oestoxoxuño18
EDLG IES Salvaterra de Miño 1
berlínberlínberlínberlínberlínberlínber Viaxe comezada con raios de sol provocándonos cegueira, con dereito a ir ao baño gratis e nervios polos esperados vindeiros días. Berlín prometía un bo fogar para a nova familia galega, sobre todo porque a festa estaba dentro do hotel e non fóra. Oriente e occidente, ambos estaban reflectidos nunha soa cidade, nunha cidade marcada con milleiros de mortes en anos anteriores e con tanta prosperidade na actualidade. Unha cidade con xente de todo tipo e con moita clase de prezos para unha botella de auga.
Creo que Berlín defínese como un gran iglú, porque frío non falta, no que todo é posible, ata meter a porta da cidade de Babilonia dentro da sala dun museo, así que
2
xa vos podedes imaxinar que para a nosa familia de 25 persoas había sitio de sobra; e acoller, acolleunos, como se fósemos todos irmáns alemáns acostumados a deixar o frío ó pasar a porta do metro.
Berlín fixo de nós unha historia, para algúns de nós a última viaxe escolar e para outros a primeira de moitas, pero iso si, unha historia para recordar.
Ata sempre, ou mellor dito, für immer. 3
bibliotecabibliotecabibliotecabibliotec Durante este curso, o Equipo da Biblioteca, xunto co EDLG e Vicedirección, traballou arreo para levar adiante unha serie de actividades que xa son coñecidas para nós e, asemade, argallar outras novas e remozar o espazo con novo mobiliario.
mochilasviaxeirasmochilasviaxeirasmochilasviaxeirasmochil A comezo de curso puxéronse en marcha as mochilas viaxeiras para os catro grupos de 1º ESO. O tempo de permanencia da mochila en cada fogar é dunha semana. Cada mochila incluía: unha carta de presentación da actividade, explicándoa, dando consellos e aclarando as normas de uso; un caderno viaxeiro coa listaxe dos fondos contidos na mochila e a posibilidade de que as familias aportasen opinións e suxestións e material variado: unha película, unha revista, libros (banda deseñada, unha novela en castelán e outra en galego, libros noutras linguas e un de contido educativo). Case todas as familias deron a súa opinión con comentarios e suxestións variados: moitos destacaron o feito de que a revista "National Geographic Kids" lles resultou interesante; aproximadamente a metade valoran positivamente os títulos "Sempre Hausa" e "Relatos de fantasmas"; varias nais consideraron os libros de ensaios titulados "Un adolescente en mi vida" e "Adolescencia e discusiones familiares" moi interesantes, outras familias suxiren a posibilidade de incluír máis películas,…
clubslecturaclubslecturaclubslecturaclubslecturaclubslectur Esta é unha das actividades con máis participación. Este curso funcionaron dez clubs moi diversos en temáticas, participantes e funcionamento. Leuse en catro linguas: galego, castelán, francés e inglés; un grupo de 2º ESO dedicoulle tempo a ler poesía e, por primeira, vez creouse un club dedicado ao Manga. Valoramos moi positivamente a participación, tanto polo número como pola implicación, xa que contamos con nove coordinadoras, sete mulleres e dous homes, dos cales cinco profesoras e dous profesores son voluntarios e non forman parte do equipo de biblioteca; respecto ao alumnado a final de curso mantíñanse cento trece lectores, dos cales corenta e dous eran rapaces e setenta e unha rapazas. As reunións dos clubs dedicábanse na súa maior parte a comentar os fragmentos da lectura escollida, pero cada club podía levar a cabo algunha outra actividade: nalgúns 4
casos realizábanse lecturas en alto dalgún fragmento, outros fixeron murais, escribiron e leron poesía, buscaron ou comentaron información dos autores aportada polos coordinadores ou polos lectores, tamén se falou do contexto histórico das obras, degustáronse produtos gastronómicos relacionados coa lectura ou produtos tradicionais franceses no caso dos clubs de francés. No caso dos clubs de linguas estranxeiras, cada alumno/a encargábase de preparar un aspecto concreto do fragmento que lles tocara ler (o autor, as personaxes, o contexto, …) para expoñer nas datas de reunión. No caso de Manga viron películas xuntos e comentaban as obras. Os de poesía seleccionaban poemas para lelos xuntos nas sesións de encontro.
Non só se dedicaban a ler, nos clubs de lectura tamén cabía, por exemplo, a gastronomía francesa ou as excursións, como a do Club de Manga á Coruña.
efeméridesefeméridesefeméridesefeméridesefeméridesefe A biblioteca colaborou na celebración das efemérides e en todas elas, ademais de actividades levadas a cabo polos departamentos, a biblioteca preparaba unha exposición de fondos, facía propostas para dinamizar a hora de ler con textos relacionados ou levaba a cabo algunha actividade específica. Algunhas delas foron:
24 de outubro: Día das Bibliotecas. O alumnado de 2º ESO na materia de Lingua Galega, co apoio da profesora de Pedagoxía Terapéutica, levou a cabo distintas actividades na biblioteca relacionadas co tema ao longo do curso. Este mesmo alumnado presentou os seus traballos e leron en alto textos sobre a defensa do monte. Preparouse tamén unha exposición de fondos relacionados co monte e os 5
recursos naturais. Ademais, durante este mes, despois de vaga de lumes forestais que asolou a nosa bisbarra, o alumnado de distintos niveis preparou un manifesto compartido co resto do centro. Os axudantes de biblioteca decoraron a entrada da biblioteca con material de papiroflexia e repartiron landras e poemas co slogan: Planta unha arbore polo teu futuro. Preparouse tamén unha sementeira con especies autóctonas. Lectura de dúas alumnas de 2º ESO.
8 de marzo: Día da muller traballadora. A semana do 8 de marzo organizouse unha actividade de divulgación de mulleres importantes coa intención de chamar a atención a invisibilidade que sofren mulleres importantes da historia en comparación cos homes. Expuxéronse carteis e fondos relacionados coa igualdade de dereitos. Fíxose unha lectura en alto do manifesto na que participaron alumnas e profesoras do centro.
21 de marzo: Día da poesía. O “Komando poético” formado polo grupo de teatro percorreu algunhas aulas facendo unha actuación na que recitaban entre todos unha poesía. Nun dos clubs de lectura, leron poesías propias e de autores coñecidos, na biblioteca. O Día da Poesía a biblioteca agasallou a tódolos usuarios da biblioteca con marcapáxinas elaborados para esta ocasión.
23 de abril:Día do Libro. Para conmemorar o Día do Libro, mantemos a Feira do Troco que nesta ocasión vai pola X edición. Trátase dun intercambio de libros, entregados previamente polo alumnado e profesorado participante. Neste curso intercambiáronse uns cincuenta libros. Os participantes recibiron tamén algúns agasallos como marcapáxinas e pins. Durante esta celebración levouse a cabo un obradoiro de papiroflexia, na que se fixeron 6
distintos modelos de marcapáxinas grazas a colaboración da profesora de matemáticas que leva o obradoiro permanente no centro. Por tratarse da décima edición, invitouse ás familias a participar na Feira do Troco e preparouse un “photo call” co título “Eu leo porque....”
Alumnado de 1º e 2º de ESO no “posadoiro” que instalamos co gallo do Día do Libro.
O días 23, 24 e 25 de abril celebrouse a X Feira do Troco 7
cienciasemanacienciasemanaciencia O IES Salvaterra celebramos entre o 16 e 20 de abril a súa IV Semana da Ciencia. De luns a venres reviramos a rutina do instituto, xa que o centro abandona o seu horario de clases habitual para cubrirse con conferencias, exposicións, experimentos e demostracións científicas. É o alumnado de secundaria o que realiza e explica todas as actividades que veñen traballando nas aulas aos demais compañeiros. Nesta feira do saber, que abrangue todas as áreas do coñecemento, imos recibimos a visita do alumnado dos centros de primaria de Salvaterra, e contamos coa colaboración do Concello para subvencionar o custe material desta Semana da Ciencia.
8
A listaxe de obradoiros, exposicións, concursos, xogos… é moi extensa. Na aula de Usos Múltiples desenvolvéronse, todos os días actividades experimentais como a determinación de grupos sanguíneos, taller de confección de xoguetes eléctricos, unha mostra da cúpula xeodésica, a xaula de Faraday, unha mostra de programación, mostras da impresora 3D ou vídeos en microscopio.
Non só as profes como Marián ou Verónica explicaban os segredos do mundo da ciencia; abaixo Lena e Noelia, de 1º de bacharelato –ensinaban a converter o cobre en ouro- e Sara, de 1º ESO, que facía de guía para o alumnado de E Primaria a través dos paneis da exposición sobre “Os recursos naturais de Galicia”.
Detalle da exposición sobre os libros relacionados co mundo da ciencia que podemos atopar na Biblioteca do centro. 9
Nieves, profesora PT, e Alfonso, 2º ESO, explicando como se relacionan auga e aire.
Repartidos por todo por todo o instituto, desde corredores a aulas, pasando pola biblioteca, encontrabamos exposicións (“Compostaxe”, “Haikus e Cambio Climático”, “Recursos naturais de Galicia” ou “Mulleres científicas”), obradoiros (de papel reciclado, por exemplo) e actividades (Ilusión ópticas, obxectos imposibles). Ademais, no patio, o alumnado de FPB explicounos a construción d’”A ponte de Da Vinci”.
