O estoxo xuño 2017

Page 1

Oestoxoxuño2017

IES Salvaterra de Miño 1


ahortaahortaahortaahortaahortaahort A nosa horta segue en funcionamento. Este curso ampliamos o terreo e o grupo de voluntarios. Ademais do alumnado de 2º FPbásica, grupos de 1º ESO tamén se encargaron do traballo. Algúns dos traballos realizados son: preparar o novo terreo; dividir as parcelas e plantar, entre outros, framboesas, verzas, patacas e fabas. Tamén fixemos un pequeno experimento con lentellas e unha plantación de aromáticas con loureiro, lavanda e romeu. Outra práctica interesante foi a produción de compost. Os dous composteiros de plástico estiveron a pleno rendemento nas semanas en que se repartía froita entre o alumnado porque se aproveitaban os restos orgánicos. O alumnado de 2º FPBásica montou tamén un lumbricomposteiro no que engadimos miñocas, terra e materia orgánica en descomposición. O compost é un material moi especial e moi apreciado en horticultura xa que aporta ao chan unhas propiedades únicas para unha boa produción. Aproveitando o magosto e con recipientes de reciclaxe conseguimos castiñeiros, carballos e algunha sobreira. Ao longo do curso tamén fomos engadindo algunhas plantas máis nos testos do noso xardín, como áloe vera, e sementeiras de perexil e outras herbas. O curso que vén seguimos co grupo da horta. Esperamos a vosa colaboración. Ana González Cabaleiro

2


allarizallarizallarizallarizallarizallarizall Proxecto Terra: Allariz. O alumnado de 3º ESO co Proxecto Terra, visitou Allariz. Participaban os departamentos Ciencias Sociais e Ciencias Naturais. A actividade realizouse os días 28 e 29 de abril. A primeira parada foi en Santa Mariña de Augas Santas, pequena aldea a seis km de Allariz. Chamounos a atención polo atractivo conxunto histórico coas casas rehabilitadas e moi coidadas, ao igual que as súas hortas, e co cableado baixo terra. Coñecemos, grazas á nosa guía, algo das lendas e da historia do pobo. A lenda que fala da moza Mariña. Na Idade Media, por negarse a casar cun poderoso, Mariña foi castigada con martirios varios, como ser queimada no chamado Forno da Santa (en realidade restos castrexos) de onde a rescatou San Pedro. Finalmente, cortáronlle a cabeza que caeu dando tres chimpos dos que saíron tres fontes que non secan nunca. A historia fala de como os restos castrexos e romanos, así como as tradicións máis antigas, se mesturaron con aspectos cristiáns. Dende a aldea chegamos por una ruta chea de vexetación ata o Castro de Santa Mariña, onde comprobamos que a súa posición nun lugar elevado cumpría a función de defensa natural. Quedamos cos tres piares básicos de todo esta visita: a paisaxe (relevo e seres vivos), a auga e a pedra. A segunda parada foi no Centro de Educación Ambiental do Rexo. Comemos cerca do río Arnoia, acompañados dun burro que non se separaba de nós. No Rexo ensináronnos as instalacións, as ovellas, a queixería e o propio centro de interpretación. O guía da Fundación González Ferreiro foi explicándonos todos os seus traballos. Pero co que mellor o pasamos foi cos cans facendo o seu traballo de pastores ou intentándoo. Finalmente, puidemos probar o queixo de cabra… que nos encantou! 3


Ao acabar no Rexo, marchamos cara ao albergue Salesiano Arnoia, no centro de Allariz, onde ceamos e aproveitamos as súas instalacións con pista de baloncesto, ping-pong, futbolín. No segundo día, despois de recoller, fixemos o percorrido polo centro histórico de Allariz visitando o Museo do Coiro, o Museo da Moda e o Museo do Xoguete (indicadores da recuperación do patrimonio etnográfico da vila).

Allariz destaca por ter Plan Especial de Protección do Casco Histórico de Allariz (P.E.C.H.A.) que permitiu a concesión en 1994 do Premio Europeo de Urbanismo. Algunhas das melloras que puidemos comprobar foron o bo estado do Río Arnoia e as súas marxes; a cantidade de vivendas rehabilitadas e, sobre todo, o uso que se fai delas, como os diferentes museos que coñecemos. Despois desta visita e de comer no albergue, iniciamos o camiño de volta. Chegada ao IES Salvaterra de Miño. Estes son algúns dos comentarios dos participantes na actividade: A excursión pareceume moi completa. Gustaríame falar de Rexo, que foi o que máis me gustou. Era unha granxa escola na que había ovellas e cans que as pastoreaban. Tamén había un burro, que era a 4


graza da granxa. No Rexo fan queixo de ovella, e estaba moi bo. De feito comprei un. Gabriel López Martínez, 3º ESO

O Museo do Xoguete fíxose coa finalidade de recoller o valor dos xoguetes de todos os tempos, creouse en Allariz no centro social, pazo do antigo xulgado. Os xoguetes foron coleccionados durante anos por Alberto Oro Claro, un veciño de Allariz. O museo ofrece xogos sinxelos que empregan os sentidos, sobre todo a vista e o tacto. Inaugurouse no ano 1995. Os compañeiros que non puideron ir tamén buscaron información. Khaoula Sassaoui, 3º ESO O Museo da Moda foi o primeiro aberto en Galicia. Está nun edificio do século XII e ten dúas plantas. Nunca gran sala exponse unha liña do tempo coa historia do traxe dende finais do século XIII ata o ano 2010. O público pode probarse calquera vestido ou sombreiro. O museo inclúe unha pasarela para os máis atrevidos. Este Museo da Moda é un lugar para visitar e deixar pasar o tempo. Lidia Fernández, 3º ESO

5


andorraandorraandorraandorraandorr Excursión á neve. Marzo do 2017, Andorra. Longas horas de posturas incómodas entre sono e sono, paisaxes diferentes ás da nosa terra con ruído de fondo dos máis enérxicos. Frío, calor. Ubicación distinta en cada espertar. Sol, neve. Xa quedaba o fogar moi lonxe, xa se notaba a morriña polo verde e pola humidade perfecta do noso. Caras diferentes, con olleiras e algunha lagaña nas comisuras do ollos. Estación do ano sen estación, sen clima, sen tempo. Natural, artificial. Montañas con neve vistas desde o comedor dun establecemento de comida rápida. Roupa gorda, quente. Suor na testa, pel. Contradicións constantes con diferentes formas de dicilo, de velo, de sentilo. Xusto, de sentilo. Hai tantos puntos, tantos recordos que me deixan un sabor peculiar na boca, que me perdo na miña primeira caída esquiando, na comida crúa dese establecemento que nos convertía en familia. Nunha familia distinta, sen irmáns. Unha familia na que todos eramos nosos ata o día de regreso. Alba Blanco Veiga, 4º ESO

6


casarescasarescasarescasarescasaresc Desde o ano 2012 en que se cumpriu o décimo aniversario da morte de Carlos Casares (a Real Academia Galega escolle entre persoeiros que levan, cando menos, dez anos falecidos), todo o mundo estaba agardando que se lle dedicase o día a este escritor. Este día chegou. Para lembrar a obra do autor de Xoguetes para un tempo prohibido, no noso IES escribimos, lemos, debuxamos…, carteis, recensións, exposicións… O Equipo da Biblioteca solicitou a colaboración do alumnado para a elaboración de carteis desde a iniciativa E ti que pintas?, o alumnado de 4º ESO realizou unha exposición con fotos do autor e de portadas da súa obra, e o de 1º de Bacharelato contribuíu coas súas opinións sobre o libro Vento ferido. Asemade, alumnado e profesorado puidemos lembrar a súa vida e obra grazas á exposición dos carteis que todos os anos envía a Secretaría Xeral de Política Lingüística, realizado este ano polo alumnado do IES Carlos Casares. Non podía ser doutra maneira. A continuación unhas poucas fotografías…

Estes relatos de Vento ferido están narrados nun ton melancólico e nalgúns pódese notar a ansia de vinganza ou a desesperación. O suspense vén dado grazas á forma na que escribe: abundantes pausas e emprego de adxectivos para describir o ambiente. Tamén o diálogo dos personaxes consigo mesmos, que reflicte os seus pensamentos e sentimentos, achega o lector ao relato, producíndolle múltiples sensacións. (Uxía Lage )

7


Decidín facer un debuxo inspirándome no relato “Vou quedar cego”, de Vento ferido. Baseeime neste fragmento para facer o debuxo: Logo cearemos e despois iremos todos a durmir. Só de pensalo éncheseme o sangue de formigas e unha pena grande e negrísima méteseme dentro do corazón. Por iso debuxei un corazón en branco e negro, simbolizando a pena e a negrura do corazón do rapaz e púxenlle un ollo no centro, simbolizando o desexo do neno a volver a ver. Tamén puxen uns puntiños saíndo das arterias do corazón, coma se fosen as formigas que cita o neno no relato. (Debie Fernández)

O primeiro relato, “O xogo da guerra” ten como tema central a importancia da pertenza a un grupo durante a adolescencia. Observamos como un rapaz sofre a presión do grupo e é obrigado a facer cousas que os demais lle mandan; cousas que non quere facer, pero obedece, sen importarlle as consecuencias nin o sufrimento que pode causar. (Mar Lorenzo) O relato co que máis identificada me sinto é “A rapaza do circo”, xa que me fai lembrar aquel campamento de verán no que coñecín a un rapaz que era como o meu irmán de campamento e ao rematar a actividade non volvín saber del. (Carla Groba) Identificar non me identifiquei con ningún dos relatos; mais si que me fixeron pensar na maldade dalgunhas persoas e resultoume moi actual. Enganchoume a lectura dende o primeiro relato, ao mesmo tempo que me daban calafríos, xa que algúns relatos resultaban tétricos. (Paula Pereira) A maioría dos relatos transmítenme a ansia de vinganza que ten o ser humano. Mais en xeral non me transmiten nada, xa que os relatos rematan dunha maneira un tanto rara, porque non precisa o que vai pasar. (Denís Paz)

8


Os relatos son moi curtos e parecen ser fragmentos dunha historia, momentos da vida de persoas reais. No comezo do libro podemos ler: “Calquera que pasa pode ter un conto ou unha historia”. Gustoume especialmente o relato “O xogo da guerra” e penso que o feito de ter un final aberto lle quedou ben a este relato. (Carlos Besada). Son relatos que se deben ler nun día chuvioso e neboento para mergullarse máis nas pequenas historias dos personaxes que de primeiras parecen simples, porén, conforme avanza a historia, vanse transformando en complexos. (Uxía Lage)

