O Estoxo. pdf

Page 1

1


“O Estoxo” IES de Salvaterra de Miño Maio 2010

Sumario: -

Características xeográficas do concello de Salvaterra – páx. 3 Cultura Clásica: Baltasar Garzón – páx. 5 Cultura de calidade no ensino – páx. 9 Actividades da Biblioteca – páx. 16 Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística – páx. 28 A festa da Nossa Senhora da Cabeça – páx. 29 Descenso extremo na Picaraña – páx. 30 Violencia no motocross – páx. 30 Un loro en Fiolledo – páx. 31 Paloma, a egua de Jonathan – páx. 31 Brancoxoán e as ananiñas – páx. 32 Dinapo, un dicionario egoísta – páx. 33 Un elefante do Atlético – páx. 33 A mosca nadadora – páx. 35 De viaxe polas linguas – páx. 36 A praia – páx. 37 Meu tío Filipe – páx. 38 Poemas adaptados – páx. 40 Cantigas de amigo – páx. 41 Cantigas de maldicir – páx. 43 Poemas – páx. 45 Sen título – páx. 51 Os nomes das aulas – páx. 53 As matemáticas na televisión – páx. 58 As matemáticas na arte – páx. 59 Canto sabes de Uxío Novoneyra? – páx. 60

-

Portada: caricatura de U. Novoneyra realizada por Maside

-

Contraportada: gravado de U. Novoneyra

2


CARACTERÍSTICAS XEOGRÁFICAS DO CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO. Ana Campillo Ruiz Salvaterra de Miño sitúase ó sur da provincia de Pontevedra formando parte da Comarca de O Condado e da Área Metropolitana de Vigo. Limita ó norte co concello de Ponteareas, ó sur co río Miño que o limita con Portugal, ó leste con As Neves, ó nordeste con Mondariz e A Cañiza, ó oeste con Salceda de Caselas e no suroeste con Tui. Ten unha extensión de 62,5 km² aproximadamente e consta de 17 parroquias que sumaban 9293 habitantes no 2009. A parroquia de Salvaterra é a de maior extensión e a máis poboada, localizándose nela a capital municipal e o maior número de servizos, así como as principais vías de comunicación e o ferrocarril. O clima é oceánico húmido con degradación mediterránea, con temperaturas suaves de aproximadamente 14 ºC de media e precipitacións abondosas (entre 1000 e 1500 mm anuais) debido á orientación suroeste do Val do Miño que facilita a entrada frecuente de masas de aire húmido.

Salvaterra de Miño vista desde a aula 29. A rede hidrográfica fórmana o río Miño que separa as parroquias de Oleiros, Salvaterra, Arantei e Porto de Portugal, o río Tea que, procedente do concello de Ponteareas, desemboca no Miño pola parroquia de Arantei e os ríos Uma, Tea e Caselas, ademais doutros cursos de menor importancia. A vexetación autóctona aparece de xeito residual en forma de pequenos bosques de carballos e castiñeiros,

3


mais dominan os bosques de piñeiros e eucaliptos. Tanto no Miño coma no Tea existen importantes formacións de bosques de ribeira, nalgúns puntos moi ben conservados. A biodiversidade destas zonas permitiu a súa inclusión na rede Natura 2000 de espazos naturais protexidos. Na economía de Salvaterra o sector vitivinícola acadou un gran desenvolvemento grazas, entre outros factores, á composición do solo e ás condicións climáticas. Os viños da comarca son ben coñecidos desde antigo. No entanto, desde a constitución do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas, en 1988, o número de adegas, a superficie dedicada ó cultivo e a produción total, creceron de xeito constante e sostido. Os condados e albariños producidos comercialízanse dentro Denominación de Orixe Rías Baixas, subzona Condado de Tea.

Na foto non se aprecia todo o extenso e simétrico que é este viñedo.

Dende o punto de vista da ocupación da súa poboación destaca o sector secundario (industria e construción), cun 52,4% que traballa nese sector. Salvaterra conta actualmente cun polígono industrial: Chan da Ponte, así como o proxecto, xa en marcha, para a construción da maior plataforma loxística de toda Galicia, denominado PLISAN ou Porto Seco. Este polígono será un espazo para empresas, transporte de mercadorías, actividades industriais e servizos asociados. Pola súa situación, conexións viarias e ferroviarias, relación co Porto de Vigo, capacidade e servizos, vai ser a gran zona de actividades loxísticas do sur de Galicia e norte de Portugal.

4


Cultura Clásica: Baltasar Garzón Introdución No mes de maio deste ano 2010, o xuíz da audiencia nacional Baltasar Garzón foi suspendido cautelarmente das suas funcións. O xuíz que no ano 1997 conseguía arrestar a Pinochet en Londres, é acusado de prevaricación* por declararse competente para investigar os crimes do que se coñece baixo o nome de represión franquista. Este feito dispara a atención mediática nacional e internacional. Entre os milleiros de artigos, reportaxes e opinións públicas e privadas escollemos dúas alusións á cultura clasica cuxa explicación se converte no obxectivo do noso artigo: o mito grego de Antígona e o personaxe histórico de Cicerón. . * Prevaricación: delito imputable ao xuíz que emite sentenza antepoñendo os seus intereses aos do interés común)

O mito de Antígona O mito garantiza ao home que o que el se prepara a facer xa ten sido feito; axúdalle a rexeitar as dúbidas que podería concibir respecto do resultado da súa empresa.[…] O Mundo fala ao home e, para comprender esta linguaxe, basta con coñecer os mitos e descifrar os símbolos. Mircea Eliade antropólogo e rumano)

(filósofo, novelista

No diario EL PAIS, Juan Gelman escribía que parece que se ha perdido la cultura clásica puesto que el afán de enterrar a los muertos está ya en la tragedia griega, en el mito de Antígona. Tamén aludía a este mesmo mito o escritor Andrés Trapiello ao afirmar no Magazine que, en esta polémica los únicos que tienen razón son los del bando de Antígona. Por que? Que simboliza Antígona e que ten que ver esta muller co asunto de Garzón?Quen foi Antígona? A súa historia remítenos a un dos máis coñecidos mitos da antiga Grecia: o mito de Edipo:

5


Antígona era unha das fillas que naceran da relación incestuosa (sen eles o saber) de Edipo coa súa nai Iocasta. Ao ser enterado do incesto, Edipo arrinca os ollos e marcha de Tebas. A súa filla Antígona acompáñao ata Colono onde Edipo morre. Antígona regresa a Tebas para vivir alí coa súa irmá Ismene. Dalí a pouco suscítase na cidade a batalla dos Sete Xefes na que Eteocles e Polinices, os irmáns de Antígona e Ismene, loitaban en campos contrarios (a maldición de Edipo de que se enfrontarían entre eles a causa do trono de Tebas, facíase realidade). Ambos morren na loita pero así como para Eteocles, que loitara a favor de Tebas, decretouse solemne enterramento, para Polinices, que loitara contra Tebas, prohibiuse, baixo pena de morte, o enterramento. Antígona négase a cumprir esta orde considerando deber sagrado recollido en leis non escritas o enterrar os mortos. Verte sobre o cadáver un puñado de po ( xesto que bastaba para cumprir co rito do enterramento) e, consecuentemente, o seu tío Creonte, rei de Tebas dende que Edipo marchara, condea a Antígona a ser enterrada viva. Antes de se cumprir a pena, ela decide o suicidio aforcándose na prisión, facéndoo tamén o seu prometido Hemón que era fillo do rei Creonte, irmán de Iocasta e, polo tanto, tío de Antígona.

Este mito perdura como símbolo da necesidade do ser humano de render culto aos seus mortos e estes escritores que fan uso del para falar do tema de Garzón están a utilizar o mito na súa interpretación alegorista, é dicir, o mito, coa súa figurada e dramática linguaxe, como subconsciente dunha alma colectiva… , foinos transmitido sobre todo pola traxedia de título Antígona do xenial traxediógrafo ateniense Sófocles.

6


Un personaxe histórico romano: Cicerón Sé que la historia es la misma, la misma siempre, que pasa desde una tierra a otra tierra, desde una raza a otra raza, como pasan esas tormentas de estío desde ésta a aquella comarca. León Felipe, poeta zamorano exiliado en México en 1938

Noutros foros, compárase ao xuíz suspendido cun dos máis famosos persoeiros romanos: Marcus Tulius Cicero, (Cicerón) porque, ás veces parece que calquera feito político que poida suceder, xa sucedeu en Roma no convulso século I a.C. Pareceunos interesante recordar a súa vida para que se poida xulgar o acertado ou non da comparación. Cicerón foi un dos persoeiros romanos dos que temos un maior coñecemento debido sobre todo á importantísima colección de cartas que del se conservan. Nacera no 106 a.C. en Arpino, localidade a uns 120 qm de Roma e pertencía ao que hoxe poderiamos chamar a clase media acomodada. Así pois, non era patricio (aristocracia romana) nin tiña na súa familia predecesores na carreira política. Era o que na vida pública de Roma se chamaba un homo novus (home novo). Cando Cicerón cumpre 17 anos, o seu pai, que non estaba mal relacionado cos clans dirixentes da urbe, lévao a el e mais seu irmán a Roma. Alí comeza a súa aprendizaxe intelectual: a lingua grega, retórica, filosofía, e incluso abarca a composición poética. Paulatinamente aborda a faceta que maior gloria lle vai deparar: a oratoria, a arte de falar en público, indispensable en Roma para exercer o Dereito e a carreira política, as dúas facetas públicas deste home, avogado e político. A primeira exerceuna como acusador e como defensor e conservamos moitas das súas causas; a segunda foi fulgurante e no ano 63 é elixido cónsul de Roma, o máis alto cargo da República, converténdose así en home de Estado…Pero durante o seu consulado tivo lugar un feito clave que lle prexudicou enormemente: cos seus famosos discursos no Senado, coñecidos como Catilinarias, Cicerón acusa de conxura, destinada a derrocar o goberno, ao aristócrata Catilina que fracasara como candidato ao consulado e xa intentara anos atrás un golpe de estado. Para abortar a conxura, Cicerón, presionado polo núcleo duro do Senado, decretou pena de morte para os conxurados, sen xuízo previo debido á gravidade dos feitos e ao perigo que supuxeran para a cidade. Granxeábase así os odios da 7