Alumnado do CPI Carlos Casares visitounos o xoves 19 de abril. 10
Polo que respecta ás conferencias, houbo unha diaria que ía dirixida a diferentes grupos de alumnado: o luns O noso monte (para os 2os, ESO e Bacharelato; martes, Doazón (3º ESO); mércores, Xeoloxía (alumnado de Bioloxía); xoves, Contaminación acústica (Bacharelato ciencias) e venres, Charla Beta Implants (Bacharelato ciencias).
Interesante charla de Julio Gómez falando sobre a contaminación acústica.
Conferencia de Betaimplants, empresa punteira en próteses para animais situada en Salvaterra. 11
O xogo da Táboa Periódica de Elementos, e un momento na Aula de Usos Múltiples.
12
cinesemanacinesemanacinesemanacin Do 6 ao 10 de novembro desenvolvemos esta actividade coa que intentamos no só divertir, senón poñer de relevo o cine de noso. Ofrecemos ao alumnado de ESO unha serie de películas de feitura galega ou, cando menos, dobradas ao galego. Tamén cómpre destacar o traballo dos actores e actrices de dobraxe.
A Aula Audiovisuais preparada para a ocasión e un día de proxección
13
correlinguacorrelinguacorrelinguacorr Un ano máis aceptamos a invitación da Asociación Socio-Pedagóxica Galega, a CIGEnsino e da Mesa pola Normalización Lingüística para participarmos no Correlingua, unha actividade que ten como obxectivos propiciar a reflexión sobre a situación da lingua; sensibilizar a sociedade, a través da poboación infantil e moza, da importancia da defensa da lingua e asociar a reflexión lingüística a actividades colectivas, lúdicas e amenas. O xoves 10 de maio fomos, co alumnado de 1º de ESO, ata Tomiño. Alí, nos patios do IES, xuntámonos con profesorado e alumnado dos CEIP e IES da comarca do Baixo Miño. A continuación unha carreira, non competitiva que discorreu baixo o lema A lingua non para!, ata a praza do Seixo onde se desenvolvería o acto final presentado pola actriz Isabel Risco. Ademais dos saúdos da organización e da alcaldesa e da lectura do manifesto, asistimos ás actuacións escolares a cargo de alumnado dos CEIP Pintor Antonio Fernández e CEIP Barrantes, e do noso IES. Os grupos de EP interpretaron cadansúa canción. Para nós, moi riquiños! As nosas e os nosos bailaríns puxeron ao público en danza. Moi ben! Logo de repartírense algúns agasallos -nós regresamos a Salvaterra con algún-, chegou a actuación do grupo musical Oh! Ayatollah, gañador do Cantalingua desta edición coa canción Volve a canción protesta, que podes ver en https://www.youtube.com/watch?v=dHFsldEMnVc. Unha fin de festa moi sonora!
14
Foto “de familia” antes de saírmos de Salvaterra. A metereoloxía portouse.
Dous momentos da carreira: chegando á praza e cantando e tocando de camiño.
O alumnado preparado para o baile e actuación do grupo musical Oh! Ayatollah. 15
entroidoentroidoentroidoentroidoent O venres 9 de febreiro celebramos o Entroido. Un ano máis música, bailes, alegría, bo humor e, por descontado, disfraces, máscaras e moita imaxinación. Aí van unhas fotos. Nesta mesma páxina a das premiadas e premiados. O 1º premio de comparsas foi para o grupo de 3º A, que xunto coa súa titora Verónica, recrearon o mundo de Disney. O 1º premio individual foi para Uxía Laxe, de 2º de Bacharelato, que nos transportaron ata os felices anos 60. Parabéns a todos e todas.
16
Os da foto de abaixo son o xurado: a xefa dos viquingos, unha señora que sae pola TVG, Marisol e dúas alumnas de 2º de Bacharelato, Rafaella e SuperCandela. O resto que os identifiquen os moi amables lectores, se sodes quen!
17
18
19
exercicioexercicioexercicioexercicioex
Esquí en Andorra e alumnado de 4º ESO preparados para practicar rafting polo Miño.
20
O alumnado de 3ยบ ESO vai navegar en canoa. Abaixo mรกis deporte, carreiras de sacos para celebrarmos o magosto.
21
Na Casa Da Cultura o podódromo realizado por alumnado do Ciclo de Soldadura. E facendo equilibrios sobre a “Ponte de Da Vinci” construída polo alumnado de Madeira.
22
ExpOtakuExpOtakuExpOtakuExpOtaku O pasado día 25 de Maio o clube de manga visitou o evento máis grande de Galicia en canto a anime, manga e cómics, a ExpOtaku. Todos os anos dende 2010 organízase a ExpOtaku no recinto feiral ExpoCoruña; agardamos que dende 2018, ano de creación do club de manga, vaiamos todos os anos tamén. Foi un dos mellores días das nosas vidas, pois coñecemos xente á que lle gustaba o mesmo ca a nós e tamén probamos tanto videoxogos novos coma deportes novos. A zona de videoxogos estivo todo o día aberta mais non era o máis interesante; os xogos eran divertidos pero tampouco ías quedar alí todo o día. O deporte que máis nos chamou a atención foi o jugger que consiste en levar un obxecto dun campo a outro, pero hai armas dun material brando para defender a base. É innegable que os produtos que vendían os diversos postos tamén nos gustaron e formaban parte importante da experiencia, de feito, facíanos bastante ilusión ter o póster da nosa serie favorita, a camiseta co logo do pirata máis temido daquela outra, ou a figura do noso personaxe favorito, é dicir, ter algo que represente aquilo que che gusta na túa casa. A nosa actividade favorita foi a galería de tiro con armas de Airsoft. Sen dúbida, se temos a posibilidade, volveríamos a eventos deste estilo. Álvaro Díaz Torres e Brais Fontán Domínguez 3B 23
fotografíafotografíafotografíafotografí O II Concurso de Fotografía do EDLG tiña como propósito fotografar aquilo que non queremos que nos volvan queimar, a paisaxe forestal de noso. Alumnado, nais e pais, persoal non docente e profesorado cumpriron coas nosas expectativas e participaron con, todas elas, marabillosas paisaxes. O xurado deixouse engaiolar por unha estampa que nos devolve a esperanza. É a foto de Antonio Estévez.
Abaixo o 2º premio, de Alejandro Pujales Coves, de 1º ESO; e á dereita, o 3º premio, de Juan Ferreira Rodríguez. Parabéns a todos eles.
24
Deixámosvos aquí unha pequena selección de fotografías. Pódese ver un vídeo en https://www.youtube.com/watch?time_continue=3&v=7LD_nR0zm1o ou a través da páxina web do IES de Salvaterra. Animádevos a visitala. Paga a pena!
Carolina Márquez e Jesús Moscoso, arriba. Abaixo, Matu Pazo e Laura Pérez, de 1º de ESO. Pechando a páxina, unha panorámica de Iago Castro.
25
fotografíafotografíafotografíafotogr V CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA O noso instituto. Os colexios adscritos, a saber: Leirado, Carlos Casares e Infante Felipe. E, por suposto, unha chea de rapaces e rapazas provistos coas súas cámaras fotográficas e os seus móbiles. A que se debe tal algarabía? A conto de que hai semellante despregue de medios? Pois, como non podía ser doutra maneira, ao xa clásico Concurso de Fotografía Matemática que alcanza, con esta, a súa quinta edición. E despois da batida na procura da mellor foto que represente o mundo das matemáticas, xuntámonos con máis de 70 dianas; máis de 70 pezas de gran calidade artístico-matemática entre as que hai que escoller tres gañadoras… Ardua tarefa… Ardua tarefa, si, pois como xa é habitual o noso alumnado de Salvaterra sempre nos sorprende coa súa visión matemática das cousas que lles rodean: árbores formando liñas paralelas, estrelas formadas polas mans dos amigos ou por unhas piñas, os círculos que contén o peluche favorito, un arco da vella parabólico, a xeometría da sola dos zapatos, os círculos concéntricos na auga dunha poza, … E así poderíamos seguir tempo e tempo. Tampouco podemos pasar por alto os suxestivos títulos cos que bautizan as fotos: “Automatemático”, “Unha pegada xeométrica”, “Xeometría castrexa”, “Xantar octogonal”, “Roda no ar” ou “Tres bocas famentas de mates” serían bos exemplos disto.
26
Así que, como dicíamos máis arriba, ardua tarefa a de escoller as tres mellores fotografías. Tan ardua que ao final houbo que dar cinco premios. A saber: - 1º Premio: Ángel Vidal Rodríguez (4º ESO, IES de Salvaterra) - 2º Premio: Ana Bernárdez Colaci (6º Primaria, CEP Carlos Casares) - 3º Premio (especial montes): Sara Ferreira Pereira (1º ESO, IES de Salvaterra) - 1º Accésit: Paula Roa Pérez (3º Primaria, CEP Carlos Casares) - 2º Accésit: Paula Garrido Lorenzo (1º ESO, IES de Salvaterra) Antes de rematar, salientar que nesta edición houbo un premio especial a aquela foto que fixera fincapé na temática dos montes; unha maneira de non esquecer a traxedia que sufrimos fai moi pouco cos lumes que asolaron a nosa terra. Agora só resta agradecer a todos e todas as participantes por achegarnos as súas fotos, e aos seus profesores e profesoras pola súa implicación: xa sabedes que sen vós este concurso non sería posible. E quedades emprazados para o vindeiro ano no VI Concurso de Fotografía Matemática! José Fco. Quiroga Castro, Departamento de Matemáticas.