9


cienciacienciacienciacienciacienciacien Aliméntate Ben: A roda dos alimentos, Ana González Cabaleiro A roda dos alimentos está totalmente dominada despois de practicar con este panel interactivo no que puidemos mostrar os nosos coñecementos. Ademais, grazas a Lorena Lemos de 3º ESO B, tamén temos as lendas en braille. A roda dos alimentos é un recurso didáctico moi práctico no que se ve dunha maneira moi visual os diferentes grupos de alimentos existentes na dieta. Segundo o tamaño do sector que teña o grupo de alimentos, así debe de ser a proporción de consumo diario. Presenta tres cores que nos indican a función deses alimentos. A amarela representa a función enerxética. Trátase de alimentos que nos permiten movernos e levar a cabo tódalas actividades diaria, incluíndo estudar e concentrarnos (alimentos dos grupos I de cereais e derivados, patacas e azucre que aportan sobre todo glícidos, e o grupo II das graxas, aceites e manteiga que aportan lípidos). A cor vermella indica a función plástica, para formar e renovar tecidos (son os grupos III da carne, peixe, ovos, legumes e froitos secos e o grupo IV da leite e derivados, ambos aportan especialmente proteínas e vitaminas sobre todo do grupo B). Por último, a cor verde para a función reguladora que controla a multitude de reaccións químicas que teñen lugar dentro do noso corpo para que funcione correctamente (son os grupos V de hortalizas e verduras e grupo VI de froitas, que nos achegan sobre todo vitaminas e minerais). Aliméntate Ben: A pirámide dos alimentos, Ana González Cabaleiro A pirámide dos alimentos é un gráfico que indica, de maneira simple, que alimentos debemos incluír na nosa alimentación e en que cantidades para ter unha dieta sa e equilibrada. O funcionamento da pirámide dos alimentos é sinxelo: na base, aparecen os alimentos que convén tomar a diario, e no vértice, aqueles que deberiamos tomar ocasionalmente. A pirámide compleméntase coa inxesta de auga e actividade física diaria. Así, a base da pirámide está formada polos hidratos de carbono (cereais, pan, pastas, arroz, patacas). Destes alimentos debemos tomar entre 4 e 6 racións diarias, tanto os adultos como os nenos. Despois veñen as froitas (unhas 3 racións diarias) e verduras (2 racións). No seguinte nivel, atópanse as proteínas (a carne, o peixe, os ovos e os legumes), dos que se recomenda unha inxesta de 3-4 racións á semana. En último lugar sitúanse os alimentos que deberiamos consumir ocasionalmente, como os doces ou o embutido. A pirámide de madeira foi realizada polo alumnado de 2º FP Básica. 10


cienciacienciacienciacienciacienciacien Semana da ciencia Velutina, Unha das exposición colocadas na semana da ciencia: unha colmea da avespa asiática que tanto problemas está a provocar. A Vespa velutina é unha especie invasora que se está a estender pola nosa terra, considérase moi perigosa por ser moi agresiva e alimentarse entre outras cousas da abella melífera, a produtora de mel. Outro problema é que compite con outra avespa propia da nosa zona, a Vespa crabo, moi parecida. Cando atopemos unha das súas colmeas, normalmente situadas en arbores a gran altura e do tamaño dun balón de fútbol ou máis, debemos avisar ao teléfono 112 para que se encarguen de retirala. Así foi como conseguimos o panal que se mostrou na semana da ciencia. Algúns compañeiros e compañeiras explicáronos algunhas curiosidades desta especie. A colmea estaba exposta nunha caixa preparada polo alumnado de 2º FPB.

11


cinecinecinecinecinecinecinecinecineci

Con esta actividade queremos poñer en valor o cine galego, os nosos actores e directores, guionistas e técnicos. Nesta ocasión, o alumnado de 2º de ESO viu unha película británica dobrada ao galego, O noso último verán en Escocia. Por que non? Gustoulles moito. Para 1º ESO eliximos O apóstolo, unha película que conta con, entre outros, o Premio Mestre Mateo á Mellor Película en 2012. O alumnado de 3º e 4º de ESO repite con Pradolongo e coa delirante comedia Os mortos van ás présas. Todas as películas funcionaron moi ben.

A entrada da Aula de Audiovisuais adornada para a ocasión e unha sesión de 2º ESO. 12


clubslecturaclubslecturaclubslecturacl É a primeira vez que estou nun club de lectura e podo asegurar que non será a última. O meu club demostroume que un libro é a medicina do noso cerebro, o que viría sendo axuda. Digo isto porque grazas a el empecei a ler máis, cousa que me axudou moito nos estudos, dado que agora quédanme mellor as cousas. Un libro é a chave da nosa mente, e ao descubrila encontramos un mundo cheo de vida e imaxinación. O pasado 17 de xuño de 2017 en Santiago de Compostela fíxose un encontro de clubs de lectura onde se reuniron moitas persoas e iso quere dicir que cada vez hai máis xente afeccionado/a á lectura. Icía Domínguez Rodríguez, 1º ESO A

Clubs de lectura con Sonia, detrás dun deses libros está Icía; e con Iago, que leron Vaiche boa!, tradución duns desternillantes relatos de Paul Jennings.

13


Arriba, alumnado de 2ยบ de ESO lendo con Montse nun cรณmodo curruncho da biblioteca; e debaixo, outro grupo, con Marisol.

14


correlinguacorrelinguacorrelinguacorr O luns 15 de maio o Correlingua chegou a Tui na súa recta final baixo o lema: En galego, sen cancelas. A Tui acudimos escolares de Salvaterra de Miño, Ponteareas e Tui. A festa final estivo conducida polo músico e regueifeiros Luís “O Caruncho” e contou coa actuación do grupo A Compañía do Ruído, un dos gañadores do certame Cantalingua, do Correlingua. Na festa final participou o alumnado de Salvaterra de Miño que preparou unha actuación. Tamén se puido escoitar o manifesto gañador do Correlingua elaborado polo alumnado de 4º da ESO do CPI Afonso VII Caldas de Reis, que foi lido polo alumnado do CPI Suárez Marquier do Rosal, que foron os gañadores do certame de Vídeo. A actividade iniciouse ás 11:30 horas na Praza de Vigo e a Corredoira para estar ás 12:00 na Área Panorámica, onde tivo lugar a festa final.

15


entroidoentroidoentroidoentroidoent O 24 de febreiro, o noso instituto encheuse de piratas, pallasos, médicas e doutores, cowboys, monxes e monxas, panteras, tigresas, coellos e vacas, pilotos e azafatas, soldados, bailaríns e bailarinas, policías e ladróns, leñadores, e música, e baile e alegría… O Entroido!

16


O público…

… e o xurado, que decidiu que a comparsa gañadora era…

… 1º Bacharelato B. Parabéns!

17


18


19


20


fotografíafotografíafotografíafotografí Outro certame para todas aquelas persoas da comunidade educativa, nais e pais, persoal non docente e alumnado e profesorado, afeccionadas á fotografía. O EDLG inspirouse no lema do Correlingua 2017, “En galego, sen cancelas”, para propoñer este concurso coas cancelas e portais da contorna como motivo. O resultado foi un conxunto de 39 fotos que se expoñen nos corredores do centro. O xurado estivo formado, ademais de polo profesorado de EPeV, Rosa e Ángel, por outros profesores (Ana C, Víctor e Demetrio), alumnado (Iago, de 2º ESO e Iria e Lucía de 2º Bacharelato), e Esther, a nosa conserxe. A foto elixida é obra de Damián Amil, de 2º ESO. Cousa dos empates, tamén se elixiron catro accésits, para Alba de 1º ESO e Matilde de 3º; para Azucena, nai dunha alumna de 1º, e para Matu, a nosa compañeira. Parabéns ao campión e a todas as finalistas! Cartel e, abaixo, exposición no corredor da entrada ao IES.

21


Concurso de fotografía

“Sen cancelas”

IES Salvaterra de Miño

1º PREMIO: Damián Amil Novoa, 2º ESO

22


Azucena Rodríguez

Alba Fang Lago

Groba

Porto, 1º ESO

Accésits

Matusa Pazo

Matilde Rodríguez

Rodríguez

Badillo, 3º ESO

23


fotografíafotografíafotografíafotografí IV CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA Outro ano máis, e xa van catro, do Concurso de Fotografía Matemática. Outro ano máis no que os rapaces de Salvaterra, armados cos seus móbiles, tabletas e cámaras, toman as rúas na procura da fotografía que mellor represente o mundo das matemáticas.

Nesta edición recibimos preto de 90 fotos, entre as do IES e as dos colexios da zona. Como novidade deste ano, convidouse a participar tamén aos nosos veciños da outra parte da liña, a Escola Secundária de Monção, aínda que de momento con pouco éxito. Preténdese con este concurso demostrar que as matemáticas non son algo tan abstracto, algo totalmente desconectado coa realidade; senón que están aí, que nos rodean na nosa vida cotiá e, por que non, tamén poden ser algo bonito e incluso artístico. Tamén é moi curioso ver a interpretación que fan os rapaces e rapazas das súas fotos, nas que nos fan fixarnos nos círculos concéntricos dunha flor, nas espirais que se forman nunha piña, ou en como unha pompa de xabón se converte nunha figura de simetría perfecta. A gañadora desta edición ve na súa foto unhas “parábola paralelas que levan a mirada ao lonxe e debuxan no chan sombras paralelas”.

24


resta

participantes,

agradecer rapaces

aos e

rapazas, a súa achega, e aos profes

e

profas

a

súa

implicación: sen todos vos este concurso non existiría. E, por suposto, felicitar aos gañadores e

gañadoras desta edición:

parabéns!! Vémonos no V Concurso, ao que quedades todos e todas convidados.

José Fco. Quiroga Castro Xefe do Departamento de Matemáticas.

25


libroslibroslibroslibroslibroslibroslibro Velaí unhas propostas de lecturas, perfectas para o verán que está a chegar, que nos ofrecen unha alumna e un alumno de 2º de ESO e a nosa compañeira Matu. Un libro clásico traducido e dúas novelas asinadas por dúas escritoras de noso. O Can dos Baskerville, Arthur Conan Doyle O que máis me gustou deste libro é o ben feito que está. É a perfecta novela policial e detectivesca. Cando les unha novela detectivesca, buscas intriga, é tela. Ten tanta intriga que hai veces que necesitarías que te chegase automaticamente a información, sen ler, porque non chegas á seguinte páxina. Este momento foi, en concreto, cando se atopou a Sir Henry coa cabeza rota, inconfundible co seu vermello traxe tweed. Resultou ser Selden, o fuxitivo. Ese foi un bo susto! Despois, todo está perfectamente proposto, coma ten que ser. Penso que as novelas policíacas son un tipo de novelas nas que inventarse algo por completo pode non ser bo. Todo ten doses de verdade. Explícome. Por exemplo, o señor Frankland, un aristócrata que pode defender un día os intereses do vila e ao día seguinte, os dos grandes aristócratas. Podería parecer unha invención, unha persoa de gran poder tan rara. Pero na Inglaterra vitoriana rural, había realmente, coma Frankland, personaxes bastante extravagantes. É a primeira vez que leo unha novela do cánon holmesiano, e teño moitas ganas de botarme ás mans o segundo, comezando, iso si, polo primeiro, Estudo en escarlata. Se é tan bo coma este que aquí presento, non me cabe dúbida que lerei ata o último. Anxo Añón Rodríguez

Nubes de evolución, Andrea Maceiras. O libro en si non é dos meus favoritos, pero a pesar diso, opino que Andrea Maceiras é moi boa escritora e sabe manter o lector atrapado diante do libro grazas a varios factores. O primeiro: a súa estética á hora de narrar.

26


Ao final do libro non se aprecia tanto como noutras partes pero, teño que admitir que, en varias ocasións, a súa forma de transmitir e contar as cousas púxome no lugar de Amanda, provocando que eu me sentise case tan mal coma ela. O segundo: Os diálogos entre a nena (Ánxela) e Luís que se atopan ao final dos capítulos. Isto quizais sexa o que máis me gustou. O feito de non saber quen eran os que conversaban desa maneira tan despreocupada, intrigábame moitísimo. De que falan?, Cantas Ánxelas hai? Iso era o que me preguntaba a cada momento xusto despois de ler os diálogos. O mellor é que aínda non o teño de todo claro e isto faime anoxar e rir á vez porque é a primeira vez que quedo sen entender o final dun libro. Algún fragmento do libro: O aire da estación posúe a capacidade de deixar no fondo dos pulmóns un pouso de tristura que remata estendéndose por todo o peito e que mesmo pode chegar a provocar bágoas nos ollos. Lucía Rodeiro Rodríguez

Os nenos da varíola, María Solar “No ano 1980, a OMS declarou o planeta Terra libre de varíola, sendo a única enfermidade erradicada no mundo por unha vacina”. Esta novela de 2017 recupera a historia dunha das maiores fazañas médicas da humanidade. Trátase dun feito histórico de gran transcendencia pero pouco coñecido. Xa foi tratado o tema na novela de 2010 Los ángeles custodios, de Almudena de Anteaga, na que se baseou a película Veintidós ángeles, do director Migue Bardem. Os nenos da varíola céntrase nos pasos previos á saída, desde o porto da Coruña en 1803, da expedición a América en tempos de Carlos V e da man do médico alacantino F. J. Balmis, que se organizou con vinte e dous nenos orfos seleccionados dos hospicios da Coruña e Santiago e acompañados pola reitora Isabel Zendal, para levaren a vacina da varíola, brazo a brazo en cadea humana, pois como se trataba dunha unha viaxe moi longa, non era posible levala doutra maneira con garantías.