aristocracia máis vetusta de Roma que, personalizada na figura de Clodio, argallou o seguinte: Clodio, pertencente a unha das máis altaneiras familias romanas e considerado un axitador social, odiaba a Cicerón porque este actuara como acusador nun proceso contra a súa persoa (por participar nun rito relixioso reservado exclusivamente a mulleres). A súa ansia de poder político levouno a facerse adoptar por unha familia plebea para así poder presentarse ao cargo de tribuno da plebe co que conseguía o poder de lexislar e propoñer leis. No ano 58 a.C. presentou unha proposición de lei pola que se penalizaba, con carácter retroactivo, a aqueles que ordenaran executar cidadáns romanos sen lles concederen a apelación ao tribunal do pobo. A partida estaba gañada e Cicerón debe partir a un desterro voluntario. O brillante avogado e aclamado excónsul da República, aínda que voltou, quedou tocado para sempre. O sempre molesto Cicerón, defensor acérrimo do sistema republicano, acabou sendo asasinado polos sicarios de Marco Antonio no ano 43 a.C. Foi unha figura pública contraditoria: republicano convencido e home do pobo pero seducido polo brillo da aristocracia que o manipolou contra os que a ameazaban, orgulloso e fachendoso por natureza pero vergoñentamente submiso cando a sorte non lle era propicia, o cal lle provocaba un sentimento de noxo ben coñecido polas súas cartas. Paralelamente ás súas facetas de avogado e político comprometido, foi intelectual de gran altura, fundamental na historia da cultura latina.

Conclusión Intentamos achegarvos un mito grego e un feito histórico romano que, como se pode apreciar, poden , despois de tanto tempo, seguir explicando, exemplificando ou simbolizando, feitos da nosa máis rabiosa actualidade.

Bibliografia: Grimal, Diccionario de Mitología, Paidós Howatson, Diccionario de la literatura clásica, Alianza Editorial García Gual, Introducción a la mitología griega, Alianza Editorial Cicerón, Cartas, Galaxia (Clásicos en galego) Cicerón, Sobre a vellez, Galaxia (Clásicos en galego) Utchenko, Cicerón y su tiempo, Akal

Laura, Manuel, Soraya Gabi, Javier, Santiago, Andrea, Janira, Gloria, Soraya e Stefan, alumnas/os de Latín de 4º ESO – A

8


CULTURA DE CALIDADE NO ENSINO

Alfredo Álvarez Rivera

“Non nos atrevemos a facer moitas cousas porque son difíciles. Pero son difíciles porque non nos atrevemos a facelas”

Séneca.

Parece que o termo calidade está de moda: escoitamos falar acotío de calidade na dieta, televisión de calidade, calidade de vida e, como non, tamén ensino de calidade ou calidade no ensino. Dentro do noso contexto educativo, nas escolas e institutos, a expresión calidade educativa é unha das máis utilizadas no día a día, senón a que máis. Neste artigo, sen outra pretensión que non sexa servir de apoio á comunidade educativa con ganas de facer melloras, quero falar dunha cultura da calidade, entendida esta como progreso e mellora continua. Mellora que non pode nin debe ir unida ao crecemento das

9


desigualdades e discriminacións duns, con máis recursos, a outros menos favorecidos coa excusa da busca dunha suposta excelencia. Non debemos esquecer que falamos de ensino público, de educación, e polo tanto, dun dos dereitos máis básicos e determinantes do ser humano.

É habitual utilizar entre nós o concepto de calidade como si todas e todos coñecésemos intuitiva pero perfectamente o que significa (W.E. Deming, Juran e Malcoml Baldrige son os primeiros “pais” do concepto de calidade). Aínda que, un por un, non nos sexa moi fácil definilo nin moito menos, e máis importante, chegar a consensuar, minimamente, o que significa para nós realmente no noso centro escolar o concepto de calidade. Seguro que cada unha das persoas do centro daría a súa propia e distinta definición do termo. Calidade entendida, simplemente, como intentar subir un pouco máis e non quedarmos no que estamos, un pasiño máis, chegar un pouco máis adiante. Tamén podemos pensar que calidade é a desaparición ou minimización daquilo que non funciona ben no noso centro, as non concordancias co establecido e deseñado nos proxectos. Indo máis alá, a calidade podemos definila como a capacidade que temos, como centro de ensino, de satisfacer os desexos dos nosos usuarios, sobre todo do alumnado, e de responder ás demandas do resto da comunidade: profesorado, familias, empresas, etc. Calidade, por suposto, como o grao no que o noso servizo educativo se adapta ás necesidades, expectativas e demandas dos nosos usuarios na nosa comunidade (Moreno Luzón, Perís e González, 2000 ). Tamén como aqueles resultados obxectivos e medibles en función daquilo que pretendiamos conseguir. Número de titulados, porcentaxe de aprobados, etc. Calidade entendida como un sistema de interacción entre as distintas partes: a suma de

10


todos aqueles factores que fan que o alumnado aprenda con alegría, que as familias aproben o que se fai na escola, que o profesorado estea motivado e que a comunidade, en xeral, logre melloras a través das nosas actuacións educativas. A calidade no ensino como conxunto de características do noso servizo educativo prestado que cumpren con aquelas demandas esixidas polos nosos usuarios (Domínguez, 1998). Sabemos tamén, que a calidade temos que conseguila entre todas e todos os axentes implicados neste proceso educativo. Non poderá existir un servizo educativo que sexa considerado de calidade mentres existan claras discrepancias entre algúns dos actores ou axentes implicados no proceso de mellora. Tampouco existirá mellora da calidade si non existen datos obxectivos avaliables e medibles para a mellora dos procesos. Se non hai ningún consenso, ou este é moi baixo, á hora de definir os aspectos ou procesos clave do centro ou se non se fixo, nin se fai, unha autoavaliación real da escola ou centro de ensino, feita dende dentro do mesmo centro (como propoñen diferentes modelos como Modelo EFQM de Excelencia).

Resumindo: calidade como prestixio, como excelencia, como acreditación, como contar cos mellores recursos, como bos resultados, como a consecución dos obxectivos, das finalidades, como a mellora dos procesos, como o traballo ben feito, como adaptación a unha norma de calidade, como ausencia de defectos, como formación e capacitación dos docentes, como liderado eficiente, como satisfacción dos usuarios, como autonomía dos centros, como participación da comunidade na xestión, como traballo en equipo, como autoavaliación do sistema, do centro, dos procesos. Unha escola de calidade ten que ser, por tanto, unha escola eficaz, isto é, que alcanza os fins, metas e

11


obxectivos que a comunidade espera dela. Pero un centro ten calidade e funciona ben se é quen de contribuir a compensar as diferenzas debidas a factores socioeconómicos e culturais, compensanción de desigualdades como eficacia, se ten claros os valores e finalidades do centro e, por suposto, se leva a cabo un sistema de procesos clave (sistema de mellora continua) definidos e consensuados para a mellora continua.

En definitiva, moitos e moi variados modos de interpretar un mesmo concepto. Temos necesariamente que consensuar, en primeiro lugar e como paso previo á mellora, a nosa propia definición no noso propio centro.

As escolas e institutos non podemos valorar, non penso que se faga, os nosos resultados dende parámetros económicos e a curto prazo coma se estivésemos a falar dunha empresa adicada ás ventas. Si debemos analizar os nosos resultados en termos de beneficios sociais para a nosa comunidade e, por suposto, para a sociedade. A calidade no ensino non pode ser, non é, algo externo ou extrínseco ás escolas, institutos ou universidades. Unha axeitada cultura de calidade reflectida nun sistema de mellora continua e deseñada nun manual de calidade do centro, dependerá en grande medida dunha palabra clave que dependerá de todo o persoal da escola: COMPROMISO. Todos nós, como axentes implicados no proceso educativo, debemos poñer da nosa parte día a día, trimestre a trimestre, cara á mellora dos nosos resultados e do servizo educativo que ofertamos. Cultura da calidade que conlevará comunicación, traballo en equipo, que non é o mesmo que traballo en grupo, colaboración, motivación e responsabilidade individual e colectiva no proceso de mellora continua.

12


Seguindo a definición da OCDE (1995), algúns dos factores que, dende a miña perspectiva, determinan a calidade dos centros son os seguintes: compensación de desigualdades relativas a déficits económicos e socioculturais, sobre todo do alumnado e das familias. Perspectivas de mellora cunha autoavaliación continua da escola ou instituto. Estabilidade laboral das traballadoras e traballores dos centros. Implicación das familias na marcha do centro, participación nos consellos escolares, nas ANPAS, nos documentos determinantes para o funcionamento como PEC, PCC, Manual de Calidade, RRI, etc. Compromiso real coas normas e metas claras, simples e compartidas por toda a comunidade (Sammons, Hillman , Mortimore, 1998). Establecemento das finalidades e valores propios do centro. Papel determinante do equipo directivo e implicación real en temas como á mellora da calidade, a organización por procesos clave (ensino e aprendizaxe, matriculación, oferta de ensinanzas, a xestión, coordinación e control, etc). O papel da dirección é clave no funcionamento das escolas e institutos xa que supón unha continua toma de decisións sobre aspectos administrativos, económicos, disciplinarios, etc. A directora ou director debe ser o impulsor ou mediador clave nos centros de ensino. Bó clima de ensino e aprendizaxe, como motor básico de cara á consecución de metas establecidas entre todos. Seguindo a Marchesi e Martín en Escuela Española, 2002 hai outra serie de variables como son que a motivación da comunidade educativa é importante na consecución dos logros e na prevención do fracaso, do estrés e demais variables psicosociais negativas. Apoio claro das administracións educativa; para innovar e facer cambios é salientable o papel que debe xogar a inspección e a administración en xeral.

