1
ÍNDICE Álvaro Cunqueiro, poema. Ilustración sobre un poema de Cunqueiro. O gatipedro ilustrado Salvaterra nos mapas antigos. Intranscendente. Estaba debuxado. Relatos premiados. Biblioteca. Escola bilateral das Salvaterras. Noraboas de Nieves. Así se ve un canadense en Salvaterra. As saídas do curso en imaxes. Riscos das redes sociais. Un soño en Nova York Algo de números. Encontro do audiovisual. Entrevista. “18 no 36”
3 4 5 6 8 10 11 12 16 17 18 19 23 26 30 32 35
xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxx
CONCURSO DE DESEÑO DE CHAPAS (ENDL) Primeiro premio: “O galego é boa idea” Zulema Vázquez Collazo (4º B) Segundo premio: “Galego sen peaxe” Raquel Fontán Arjones (4º B)
2
3
4
GATIPEDRO
Ilustración de Emilio Núñez Cabaleiro (1ºde Bacharelato).
O gatipedro é un gato branco que ten na cachola un corno mouro; o gatipedro ven polas noites ás casas, e párase nas habitacións nas que hai nenos durmindo. Entón o gatipedro ponse a verquer auga polo seu corniño, e o neno, en sonos, escoitando o pingar da fontiña aquela, soña que mexa, e de verdade mexa na cama. Pra espantar o gatipedro abonda con botar unhas areas de sal á porta do cuarto e ó pé da fiestra. O gatipedro anda apoiándose, ademais de nas catro patas, na língua, e probando coista o sabor do sal, o gatipedro dá a volta e prosegue a súa nuturnia viaxe, deixando ós nenos da casa en paz. “Escola de menciñeiros” Álvaro Cunqueiro. Ed. Galaxia, Vigo 1960. 5
SALVATERRA NOS MAPAS ANTIGOS DE GALICIA. Os mapas antigos de Galicia amósannos como era a nosa terra na época en que se fixeron, e en especial recollen a diferente importancia que tiñan daquela uns lugares fronte a outros. Galicia é un país caracterizado polo espallamento das súas entidades de poboación (cidades, vilas, aldeas, parroquias e lugares), que na actualidade superan lixeiramente o número de 30000. Calquera pode imaxinar que este número tan grande de entidades non é representable nun mapa de tamaño manexable. Isto xa sucedía hai catrocentos anos, de maneira que, se un cartógrafo escollía unha poboación galega para representala nun mapa, debía facelo ben polo seu tamaño, pola súa importancia ao ser capital dun territorio ou xurisdición, pola súa notoriedade ou por razóns semellantes. Cando en 1603 o pai dominico ourensán frei Hernando Ojea decide facer o seu mapa “Descripcion del Reyno de Galizia” publicado en Amberes por Abraham Ortelio no seu atlas “Theatrum Orbis Terrarum” tivo que escoller un pequeno grupo de nomes a representar nese mapa de apenas 48 x 37 cm.
Se fixamos a nosa atención na representación da raia húmida do sur de Galicia podemos ver como nesa zona, que pasa por ser unha das peor representadas naqueles documentos antigos, rotula con erros e deturpacións a Salvaterra, acompañada augas arriba de A Franqueira e Achas, no actual concello da Cañiza; e augas abaixo Entenza (parroquia e arciprestado) e a outra beira do Miño: Monçao, Melgaço e Valença. 6
En 1784 o cartógrafo Tomás López publicou o “Mapa Geographico del Reyno de Galicia. Contén as Provincias de Santiago, Coruña, Betanzos, Lugo, Mondoñedo, Orense y Tuy”, coñecido na actualidade como o mapa das antigas provincias de Galicia.
López recoñece a imposibilidade de recoller no seu mapa, de 83 x 78 cm, a totalidade das poboacións galegas, pero fai un esforzo de representación e, baseándose seguramente no mapa de Rosendo Amoedo de 1786, na nosa zona recolle: Salvaterra Penafurada, Oleiros, Fiolledo, Corzáns, Pesqueiras, Tortoreos, Carrasqueira, Fillaboa, Arentei, Porto, Caldelas, Valdráns, etc. Canto máis avance a cartografía, maior será o detalle dos mapas e pouco a pouco iranse representando tódolos lugares de Galicia.
Ana Campillo Ruiz. Profesora de CCSS 7
INTRASCENDENTE Pulsaches sobre as pequenas teclas os nove números de rigor que, grazas ao contrato de roaming, che permiten comunicarte con calquera parte do planeta. Observaches a longa cabeleira da túa esposa ondularse ao compás da brisa alá ao lonxe, onde ela xogaba cos teus fillos. O jet-lag era a causa de que todos estivesen xa na praia a horas tan temperás. Víchelos felices. Estiveches a piques de pensar no guapa que era a túa muller,
mais
nese
momento
descolgaron o teléfono do outro lado do mundo, e entón todas as túas
neuronas
entraron
en
sinapse e concentráronse nas flutuacións da bolsa, nos teus investimentos presentes e nas túas transaccións futuras. Logo chamaches á túa secretaria, que che leu toda a correspondencia do día e lembrouche que tiñas que falar co presidente daquela compañía petroleira que mencionaras na última reunión. O teu dedo polgar moveuse veloz para telefonar logo á túa nai, que tiña listos os papeis do testamento do teu pai. Tamén chamaches ao teu socio, para discutir as decisións a tomar durante a semana seguinte. Antes de colgar, xa estabas case mentalizado para ir xogar o obrigado partido de voleibol cos teus fillos. Pero viches acercarse a túa esposa, moi desgustada. Fíxoche uns sinais para facerche saber que marchaba xantar cos nenos e logo de compras, non sen antes gritarche que estas non eran as vacacións que ti prometeras, cando dixeras que te dedicarías á familia por completo. Viches como se afastaban ela e a súa radiante cabeleira, cos tres nenos correndo detrás, un deles chorando e volvendo a cabeza cara a ti, curioso e desconcertado. Víchelos entrar ao hotel e pensaches no que poderías comprarlles para que lles pasara a perrencha. 8
Decidiches aproveitar o cambio repentino de plans para facer outra chamada á túa secretaria, de paso pediríaslle consello sobre os agasallos. De súpeto viches que a xente corría desesperadamente e, sen comprender, deches volta cara a ese océano azul verdoso que tanto te impresionara ao chegar. Unha ola xigante avanzaba veloz sobre a praia, arrasando coa súa furia todo o que atopaba ao seu paso. Intentaches correr, pero estabas paralizado. En poucos segundos a enorme lingua
mariña
devoroute,
arrastroute e cuspiute de novo contra
unhas
palmeiras.
Os
equipos de rescate atoparon o teu corpo
36
horas
despois,
en
estado de semiputrefacción. Tiñas o móbil collido coa túa man dereita, e unha expresión de pavor que os médicos se acostumaron a ver nos cadáveres. A túa esposa fixo o recoñecemento do corpo sen inmutarse. O teu fillo maior gardarache rancor, non pola pouca atención que lle deches, senón polo moito que viu chorar á súa nai durante toda a súa vida. O do medio, lembrarate polas túas escusas para non acudir aos seus partidos de tenis e aos actos do colexio, e por non terlle axudado a coidar do seu hámster. O teu fillo pequeno non te lembrará. Non había tempos compartidos. Só ausencias.