27


No hospicio a vida os nenos é moi complicada e alí pasan fame e moitas penurias, así que, con esta viaxe todo pode cambiar e será a súa única escapatoria a un futuro pouco prometedor. Pero, non todos serán elixidos… Novela moi documentada, describe moi ben a atmosfera social, cultural e política da época, sen esquecer as historias persoais dos protagonistas e conceptos como a afouteza ou a caridade, abordando constantes dilemas morais. Escrita cunha linguaxe sinxela e dinámica e moi ben adaptada para o público xuvenil, que pode ler e entender feitos moi duros nalgunhas das pasaxes, pero descritos pola autora con moita naturalidade. Entretida, engancha e deixa ganas de máis! Matu Pazo Rodríguez

A escritora e periodista da RTVG María Solar que na actualidade presenta o magazine informativo A Revista, na TVG.

28


magostomagostomagostomagostoma No IES de Salvaterra somos festeiras, eclécticas e modernas, así que este curso xuntamos o Magosto co Samaín e mais a Santa Compaña. Éche todo una boa caldeirada. A cousa foi así. Como nos presta botar contos, escollemos o día en que asamos as castañas para facer unha santa compaña magosteira, e os teatreir@s de Salvaterra caracterizámonos de mortos para irmos por todo o patio contando as nosas mortes ficticias no instituto que, a dicir verdade, dábanche ben máis riso ca medo. E ademais, iamos acompañados de gaita de ultratumba de Alexia e mais o tamboril do Diego, porque a música gusta tanto no aquén coma no alén. Foi boa festa, abofé.

29


30


mediaciónmediaciónmediaciónmedi Que é o servizo de MEDIACIÓN do IES Salvaterra de Miño? É un servizo ao que calquera alumno ou alumna do centro pode acudir cando teña algún problema, de calquera índole, con outr@s alumn@s e queira resolvelo de xeito pacífico e dialogado e, tal vez o máis importante para o alumnado, sen intervención dos adultos.

Que queremos conseguir co servizo de Mediación Escolar?

 A resolución pacífica de conflitos chegando a un acordo satisfactorio para as partes en conflito con axuda de terceiras persoas (medidor@s) que “moderen” ese proceso.  Diminuír o número de sancións.  Mellorar as competencias sociais e cívicas de toda a comunidade educativa.  Diminuír a intervención dos adultos nos conflitos entre o alumnado. Cales son os principios que se aplican no servizo de Mediación do IES Salvaterra de Miño? A mediación escolar está baseada nunha serie de principios que son completamente inviolables por parte das persoas encargadas de levar a cabo a mediación. Estes principios son:

 Confidencialidade: “O que se conta en mediación, queda en mediación”. As persoas responsables de levar a cabo a mediación escolar serán estritas no cumprimento deste principio, e non contarán absolutamente a ninguén o falado durante o proceso de mediación.  Voluntariedade: É un servizo ao que podedes acudir se queredes, se non queredes, ninguén vos pode obrigar a ir. O que si debedes ter en conta é que si se vos pode aconsellar que fagades uso do servizo de mediación e, tamén pode ser un atenuante ante posibles sancións.

31


 Imparcialidade: As persoas encargadas de levar a cabo a mediación escolar nunca se poñerán a favor de ningunha das persoas en conflito. Para garantir este principio, as persoas mediadoras serán convenientemente elixidas de forma que non teñan ningún vínculo coas persoas en conflito.  Predisposición para chegar a acordos: É fundamental que cando algunha persoa que está en conflito acuda ao servizo de mediación, que o faga coa intención real de tratar de resolver ese conflito. Dese xeito, o éxito da solución a ese conflito está, practicamente, garantida.  Atenuante ante posibles sancións: Non é igual impoñer unha sanción a alguén que ten interese en resolver un conflito que a alguén que non intenta resolver os seus problemas cos demais.

A quen podes acudir se queres facer uso do servizo de Mediación? Duns anos a esta parte, somos varios profesor@s do centro e un bo grupo de alumn@s que estivemos formándonos para poder dar este servizo coas maiores garantías posibles. Calquera de nós pode ser un referente ao que dirixirvos se tedes un conflito para ver se é un conflito susceptible de ser mediado e, a partir dese momento, comezar todo o proceso de mediación escolar.

32


@s que formamos parte do equipo de mediación somos: ALUMN@ Alumnado formado no curso 15/16 María Carrera González Zaira Ocampo Méndez Noa Martínez Alonso Alexia Alves González Serxio Estévez Souto Ingrid L. Pereira Vitorino Noelia Amil Lameiro Julia Cruces Rocha Candela González Calvar Alumnado formado no curso 16/17 Carla Acuña Piñeiro Rosalía Conejo Seves Carmen Lorenzo Bernárdez Marina Suárez Martínez Ainara Deahora Rey Sara Faro Lubiáns Lucía Vázquez Fernández PROFESORADO Margarita del Amo Blanco Ana Mª Bolíbar Chinchilla Andrés E. Cabana González Víctor Costas Suárez Nieves Groba Ucha Sandra Mera Varela Sandra Parada Nogueiras Begoña Terlera Bao

CURSO 2º ESO A 2º ESO A 2º ESO B 3º ESO B 4º ESO B 1º BCAH A 1º BACH B 1º BACH B 1º BACH B 2º ESO A 2º ESO A 2º ESO B 4º ESO A 4º ESO B 4º ESO B 4º ESO B Departamento Educación Física Linguas Clásicas Mat. (coord. Equipo de mediación) CCSS (director) Orientación Lingua Castelá CCNN (xefa de est.) Economía

Tedes que ter en conta, tamén, que a través dos membros da dirección do IES podedes tamén solicitar este servizo, e incluso, para @s que sodes máis tímid@s e non vos atrevedes a comentar os vosos problemas directamente, hai un modelo de solicitude de mediación dispoñible na web do centro que podedes deixar na caixa de correo de mediación (ao lado da aula de convivencia). Así que, se nalgún momento tedes algún conflito, a través da mediación podedes solucionalo de boas maneiras. Xa sabedes o que di o noso lema: “SE QUERES UNHA BOA SOLUCIÓN, VEN A MEDIACIÓN”

Andrés E. Cabana González. Coordinador Servizo Mediación do IES Salvaterra de Miño.

33


padrónpadrónpadrónpadrónpadrónpa Roteiro Literario por Padrón Procurar as pegadas das palabras. Alá fomos a Padrón 4º da ESO, Terra de Iria, capital literaria de noso. Das nosas letras, do noso pasado. Canta historia ten detrás un topónimo. E aí o segue. Primeira parada a morada do Nobel galego. A vida, as edicións, a obra impoñente e as curiosidades desbordantes, como a personalidade de Camilo José Cela. E tamén o xogo, un trivial celiano para aprendermos xogando. Despois a pé ata a casa de que nunca tivo casa de seu, pero colocou as pedras do edificio comunal da lingua galega moderna. Ela, no bico un cantar, na fronte unha estrela. E para nola explicar, quen mellor ca Anxo Angueira, presidente da Fundación, coñecedor sen igual da súa veciña e comunicador apaixonado e poético. A nosa homenaxe, un mannequin challenge na Casa da matanza, xa por sempre e mais despois a nosa casa. Logo xantar e percorrer as rúas de Padrón ata chegarmos ao espolón do Ulla, outro río cheo de palabras, e rendermos merecida homenaxe a Rosalía tal e como fixeran Cabanillas e Otero Pedrayo no primeiro acto público de defensa da lingua en tempos da ditadura. Alí recitamos, e as nosas voces ecoaron onda o río e foron o vento que levou a inchadiña branca vela para ver, por última vez, o mar nos ollos de Rosalía.

34


pasaletrapasaletrapasaletrapasaletrap O Pasaletra estase a converter no concurso máis lonxevo do noso IES. Ano tras ano segue contando coa participación dun gran número de alumnado. Primeiro as semifinais, e os días 18 de maio (3º-4º ESO) e 19 (1º e 2º ESO) as finais… para acertar, antes de que pasen cinco minutos, o maior número de palabras dunha lista de 22 ordenadas por orde alfabética. Campioas e campión: 1º – 2º ESO

3º – 4º ESO

1º PREMIO: Carolina Márquez Riveiro e Alexia Martínez Martellotta (2º ESO - B)

1º PREMIO: Sabela Pérez Castro e Noelia Núñez Davila (4º ESO - A)

2º PREMIO Xerome Silva Hervella e Carla Gándara Cambra (1º ESO - A)

2º PREMIO: Alexia Alves González e Laura Cadilla Alves (3º ESO - B)

Carolina e Alexia, contestando moi animadas; e Noelia e Sabela, de 4º de ESO, 1º premio.

35


poesíapoesíapoesíapoesíapoesíapoesíap

converso Sara FaroLubiáns, 4º ESO

36


Intencións Esculcaremos o remorso da cidade, da terra que marmuria adeuses ó compas da oleaxe. Agora que recollo este permiso de abandono , somerxida xa nas letras de Manuel, a intención é clara: querido autor, embarquemos xa no branco pailebote, vou encher as velas coa luz náufraga da madrugada; apagarei co suspiro da morriña á patria, as saudades dos teus veleiros defraudados. Co conseguinte, amarraremos a escota da ilusión.

A fragata vella Manuel, ben sei que miras de lonxe, atisbas dende o extrarradio da branca nube que pendura no ceo, mais non te sinto distante, non es esquivo, teño teus versos en fronte, peregrinando ás pálpebras. É certo, voou a xuventude, es un vello mariñeiro cun outono demais ás costas, e cunha primavera de menos, ancorada ó derradeiro andén da existencia. Enche e devala a marea da vida, corazón de fragata vella.

Travesía O reloxo e o Sol, resbala o tempo no dorso da xuventude mesmo envés que costa e Mar, eluden. Barcos sen nome á devagar e ti con amplo pseudónimo canso xa do mesmo - sempre - persistindo ansías foula e ronsel inestábeis morse de puntos sen raias radiogramas unidireccionais cara ti mesmo, e con resposta. E volta dun pasado ó teu presente sen futuro e volta coñecida repetir monotonía tedio tic-tac volta a Ningures Rutinaria travesía

37


Os cóbados no varandal Hai algo que sei seguro; alguén dixo unha vez: O mar adentro é unha illa rodeada de ceo. Eu non o sei de certo Manuel, só especulo, pero quizás a liberdade é tan só unha falacia de vellos e inxenuos poetas, ou, e agora teorizo, e se a vida é un paseo con arnés por unha colosal e finita gaiola chamada Terra? Cos cóbados no varandal, contemplativo, insignificante fronte ó Inmenso, gran de area enxugado polo Mar, en busca dun ambiente excarceado, atopas paxaros sen xeografía adeuses mudos irremediabeis. Saudos da soidade.

Sós O abandono atracoute a man armada. Levou consigo o sol e mailo vento. Deixou na proa a quietude do barco veleiro, da fragata vella. A terra, alá no fondo, o extra da paisaxe, perdeu protagonismo: terceiro extravío. Orientado xa cara ó esquecemento, recordo, miña soidade vén tamén de lonxe, e coñece a manobra do navío que naufraga. Se o barco é cadaleito, berra alto, máis alto, por riba destes versos sixilosos. Deixemos que no atraco, prudencia e cautela se ancoren ó pasado. Auxilio! Exclamo. E fiquemos nós Ansia Gusto Desexo Vida Sós.