27
Xefe
do
incendiosincendiosincendiosincendiosi Crónica dos incendios de outubro, por Brais González Acuña, 4º ESO B Medo, a palabra clave para todo o que se viviu non é outra que medo, pódese mesturar con impotencia ou ira pero a xente o que tiña era medo. A xente maior comentaban entre eles que nunca viron nada así, o que asusta aínda máis ós rapaces e failles pensar, sairemos desta? O problema non foi que houbese un incendio provocado, senón que eran centos e parecían infinitos: cando controlabas un, empezaba outro, así continuamente. Controlar todo era imposible. Como cidadáns de Salvaterra, o que máis nos importaban eran os incendios próximos en Redondela ou Areas, mais cando nos demos de conta xa estaban ardendo as parroquias: Lira, Fornelos, Meder e sobre todo o máis grande, -a min tocoume moi de cerca-, Lourido. O incendio que houbo en Lourido foi o causante de avivar outros incendios como o de Pesqueiras. A xente que non o viu non o pode imaxinar, era o inferno na nosa terra, lapas que sobresaían por enriba das árbores e tragábanse os cortellos dos animais, fume que non permitía nin ver ou respirar e cinzas que facían temer que se provocara outro incendio no teu lugar máis querido, o teu fogar. A xente non era capaz de paralo e o incendio seguía gañando metros e metros que aínda facía tremer máis a xente. Pero se algo define ao pobo galego é que nas adversidades xúntanse e non hai nada imposible para eles. Non só pararon o incendio sen axuda, neutralizaron case todos os incendios todos xuntos, traballando man con man, incluso a xente que se levaba mal; pero facíase polo ben común e por salvar a nosa terra, aínda que algunha xente a estivese queimando. Ninguén sabe as razóns dos incendios, mais hai moitas teorías. Persoalmente non sei cal será a correcta e seguramente tardaremos moito tempo en sabelo, pero nunca tiven nin esquecerei todo o NOXO que me produce este tipo de xente que só quere ver arder o noso precioso lugar, Galicia. Espero que cando os descubran reciban todo 28
o odio que provocaron nas persoas, e ás catro persoas que morreron pola súa culpa, nunca as borraremos da nosa memoria e sempre estarán connosco. E aínda que para nós a data do 15 de outubro do 2017 sempre será recordada, outra xente segue loitando polo seu fogar noutros incendios. Enviámosvos toda a nosa forza desde Salvaterra de Miño. Remato cunha aclaración para a xente que di que Galicia arde: Galicia non arde, a Galicia quéimana. Para ilustrarmos esta crónica unhas fotografías, da paisaxe que temos que defender, presentadas ao concurso fotográfico convocado polo EDLG do IES, de Sheila Fernández, Uxía Sánchez, Carolina Márquez e Anxo Fernández.
29
komandopoéticokomandopoéticokom O Komando Poético Itinerante é unha das máis rechamantes formas de expresión do club de teatro do IES de Salvaterra, Salvateatro. Dende o Komando Poético dedicámonos a achegar a poesía aos nosos compañeiros aula por aula, “interrompendo” a normalidade das aulas un día calquera. Este ano escollemos unha canción da cantautora galega Sés, Non son fada nin princesa, e fómola recitando polas clases, a modo de atraco, cos nosos libros semellando pistolas e alzando a nosa voz en nome da poesía. Moitos se preguntarán como nos fai sentir a nós ser quen de difundir a nosa cultura. O certo é que é unha sensación de éxtase e compañeirismo, de felicidade en estado puro, que nos fai sentir vivos e vivas. Lucía Vázquez e Jésica Valije, 1º Bacharelato B
30
letrasgalegasletrasgalegasletrasgalega Este 2018 dedicámoslle o Día das Letras Galegas a unha escritora estremeña que adoptou o noso idioma e embebeuse da cultura do país. Desde o IES recordamos a María Victoria Moreno con exposicións como a dos carteis enviados pola Consellaría e que visita o noso alumnado, con actividades nas aulas de lingua galega e literatura…
“A miña relación con Galicia e a miña opción pola súa lingua é simplemente unha historia de amor”, Mª Victoria Moreno, autora de Anagnórise.
Detalle da exposición sobre as Letras Galegas, nos corredores do instituto. 31
libroslibroslibroslibroslibroslibroslibro Aí van algunhas suxestións para lermos durante o próximo verán. Primeiro unha novela dunha escritora, que nos visitou hai poucos anos, cuxos libros enganchan ao alumnado. A que moitos e moitas de vós xa lestes O corazón de Xúpiter? Unha estrela no vento, de Ledicia Costas Por Carla Rodríguez Rodríguez, 2º ESO – B Desexara tantas veces dicirlles que me deixasen en paz, que non os necesitaba absolutamente para nada. Así reflectía o protagonista a rabia co mundo que o rodeaba. Tamén ao vínculo da amizade, co seu amigo Xoán, é o que lle conta os problemas que lle ocorren na súa casa. O “pasotismo” é propio desta idade. Cando lle conta que o seu pai marchou dille a Xoán: As cousas non son así e punto. Se queres que che diga a verdade, tráeme sen coidado. Despois de recibir a malleira que remata cunha ferida no costado, Miguel vólvese moi popular, todos lle preguntan: Que querían facer algo por min? Pois podían abrir o Bruto e aos cabróns dos seus amigos en canal, podían resucitar a Helena e Santiago e, por último, podían mandar a meu pai e á querida do meu pai a tomar polo cu. Destaca a relación que teñen cos xitanos; mentres o protagonista os integra e mesmo se namora de Reina, unha nena doce e xitana; algúns compañeiros menosprézana, ríndose do seu acento. Vaia, que acento máis sofisticado tes –dixo Marta burlándose dela. O Maqui tamén pensa o mesmo, sospeita de Reina. É unha falsa. Pola contra, Miguel enfróntase ao Maqui: Cabrón!, a ti o que che pasa é que es un racista de merda. A minusvalía de Abel, o curmán de Miguel, que pasa a vivir con el porque os seus pais morreran nun accidente, amosa unha realidade pouco habitual entre adolescentes. 32
A mestra de literatura sempre o chama polo nome completo, cousa que lle molesta moito ao protagonista, incluso cando se atopou con ela no supermercado dixo: Miguel Foz Blanco, feito que o enfureceu, pero tiveron unha conversa moi frutífera. En case todo o libro se deixa ver, tanto a rabia que sente polo seu pai, porque abandonou a familia, como a boa relación que ten coa nai, quen segue orgullosa del ata a fin do libro. Pase o que pase tes que saber que estou orgullosa de ti. No tráxico final, a pesar das regras, Xa sabedes as regras, a Abel e a Miguel non os podedes tocar, o Maqui apuñala a Miguel e lanza ao baleiro a Abel. De aí a alusión ao título: Abel, meu irmanciño, nunca te poderei recuperar, pero a túa luz seguirá comigo, será como unha estrela no vento. Gustoume este libro porque a historia en si cóntanos a rebeldía propia da adolescencia e os perigo que ela leva consigo.
Agora é o momento de dúas traducións ao galego dende o inglés. Trátase de clásicas novelas de misterio. Recomendado tamén por alumnado de 2º de ESO. O can dos Baskerville, sir Arthur Conan Doyle Por Lucía Rodríguez García, 2º ESO - A
extraen unhas conclusións que non se me pasarían pola cabeza na miña vida. O libro foime complicado de ler, sobre todo ao principio facíaseme longo. Utilizan unha linguaxe moi formal entre os personaxes, incluso os protagonistas falan así entre eles.
Ao principio pareceume un libro un pouco aburrido porque nas primeiras 80 páxinas estabamos ao comezo dos feitos e presentando personaxes. Pero a medida que ocorrían máis e máis cousas foime do máis intrigante e xa non quería parar de ler. O autor ten moitísima imaxinación. A min non se me ocorrería unha historia tan rebuscada como esta. O divertido deste libro é que nunca sabes o que vai suceder, eu mesmo algunhas veces pasei medo aínda que non ocorrese nada. Sherlock e Watson parécenme uns detectives moi listos e
Sir Arthur Conan Doyle 33
Dez negriños, de Agatha Christie Por Xerome Silva Hervella, 2º ESO – A
Despois pensei que sería Philip Lombard. Tamén desbotei a idea cando morreu.
Gustoume bastante o libro porque, unha vez que empezan a cometerse os asasinatos, non podes parar de ler para coñecer quen é o/a culpable.
Cando só quedaba Vera xa non sabía que pensar pero, segundo a canción, Vera tiña que se suicidar. Deume un pouco de pena, porque lle collera cariño. Aínda así, seguía o misterio de quen era o asasino. Non me esperaba para nada que fose… Foi unha grata sorpresa. Gustoume moito a novela.
Ao principio é un pouco difícil de ler porque a presentación dos personaxes é moi longa e non enganche demasiado. Gustoume a idea do/a asasino/a de ir matando conforme a canción dos dez negriños e ir retirando as figuras da mesa. Non me esperaba para nada que morresen todos; pensaba que nalgún momento descubriría o/a asasino/a. Primeiro pensei que o asasino era outra persoa, pero desbotei a idea cando morreu o xuíz Wargrave.