Liliana N. Monetti Rodríguez. Profesora de CCNN
9
ESTABA DEBUXADO A Pedro Pérez Pacheco encantáballe tomar café. Era o seu único gran aliciente na tediosa rutina diaria. A miúdo divertíase mirando o pouso que o café deixaba no vaso e adiviñaba formas que só el podía materializar sobre o vidro transparente. Un día antes de que comezasen as súas curtas vacacións, creu ver nitidamente un número de catro cifras e sentiu que era un sinal de bo augurio na súa anódina vida de oficinista sen ascensos. Esa mesma mañá, propuxo no traballo o número para a lotería de Nadal que compraban entre todos. Pedro pensaba que quizais a súa vida empezaría a cambiar, que finalmente podería saír dese gris recuncho dun ambiente, e viaxar por países tropicais e praias de fantasía, como as que cría ver cando observaba o pouso con curiosidade, logo de saborear o último grolo do seu pracer cotián. A sorpresa foi enorme cando soubo que o número elixido correspondía ao premio gordo de Nadal. Pero a alegría transformouse en odio cando soubo que o contable e a conserxe fuxiran a Tailandia con todo o diñeiro, sen darlle a el a súa parte. Humillado, corroborou a súa impresión de que era un estúpido prescindible, ao que ninguén botaría de menos nunca. A súa cara, gastada de xestos sen espellos, bañouse en bágoas cando viu no pouso dun café ben cargado enormes olas dun mar descoñecido e soñado. Durmiuse na butaca con escenas televisivas irreais de brindes familiares. Espertou coa sintonía de Radio Nacional, nese momento escoitou con sobresalto que un maremoto destruíra aldeas e centros turísticos das costas asiáticas. Unha semana despois soubo que os seus compañeiros non sobreviviran á traxedia. Entón Pedro Pérez Pacheco decidiu ser o máis afortunado entre os desgraciados. Coa súa paga extra comprou un aparello de música e un quilo do mellor café de Malaisia. Pintou o seu apartamento de cor azul claro, e animouse a invitar a cear a Delia, a florista cubana da esquina. O que sucedeu despois estaba debuxado no pouso do café, con dous corazóns pequeniños intentando sobrevivir nun mundo sen corazón.
Liliana N. Monetti Rodríguez. Profesora de CCNN 10
RELATOS PREMIADOS NO NOSO CONCURSO DE NARRACIÓN Nun intre a vida cambia para sempre Eran as cinco da mañá, eu non podía durmir pensando naquel suceso que me cambiara a vida. Dende aquel día o respecto polo meu pai diminuíu ao saber o seu segredo. Non reaccionaba, non o cría, era imposible que fixera algo así. Sempre pensei que os país o facían todo correcto, que nunca farían mal, pero esa idea derrubouse hai una semana. Tódalas persoas cometen erros, leves ou menos leves, pero o que si é posible é non meterse nesas cousas das que derivan una chea de problemas, das que sabes que nunca rematan ben. Sorprendeume que a miña mellor amiga fora a primeira en decatarse. Hai dous meses xa me dixera que o comportamento do meu pai era diferente, tiña sempre a cara de amargado, con aquelas olleiras e o pelo mal arranxado, con aquela cara de ido, sempre con segredos, escapando da xente. Eu tomáraa por tola, pensaba que tiña una imaxe moi equivocada do meu pai, por iso cando saíu todo á luz, ela foi a primeira en apoiarme e en dicirme que todo pasaría rápido. Agora son as cinco e media, despois de todas estas reflexións estame entrando o sono. Quedo durmida nese centro de recollida, soa, coa miña nai morta e o meu pai no cárcere. Que será da miña vida? Espero con moitas ganas saír deste cárcere para rapaces e rapazas que non teñen xente que os coiden. Doa González Gómez. 3º ESO C. A pasada noite, cando estaba na cama intentando durmir, escoitei uns ruídos no piso de arriba da miña casa; pero non lles fixen moito caso, xa que por alí sempre andaba o meu gato. Seguín dando voltas na cama sen poder conciliar o sono cando escoitei o meu gatiño miañar, como se lle estivesen facendo dano; e… dun momento a outro, os ruídos cesaron. Comecei a desconfiar e a sentir medo, erguinme da cama e saín ao corredor. Alí ía moito frío e todo estaba escuro. Abrín a porta que dá ás escaleiras e, co medo no corpo, comecei a subilas moi amodo. Co medo, un arrepío percorreume todo o corpo, a miña respiración acelerábase igual que os latexos do meu corazón. Cheguei á planta de arriba da casa, comecei a andar mentres se escoitaba o renxer da madeira do chan. Máis adiante puiden ver o meu gatiño morto no chan en medio dunha poza de sangue. Cada vez máis asustada, dirixinme cara á ventá en busca da claridade da lúa. Tras de min escoitei uns pasos, quedei inmóbil e non fun quen de dar a volta ou gritar. Os pasos oíanse cada vez máis preto e, ao pouco tempo, puiden notar unha respiración e a presenza de alguén detrás miña. Eu seguía inmóbil. O fío dun coitelo pasou polo meu pescozo. Mañá é o meu enterro. Claudia Céspedes. 4º ESO A. 11
I.E.S. SALVATERRA DE MIÑO A BIBLIOTECA 2010-2011 Aquí seguimos, un ano más, animando a todos e todas a participar e gozar da biblioteca. Sodes benvidos para sacar partido deste recurso único... onde senón, tes a túa disposición máis de 8000 fondos variados?, moitos dos cales podes levar a túa casa... !!, só con presentar un papeliño de cor...!! Co teu carné de biblioteca... podes chegar lonxe en coñecementos e en imaxinación
Curso 2010-11 Dende a biblioteca queremos dar a coñecer algunhas das actividades levadas a cabo este curso, facendo visible o voso traballo e participación: Podedes visitarnos nos tempos de lecer e os mércores de 15:30 a 16:30.
Para calquera dúbida tedes ao equipo de biblioteca, pero tamén podedes buscar respostas nunha pequena guía completa, pero de fácil uso (dispoñible no mostrador da biblioteca)
Novidade en axudantes. Unha actividade de gran interese foi a formación do grupo de axudantes da biblioteca, con admirable dedicación dalgúns deles. Os máis constantes: Anxo Rodríguez Álvarez 1ºA Pero tamén os seus compañeiros: Alicia Domínguez 1º A Nazaret González 1ºA Jaume Corominas 1ºA Xabier Iglesias Pérez 1ºA Mª Eugenia Fernández 1ºA Angel Cánfora Lorenzo 1ºB Tania Durán Benade 1ºB Aroa Rodríguez Martínez 1ºB Yolanda Amil Novoa 1ºB Erea Estevez Núñez 2ºA Sabemos que sodes máis, e que nesta pequena listaxe non estades todos e todas os que nalgún momento colaborastes coa biblioteca. GRAZAS A TODOS
Para o próximo curso seguiremos contando con vos . Para dinamizar, coa vosa axuda. Leváronse a cabo moitas actividades, grazas a varios departamentos e a participación por parte do alumnado: Recordamos algunhas delas: A biblioteca mete medo
se fai un bo traballo en grupo. Todo presentado coa axuda de Bárbara Gándara e Vanesa Valije, que tamén fixeron as súas lecturas.