13


Organización eficiente do profesorado; a profesionalidade e o coñecemento claro dos obxectivos que se perseguen no centro conleva eficacia nas nosas funcións. Atención aos dereitos e deberes de todos aqueles axentes implicados no proceso educativo: alumnado, profesorado e familias ademais doutros como concellos ou empresas colaboradoras. Expectativas positivas sobre as posibilidades de mellora do noso centro, achegamento ás innovacións e pouca resistencia aos cambios. Recursos materiais; aulas, laboratorios, talleres, biblioteca e demais para desenvolver o noso papel como profesorado, familias ou alumnado. Gustaríame subliñar que é posible obter unha educación de alta calidade nunha escola con poucos medios xa que é sabido que moita xente moi instruída cursou estudios en escolas rurais sen moitos recursos pero aprenderon a aprender.

Para finalizar, un sistema de mellora continua tense que establecer coa aprobación do claustro e, sempre que se poida, do resto do persoal do centro. Terase que deseñar, documentar, manter e cambiar de acordo sempre aos criterios definidos nos distintos documentos de organización do noso centro, sobre todo no manual de calidade e no Proxecto Educativo do Centro. Moi basicamente e dun xeito moi resumido, este sistema de mellora levarase a cabo no centro seguindo unha serie de fases parecidas ás que seguen: identificar aqueles procesos que na nosa escola ou instituto consideramos máis importantes. Determinar as relacións e interacións entre estes procesos e definir subprocesos. Determinar indicadores, criterios e métodos para controlar que os procesos sexan eficientes. Sinalar a dispoñibilidade de recursos, formación e información necesarias para levar a cabo o sistema. Clarificar os métodos e medios para facer a medición,

14


análise e control de todas as accións determinadas e deseñadas. Puntualizar as medidas e accións necesarias para asegurar os resultados planificados. Determinar os puntos fortes e as áreas de mellora. Potenciar a formación do persoal implicado no tema da avaliación da calidade. Creación dunha comisión interna no instituto e determinación dun responsable de calidade.

A primeira dificultade debería estar vencida, refírome a ter superado o descoñecemento inicial do que entendemos por calidade no noso centro e o compromiso firme e sen dúbidas dos nosos equipos directivos. A segunda dificultade a vencer é o medo aos cambios, a resistencia ao cambio, que existe en moitos centros de ensino e outras organizacións, unha mellora sistemática da calidade propón e conleva un cambio significativo en certas pautas de comportamento e condutas que pode que xa estean moi arraigadas nos nosos centros. É dicir, en primeiro lugar imos cuantificar claramente o esforzo que teremos que facer xunto a incerteza dos resultados. A

terceira das dificultades pode ser o desalento,

necesitamos moita constancia ata que no centro poidamos detectar claramente os primeiros cambios e beneficios, que poden tardar pero que sempre chegan. Ás veces teremos a sensación de camiñar un pasiño para diante e outro para atrás e a paciencia e a perseveranza van ser esenciais para non desmoralizarse.

15


ACTIVIDADES da BIBLIOTECA: CURSO 2009-2010 - CELEBRACIÓN DE EFEMÉRIDES: -

2 DE ABRILO/12 DE ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DA LITERATURA INFANTIL E XUVENIL; en conmemoración do aniversario de Hans C. Andersen realizamos as seguintes actividades: o Lectura, ás 12 en punto na mañá, do texto de Eliacer Cansino, proporcionado pola Asociación de Libreiros a todos os centros colaboradores. Nalgunhas aulas, a lectura realizouna un/ha alumno/a a quen se lle entregara o texto previamente para que o preparara (por exemplo, en 1º A a lectora foi Sara Otero) o Troco de libros: Tras unha sinxela campaña de promoción (a través do profesorado de Ciencias Sociais, cartaces e pequenos folletos, a semana anterior ao 12, alumnos/as e membros do profesorados entregaron ás bibliotecarias libros que desexaban intercambiar; recibiron, a cambio, un vale por libro. No tempo de lecer, o mesmo día 12, tres alumnas de 4º A de ESO (Soraya, Yaiza e Nerea), voluntarias, organizaron o stand e dirixiron o troco de libros por vales.

-

DÍA DO LIBRO, 23 DE ABRIL: As actividades realizadas foron as seguintes: o Exposición PARA QUE LES?: En colaboración coa O.N.G. “Implicadas no Desenvolvemento”, no noso centro, como en case todos os centros do Plambe, colocamos na

16


planta baixa, NA ENTRADA E NO CORREDOR que vai á biblio unha serie de fotos e respostas á pregunta Para que les? de personaxes pertencentes a diversos campos da vida galega (cultura, deportes, arte, ... ). Por outra banda, á entrada do centro, situamos un panel onde pegamos as respostas que o alumnado e o profesorado deron a esta pregunta (non demasiadas, por certo). o Escritura noutras linguas: O día 23 de abril, durante o tempo de lecer (de 11:00 a 11:30), os alumnos Dom Lei (China) e Safae (Marrocos) escribiron na caligrafía das súas linguas de orixe (chinés e árabe) os nomes propios daqueles/as alumnos/as que o solicitaron. Non pararon de responder solicitudes en todo o tempo de lecer!

o Concurso de Marcapáxinas elaborados en clase de lingua castelá en 1º de ESO (días 23 e 26 de abril). As profesoras de lingua castelá (Pilar Ferrín e Teresa Monteagudo) dirixiron un obradoiro de marcapáxinas en papel envellecido artesanalmente (con café e un esqueiro) e escritos con caligrafía antiga. Tres profesores non implicados na actividade (e pertencentes ao equipo da biblio) adxudicaron dous premios por grupo, a partir da valoración dos seguintes aspectos: o Organización do espazo o Envellecemento do papel o Calidade da imitación da caligrafía antiga o Formato de marcapáxinas

17


- EXPOSICIÓNS: o Exposicións de novidades recén adquiridas (ou con moi pouco movemento na biblioteca) destinadas tanto ao alumnado como ao profesorado, NA ENTRADA PRINCIPAL AO INSTITUTO. o Exposición realizada na biblioteca sobre o MUNDO DOS INVENTOS durante o segundo trimestre do curso, en relación co traballo a realizar no Proxecto Interdisciplinar en 1º de ESO. o EXPOSICIÓN DE POESÍAS DE AMOR desde o 6 ao 15 de FEBREIRO: Colocamos á entrada do centro un panel con poesías en tamaño DIN A3 de diferentes autores, tanto galegos como casteláns, e unha caixa con fotocopias das mesmas en tamaño Din A5 destinadas ao alumnado “namorado/a” ou simplemente interesado/a.

o EXPOSICIÓN: HISTORIA DO LIBRO, emprestada polo IES Fernando Esquío de Neda durante a segunda quincena de febreiro. Foi colocada na entrada do centro (os útiles de escritura antiga) e no corredor da planta baixa que vai á biblioteca (20 paneis informativos protexidos con cristais onde se detallaban as distintas etapas da historia do libro dende a prehistoria ata o século XXI e unha cronoloxía detallada en DinA3 con datas e feitos históricos relevantes. As actividades relacionadas coa

18


exposición (tamén doadas xenerosamente polo mesmo centro) foron repartidas entre o profesorado de CC.SS. e Lingua Castelá (todos os materiais expostos están en español). Tan só tres profesores as realizaron con tres grupos (1º e 4º e ESO)

o o o o o o Exposición “BICOS NA TÚA LINGUA” emprestada polo IES Rodeira de Cangas. Consiste en cartaces tamaño Din A3 (máis de cen), plastificados, de poemas ou versos de tipo amoroso cun fondo ilustrado a ton co contido do poema. Foron colocados no corredor que leva a biblio, na planta baixa, e na segunda, no corredor dos departamentos didácticos. O alumnado de PROI realizou unha actividade documental (de busca na rede) a partir dos autores dos versos expostos. o Exposición: “LIBROS DE ANTONTE”, inaugurada o día 24 de maio con multitude de materiais. Para ela habilitamos a casa do conserxe (actualmente en desuso), xa que nos pareceu o espazo máis axeitado para a exposición, polo seu tamaño e tamén por seguridade (algúns exemplares son moi antigos e valiosos). Contamos con catro salas, iluminación ambiental e mesas grandes dispostas arredor dedicadas a distintas temáticas O noso obxectivo é ofrecer unha retrospectiva dos predecesores do libro actual en diferentes campos. Pretendemos amosar exemplos físicos que nos axuden a

19


aportar unha idea xeral de cal foi a evolución desta peza clave no progreso e evolución da humanidade en xeral, entendendo as circunstancias sociais, persoais científicas e tecnolóxicas que posibilitaron este avance. Os fondos dos que dispoñemos proveñen tanto das doazóns do profesorado (entregóuselle previamente unha circular solicitando a súa axuda), dos departamentos didácticos, do Arzobispado e do Arquivo do Museo de Pontevedra (previa mediación do sacerdote encargado das clases de relixión no centro). E organizámolos arredor das seguintes categorías:  Iluminación: Aproveitando porte do traballo didáctico que está a facer o grupo de Tecnoloxías da Información e da Comunicación expoñemos os elementos clave na iluminación dos códices nunha presentación en Power Point no comezo da exposición (vía canón, claro): En que consistía iluminar un manuscrito?; Para que se facía?; En que contexto se realizaba?; Quen o facía? Onde se facía?; Etc.  Libros relixiosos.: A maior cantidade de exemplos de libro antigos, e onde mellor se observa a evolución do libro coma obxecto e no ámbito da produción da igrexa e de todo o relacionado coa relixión. Dispoñemos de bastante variedade de Iibros desta temática que abarcan tanto a diversa tipoloxía, coma as diferentes etapas históricas.  Libros escolares: Aqueles vinculados directamente coa escola coma institución de ensinanza.  Libros de formación: Relacionados co xurdimento e evolución dos textos de formación non estritamente vinculados coa escola. (universidades, outra formación non regrada. a distancia ... )  Oficios: Aínda que estritamente poderiamos encadrar este apartado dentro do campo da formación, 0 numero de libros específicos sobre os oficios, tanto os que subsisten hoxe en día coma os desaparecidos, permítenos crear unha categoría independente.  Arte, arquitectura: Temos bastante variedade de exemplos de textos de arte, e en especial de arquitectura, dende os pioneiros ata textos de décadas pasadas.  Ensaios: Aínda que non dispoñemos de material abundante (libros antigos sobre filosofía, ciencias, técnica, ... ), consideramos que é unha categoría fundamental na historia do libro e do saber da que non podemos prescindir.

