O ESTOXO 2012

Page 1

o estoxo maio 2012 cen anos con celso emilio ies de salvaterra de mi単o 1


A educación que vén do frío, páxina 3 O anticristo de Nietzsche, páxina 5 Naomi Klein, páxina 8 Salvaferro ou o nacemento dunha ilusión, páxina 11 Astronomía no IES de Salvaterra de Miño, páxina 15

Celso Emilio e os anos 40, páxina 17 Poemas, páxina 23 “Textículos”, páxina 26

As novelas de Marcos Calveiro, páxina 29 Falamos de cine?, páxina 30 Teatro: “Pelos na lingua”, páxina 31 Unha curtametraxe en proxecto, páxina 33

Premios concurso adhesivos, páxina 36

Pasaletra, páxina 37 Correlingua, páxina 38 Roteiro Castelao e visita a Pontevedra, páxina 40 Viaxe a Andorra, páxina 41 Viaxe a París, páxina 45 Do Courel a Salvaterra, páxina 47 A nosa biblioteca, páxina 50

Razoamentos matemáticos, páxina 52 De Valentin Paz Andrade, páxina 53

O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO IES DE SALVATERRA QUERE DAR AS GRAZAS A TODAS A S PERSOAS QUE COLABORARON PARA ENCHER AS PÁXINAS DO ESTOXO 2012.

2


A educación que vén do frío,

Alfredo Álvarez Rivera

Hoxe quero compartir con vós este resumo dalgúns dos aspectos que eu considero máis significativos cando comparamos os sistemas educativos finés (dos mellores do mundo) e o español. Aquí as nosas autoridades “melloran a calidade” do noso ensino recortando milleiros de postos de traballo -algunhas estimacións falan de ata 40.000 profesores e mestres menos-, aumentan o número de horas lectivas da xornada semanal do profesorado nun 20% e, por cuestións de socialización, incrementase o número de alumnado por grupo. Moitos destes puntos están reflectidos na tese do profesor Javier Melgarejo, un traballo de investigación desenvolvido ao longo de trece anos.   

 

       

  

O 55% dos pais/nais cren que a familia é máis responsable que a escola da educación dos seus fillos. En España o 15%. As notas medias dos futuros profesores en bacharelato e selectividade deben superar o 9. Se os futuros profesores teñen que ter medias de 9 ou máis, os formadores na universidade destes teñen uns expedientes e capacidades aínda superiores. O profesorado e mestres/as son escrupulosamente escollidos en base á súa capacidade educativa e o seu grao de sensibilidade social. En Finlandia dáse por feito que non só se educa nos centros oficiais, e que non só é válida a educación oficial. A familia e a sociedade son iguais de importantes. A ratio alumno-profesor é moito menor que en España (sen ter en conta os novos cambios). O número de horas que se destinan entre os 7-14 anos é a menor de todos os países da OCDE. A pesar de que a súa comprensión lectora (que posibilitará a autoformación futura) é excelente teñen menos horas de lingua que en España. O goberno considera a supervivencia cultural e económica da súa nación en base a unha sociedade do coñecemento. A disciplina é moi alta, mándanse deberes e poténciase o esforzo. As súas bilbiotecas son de libre acceso (nin carné nin gaitas) e teñen 4 veces máis libros. Existen poucos colexios concertados e o estado paga por cada alumno a mesma cantidade sexa dun público ou dun concertado. As universidades de formación de profesorado até finais dos 80 facían 4 probas: entrevista, resumo da lectura dun libro, explicación ante unha pequena clase e demostrar aptitudes artísticas (plásticas ou musicais).Nos anos 90 engadíronse dúas probas máis orientadas ás competencias matemáticas e tecnolóxicas. Os rapaces non empezan a ler até os 7 anos, pero en dous anos xa len mellor que os nosos. En todas as clases de 1º de primaria os nenos aprenden o abecedario cantando mentres o profesor toca algún instrumento musical. En Finlandia o 4% dos nenos viven en situación de pobreza, en Suecia o 2%, en España o 14%.

3


     

 

   

 

As axudas son especialmente dirixidas a nais con fillos, para impedir que dependan exclusivamente do traballo privado e abandonen as súas obrigacións educativas para cos seus fillos. Os pais/nais son ávidos lectores e ven considerablemente menos a televisión, os seus fillos en consecuencia imítanos/as. Chéganse a ter dous profesores por aula e cómese gratuitamente unha vez ao día. Os nenos teñen médicos e enfermeiras escolares. Son o futuro e por tanto a prioridade. Os mellores docentes destínanse á primaria. Céntrase o gasto de recursos na primaria, non na secundaria ou terciaria como aquí. É entón cando o neno desenvolve as súas principais habilidades. En Finlandia a formación pedagóxica e a didáctica ocupa 10 veces máis tempo que en España. 1400 horas impartidas por auténticas eminencias fronte ás 140 dadas en España (imos ver o que pasa cos mestres). O profesorado de prácticas, cobra un suplemento polo seu traballo e está en contacto permanente coa universidade formadora, aprendendo a traballar en centros moi ben dotados. Aos mestres e profesores esíxeselles unha tesiña obrigatoria na que condensen os seus coñecementos e investigacións. En España faise un traballo que pasa de man en man, ao que se lle cambian os datos e pouco máis. Foméntase a autoevaluación e o traballo en grupo, no futuro poucos serán os que traballen sos e non dependan do xuízo doutros. Os directores reciben unha formación específica e elixen os seus traballadores. Non hai oposicións, para iso están as universidades de formación. Na universidade española a taxa de abandono é do 50%, en Finlandia do 17%. As películas non se traducen, co que os nenos aprenden máis rápido idiomas e aprenden a ler máis rápido ao estar estas subtituladas. Non existe a inspección educativa, o sistema controla a súa calidade durante o proceso de formación, previndo e non a posteriori malcurando. O salario dos profesores é parello ao español, pero os de secundaria e primaria cobran o mesmo. Teñen un poder adquisitivo medio-alto en comparación co resto da sociedade. Os finlandeses pensan que o profesor é como o molde, se o molde é excelente as copias serán mellores que se é mediocre. As ofertas de apoio social son de 3 tipos a elixir: 1- A nai recibe unha axuda para coidar ela mesma dos seus fillos. 2- Os nenos acoden a casas de coidado familiar con 4 ou 5 nenos como máximo e cos pertinentes controles sanitarios e sociais. 3- Gardarías municipais que dependen do Ministerio de Asuntos Sociais, non do de Educación. Que vos parece, como o vedes, gañan por goleada?

4


O ANTICRISTO – NIETZSCHE , por Mar Ferreira Guerra, 2º Bacharelato. A humanidade non supón unha evolución cara a un tipo mellor, máis forte ou máis elevado, como se cre hogano. O “progreso” non é máis ca unha noción moderna, vale dicir, unha noción errónea. Nietzsche, O anticristo A natureza sempre se rexeu por un principio básico: a supervivencia do máis forte. Seguindo os estudos darwinianos “o individuo que porta as características máis beneficiosas nun determinado ambiente será o que sobreviva, se desenvolva e se reproduza máis facilmente, asegurando así a súa supervivencia no medio natural”. Como se dan estas mutacións? Prodúcense ao chou, non aparecen en toda unha especie de individuos ao mesmo tempo, senón que en un ou dous, ou nunha comunidade; casos excepcionais mellor adaptados ao seu ambiente que deixarán maior descendencia e, polo tanto, o seu número irá en aumento, mentres e producirá un descenso na poboación que non posúa esa mutación incluso chegando a desaparecer se o ambiente se mantén. Os humanos somos unha especie tan animal como calquera outra. Provimos dunha suposta evolución da natureza e, a diferenza das demais especies, dotóusenos coa capacidade do raciocinio; pero no noso gran trasfondo psicolóxico, a pesar de todas as florituras mentais e divagacións espirituais, o que nos guía baixo calquera vontade e desexo, son os tres principios básicos: nutrición, relación e reprodución. Calquera ser desta terra ten como fin o cumprimento de tales principios. Con todo isto quero dicir que todo e todos temos unhas raíces comúns e que a partir delas se construirá a gran especie que cremos ser; non quito méritos ás nosas capacidades mentais, senón que expoño a nosa condición natural de animais. Unha vez asimilada xa dita conclusión chega a gran pregunta: A nosa condición animal fai que sigamos a teoría darwiniana da evolución, da superviviencia do máis forte? Pois ben, seguindo a Nietzsche nas súas conclusións poderiamos dicir que así debería ser; para este filósofo o superhome entendido como o home forte, o superior, pleno, dono do seu porvir e de si mesmo, dáse esporadicamente na poboación