Feira do troco Por segundo ano, comprobamos que nos gusta ler e tamén compartir, máis de setenta libros cambiaron de mans. Novembro, co gaio do Samaín, foi o mes do medo. O alumnado de 1º ESO e 4º PDC decoraron a biblioteca e a cafetería; tamén houbo lecturas en alto (alumnos e alumnas de 2º e 3º ESO), o rastrexo en busca de libros prohibidos, a exposición de libros de medo, visita do ilustrador Kiko da Silva e o escritor e director de cine Ángel de la Cruz. Lecturas de amor
No segundo trimestre chegou o amor co día de San Valentín: expuxéronse os libros máis “amorosos” e algúns alumnos de 2º e 3º esmeráronse con fermosas presentacións con fotos, imaxe e textos. que nos emocionaron a máis de un....Os grupos ao completo de 2º A e 2º B, así como todo 3º A e D demostraron como 12
Salvando libros Uns tolos incendiarios non queren que a xente lea nin pense, son inimigos da cultura e pretenden queimar todos os libros... o único xeito de salvalos aínda que ardan é memorizalos.... Ante un caso así: que libro salvarías ti?; por que motivo?; que fragmento memorizarías? Este foi o fío condutor da nosa exposición salvando libros, realizada grazas ao traballo e participación de case cen bibliotecas galegas. Houbo salvamentos simbólicos na biblioteca Para finalizar dúas alumnas de 3º ESO , Andrea Rubio co violín e Eva Mª García coa súa voz interpretaron un poema musicado, acompañadas da súa profesora Natalia; Marlene Sofia Baptista leu o
texto dun dos libros salvados polo noso centro.
Este curso tivemos dous clubs “El Ocho” , con alumnas de 2º ESO e 1º Bac, e “Merlín”, con alumnado de 1º de ESO. As maiores leron Kafka y la muñeca viajera e A cripta do apóstolo e o Club Merlín leu Historias para calquera lugar e Vaiche boa. Para completar as lecturas, visitaron en Santiago de Compostela dúas das bibliotecas máis emblemáticas, ademais de gozar dun recorrido por esta fermosa cidade.
Despois da actuación entregáronse os premios do concurso de marcapáxinas, o de relatos e o Pasapalabra.
Mochilas viaxeiras Viaxaron polos fogares do alumnado de 1º e 2º ESO. Recordade que esta idea é para dar a coñecer e mobilizar os fondos da biblioteca recordándolles ás familias que hai fondos moi variados. Isto é so unha mostra... na biblio hai máis. Clubs de lectura
A biblioteca como lugar para aprender a aprender A biblio ofrece moitas oportunidades recreativas, relaxadas... pero tamén permite que teñamos acceso a unha grande cantidade de recursos aos que non poderíamos acceder doutro xeito. Tamén pode ser un lugar de traballo, máis dinámico que unha clase, máis práctico, máis variado..., no que podes aprender a aprender, do único xeito posible, coa práctica, buscando, lendo, seleccionando, analizando.... Pídelle aos teus profes que te leven, úsaa como lugar de traballo e sacarás partido.
Tedes na biblioteca máis de oito mil fondos, de todo tipo: letra impresa, revistas, música, películas, DVD, programas informáticos, xogos...; tamén dispoñedes de espazos diferenciados para traballar, zona de consulta con material didáctico, de internet, de audiovisual, zona de novidades e zona de lectura relaxada. 13
Os bos usuarios Ser un bo usuario quere dicir que sabes moverte como peixe na auga dentro da nosa biblioteca, que é a CDU, como se ordenan os libros, que di a etiqueta de cada libro... cousas que se explican en PROI en 1º de ESO, pero que tentamos refrescar cada curso..., se colles un libro dun andel e non o devolves correctamente ao seu sitio, será moi difícil localizalo cando o volvas buscar... Pero hai máis cousas importantes, respectas o silencio e aos teus compañeiros?, cumpres os prazos de devolución?, respectas o material mantendo limpas as mesas? e deixando as cadeiras recollidas cando marchas...? Os usuarios que menos veñen Poucos pais e nais son os que nos visitan, seguimos esperando que sexa o alumnado o que anime ás familias a gozar deste mar de oportunidades que nos dá a nosa biblioteca. Para facernos ler Moitas das actividades pretenden fomentar a lectura de todas e todos, alumnado, nais e pais, profes e demais persoal do centro. Algunhas das activades fixas que se manteñen doutros anos son “O recanto da poesía”, a Hora de Ler nos catro cursos de Secundaria, o Panel de Prensa, exposicións temporais. Material en papel e tinta... Neste curso elaboramos unha guía de lectura para o Nadal que se repartiu entre o alumnado. Tamén se fixeron exposicións: as de novidades, a de lecturas de medo, a exposición de libros que dalgún modo tratan do amor… Ademais, con tinta e moi boa letra, están feitos os traballos do alumnado de 1º ESO e 3º PDC que participaron no obradoiro e no concurso de marcapáxinas
Algunhas fotos da biblio
Obradoiro de debuxo de Anxo Fariña
Salvando libros
A nosa biblio
Anxo Fariña debuxa para nós e firma autógrafos
Feira do troco
Os axudantes traballan
Marlene salva un libro Ángel de la Cruz visitounos
Celebración do Día das Letras Galegas. Eva e Andrea interpretando o poema musicado
14
Algúns dos gañadores e gañadoras do Día das Letras Galegas Premios de marcapáxinas: Sara Gándara; Iván Bouza e Nara González de 1º ESO e Verónica Lebrón de 3 PDC.
Lecturas de amor
Ana González 15
C
O IES SALVATERRA DE MIÑO vai tentar facer unha Asociación Escolar Bilateral coa ESCOLA BÁSICA E SECUNDARIA DE SALVATERRA DE MAGOS en Portugal.