20


 Literatura: Edicións antigas de libros da literatura universal, literatura castelá e galega.  Galicia: Incluímos neste apartado exemplos vinculados directamente con Galicia de variada temática: historia, ensaio, música, ...  Libros Curiosos, interesantes e raros non incluídos nos apartados anteriores .  Libros de Iibros: Estudos sobre a historia do libro, a imprenta, a caligrafía, a encadernación, ...

Ademais, completan a exposición numerosos cartaces informativos e decorativos, materiais de escritura (plumas, tinta, …), un ordenador con canón onde se podía visualizar, ademais do Power point sobre iluminación elaborado polo alumnado de 1º de bacharelato, varios vídeos baixados de Internet sobre temas afíns: escritura antiga, encadernación, …

-

PROXECTO “LER NAS AULAS” nos catro cursos da ESO: Tras varias sesións explicativas, a opción votada polo claustro de profesores foi a seguinte: Decidiuse adicar unha sesión de clase á semana, e cada semana na hora seguinte á da semana anterior. Por exemplo, comezamos o luns día 2 de NOVEMBRO na 1ªh da mañá. Á semana seguinte, fíxose á 2ªh do luns, a seguinte na 3ªh do luns , logo a 4ªh, a 5º e a 6º; seguidamente, comezamos coa 1º do martes, e así sucesivamente. Ao remate destes períodos lectores, o profesorado debe 21


cubrir unha folliña de control, co número de alumnos/as sen libro) e depositala no casilleiro 13 (o de Pilar Ferrín). Na sala de profes e no taboleiro da biblio (xunto a conserxería), houbo durante todo o curso un calendario mensual (dous meses de cada vez) coas datas correspondentes para que o profesorado e alumnado o tivese en conta e non esquecese os libros. Esta actividade, presentouse ao profesorado e alumnado como unha actividade OBRIGATORIA de cumprimento, pero PRACENTEIRA en canto a lectura: Cada alumno/a ten que traer a lectura que desexe, ou o que estea lendo nese momento (sexa lectura recomendada dalgunha materia no instituto ou non), agás prensa e revistas. Durante o primeiro trimestre, ata conseguir regularizar a actividade, houbo unha caixa na sala do profesorado con revistas e algún cómic; a partir do segundo, estableceuse a norma de que o alumnado sen lectura realizase, durante a “Hora de ler” as tarefas escolares que o profesor/e encargado da clase lle encomendase.

-

MOCHILAS VIAXEIRAS

en 1º e 2º da ESO: Co material (mochilas) donado pola Consellaría decidimos ampliar este proxecto a 1º de E.S.O. Puxemos así en marcha catro mochilas en 1º e catro en 2º (unha por grupo, agás en 2º A, onde, a petición do propio alumnado, son dúas as que están a rolar). Como o ano anterior, o tempo de permanencia da mochila en cada fogar estableceuse nunha semana. Os encargados da actividade foron Pilar Ferrín e Marga del Amo en 1º (membros do equipo da biblio) e Teresa Monteagudo e Jose Luis Álvarez, profesores de Lingua Castelá, en 2º.

22


Cada mochila incluía, como o ano anterior: Unha carta de presentación da actividade con consellos e normas de uso. Un caderno viaxeiro cunha listaxe dos fondos contidos no interior. Material variado: unha película, seis libros (un cómic, unha novela en castelán e outra en galego, dous de temática variada e un de contido educativo) e un Cd-rom de interese xeral (animais, rutas do mundo, o corpo humano, …)

-

O RECANTO DA POESÍA: Continuamos con este proxecto (baseado nunca idea do IES “Auga da Laxe”) iniciado no segundo trimestre do curso 07-08. Cada semana continuamos ofrecendo ao alumnado e profesorado un novo poema no que alternamos o uso do galego e do castelán. O poema, ilustrado e plastificado en DIN a 3, leva a vida e obra do poeta ou poetisa no reverso. Na caixa inferior, colocamos fotocopias en cores e tamaño DIN a 5 do poema para quen o desexase. Na biblioteca, sobre o mostrador, un álbum amosa aos usuarios/as unha recompilación de todos os poemas expostos, e onde, os que o así o desexen, poden completar con opinións, debuxos, … Este curso, ademais, ofertamos a todos os membros da comunidade educativa a posibilidade de entregarnos o seu poema favorito para o Recanto; a cambio, a biblio lle faría unha copia plastificada do mesmo. Tan só participaron dúas persoas: unha alumna de 4º (Gloria, de 4º B) e unha profesora (Sandra Mera, de Lingua Castelá).

-

Continuación co PANEL DE PRENSA

á entrada do centro, onde colocamos, semanalmente (ou cando aparece algo interesante), artigos interesantes de diferentes temas, noticias de actualidade, páxinas webs relevantes para toda a comunidade educativa...

- CLUB DE LECTURA:

No mes de decembro puxemos en marcha tres clubs de lectura integrados por alumnos/as de todos os niveis educativos (especialmente, de 2º de ESO a 2º de Bacharelato):

23


Club de lectura “Anaconda”: Estivo dirixido por Teresa Monteagudo, profesora de Lingua Castelá, que elixiu o libro: Cuentos de la selva de Horacio Quiroga (editorial Vicens Vives) Nun principio, o número de alumnado anotado foi de 24, procedentes de 1º, 2º e 3º da ESO (elixidos entre los de menor “nivel lector”). Nas seguintes sesións, o número foise reducindo paulatinamente ata chegar, dependendo da sesión, a cinco participantes. Club de lectura (sen nome) formado polo alumnado de 2º e 3º de mellor nivel lector. O libro elixido polo corordinador Eduardo González (Lingua Galega) foi Dez negriños, na versión traducida ao galego pola editorial Galaxia. Este club, por mor da baixa do profesor encargado, comezou máis tarde, en febreiro. O retraso ocasionou un descenso chamativo do alumnado (en principio, 24 anotados) que quedou finalmente reducido a dous (iso, sí, moi bos lectores). Clubs de lectura “Todas las familias felices”. O coordinador (gran apaixoado pola lectura) foi Jose Luis Álvarez (Lingua Castelá). Aínda que inicialmente debía encargarse dun único club de lectura, decidiu dividilo en dous debido a certos problemas para que os alumnos de 2º de Bacharelato puidesen acudir ás reunións. o Para o primeiro club, formado por catro alumnas de 1º de Bacharelato, Jose Luis elixiu a banda deseñada. A obra escollida entre tod@s foi Fábulas, da editorial DC, “Vértigo”. O segundo libro que as alumnas escolleron entre varias opcións foi “Jane Eyre”. o En canto ao segundo grupo, formado por dous alumnos/as de 2º de bacharelato, a selección de obras foi moi sinxela debido ao nivel lector dos moz@s, bastante alto, por certo, e a boa conexión persoal co coordinador (froito de varios anos de impartirlles clase). A primeira elección recaeu en La noche del oráculo, de Paul Auster. A segunda lectura foi El país del agua, do escritor inglés Graham Swift.

- OUTRAS ACTIVIDADES: o Representación o 3 de xuño de 2010 de “O cantante e as mulleres” interpretada na casa da Cultura de Salvaterra polo grupo de teatro “Migallas”. Na subvención desta actividade participou o departamento de Normalización lingüística do centro.

24


o Obradoiro de ilustración a cargo de ANXO FARIÑA, para primeiro de ESO. Esta actividade foi organizada e promocionada pola editorial Consorcio Editorial Galego, que agasallou aos rapaces e rapazas cun libro dos Megatoxos. o BIBLIOTECA DE AULA, en 3º de ESO e ubicada na aula-materia de Lingua Galega. A profesora dispuxo dun caderno de control e máis de cincuenta libros en lingua galega dos tres xéneros literarios fundamentais: narrativa, teatro e poesía.

PROXECTO INTERDISCIPLINAR: A formación de usuarios, un dos nosos obxectivos prioritarios, levouse a cabo en 1º de E.S.O. na materia de PROXECTO INTERDISCIPLINAR (1º trimestre), impartida este curso pola coordinadora, Pilar Ferrín (1º A e 1º B) e Marga del Amo, membro do equipo da biblioteca e profesora de Educación Física (1º C). O 2º e 3º trimestre adicámolos ao traballo interdisciplinar propiamente dito foi. Este ano eliximos facer “Un libro sobre os inventos”, que desenvolvemos do seuinte xeito:  Elección, por sorteo, dun invento por parella.  Elaboración, por medio da técnica de “Remuíño de ideas” dun esquema de traballo a seguir por todo o alumnado. o Inventor: Breve biografía e foto o Como xurdiu a idea o Descrición do invento: o nome, características físicas, vantaxes e utilidades, … o Funcionamento o Evolución do invento ao longo da historia (con fotos) o Outros: algunha entrevista, …

25


 Actividades de coñecemento das partes dun libro, uso do índice xeral e temático e notación bibliográfica.  Busca de información na biblioteca entre os libros da exposición sobre “Os inventos”  Busca en Internet.  Elaboración do traballo seguindo o esquema establecido e as pautas tipográficas establecidas polas profesoras encargadas da materia. Para facilitarlles a tarefa, o alumnado dispuña dun modelo (sobre un invento sinxelo, “a fregona”) en Din A3 situado nun lugar visible e de fácil acceso na aula de Informática. Cos materiais resultantes (algúns dos cales figuran nunca carpeta do CD que acompaña esta memoria) fixemos un libro que poderedes ver exposto nun atril nun lugar visible do centro (probablemente no descanso do primeiro andar) e que logo pasará a formar parte dos fondos da nosa biblioteca.

