiante múltiples iniciativas para manter viva a cultura e lingua galegas: organización de actos culturais, creación de editoriais, constitución de compañías dramáticas… e, naturalmente, o cultivo dos diferentes xéneros literarios. A poesía foi o xénero máis cultivado na diáspora. Abordáronse temáticas que estaban vetadas na Galicia dominada polo franquismo ou reflectían problemáticas específicas da colectividade exiliada: a denuncia social e o desafogo do drama vivido, o patriotismo galego, a saudade evocadora das paisaxes natais, a reflexión sobre a situación de quen está lonxe da terra... Un dos máis sobranceiros e polifacéticos intelectuais do exilio foi Luís Seoane (1910-1979) quen, ademais de poeta, foi pintor, debuxante, ilustrador de libros, autor teatral, xornalista... A súa obra literaria presenta un claro compromiso nacionalista e marxista, onde se combina a denuncia social coa visión histórica; a vivencia social cos dramas colectivos. Neste poema aborda a dura e solitaria vida da muller galega, viúva dun mariñeiro, que se ve abocada ao suicidio. A denuncia social abrangue tamén ao colectivo, “xentes emigradas” dunha “terra maldita” dominada por
18
usureiros e burócratas. No poema queda patente os estilo realista, prosaico, case xornalístico característico do autor. O texto semella un artigo xornalístico en que se responde as típicas cuestións que?, quen?, onde?… O carácter narrativo do poema fica reforzado polo predominio do verso longo, desprovisto de ornamentación. Outros poetas do exilio foron Lorenzo Varela, que publicou Catro poemas pra catro gravados, ou Emilio Pita, autor de Jacobusland.
291 palabras
19