Os días 1, 2 e 3 de Xuño de 2011 dous profesores foron á veciña Portugal a facer unha visita preparatoria para iniciar unha posible asociación escolar dentro do programa Comenius. O programa Comenius ten por obxecto reforzar a dimensión europea no campo da E.I, E.P e Secundaria, promovendo a mobilidade e a cooperación entre diferentes centros educativos. No noso caso, o profesorado que fixo a visita preparatoria do proxecto tenta facer unha Asociación Escolar entre os dous centros co fin de desvolver un proxecto educativo conxunto entre o alumnado e o profesorado. Se ben o arranque do proxecto é inicialmente facer unha asociación bilateral entre os dous centros, aspiramos a amplialo no futuro co fin de facer unha asociación multilateral moito máis ampla que faga que consigamos un proxecto para unir todas as “SALVATERRAS” da península (Portugal, Ágoraín en Álava) e de Europa (Francia e Italia). Acadar pois, unha asociación que permita facer un proxecto común será o nosa meta a conseguir. Os profesores que fixeron a visita tiveron durante os tres días a oportunidade de dedicar xornadas á posta en común do proxecto, a visitar o centro educativo, a coñecer profesorado, alumnado e máis datos sobre a vida educativa, social e cultural desta vila. O profesorado da Escola Básica e Secundaria de Salvaterra de Magos interesouse moito por coñecer o noso sistema educativo e acolleron con moita ilusión o proxecto entre os centros. Cando os profesores galegos estiveron cos alumnos/as de Secundaria de Salvaterra de Magos, estes amosaban interese e ilusión porque este proxecto funcionase, xa que querían coñecer a GALICIA da que se lles falou. Haberá que agardar ao primeiro trimestre do ano 2012 para saber se o proxecto é aprobado polo OAPEE ( Organismo Autónomo de Programas Educativos Europeos). De ser así, agardamos que esta visita preparatoria servira para recoñecer a nosa implicación como centro dentro da mobilidade educativa que os novos tempos piden. ¡ Por intentalo que non sexa ¡ PREGO. 16
NORABOAS DE NIEVES Da biblioteca: A Anxo Rodríguez, por ser un extraordinario axudante. A Gabriel Castro, por facerse usuario. Ao grupo de xogadores de xadrez nas miñas gardas de biblioteca, por ser quen de organizarse sos e non molestar aos demais.
Do traballo en grupos A Leticia Vilas e Jorge Fernández, porque entenderon dende o primeiro día que no traballo en grupos non pode quedar ninguén fóra. Á segunda metade de 1º ESO B, porque o día 6/5/2011 conseguiron traballar ben na aula virtual todos e todas, aínda que os ordenadores daban moito problema e non tiñan altofalantes. A Laura Campoy, por ser a persoa de todo 1º ESO que mellor controla o calendario de traballo en grupos.
Variadas A 1º ESO B, por conseguir que a maioría da clase participaran na comparsa do Entroido. A Ricardo Afonso, por ofrecerse para preparar na súa casa unhas fichas de madeira para a aula de apoio. A Marcos Gayoso, por aceptar facer matemáticas mentres esperaba para entrar na seguinte clase. A todo o alumnado de 1º ESO que acudiu ao Correlingua 2011, polo seu bo comportamento durante a actividade e pola súa sociabilidade con alumnado doutros centros asistentes.
Nieves Groba Ucha
17
Memories of a Canadian lost somewhere in Galicia You know you have become Galciain when… 1. You don’t eat breakfast. 2. You want to take a nap in the afternoon after eating a monster meal. 3. All exams have make-up exams. Life has a reset button. 4. You think it’s rude not to give “dos besos” when you meet someone. 5. Your social life becomes the most important part of your life. 6. There are no cafes that serve coffee to go 7. You think it’s normal to go out more than four times a week, leave at midnight, and come back early in the morning. 8. You eat sea monsters every day. 9. You think it’s important to put a high stone wall around your property as if it were a high-security jail. Or a nut hospital. 10.Whenever you need to get some paperwork done, you have to take two days off work. 11.You usually call your friends tío/a, nena, chaval, macho or even tronco, as opposed to their real name. . Un sabe que se ten convertido en Galego cando… 1. Non almorza. 2. Ten ganas de botar unha sesta despois de xantar unha opípara comida. 3. Sempre hai un exame de recuperación para cada exame. A vida ten un botón de reset. 4. Cando cre que é de mala educación non dar dous bicos cando lle presentan a alguén. 5. A s relacións sociais convértense na parte máis importante da súa vida. 6. Non vai pola rúa bebendo café. 7. Cre que é normal ir de festa máis de catro veces por semana, saíndo pola noite, e retornando pola mañá. 8. Consigue acostumarse a comer tódolos días monstros mariños. 9. Xa cre que é fundamental poñer un muro de pedra ao redor da súa propiedade como se fose unha cadea de alta seguridade. 10.Cada vez que precisa tramitar algún papelorio, ten que tomar polo menos dous días de baixa laboral 11.Xa acostuma a referirse aos amigos como "tía/tío", "tronco", “nena", "chaval" o "macho" no canto do seu verdadeiro nome. 18
Author: Anonymous
AS SAÍDAS DO CURSO 2010/2011
ANDORRA
PARÍS
19
MONTE ALOIA (TUI)
PARLAMENTO DE GALICIA 20
CELANOVA
MUSEOS DA CORUÑA
21
CORRELINGUA (SALCEDA DE CASELAS) 22
RISCOS DAS REDES SOCIAIS
- Sara, levas unha hora e media co ordenador, creo que xa - Espera papá, que estou reenviando a Mara unhas fotos de Uxía na piscina da súa casa.
é
suficiente!
Mara e Uxía teñen nove anos, son compañeiras de clase e amigas da miña filla, Sara, que ten a mesma idade. Navegan habitualmente por internet e usan a cotío as redes sociais, como o fan xa o 70% de nenos e nenas de entre os 6 e 9 anos no noso país, segundo o estudo realizado por expertos en investigar o uso das tecnoloxías entre nenos e adolescentes, do Foro Xeracións Interactivas ao longo do ano 2009. E esta proporción crece coa idade, chegando ao 88% os/as que teñen entre 10 e 18 anos e utilizan as redes sociais e internet. Outro dato, tamén interesante, é que o 42% dos nenos e nenas europeos/as de seis anos está nalgunha rede social, malia ter prohibida a entrada a estas redes aos menores de 14 anos, segundo datos do Eurobarómetro. Quizais gran parte destes/as menores, como tampouco o sabía a miña filla Sara hai uns meses, coñezan o que é o sexting. Un termo que, basicamente, se explica como o envío de contidos de tipo sexual (normalmente fotografías e vídeos) producidos xeralmente polo propio remitente. Debido á súa idade, é moi probable que tampouco entendan que esta práctica do sexting implica distintos riscos, por exemplo de carácter psicolóxico e legal. Como en moitas das ocasións son menores de idade, será responsabilidade dos pais, nais, titores/ás legais e, como non, do profesorado; orientalos e advertirlles das posibles consecuencias non desexadas. Si, efectivamente é unha papeleta para os que temos unha dobre responsabilidade, somos pais e ademais educadores.
