OS MOVEMENTOS DE VANGARDA 1. HILOZOÍSMO ou IMAXINISMO • • • •
Brevidade e sinxeleza. Permanencia de esquemas de métrica e rima tradicionais. Tema principal: a paisaxe, tema absolutamente tradicional. Humanización da paisaxe mediante unha pintura impresionista cargada de cores amables, que lles dá aos poemas un aire sensorial e lúdico. Técnica para describir as paisaxes coma un pintor naïf. • Sensorialidade como característica máis destacada. Imaxe, prosopopea ou personificación, metáfora e símil imprímelles matices sensoriais aos seus poemas que non son outra cousa que instantáneas paisaxísticas. • Linguaxe metafórica. OS PIÑEIROS MORTOS, Luís Amado Carballo Afiando o berro dos carros fende o sol por amarelo. Rube a lúa polo monte para despedir o enterro. As estrelas en ringleiras alumean o vieiro. O bosque despeiteado enloitouse de silenzo. Co ollar húmido do verde camiñan os bois labregos, levando os piñeiros mortos no primeiro cadaleito. -O serán cóncavo e fondo molla polo mar os ecos das doídas bateladas que pinga a campa do ceoFicou chorando no campo o enorme e viudo vento, buscándoos ás apalpadelas na horfandade do ermo.
1
1. Corrixe as seguintes palabras: silenzo, viudo e horfandade. 2. Analiza a métrica do poema. É vangardista ou tradicional? 3. Indica o tema do poema. Explica, outra volta, se é tradicional ou anovador. 4. No texto son abondosas as imaxes. Localiza catro exemplos de personificación ou prosopopea. 5. Na terceira estrofa hai unha imaxe de xinea vangardista. A que se asocia o transporte dos piñeiros? 6. A maior parte do léxico que se emprega neste poema é moi característico do xénero lírico (o sol, a lúa, as estrelas, o silencio, o serán…); mais destaca un adxectivo característico do mundo da ciencia, da física…, o que resulta moi novidoso. Localiza este adxectivo. 7. Localiza as palabras que matizan con cores e luz a paisaxe de serán que se describe.
2. NEOTROBADORISMO • Recursos formais propios das cantigas medievais (especialmente as de amigo): paralelismo, refrán, leixaprén… • Temática amorosa. • Léxico e expresións como miña señor, alba, bailar, abelaneira, mar…
2
Si miña señor á i-alba da Arousa beilar poñereille, belida, un ventiño no mar. A dorna vai e ven que meu amor ten! Poñereille unha frauta e mais un reiseñor e unha longa soidade coma a da mar maior. A dorna vai e ven que meu amor ten! Na illa Cortegada poñereille un galán por pastor das mareas co seu remo na man. A dorna vai e ven que meu amor ten! Poñereille unha gaita no bico da ría e unha avelaneira no medio do día. A dorna vai e ven que meu amor ten! Álvaro Cunqueiro, Cantiga nova que se chama riveira, (1933) 8. Analiza a estrutura a métrica e a rima. 9. Localiza elementos formais que vinculan este texto coa lírica galegopotuguesa medieval. 10. Indica o tema do poema. Lembra as cantigas medievais? 11. Fíxate no léxico empregado e localiza catro palabras que podemos poñer en relación cos subxéneros das cantigas medievais, nomeadamente das de amigo. 12. Seguimos co léxico do poema. Busca outras palabras e expresións que nos lembren a literatura medieval galego-potuguesa. Comenta a expresión miña señor.
3
3. VANGARDA Representan esta tendencia, baseada na asimilación de diferentes “ismos” europeos, Manuel Antonio con De catro a catro (Creacionismo), Álvaro Cunqueiro con Mar ao norde (Cubismo) e Poemas do si e non (Surrealista) e Manuel Luís Acuña con Firgoas (influido polo Cubismo) SÓS, Manuel Antonio, De catro a catro, (1928) FOMOS ficando sos o Mar o barco e mais nós Roubánronnos o Sol O paquebote esmaltado que cosía con liñas de fume áxiles cadros sin marco Roubáronnos o vento Aquel veleiro que se evadeu pola corda floxa do horizonte Este oucéano desatracou das costas e os ventos da Roseta ourentáronse ao esquenzo As nosas soedades veñen de tan lonxe como as horas do reloxe Pero tamén sabemos a maniobra dos navíos que fondean a sotavento dunha singladura No cuadrante estantío das estrelas ficou parada esta hora: O cadavre do Mar fixo do barco un cadaleito Fume de pipa Saudade Noite Silenzo Frío E ficamos nós sós Sin o Mar e sin o barco nós 4
13. Comproba se os seguintes trazos vangardistas, nomeadamente creacionistas, aparecen no poema: • Non se cinxe a moldes estróficos. Non ten rima nin ritmo. • Especial disposición dos versos e utilización dos espazos en branco. • Ausencia de coherencia lóxica, o texto é unha superposición de imaxes. • Utiliza imaxes orixinais. • Emprego de léxico propio da linguaxe técnica. 14. Cal é o estado de ánimo que transmite? Hai algunha mudanza entre o estado de ánimo que se transmite no momento que indican os primeiros versos e o que marcan os últimos? 15. A obsesión pola localización espazo-temporal queda de manifesto polo emprego de numerosos sintagmas. Localízaos. 16. Os espazos en branco do derradeiro grupo de versos, que efecto conseguen?
5