5


humana; non é algo pretendido, trátase de “mutacións” que dan lugar a homes superiores. Chegados a este punto formúlasenos outro grave problema: Por que este tipo de home superior, con calidades inherentes ta beneficiosas non prolifera na sociedade como sería o normal en ambientes naturais? E aínda máis, seguindo a Nietzsche, é este individuo reprimido, rexeitado e esmagado polo ambiente no que vive realmente? Poderiamos analizar a propia sociedade, e nela acharemos a primeira das respostas. A sociedade como ambiente no que se desenvolve o ser humano é froito das propias relacións de comunicación do mesmo; polo que considerariamos como algo artificial, algo creado. Paremos a observar. Quen dirixe este mundo artificial? Os propios humanos? Todos? Non, escasos, un pequeno número de seres humanos dominan sobre todos os demais, impoñendo os seus ideais, pensamentos, desexos, polo que, non poderiamos encontrar aquí os verdadeiros elos da evolución?. Efectivamente, Nietzsche cría nun home forte, dono de si mesmo… Desde un punto de vista actual podería considerarse que o home máis “apto” para a supervivencia na sociedade é aquel que posúe a virtude (a mutación) de engaiolar con palabras e engados a todos os demais individuos da poboación para mantelos ao seu servizo e disposición.

Pódese afirmar que a evolución darwiniana da máis forte continuou sempre o seu camiño; pero introducindo unha certa variación co poder do pensamento do ser humano; neste caso o individuo mellor adaptado, ao desenvolverse e proliferar, non terminará por “eclipsar” os demais chegando estes a extinguirse, senón que se servirá dos mesmos para obter as súas metas e obxectivos, e creará un ambiente artificial (a sociedade) na que estes poidan seguir sobrevivindo a pesar de que, en condicións naturais, non podería ser así. Cal sambesuga, o home superior alimentarase do poder de vontade e das aspiracións dos demais seres consumíndoos e someténdoos aos seus propios desexos, converténdoos nos que Nietzsche denomina “o home-rabaño”. Seres fabricados “en liña”, é dicir, humanos

6


cuxas mutacións non puideron superar aos xa existentes que dominan a sociedade e que foron paliadas polos “homes superiores” para así non correr o perigo de que se produza a destrución do “edén artificial” que crearon e do que se benefician, atordándoos con modas, relixións, institucións e falsos ideais. Tras isto, a que podemos agarrarnos? Paga a pena unha vida de servidume da que somos conscientes, ou é mellor vivir na felicidade do ignorante? Hai esperanza para o home-rabaño, ou se chegase a desaparecer esta sociedade artificial o home sucumbiría á realidade natural como xa referín anteriormente? Somos animais, esta conclusión é a que precisamente nos fai tan vulnerables aos cambios ambientais e á supervivencia do máis forte. Por outra parte, a nosa capacidade de razoar e pensar fai que poidamos superarnos, máis alá de calquera modificación e mutación, e é entón dita capacidade de autosuperación a que pode curar o home-rabaño da cegueira na que vive sumido. Poder acadar a superación persoal sería entón unha forma sa e natural de evolucionar, a vantaxe do ser humano que non nace, senón que se fai. Con isto refírome a que certos individuos si poden nacer con modificacións beneficiosas xa preconcibidas, pero na maior parte dos casos isto non é así, polo que, permitiría a natureza que só sobrevivise unha persoa entre millóns? Penso que non, pois fomos dotados da razón e o pensamento por algún motivo, nós realizamos o noso propio esforzo mental para acadar as metas e obxectivos que nos propomos e non ser esmagados, manipulados polos xa mencionados “homes superiores”. A vida non é un camiño prefabricado segundo os desexos e ideais doutros se non o permitimos, a loita pola supervivencia é un sofisticado e cruel enfrontamento entre intelectos, non se trata xa de dominar nin de someter os demais, senón que se trata de loitar por poder ser dono dos teus soños, aspiracións, da túa evolución persoal e intelectual e, o máis importante, poder ser libre para tomar as túas propias decisións, acertar, caer e sempre volver a erguerse, construíndo así o destino que ti desexes.

7


Naomi Klein About the author Naomi Klein was born on May 8, 1970 in Montreal, Quebec, Canada. Her parents are American. Her grandfather worked for Disney Studios. Unfortunately, he was fired in 1942 after the Disney animators' strike, and went to work at a shipyard. Her vision of the world was affected by two major events in her early life. First, her mother became disabled when she was 17. As a result, she had to look after her mother. Second, when she was 19, there were 28 female students murdered in a shooting in ¨École Polytechnique¨, a highschool in Montréal, Canada. Today, Naomi Klein is a successful author, a journalist, and a social activist. She is known for criticising globalization.

Naomi Klein naceu o 8 de maio 1970 en Montreal, Quebec, Canadá. Os seus pais son americanos. O seu avó traballou para Disney Studio. Desafortunadamente, foi despedido en 1924 despois da folga dos animadores de Disney, e foi traballar a un estaleiro. A súa visión do mundo viuse afectada por dous importantes acontecementos da súa adolescencia. Primeiro, a súa nai ficou minusválida cando tiña 17 anos, polo que tivo que coidar dela. Segundo, cando tiña 19 anos, vinte e oito rapazas foron asasinadas por disparos na ¨Escola Politécnica¨, a mellor escola en Montréal, Canadá. Hoxe, Naomi Klein é una actriz de éxito, periodista e activista social. Ela é coñecida por criticar á globalización. Safae, Karla, 3º ESO – D

8


Majorworks NoLogo This is a book published in year 2000. For many, it became a representation of the global movement against large corporations. In this book, she attacks our consumer culture of today. She says that we buy too many things we do not need. As a result of having too many things, we loose contact with each other. We stay at home watching TV or playing video games. Instead, we can go out and meet new people. She also shows that many large corporations today use the labour of people in poor countries to get rich. Este é un libro publicado no ano 2000. Moitos viron nel un representante do movemento global contra as grandes compañías. Neste libro ataca a cultura do consumo de hoxe en dia. Afirma que compramos demasiadas cousas. Nós quedamos na casa vendo televisión, xogando aos vídeoxogos, en lugar de saír a coñecer nova xente. Tamén afirma que as grandes corporacións de hoxe se aproveitan do traballo da xente en países pobres para facerse ricas. Santiago, Belén, 3º ESO - D

TheTake This is a documentary film about factory workers in Argentina. One day, the factory where they worked closed down because the factory was not earning money. In fact, it was loosing money. As a result, they all lost their jobs. To start working again, they got together and created a cooperative. This cooperative produced the same products that the factory produced before, but it functioned without any managers or bosses. The factory has become a great success.

9


The Take é un documental sobre os traballadores das fabricas Arxentinas. Un día, a fabrica onde traballaban cerrou porque non gañaban diñeiro. De feito, estaban perdendo diñeiro. Como resultado, todos eles perderon os seus traballos. Para volver traballar, eles póñense de acordo e crean unha cooperativa. Esta cooperativa produciu o mesmo ca antes, pero funcionando sen xestores ou xefes . A fábrica tivo moito éxito. Sergio, Carlos, 3º ESO - D

TheShockDoctrine Klein´s third book, ¨The Shock Doctrine¨ was published on September 4, 2007. It became a bestseller. It has been translated into 28 languages. In this book, Naomi Klein shows that when people experience a ¨shock¨, such as a war, a natural disaster, or an economic crisis, they want quick changes in their country. When we are in the state of shock, it is easier to manipulate us. They want to see things get better soon. Unfortunately, some politicians take advantage of this situation to pass unpopular laws. In a normal situation, these same laws would not be accepted.

O terceiro libro de Klein, The shock doctrine, foi publicado o 4 de setembro do 2007. Volveu a ser o máis vendido. Foi traducido a 28 linguas. Neste libro Naomi Klein mostra que cando a xente experimenta un shock, coma unha guerra, un desastre natural, ou unha crise económica, quere cambios rápidos no seu país. Namentres estamos en estado de shock é máis fácil sermos manipulados, queremos que as cousas melloren. Desafortunadamente, algúns políticos aprovéitanse da situación e impoñen leis impopulares. Nunha situación normal, estas mesmas leis non serían aceptadas.