…Ao afogado Esta conversa é á vez rescate. Devólvoche a voz na cova esquecida os ollos que miran ó lonxe os azos, os lazos que unen á vida Recollo as ondas xogando ó bambán cos corpos inertes as mareas que bailan o derradeiro vals collidas da man da morte autoprovocada

38


Garda de 12 a 4 -

Prepárase un naufraxio coa ausencia cómplice do Sol! Garda nocturno da túa vida propia. Manuel, a madrugada vai bicándote os talóns. Son as catro, bate o sol de esguello sobre o peito. Esta noite non é noite xa. Non hai naufraxio, supervivente.

Recalada Nos bordeis xa deben saber de ti. Esas mulleres coñecen teu reverso sentimental, mais de seguro non afondan nesta opaca oleaxe; nin se mergullan coma eu nestas túas páxinas, empapada. Mora en min túa cantiga, e é certo, apagas os farois da madrugada. Esperto en ausencia da pasada xornada e na túa compaña. Coma espectador tamén desfollas calendarios, e quizais mañán sexa tarde para viviren hoxe, non o sei. As novas rúas de sempre esperan impacientes o fume da pipa altaneira. E eu cun ubicuo sorriso louro, fronte ó espello deste reflexo de ti, espero tamén a recalada.

Navy mar Outro fracaso, Manuel? De novo unha mesma despedida? A felicidade viaxa de incónito nese teu costelar. Tes un corazón de alta mar, bravo e feroz, sentimental. Lugar de extensión inabarcable, afastado de ti, somerxido no interno dun mesmo, conquistado pola soidade. Xa non me sorprende. Creo que podo vislumbrar o fondo do vaso en repouso que noite tras noite naufraga no Bar.

Balada do pailebote branco O libro de Simbad non narra a historia do piloto a do gavieiro a do rapaz. Perdeu a fala, (parola ceifada nos beizos), un día que se fixo ó mar.

E que sei eu? De ti, nada, fronte o que quixera saber. E que sabes ti? De min nada, de ti, pouco, de nós, tamén.

39


O cartafol do vento Un pasado mascado, un futuro repetido un presente atemporal Se do cartafol do vento se perderon estas follas, ben están alá onde foran.

Lied ohne wörte Mezo suave e docemente o manual póstumo dun extravío vital. Marusía impertinente, mar bravo e versificado, es: Poeta que senta na proa que admira no luar, a lúa que treme no vidro do Mar. Oes o son da cantiga sen verbas que o veleiro entoa ó surcar?

A estrela descoñecida Endexamais souberon os cadavres sin rumbo que ti os amortaballabas co teu ollar (endexamais souberon os poetas pendulantes que bastan teus versos pra se feitizar) Xovial virxinidade de estrela prostibularia procuro no haz dos astros o adeus, a despedida.

Calma de 6 a 8 Xerfa da inmobilidade Non serás ti a gaivota ventrílocua clamando de novo ó descoñecido sen se pronunciar? A pluma peteira á escuma describe sinuosa o berro infinito dos afogados Non serás ti mariñeiro vello vindo na balsa da poesía de volta de tódolos naufraxios? Oh miragre!, décimo cuarta composición, e sigue a vida batendo nese teu peito Vés escoltado polo fulgor das mesmas estrelas que inda tinguidas de desesperaza

40


están están aquí

Descuberta Fun eu. Eu fechei a fiestra azul do Mar. Non máis singraduras de loitas e adversidades. Non máis ronseis de destino irremediabel. ave da tristura, voa engaiola cunha danza no ár ó Sol

Lecer (abonda xa de paréntesis) Paren as teses. Paren xa as teses da vela encalmada. O parte anuncia chuvascos de todo o esquecido. Paren as teses. PA-REN-TE-SIS

S.O.S Sinal dos astros: alumean a Galaxia cun farol O vento que por mimo, escoita á moeda que deixo caer, abandona a estaticidade Só se trata doutro engano, un auxilio ficticio

un morse extinto na negrura da noite

Desorientado Agotouse o stock

Ao reverso da noite A auga toda dos océanos ensumiuse nunha bágoa. A bágoa que pendura do meu queixo, suicida, decide precipitarse ó abismo do final. É xa día, Manuel!

41


O reverso da noite é un verso repetido. O pano branco da despedida, enxugará os ollos do ceo. Enxugará os ollos do poeta finado. Dazaoito foron os portos da travesía. Os nomes das terras desvalixadas na invasión, a sinopse do forasteiro que agochas baixo a pel. Despido a conversa cunha vela branca ondeando á vida. Hoxe voltas renacer, Manuel.

Adeus Intencións Barco

Travesía

Contemplación

Soidade

Afogado Garda

Peirao

Bar

Balada

Cartafol Canción

Estrela

Calma

Descuberta

Lecer SOS

Noite

Adeus

42


poesíapoesíapoesíapoesíapoesíapoesí O poeta Xabier Xil Xardón (Xinzo da Limia, 1983) ofreceunos as claves para a realización de videopoemas, pequenas curtametraxes que combinan poesía, música e imaxes. A este obradoiro asistiu o alumnado de 4º ESO e tivo lugar na Aula de Audiovisuais o pasado xoves 15 de xuño. Falounos do poema para “berrar” e o poema para “asubiar”; leunos poemas de seu; animounos a que realizásemos os nosos videopoemas, que el non era moi experto niso das novas tecnoloxías; explicounos que un dos videopoemas que vimos fora unha encarga para unha campaña a prol da recuperación do Barrio do Cura en Vigo… En fin, moi interesante e entretido. Non se esqueceu de explicarnos que contou coa colaboración de Pablo Kaufmann (cámara), Mirian Rodríguez (montaxe) e Urban Lullaby Saregama (música).

43


proxectosinternacionaisproxectosin O IES SALVATERRA DE MIÑO TAMÉN ESTÁ EN EUROPA. Como sabedes, o IES SALVATERRA DE MIÑO vén de facer unha serie de actuacións para fomentar o intercambio de experiencias en Europa, mobilizando a alumnado e profesorado. Durante este curso conseguimos participar no Erasmus+ (Practicum Depo2016) mobilizando a dous alumnos do Ciclo Medio de Soldadura e Caldeiraría e un profesor de Formación Profesional. Os alumnos recibiron unha bolsa para traballar en empresas do Reino Unido durante 6 meses. Os afortunados, Javier Corredoira Andrés e Iago González Rodríguez, puideron mellorar e ampliar os seus coñecementos e competencias profesionais e lingüísticas en Londres. Aínda hoxe Andrés segue a traballar en terras británicas cun contrato de traballo que lle vai permitir ser moito máis competitivo cando queira regresar a Galicia. Desexámoslles moita sorte aos dous. O profesor de Soldadura e Caldeiraría, D. Juan José Díaz López, estivo buscando contactos de entidades públicas e empresas en Finlandia que puidesen recibir a alumnado do noso IES no vindeiro curso 2017-2018. Os contactos creados por este profesor servirannos para poder ofertar ano noso alumnado unha serie de empresas punteiras no sector da Soldadura e Caldeiraría no vindeiro mes de outubro de 2017. Entre o 06 e o 16 de marzo de 2017 o IES SALVATERRA DE MIÑO recibiu á profesora Dª Andrea Gorniaczyk, profesora de linguas estranxeiras, español e inglés, no Instituto Deutschorden-Gymnasium en Bad Mergentheim de Alemaña. Durante a súa estancia, a profesora tivo un intenso programa de actividades. Estivo presente en moitas aulas interactuando moi intensamente co alumnado que lle facía moitas preguntas. A finalidade destas actividades era coñecer o sistema educativo español e todos aqueles aspectos que rodean a organización interna do noso centro; por este motivo asistiu a actividades extraescolares de diferentes departamentos didácticos 44


que lle serviron para coñecer capitais importantes como Ourense, A Coruña, Santiago de Compostela , Pontevedra e a cidade portuguesa de Porto. No programa incluíanse moitos aspectos de carácter extraescolar que tiñan como finalidade coñecer os aspectos económico, social e cultural que rodea a pequena localidade de Salvaterra de Miño. Organizáronse actividades co Concello e foron visitadas empresas do contorno onde vai traballar o noso alumnado de Formación Profesional. Cómpre dicir por último que este programa nos permite: Comparar sistemas educativos, modos de organización de centros e manter contactos para posibles actividades internacionais dentro do marco Erasmus +, mobilizando profesorado, alumnado, creando asociacións estratéxicas escolares proxectos E-Twinning, etc. Este curso 2016-2017 xa está rematando pero agardamos que, para este ano que vén, poidamos ofrecervos máis ofertas de mobilidades para que poidades participar. Demetrio Prego Martínez Coordinador Proxectos Internacionais

45


relatorelatorelatorelatorelatorelatorel Ángel Vidal de 3º ESO B resultou finalista do V Certame de Relato Curto para escolares da Provincia de Pontevedra co seguinte relato que dedica ao seu avó. Felicidades, Ángel!

A VIDA REDUCIDA A CINZAS Eu sempre tivera ese soño, esas fermosas tardes no bosque eran as mellores. Saía da casa co fin de despexar a mente. Convivir coas lurpias das miñas irmás e coas pelexeiras dos meus pais non é nada doado. Entón, ao rematar de comer, corría cara ao bosque co fin de deixar atrás o malo, e entrar no meu mundo. Todos os días repetía a mesma rutina, sen pensar no que deixaba atrás, e subía á miña árbore e botaba a sesta cos sons dos paxaros de fondo, buscando esa paz que só conseguía acadar alí. E chegou o inverno, con todas esas choivas que deixan as rúas coas charqueiras, cando ir ao bosque se facía imposible, e pasaba todas as tardes lendo os libros de fantasía que tanto me gustaban e mirando cara ao meu sitio preferido... ata que un día comezou a tronada e un lóstrego bateu fortemente contra a gran árbore na que eu pasaba as tardes, botándoa abaixo e provocando un gran lume que pouco a pouco arrasaba con todo. Eu choraba. Non podía parar. Pensaba en todo o que amaba, todo o que eu quería... perdérase! Pasadas tres semanas marchei cara ao lugar do lume cunha bolsiña chea de pequenas árbores de distintos tipos, que plantei alí, naquel maxestoso lugar no que estamos, e agora, setenta anos despois, mirade que lugar tan fermoso. - Moitas grazas avó! .