Agatha Christie
Por último, dous libros publicados nestes últimos anos (2017 e 2012) que nos recomenda a nosa compañeira Matu Pazo, xa colaboradora habitual destas páxinas. Moitas grazas, Matu. 22 segundos, de Eva Mejuto. Por Matu Pazo Rodríguez. A luz vermella da cámara escintilaba diante del. Levaba moito tempo dándolle voltas á idea e estaba claro que quería facelo… o que non se di é coma se non existise, dixéralle o avó un día e xa ían sendo horas de existir… Non sei por onde empezar. Polo principio, que diría o avó. Preséntome, chámome Álex e son un mozo transexual… Abro este blog para compartir convosco anacos da miña vida, algúns do pasado pero, sobre todo, dos que están por vir… Por iso fago este vídeo, porque non quero ter máis medo, nin vergoña de ser quen son… Así empeza este libro que relata en primeira persoa anacos da vida dun mozo transexual que desde sempre soubo que a súa identidade de xénero non coincidía co 34
sexo que lle asignaron ó nacer. Conta como un mozo acompañado e guiado polo seu avó, a súa nai, a súa amiga Ana e una psicóloga percorre o camiño no paso de Ánxela a Álex para chegar a ser quen é. O avó será sempre o piar de apoio e a súa nai vai cambiando pouco a pouco a forma de ver ó seu fillo e de apoialo. A amizade tamén xoga un gran papel. Libro escrito en primeira persoa, de forma sinxela, fluída, directa, próxima, que nos achega ó tema da transexualidade con naturalidade, sobre todo para a comunidade xuvenil, dunha maneira concisa e fácil e de entender, amena, sen prexuízos, con tenrura e humor, onde se pon de manifesto a importancia de sentirse a gusto coa propia identidade sexual sexas quen sexas, para acadar a realización persoal e a felicidade. Cúmulo de sentimentos. Moi recomendable para internarse neste tema e entender mellor a estas persoas coas que a sociedade non é xusta e xa debería deixar de ter prexuízos xa que só provoca nelas dor e illamento.
As rapazas de Xan, de Manuel Iglesias Turner. Por Matu Pazo. Trátase dunha novela onde se describe a vida nunha aldea galega dos anos cincuenta, na posguerra. Nela o autor pretende achegar á xente de hoxe o xeito de vida do rural galego daquela época, vida dura, moito traballo e poucos recursos, e tamén alegre e divertida, con festas e reunións veciñais, chea de contrastes. É una historia de amor, traizóns, vinganza, rexurdimento das dificultades, diferenzas de clase, machismo, violencia, emigración, etc. Temas que parecen locais pero que se atopan en calquera sociedade rural ou urbana. Sobresae a historia de amor entre Carmel e Manuel que vai ter que superar moitos atrancos e prexuízos por culpa da moralidade da época. Sen falar de política, deixa ver ese ambiente opresivo da ditadura nunha sociedade machista onde os que tiñan o poder eran o crego, os ricos e a parella da garda civil.
35
A emigración, ademais de significar una saída para a recuperación económica, tamén se toma como una fuxida da vida da vila. Ten especial importancia neste libro o papel da muller que, aínda que neses tempos era de segundo plano polo machismo que había, tiñan moito peso tanto na sociedade como no coidado da familia, na educación e como economistas nas casas. Novela chea de emocións e sentimentos que nos fai volver a esa época e implicarnos cos múltiples e variados personaxes, escrita de forma sinxela, envolve para querer seguir sabendo máis do que alí acontece. Estupenda para que novas xeracións coñezan como era a vida non hai tanto tempo e fagan una reflexión sobre o que está a acontecer agora nesta sociedade desbordada. O autor ten outra novela, Que non te aten, na que fala sobre a mocidade moderna que vive no rural, sobre as relacións afectivas de amor e amizade entre un grupo de amigos que viven nunha aldea, contadas arredor dunha familia que ten una grande e moderna explotación gandeira, chea de adiantos tecnolóxicos que se mantén a pesar das dificultades que atravesa o sector na actualidade. Manuel Iglesias leva ó rural a modernidade onde é ben compatible e introduce temas moi de actualidade como son os malos tratos, as manipulacións nas parellas e moitos temas que aínda están aí e que dan para reflexionar como se está vivindo agora. Nesta novela volve pór énfase no papel das mulleres na sociedade que “nas rapazas de Xan” eran mulleres oprimidas pola igrexa e pola sociedade, ó servizo dos homes e obrigadas a ocultar a súa valía aínda que despois fosen elas as que levaban o peso da educación e da economía e, en Que non te aten, son mulleres licenciadas, traballadoras, maduras e libres coas ideas claras que buscan a estabilidade laboral e familiar. En resumo, temas moi actuais e outros de sempre que seguen aí, que se ven reflectidos en todos os personaxes das dúas novelas, recomendables para reflexionar e facer exercicio de identificación de temas con personaxes, moi educativos sen deixar de ter unha trama que engancha e que nos arrastra a querer seguir con ansia para saber o que pasa. 36
lumelumelumelumelumelumelumelu MANIFESTO DO IES SALVATERRA CONTRA O LUME Somos nós, o alumnado do IES de Salvaterra, o que viu como unha sombra de cinza caeu sobre da terra. En Fornelos, en Pesqueiras, en Batalláns e no Castelo, en Porto, Guláns, As Neves arrasadas, A Picoña… A negrura no monte, dos Ancares ao Galiñeiro. Somos nós, que ardemos.
Somos nós, o alumnado e a xente de Salvaterra, os que saímos das nosas casas man a man, ombreiro con ombreiro, con caldeiros, capachos e mangueiras, a loitar contra as chamas que nos arrodeaban. S.O.S E fomos ficando sos, contra o lume, na defensa do que é noso, e aprendemos para sempre e mais despois o significado inmenso das palabras veciño, solidariedade, afouteza, pobo. Somos nós, que ardemos.
Somos nós, o pobo de Salvaterra, o que desesperado olla como non mitigan os incendios, e con eles quéimase a natureza, a flora, fauna, o aire… e afogamos. E somos nós, que ardemos.
Somos nós, o pobo que acode o pobo, os que coas labaradas tatuadas nos ollos non deixamos de preguntarnos ata cando vai durar esta gran lacra, e se iremos, algún día, do Courel a Compostela por terras non queimadas. E somos nós, que ardemos.
Somos nós, IES de Salvaterra, aqueles que berramos alto e orgullosos que somos bosque, somos auga, somos aire, e non queremos, non queremos, e esiximos, nunca máis arder. LUMES NUNCA MÁIS
37
O manifesto contra o lume foi lido por catro alumnas no patio do IES
38
madeiramadeiramadeiramadeiramade Faro de Vigo
DOUS ALUMNOS DE CARPINTEIRIA DE SALVATERRA GAÑAN UN PREMIO NACIONAL Rocío González e Francisco José Martínez deseñan un tallo. Los alumnos Rocío González e Francisco José Martínez, de 2º curso de formación profesional básica de carpintería e moble no IES Salvaterra, lograron o premio nacional "Taburete KohKet" ao mellor proxecto de grado medio na modalidade de equipo.
O seu proxecto foi premiado no décimo cuarto concurso nacional de proxectos de instalación e desenvolvemento de produtos de madeira e moble "Ciudad de Irún & Ciudad de Badajoz".
Xornal 21 SALVATERRA DE MIÑO
Premio nacional para o alumnado de FPB Madeira do IES Salvaterra Os alumnos Rocío González e Francisco José Martínez, de 2º curso de Formación Profesional Básica de carpintaría e moble no IES Salvaterra, acadaron o premio "Taburete KohKet" ao mellor proxecto de grao medio
en equipo. O proxecto foi premiado no XIV Concurso Nacional de proxectos de instalación e desenvolvemento de produtos de madeira e moble "Ciudad de Irún & Ciudad de Badajoz".
Rocío, Francisco e o seu profesor, José Luís, mostran o tallo premiado e os títulos que os acreditan como gañadores do XIV Concurso Nacional Cidade de Irún e Cidade de Badaxoz, nos corredores do IES de Salvaterra. 39
O tallo que naceu dentro do caixón dos retallos. É inmensamente rico ver, como os retallos, foron saíndo de dentro do caixón dos descartes, para xuntárense e iren formando o mellor dos regalos, o asento para o teu descanso. Fomos vendo como cada un daqueles pequenos anacos de madeira, que estaban deixados de lado, sumábanse, axustándose un a un, para conformaren o conxunto. Nós e os nosos compañeiros nunca imaxinamos cantas pezas mestras se poden facer con estes tacos, barrotes, táboas, listóns. Unha vez máis… a maxia… foi verdade. José Luís González, profesor FPB
Abaixo unha foto do tallo premiado e doutros mobles creados no noso IES
40
mediaciónmediaciónmediaciónmediac Como ben sabedes, dende hai uns anos a esta parte, contamos no noso IES cun servizo de mediación escolar que, ademais, está regulado segundo o plan de convivencia do centro. Con este servizo pretendemos que os conflitos que xorden entre vós poidan ser resoltos de maneira pacífica a través do diálogo de xeito que se poida chegar a acordos beneficiosos para as partes implicadas. Este obxectivo vai ligado á mellora da convivencia, á mellora das competencias sociais e cívicas e a tratar de diminuír a intervención dos adultos (profesoras e profesores) nos vosos conflitos.