Pola nosa banda, sen chegar a realizar ningún estudo consistente, si podemos constatar que a gran maioría do alumnado do noso instituto rural dedica dúas ou tres horas cada día á utilización de diversas redes sociais, sendo Tuenti a máis utilizada seguida de Facebook. Agora ben, é consciente a comunidade educativa e o noso alumnado, particularmente, de cales son os principais riscos e perigos do uso das distintas redes sociais? Sinceramente cremos que a resposta é non. En primeiro lugar, nós pensamos que simplemente o tempo que o noso alumnado lle dedica a internet, sobre todo ás redes sociais, e o momento no que o fan xa é un primeiro risco en si mesmo, posto que gran parte manifesta que este uso das redes sociais invade, ás veces dramaticamente, tempos necesarios para desenvolver outras actividades como ler, estudar, facer deportes ou saír á rúa coa familia ou as amizades. 23
Pero é que tamén comprobamos que os contidos nos que focalizan a súa atención son moitas veces nocivos ou, polo menos, mal escollidos e, para colmo, isto adoita darse máis canto máis novo é o alumnado. Sabemos que a rede, o ciberespazo, está ben fornecido de contidos non adecuados para segundo que idades e que o noso alumnado e os seus pais e nais non adoitan facer uso de filtros para estes contidos en función das idades dos menores. Por desgraza, pode que tampouco gran parte do profesorado fagamos sempre un uso axeitado dos filtros de contidos por distintos motivos. Tamén constatamos como unha parte do noso alumnado, quizais pequena pero sen dúbida a máis vulnerable, ten un gran risco de establecer contactos con persoas que poden chegar a prexudicalos dunha forma, algunhas veces, grave. Na maioría das ocasións, usando as redes sociais,contactarán con persoas con boas intencións, mesmo poden que cheguen a facer amigos e amigas. Pero, noutras ocasións, daranse casos de grooming de menores na rede. Un fenómeno que poderiamos traducir como engado e que fai referencia ás prácticas de certos adultos nas redes sociais para gañar a confianza dun/dunha menor finxindo cariño ou empatía pero con fins de satisfacción sexual. Normalmente quererán obter imaxes dos/ás menores espidos/as ou realizando actos sexuais pero, nalgunhas ocasións, pode mesmo estar relacionado coa pederastia e a pornografía infantil. O grooming é nalgunhas ocasións, como poñen de manifesto os medios de comunicación cada semana, a antesala dos abusos sexuais.
Para finalizar, non podemos deixar de sinalar outro risco, probablemente o máis común dende fai xa uns anos, do que se están a coñecer moitos casos, e que denominamos ciberbullying. Segundo o Estudo sobre hábitos seguros no uso das TIC por menores publicado polo INTECO (Instituto Nacional de Tecnoloxías da Comunicación) en marzo de 2009, o ciberbullying defínese como acoso entre iguais no ámbito TIC e inclúe actuacións de chantaxe, vexacións e insultos de menores a outros menores. Así, estamos ante un caso de ciberbullying cando menores atormentan, ameazan, fustrigan, humillan ou molestan a outros/as menores mediante internet, teléfonos móbiles, consolas ou outras tecnoloxías. Un completo informe do equipo de investigación Educació i Ciutadania de la Universitat de Mallorca realizado con estudantes de ESO de entre 13 e 16 anos conclúe que case unha cuarta parte deste alumnado, un 23,5%, foi insultado a través de internet. Consideran, como acontece noutros moitos informes europeos e internacionais, que o ciberbullying é o principal risco por número de casos, a día de hoxe, que afrontan os menores nas redes sociais. Volvendo ao principio, e sen esquecer os moitos aspectos positivos que o uso de internet ten no noso ámbito educativo, a normativa vixente que fai referencia ao uso das redes sociais esixe que a entrada e o tratamento dos datos de menores de 14 anos deberá ser previamente autorizado polos seus pais, nais ou 24
titores legais. Se isto se cumprise, deberían emprazar contundentemente ás distintas plataformas a que instalen sistemas que garantan, dun modo eficaz, que se comprobou de forma totalmente efectiva a idade das persoas usuarias das redes e a autenticidade do consentimento dado polos pais ou titores legais do noso alumnado, é dicir, de nosos/ás fillos/ás. É por iso que unha alta porcentaxe de centros educativos (o noso instituto entre eles) de todo o Estado están a recibir apoio institucional dos distintos gobernos, central e autonómicos, seguindo neste momento o II Plan Director para a Convivencia e a Mellora da Seguridade Escolar. Esta axuda tradúcese, basicamente, en distintos expertos policiais e outros relacionados coa seguridade que imparten charlas nos centros de ensino non universitario. Loxicamente intentan paliar e emendar o descoñecemento, por parte da comunidade educativa, dalgúns dos riscos antes sinalados asociados, en moitas ocasións, ao mal uso e mesmo abuso de internet e as redes sociais polos menores así como as consecuencias legais que disto se derivan. Cada día somos máis os que pensamos que a FORMACIÓN, con maiúsculas, de toda a comunidade educativa é o concepto clave. En moitas ocasións esta formación será utilizando as redes sociais e os seus grandes beneficios para o logro deste e outros obxectivos. Ou é que, alguén dubida que se os pais, nais e profesorado somos capaces de ter criterios claros sobre que fai o menor, con quen o fai, cando, onde e durante canto tempo, estes e outros riscos se reducen á mínima expresión como, de feito, acontece en calquera outro ámbito da vida dos nosos fillos?
Pero, sempre hai un pero, a lentitude dos cambios nas administracións e, particularmente, nas institucións educativas, é bastante grande e coñecida por toda a sociedade. Exemplifícao Papert (1996) coa seguinte comparación. Imaxinemos que hai un século teriamos conxelado un cirurxián e un mestre e hoxe lles devolveramos á vida. Probablemente o cirurxián entraría ao quirófano e non recoñecería nin o lugar nin os instrumentos e estaría incapacitado para operar. Pero, que pasaría co mestre? Papert sinala que o profesor recoñecería perfectamente as aulas e aínda encontraría xices e un encerado cos que empezar a dar as súas clases. Internet e as redes sociais van demasiado á présa, non só para as institucións educativas senón para a sociedade en xeral. Con máis de 550 millóns de persoas en Facebook, aproximadamente 65 millóns en Twitter e 2000 millóns de vídeos vistos cada día en YouTube, non nos pode estrañar que as redes sociais se convertesen nunha parte fundamental das nosas vidas e máis, se cabe, no noso ámbito educativo. Pero... isto é só o principio.
Alfredo Álvarez Rivera. Orientador do IES Salvaterra de Miño.