Beatriz, Laura, Cecilia, Silvia, 3º ESO - D

10


SALVAFERRO OU O NACEMENTO DUNHA ILUSIÓN Juanjo, Profesor do ciclo de Soldadura

Todos sabemos o risco que implica o cambio climático, non é necesario que dedique moito tempo a explicalo, o feito de que a temperatura media anual suba un par de grados significará a seca, a fame e a morte para millóns de persoas que viven nas zonas cálidas e pobres do planeta, que van ser máis cálidas, máis secas e máis pobres, converténdose finalmente en desertos onde ninguén poderá sobrevivir. O que ninguén di sobre este cambio climático é que esa mesma subida de temperatura significará unhas mellores condicións de vida nos países máis fríos e ricos, aforros enerxéticos importantes na calefacción das casas e nas industrias, posibilidade de cultivar novas especies agrícolas e gandeiras e unhas mellores condicións de vida para aqueles países que, paradoxalmente, son os únicos que poden parar este proceso que os converterá en países máis ricos. E aínda nos preguntamos por que ninguén parece estar facendo nada. Unha verdade universal é que o mundo en que nos tocou vivir é inxusto, outra máis importante é que o que ti non fagas por ti, non o vai facer ninguén, salvo quizais túa nai. Hai xa catro años que comezamos o proxecto Salvaferro coa participación do alumnado de cuarto da ESO, os alumnos do ciclo de Soldadura y uns poucos profesores. Realmente no sabiamos moi ben nese momento onde nos podía levar este proxecto, pero pareceunos moi importante a posibilidade de facer algo novo, ambicioso e especial. Daquela ninguén se paraba a pensar o que a crise económica nos ía deparar, eran días máis despreocupados e felices. Quizais a miña perspectiva deste proxecto madurou cos acontecementos recentes, con aqueles alleos ao instituto e cos que xurdiron do contacto diario cos meus alumnos no taller. Nestes momentos podemos afirmar que o conseguido é importante e, cando remate este proxecto, aínda o será máis. Para comezar este proxecto, o alumnado de plástica de cuarto da ESO recibiu o encargo de realizar os bosquexos e modelos da escultura. Unha vez presentados os deseños ao Concello, elixiuse un e firmouse un convenio a través do que puidemos contar co financiamento necesario para comprar os materiais e

11


poñérmonos mans á obra. Sen o apoio do Concello este proxecto no podería realizarse. Artisticamente a escultura representa unha lamprea do Miño, pero tecnicamente é máis complexa do que parece a primeira vista. O material elixido é aceiro corten que posúe unha gran resistencia aos axentes meteorolóxicos e asegurará la durabilidade da escultura. O esforzo realizado merece ser conservado no tempo. A escultura ten una lonxitude medida sobre a columna vertebral, duns 14 metros, o anel máis grande mide uns 2 metros de diámetro e só o peso do aceiro empregado é de 2500 Kg ao que hai que engadir o peso da cimentación de formigón armado para asegurar a resistencia da escultura acabada. A chapa ten pouco espesor, o que é necesario non unicamente para aforrar na compra do material, senón tamén para que as pezas sexan lixeiras e manexables xa que o noso taller non dispón de medios de elevación e as pezas teñen que ser movidas a man polos alumnos. Como o cilindro de curvado e a cizalla do taller só poden traballar con chapa dun espesor máximo de 3 mm, este foi o espesor definitivo elixido para a escultura. Diminuír o espesor para adaptármonos ás limitacións do taller significou que as dificultades de montaxe e soldadura aumentaron. Para que a escultura sexa esteticamente correcta, non pode ter defectos, non poden apreciarse deformacións nin variacións dimensionais groseiras. Cada anel móntase e axústase a man ata alcanzar as dimensións correctas, sóldase asegurando a penetración completa da soldadura e repásase ata conseguir eliminar as marcas das soldaduras para que teña o aspecto de estar feito de metal macizo. É un proceso complicado e largo. Estimamos unhas 16.000 horas home para conseguir terminar o proxecto. O gasto en materiais y consumibles é tan só duns 8000 euros. A prezo de mercado, a escultura valería uns 400.000 euros. O rendemento educativo deste proxecto é impresionante, nunca con tan pouco se puido ensinar tanto e a tantos alumnos. O feito de que cada anel sexa diferente aos demais impide organizar unha fabricación “en serie” e, como tampouco temos medios de corte automatizados ou por CNC, tivemos que desenvolver unha serie de ferramentas, pensadas e construídas polos alumnos para mellorar a fabricación e poder acurtar os prazos de entrega garantindo a calidade do traballo. Temos útiles para curvado, corte,

12


tradeado e montaxe que aplicamos nas diferentes fases do proceso de fabricación dos aneis. Conscientes da dificultade técnica que se nos presentaba, o primeiro que fixemos foi construír un anel de proba para encontrar o mellor sistema construtivo. Tras esta experiencia previa corrixíronse os erros detectados, volveuse deseñar todas as pezas, cambiouse a secuencia de montaxe, construíronse novos útiles de traballo, elixíronse preparacións de bordos para as unións soldadas, escolléronse os parámetros de soldadura máis adecuados, deseñáronse os planos definitivos e comezouse a fabricación en taller das pezas definitivas. Todo este traballo previo foi moi importante. Día a día os nosos alumnos están demostrando que son capaces de superar todas as dificultades técnicas ás que se enfrontan e están traballando cunha ilusión enorme porque queren sentirse orgullosos do seu traballo, queren que todas as persoas que contemplen a escultura cando estea terminada admiren o seu traballo. Este proxecto esta contribuíndo de maneira espectacular a que se sintan ilusionados co que están aprendendo no taller de soldadura.

Os nosos alumnos están aprendendo ao tempo que realizan o traballo. Cada curso un novo grupo de alumnos continúa o traballo onde o grupo anterior o deixou. Os alumnos que comezan os seus estudos no noso instituto coñecen o traballo dos seus compañeiros de segundo, traballo que lles tocará continuar unha vez aproben o primeiro curso. Cando o pasado mes se fixo a primeira presentación publica do proxecto, os alumnos das promocións anteriores tiveron a posibilidade de contemplar o avance do proxecto, de comprobar que segue vivo. Foi un gran momento para todos eles, catro promocións de alumnos unidas por un proxecto en común.

13


Se todo vai segundo o planeado, en setembro de 2013 realizaremos a montaxe da escultura no seu emprazamento no parque da Canuda e daremos por finalizado o proxecto. Nel terán participado máis dun centenar de alumnos que terminaron os seus estudos no noso instituto. Quizais o máis importante desta experiencia sexa demostrar que todos xuntos podemos superar dificultades e realizar grandes proxectos, que sendo unha comunidade pequena podemos facer grandes cousas. O máis importante cando se entregue a escultura será poder comezar un novo proxecto entre todos, evitar que se perda o espírito de Salvaferro, e facelo máis amplo, máis aberto á participación de todo o instituto, porque unha vez terminada, a lamprea será máis ca un montón de ferros oxidados que realizou a súa función e quedará á vista de todos para recordarnos do que somos capaces. Completando o pensamento co que iniciei este pequeno artigo, o que nós non fagamos, ninguén o vai facer por nós. Debemos ensinar aos nosos alumnos a marcarse obxectivos, a perseverar na súa consecución e a buscar o seu futuro sen necesidade de abandonar a súa comunidade. Especialmente nestes días duros, debemos demostrarlles a importancia que vai ter durante o resto das súas vidas, non só a súa educación desde un punto de vista académico, senón a súa formación como persoas válidas e capaces. Temos a obrigación de marcarlles o camiño, de animalos para saír adiante, de ensinalos a vivir. Creo que xuntos somos capaces de grandes proxectos. Salvaferro simplemente é unha proba disto.

14


ASTRONOMÍA NO IES SALVATERRA Un agradecemento a Don Manuel Céspedes Por Esther Pérez Os que me coñecedes sabedes ben que eu son “a que sabe de astronomía”. Non é que saiba moito, pero recoñezo que gustar me gusta, e que, como a todos os afeccionados, gústame compartir a miña afección con outras persoas. Agora que estou a piques de marchar de aquí, e posto que o profesor de galego me pediu amablemente unha achega para esta revista, pensei que era un bo momento para facer unha pequena recapitulación das actividades que temos feito nestes anos. A maioría delas foron posibles soamente grazas á desinteresada colaboración dun veciño desta localidade, Don Manuel Céspedes, así que decidín que este artigo podería ser unha pequena homenaxe para el. Cando eu cheguei a este centro no curso 2003/2004 case a primeira cousa que fixen foi buscar alumnos que quixesen participar nun proxecto astronómico en colaboración coa NASA. E atopeinos. Non eran alumnos meus, así que nos viamos os martes polas tardes para preparalo. Manuel tiña un fillo no centro, e enseguida se puxo en contacto comigo para ofrecernos o seu telescopio. Por suposto que aceptei, e así comezou a nosa colaboración.