Neste artigo quero que non vos esquezades de que é un servizo que vos pode aportar máis beneficios que perdas e quero animarvos a que cando algo non vaia ben con compañeiros de clase ou do centro, cando perdades unha amizade por unha 41
estupidez, cando teñades un enfrontamento con alguén... cando teñades un problema, podedes acudir a este servizo no que trataremos de axudarvos a atopar unha solución. Recordade que é un servizo ao que tedes que acudir voluntariamente (non vos podemos obrigar a vir, aínda que pode ser un atenuante ante posibles sancións). Podedes estar seguras e seguros, ademais, de que en mediación manteremos a confidencialidade dos vosos problemas (“lo que pasa en Las Vegas se queda en Las Vegas”), guiarémonos pola imparcialidade (todas e todos sodes iguais ante nós) e traballaremos para que cheguedes a acordos se vides con predisposición para facelo (xa sabedes aquilo de que fai máis o que quere que o que pode).
Pero, por riba de todo, quero dar as grazas a todas as alumnas e alumnos do centro que forman parte deste equipo de mediación. Neste curso 2017 – 2018 contamos cun grupo de 29 alumnas e alumnos (13 con formación en mediación de anos anteriores e 16 que se formaron neste curso). Todas elas e todos eles son as persoas que fan posible que este proxecto poida desenvolverse. Invítovos a todas e a todos a participar neste equipo, só tedes que poñervos en contacto comigo ou con calquera persoa da dirección do centro e comunicar que queredes formar parte do equipo de mediación (sen dúbida un gran equipo).
Así que xa sabes… Andrés E. Cabana González (coordinador de mediación) 42
mullermullermullermullermullermul Manifesto Folga Xeral Feminista 8M por folgafeminista | fev 9, 2018 | FolgaFeminista XUNTAS SOMOS MÁIS. Cada 8 de Marzo celebramos a alianza entre mulleres para defender os nosos dereitos conquistados. Foi a unión de moitas mulleres no mundo, a que conseguiu grandes vitorias para todas nós e tróuxonos dereitos que posuímos hoxe. Precédenos unha longa xenealoxía de mulleres activistas, sufraxistas e sindicalistas. As que trouxeron a República, as que loitaron na Guerra Civil, as que combateron o colonialismo e as que foron parte das loitas anti-imperialistas. Con todo, sabemos que aínda non é suficiente: queda moito por facer e nós seguimos loitando. Hoxe, 8 de Marzo, as mulleres de todo o mundo estamos convocadas á FOLGA FEMINISTA. A nosa identidade é múltiple, somos diversas. Vivimos na contorna rural e na contorna urbana, traballamos no ámbito laboral e no dos coidados. Somos paias, xitanas, migradas e de diferentes razas. As nosas idades son todas e sabémonos lésbicas, trans, bisexuais, heterosexuais… Somos as que non están: somos as asasinadas, somos as presas. Somos TODAS. Xuntas hoxe paramos o mundo e berramos: ABONDA! Ante todas as violencias que nos atravesan. ABONDA! de agresións, humillacións, marxinacións ou exclusións. Esiximos que o Pacto de Estado contra as violencias machistas -polo demais insuficiente- se dote de recursos e medios para o desenvolvemento de políticas reais e efectivas que axuden a conseguir unha sociedade libre de violencias contra as mulleres e nenas. Denunciamos a represión a quen encabeza a loita polos dereitos sociais e reprodutivos. ABONDA! De violencias machistas, cotiás e invisibilizadas, que vivimos as mulleres sexa cal for a nosa idade e condición. QUEREMOS poder movernos en liberdade por 43
todos os espazos e a todas as horas. Sinalamos e denunciamos a violencia sexual como expresión paradigmática da apropiación patriarcal do noso corpo, que afecta de modo aínda máis marcado a mulleres en situación de vulnerabilidade como mulleres migradas e traballadoras domésticas. É urxente que a nosa reivindicación “Nin unha menos” sexa unha realidade. ABONDA! De opresión polas nosas orientacións e identidades sexuais! Denunciamos a LGTBI fobia social, institucional e laboral que sufrimos moitas de nós, como outra forma de violencia machista. Somos mulleres e somos diversas.
MULLERES LIBRES, EN POBOS LIBRES! Somos as que reproducen a vida. O traballo doméstico e de coidados que facemos as mulleres é imprescindible para soster a vida. Que maioritariamente sexa de balde ou estea devaluado é unha trampa no desenvolvemento do capitalismo. Hoxe, coa folga de coidados na familia e a sociedade, damos visibilidade a un traballo que ninguén quere recoñecer, xa sexa na casa, mal pago ou como economía somerxida. Reivindicamos que o traballo de coidados sexa recoñecido como un ben social de primeira orde, e esiximos a redistribución deste tipo de tarefas.
Preparando a lectura do manifesto no patio do instituto. 44
Hoxe reivindicamos unha sociedade libre de opresións, de explotación e violencias machistas. Chamamos á rebeldía e á loita ante a alianza entre o patriarcado e o capitalismo que nos quere dóciles, submisas e caladas. Non aceptamos estar sometidas a peores condicións laborais, nin cobrar menos que os homes polo mesmo traballo. Por iso, hoxe tamén facemos folga laboral. Folga contra os teitos de cristal e a precariedade laboral, porque os traballos aos que logramos acceder están marcados pola temporalidade, a incerteza, os baixos salarios e as xornadas parciais non desexadas. Nós engrosamos as listas do paro. Moitos dos traballos que realizamos non posúen garantías ou non están regulados. E cando algunhas de nós temos mellores traballos, atopámonos con que os postos de maior salario e responsabilidade están copados por homes. A empresa privada, a pública, as institucións e a política son reprodutoras da fenda de xénero.
ABONDA! de discriminación salarial polo feito de sermos mulleres, de menosprezo e de acoso sexual no ámbito laboral. Denunciamos que ser muller sexa a principal causa de pobreza e que se nos castigue pola nosa diversidade. A precariedade agrávase para moitas de nós por ter maior idade, por ser migradas, por ser doutra raza, por ter diversidade funcional ou unha imaxe afastada da norma. Reivindicamos que a nosa situación laboral nos permita desenvolver un proxecto vital con dignidade e autonomía; e que o emprego se adapte ás necesidades da vida: o embarazo ou os coidados non poden ser obxecto de despedimento nin de marxinación laboral, nin deben menoscabar as nosas expectativas persoais nin profesionais. Esiximos tamén as pensións que temos gañado. Non máis pensións de miseria, que nos obrigan a sufrir pobreza na vellez. Pedimos a cotitularidade das pensións e que o tempo dedicado a tarefas de coidado, ou que desenvolvemos no campo, sexa recoñecido no cálculo das pensións do mesmo xeito que o traballo laboral e loitamos pola ratificación do convenio 189 da OIT que regula o traballo doméstico. Berramos ben forte contra o neoliberalismo salvaxe que se impón como pensamento único a nivel mundial e que esnaquiza o noso planeta e as nosas vidas. As mulleres temos un papel primordial na loita contra do cambio climático e na preservación da biodiversidade. Por iso, apostamos decididamente pola soberanía alimentaria dos pobos. Apoiamos o traballo de moitas compañeiras que poñen en risco a súa vida por 45
defender o territorio e os seus cultivos. Esiximos que a defensa da vida se sitúe no centro da economía e da política. Esiximos ser protagonistas das nosas vidas, da nosa saúde e dos nosos corpos, sen ningún tipo de presión estética. Os nosos corpos non son mercadoría nin obxecto, e por iso, tamén facemos folga de consumo. Xa abonda de ser utilizadas como reclamo! Esiximos tamén a despatoloxización das nosas vidas, das nosas emocións, das nosas circunstancias: a medicalización responde a intereses de grandes empresas, non aos da nosa saúde. Abonda de considerar os nosos procesos de vida como enfermidades!
Entre o público reinaba un ambiente de festiva reivindicación. A educación é a etapa principal na que construímos as nosas identidades sexuais e de xénero e por iso as estudantes, as mestras, a comunidade educativa e todo o movemento feminista esiximos o noso dereito a unha educación pública, laica e feminista. Libre de valores heteropatriarcais desde os primeiros treitos educativos, nos que as profesoras somos maioría, até a universidade. Reivindicamos tamén o 46
noso dereito a unha formación afectivo-sexual que nos ensine na diversidade, sen medos, sen complexos, sen reducirnos a simples obxectos e que non permita unha soa agresión machista nin LGTBIfóbica nas aulas. Esiximos un avance na coeducación en todos os ámbitos e espazos de formación e unha educación que non relegue a nosa historia ás marxes dos libros de texto; e na que a perspectiva de xénero sexa transversal a todas as disciplinas. Non somos unha excepción, somos unha constante que foi calada! VIVA A FOLGA DE COIDADOS, DE CONSUMO, LABORAL E EDUCATIVA! VIVA A FOLGA FEMINISTA! Ningunha muller é ilegal. Dicimos ABONDA! ao racismo e a exclusión. Berramos ben alto: non ás guerras e á fabricación de material bélico! As guerras son produto e extensión do patriarcado e do capitalismo para o control dos territorios e das persoas. A consecuencia directa das guerras son milleiros de mulleres refuxiadas por todo o mundo, mulleres que estamos a ser vítimas, esquecidas e violentadas. Esiximos a acollida de todas as persoas migradas, sexa polo motivo que for. Somos mulleres libres en territorios libres! Denunciamos os recortes orzamentarios nos sectores que máis afectan as mulleres: o sistema de saúde, os servizos sociais e a educación. Denunciamos a corrupción como un factor agravante da crise. Denunciamos a xustiza patriarcal que non nos considera suxeitas de pleno dereito. Denunciamos a grave represión e recortes de dereitos que estamos a sufrir. Esiximos plena igualdade de dereitos e condicións de vida, e a total aceptación da nosa diversidade.