25
Un soño en New York Son Pancho, profesor de ciencias sociais no voso instituto, pero do que vos vou escribir é dunha das miñas actividades preferidas: correr maratóns, e nomeadamente da miña experiencia no máis grande que existe no planeta: o maratón de New York. O 7 de novembro de 2010 estaba marcado no meu calendario dende finais do ano 2009. Xunto ao meu compañeiro Fernando Abreu, tamén profesor de música no noso centro, propúxenme recorrer as rúas de Manhattan participando neste mítico maratón. Preparar a distancia realizada polo lendario Filípides1 leva o seu tempo e inscribirse tamén require unha antelación prudencial (a demanda de participación é moi superior á oferta e hai dúas vías para conseguilo: acreditar marca mínima nos últimos 12 meses ou entrar nun sorteo). Trátase dunha proba que supón un importante sacrificio en tempo e esforzo. Esta era a 5ª vez que afrontaba os 42,195 Km. de recorrido. Por primeira vez seguín un plan de adestramento de 17 semanas coa axuda doutro compañeiro de equipo e adestrador, Pedro Gonçalves. Supuxo acumular 90 sesión de traballo cunha carga que foi incrementándose paulatinamente e que me levou a chegar en óptimas condicións para “o día D”. Ata o punto de que o obxectivo inicial de rematar a proba en 3 horas 15’ parecíame bastante factible e soñaba coas 3 horas 10’. Por suposto, todo coa debida cautela ante o que supón afrontar una distancia de fondo e a multitude de factores que poden influír no rendemento puntual o día da proba. Neste sentido o maratón pode resultar moi canalla, xa que para resarcirse dun resultado negativo require o paso de varios meses para permitir ao corpo unha recuperación adecuada e a súa conseguinte nova preparación. No noso caso tiña como dificultade engadida a longa distancia que separa Galicia de New York, con dúas viaxes en avión facendo escala no aeroporto madrileño de Barajas. Decidimos desprazarnos o venres 5 de novembro para poder realizar certas xestións o día previo á carreira: ir á feira do corredor a 1
La historia tradicional relata que Fidípides (530 aC–490 AC), un heraldo ateniense, fue enviado a Esparta para pedir ayuda cuando los persas desembarcaron en Maratón (Grecia). El recorrido era de 240 km (150 millas) y lo completó en 2 días. Luego corrió 42 km (26 millas), desde el campo de batalla en la ciudad de Maratón hasta Atenas, para anunciar que los griegos habían vencido a los persas en la Batalla de Maratón (490 a. C.), diciendo al llegar: "Νενικήκαμεν" (Nenikékamen, 'Hemos vencido') y al instante murió pero no de cansancio, sino por las heridas de la batalla, ya que al parecer Fidípides ya había recorrido varias veces los ciento sesenta y seis kilómetros que separan Atenas de Esparta para llevar mensajes de una ciudad a otra.
26
recoller o dorsal, comprobar o perfecto funcionamento do chip, botar un ollo entre a ampla gama de produtos, dende téxtiles ata alimentarios, e, como non, facer algunhas compras. A bolsa de corredor que che entregan leva cousas variadas: produtos cedidos polas casas publicitarias, dende barriñas enerxéticas ata unha camiseta conmemorativa de manga longa, bastante lucida. A cidade vive con gran entusiasmo o maratón. Toda persoa que se enteira que vas correr ao día seguinte, deséxache boa sorte. Chámese inquietude, nerviosismo, excitación; a cuestión é que normalmente a noite anterior acostumo durmir pouco e cun sono lixeiro. Nesta ocasión había que levantarse ás 3:45 da madrugada para coller o metro, logo un transbordador e despois un autobús. Faltando 3 horas para o pistoletazo de saída, xa nos atopabamos no recinto de espera, situado ao aire libre. O día amenceu sumamente frío e intentamos combatelo como boamente puidemos conseguindo café quentiño e algo de comer, ofrecidos por marcas patrocinadoras. Ademais levabamos roupa usada, para que cando empezase “a festa” tirala e fose recollida por una ONG para repartir entre os necesitados. Realizamos as accións rutineiras típicas antes de poñerse a correr: intentar descargar o corpo de lastre e estirar. No que non cumprimos co guión previsto foi en quentar. Ás 8:30 deixamos no gardarroupa a bolsa na que se pon a vestimenta coa que abrigarte ao terminar e dirixímonos á zona asignada pola organización para a saída (coñecida entre os/as participantes por “caixón”) e que se organiza en base aos tempos acreditados polos corredores. A diferenza doutras ocasións, ese lugar era transitorio de xeito que, faltando sobre 45´ para a saída, un cordón de voluntarios nos foi encamiñando cara ao pé da ponte do Verrazano. Tempo tivemos para esperar, mais espazo para trotar non. O máximo que logramos foi realizar estiramentos. Sabiamos que o noso caixón, o número 2, nos permitiría saír bastante adiante, pero non pensabamos que tanto. Tardamos 6’’ escasos en atravesar a liña de saída. Algo incrible nun evento que reúne a más de 45.000 persoas. Antes do pistoletazo que indica que a festa arranca, escoitamos o himno estadounidense.
Dime Fernando “dálle caña” e como un resorte, dispóñome a coller un bo ritmo. Nós saímos polo lado esquerdo da mediana da ponte. A elite de corredores/as saen pola dereita e uns metros atrás (o circuíto vai separado nos primeiros Km e os da dereita recorren uns metros de menos, que se compensan na liña de saída, ata volver a confluír). Cando levo escasos 300 metros, pasan pola miña dereita os chamados a conseguir a gloria, e xa tirando do grupo una lenda en activo deste deporte: Haile Gebrselassie.
27
Saio a un ritmo máis forte do previsto e, ao pasar a ponte e entrar en Brooklyn, quito o chuvasqueiro e o forro polar e quedo en roupa de faena. Noto rixidez nas pernas e nos ombros, pero como de pulsacións vou ben, decido seguir co ritmo que me marca o reloxo. A veces penso se estará fallando, porque estou facendo parciais por debaixo de 4’20’’/Km e pásanme bastantes atletas. O ambiente é inmellorable con grande cantidade de xente nas beirarrúas animando aos corredores e cada pouco, grupos de música amenizando a festa.
No Km 13 enlazo cun compañeiro de A Coruña que pretende facer 3 horas, prefire ser cauto nos primeiros Km. Comentamos o ambiente incrible que estamos vivindo. Paulatinamente o meu acompañante aumenta o ritmo e no Km 17 decido non seguilo. Non me quero cebar. O maratón está perfectamente organizado, un gran número de voluntarios ofrécennos auga ou bebida isotónica cada pouco tempo. Pouco antes de cruzar a ponte Pulaski paso polo ecuador da proba en 1 hora 33’ 18’’ (media sobre 4’22’’/Km). Se consigo manter esta media, faría 3 horas 6’... pero sabemos que o maratón realmente non empeza ata o Km 30 e ademais as sensacións seguen sendo de agarrotamento muscular. Anímome pensando que é algo temporal, que o importante é que as pulsacións indican que vou ben. Atravesada a ponte, entramos en Queens. É o tramo menos entusiasta do trazado dende o punto de vista da animación. E de súpeto o meu ritmo reséntese e acércase a 4’45’’. No Km 24 atravesamos a ponte de Queensboro, que nos leva a Manhattan. Os seus dous Km de lonxitude fánseme durísimos e o meu ritmo cae ata 5’40/Km. É un tramo no que se xunta o xélido ambiente, o cansazo e o perfil arqueado da estrutura que atravesa o East River; ademais as pontes son as únicas zonas do recorrido nas que non hai persoas animando. Hai un contraste marabilloso entre o silencio que te acompaña ao cruzar o río e o balbordo co que te recibe a xente ao entrar en A Gran Manzá. Ese balbordo prodúceme como un subidón de adrenalina, que me axuda a recuperar o ritmo de 4’45’’ durante o percorrido pola First Avenue. Con todo, a cabeza quere, pero as pernas non responden. Cada Km que pasa o tren inferior vai máis cargado. No Km 31 chega a seguinte ponte, a de Willis Avenue, que comunica Manhattan co Bronx. Por este barrio córrense uns escasos 2 Km, porque se enfila a ponte de Madison Avenue, que nos devolve a Manhattan. A estas alturas da carreira son consciente de que no lograrei baixar a miña marca persoal. Xa non podo baixar de 5’00/Km e o meu pensamento céntrase en mentalizarme para resistir ata o final, facendo progresivamente a conta atrás dos Km que quedan. Pese aos ánimos da multitude, as pernas non responden. Son como paus ríxidos. O peor está por chegar no Km 39, cando o isquio da perna dereita me 28