O equipo de observadores da eclipse anular de 2005, con Manolo Céspedes un pouco á dereita da imaxe da eclipse

Empezamos cunha observación nocturna nun pequeno montículo preto de Pesqueiras, naquel inverno. Vimos Saturno, Xúpiter e por suposto a nebulosa de

15


Orión e a galaxia de Andrómeda. Logo, en maio, aconteceu o tránsito de Venus: o planeta pasaba xusto diante do Sol así que, durante algunhas horas do día, cun telescopio protexido por un filtro solar, podía observarse un pequeno disco negro atravesando o gran disco amarelo do Sol. Manuel montou o seu telescopio na pista de futbito e, dende as oito e media ata as dúas estivo con nós, mentres todos os alumnos do centro foron baixando en pequenos grupos. Ano e pico máis tarde, en outubro de 2005, observamos a eclipse anular de Sol. Foi un acontecemento espectacular. Estas eclipses son como as totais, soamente que a lúa está un pouquiño máis preto da Terra que noutras ocasións, e por tanto o seu disco é un pouco menor que o do Sol. Así que, cando pasa por diante, non o tapa totalmente, senón que permanece visible un anel brillante todo ó redor. Tamén desta vez Manolo veu co seu telescopio toda a mañá. Tiña montado un sistema de proxección, para observar a eclipse de maneira máis segura. Fixemos un montón de fotografías, e ata nos deron un premio! Dende entón fixemos algunha outra observación nocturna con el. A última neste curso, alá polo mes de febreiro. Nesta ocasión fomos ata o seu propio observatorio: unha impresionante cúpula con forma de balón de fútbol, feita toda de aluminio. Podedes vela se vos achegades á parte traseira do polígono industrial. A cúpula albergará o telescopio construído por el mesmo. Miramos Xúpiter, Marte, de novo Andrómeda e a nebulosa de Orión, o cúmulo das Pleiades, e vimos pasar unha brillante ISS (a Estación Espacial Internacional, que dá unha volta á Terra cada hora e media e que, se coincide que os seus xigantes paneis solares reflicten a luz do sol cara nós, semella un auténtico OVNI cruzando velozmente o ceo). Hoxe en día podemos ver en internet espectaculares imaxes dos planetas o doutras galaxias, feitos por enormes telescopios, e fronte as que eses pequenos discos e “nubes” que observamos cun telescopio de afeccionado semellan un tanto pobres. Pero cando posas o teu ollo no pequeno ocular dun telescopio e miras por ti mesmo esas pequenas nebulosidades, que en realidade son inmensas galaxias a milleiros de anos luz de nós, ou descobres eses puntiños aliñados que son as lúas de Xúpiter, sentes unha emoción que ningunha fotografía de internet che pode dar. De seguro é a mesma emoción que sentiu Galileo alá polo 1610, cando apuntou co primeiro telescopio ó maior planeta do noso sistema solar e descubriu esas mesmas lúas, observou como xiraban ó redor de Xúpiter, e acabou para sempre co modelo xeocéntrico que supuña que a Terra era o centro do Universo... Así que, Manolo, grazas, no meu nome e no nome deste centro, por darnos a todos a oportunidade de coñecer un pouquiño máis as marabillas ocultas no noso ceo. Secuencia de imaxes da eclipse anular do 3 de outubro de 2005

16


O teito é de pedra. De pedra son os muros i as tebras. De pedra o chan i as reixas. As portas, as cadeas, o aire, as fenestras, as olladas, son de pedra. Os corazós dos homes que ao lonxe espreitan, feitos están tamén de pedra. I eu, morrendo nesta longa noite de pedra.

No ano 2012 lembramos ao poeta Celso Emilio Ferreiro por unha dobre motivación, o centenario do seu nacemento en Celanova e os cincuenta anos da publicación do que quizais sexa o seu libro de poemas máis celebrado, Longa noite de pedra. O noso alumnado “viaxou” ata eses difíciles e non tan distantes anos, esa “longa noite de pedra”, a través do testemuño dos seus maiores. O resultado son os traballos que presentamos a continuación, uns máis ben expositivos, outros cun aquel de literatura, e todos marabillosos e sentidos. Dende estas páxinas agardamos que vos gusten, que nos sirvan para aprendermos do pasado e para valorarmos todo o que agora nos conseguiron.

17


OS ANOS CORENTA. Baseado no testemuño dunha persoa de sesenta e sete anos. Por Marcos Saa Fernández. A MULLER A vida nos anos corenta era moito máis dura ca agora. Un exemplo era o papel da muller. Naqueles tempos a muller case non saía da casa, soamente para ir traballar ao campo, lavar a roupa ou cando había festas na vila, xa que se dedicaban a facer as tarefas do fogar, alimentar os animais e ocuparse da hixiene da familia. A roupa lavábana e regatos ou en lavadoiros “regheiros”, e as súas ferramentas eran unha táboa, xabón e unha tina de cinc para transportar a roupa. Un dato curioso: para secar as sabas poñíanas colgadas dos salgueiros da leira do regato e recollíanas ao día seguinte. O TRABALLO Outro exemplo é a forma que había para conseguir os cartos, xa que para traballar na industria había que facer longuísimas viaxes e, naquela época, ter un coche era un luxo que non se podían permitir, así que para desprazarse ían andando ou usaban o carro de bois para levar cargas. A principal fonte de beneficios era a madeira que vendían a carpinteiros ou era enviada en vagóns de tren para zonas máis industrializadas, como o era Vigo. O traballo no campo era cen por cen manual, xa que os instrumentos agrarios se movían coa forza humana e coa axuda de bois. Hoxe en día utilízanse tractores, pero antes usábanse os bois pola súa descomunal forza.

18


A vida dun home non era tan dura como a dunha muller. Os homes dedicábanse a coidar o gando e a facer as tarefas no campo. Adoitaban ser os que traían os cartos á familia. A HIXIENE Inicialmente non existían baños, pero ao pouco comezaron a construírse uns moi simples, tan só constaban de catro ladrillos cunha táboa encima. A táboa tiña un burato similar ás tazas de agora. Para asearse, utilizaban unha tina de cinc coa que se quentaba a auga no lume e logo,cun cunco pequeno, un mesmo se ía botando a auga por riba. A ATENCIÓN MÉDICA A vida tamén era moi dura porque non había hospitais e o curandeiro só ía ás casas en casos graves ou para os partos. Nestes casos acostumaba facer de comadroa unha veciña. A EDUCACIÓN A educación era mala. Aprendíase a ler, escribir e a táboa de multiplicar malamente. O material constaba dun anaco de pizarra (unha lousa) e outro de xeso para escribir. Os alumnos non tiñan libros, só os tiñan os profesores. MOMENTOS DE LECER Á parte de vida dura, tamén había momentos de ocio e alegría. Tiñan como tradición xuntarse todos os días de festa ou por calquera motivo (traballo, xuntanzas…) O Nadal era alegre, de esmorga, pero non se abusaba tanto como agora. Unha das sobremesas habituais da tempada eran as peras asadas. A comida do día a día era o peixe con patacas, xa que a carne era un manxar polo seu elevado prezo. Para divertirse servíalles calquera cousa (dous paus, unha pelota…). Un dos xoguetes típicos era a pincha. O MATRIMONIO Para casaren, primeiro tiñan que coñecerse durante moitos anos. Mentres eran mozos e aínda non casaran, só se vían xoves e domingos.

19


Un dato curioso: os pais dicíanlle que para saber se tiñan cartos ou non, tiñan que ver cantas medas había no eido.

O MEU BISAVÓ E A SÚA BALA Por Noelia Pena Rodríguez, 3º ESO – B Nos “anos da fame”, despois da Guerra Civil, cando se deixaba emigrar só a algúns países como Cuba ou Arxentina, os meus bisavós emigraron a Venezuela. Emigraron por necesidade, porque aquí non había traballo e necesitaban cartos. Entón foron alá e traballaron nunha casa de familia como xardineiros, chofers… O meu bisavó, que agora xa está morto, viviu cunha bala ao lado do corazón, porque cando foi á guerra, por obrigación, disparáronlle que quedoulle cravada alí. Contaba que pasaba moita fame e que o pasou moi mal. Nunca lle molestou a bala e aos médicos facíalles moita graza porque cando lle sacaban unha radiografía, víaselle a bala pero dicíanlle que non facía falta sacarlla porque non tiña perigo de morte se non se lle movía.