46


relatosrelatosrelatosrelatosrelatosrela A obra de Agustín Fernández Paz é ben coñecida por calquera persoa que estudase nalgún instituto de Galicia nestes últimos anos. O profe de galego que quere asegurar o éxito da lectura dun libro, recorre a algunha das súas novelas. Éxito asegurado. Aire negro, Cartas de inverno, O centro do labirinto, A neve interminable… O escritor deixounos o 12 de xullo de 2016 e, dende o EDLG pensamos que sería unha magnífica idea recordalo contando historias. Por esta razón pedimos ao alumnado da contorna que inventasen historias comezando por un fragmento da obra do autor. De aí o I Certame de Relatos de Fantasía e Misterio “Agustín Fernández Paz”. Froito da participación do alumnado do CEP Carlos Casares e do IES Salvaterra de Miño foi un feixe de relatos que serán publicados nun volume patrocinado polo Concello de Salvaterra. Nas seguintes páxinas presentamos os relatos gañadores de cada unha das categorías e mais os accésits. Felicidades a todo o alumnado participante, rapaces e rapazas de entre sete e dezasete anos, e aos mestres e profesores que os animaron. CATEGORÍA A: Primeiro ciclo Educación Primaria

Ainoa Porto Castro, 2º CEP Carlos Casares. 1º PREMIO Todos eles se achegaron a mirar o interior do oco, e eu fixen o mesmo. A luz que entraba polas fiestras permitía ver xa o fondo daquel estreito espazo. No primeiro no que reparei foi na caveira. Estaba chea de po e tiña moitas arañas que lle entraban pola boca. Xirando os ollos vimos colgados na parede, daquel cuarto escuro, un coitelo cheo de sangue, un martelo, unhas tesoiras afiadas e un anaco de pel. Agarrei forte a man da miña irmá Alba. Subimos correndo as escaleiras. Esvarabamos con tanto sangue que había. Entramos na primeira porta á dereita e pechamos con chave. Atopabámonos no baño. Xiramos a cabeza e vimos a sombra dunha man reflectida no espello. Demos un berro. Abrimos a porta e saímos correndo. Notabamos moito frío, un forte vento entraba polas ventás rotas. Seguiamos agarradas. Buscabamos unha saída. De súpeto, unhas fortes pisadas facían rechiar e tremer as escaleiras. Ían subindo, pouco a pouco. Nós agochámonos nun cuarto sen ventás. Parecía un faiado. Estaba cheo de cadeiras rotas, cadros vellos e alfombras con buratos. Unha pequena porta non paraba e abrirse mentres renxía. Asomamos a cabeza e vimos un balcón cheo de cordas vellas, penduradas. 47


Ao mesmo tempo, as pisadas seguían soando cada vez máis fortes. Os nosos corpos sentían calafríos e notaban unha presenza humana. Mirei para á miña irmá. A súa cara reflectía o medo. Abraceina moi forte e neste intre...as pisadas deixaron de escoitarse. Saímos do cuarto en silencio e ás agachadas. Baixamos as escaleiras sen facer ruído. As nosas pernas non deixaban de tremer. Empurramos unha porta e chegamos ata a cociña. Enriba da mesa había sangue recente. Ollamos para os lados e non vimos ninguén. Naquel silencio empezaron a soar os nosos nomes. Eran os nosos pais, chamándonos. Un sorriso cambiounos a cara. Saímos correndo daquela casa vella de madeira, en ruínas. Aínda hoxe non sabemos que pasou alí, pero tampouco queremos volver.

Adrián Rodríguez González, 2º CEP Carlos Casares. ACCÉSIT No corredor da miña casa hai fantasmas, mais non se parecen nada aos que teño visto nas películas e nos contos. Eu chámolles "tundas". Un día sentín tanta calor que me erguín e vin un fantasma. Pregunteille como se chamaba. Nei, contestoume. Pregunteille se lle tiña medo a algo e, sorprendentemente, respondeume que si. Tíñalle medo ao sangue. Conteille en segredo que eu tamén lle tiña medo a algunhas cousas. Nei desapareceu. Eu, Mesi, seguín durmindo.

Carla González Fernández, 2º CEP Carlos Casares. ACCÉSIT Todos eles se achegaron a mirar o interior do oco, e eu fixen o mesmo. A luz que entraba polas fiestras permitía ver xa o fondo daquel estreito espazo. No primeiro no que reparei foi na caveira. De súpeto caemos no oco, os meus compañeiros e eu, Carla. Levaba unha mochila, pero non tiña móbil. O oco era moi grande. Estaba na cociña. Ía un pouco de frío e dábannos arrepíos. Alí cheiraba a sangue seco e escoitábanse berros. Que medo e que tristeza!!! De repente entrou meu avó cunha corda e preguntounos: - Que facedes vós aí? Viñamos á cociña a coller un refresco e caemos neste oco tan grande, respondemos. 48


Poderíasnos sacar de aquí? Sen pensalo, respondeunos. - Si, si que podo sacarvos. Menos mal, foi a nosa salvación!!! Fíxonos un Cola-Cao ben quentiño e deunos unhas mantiñas.

CATEGORÍA B: Segundo ciclo Educación Primaria

O cruce maldito, Sergio Araújo Fernández, 5º CEP Carlos Casares. 1º PREMIO Por que lle custaba tanto abrir os ollos? Obrigouse a facelo e, despois de varios intentos, conseguiu entreabrilos. O que viu foi un teito branco, do que penduraba unha pequena lámpada, un feixe de máquinas o seu arredor, homes e mulleres con bata branca entrando e saíndo da habitación. Aínda non sabía onde estaba ata que apareceu a súa nai,que lle explicou que estaba no Álvaro Cunqueiro porque tivera un accidente. Naquel momento comezou a lembrar: luces de ambulancias, policías e moita xente arredor dela mentres a súa nai lle falaba con moito cariño para tranquilizala. Víñanlle imaxes do accidente, lembraba que ía en bicicleta e que ía moita calor, tanta que ata lle molestaba o casco e… no cruce, ao lado do río, un coche branco atropelouna e saíu voando cinco metros e o condutor fuxiu. A súa nai comezoulle a contar tamén que estivo dúas horas tirada no camiño do río e que uns pescadores se decataron e foron elles os que chamaron á ambulancia e, grazas a eles, operárona de urxencia do intestino que tiña danado e por iso seguía viva. Os médicos traíanlle boas novas: a primeira, que en dous días estaría totalmente recuperada e marcharía xa a casa; e a segunda boa noticia era que a policía collera ao home que a atropelara, grazas a un anaco de defensa que atoparon no lugar.

O misterio da cova, Sabela Saad Gómez, 5º CEP Carlos Casares. ACCÉSIT Non sabería dicir o momento exacto en que o notei por primeira vez,quizais, foi xa o día seguinte de visitar a cova. Pero o certo é que comecei a ter a estraña sensación de que alguén estaba a observarme durante as vinte e catro horas do día; talmente como se fose unha presenza incorpórea. Era moi rara coma se estivese ao meu lado todo o tempo. O caso é que eu son unha nena chamada Inés e teño 10 anos. Teño moito medo, xa llo dixen a miña nai, pero ela díxome que estou tola e que xa son maior para pensar nesas 49


tolerías. Conteilles todo o que me estaba pasando ás miñas amigas. Elas créronme, menos mal! Pedinlles que me acompañasen á cova outra vez porque a min soa me daba medo, pero elas non quixeron. Entón, cun pouco de medo, decidín ir eu soa. Cando entrei sentín a presenza de alguén ao meu lado, cada vez ía sentíndoa máis forte. Tiña tanto medo que me tremía todo o corpo. A medida que ía entrando comecei a oír unha música de festa que me resultaba descoñecida. Non sabia que facer, quedar ou saír pitando da cova. Despois de pensar un pouco, decidín saír correndo moi rápido. De súpeto, caeron unhas pedras no medio do camiño, estaba encerrada. Escoitei pasos pequenos, como se fose un neno pequeno, despois empezou a correr. Eu estaba intentando encontrar un oco para saír, empuxei unha pedra e saín correndo, que medo me deu!! Fun para a casa a toda velocidade. Abracei os meus pais e fun para a cama, pero non podía durmir porque no lograba quitarme de enriba a presenza de alguén ao meu lado, algo espiándome. Ao día seguinte era luns e fun ao cole. As miñas amigas dixéronme que finalmente decidiran acompañarme, ao fin e a o cabo somos amigas e temos que axudarnos unhas ás outras. O luns pola tarde fomos xuntas á cova, así xa non tiña tanto medo. Igual que a última vez, comezou a soar unha música de festa, desta vez diferente. Fomos valentes e achegámonos onde soaba a música, pero as miñas amigas empezaron a ter moito medo e decidiron marchar. Insistiron en que fose eu tamén pero eu, como son moi curiosa aínda que teña medo, a curiosidade pode co medo e, claro, quedei soa. Agora, claro, tiña un pouco máis de medo, pero seguín. Busquei por todos os lados de onde saía a música pero non atopei nada e decidín 50


marchar. Ao saír, volveron caer as pedras pero esta vez eran moito máis grandes e non puiden quitalas. Así que estiven dando voltas para a ver se atopaba outra saída e perdinme. Son moi torpe e tiven que quedar alí unha noite, non peguei ollo. Foi horrible!! Ao día seguinte estaba morta de fame e tiña moi sucia a roupa. Volvín escoitar os pasos, pero estaba débil para defenderme. Vin a sombra dunha persoa anana, como un gnomo. Eu tiña máis medo que nunca e, de súpeto, saíu un elfo azul cunha gorra superchula e non sei que máis porque levaba moitas cousas. Pediume que o acompañase e eu seguino, como non? Entramos nun pasadizo secreto, baixamos, baixamos e baixamos ata chegar a unha habitación onde había un montón de elfos coma el. Un elfo que tiña unha coroa achegouse a min. Eu estaba asustada e, sen entender nada, por un momento pensei que estaba soñando, pero despois dinme conta de que era real. Pregunteille ao da coroa se tiñan algo que ver coa presenza que me estaba vixiando e el díxome que si, que como entrei nesta cova lle preocupaba que os descubrisen. Aclaroume tamén que se escoitei unha musica era porque estes días era o seu aniversario e o estaban celebrando. Eran moi riquiños!!! Déronme de comer froitas raras, pero riquísimas. Tamén coñecín un elfo moi simpático e gracioso que se chamaba Tobi. Ó certo é que, en realidade, dábanme moita pena porque os pobres non podían saír da súa cova. Se os descubrían, farían experimentos con eles. Despois Tobi levoume á saída. Díxenlle que se quería vir comigo, que se metera na miña mochila e dixo que si, pero que lle prometese antes que non lle ía dicir a ninguén que eles existen. Prometinllo e pedinlle que intentara que non o visen, senón iamos ter problemas na casa. Cando chegamos á casa, o meu pai e a miña nai estaban preocupadísimos por min. Preguntáronme onde andara e eu mentinlles, díxenlles que estivera na casa de Sabela, unha das miñas amigas. O meu pai sospeitou un pouco, pero ao final tragou. Despois, cando os meus pais se foron, Tobi dixo que ao día seguinte quería volver á súa cova e eu prometinlle que o levaría. 51


Ao día seguinte, ao saír do cole, leveino á cova pero como o meu pai sospeitaba un pouco, seguiunos ata a cova e escoitou todo o que dixemos. Descubriu os elfos e, cando me din conta, non sabía que facer… Ocorréuseme unha idea triste, pero funcionou. A idea era que, antes de que o meu pai contase todo, tapar a cova coa axuda das miñas amigas. Despedinme de Tobi tristemente. As miñas amigas e eu tapamos a cova. O meu pai contou todo. Todos foron velo e despois todos pensaron que o meu pai estaba tolo. Foi un pouco duro para el, pero era o mellor que podía facer.