pega un lategazo que me deixa a perna no aire. Tírome ao chan e póñome a estirar. Ao incorporarme comprobo que segue igual. A frustración asáltame nese momento. Caio novamente ao chan e penso que me teño que retirar a falta de tan pouco. Do público sae un “anxo da garda” que me axuda a estirar. Volvo intentalo e, polo menos podo correr con dificultades. Esta é la parte más fermosa da carreira. Xa estamos en Central Park e a xente animando abarrota ambas marxes da calzada. No Km 40 detéñome nun posto de asistencia sanitaria e danme unha masaxe nas pernas. Tras uns minutos, dispóñome a emprender a marcha e teño a sensación de que a miña musculatura pode romperse en calquera momento se sigo correndo. Analizo friamente a situación: se continúo, pode producirse unha rotura muscular. É o peor inimigo dos atletas, en forma de lesión e da inactividade consecuente nas seguintes semanas. Decido ir andando ata os últimos metros. Entre o gran número de corredores pasa á miña beira Fernando, que me anima a seguir, pero a decisión está tomada. Nos dous Km seguintes o meu ritmo supera os 11’/Km. Cando albisco a liña de meta, decido entrar trotando. Finalmente son 3horas 34 minutos y 55 segundos. Una marca afastada das miñas aspiracións, pero estou feliz porque superar o maratón é unha vitoria. Traspasada a liña de meta, danme a medalla e unha mantiña, que se agradece porque o día segue estando moi frío. Quédame unha longa camiñada ata o noso camión gardarroupa (desvantaxes de estar no 2º caixón). Vou superando furgón tras furgón e vexo corredores que, nalgúns casos, están bastante peor que eu. Ao chegar atópome cunha ringleira de xente facendo cola e toca seguir sufrindo a dura climatoloxía. Finalmente, Fernando máis eu conseguimos abrigarnos y estiramos un pouquiño. É o momento de facermos unha foto para a posteridade. Agora toca descansar, pero pouco, porque o 6 de marzo de 2011 teño unha cita co maratón de Barcelona, en decembro haberá que empezar a preparación; e despois o maratón de Berlín, o 25 de setembro (outro dos chamados 5 grandes maratóns do mundo). Un saúdo a toda a comunidade educativa e animádevos a practicar deporte.
PD.- O 6 de marzo de 2011 saíron as previsión parando o crono en 3:11:56. Cando saia a luz esta publicación posiblemente teña rematado o meu seguinte maratón: o de Toral de los Vados (León). Pancho Paz. Profesor de CCSS 29
ALGO DE NÚMEROS
Os números, como ben sabedes, están presentes cada día en calquera faceta da nosa vida… non fai falta máis que ver que para movervos todos os días dunha aula a outra dependemos do número 50 (os 50 minutos que dura cada sesión lectiva), aínda que para a maioría de vós é máis importante o número 30 (os 30 minutos de tempo de lecer). Pois ben, números hai moitos e de moitas clases: temos números naturais, números
enteiros,
números
racionais,
números irracionais, números complexos, números
primos,
números
amigos,
números números
compostos, perfectos,
números sociables, números triangulares, números cadrados,
pentagonais,…
incluso, segundo o título do libro escrito por Juan José Millás e ilustrado por Antonio Fraguas (Forges) hai “Números pares, impares e idiotas”… Buff!!!! Que enleada con tanto número!!! Que bo sería que todos intentarades descubrir cousas de cada tipo de números!… pero xa sei que son un pouco iluso.
En lugar diso, proporeivos uns enredos numéricos extraídos dun libro de Yacob Perelman titulado “Matemáticas recreativas”
Casos singulares de multiplicación: Na seguinte multiplicación interveñen as 9 cifras significativas (números do 1 ao 9): 48 x 159 = 7632, e so aparece unha vez cada cifra. Hai exactamente oito casos máis nos que sucede iso. Poderías ti dar un só exemplo.
30
Estrela máxica: En anteriores edicións do Estoxo faleivos dos cadrados máxicos, e preguntábavos acerca da construción dalgún deles. De feito falábavos de que Durero, no seu cadro Melancolía, incluía un cadrado máxico de orde 4x4. Pois ben, non só podemos xogar con cadrados máxicos, senón que tamén podemos facelo con outras figuras xeométricas.
Aquí
tedes unha estrela máxica, que ten a particularidade de que os seis lados dos
dous
triángulos que a forman dan o mesmo resultado sumando os números de cada
lado
(26). O que vos propoño é modificar
esta
estrela de xeito que a suma dos vértices
da
estrela (que agora suman 30) pasen a
sumar
tamén 26.
Doce mistos: Con doce mistos podemos construír unha cruz cuxo contorno comprenda unha área de cinco unidades cadradas, onde cada unidade cadrada é un cadrado de lado a lonxitude do misto… Trátase de mover os mistos de xeito que agora o contorno abarque unha área de 4 unidades cadradas… Diredes que que terá isto que ver cos números?… pois aquí ven a pista para a súa resolución: tres números naturais que satisfagan o teorema de Pitágoras forman o que se chama unha terna Pitagórica. Hai infinitas ternas Pitagóricas, pero usando a máis pequena de todas elas podedes dar coa solución. As solucións podédelas atopar no libro antes citado de Yacob Perelman.
Andrés E. Cabana González. Profesor de matemáticas.
31
ENCONTRO DO AUDIOVISUAL ESCOLAR GALEGO EN PORTO DO SON Alumnos e alumnas de 4º ESO e 1º Bac. presentaron as súas curtametraxes ante público de toda Galiza no Encontro do Audiovisual Escolar que se celebrou en Porto do Son. Na casa da cultura da vila, chea até o tope, proxectáronse “Perspectivas da PLISAN” e “Un día de película”, dúas curtametraxes feitas polos rapaces e raparigas do IES de Salvaterra.
Son dous exemplos dos traballos que fixeron este ano en Educación Plástica e Visual. Rodaron un total de 10 curtametraxes, que en breve van estar disponíbeis en DVD na biblioteca do instituto e que xa se poden ver no canal de vídeo do IES no Youtube:
www.youtube.com/user/IESdeSALVATERRA
32
Os
alumnos
e
alumnas,
con
moita
imaxinación e moito entusiasmo, inventaron o argumento, escribiron o guión e conseguiron todo o necesario para a rodaxe da película (cámara de vídeo, vestiario e atrezzo, maquillaxe, escenarios, actores e actrices secundarios, colaboradores, medios
de
transporte,
personalidades
para
entrevistar...). Despois lanzáronse a rodar, e se non foi á primeira foi á segunda, mais as películas saíron adiante e o esforzo tivo a súa recompensa, nas
felicitacións
de
compañeiros/as
e
profesores/as, e na satisfacción de compartir unha experiencia nova e interesante.