QUERÉMONOS LIBRES, QUERÉMONOS VIVAS, FEMINISTAS, COMBATIVAS E REBELDES! Hoxe, a folga feminista non remata: SEGUIREMOS ATÉ CONSEGUIR O MUNDO QUE QUEREMOS
47
museosacoruñamuseosacoruña O mércores 31 de xaneiro os alumnos de 3º fomos de excursión á Coruña. Acompañáronnos a profesora de naturais, o de galego e o de inglés. Saímos do instituto ás 8:45, aproximadamente. Cando quedaba pouco para chegar, paramos nunha estación de servizo para poder ir ó baño e comer algo. Cando chegamos á cidade da Coruña, pasamos polo campo do Deportivo; é una cidade semellante a Vigo. O autobús deixounos na praia de Riazor, e fomos andando ata o museo “Domus”. A verdade é que a primeira impresión non foi moi boa, pensei que non o ía pasar moi ben. Pero foi moi divertido; había actividades de todo tipo: de forza, de relaxación, do corazón, do parto… Eran todas moi entretidas, por min estaría alí toda a mañá. Tivemos tempo libre para comer e dar unha volta pola Praia ou pola cidade. Collemos o autobús e fomos ao museo “MUNCYT”. A primeira impresión foi moi boa. Unha vez alí dentro, fixemos grupos de vinte e subimos nun ascensor que nos levou á planta superior. O noso guía deunos un caderniño a cada catro persoas e tivémolo que completar con información dos avións que estaba exposta na sala. Pero, o mellor de todo foi montar nun avión en clase business!!!
48
Gustoume moito esta excursión e apetéceme facer máis saídas coma esta. É unha boa forma de aprender xogando. Yolanda Fernández Troncoso 3º ESO A
49
músicamúsicamúsicamúsicamúsicamú
O alumnado de Bacharelato no escenario do mar de Vigo no VI Encontro de Música na Secundaria. https://www.youtube.com/watch?v=Q9kJNItW710
Obradoiro de RAP. 28 de febreiro. Un alumno de 2º ESO interpreta a súa composición. 50
padrónpadrónpadrónpadrónpadrónpa Na nosa excursión á Padrón visitamos a fundación de Camilo José Cela e a casa de Rosalía. Na fundación de Camilo José Cela coñecemos un pouco da vida deste autor. Foi nobel en literatura, entre moitos outros premios que gañou, era un home moi peculiar, cun gran número de coleccións: a de manuscritos, a súa biblioteca, a colección de botellas asinadas por diferentes persoas, como Picasso. Tamén vimos un pequeno museo do ferrocarril como homenaxe ao seu avó que traballou no primeiro ferrocarril galego. Descubrimos varias anécdotas sobre el, na exposición hai un ollo de cristal que o escritor gañou nunha partida de cartas a un home que non tiña nada máis que apostar. Está a mochila que empregou na súa viaxe á Alcarria, o seu escritorio tal e como o deixou… A casa de Rosalía é a casa na que faleceu xa que non tiña casa propia. Alí internámonos un pouco máis na vida desta muller tan importante para os galegos e para a literatura universal. De Rosalía consérvanse moi poucos manuscritos porque lle pediu a súa filla que os queimase. Aínda así conseguimos ver a súa letra. Estivemos na xanela onde ela escribía, no seu salón, preto da súa cama, no cemiterio no que pedía descansar. Sentimos os últimos anos da vida de Rosalía. Alba Presa, 4º ESO
51
pasaletrapasaletrapasaletrapasaletrap Cada mes de maio, coas flores, a calor e o Día das Letras Galegas, tamén chega unha nova edición do Pasaletra, o concurso en que o alumnado de ESO xoga co léxico e a cultura de noso. Co M-: - Como se apelida a autora á que lle dedicamos este ano o Día das Letras Galegas? – Moreno; co N- : Ningunha persoa?... Os días 10 e 11 de maio celebramos as roldas finais nas que participaron as parellas finalistas. As parellas gañadoras foron as formadas por Alejandro Fernández e Alba Fang Lago, de 2º B e Aldara Rodríguez e Edgar Rodríguez, de 4º B. Os subcampións foron Yago Pérez e Felipe Portela, de 1º B e Damián Amil e Javier Carpintero, de 3º B. Parabéns!
Alba e Alejandro (á esquerda) e Aldara e Edgar. Abaixo o públio.
52
reforestaciónreforestaciónreforestació TODOS E TODAS A UNHA. Alá por inicios de curso falouse nunha reunión de claustro sobre a necesidade de preparar ao noso alumnado sobre o monte galego. Somos un centro de ámbito rural (en perigo de extinción) e vivimos nunha contorna que sofre lumes moitos veráns. Quedouse en preparar un proxecto con participación interdisciplinaria, que remataría cunha plantación nun monte do concello. O luns 16 de outubro de 2017 faltaban nas aulas alumnado e profesorado. A atmosfera estaba tan cargada de fume que ás 8:30 da mañá houbo que prender tódalas luces porque parecía noite. Todos e todas reflectiamos cansazo e pena. Algúns contaban que non foran á cama loitando contra o lume preto das casas, outros non puideron pasar a estrada para vir ao centro, tamén houbo quen estivo colaborando coas brigadas de bombeiros, mesmo a algunha familia se lle queimou a empresa na que traballaban. Dende venres ata o domingo ardera en Salvaterra, As Neves, Ponteareas, Vigo, Gondomar, Baiona, Pazos de Borbén, Asturias, Portugal... BENDITA CHUVIA!!!
Había motivos sobrados para colaborar na reconstrución da nosa paisaxe forestal. Comezamos os primeiros encontros cos representantes da ANPA. Dúas persoas foron claves na realización deste proxecto: Marcelo Sánchez, presidente da ANPA, e Elisa González, nai de alumna. Entre os dous organizaron os contactos coas comunidades de montes, coa delegación de medio Rural da zona, conseguiron financiamento de “La Caixa” para pagar as plantas (cerdeiras), buscaron transporte para traelas dende 53
o viveiro de Pontevedra e mesmo “contrataron” un grupo de música tradicional para amenizar a plantación. Unha marabilla!! Por outra banda o vicedirector Iago Castro conseguiu a colaboración da empresa de autobuses Raúl que aceptou facer de balde o transporte do alumnado (toda a ESO) ao monte, ademais fixo “campaña” nos medios. A TVG recolleu a nosa plantación. Nas aulas houbo clases de Lingua Galega dedicadas ao mulching (empallado para cubrir as cinsas), ao uso de burros para manter limpos os montes, a empresas innovadoras no rural galego, á rede natura... e mesmo unha saída polas beiras do río Uma. Creouse tamén un curso na aula virtual “O monte con futuro” con acceso libre. Nas clases de Valores Éticos falouse dos montes terapéuticos, en Inglés estudouse o parque natural de Yellowstone, en Bioloxía trataron o cambio climático e plantaron landras e castañas para conseguir árbores. Houbo tamén un concurso fotográfico sobre “A paisaxe forestal de noso” e fíxose, naquela tráxica semana, un acto reivindicativo contra o lume diante de todo o alumnado e profesorado. E chegou o día. O mércores 18 de abril pola tarde alá fomos. O monte do Castelo en Salvaterra recibiu a visita do alumnado da ESO, que deixou plantadas 200 cerdeiras no monte comunal. Houbo música tradicional e algo de baile, entrevistas da TVG, fotos e vídeos e bo ambiente. Oxalá que algún día poidamos probar as cereixas!! Para o próximo curso REPETIREMOS!!!
Nieves Groba Ucha, profesora de PT 54
relatosrelatosrelatosrelatosrelatosrela Neste curso convocamos o “II Certame de Relatos de Fantasía e Misterio Agustín Fernández Paz” co propósito de non esquecer a obra e a persoa que tan divertidos momentos nos regala cando lemos os seus libros. Desta volta tratábase de crear minirrelatos nos que se agachasen algún dos títulos do autor. Participou alumnado dos centros educativos do concello de Salvaterra de Miño: CEIP Infante Felipe, CEIP Carlos Casares e IES de Salvaterra. O resultado foi un feixe de textos que formarán parte dun volume que se publica grazas ao apoio do Concello de Salvaterra de Miño. Como di Iago Castro no prólogo deste libriño todos pensamos en Agustín Fernández Paz, bo e xeneroso onde os haxa, no río de palabras que é a súa obra literaria; na rede de lectores que foi tecendo, xeración tras xeración.
A continuación os relatos premiados e os accésits. Todo un océano de historias!