O pesadelo das tundas. David Castro Fernández, 5º CEP Carlos Casares. ACCÉSIT No corredor da miña casa hai fantasmas, mais non se parecen nada aos que teño visto nas películas e nos contos. Eu chámolles "tundas", mais non me gustan nada. Eu, Pedro, e a miña familia estamos aterrorizados, non sabemos que facer, e aínda vai a peor, as fantasmas xa non están só no corredor, senón que xa se estenderon por toda a casa. Eu e a miña familia comezamos a correr polo corredor adiante para buscar o móbil,. Aínda que corriamos e corriamos, non dábamos avanzado, era como se estivésemos correndo sen movernos do sitio. E o corredor facíase cada vez máis e máis longo, ata que chegamos onde estaba o móbil. Pero non nos valeu de nada, porque cando fomos marcar o número da policía, o móbil non ía; as fantasmas acababan de rompelo. Comezamos outra vez a correr e gritar mentres os fantasmas dicían: -

Ides morrer, ides morrer entre duros sufrimentos! E repetíano unha e outra vez. Mentres corriamos, separámonos: meu pai

escondeuse no cuarto de baño, meu irmán na habitación de invitados, miña nai na cociña e eu seguín correndo ata que por fin conseguín despistar ás fantasmas. Pero, aínda así, non me detiven. Despois dun bo tempo correndo, xa canso, cheguei á miña habitación, onde non estiven moito porque xa viñan dúas fantasmas dicindo: -

Non corras, non vas escapar! Eu, aterrorizado e canso, botei a correr, mais esta vez non foi doado saír da

habitación con vida, aínda que o conseguín. Desde a porta da entrada da casa, gritaba con 52


forza para pedir axuda coa esperanza de que alguén me escoitase, pero ninguén apareceu. Uns minutos despois, escoitei uns berros que viñan da cociña. Cando cheguei, dinme conta de que quen gritaba era miña nai, porque as fantasmas lle cortaran un brazo e estaba sangrando polo ombreiro. Logo escoitei outros berros que procedían do baño, era o meu pai! As fantasmas cortáranlle a perna e, claro, estaba sangrando e gritando de dor. Cando lle dixen ao meu pai o que lle pasara a mamá, comezou a berrar: -

Por que fantasmas, por que?!! E as fantasmas responderon:

-

Porque esta é a nosa casa, é o noso territorio! E isto aínda non é todo! Cando dixeron isto acordeime do meu irmán e fun á habitación de invitados, que era

onde se escondera cando nos separamos. Cando abrín a porta, atopei ao meu irmán tirado no chan e rodeado dun gran charco de sangue; o meu irmán estaba sen cabeza e sangrando polo pescozo. Non sabía que facer. Escondinme debaixo das sabas e quedei durmido. Cando espertei, as fantasmas xa non estaban no cuarto de baño e na cociña non había ninguén, nin tan sequera sangue. Despois fun á habitación de invitados e alí estaban o meu pai, miña nai e o meu irmán durmido, pero estaban intactos. Entón decateime de que todo fora un pesadelo.

O petroleiro e o tempo. Iván Martínez Alonso, 5º CEP Carlos Casares. ACCÉSIT Ese mesmo día, mentres ceabamos, marchou a luz para non volver. Os móbiles aínda funcionaban, así que puidemos saber que desde Galicia a neve estaba estendéndose por boa parte de España. E o mesmo ocorría noutros países europeos. Encontrabámonos illados e sen fluído eléctrico. Non puidemos saber cando ía parar a neve, ou se habería unha avalancha, xa que non funcionaban as televisións. Eu, Xabier, tiven unha idea, díxenlle a toda a familia -ao meu pai Ricardo, a miña nai Isabel, a miña avoa Raquel e o meu avó Xosé- que enfocasen cos móbiles ao chan ata chegar ás habitacións, e durmir. Eran as catro da mañá e aínda non pegara ollo, así que fun coller un libro para intentar lelo, pero lembreime de que non había luz. Finalmente conseguín durmir, pero durmín moi pouco porque son moi madrugador. Cando me erguín, collín o móbil do meu pai, e entrei no facebook, para ver as noticias que había alí, e non me gustaron nada. Lin unha noticia que me fixo chorar. Chorei

53


tanto que o meu pai espertou e viu xunta min. Díxenlle o que pasaba, díxenlle que o meu primo de 23 anos ía nun barco cheo de petróleo, con máis de dous millóns de barrís. O meu pai íalle mandar un whatsapp para que estivese alerta, pero non había internet. Meu pai abrigouse e foi ao tellado a arranxalo, non era capaz, foille moi difícil. Finalmente conseguiuno, pero xa era demasiado tarde. Cando ía darlle a enviar, non tiña carga e o móbil apagouse. Tiña o cargador pero, como non había corrente, non puido cargalo. O petroleiro ía chocar se non faciamos algo antes das catro da tarde. Era a unha, aínda tiñamos tres horas antes de que o barco chocase e esparexese todo o petróleo. Moitos animais morrerían e o meu primo tamén. Os socorristas mandaran unha patrulla a recollelos pero non lles daría tempo, quedaban 57 minutos e a patrulla tardaría unha hora e media. O tempo pasaba. A patrulla facía o que podía. Ía moitísimo frío, xa que nese mesmo momento, cando ao petroleiro lle faltaban apenas 5 minutiños para que chocase, o mar conxelouse e o barco detívose. Á patrulla deulle tempo a recoller ao meu primo e tamén evitar que se espallase todo o petróleo polo mar. Xa comezaba a ir calor e todo se desconxelou. O verán pasou e chegou o outono. Despois, cando foi inverno, ocorreu o mesmo pero con historias distintas. Algunhas acababan mal, moi mal; e cinco ou seis ben, dos trece invernos que levabamos.

CATEGORÍA C: ESO

O pelo louro. Lena Landquist Souto, 4º ESO. 1º PREMIO Por que lle custaba tanto abrir os ollos? Obrigouse a facelo e, despois de varios intentos, conseguiu entreabrilos. O que viu foi un teito branco, do que penduraba unha pequena lámpada de cor branca. Xa pasado un tempo, virouse e viu o cuarto, semellaba unha habitación de hospital, e foi nese preciso instante cando entrou pola porta o médico, Don Ramiro. Saudouno cun sorriso de orella a orella, comezou a facerlle preguntas sobre como chegara ao hospital, pero Anxo non recordaba o que acontecera, xa que polo golpe do accidente perdera parte

54


da memoria. A única persoa que sabía o motivo polo que estaba no hospital era eu, Elisabet Fernández Ortúzar. O primeiro que vou dicir é que eu non son a culpable de que o meu amigo estea ferido, o que pasa é que é un cabezón e se non estás de acordo con el, vas ter un grave problema.

Vou comezar a historia dende o principio, a ver se así vos decatades de algo. Pódese dicir que Anxo e máis eu somos amigos dende pequenos, temos moitas cousas en común, como que os dous cumprimos anos o mesmo día, que somos da mesma altura, a nosa cor favorita é a verde, que nos encanta investigar e que os dous traballamos como forenses; non foi casualidade coñecernos xa que a nosa vila ten 200 habitantes e 30 cans, algunha que outra vaca e unha ducia de galiñas. Este é o noso primeiro ano como forenses. A verdade é que estou bastante acostumada ao cheiro dos mortos, pero segue sen gustarme cando son rapaces, de aí o accidente de Anxo. Era luns e normalmente os luns non traballamos, pero a nosa xefa María pediunos que fósemos á comisaria, que tiña un caso privado, e quería que nós o resolvésemos. Como é o noso primeiro ano estabamos toleando da emoción, pero cando cheguei á comisaria e vin os catro corpos daqueles rapaces, toda a miña emoción desapareceu, tiña ganas de saír de alí correndo, pero como boa traballadora, non movín nin un músculo. María explicounos que os catro rapaces foron atopados nunha casa as aforas da cidade, cada un morrera dun xeito diferente, pero todos tiñan gravado no peito a frase “NON BASTA CON PENSAR NA MORTE , SENÓN QUE SE DEBE TER SEMPRE DIANTE”. Entre eles había unha rapaza de pelo rubio e ollos verdes que tiña unha bala na caluga; outro era un rapaz moi alto que evidentemente xogaba ao baloncesto, este morrera desangrado dunha coitelada nas costas; o terceiro era un rapaz tamén, que debía ser un pouco máis cós demais, este non tivo tanta sorte xa que quedara sen parte da pel que recobre a cabeza; cando mirara ao terceiro rapaz pensaba que non podía ocorrer nada peor, pero en canto vin a cara da última rapaza, decateime de que era a filla do noso compañeiro Xurxo. Chamábase Ana e era a rapaza máis fermosa que eu vira en toda a miña vida. Talvez a primeira vista non parecía que tivese ningún ataque que causara a súa morte, pero cando comezamos a mirar os corpos, decatámonos de que bebera ácido, o que lle debeu provocar 55


unha dor incalculábel durante uns catro o cinco segundos, os peores segundos da súa curta vida. Xa rematada a autopsia de Ana, Anxo decidiu pasar ao seguinte rapaz, pero eu estaba moi mal polo asunto de Ana, polo que lle pedín para descansar e tomar o aire, durante uns segundos. El accedeu pero quedou para comezar a autopsia. Estaba tomando o aire, cando me decatei de que unha muller de pelo louro estaba sentada na outra beira de rúa, mirando fixamente para min. Como non estou acostumada ás miradas, o primeiro que se me ocorreu foi ir dentro, mala elección a miña. En canto entrei, Anxo díxome que a persoa que fixera todo aquilo fora unha muller de pelo louro. Foron unhas milésimas de segundo as que tardei en correr cara a fóra do edificio, e ver se seguía alí a muller, pero evidentemente xa non estaba. Conteille o acontecido a Anxo, e el díxome, sen dúbida ningunha, que iso fora todo casualidade, o único bo era que recordaba perfectamente a cara daquela muller. O martes acabamos a autopsia dos tres rapaces. Non encontramos nada máis ca o pelo louro, o único que podíamos facer era conseguir datos que unisen nalgún aspecto as vítimas. Deducimos que todos tiñan entre 15 e 17 anos, eran rapaces deportistas, con boas notas, os seus pais tiñan todos diñeiro de sobra e todos tiñan só un pai ou unha nai, non parecían datos relevantes para a investigación. Decidimos buscar algún dato que nos puidese dar a frase escrita no peito das vítimas. Descubrimos que foi escrita por un novelista austríaco, chamado Stefan Zweig, pero a frase real non remata como a asasina a escribira, senón que a frase completa é “Non basta con pensar na morte, senón que se debe ter sempre diante. Entón a vida faise máis solemne, máis importante, máis fecunda e alegre” Se seguimos a frase parece incluso bonita, pero non creo que a asasina a cortase só porque non quería gastar máis tinta. Así que volvemos ao mesmo de antes, non temos ningún fío que seguir. Ao saír da comisaría, Anxo e máis eu decidimos ir cear xuntos. Sempre ceamos xuntos xa que vivimos na mesma casa, pero esta vez fóra da casa, nun bar tranquilo e con pouca xente, pero con boa comida, que non sexa nin graxenta nin vegana, só una comida rica entre dous amigos que estaban a punto de perder a cabeza un polo outro. Rematada a cea, que foi mellor do que esperaba, decidimos ir andando ata casa. No camiño falamos dos rapaces falecidos, do mal que o estabamos a pasar, e moitas cousas máis.

56


Na cama reflexionaba sobre o ben que podería estar xunto a Anxo. Aínda que ninguén o soubese, levaba namorada de Anxo máis de dous anos, e para os míseros vinte e tres que tiña, aínda eran moitos anos.

Pero estoume a desviar da historia, o importante son os catro rapaces asasinados, non o meu amor platónico por Anxo.

Os seguintes días transcorreron sen ningún achado novo. Xa era domingo. A verdade é que non quería que chegara, porque era o enterro de Ana, e como Xurxo era ademais de amigo, un bo compañeiro, non podíamos faltar. Foi un enterro moi triste, estaban todos os parentes de Ana, algúns policías, amigos de Ana, etc. Rematada a cerimonia, camiño a casa, esta vez no coche, comecei a preguntarme se conseguiriamos resolver o caso. Moi desanimada polas respostas que non encontraba, decidín preguntarlle a Anxo pola súa opinión. O único que dixo foi que había que esforzarse máis e que tiñamos que conseguilo por Xurxo, por Ana, polos outros tres rapaces e os seus familiares, e por nós mesmos. O luns non traballamos. O martes decidimos ir cedo para ver se descubriamos algo novo. Era un día apagado, e estaba a piques de comezar a chover e tronar. Anxo tivo a idea de ir ao lugar do crime, xa que os forenses que trouxeran os cadáveres non foramos nós. Metémonos no coche, puxemos o GPS, un pouco de música para mellorar o ambiente e arrancamos. A casa estaba no medio do bosque, xa comezara a chover e tronar, polo que tardamos máis do previsto en chegar, eran máis ou menos a 13:00 horas cando chegamos á casa. Levabamos un tempo dentro da casa, buscando calquera cousa que nos axudase, cando escoitamos uns ruídos fóra. Non sospeitamos de nada, xa que levaba chovendo dúas horas. De súpeto, a porta abriuse e apareceu un home. Non era un home descoñecido, era o mesmísimo Xurxo. A que non adiviñades quen ten o pelo louro? Teño que dicir que nese intre sentín moito medo, pero e canto Anxo colleu a cadeira e comezou a bater contra Xurxo, comecei a respirar, collín as chaves dos coche, e escapei correndo como Anxo me dicía, mentres os dous se daban de golpes. Xurxo sacou unha pistola e disparou a Anxo no brazo, pero grazas a deus non lle deu, volveu a cargar a arma, e non sei de onde saquei a valentía de lanzarlle unha pedra, pero dinlle de pleno na cabeza, 57


polo que se despistou e deulle tempo a Anxo para darlle unha tunda e poder saír correndo. Cando iamos no coche, Anxo estaba moi nervioso polo que ía demasiado veloz. Díxenlle que frease un pouco, pero non me fixo caso, polo que chocamos contra outro coche.