ENTREGA DE PREMIOS: Tivo lugar (máis ben, terá lugar o día 22 de xuño, na festa fin de curso. Entregaranse os agasallos correspondentes ás seguintes categorías, xunto co caderno (ou mochila) enviado este curso pola Consellaría de Educación:

26


 Os mellores lectores do centro (os que máis libros colleron en préstamo ao longo do curso).  

Carolina Alves de Souza Adrián González Jorge

 Concurso “As normas de uso da gañadores/as son:  Borja Fernández (1º A)  Xiomara (1º C)  Ana María (1º C)  Jasmín (1º B)  María Alonso (1º B)  Laura Guillade (1º A)  Sheila Bernárdez (1º C)

biblioteca”:

Os

sete

 Concurso de marcapáxinas en papel envellecido artesanalmente. Os gañadores/as son:          

Nazaret Correa Laura Guillade (1º A) Jasmín (1º B) Silvia Nodal (1º B) Nazaret Pino (1º C) Xeila Bernárdez (1º C) Cecilia Pereira (1º D) Alba (1º D) Cecilia Miguez (1º de Bacharelato) Estefanía Martínez (1º de Bacharelato)

 Alumnado colaborador o día 12 de abril no obradoiro de “Escritura noutras linguas”:  

Dom Lei Safae Marchau

27


EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA 09/10 O ENDL do IES organizou, sempre coa colaboración do Departamento de Lingua Galega ou axudando ao equipo da nosa Biblioteca, as seguintes actividades:

O 29 de outubro asistimos, en Cangas, á representación da Comedia bífida co alumnado de Bacharelato, con quen volvimos saír de excursión o 12 de abril, desta volta a Ourense, para facermos o percorrido dos protagonistas d’A esmorga polas rúas da cidade. Colaboramos co equipo da Biblio do IES na actividade que realizamos o 3 de maio: representación da peza de teatro O cantante e as mulleres, pola compañía Migallas. Asistiu o alumnado de 3º, 4º e Bacharelato. Tamén no mes de maio, para conmemorar as Letras Galegas, participamos co alumnado de 1º ESO no Correlingua 2010, celebramos unha nove edición do concurso Pasaletra, que xa se está a converter en tradición e segue a ter éxito, e por 1ª vez a Semana do Cine Galego, do 10 ao 14 de maio. Gañadoras do Pasaletra: Eva Villar e Antía Pereira de 2º ESO e Sheila Fdez. e Uxía Glez. de 4º 2ª posición: Diego Antelo e Tomás Valderrama (2º ESO) e Brais Fdez. e Diego Puga (4º ESO) Gañadoras do certame literario: Narración: Eva Villar, 2º ESO - A Lírica: Soraya Grandal, 2º Bach. Noraboa e grazas por participardes!

28


A FESTA DA NOSSA SENHORA DA CABEÇA 2010 FREGUESÍA DE CORTES, MONÇAO Tódolos anos na Semana Santa vou á festa da Nossa Senhora da Cabeça, en Portugal. Alí viven os meus avós Laura e Luís e sempre nos invitan a comer nese día. Este ano fun dar unha volta o luns pola noite, na véspera da festa do martes, e estiven cunha compañeira do meu instituto chamada Alba, que vai en 1º de ESO C. Despois xuntámonos con outra amiga máis, Lucía, montamos no saltamontes e pasámolo moi ben. O martes pola mañá fun para Portugal, a comer a casa dos meus avós. Ao chegar preparamos a mesa e a comida, para deixar todo listo antes da misa, e logo marchamos á festa. Cando estivemos alí, fomos dentro da igrexa para mirar a santa e démoslle una esmola, logo vén a misa “vaia, nós non quedamos na misa, quen vai é a miña avoa; nós andamos a mirar os telderetes da roupa, porque hai algo de feira” Cando acaba a misa, sobre a unha en Portugal e as dúas en España, sae a procesión. Diante de todo desfilan dous cabalos brancos, un a cada lado, despois vai unha banda de música, e detrás vén a virxe acompañada doutros santos. A xente que leva os santos é nova, porque as imaxes pesan moito e teñen que aguantar todo o percorrido. A continuación, camiñan os rapaces vestidos da Señora da Cabeza e de Xesús, algúns levan unha rede con peixes. Detrás van os curas seguidos doutra banda de música e, por último, vai a xente que queira acompañar á procesión levando cabezas, pés e mans de cera. A xente fai promesas, como ir descalzo ou de xeonllos toda a procesión para pedirlle á virxe que cure a algún familiar ou algunha persoa querida. Tamén se pode botar esmola. A santa está moi bonita nese dia porque lle poñen moitas flores. Ao rematar a procesión fomos para a casa a comer. Acabamos a paparona e estivemos un pouco charlando na mesa toda a familia e logo volvemos á festa. Pola noite, cando estabamos a cear, empezou a chover e xa non puidemos ir á verbena. ¡Que pena! coas ganas que tiña eu de andar cos amigos a dar unha volta nos “cochitos” e no “saltamontes”… Recomendo una cousa para o próximo ano, que vaiades mirar a procesión e que tamén vaian tódolos profesores e profesoras. É unha festa moi chula, porque hai moitas atraccións e vai moita xente. Ricardo Afonso Ferreira 2º ESO A

29

maio 2010


DESCENSO EXTREMO NA PICARAÑA (Ponteareas) O sábado anterior ás vacacións de Semana Santa fomos realizar unha competición de descenso en bicicleta no monte da Picaraña. Chegamos e tivemos que facer o recoñecemento do tramo a pé e ás 10 horas empezamos a facer o percorrido. Ao chegar á terceira baixada ocorreu o tráxico accidente. Mentres eu facía o percorrido, ao saír dunha curva no salto 12, din un chimpo e caín de cabeza para diante. Tiven feridas bastante graves nas costelas e nos brazos. Saltei sobre uns 16 m, porque ao saír da curva forcei moito a roda dianteira, partiu e dei unha volta de campá. A bicicleta non valeu para nada. Leváronme ata o final do percorrido e de alí fun a urxencias. Fixéronme as curas e dixéronme que tiña que estar 3 días sen andar en bici. CHRISTIAN RODRÍGUEZ VALCÁRCEL 1º ESO B Maio 2010

Foto non real, pero semellante

VIOLENCIA NO MOTOCROSS (Salvaterra) Nas vacacións de Semana Santa, fomos Rafa e mais eu coas motos polo monte de Pesqueiras. Alí, no Castelo, sufrimos unha caída. Eu acabei nas silvas e Rafa no asfalto. Despois, como Rafa non me axudou a levantar, púxenlle uns paus na pista e escapei. Ao pasar por alí, el non mirou os paus, caeu e dislocou o pescozo. Tivemos que chamar a ambulancia e despois fomos ao hospital. Rafa estaba ben, puxéronlle un protector no pescozo e déronlle uns medicamentos. Ao volver, fomos para casa a cear. JOSE ABEL GARCÍA LEMOS 1º ESO B maio 2010

Foto non real

30


UN LORO EN FIOLLEDO Cando remataron as vacacións de verán do 2007, Martín trasladouse de Ponteareas a Fiolledo, para vivir na casa dos seus avós. O avó de Martín tiña un loro chamado Paco. É un animal de cor gris, con algunhas plumas vermellas na cola, de tamaño mediano e come pebidas, follas de leituga, anacos de mazá, etc. Un día Martín escoitou a voz da súa avoa que o chamaba. -

¡Martín,Martín!

O rapaz foi correndo a xunto dela para preguntarlle que quería.

A avoa do rapaz sorprendeuse e

díxolle: -

Eu non chamei nada, rapaz.

Ao pasar un par de días, Martín sentiu que a avoa berraba o seu nome con moita insistencia, e acudiu rapidamente. Outra vez lle respondeu a avoa que ela non fora, e que deixara de enredar. ¡ Que estraño! El escoitara perfectamente a súa voz. Un día, estando preto de Paco, descubriu quen o chamaba ¡Vaia broma! Martín decatouse nese momento de que o animal imitaba perfectamente a voz da súa avoa. Dende aquela xa non volveu picar máis.

Martín Codeseda 1º ESO C

PALOMA, A EGUA DE JONATHAN Hai dous anos un tío de Jonathan, chamado Jose e que vive en Santiago de Compostela, ía matar unha egua, de nome Paloma, porque estaba coxa. Jonathan e a súa nai foron visitalos e souberon do que quería facer Jose coa egua. Como lles deu pena, compráronlla. Pagáronlle 300. A egua veu vivir para Fiolledo. Estaba contenta, engordou e fíxose moi cariñosa. Ao pouco tempo de chegar, tivo un poldro que se chamaba Trono. Era de color negra e cunha mancha branca na cabeza. Tiveron que levalo para Santiago de Compostela, porque o tío de Jonathan quería quedar con el, xa que era un macho e a egua nunca tivera un. Como era moi noviño, non aguantou a viaxe e no outro día morreu.

Ao final, a egua volveu de novo para a casa de Jonathan.