A VIDA DOS MEUS AVÓS Por Eva Mª García González, 4º ESO – A Os meus avós teñen setenta e dous anos e viviron moitos apuros cando eran novos para conseguir de comer e traballar. Traficaban con pastas de xabón, con café e con aluminio. Facían todo o posible para conseguir uns cartos para poder vivir. Para conseguir a comida usaban o troco. Collían unha ducia de ovos e a trocaban por un pito, unha barra de pan… Meus avós, grazas a deus, non tiveron que emigrar, como moita xente da súa vila. Neses anos si que é verdade que pasaban moita fame, xa que non había moitos cartos e eran familias numerosas. Cando eran pequenos xogaban ás bólas, ían ás fincas a axudar aos seus pais, levaban as vacas a pastar, facían a comida… Ningún dos meus avós estudou xa que pasaban os días nas leiras, cavando e plantando alimentos. Cando os meus avós tiveron os seus fillos, aínda eran pobres e vivían sete na casa, por iso os seus catro fillos tiñan que durmir todos nunha cama, porque non había sitio. Nos seus anos de mocidade pasárono moi mal por non ter cartos, pero ao final tiveron sorte. Meu avó montou unha fábrica e puido conseguir diñeiro para poder vivir mellor. Todo lles saíu ben.

20


DE LERIA COA AVOA LOURDES Por Irma Silva Hervella, 4º ESO – B Resulta incrible decatarse de como cambiaron os tempos, porque cambiaron, dunha maneira radical, non só no que se refire á tecnoloxía, senón, o que me interesa a min, na forma de ser das persoas. Aproveitando un momento a soas coa miña avoa Lourdes, mentres recolliamos a roupa do tendal, pregunteille sobre algún recordo da súa nenez; o primeiro que lle viu á cabeza foi o medo. Agora méteselle o medo no corpo aos nenos co coco, co home do saco e ese tipo de monstros que son coma un crocodilo baixo a cama. A miña avoa, e os nenos que medraron con ela en Boiro, temían ao garda civil; ela mesma me dixo que, cada vez que vía vir un, corría á casa e escondíase baixo a cama. Vaia, iso non era un terror infundado. Falando do tema, deu en mencionar a existencia doutra personaxe da que tamén tiña receo. Tratábase dunha muller que vivía soa no alto dun outeiro metido no medio do monte. Evitaba relacionarse con ninguén, e cando tiña que baixar á vila facíao moi cedo para intentar non cruzarse cos veciños. A razón principal pola que miña avoa temía a esta muller era o seu pasado, que coñeceu a través da súa nai, a miña bisavoa. A miña avoa Lourdes contoume unha das historias que lle contaban a ela pola noite para asustala: “Non te fixaches nas marcas que ten esa muller na cabeza? É porque a garda civil foi á súa casa e a levou consigo. No cuartel rapárona, pegáronlle e fixéronlle beber aceite de rícino. Esa muller tiña dous fillos, pero matáronllos porque eran republicanos. Ti queres que che pase o mesmo? Non? Daquela non te achegues a ela nunca, entendido?” Nunca, nunca se achegou a ela, nin pasou por diante da súa casa, nin se parou a pensar en por que o facía, ou se iso era xusto, porque eran outros tempos e non había necesidade de inventar pantasmas. Había suficientes na realidade.

21


Falamos de malos tempos, da supresión dalgúns dos nosos dereitos ou da redución dos soldos. Falamos dunha taxa moi elevada de paro ou de demasiada xente mal vivindo. Falar falamos moito e, ás veces non sabemos o que dicimos. ANOS DE POSGUERRA, ANOS 40 Por Nuria Serodio, 4º ESO – A Eu pódoche falar de malos tempos, nos que non se coñecía o significado da palabra “dereitos”, nos que a xente traballaba como serventes de ricos, en minas de carbón ou emigraban a Francia ou Suíza (o máis común) deixando a súa familia. Todo isto para gañar uns soldos de mil pesetas ao mes (uns seis euros). Pódoche falar de tempos nos que tiñas que evitar falar galego en público aínda que non dominaras outra lingua, de xente que só podía durmir un máximo de tres horas xa que polo día cultivaban mentres coidaba o gando e pola noite traficaban con café, aceite e chapa. E aínda así non sería xente que mal vivía de todo. A xente pasaba fame dado que a comida escaseaba. Durmir non era un problema, poucos podían facelo. E o de ir á escola xa era un luxo. O meu avó contoume que el comezou a traficar nun intento desesperado de conseguir diñeiro para salvar o seu pai das mans da morte. Non foi unha nin dúas veces que o colleron, digamos que non foron poucas as veces que chegou á casa con menos de vinte pesetas, nunha lancha dende Portugal, e encontrarse cun pai cada vez máis enfermo de leucemia e seis bocas que alimentar. Non pasaron moitos anos cando emigrou a Francia e Suíza, onde tamén o limpaban completamente na aduana (bacallau, augardente, xamón…). Todos os esforzos non serviron nada máis que para sufrir. O seu pai suicidouse meses despois tirándose a un pozo. Tamén me contou os momentos que agora recorda rindo, os momentos divertidos que, aínda que escasos, tamén os había. Contoume a cantidade de veces que quedaba axexando pola fiestra as súas fillas cando estaban cun rapaz no patio de detrás da casa ou os quilómetros que andou miña avoa para ir á perruquería, dado que ela era moi presumida. Ía cos zapatos nas mans ata Tui andando para non gastalos, e púñaos uns metros antes de chegar. Todo isto para o que eles consideraban unha gran celebración. Falamos dunha verbena!.

22


Velaí van uns textos dos poetas e das poetisas que hai entre nós. Os poemas de Adrián e José Antonio xogan cos verbos; Eva ofrece unha visión, desacougante, da sociedade; Anxo e Nuria inspíranse en textos de coñecidos poetas. A ver se adiviñas de quen se trata! Corrín, brinquei, Saltei, andei, Bailei, comín E lavei as mans! Pintei, gritei, Toquei, estoupei, Rompín, varrín E o can ladrou! Adrián Presa

Xoga, come, Cala, cala, cala, Estuda, Estuda, Medra. Xoga, come. Cala, cala. Estuda, estuda, Estuda, estuda. Aproba. José Antonio Pereira

Os berros do tráfico na mente das xentes recordan ás veces o tempo perdido. Os ricos moi ricos os pobres moi pobres, ninguén se decata ninguén quere velo. Mentiras reais que cobran sentido no credo dos necios sen vida vivindo. Eva Villar García, 4º ESO-A

23


Eu xa te estrañei cando a ti aínda non te encontrara. Cando non buscaba os meus amores eu xa te estrañaba.

Eu xa te namorei no comezo dos infernos e das penas. Cando aínda non che coñecía eu xa te namoraba.

Eu xa me namorei cando o inverno xa traspasaba a saba. Cando ti tan silenciosa estabas eu xa me namoraba.

Eu xa te chorei cando fallou a artimaña dialéctica. Cando ti amabas os outros nomes eu xa te choraba.

Sempre, escríboche estes versos eu, na túa lingua. Anxo Rodríguez Álvarez, 2º ESO – C

24


Dixo o meu avó que con sete anos e nos Estados Unidos, fusil en man, bala nas costas e corazón insensible. Contaba meu avó que con sete anos e un problema, disparo morte e sangue. Afirmou o meu avó que nos Estados Unidos e con sete anos, fusil en man bala nas costas, corazón insensible, disparo, morte e sangue non es un home. É irónico que cando morreu todos chorásemos. Nuria Serodio González, 4º ESO – A

25


“TEXTÍCULOS” DE NIEVES 1. DA AULA VIRTUAL COMENTANDO UN VÍDEO MUSICAL DO GRUPO GALEGO “LAMATUMBÁ”

Ola, chámome Xoán e a canción (Logo chega o día) foi un aburrimento, porque non a entendín. Espero que che guste. ------------------------

Dá ganas de saltar....está ben,ten ritmo pero é moi sosa. Fai que se che pegue, pero ao final aburre. Doulle un 8. ------------------------

Gustoume, é unha rúa de pedra antiga, pois fala da esperanza.