Categoría A: 2º Ciclo de Educación Infantil
1º Premio: Non hai noite tan longa, Antía Rodríguez Pazo Era un día nubrado. Levanteime e fun dar un paseo. Unhas rapazas xogaban a colgarse das pólas dunha árbore. O vento sopraba moi forte. Unha forza superior a min fíxome ir probar. Conseguín subir ata última póla da árbore. Comecei a ter vertixe, esvarei e caín… Unha sensación de frío percorreu o meu corpo, estaba cansa e non era capaz de erguerme. Tiven que facer unha forza moi grande para conseguilo. Lembrei que tiña 55
que ir buscar o libro de “Rapazas” á biblioteca. Entrei, mais non abrín a porta, atraveseina. Dirixinme ao mostrador. Ninguén me escoitaba nin me miraba. Asusteime e saín. Na rúa había un montón de xente. Abrín paso entre a multitude para ver o que pasaba. Alí, no centro, baixo a árbore onde estivera a xogar estaba alguén….ERA EU… Estaba alí, tombada nun charco de sangue…
Accésit: O sentimento da morte Ainoa Porto Castro (CEIP Infante Felipe) Ía camiñando polo corredor do cole. Había moito ruído. Saía aire negro de todas as portas. Eran letras. Achegábanse a min. Perseguíanme. Quería berrar pero foi pouco para sobrevivir. Aínda hoxe me arrepinto de non ter feito máis.
Accésit: Na casa da praia Isabel Vaz Bernárdez Estaba lendo no seu cuarto. Petaron na porta. Apareceron moitas pantasmas. Preguntáronlle se había alguén máis na casa. Raquel ten medo. Non entende nada. As pantasmas queren que voe. Decide pechar a porta e facer como se nada ocorrese.
Accésit: A néboa escura Darío Vila Todo comezou nunha mañá de inverno. Unha mañá non coma as outras, esta, en especial estaba todo demasiado neboento. Breixo espertou rapidamente e decidiu ir dar un paseo polo monte. Cada vez camiñaba máis ás présas ao mesmo tempo que a néboa se facía máis espesa. De súpeto, decatouse de que todas as árbores estaban queimadas e se laiaban chorando. Nese intre viu como, no medio da fraga, unha fermosa árbore sen queimar o chamaba impulsándoo a achegarse a ela. A partir de aquí, nunca se volveu a saber nada de Breixo. Pouco despois a súa moza morreu dunha descoñecida enfermidade dos pulmóns, e conta unha lenda, que Breixo e Carmela, a súa moza, por fin viven xuntos nun lugar onde as árbores nunca se queiman e onde xamais a xente enferma... 56
Categoría B: 3ª Ciclo de Educación Infantil 1º Premio: Elisabeth Pascuala Oportus Molla-Eli Ela só sorriu. Con Elisabeth podía pasar horas falando, poñendo caras divertidas ou xogando a cousas sen sentido, aínda que adoitaba ser calada, coa miradas diciámonolo todo. Cando as rapazas me golpeaban na escola e rompían a miña roupa, estaba ela cos seus ollos e o seu sorriso. - Non sei por que miña nai me mira estraño cando te falo. Ela só sorriu. A miña nai non deixaba de fumar, nin deixaba de levarme con doutores. Comezou a berrarme e, revisando fotos vellas, entendino. No bambán ninguén me acompañaba e na mesa do comedor sempre estiven só. Elisabeth nunca existiu, repetíame a min mesmo, mentres camiñaba cara á miña habitación. Sentín un frío nas miñas costas e escoitei: - Botáchesme de menos?
Accésit: As rapazas do Miño Daniel Fernández Rodríguez Anos atrás, un venres 13, estaban bañándose no río Miño unhas rapazas e, de repente, o ceo e a auga do río puxéronse de cor vermella e as rapazas quedaron mirando cara á auga que comezou a subir, e o ceo parecía que baixaba cada vez máis. Elas quedaron atrapadas pola auga do río que cada vez se facía máis espesa ata que se descompuxeron polas substancias que contiña o río. Nunca máis se soubo delas. Anos despois, xa nacera eu, ía paseando a carón do Miño cuns amigos cando, de súpeto, unha man osuda e desfeita agarroume e mirei algo que non debería estar aí.
Accésit: O accidente Inés Estévez Glez Querido inimigo: Espero que o esteas pasando ben no soto onde te pechei. Se estás lendo isto é porque xa atopaches a auga e as galletas que escondín no armario que está ao lado do sofá. Tamén supoño que atoparías a manta que estaba debaixo. 57
Sei que non sabes quen son nin por que te secuestrei, por iso escribo esta carta, para explicarche o porqué de todas as cousas que te poidas preguntar. Cando eras pequena (uns dous anos) perdiches a túa nai nun accidente de coche. Iso era o que puña no expediente, porque así foi como pecharon o caso. Os policías que o investigaban decidiron pechalo así porque non tiñan probas que indicaran que o accidente fora intencionado; todas dicían que simplemente fora unha avaría dos freos. Pero pode que non fora tan accidental como pareceu...
Categoría C: 1º e 2º ESO 1º Premio: V.A.P.T. Noelia Serrano Saínza – 1º PREMIO O meu nome é Skywalker. O día 17 de marzo do ano 1999, levanteime como todos os días e fun á escola. Coma sempre pasei polo corazón do bosque; pola avenida do parque, 17; pola cidade dos desexos e pola pastelería de dona Remedios. Pero ó volver da escola, todo cambiou. Abrín a porta da casa e un calafrío percorreu todo o meu corpo. Os meus pais estaban mortos e despezados formando as siglas V.A.P.T. Ía saír correndo da casa pero atopeime xusto na porta unha muller coa carapucha posta, o único ollo que tiña estaba do revés e tiña a boca cosida. Nunha man tiña un coitelo, na outra unha pistola e levaba posta a roupa dos meus pais. Arredor dela un aire negro formou esta frase: “ Querido inimigo Vou A Por Ti”
Accésit: O inesperado Sara Ferreira Pereira Unha mañá de aire negro, Zarela saíu de casa sen saber que hoxe non ía ser un día normal. Colleu a moto para ir ao insti, ía calor, a súa melena voaba no ar. Cando chegou á clase só estaban dúas rapazas e a roupa do mestre. O corazón de Zarela comezou a petar no seu peito cada vez máis. Saíu correndo e, cando estaba na porta, unha néboa escura envolveuna levándoa á illa negra, aquela que a todos atemorizaba. Quen sabe se hoxe Zarela descubriría o segredo da illa negra… Chea de medo, Zarela comezou a correr de aquí para alá sen rumbo ata chegar a unha praia onde caeu rendida. Sentía que non se podía mover. Das augas daquel mar xurdiu unha figura luminosa que a chamaba: 58
- Zarelaaaaaa! - Óesme? -
Son médico, tiveches un accidente, batiches coa cabeza no asfalto, non levabas casco. Se me oes pestanexa.
Categoría D: 3º e 4º ESO
1º Premio: Silenciado Anxo Añón Rodríguez Aquela mañá de néboa escura ía entrar ao xulgado. Ía desenmascarar aquela escoura. A descubrir, a facer saber a xente o que ese goberno era… unha mafia, unha banda criminal ao servizo deles mesmos, e o que era o tan democrático e limpo presidente: unha marioneta dos Charlín. O pobo levantaríase furioso, e aqueles criminais caerían ao fin. Aquel día faríase a verdadeira xustiza. Nese intre no que atravesaba a marxe da porta e pensaba na miña fazaña, un sonoro asubío cruzou o aire e a miña cabeza. E lograron calarme.
Accésit: Con aquel… Carmen Lorenzo Bernárdez Con aquel aire negro era imposible saber por que miña nai aínda seguía alí tirada, morta. Hai tempo que a enterraran. Accésit: O salto Gabriel Gregores Álvarez Non era unha noite calquera. Esa noite tiña algo especial, quizais porque caían e caían uns con salvación e outros simplemente alí sen oportunidades, sen vida... Un por un saltaban, amodiño pero sen pausa. Todos coas mesmas oportunidades e cos mesmos soños. Era a quenda do último, por sorte coñecemos o seu nome, "Vito". Era faladeiro e moi bailarín, pero algo non lle ía ben e tiraríase de todos modos, afortunadamente adoitaba ter sorte. E así foi como o soño do merlo branco se fixo realidade. Conseguiu voar. 59
E unha colaboración de Sabela Pérez Castro, alumna de 1º de Bacharelato. A fin do mundo. Reflexións dun Deus. Sábela Pérez Castro Morreu. E eu nada puiden facer. Ninguén puido facer nada. Con esta morte morreramos todos un pouco. Eu algo máis. A min morrérame unha metade. Non, eu tamén morrín. Ela era a dama da luz e eu o rei das sombras. Con dous corpos fomos representados pero non eramos máis que dous puntos de vista distintos do mesmo ser. O meu corpo segue aquí, aínda que falte media alma. A morte da luz só indica que o fin chegou. Agora tócame actuar a min. As sombras encherán o oco que deixou a luz e serano todo. Só por culpa dos seres que nos deron vida. Por que imaxinan en dous corpos o que só é un? Algo e o seu oposto son o mesmo. Humanos, vós que ademais de crearnos tamén predixestes o noso destino, sabede que se agora vou facer que as sombras o sexan todo para darlle paso ao resto das forzas que acabarán co mundo, non foi pola dor da súa morte, foi polo parvos que sodes.