Jonathan Ubeira 1º ESO B

31


(Adaptación de Brancaneves) Érase unha vez un reino próximo, no que vivía un príncipe moi só. Os pais morreran nun accidente de carro ao caer por un barranco. O pai deixara un testamento no que dicía que a súa irmá, Xosefa, tiña que facerse cargo do seu sobriño Brancoxoán , o príncipe herdeiro. Pero a tía, que lle tiña envexa, ordenou a un mordomo que matara a Brancoxoán. Despois o criado chamou a Brancoxoán, dicíndolle que quería falar con el no bosque. Unha vez alí, o mordomo díxolle que se afastara do castelo, que corría perigo. E camiñando, camiñando… o príncipe atopou unha casiña “rossa” e entrou. Quedou abraiado con aquel fogar porque todo o que alí había era “rossa”. Non apareceu ninguén, pero todo estaba sucio e desordenado. Nunha mesa había sete pratiños “rossass” postos na mesa desordenadamente e sete cadeiriñas da mesma cor. Comeu un pouco de cada prato e deitouse no sofá a durmir. Logo subiu ao cuarto e mirou sete camas sen facer, con sabas tamén rossass. Cando volveron as ananiñas que vivían na casa, descubriron un rapaz durmindo no sofá. Brancoxoán espertou ao escoitar ruído. Entón as ananiñas preguntáronlle que facía na súa casa. Brancoxoán contoulles a súa historia e as ananiñas decidiron que quedara a vivir con elas. O mozo prometeulles face-las tarefas da casa (limpar, cociñar etc.) -Moitas grazas, non serei un estorbo para vós -dixo o príncipe. Á mañá seguinte, Brancoxoán preparou o almorzo para as ananiñas, pero elas preferiron ir á taberna a tomar unha “chiquita” de viño. Ao príncipe non lle importou, porque a el lle gustaba moito comer e papou todo o almorzo el soíño. Elas advertíronlle, antes de marchar, que debía abrirlle a porta a todo o mundo. Máis tarde sentiu chamar á porta. Era un vello que afirmou ser amigo das ananiñas e que lles viña traer peras. Como a Brancoxoán lle gustaban moito, elixiu a máis grande das que traía o vello na cesta, e comeuna. De alí a un pouco comezouse a encontrar mal e tombouse no sofá. Cando regresaron as ananiñas, un pouco desorientadas da taberna, creron que Brancoxoán estaba morto. Moi tristes, preparáronlle un funeral no bosque. Mentres realizaban o funeral, apareceu unha fermosa campesiña montada nun burro, que se achegou ao mozo defunto para lle dar un bico pero... ¡Xa se lle adiantara o burro! Brancoxoán espertou e as ananiñas puxéronse moi contentas. El e mais a campesiña namoráronse rapidamente e foron vivir á casa dela. Ao cabo dun tempo casaron e tiveron media ducia de fillos e fillas. Xeila Bernárdez, Martín Codeseda, Jonathan González

32

1º ESO C


NARRACIÓNS EN 1ª PERSOA

Dinapo, un dicionario egoísta Todo comezou cando ía ao xulgado para pór unha denuncia e atopeime con Libreta e con Bolígrafo, entón pregunteilles se foran eles quen me roubaran as palabras. Libreta respondeume que non, e entón Bolígrafo dixo que fora el quen as collera porque as precisaba, e empezamos a discutir. - ¿ Porque me colliches a miña palabra favorita? - dixen eu. - Eu non sabía que esa era a túa favorita, Dinapo. - Está ben, pero de todos xeitos non podías roubarme palabras, porque todas son miñas. - E de onde imos quitar palabras, entón? Despois de moito porfiar, quedamos en que no noso país había moi poucas palabras e debiamos conseguir máis no estranxeiro. Ao día seguinte Bolígrafo, Libreta e mais eu collemos un barco e fomos buscar palabras polo mundo adiante. Despois de navegar varias xornadas, demos cunha illa chea delas. Eu díxenlles que podiamos coller todas as palabras que quixésemos. Así foi, como había ninguén por alí, puxémonos a recoller e enchemos varios sacos delas. Houbo certos problemas con algunhas como: paciencia, tolerancia, xustiza, amor, dereitos, obrigas, intelixencia, beleza, etc. Todos as queriamos levar e para evitar disputas, quedamos en compartilas. Metémolas no barco e trouxémolas para o noso país para gozar delas escribíndoas en miles de contos e poemas. Iván Bouza, Juán José Carrera, Jesica Gonçalves, Borja Fernández 1º A

Un elefante do atlético Eu son un elefante e chámome Bonglo. Como todos os da miña raza son grande, forte, con moito peso e altura. Nacín cunhas liñas brancas e vermellas polo corpo e, debido a iso, son seareiro do Atlético do Madrid, o mellor equipo do mundo! O meu grande soño é ser futbolista. Dende pequeno sempre andei arredor dunha pelota, ata cando faciamos grandes desprazamentos pola selva en

33


busca de novos pastos. Teño moita habilidade coa trompa para canear a quen se poña por diante. Escoitei no poboado que dentro de tres días van vir os do Atlético facer unhas probas para seleccionar xogadores para a canteira, e eu voume presentar, aínda que a miña nai, que é a xefa da nosa manada, non o sabe. Ela non está de acordo en que un elefante desexe ser xogador de fútbol, parécelle ridículo. Nunca o entenderá !!! “Xa chegou o día ! Estou moi nervioso e teño que argallar algo para poder saír sen que miña nai se decate de onde vou. Os meus amigos hanme axudar, seguro”. Despois de pedirlle permiso para írmonos dar un baño na lagoa, marchamos todos os novos xuntos, ben avisados pola xefa de que sempre debía estar alguén de garda mentres o resto se bañaban. Era a miña oportunidade!! Os demais enredarían alí ata que eu volvese. Presenteime ás probas e funas superando. Así foi como conseguín ser escollido para o equipo. Á semana seguinte xoguei o meu primeiro partido. Puxéronme de porteiro, pero foime fatal. Ao querer parar aquel lanzamento dos contrarios fun darlle coa pata a pelota e rebentou. Aquel día esmaguei oito balóns. Na semana seguinte xoguei de defensa e o árbitro sacoume unha tarxeta vermella, non o comprendía ata que escoitei ao meu adestrador dicir : - Antón, atropelaches ao equipo enteiro. E comezaron a chegar as ambulancias coas súas sirenas atronadoras. Vaia cristo!! Ese día saín nas noticias da televisión e a miña nai castigoume sen separarme da manada durante todo o mes. Os meus mellores amigos eran os do equipo de animadores e axudáronme a convencela para que me deixase ir ao partido. Cando cheguei faltaba o porteiro. O adestrador mandoume quedar na portería. Grazas aos meus amigos, ese día parei todos os goles, porque me animaron moito. Volvemos saír nas noticias polo gran partidazo que fixemos e a miña nai, dende aquel día non se opuxo a que eu me dedicara ao fútbol. Ao final conseguimos gañar a liga . Laura,Nuria e Benjamín. 1ºD

34


A mosca nadadora Eu son a mosca Banana e teño un irmán chamado Plátano, que caeu nunha botella de viño cando era pequeno e dende entón está tolo. A miña nai é unha mosca de merda e meu pai morreu envelenado por un matamoscas. Vivo nun froiteiro coa miña familia e teño de veciños a unha familia de moscas da froita. Sempre vou dar un paseo ó lago que teñen na casa para observar ó peixe de cores, porque quero aprender a nadar. Pasado un tempo, decidin intentar nadar como aquel animal. Parecía ben sinxelo! Achegueime ao bordo de cristal e, sen pensalo dúas veces, ala!! Tireime dentro de cabeza. De súpeto, apareceu o peixe de cores e, sen darme tempo a nada, papoume !!! Viaxei a gran velocidade por tubarías reviricadas, cheas dun líquido espeso que me facía esbarar, sen deixarme agarrar a ningún sitio. Cando cheguei ó estómago do peixe encontreime con outra mosca. -E ti quen es?- preguntoume -Chámome Banana. E ti? -Eu son Amorodi. -Onde estou?- pregunteille. -No estómago do peixe de cores.- díxome ela. -Como se pode saír de aquí? -Temos que esperar a que o peixe de cores teña diarrea. Só tivemos que esperar unha horas, por sorte para nós! Era un pouco desagradable, pero había que salvarse canto antes. Ó saír atopámonos na auga do lago e por iso non quedamos moi manchados. Para solucionar o problema doutras compañeiras que desexaban aprender a nadar, inventamos un flotador para moscas feito de uvas pasas e cun detector eléctrico que inmobiliza aos peixes. Dentro de dous anos celebraremos unha competición europea de natación sincronizada nun almacén de froita da zona, que ten piscina olímpica. Samuel Ocampo, Caroline Alves, Jorge Fernández (grupo: Alferro) 35