26


2. DE EXERCICIOS DE EXPRESIÓN ESCRITA A MIÑA MASCOTA, CON MOITO CARIÑO A miña mascota é un can, chámase Trosqui, é un cruce de labrador con pastor belga. É moi bonito, de pequeno parecíase moito ao can da marca de papel hixiénico (Scotex). Agora mesmo ten un ano, aproximadamente. Todo empezou un día, cando fora á casa do meu tío, a Mondariz. El tiña un can pequeniño

moi

bonito.

Eu

pregunteille onde llo deran ou o comprara... El contestoume que llo regalaran, que unha veciña tiña unha cadela que lle

parira

6

cachorriños.

Entón eu díxenlle se tiña algún máis e respondeume que si. Pedinlle a meu pai se podía

ter

un

can,

el

contestoume que se eu o coidaba que si, pero tiña que ser macho, porque se non había que castralo e meu pai non quería. E tiven sorte, porque á veciña aínda lle quedaban cans. Así foi todo.

A MIÑA MASCOTA, CON MOITA REVOLUCIÓN Eu teño un can. É da raza pastor alemán. Ten o pelo longo, os ollos marróns, as orellas aguzadas, é negro e marrón. Ten nove meses e é femia. Cando as galiñas e os coellos eran pequenos, ela matábaos. Logo, o meu avó castigábaa e prendíaa na caseta, pero ela era capaz de abrir a porta por dentro e soltábase. Ás veces escapa e bota toda a tarde fóra da casa. Ah! E non morde! Só ladra cando non coñece á xente.

27


O QUE ME GUSTARÍA SER DE MAIOR CONFIANZA E COÑECEMENTO DE SI MESMO De maior quizás me dedique a traballar co metal ou me dedique á arte, xa que se me dá ben debuxar e tamén modelar o metal. Ambas cousas gústanme moito. Co metal pódense fabricar pezas de automóbil. Co debuxo, tes que estudar Belas Artes antes de ser un artista. Cando pintas algo tes que aprender a usar todo tipo de materiais e de calquera estilo. Cos metais, tes que aprender a moldealos e a fundilos, para darlle a forma que desexes ou que necesites.

USO DOS TILES Juan asubía para que veña o seu can. El sentía que o seu can lle caía enriba. Na clase, Juan dixo que borraría o taboleiro de plástica e cortaría o folio cunhas tesoiras

--------------------------------------

Eu sabía que o meu tío chegaría o sábado. Tiña un regalo para el, pero non o atopaba. O meu pai dixo: _ Cálmate e búscao ben. ---------------------------Esa tarde, naquela parada, un home estaba como un mártir e era difícil atrapalo.

NOTA: recollidos das tarefas do meu alumnado

28


Recomendamos a lectura da obra de Marcos Calveiro, un escritor e avogado vigués, nado no ano 1968, e que se deu a coñecer como narrador de literatura xuvenil en 2006 con Sari soñador de mares. En 2007 recibe o premio Ala Delta de Literatura Infantil por O carteiro de Bagdag, un dos tantos premios dos que foi merecedor: o Premio White Ravens, o Barco de Vapor ou, pola novela O pintor do sombreiro de malvas (Xerais, 2010), o Premio Lazarillo no 2009. A novela comeza así: “Xa ía para oito meses que estaba en Auvers coa tía Jojo. Cando nos despedimos na estación a miña nai pediume que conservase viva a memoria do que me sucedese para logo relatarllo”. Pois ben, o que lle sucede ao protagonista é que vai ser testemuña dos últimos días de vida do célebre pintor Vincent van Gogh, vai asistir ao proceso de creación dalgunha das súas obras e vai vivir a súa primeira historia de amor, con Adeline. “Os farois de cores acendéronse no merendeiro que ficaba rio abaixo. A orquestra ensaiaba para a verbena nocturna e a súa música chegou ata nós. Ollámonos. Non fixo falla que dixeramos ren. Collina polo van e comezamos a bailar con torpeza, descalzos sobre a herba. Ela bicoume nos beizos”. Cento setenta páxinas de lectura marabillosa. En 2008 publica a novela Festina lente, máis premios: o da Crítica á mellor obra narrativa e o Premio Irmandade do Libro ao Mellor Libro Galego do Ano 2009. O ano seguinte publica Settecento, unha novela ambientada na venecia do século XVIII, coa música, Vivaldi e un Stradivarius como pano de fondo, e unha historia que por veces é unha historia de amor (co triángulo Catarina - Aldo – Giacometto incluído) e de traizóns, ás veces de mafiosos (Dandolo o prestamista e os seus sicarios), sempre novela histórica para, ao final, resultar unha novela negra, con asasinato e culpable sorprendente. É unha novela poboada por personaxes contundentes como o atormentado Benedetto Ricotta; a contralto francesa Anna Giró, coa que convive un desnortado Vivaldi; ou un moi novo e algo torpe Giacomo Casanova. Lédeo!!!

29


FALAMOS DE CINE GALEGO? Pradolongo é a historia de tres amigos da infancia de diferentes clases sociais que ven deteriorar a súa amizade a medida que os intereses e os sentimentos amorosos entran nas súas vidas. Os protagonistas son Raquel, Martiño e Armando, tres amigos que acaban de cumprir a maioría de idade. O verán preséntaselles como sempre, coas festas, tardes no río, paseos polos diferentes lugares da vila…, pero esta vez nada é igual. O amor que os dous rapaces comezan a sentir por Raquel e a posible venda de Pradolongo, un prado na montaña no que xogaban de pequenos e que pertence á familia de Martiño, obríganlles a reconsiderar o soños e os vínculos que os uniron dende a infancia, dándose conta que o único na vida que pode máis que os cartos é a amizade. Laura Guillade Alonso, 3º ESO Os mortos van ás présas é unha película moi divertida. Iníciase coa morte do pai de Filomeno, que era un gran artista. O día que vai ser enterrado atópanse na situación de que hai un tráiler atascado na ponte pola que teñen que levar o defunto para chegar á igrexa e ao cemiterio. Para poder retirar o camión deben levantar un dos dous monumentos que bloquean a saída, pero non é tan fácil porque un é unha escultura feita polo finado e o outro, un cruceiro. A partir de aquí sucédense unha serie de historias moi interesantes: por unha parte, a filla, a nora e a irmá do defunto intentan liberar a súa alma do corpo; xorde un romance entre a muller que conduce o camión e un compañeiro de traballo; e algunhas anécdotas máis que son moi divertidas. Chega un momento no que o fillo de Filomeno e a filla da muller do faro, á que todos tiñan por meiga, intentan saír da vila e entón a muller de Filomeno enfádase e marcha da casa. Filomeno, ante esta situación, decide por fin desmontar a estatua do seu pai e desta maneira o camión sae e soluciónase o problema. O película conclúe co enterro do defunto e coa reconstrución, cunha forma ben diferente do orixinal, da escultura que realizara o pai. Tomás Valderrama Santomé, 4º ESO

30


Na mañá 27 de xaneiro de 2012 o alumnado de 3º e 4º de ESO e de Bacharelato acudiu á Casa da Cultura do concello de Salvaterra de Miño para asistir á representación da obra de teatro “Pelos na lingua” da compañía Talía Teatro. A obra, alén de divertida, fai reflexionar sobre os prexuízos lingüísticos que aínda hoxe pesan sobre a lingua de noso, sobre a súa relación coa mocidade ou co poder… O espectáculo está dirixido por Avelino González e interpretado por Artur Trillo, Toño Casais e María Ordóñez. Xa nos avisan os creadores que “Pelos na lingua” vai dirixido a todo a mundo: aos galegofalantes, aos que non o son, aos que non se atreven a selo, aos que din que non o falan ben, aos que pensan que o galego debe ser a lingua universal, aos que pensan que debería selo o inglés, a alumnos, a mestres, a actores, a carpinteiros… PREMIO MAX 2012

Parte do alumnado preparado para o comezo do espectáculo. Luces…!!!

31


Un momento da representación: a doutora “extirpou” o galego deste paciente e agora el esíxelle que lle devolva a fala e os seus sons.

Tres magníficos actores + un simple escenario + un texto orixinal e divertido = éxito. A representación gustou a alumnos e profesores.

32


-------------------Unha curtametraxe en proxecto------------------Asistimos en primicia aos primeiros días de rodaxe dunha curtametraxe que poderemos ver o próximo ano. Trátase dunha iniciativa na que participan profesores do IES de Salvaterra de Miño e do alumnado de 4º de ESO e 1º de bacharelato. Agardamos impacientes o día da estrea. Velaí algúns datos técnicos, unhas liñas da primeira versión do guión, de Irma Silva e Doa González, de 4º ESO – A, e unhas imaxes da rodaxe.