33
Á tarde, despois dun baño na praia, intercambiaron opinións con varios profesionais do mundo do cinema, que lles contaron as súas experiencias. Estaban o guionista Daniel Domínguez, o director Luís Avilés, a produtora Mara Fernández e o reporteiro Fran Piñeiro, entre outros. E despois dun día completo, volvemos a Salvaterra, mais aínda non acabou a historia, porque hai dous festivais de cinema á nosa espera: o concurso Olloboi, do Barbanza, e o festival de Ourense, OUFF escola. Por tanto continuamos no choio. Boa sorte rapaces!
Eva Yuste. Profesora de Debuxo 34
18 no 36 Entrevista a Carolina Coto Rodríguez, por Eva Yusty Campo
En 1936 Manuel Coto Pazos era un rapaz de 18 anos. Vivía en Salceda, e traballaba nas canteiras de Porriño. Como moitos outros traballadores estaba afiliado a un sindicato, a UGT.
No 18 de xullo, unha parte do exército republicano sublévase contra o goberno democrático, dando un golpe de estado. O goberno non consegue atallar a tempo a revolta e acaba caendo após tres anos de guerra civil. Os gañadores impoñen unha ditadura de ideoloxía fascista, afín ás que estaban implantadas na Alemaña, na Italia e en Portugal.
Na Galiza todo foi mais rápido. A maior parte do exército súmase á revolta desde o inicio, e as institucións republicanas caen nas mans dos militares nas primeiras semanas, xa que a poboación está practicamente desarmada, ou con armas moi precarias.
Nesta situación, co poder en mans do exército e a garda civil, e a resistencia organizada en guerrillas, refuxiada nos montes, con poucos medios de subsistencia, os franquistas comezan coa represión. Os republicanos, os galeguistas e en xeral os que se opoñen ao réxime de Franco son detidos nas súas casas. Algúns chegan á comisaría. Outros no chega nunca.
Manuel foi detido e levado ao cárcere de Tui. O garda civil que o detivo, co que anos despois, polas voltas que dá a vida, viría a emparentar, díxolle que o denunciara por ser "rojo".
Entrevistamos a súa filla, Carolina Coto Rodríguez, profesora de Ciencias Naturais no IES de Salvaterra.
CAROLINA: Estivo tres meses no cárcere de Tui, onde estaban presas moitas persoas representativas da vila, como os médicos Darío Álvarez Limeses1 e Alejo Diz Jurado. Estivo con eles a noite antes de que os fusilasen, na alameda de Tui. Hoxe hai alí un monumento conmemorativo dese tráxico acontecemento. Tamén estaba o pintor Benito Prieto Coussent, que era profesor no instituto de Tui, e fixo un retrato dun dos fusilados, que anos despois entregou á súa familia.
35
CAROLINA: Levárono para a illa de San Simón. Metérono nun tren, xunto con outros presos, en condicións infrahumanas. A xente de Porriño saíu para velos á estación, porque escoitaran que viña un tren cheo de "rojos". En San Simón estaban illados. Non podían recibir visitas. As condicións de supervivencia eran extremas, faltaba a comida e a roupa, eran maltratados. Algúns enfermaban e morrían. Outros suicidábanse. A algúns fixéronlles crer que os deixaban escapar para dispararlles cando fuxían.
EVA: Posteriormente estivo noutros cárceres, afastado da súa familia. Estivo no penal de Burgos e no de Puerto de Santa María, en Cádiz, non é? CAROLINA: Si, viaxaban amontoados en vagóns de gando. O cárcere de Burgos estaba abarrotado de presos. Durmían no chan, sen sitio para moverse, e a comida era un prato de caldo e un pouco de pan para repartir entre dous. Ás veces chamaban a algúns no medio da noite, e nunca mais volvían saber deles. Cando os levaban a misa, o cura, que era militar, deixaba a pistola sobre o altar, á vista de todos, e facía propaganda do réxime. Un día un dos presos berrou "mentira!". Como non conseguiran saber quen fora, ao saír da igrexa en fila, separaron un de cada dez e fusiláronos.
EVA: Como era a relación cos compañeiros? CAROLINA: Moi boa. Era unha das poucas cousas positivas que contaba. Había moitos intelectuais presos, e organizaron clases de matemática, lingua etc... para os que quixesen aprender. Facer os exercicios permitíalles abstraerse dos problemas e non enlouquecer. Meu pai era unha persoa con moitas inquedanzas. Encantáballe falar e discutir con quen se prestase a iso. Aprendeu moitísimo, con profesores moi preparados, aínda que con escasos medios. Escribía cun lapis sobre papel hixiénico.
EVA: Nalgún momento chamárono a xuízo. Cal foi o resultado? CAROLINA: Condenárono a 36 anos de cárcere por oposición ao réxime. Afortunadamente non cumpriu a condena. Ano e medio despois de acabar a guerra sacárono do cárcere e mandárono a facer o servizo militar a Bilbao, en réxime de traballos forzados. Era un servizo militar especial. Non tiñan armas. Facíanos traballar todo o dia picando rocha para construír a estrada da costa, incluso aos que estaban enfermos. Se non traballaban o suficiente dábanlles co látego ou co fusil, ou castigábanos un mes sen saír. Aínda que en teoría eran libres, estaban en réxime carcerario, salvo os días de permiso. En total estivo catro anos preso, máis dous en traballos forzados.
EVA: Como foi a acollida que tiveron por parte da xente de Bilbao? CAROLINA: A acollida era francamente boa. Moitos bilbaínos/as tiñan algún familiar preso lonxe da casa, ao que non podían visitar. Por iso solidarizábanse cos represaliados que estaban alí destinados. Cando chegaban soldados novos a Bilbao, os veciños/as ofrecíanse para acollelos como se fosen da familia. Sen coñecelos de nada levábanos para as súas casas nos días de permiso, dábanlles comida, e lavábanlles a roupa. Demostraron moita xenerosidade e valentía.
EVA: Despois deses tres meses, que fixeron con Manuel? 36
CAROLINA: Meu pai volveu a Salceda ao acabar o servizo militar, casou, tivo tres fillos e abriu un bar. Durante moitos anos tivo constantes problemas coa garda civil, por non ser franquista. Os gardas multábano con frecuencia e facíanlle fechar o local ás 9, mentres eles ían botar a partida ao bar de enfronte. Estas e outras mostras continuadas de prepotencia facían a vida máis difícil aos que, como Manuel, non eran afectos ao réxime, e non podían, como moitos outros, esconder o que pensaban.
1
Darío Álvarez Limeses é o pai de José María Álvarez Blázquez, escritor a quen se dedicou o Dia das Letras Galegas no ano 2009.
Bibliografía “www.vitimas.nomesevoces.net” Base de datos do proxecto de investigación “Nomes e Voces” das Universidades de Santiago de Compostela, a Coruña e Vigo. “Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948)” Xesús Alonso Montero. Ed. Xerais, 2009.
“A derradeira lección do mestre”
“Van matarnos; pero venceremos”
Estampas do caderno “Galicia mártir” de Daniel A. Rodríguez Castelao
37
COLLE O GALEGO, E PÁSAO!! 38
SAÍDA DE 1º ESO AOS MUSEOS DA CORUÑA maio 2011
39
40