E agora entenderedes por que está no hospital. O malo é que non se acorda de nada do acontecido, e a única persoa que o sabe está morta. E esa son eu, Elisabet Fernández Ortúzar.

O virar dos ventos. Sara Faro Lubiáns, 4º ESO. ACCÉSIT Por que lle custaba tanto abrir os ollos? Obrigouse a facelo e despois de varios intentos conseguiu entreabrilos. O que viu foi o teito branco, do que penduraba unha pequena lámpada. O que oíu foron prantos de ledicia arredados as facianas daquilo que se facía chamar familia. Clara fora sempre unha nena para cura-lo espanto. Co seu bulebule acendía ó pasar tódolos farois do barrio. Contan que as meniñas do seu ollar eran quen de prende-los chisqueiros e que era a mesma lúa quen, devecedora de beber da súa luz, agardaba estoicamente ó crepúsculo, só para vela saír a ela. O 13 de outubro de 1999, as velas do biscoito do décimo segundo aniversario de Clara, sopraron na contra; e ela, apagouse. Un coma arrincou a meirande parte dos azos que a unían a vida, agás un, deixando á nena pendurando, no ar. Foron meses de inquedanza. Ás veces o fío da existencia semellaba decantarse polo mundo terreal, mais logo viraban os ventos ó leste, achegándoa inevitabelmente, á beira da fin. Por que lle custaba tanto abrir os ollos? Obrigouse a facelo e despois de varios intentos conseguiu entreabrilos. O que viu foi unha táboa de escuridade vogando no cadaleito.

58


O que oíu foi a morte anunciada no campanario, os prantos na gorxa daqueles que deu en chamar, familia.

Sen título. Sabela Pérez Castro, 4º ESO. ACCÉSIT Por que lle custaba tanto abrir os ollos? Obrigouse a facelo e, despois de varios intentos, conseguiu entreabrilos. O que viu foi un teito branco, do que penduraba unha pequena lámpada. Nese momento a porta abriuse bruscamente e entraron un home e unha muller vestidos cunhas curiosas túnicas brancas con botóns no medio da parte de adiante e as pernas cubertas cunha tea verdadeiramente estraña. Empezaba a recordar algo, o último do que era consciente era de estar encamado padecendo unha nova enfermidade que chegara do sur. Supuxo que estaría delirando e volveu pechar os ollos. Mentres se lle ía despexando a mente un pouco, oíu como falaban os que entraran antes. - Por fin espertou- dixo ela. - Que querías, que despois de tantos anos espertase dun día para outro como se nada? - Home, dun día para outro non, pero hai xa medio ano que rematamos a reconstrución do corpo e o cerebro estaba perfectamente. - Xa, pero recorda que hai só dous meses que o corazón comezou a latexar, é un proceso lento. Agora, de feito, deberiamos deixalo descansar para que se acostume a estar vivo outra vez. - Cres que recordará a súa vida anterior?- preguntou a doutora mirando ao resucitado con preocupación. - Iso é o que se espera do experimento. Por iso o eliximos a el. - Si, claro- e marchou. El quedou un pouco máis observando a respiración pausada do paciente, pero non tardou moito máis en marchar tamén. Cando quedou só, volveu abrir os ollos, esta vez con menor dificultade. E dixo as súas primeiras palabras en moitos anos: -

Ámote minha senhor...- e comezou a tusir moi forte. 59


-

Os doutores entraron apresuradamente na sala na que o tiñan e puxéronlle unha

máscara con osíxeno. -

Aínda non está preparado para falar!

-

Temos que comunicarnos con el e dicirlle o que está pasando. O paciente foise calmando, e asustouse ao ver que sentía todo o que lle estaban

facendo, ao pasárselle pola cabeza a idea de que quizais non fose unha alucinación. Tratou de quitar a máscara do nariz pero non tiña forzas. -

Mateo, pasa- indicoulle a doutora ao experto en lingua medieval mentres

apartaba delicadamente a man do paciente. Mateo entrou lentamente na sala. Era un home duns 40 anos alto e de pelo roxo, que comezaba a ser canoso. Mirou asombrado ao home deitado na padiola e cuberto cunha saba e como os doutores o obrigaban a respirar daquela cousa. Achegouse ao paciente e comunicoulle na lingua do seu tempo que se tranquilizase. Os doutores retiraron a máscara porque xa se lle relaxara a respiración. Mateo continuou falando ante a atenta mirada dos científicos, contándolle ao paciente que non se preocupase, que estaba en boas mans e pronto estaría san. El, consciente de que estaba débil e non debía falar, só interrompeu ao lingüista para puntualizar case sen forza: -

Meu senhor.

-

Si, meu senhor- rematou Mateo a súa explicación.

E tras isto, os tres estudosos saíron do cuarto para deixalo descansar.

Da escola marchei aos trece anos, pois na miña casa dixeron que xa era grande e non necesitaba aprender máis. O mestre da clase dos maiores estaba medio xordo, mais era unha boa persoa e queríame ben. Sempre me dicía que debería continuar os estudos e facer o bacharelato por libre, se cadra porque vía que me gustaba moito ler e non se me daba mal o de escribir. “Amor de agosto”, O único que queda é o

amor (2007) 60


relatorelatorelatorelatorelatorelatorel O seguinte relato, de Xaquín Alves, alumno de 2º de Bacharelato, foi premiado no certame Salvaterra Milenaria organizado polo Concello de Salvaterra de Miño. Os tres quenquemans Meu avó naceu en Portugal pero viviu a maioría da súa vida aquí, en Oleiros, aínda que percorreu medio mundo. Era un home que non recibira unha ensinanza, pero que se nutriu de todo o coñecemento da experiencia de viaxar tanto ao longo da súa vida; e eu sempre gozaba de escoitar as súas historias. A miña favorita tivera lugar na nosa vila, e falaba sobre tres homes moi peculiares, aos que meu avó chamaba “os tres quenquemans”: “Os tres quenquemans eran dos poucos homes finos que eu coñecín nesta aldea”, dicía meu avó. Eles eran aínda novos cando estalou a guerra civil, apenas un deles tiña 18 anos, e como sempre se manifestaran de ideoloxía comunista, tiveron que fuxir, e foron dos poucos que o lograron. Agocháronse nos densos montes da zona próxima ao río Miño, xa que os coñecían mellor ca ninguén, pois era como o seu fogar. Sempre foran algo pícaros, os tres eran orfos e eles mesmos eran a súa única familia, polo que moitas veces recorreran xa a actividades coma o roubo para poder sobrevivir; e eran ben amigos do alcohol, do tabaco e de fumar. “Escoita rapás, aprende deses, que gañaban o pan sendo máis finos ca ninguén. Os cabróns marcharon para aqueles montes e ninguén os volveu ver en anos, e todos sabían que seguían vivos. Mais cando até os que traballaban pasaban fame, eles non deron nunca en roubar ó necesitado, serían quenquemans pero tiñan boa alma” Eu admiro aínda hoxe a eses tres, que por empatía cara aos demais deixaron de roubar e buscaron outra forma de sobrevivir, e máis ca de sobrevivir. “Eles eran bos nadando, gustaban de remar e coñecían este río coma ninguén; polo que deron en traballar no contrabando, pero non digas a ninguén, que só eu que os axudei algunha vez cando era un meniño, sei diso. E botábanlle collóns, que os fillos dun can facían o contrabando a nado, fose verán ou inverno” Eran fascinantes, tres homes cheos de vida que facían tolemias para obter o seu pan de cada día.

61


“Traían de todo, café, menciñas…. e co que gañaban, en troques de vivir ben, gardaban un pouco para comer e os seus vicios, e o que lles restaba dábanmo a min pra que as crianzas puideran comer” Meu avó sempre gardaba un minuto de silencio tras esta parte da historia. Eu sempre me imaxinaba aos tres cun amplo sorriso na súa faciana, a pesar das condicións nas que vivían. Eran persoas de bo corazón, das de verdade, que son difíciles de atopar. “Un día, trouxeron unha chea de café e vendérono a bo pago, e convidáronme a unha festa que armaron. Comemos e bebemos a fartar, xa non recordaba como é que era comer tanto”. A historia era preciosa, un exemplo de humildade e esforzo que daban á nosa pequena parroquia unha pequena luz naqueles tempos escuros. Pero as historias da vida real nunca son tan bonitas, e o minuto de silencio de meu avó non era por respecto, era para conter as bágoas diante do seu neto.

“A vida é fodida Xoaquín, e nunca deixes de coidar polo teu cu, porque te van foder igual ca foderon a aqueles tres cans. O día seguinte da troula volvín para casa e no camiño dei con dous azuis do demo. Puta que os pariu, malnacidos aqueles dous cabróns que me levaron preso e me bateron até que dixen que viña de facer. Puta que os pariu, cago no demo e cago en min por ser un cativo choromicas que non sabía de gardar un segredo” Meu avó era un neno daquelas, non tivera culpa de nada, pero el tamén era home de bo corazón e marchou deste mundo cargando con esa culpa. “Os malparidos alá foron a pelos tres quenquemans, máis estes eran finos, xa cho dixen, e non se deixaron apañar. Chimparon para o río, en xaneiro ás oito da mañá. Eles eran bos nadadores, os mellores, mais o río non avisa, e a troula tamén pasa factura” … “Non morreron a mans de ninguén, matounos o río, o río do que vivían, no que vivían, no que festexaban, no que comían, no que bebían, no que fumaban, no que se fixeran irmáns, no que aprenderon tanto, ao que lle deben tanto e ao que coidaban coma se fose un fillo seu. Os malparidos dos azuis nunca van poder matar a uns homes así. Matounos o río.” 62


romaromaromaromaromaromaromar Noelia Amil: “Aínda que foi moi rápida, paseino moi ben. Gocei moito da compañía, dos monumentos e, sobre todo, da comida; pero sen dúbida algunha, a parte do día máis emocionante era a cea, xa que nunca sabíamos que ía pasar coa comida. Algo que me sorprendeu foi ver a tanta xente pobre pedindo na rúa, e tamén a insistencia dos vendedores ambulantes.”

Nerea Lorenzo: O primeiro día chegamos moi cansos, fomos ver pola tarde cousas de alí arredor e atopamos unhas prazas moi bonitas, cunhas fontes fermosas. Cando fomos ao Coliseo, encantoume que nos foran explicando as cousas, poder montarme eu unha historia cos coñecementos que tiña e que nos deron. O que máis me gustou do Vaticano foi a súa arte, as pinturas que teñen son preciosas e que nos deran a oportunidade de poder velas é de agradecer. Penso que todos o pasamos moi ben e que nos demos máis a coñecer, tanto cos compañeiros como tamén cos profesores. E por último, agradecerlle aos profesores a paciencia que tiveron con nós e todo o que fixeron para que o pasaramos ben.