Elenco: Alexandra, Abraham, Irma, Nerea, Moisés, Vanesa, Jimy, Andrea, Rocío Axudantes de produción: Doa, Catarina, Silvia, Andrea, Abel, Lucas Perruquería: Sandra. Maquillaxe: Catarina. Son: Fernado Axundante de son: Pancho Axudante de dirección: Sandra Guión: Irma e Doa Directora: Eva

Escena 1. Un home corre por corredores moi decorados dun pazo. Detense, arfando, mirando á fronte. A un lado, un espello. Mira ao espello, neste observamos como a súa cara adopta unha expresión de terror. Dando un berro afogado agáchase e, nese intre, unha pedra choca contra o espello, rompéndoo. Escena 2. Aparece unha anotación a pé de pantalla: “Ano 1913, Galicia. Un par de días antes”.

33


Plano xeral dun pazo con aspecto antigo, solitario, rural. Aparece un coche. A cámara céntrase nel. Sae unha parella, el vestido de traxe cor camelo e pano vermello na solapa; ela cun vestido século XX. Ambos teñen sobre 35 anos. Irrompe na escena unha furgoneta de mudanzas.

Escena 3. Desde dentro do pazo vese como a parella entra pola porta principal. O pazo está decorado de maneira suntuosa, pero atópase descoidado. (No recibidor) -HOME (mirando ao redor), con ton sarcástico e dirixíndose á súa muller): Ben...ao final, conseguíchelo!.Vivimos nun pazo. -MULLER (con ton serio): Se estamos aquí foi porque os dous estabamos de acordo en que necesitabamos cambiar de aires. Espero que aquí as cousas melloren. -HOME (con aire de resignación): Espero que o diñeiro gastado sirva para algo. -MULLER (suspira e queda calada, mirando ao seu redor) (Durante o transcurso do diálogo os personaxes van camiñan pola planta baixa do pazo)

34


ENCARGADO DAS MUDANZAS (Entra de repente): Xa rematamos de descargar o camión. Volveremos maña pola mañá para colocar os mobles que fan falta e arranxar as tubaxes e a luz.Agora imos montar as camas para que poidan durmir.

(Realiza unha pequena pausa,esperando algunha resposta,pero non a obtén) En que habitación poñemos colchóns? A parella, seguida do encargado busca a habitación principal. A cámara vai cambiando de posición, de seguilos desde atrás, a seguilos por diante. Cando chegan á habitación, a cámara percórrea en redondo dando unha visual. As cortinas están rotas e os mobles desgastados polo tempo. A expresión da muller móstrase preocupada e a do home un pouco desilusionada. (continuará…)

Parte do equipo durante un descanso da rodaxe.

35


O Departamento de Normalización e Dinamización Lingüística, coa colaboración do Departamento de Educación Plástica e Visual, convocou un certame dirixido ao alumnado do centro para deseñar uns adhesivos cun lema que animase ao emprego da nosa lingua, que reivindicase a súa normalización… Os traballos presentados, magníficos todos!!!, forman parte dunha exposición que se colocou no corredor do primeiro andar do instituto. Os deseños gañadores e que se converterán e adhesivos foron: 1º Premio: Anxo Pereira, 1º ESO – C

2º Premio: Ángel García

1º Premio: Bárbara Gándara, 4º ESO – A

2º Premio: Irma Silva, 4º ESO – B

Moitas grazas a todos e a todas por participardes. Ao xurado gustábanlles todos os deseños, pero houbo que escoller…, todos non puido ser. Grazas.

36


PasaLeTRa maio2012 Coa letra U: Que pode servir para un determinado fin ou obxecto…Útil; co V: Persoa ou animal que se ofrece en sacrificio a un deus… Vítima; co X: Cada un dos signos que se empregan na antiga escritura exipcia con que se representaba unha idea… Xeroglífico; co Z: Que bota zume ou ten moito zume… ZUMENTO!!!! O venres 18 de maio celebrouse a final do concurso Pasaletra na que se enfrontaron as parellas que superaran a fase eliminatoria previa. Os gañadores de 1º e 2º de ESO foron David Fernández e Samuel Fernandes de 2º de ESO – C, mentres que en dos maiores repetiron vitoria Lucas Arbones e Fernando Areal, de 4º de ESO – C, que xa foran campións o ano pasado.

O publico; á esquerda Samuel e David; á dereita Fernando e Lucas. Noraboa!!!

37


Todos os anos, nos primeiros días do mes de maio, o alumnado de 1º de ESO participa no Correlingua, unha convocatoria reivindicativa e lúdica na que alumnos e profesores dos colexios e institutos da comarca do Baixo Miño compartimos un paseo para facer presente o noso idioma e uns momentos de lecer. Este ano o Correlingua transcorreu polas rúas de Tui. Por entre as pedras da vila, o entusiasmo de todos os nenos e mozos da contorna parecía multiplicarse baixo o lema “Galego, todo o que buscas”. Logo do paseo, asistimos ao espectáculo animado pola artista Iria Sobrado e polo grupo musical de Roger de Flor e Os Silvestres. A profesora e escritora Marga do Val leu o manifesto deste ano, no que se animaba ao emprego do galego en todos os ámbitos da vida.

Preparando as pancartas para comezar o percorrido.

38


Dous momentos do percorrido.

Estamos chegando…

Iria Sobrado púxonos a bailar …

Marga do Val lendo o manifesto.

… e escoitamos as cancións de Roger de Flor e Os Silvestres.

Agardamos repetir participación o vindeiro curso en Tomiño, A Guarda, Salceda de Caselas, Ponteareas… ou quizais en Salvaterra!!!

39


ROTEIRO CASTELAO E VISITA AO MUSEO DE PONTEVEDRA.

O alumnado de 4º ESO escoitando o guía que os acompañou polas rúas de Pontevedra. Atopamos unha cidade repleta de coñecidos; Castelao, Valle…

Debruzados no balcón do museo da cidade.

40


VIAXE A ANDORRA

E alá marchamos un 17 de marzo unha chea de rapaces e dous profes… éramos estes

Viaxamos pola noite, pero ninguén durmía no autobús….

41


O luns pola mañá comezaba a nosa xornada na estación de esquí. Ao chegarmos ás pistas encontramos un panorama desolador… quen ía esquiar sen neve.

Pero o mércores empezou o espectáculo… Algúns non se atrevían a botarse á montaña.

Claro que, pola noite, na festa que nos organiza a axencia houbo quen o deu todo…

42


As consecuencias fixéronse notar nalgún membro da expedición. O que non sabiamos era que pola mañá teriamos que darlle duramente á pala…

Esa cantidade de neve provocou que as condicións das pistas cambiasen… e algunha lesión…

...houbo quen necesitou un colariño para o pescozo…

e quen mancou o brazo. Paciencia!!!

43


Por fin, o venres tivemos o que todos estabamos esperando… sol, neve e frío o ideal para a práctica do esquí… e mesmo para facer arte sobre a neve.

Todo deixou un excelente sabor de boca para a viaxe de volta. Unha viaxe inesquecible!!!!

Grazas ao alumnado polo seu comportamento. Eles foron os verdadeiros protagonistas desta historia. Borja e Andrés

44


VIAXE A PARÍS

Ela, emblema da cidade, recibiunos. No interior de Chateau Monceau.

Unha panorámica de París desde a torre Eiffel atravesado polo Sena.

45


Silvia, Leticia, Anabel, Laura, Jésica…

… Abel, Ángel, Silvia… detrás sempre o Sena…

… e, como non, a Nosa Señora!

46


DO COUREL A SALVATERRA DE MIÑO

Sesión de hipnose lingüística con Séchu Sende nas Covas de Dona Urraca.

Logo da andaina, de cabeza á fervenza de Vieiros (20 m.) onde parte do alumnado se bañou.

Charla e debate con Teresa Moure, Carme Blanco e Javier Guitián sobre diversos temas como o ecoloxismo, muller e biodiversidade.

47


Preparรกndose para entrar na cova caliza de Tralalastra.

Andaina pola xoia do Courel : a devesa da Rogueira, o gran reduto de bosque atlรกntico.

Acomodรกndose para facer noite no pavillรณn do CPI do Courel.

48


Recibimos ó alumnado do CPI Poeta Uxío Novoneyra cunha actividade simbólica: plantamos un castiñeiro dun souto do Courel.