Na videoteca da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) podedes escoitar ao autor falando sobre os seus inicios na literatura, un pouco de casualidade… https://www.youtube.com/watch?time_continue=14&v=wbZtZ6ecUfc
“Cheguei (á escrita) tarde, un pouco de casualidade. A min o que me gusta de sempre é ler. Aínda agora, se me dixeran que me definise, eu diría que son sobre todo lector. A min o que me gusta é ler o que escriben os outros.” aelgtube, Publicado o 05/12/2008 60
simoneschnurrsimoneschnurrsimone Programa de Acollida Profesional de Profesorado Europeo Entre o 14 e o 26 de maio de 2018 o IES SALVATERRA DE MIÑO recibiu á profesora dona Simone Schnurr. É profesora de linguas estranxeiras e ciencias sociais no instituto (KTS) Kaiserin-Theophanu-Schule de Colonia, en Alemania. Durante a súa estancia a profesora tivo un intenso programa de actividades. A finalidade destas actividades é coñecer o sistema educativo español e todos aqueles aspectos que rodean a organización do centro. No programa incluíronse actividades docentes. Estivo nas clases de 1º da ESO de Lingua Galega, en 3º PMAR, 3º ESO, 4º ESO e 1º de Bacharelato. Foi recibida por D. Arturo Grandal, alcalde de Salvaterra de Miño e visitou empresas da contorna: “Adegas Fillaboa”. Este programa permítenos comparar os sistemas educativos, modos de organización de centros e manter contactos para posibles actividades internacionais dentro do marco Erasmus+, mobilizando profesorado, alumnado, creando asociacións estratéxicas escolares, proxectos E-Twinning, etc. Agardamos seguir participando no programa nos vindeiros anos. Demetrio Prego, profesor de LGeL
61
teatroteatroteatroteatroteatroteatr O día 4 de decembro, o IES de Salvaterra de Miño xunto con outro instituto, fomos ver unha obra de teatro a Ponteareas chamada Pelos na lingua. A obra trataba de que o galego é unha lingua que está perdendo forza xa que a xente por un motivo ou por outro non a fala. Na obra o que facían era representar varias escenas nas que o galego era desprezado. Por exemplo: nunha aparecía unha rapaza cuxos pais crían que estaba enferma porque falaba galego; noutra unha rapaza ía co seu pai a un museo no que se atopaba o único ser vivo que falaba galego a cambio de cincuenta euros; noutra, un pai levaba ao seu fillo a xogar ao fútbol e todo o que dicía o adestrador en galego o pai traducíallo ao castelán; etc. A escena que máis me gustou foi a do principio, cando a muller cambiaba o traxe tradicional de galega, por unha roupa máis formal, para mostrarnos que ela seguía sendo a mesma.
A min a verdade e que me gustou moito xa que reflectía de forma divertida o que está pasando na realidade. O galego é unha lingua que se está perdendo, xa que non a valoramos nin os propios falantes; cada vez hai menos xente que a fala, en
62
Galicia, polo menos deberíase utilizar moito máis, tanto nos servizos públicos como simplemente na vida cotiá; e o peor, é cando alguén que fala a nosa lingua é criticado ou xulgado soamente por ser galegofalante.
Eu creo que, cando menos en Galicia, deberiamos coidar o galego xa que é a lingua de noso e ten unha gran historia detrás como para que agora se perda porque a deixamos de transmitir, porque ninguén moderno a fala, porque non está de moda, porque lle dá vergoña ou por calquera outro motivo. Para min, polo menos, o galego é unha lingua moi especial e importante, porque nos fai únicos. Lorena Lemos – 4º ESO
63
vídeovídeovídeovídeovídeovídeovídeo Dúas das curtametraxes realizadas polo alumnado de comunicación audiovisual de 2º bacharelato este ano resultaron finalistas nos premios de audiovisual escolar Olloboi, o festival de referencia en Galiza no ámbito escolar. A curtametraxe "Cores" é finalista na categoría de mellor montaxe, e a curtametraxe "Éxtase barroca" na de mellor fotografía. As alumnas e o alumno creadores destes excelentes traballos son: Iria Souto, Ingrid Pereira, Borja Pedreira, Sara Domínguez, Paula Pino e Candela González. Podedes ver os vídeos no canal de youtube do IES. Espero que vos gusten. https://www.youtube.com/user/IESdeSALVATERRA
Eva Yusyi
Eva Yusty recibe os diplomas do e das finalistas das mans de Miguel Lira.
64
Velaquí a proxección das nosas curtas, CORES (arriba) e ÉXTASE BARROCA semifinalistas en montaxe e e fotografía. Parabéns, cineastas do Miño.
65
vindelvindelvindelvindelvindelvindelvi O Pergamiño Vindel O pasado día catro de febreiro pola mañá, rapaces e rapazas de 3ºESO A, B e C fomos visitar, no Museo do Mar de Vigo, o Pergamiño Vindel. Este tesouro documental regresaba a Galicia nunha exposición temporal dende o 10 de outubro de 2017 ata o 4 de marzo. Cunha mañá soleada os excursionistas partimos nun autobús ás 9:30 cara a Vigo, onde nada máis chegar comezamos a visita. Esta sería por grupos xa feitos para posteriormente
elaborar
un
traballo cunha ficha que nos proporcionaron os profesores. Puidemos ver, xunto Pergamiño Vindel, outros documentos que se redactaron na súa época, como as sete partidas de Alfonso X el Sabio, réplicas dos instrumentos
musicais
do
pórtico da Gloria ou paneis explicativos
da
sociedade
medieval galega. Do Pergamiño Vindel explicáronos a súa importancia histórica. Trátase do manuscrito que contén o cancioneiriño do gran poeta do século XIII Martín Codax, ademais de ser un dos escasos testemuños orixinais da época e que conserva as anotacións musicais. Tamén nos explicaron as aventuras do manuscrito, de onde proviña, cales foron os seus propietarios e os distintos destinos que tiveron as cantigas… Xa máis tarde, sobre as 10:45, puidemos tomar o almorzo e visitar o acuario do edificio anexo. 66
Posteriormente o noso profesor de galego gravounos recitando a nosa particular composición Baseada nas cantigas de Martín Códax. Xa no autobús puidemos comentar a nosa valoración da visita. Todas foron positivas. Logo chegaron outros rapaces doutros centros, e nós partimos cara a Salvaterra de Miño chegando ás 13:15 (con tempo de sobra para gozar do ambiente do entroido). Esta excursión gustoume moito xa que puiden aprender información que forman parte da nosa historia como galegos. Tamén coñecer o Pergamiño Vindel, entre outros documentos, nunha ocasión única porque está aquí temporalmente, xa que se ubica en Nova York, na Biblioteca e Museo Morgan. Ademais pasei unha mañá divertida e diferente cos meus compañeiras e compañeiros.
67
haikushaikushaikushaikushaikushaiku Un haiku é un minipoema de orixe xaponesa que capta a esencia da sensación obtida ao contemplar a natureza. Constrúese tan só con 17 sílabas que adoitan distribuírse en tres versos de 5-7-5 ou 5-5-7 sílabas cada un. Foi cultivado por grandes escritores como Borges, Machado, Benedetti ou Cernuda e o galego Miro Villar. A continuación unha selección de haikus creada polo alumnado de 3º e 4º de ESO. desfaise como se dun refacho ao vento ela así fose
a vida chora a natureza sofre o mundo morre
(Aldhara Rodríguez 4B)
(Brais Fontán 3B)
son solitarios que difícil é isto frío difícil
de vida a morte e de herba a deserto por non coidalo
(Ireka Díaz 4B)
(Daniel Alvarez 3A)
na soidade só comprende cos ollos quen non aparta
Habita o medo pola perda do lugar que xa non é
(Jamil Alonso 4A)
(Celia Porto, 4B)
Vacas con fame camiñan entre cinzas comida que arde
Canta maldita recoñece a verdade a Terra morre
(Paulo López 3A)
(Laura Cadilla 4A)
Desfaise lento que chora suave aínda pois quere quedar
Os días lentos o vento vaise abril as noites longas
(Marina Suárez 4A)
(Marcos Núñez 4A)
68
Aquí o desxeo perda ambiental só extinción
Corría a vida poderosa corrente corría pasada
(David Rodríguez 3A)
(Anxo Añón 3A)
Os montes arden como as nosas vidas. Non florecemos (Diego Domínguez, 3B)
isto móvese o ceo mira o chan cando eles pían
O lume arredor a vida que remata os montes arden
(Dylan Ferreira 4A)
(Sergio Castro 3B)
miro esa neve e conxélome rápido xa sinto a morte
todo rematou non se pode respirar sen esperanza
(Manuel Rodríguez 4B)
(Brais González 4B)
Non quero máis sentir o xeo quente que me acurrala
Calor e lume pánico, cinzas negras. Persoas tristes.
(Alba Domínguez 3A)
(Rosalía Conejo 3A)
os bosques sen vida animais mortos xente sen casa (Iria Rodríguez 3A)
Vexo o que queda todo o que era xa non é nada que agrome
cae o xeo fórmanse belos arcos mais o mar sobe
(Noa Sestelo 4A)
(Edgar Rodríguez 4A)
69
taboleirotaboleirotaboleirotaboleirota
O taboleiro do EDLG serviu non unicamente para anunciarmos concursos, novas, actividades… senón tamén para espallar as nosas reivindicacións. Grazas, Nieves!
70
salvaterramilenariasalvaterramilenari O Concello de Salvaterra de Miño conmemora os mil anos de historia da vila con diferentes actividades, entre elas o II Concurso Artístico “Salvaterra Milenaria”, que vai dirixido ao alumnado do concello coa finalidade de que os escolares ofrezan a súa visión de como sería a vila hai mil anos. O alumnado de secundaria participou na categoría de manualidades. Fotos dos premiados e premiadas: Sara, Eduarda, tatiana, Xoán, Breogán… Parabéns!
71
EDLG IES de Salvaterra de Miño, xuño 2018
72