De viaxe polas linguas Un día, despois de sacar o meu diploma de idiomas universais en Chile, quixen celebralo cunha viaxe a España, o país que sempre quixen coñecer. Decidín visitar a cidade de Vigo (Galicia). Xa que teño entendido que alí están as mellores praias do mundo e conta cunha rica gastronomía. Na miña familia había algún ascendente galego. O meu tataravó, unha estilográfica gravada de moito rango, con adornos dourados, seica traballou na casa de Rosalía de Castro cando escribía o seu libro “Follas novas”. Alí coñeceu a súa muller, a miña tataravoa, unha pluma antiga moi curriña, da marca Faber Castell, que vivía nun estoxo de veludo vermello. O seu dono, un tal Eduardo Pondal, era amigo de Rosalía e así foi como se coñeceron os meus devanceiros. Eu sabía de todo iso e tiña curiosidade. Despedinme da miña familia e embarquei no avión con destino ao aeroporto de Peinador (Vigo). Despois de dezaseis horas de viaxe, desembarquei. Xa estaba en Galicia! Ao baixar do avión escoitei falar por teléfono a unha rapaza nova nun idioma estraño e descoñecido. Cando rematou, achegueime: -“Disculpe,¿Me podría decir qué idioma habla?” . -Pois eu falo galego. -“Disculpe, pero no la he entendido ¿me lo puede repetir en castellano?”. -“Pues que yo hablo el gallego. Es la lengua de Galicia.” -¿El gallego? ¿Una lengua? ¡No puede ser! Yo tengo el diploma de lenguas Universales y nunca he oído hablar del gallego”. -“Pues es una lengua y, si quiere aprenderla, yo misma lo llevo a la academia”. Agradecinllo moito e fomos andando cara á Real Academia da Lingua Galega. Nunha semana saín diplomado. Estaba feliz! O primeiro que fixen foi chamar á academia de idiomas Universais de Chile e reclamar que o galego fose incluído na listaxe de linguas universais. A recepcionista dixo que non pasaba nada porque era unha lingua sen importancia, pero eu ameacei con denuncialos e ela, ao verme tan alporizado, pasoume co director. Falamos sobre o tema e como temía perder o seu prestixio lingüístico, quedamos en que ía incluír o galego nos Idiomas Universais. Ademais, para que eu non dixese nada, regalábame un chalé en Samil . Este estaba en primeira liña de praia. Tiña tres habitacións, dous baños, unha cociña, un salóncomedor. Fóra contaba cun gran xardín e un garaxe cun todoterreo, un BMW deportivo e un quad. Tamén había un campo de golf, unha pista de tenis, un circuíto de quads e unha piscina olímpica con tres tobogáns e catro trampolíns.Eu aceptei inmediatamente, decidín quedar a vivir aquí para sempre, en Galicia terra querida. Debido ao meu traballo de tradutor, seguín viaxando polo mundo enteiro e coñecendo a moitos bolígrafos, rotuladores, estilográficas, portaminas, etc.Acabei casando cunha portaminas moi xeitosa, da que me namorei ao momento, cando a oín falar outra lingua descoñecida para min: o gaélico de Irlanda. Xeila Bernárdez, Martín Codeseda, Jonathan González

36


A PRAIA Eva Villar García, 2º A Premio Certame Literario IES Salvaterra de Miño María traballa nun bar á saída da vila. Cada día sae ás seis cheirando a pemento e a luras. Odia ese traballo esgotador e mal pagado. Conta impaciente cada minuto que o seu compañeiro se retrasa no cambio de quenda, cousa que acontece acotío. Os días coma hoxe, nos que a calor resulta insoportábel, corre ata a praia para bañarse nas frías augas do Atlántico. E así, entre brazada e brazada, a medida que o seu corpo se relaxa, vai deixando atrás a tensión, a frustración e o cansazo das interminábeis horas aguantando a clientes que se cren o embigo do mundo. Tras corenta e cinco minutos de intenso exercicio, María tómbase na toalla e contempla o ceo. O arrolo das ondas rompendo na area e o son das gaivotas que comezan a descender para pasar a noite no abeiro da enseada, van facendo que María entre nun labirinto de soños nos que non existen o tempo, a dor nin o sufrimento. De súpeto, un ruído enxordecedor saca a María do transo. Unha enorme nube negra cobre o ceo que se ilumina por momentos. Lóstregos que resgan o firmamento ata tocar o chan. Empeza a chover arreo. Xa non queda nin rastro de xente nin de paxaros. María vístese tan rápido como pode. Outro trono enxordecedor. De socato un silencio sepulcral cérrase arredor de María. Ela, coma se o presentise, para, alza a vista e o mira. Demasiado tarde para fuxir. Un feixe luminoso atravésaa de lado a lado, arrincándolle a vida coma se fose fume e deixa o corpo de María afundido para sempre entre as areas da praia onde tantas veces tivera soñado con poder trocar o calendario da súa vida.

Ilustración: Eva Yusty 37


Era unha escura noite de inverno. Non había lúa e iso facía que

todo parecese moito máis tenebroso pola senda do bosque. E de súpeto… mireino! Era un home vestido con farrapos vellos, máis que vellos, parecían saídos do “backstage” dunha película “gore”. Estaba tan fraco que pensei que o ía levar o vento. Parei de súpeto. Non sabía por que, pero sentía como se aquel home me chamase… Dirixinme cara a el. Canto máis preto o tiña, máis me sembraba a laguen, mais non sabía a quen. Cando estaba a uns poucos pasos daquel extraño ser, caín na conta de que xa sabía a quen se me figuraba. Era o meu tío Filipe que morrera o ano pasado preto de alí. Quedei parada no sitio rememorando o día anterior á súa morte… - Para xa, tío! –exclamei entre gargalladas. - Non quero! Gha, gha, gha! –contestou e continuou a me facer cóxegas coa súa barba. Así levabamos media tarde, entre parvadas e un café con biscoito do bar de Lore. 38


- Por que viñeches? –preguntei. Eran unhas verbas que levaban loitando por saír da miña boca dende que entrara pola porta, xa que había anos que non nos viamos. Parou de rir. - Que pasou? Xa non me queres ver? –dixo, intentando ocultar o seu desacougo. - Claro que quero! –respondín ofendida, pois era o meu tío máis querido. Mirou o reloxo como se lle entrara a présa. -

Teño que marchar, ruliña. Non podes quedar un pouco máis? Non, síntoo.

Aquela foi a derradeira vez que estiven con el… ata agora, claro. De súpeto, unha voz grave e oca faime espertar. Era o Filipe “descafeinado” que me falaba: Veña, ruliña, imos xogar coma antes –díxome mentres intentaba acadar a miña cara coa súa man. Non! Non pode ser! Desaparece! Vaite! Esfúmate! Ti non es el! Ti non podes ser Filipe! Non me chames ruliña! Así só me podía chamar el e leva moitos meses morto! Eu mesma fun testemuña do seu enterro! Non teñas medo. Claro que son teu tío. Ven onda min e estaremos xuntos… para sempre. Quixen botar a correr, pero non puiden. Era como se as miñas pernas non respondesen. Mirei os meus pés… e, de verdade, que o que vin non o agardaba… O meu corpo inerte descansaba sobre o chan húmido da fraga e un regueiro de sangue escorregaba pola miña boca ata deterse nun penedo, uns metros máis adiante, onde os restos da miña bici aparecían retortos, deformes. Nese momento, sentín a xeada aperta do meu amado tío… e, con mortal claridade, comprendín o que ocorrera. Levantei a cara. Dúas bágoas derradeiro agasallo para este mundo…

fantasmais

foron

o

Por Eva Villar García (2º ESO – A) 39

meu


POEMAS ADAPTADOS Teño unha gata vella, cega, rabuda, cagada, e co seu rabo arrefinado rompeu as uñas rotas, escangalladas, escaramuxadas, e agora chora polo seus ollos tan anxelicados. Jéssica Ferreira Carrera

2º E.S.O D

maio 2010

O sol non é sol, que xa é lúa,, como medran as sombras, e a noite actúa. O sol non é sol, crecen os ollos, coma o ceo pechado, soñan os corpos. O sol non é sol, xoga coas nubes, como as estrelas na fonte, o amor constrúen. Belén Rodríguez Domínguez 2º E.S.O D

40

maio 2010


Cantigas de amigo Ficaba na muralla fitando para Portugal sembrando a súa parella que lle causou tanto mal. Ai pobre namorada Quen che fixo tanto mal? Choraba por amor choraba a namorada estaba desolada por toda a súa dor. Ai pobre namorada Quen che fixo tanto mal? Fitando para Portugal estaba a namorada facéndolle o amor mal por quedar calada. Ai pobre namorada Quen che fixo tanto mal? Choraba a namorada causándolle o amor dano calada e desconsolada desexaba o seu galano. Ai pobre namorada Quen che fixo tanto mal? Nerea, Celia, Iván, David e Adrián, 3º A

41


Miradas do Miño Inqueda no parque da Canuda en vésperas da festa do Cabezón, esperando o meu amigo, esperando o meu amor. Preto do Miño, preto da dor, Chorando soa e triste, esperando o meu amigo, esperando o meu amor. En vésperas da festa do Cabezón sentín o trono no meu corazón, esperando o meu amigo, esperando o meu amor. Chorando soa e triste vin as tebras mergullar, esperando o meu amigo, esperando o meu amor. Sentín o trono no meu corazón á espera do baile que nunca chegou, esperando o meu amigo, esperando o meu amor. Eloy e Rubén, 3º A

42


Cantigas de maldicir

A damisela máis bela producía cegueira tan só con vela. Eustaquia era. A damisela máis vella producía máis noxo ca o comer un toxo. Eustaquia era. Producía cegueira, de alí a botaban tan só por non vela. Eustaquia era. Producía máis noxo ca o porco dun coxo enlamado na terra. Eustaquia era. Francisco, Daniel, Iván, Sergio e Moisés, 3º A

43


Sendo digno de admiraçao com uma grande história de vida este homem nao tan coraçao nao vejo a hora da sua partida. Feio, caralho feio. Nao chegues ao meu coraçao. Um cheiro insuportável por isso só e sem amor e fica um homem indesejável por culpa do seu odor. Feio, caralho feio. Nao chegues ao meu coraçao. Un enxendro imaginável que ninguém queria ver ele era abominável mas acabaria por morrer. Feio, caralho feio. Nao chegues ao meu coraçao. Nao tem mulher, nao tam amor nem beleza exterior nao tem coraçao só lhe resta viajar no caixao. Feio, caralho feio. Nao chegues ao meu coraçao. Carla, Catarina, Jennifer, Claudia e Marcos, 3º A

44


Poemas Soraya Grandal Besada Premio Certame Literario IES Salvaterra de Miño

Ollan a lúa que se agocha entre as nubes e sae de cando en vez coma se estivese xogando ás agachadas mentres discuten sobre se está medio chea ou medio baleira… Os dous tendidos no manto de herba sentíndose e amándose moi devagar, desexando que o tempo se detivese indefinidamente... El que lle pide que non marche ela que o que menos desexa é ter que marchar. Despídense nun bico húmido doce clorofílico, con cheiro a amorodos.