Visita ó castro de Santa Tegra (A Guarda) durante a estancia do alumnado do Courel en Salvaterra.

49


A NOSA BIBLIOTECA Neste curso 2011/12 realizáronse unha serie de actividades variadas e encamiñadas a fomentar a lectura, a escritura e distintos proxectos culturais relacionados co apaixonante mundo dos libros. Dende a biblioteca intentouse estar presente en todas aquelas efemérides importantes, así como organizar distintos actos que tiñan dun xeito ou outro ao libro como protagonista.

2.- ACTIVIDADES Algunhas da actividades foron a das MOCHILAS VIAXEIRAS, destinadas ao alumnado de 1º de ESO coa finalidade de fomentar a lectura nas casas; a FEIRA DO TROCO,

1.-EXPOSICIÓNS Realizáronse dous tipos de exposicións: de novidades editoriais que se renovaban regularmente e exposicións de libros do fondo da nosa biblioteca para conmemorar determinadas efemérides: 25 de novembro: Contra a violencia de xénero, 10 de decembro: Día dos dereitos Humanos, 30 de xaneiro: Día mundial da paz, 14 de febreiro: Día de San Valentín, 8 de marzo: Día da muller traballadora, 21 de marzo: Día mundial da poesía, 22 de abril: Día mundial da Terra, 23 de abril: Día mundial do libro, 17 de maio: Día das letras galegas e 5 de xuño: Día mundial do Medio Ambiente.

intercambio de libros entre alumnado e profesorado que realizamos no tempo de lecer do 17 de maio; OBRADORIO DE ESCRITURA E CONCURSO DE MARCAPÁXINAS, o alumnado de 1º de ESO elaborou marcapáxinas en papel envellecido artesanalmente e con caligrafía antiga; “ E TI, QUE LIBRO ESCOLLES ? “, unha exposición realizada con títulos relevantes da nosa literatura, elixidos tanto polo alumnado como polo resto da comunidade escolar, durante a semana das Letras Galegas. Continuamos este curso coa “HORA DE LER”, nos grupos de ESO e organizáronse os CLUBS DE LECTURA. Formáronse catro clubs, un frustrouse, dirixidos por cadansúa profesora: +Que desfeita!: 9 alumnos de 1ºESO e a profesora Carmen Parada de Lingua Galega. Leron Que desfeita! De Paul Jennins e Lúa de Senegal de A. Fernández Paz.

50


+Malo será!: 9 alumnos/as de 1ºESO coordinados pola profesora Sandra Parada de Bioloxía e Xeoloxía. Os libros lidos foron O cocho de carreiras de Rudi Fuciños e Kafka y la muñeca viajera de Sierra i Fabra. +A chave maestra: empezaron 7/8 alumnos que o foron deixando sucesivamente, quedando só tres membros. Estiveron coordinados pola profesora Begoña Terlera. Os libros elixidos foron O vixía entre o centeo de J.D.Salinger, El curioso incidente del perro a medianoche de Mark Haddon e Vigo es Vivaldi de J.R.Ayllon Vega. Dende a biblioteca seguimos actualizando o PANEL DE PRENSA, o RECANTO DE POESÍA e a PÁXINA WEB DA BIBLIOTECA htpp://cen tros.edu.xunta.es/iesdesalvaterra/, con noticias de interese, novos textos poéticos, información sobre webs… Coincidindo co Día da Paz, o 30 de xaneiro, inauguramos un espazo, ó que bautizamos como O PARLADOIRO, e que pretende ser unha extensión da biblioteca para realizar traballos ou actividades culturais. No acto inaugural houbo unha actuación musical , lectura dunha carta de Lorca en defensa das bibliotecas e lectura de varios poemas. O día 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz con lecturas referidas ao tema e a actividade “busca a túa parella de poesía”. Coincidindo coa semana Día das Letras Galegas realizáronse actividades para o primeiro ciclo da ESO:

- O contacontos Anxo Moure, “O carballo con botas”, veu contar relatos solidarios. - Espectáculo de música lendas, “Colores del alma”, con dous actores (o senegalés Bilal Traoré e o arxentino Alejandro Guanella). Tratouse o tema da emigración, víronse imaxes

do Senegal e comentáronse algúns aspectos do libro Lúa de Senegal de A. Fernández Paz, que algúns alumnos leran nos clubs de lectura.

A fins de maio o centro participou nun intercambio cun centro educativo do Courel no que colaborou a biblioteca. Aquí, no noso centro realizouse un recital poético dos alumnos de ámbolos dous centros e unha charla do escritor galego Sechu Sende No Caurel, asistimos a unha charla da escritora Teresa Moure e a actividades de rastrexo pola zona.

51


RAZOAMENTO MATEMÁTICO Dende hai xa uns anos o euro, a nosa moeda comunitaria, vén estando en crise. Seredes capaces de axudar aos políticos e políticas da Europa comunitaria a sacarnos deste pozo no que estamos metidos? Igual resolvendo os seguintes problemas con euros amañamos algo a situación: 1.- O parlamento europeo deulle a Rajoy 10 moedas de euro colocadas da seguinte maneira:

Explicoulle que o xogo consistía en xirar un par de moedas en cada paso (dúas exactamente, que son un par) e que cando o conseguira a crise desaparecería. Serás capaz de axudar a Rajoy a deixar todas as moedas coa cara para arriba nun número finito de pasos? Se es capaz explica como e se non es capaz explica por que é imposible. 2.- A señora Angela Merkel propúxolles aos presidentes dos estados que conforman a Comunidade Económica Europea un xogo con euros. Deulles 9 moedas de euro para colocar do seguinte xeito nun taboleiro 3x3:

Explicoulles que Europa empezaría a ir ben tan pronto como foran capaces de que as nove moedas apareceran xiradas, pero para iso só eran permitidos determinados movementos. A saber: a) Podo xirar unha moeda do bordo da táboa pero iso implica xirar, ao mesmo tempo, todas as que son veciñas dela (as moedas veciñas son as que teñen un lado ou un vértice común, e as moedas do bordo da táboa son todas menos a que está no medio do taboleiro) b) Podo xirar ao mesmo tempo todas as moedas do taboleiro excepto a central Axuda, por favor, aos políticos europeos a resolver este quebracabezas. Se cres que non se pode explica por que. 3.- E para rematar intenta colocar os sete primeiros números naturais (do 1 ao 7) para resolver: THE +

END FIN

52


De Valentín… …o seu fillo Alfonso Paz-Andrade destaca nun artigo publicado no Faro de Vigo o 17 de maio pasado: “De Valentín eu destacaría o seu compromiso ético, a súa loita en prol da xustiza, do coñemento, da dignidade humana, da solidariedade, a súa inclinación polas artes e a fermosura, incluída a feminina. A súa andaina vital e profesional, fan del unha figura tutelar” X. L. Méndez Ferrín, presidente da RAG, durante a celebración dun acto en homenaxe ó escritor, afirmou que “malia que Paz-Andrade foi un polifacético autor e pensador, un dos máis importantes na construción da identidade de Galicia, ideólogo e práctico do nacionalismo galego, é a súa faceta como poeta, dunha forza nerudiana, a que reivindica a edición deste ano do Día das Letras Galegas. Non era un economista que fixese poemas. Era un verdadeiro poeta”

unidade. Logo, a medida que a xente medre, se terán ideas máis claras. Aínda está recente a fragmentación política que non nos axuda nestes momentos históricos, pero a idea de Galicia está aí para quen saiba utilizala. Valentín deixou escrito… …no artigo “Galicia, problema humano”, publicado en la Voz de Galicia en abril de 1960: “O pequeno aforro que, ao prezo elevado da emigración, consegue o modesto traballador galego, canalízase a través dos tradicionais vehículos económincos, cara a rexións de indiscutible prosperidade, e así Galicia nin sequera pode beneficiarse do esforzo dos seus fillos”. … e versos… ..como estes dedicados ao seu amigo Castelao. Xa eres cinza, Daniel, aínda que sempre cinza namorada. Germe en calada trasremudación

Valentín dixit…

da conciencia na ideia.

…nunha entrevista publicada en xaneiro de 1983, á pregunta formulada polo xornalista Xesús Franco: - Ten futuro político Galicia? – Todos os galegos debemos ter, aínda que só sexa por patriotismo, conciencia de

Cinza asuntiva de valores prestos a outro vizoso afloramento que anada tras anada se reinicie no miúdo miragre da semente para longas lavradas no porvir.

53


valentĂ­n paz andrade letras galegas 2012

54


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.