63


Ana Bolíbar: «Optimum iter cum optimis discipulis»

64


FAÍSCAS ROMANAS, Iago Castro Ao alumnado do IES de Salvaterra, no regreso da viaxe a Roma. Marzo 2017. Despois de visitardes as ruínas dun imperio, pasear os outeiros que acubillaron as pétreas palabras que arestora agroman nos vosos beizos para dicir sol, auga, vida, amor, escoitaredes nelas un eco marmóreo e milenario. Despois de as brisas platinas acariñaren os vosos rostros igual que o fixeron con aqueles que loitaban entre a morte e a liberdade baixo a ollada do Coloso, repararedes en que o voso tacto co mundo é outro, máis lene, dondo e, ao tempo, firme e poderoso. Despois de alzardes o ollar cara á Cúpula do Panteón e presenciar o espiral desfile de deidades que habitan cada piazza, cada fontana, cada fresco, cada templo, comprenderedes que as preguntas son as mesmas, sempre as mesmas, como as que un día se fixo no Castro de Alxén, calquera dos nosos devanceiros. Despois de probardes exquisitos alimentos no romper do día en Trinitá dei Monti, e atopardes noite o reconforto culinario Degli Amici entre pasta e insalattas, resultarán para sempre incomparables o arrecendo da verza, da lamprea, o cocido ou a empanada que saciarán a fame na casa morna que vos abre as portas. Despois de coñecerdes Roma, se cadra, atoparedes Pesqueiras, Arentei, Oleiros, Salvaterra ou Vigo máis cativos e aburridos. Mais, agora, que a curiosidade do coñecemento vos prendeu nos ollos, sabedes que o mundo é outro, máis grande, infinito en desafíos, propicio para a aventura e o saber. Felices vós que apreciaredes daquela a felicidade do regreso, porque chegades a esa parte do mundo, a nosa, que vos acolle sempre con fraternidade e amor, e valoraredes a xeografía íntima do lar, da emoción, da raigame. Felices vós que regresades ao lugar da vosa orixe, onde podedes chantar os pés no chan, albiscar o horizonte máis alá das illas, e imaxinar as próximas preguntas, viaxes... a vida, a liberdade. 65


rosalíarosalíarosalíarosalíarosalíarosal Cada 24 de febreiro, Día de Rosalía de Castro, desde o EDLG do IES agardamos as propostas da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) para poñelas en marcha. Este ano propuñan a realización dun mannequin challenge, -si, ese tipo de vídeo dun grupo de xente inmóbil posando coma se fosen manequíns-, en que se lembrase a figura e a obra da autora. Nós non nos conformamos con un… gravamos tres. Pódense ver na páxina de Youtube do IES. Un deles foi gravado polo alumnado de 4º ESO na Casa de Matanza, en Padrón, durante unha excursión. O segundo, nos corredores do instituto, co alumnado de 2º de Bacharelato suxeitando versos do coñecido poema rosaliano “Diredes destes versos i é verdade…”. Por último, o alumnado de 1º ESO posou, o día en que celebrabamos o Entroido, na biblioteca do noso centro, con máscaras coa cara da poeta. As cartolinas cos versos de Rosalía que empregou o alumando de Bacharelato serviron para seren expostas nun dos patios interiores do centro. De regalo van dous poemas, escritos por dúas alumnas de 4º ESO, Sabela e Sara, que lles inspirou a súa visita á casa da escritora na mencionada excursión. Moi rosalianos, moi ben!

https://www.youtube.com/watch?v=e7xWB_TkV6g&t=39s

https://www.youtube.com/watch?v=hEWzvVvg0WE

Enlaces ás páxinas de Youtube, e alumnado de 1º ESO posando durante a gravación. 66


Fotos da “exposición temporal”, nunca mellor dito porque durou ata a chegada do primeiro temporal, dos versos de Rosalía que suxeitaba a alumnado de Bacharelato no seu mannequin. Abaixo o poema de Sabela Pérez Castro e na páxina seguinte, o de Sara Faro

Rosalía de Castro na súa colmea, morrendo de fame pola fundación. Camilo José Cela exercendo de policía, recitaba versos que pedían reformas. 12 anos vivimos de excursión, modernizando igrexas e xogando ao trivial. Poemas e cantigas quixeron aprender en Padrón coas novas tecnoloxías. No parque estaban os de 4º da ESO, gravaron un vídeo sendo demasiado vellos. A lápida que estaba en Iria Flavia alugábase, como a tirolina. O mércores pasado foi 8 de febreiro e no Gadis mercamos todo para a casa. O museo expuña aos profesores, facendo un mannequin challenge baixo a oliveira. A súa colección de vídeos dos xantares de versos, das estatuas paradas nos cemiterios.

67


"abre esa ventana que quero ve-lo mar" e máis aló dos pinos, na fondura da paisaxe as augas puras do río, ou mar, no solpor o derradeiro raio de vida, expirou.

Bela rosa de cen follas renace no teu leito ó albor negra sombra que te asombra xa extinta no leito do río, luz perenne na Adina, tras de ti non, cai o sol Es nai i es astro herdo do exilio que vaga no ar rexurdir puro da lingua berro das que non teñen ainda voz: rumor da inminente liberdade i eu, i nós anos i anos despois vogando no asfalto traxecto do lar a Padrón discípulas do ronsel revolucionario, do surco trazado na terra pisada da saia que soia teciches xa non tan soia tan soia non

"abre esa ventana que quero ve-lo mar" i ca fiestra ben aberta, dende Salvaterra no mar, pola orela, mireite pasar Sara Faro Lubiáns, 4º ESO

68


semanacienciasemanacienciasemanaci Na semana do 13 ao 17 de febreiro desenvolveuse a III Semana da Ciencia, unha actividade na que colaboraron especialmente os Departamentos de ciencias, mais tamén outros como o de Madeira ou CSXH, e na que se involucrou toda a comunidade escolar. Durante toda a semana o alumnado podía asistir a diferentes obradoiros que tiñan lugar de 11 a 12.20 h en Usos Múltiples. Alí o alumnado de bioloxía, química ou madeira realizaba experimentos como “O globo que se incha”, “Auga que trepa”, “Líquidos inimigos”… Houbo obradoiros para todos os gustos: Obradoiro de robótica, Construción dun omnipoliedro, Observación e gravación de microorganismos… Por outra parte, cada día se ofrecían unha ou dúas conferencias dirixidas a determinados niveis educativos: Luns 13: Conferencia Meteogalicia para alumnado de 1º de ESO e A demencia está con nós para 3º e 4º de Bioloxía. Martes 14: As novas tecnoloxías, para 1º ESO. Mércores 15: Conferencia neurociencia á que acudiu o alumnado de Bacharelato e Ciclos. Xoves 16: Cursiño primeiros auxilios, na aula 1 para alumnado de 4º ESO e 2º Bioloxía. Venres 17: Charla sobre a importancia da doazón de órganos e de tecidos dirixida esta ao alumnado de 3º ESO e Ciclos. (fotografía arriba) As exposicións permanentes adornaron durante a semana todos os corredores e currunchos do centro, entrada á biblioteca, o parladoiro… Pirámide dos alimentos, da que tedes máis información na páxina 10 deste número da revista, Operación monarca, Os nosos libros de ciencia, Reciclemos o coltán. Recollida selectiva de aparellos electrónicos, A química do amor, Os nosos científicos e O que a literatura debe á ciencia. 69


Por último, recibimos a visita do alumnado dos colexios de EP do concello que era recibido por mozos e mozas de 1º ESO que lles explicaban o funcionamento dos ábacos e doutros xeitos de cómputo matemático, para o que se servían dunha exposición no corredor do primeiro andar. Asemade, o profe de Matemáticas Andrés Cabana, acompañounos na visita para explicarlles o funcionamento das fractais a través da Esponxa de Merger e o Tetraedro de Sierpinski que están instalados no centro.

Arriba un alumno de 1º ESO explicando o funcionamento dun ábaco aos cativos dos coles, e abaixo Andrés facendo o mesmo co Tetraedro de Sierpinski instalado nun patio.

70


Exposicións na III Semana da Ciencia sobre ábacos, preparada polo alumando de Matamáticas 1º ESO e, abaixo, stand de reciclaxe e tratamento do coltán.

Saída a Santiago. O día 25 de xaneiro os alumnos/as da ESO fomos de excursión a Santiago a ver un museo da natureza e a Meteogalicia.Nada máis chegar, entramos no museo e Sandra Parada explicounos algúns dos grupos de animais que había disecados. Iamos moi entretidos xa que tiñamos que facer un caderniño respondendo a varias preguntas. Despois fomos vendo os diferentes ecosistemas e varios minerais, pedras preciosas e rochas.Ao saír, deixáronnos algo de tempo para comer o almorzo. Máis tarde collemos o autobús que nos levaría ao centro de Santiago, onde nos deixaron unha hora para comer. En canto rematamos, fomos case todos á tenda de lambonadas. Pasada a hora dirixímonos a Meteogalicia onde nos ensinaron varios aparellos de meteoroloxía e nos regalaron un lapis de cores que todos corremos a coller. Finalmente volvemos para o instituto aproximadamente ás 6.30. Gustoume moito a excursión, foi moi apropiada porque había pouco que estudaramos o tema dos minerais e das rochas. O que máis me gustou foi poder ver animais de todos os tipos disecados porque nunca vira ningún. Ainhoa Bernárdez Rodríguez, 1º ESO – A

71


teatroteatroteatroteatroteatroteatrot Venres 11 de novembro. Auditorio Reveriano Soutullo en Ponteareas. O alumnado de 4º de ESO e Bacharelato agardando a que comece a función. Apáganse as luces e… Soa a “Muiñeira da

despedida”. Entran as furancheiras polo patio de butacas bailando e interactuando co público. Soben ao fondo do escenario. Fan un pequeno pase de modelos que rematan no proscenio en posturas glamurosas”. Efectivamente, O furancho é unha hilarante comedia en que se mestura o glamour e a vangarda das últimas tendencias coa máis pura tradición, os zocos, os pololos, o viño… Dúas mozas de carácter, algo pallasas, tentan levar adiante un novo negocio: un furancho tradicional que se combina cun “agro-spa”, para ofrecer ao cliente tratamentos de beleza con base no viño. As súas paroladas sérvenlles para falaren da sociedade actual, dos seus males e do que non está tan mal. A obra, escrita e dirixida por Santiago Cortegoso, está interpretada polas actrices Marián Bañobre e Isabel Risco. O elenco complétase co que, desde aquí cremos, vai ser o premio ao Actor Revelación nos próximos Premios Mestre Mateo. Recoñecédelo nas fotos destas páxinas? MARIÁN.- Aquí estamos ISABEL.- dúas novas expoñentes dunha nova xeración de artistas MARIÁN.- estamos que rebentamos de efervescencia creativa ISABEL.- árdenos por dentro a inspiración

72


FURANCHO SPA AS DÚAS.- Benvidos ao Furancho Spa Rosalía De Castro. ISABEL.- Nas nosas modernas instalacións poderá gozar dos máis sofisticados tratamentos de beleza e saúde.

MARIÁN.- Se a xente fose consciente do que significa o furancho. ISABEL.- Se a xente nos vise tanto a televisión. MARIÁN.- Se tivésemos máis autoestima. ISABEL.- Se nos recoñecesen máis o noso talento. MARIÁN. - Se fósemos máis altas. ISABEL.- Se fósemos alemás.

73


variavariavariavariavariavariavariavari

As actividades do Departamento de Educación Física: rafting, surf…

74


Inauguración do Parladoiro “Agustín Fernández Paz”

Final de curso: representación do obra “A lenda de Xan Bonhome” polo grupo de teatro do IES.

75


76


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.