Como saben os recordos? Coido que onte sen me decatar estiven a roer

45


nunha ducia deles. Teñen unha tosca textura e, ao contacto coa lingua, eclosionan na saliva. Baixan saltaríns pola gorxa deixando unha doce amargura ao seu paso semellante a un fume negro e espeso. Abren camiños estridentes e escuros ateigados de sinalizacións incongruentes, complexas de interpretar. Deixan sucos ben labrados con técnicas máis profundas que o trépano, imposibles de borrar; restos que amosan a evidente decadencia á que estiveron expostos. Ti e mais eu fomos anacos dunha ponte agora olvidada e derruída pola que ninguén pensaría en atravesar as turbulentas augas que tentaban salvar. Fomos pensamentos que quedaron no subconsciente sen saír endexamais dos soños nesa chamada fase rem. Pétalos escuros de luces descoñecidas, protagonistas dun dúo pantasma que quizais nunca estivo aí; notas improvisadas dalgunha gravación perdida dunha louca intérprete do jazz máis experimental.

46


A derradeira anotación naquel, seu caderno, foi sinxela: "acheter un coeur" e, no papel, dúas gotas de sangue. Dende entón, nada se volveu saber dela, nin do seu perfume, do seu sorriso, do seu rítmico andar... Hai quen di que agora é outra, que deixou a música, que vende mistos e que se atoparon, abandonadas, caixas ateigadas de cartas de amor. Mais eu sei que ela anda por aí, nalgures, coa rosa aínda na man na busca dos anacos que lle faltan e ollando, curiosa, todos os músicos que tocan na rúa, botándolle a cada un dúas moedas e regalándolle o maior dos sorrisos. Voltará co seu paso firme e altivo. Sei que pola noite xa non dorme e crea os seus propios inexistentes soños en poemas e t e r n o s e relatos policromados.

Paseniñamente fomos afastándonos ata non lembrar os nosos arrecendos.

47


Tentábao, mais xa non son quen de falar en plural e, pensándoo ben, non hai motivo ningún para facelo. Fundín os meus medos a miles de graos nun mar xeado de amargas bágoas purpúreas; en recordos e fotografías que pouco me din xa. Lembrei a túa calor nunha rúa deserta dalgunha cidade que podería ser Viena ou mesmo Burma, iso tanto ten. Separaches os nosos camiños en diagonais perfectas que, segundo as matemáticas, non se xuntan endexamais por moito que se prolonguen.

Hai tempo que gardei cun agarimo extremo os teus recordos na caixa de música dos meus soños incompletos, onde se xuntan cada día unha morea máis de acordes menores e con moitos bemois. Hai tempo que me decatei do poder que exerce sobre min

48


o teu ollar, inocente e apaixonado á vez. Souben tamén que as nosas psiques encaixan tan ben coma os nosos corpos inmersos nunha intensidade recíproca. Ás veces penso que quero ser quen de espertar en ti cousas nas que ninguén reparara endexamais. Ser, só por unha vez, ese alguén tan especial...

Mentres te miro o sangue, integrado agora por minúsculos anacos de vidro, férenme dende dentro das veas e rematan o seu percorrido no meu órgano vital máis prexudicado intercambiándose e afondando ben na carne; un peso inevitable apodérase da miña caixa torácica e impídeme unha normal respiración; o estómago empequenéceseme, de súpeto, e un mareo profundo sacódeme. Púxenme a escribir e, ao momento,

49


decateime: xa non sei escribir poesía se non é de amor, xa non sei de que falar se non é de ti.

Quería ser unha desas boas amantes que calzan tacón alto, tinguen os beizos de carmín, camiñan con paso decidido e o corazón enteiro. Quería desprenderse Da inocencia e ter esas mans expertas que se deslizan con sabedoría, sen dubidar… Quería ser cisne para unirse a el e ter a certeza, total e absoluta, de que estarían xuntos para sempre e que se un dos dous marchaba o outro morrería antes de xuntarse con alguén que non fose ela. Quería ser a melodía olvidada que non se ouve por ningures pero que todo o mundo lembra quería ser ar frío e cálido ser soños na noite ser pensamento ser… O que nunca foi.

50


Sen título Soraya Grandal Besada, 2º Bacharelato

1. Colleu unha das flores que lucían na cerdeira e colocoulla no pelo. Ela sorriu docemente, e mirouno coa tenra ollada de alguén que está namorado. Bicáronse longo… El percorreu os beizos dela co seu dedo nun fondo aloumiño; ela fixo o mesmo mais el mordeuna lenemente nun dedo, riron. Voltaron bicarse. E alí estiveron durante moito tempo. Bicándose, sentíndose, aloumiñándose, fundíndose nun só. Suspiraba unha e sorría o outro. El colleulle as mans entre as súas, sorriron mentres recordaban cousas pasadas, de había dous anos… Falaron de todo e de nada, sempre o facían, todos os días. Ela durmíase escoitando a súa voz, esa que lle gustaba tanto, coma o último son do día. Tiña soños con tinguidura de realidade, espertaba cun sorriso nos beizos imaxinando o seu corpo ao seu carón. 2. Ollaba o río, envolvíana moreas de sentimentos: dor, baleiro, soidade, desacougo, inquietude… Un ruxerruxe que sempre estaba na súa mente. Non volvera alí desque Breixo morrera. Decidira non ir, demasiados recordos que facían esvarar moreas e moreas de bágoas. Sentara no banco, como tantas tardes fixera cando el estaba ao seu carón, case semellaba que aínda estaba alí, que lle collía a man entre as súas como sempre facía, que a aloumiñaba e a bicaba, que se vía nos seus ollos, neses que a ela tanto lle gustaban. Todos os venres ían alí e sentaban no mesmo banco, coma unha rutina que ninguén marcara. Milleiros de recordos víñanlle á mente, ideas desordenadas que a facían sorrir mentres as bágoas despuntaban. Dalgunha maneira acougábaa pensar que Breixo marchara sabendo que o quería, Brenda repetíallo unha e outra vez ao día, para que sempre o lembrara. Ao buscar un kleenex, cando levantou o bolso do banco, mirou uns nomes gravados na madeira: Breixo e Brenda. Nunca antes os vira. Nese momento pareceulle unha despedida, un “non te esquecerei”, coma se Breixo soubese con anterioridade o que ía pasar. Lera nalgures que unha persoa non morre de todo mentres alguén se lembra dela, logo Breixo para ela non morrería endexamais. E todos os venres volvía alí e sentaba no banco; tanto tiña que houbese sol, chovese ou nevase. Alí sentada era coma se dun momento a outro Breixo fose chegar, aínda que pasaban as horas e Breixo non aparecía… 3. E alí estaba Brenda, coma se dende que a vise por derradeira vez non pasase tempo ningún. Única e vulgar, elixida entre ninguén. Lembrando… a promesa desfeita, a doce cor, a triste ledicia, o lene aloumiño. Sorría baixo a seca chuvia cavilando, mentres o vento lle removía os cabelos case con suavidade coidadosa. Tremía, eu non sabía se por friaxe ou por ledicia, medo ou dor. Pasara moito tempo, pode que tempo de máis. Ela seguía coma sempre. Ollos escuros, beizos dun intenso carmesí, cabelo curto, pensativa coma sempre. Notou que alguén a observaba, olloume, eu olleina tamén. Nese intre as nosas miradas uníronse nunha soa, tan profunda que case semellaba irreal. Só entón puiden

51


decatarme de que non era a de antes, non. Os seus ollos bagoentos e o seu esgotado sorriso falaban por ela, esvaecíase coma unha escrita na area que as ondas levan con elas, coma un paxariño que deixa de piar, coma se as Parcas decidiran cortar o fío… Profundidade harmónica, cromatismo natural. 4. A luz vaise facendo lene, coma unha pantasma entre as sombras, a escuridade vai enchendo os espazos. Soa unha melodía que ninguén é quen de descifrar, un clarinete chía ata enrouquecer coma gritos desesperados e graves profundos que enchen o ar, que ten un aroma pouco habitual esa noite, recorda os cheiros do bosque, a humidade eucalíptica. Enriba da mesa hai millerios de notas a medio debuxar… Ideas dunha nova sonata. Esa noite estivo esperta ata tarde, ouvindo mentalmente a totalidade da composición. Só as pingueiras de chuvia contra a fiestra soaban de cando en vez, por riba da melodía. Paseniñamente foi adormecendo cunha tranquilidade máis propia de cando era nena e remataban de ler un conto de fadas no que case non se decataba do final. 5. Remexe no seu pensamento unha e outra vez buscando algo, unha pequena cousa quizais, que se lle antolla lembrar para desfacerse, por un intre, do mundo. Pensa o impensábel e non oe máis alá dos seus pensamentos e da lene melodía dun piano e dun clarinete pouco afinado… Mergúllase nunha historia de bruxas e meigas, de fadas e deuses, de amor e traizón, de sentimentos contrapostos. Non é quen de espallar as súas ideas e darlles forma ata pintar unha imaxe nítida e xoga con elas. As verbas amontóanse como grans de area nunha inmensa praia deserta, que nunca ninguén quixo pisar, ou que ninguén descubriu endexamais. A ela gústanlle as pequenas cousas: sentir o renxer das follas secas baixo os pés, botar a correr pola beira do mar, ollar a lúa chea escondéndose entre as nubes, sorrir cando lle peta sen que ninguén espere que o faga, cheirar o arrecendo das flores coa chegada da primavera, ver caer as folerpas de neve no inverno, sentir medo na escuridade do bosque ao pensar no lobo dos contos que escoitaba con atención cativa, mirar as persoas que tanto quere e saber que sempre, aínda que pasen millerios de cousas, van estar aí. 6. Camiña entre as flores e seméllalle que retrocede no tempo, ata cando era cativa e despreocupada e corría recollendo mapoulas e margaridas, cando gañaba a que máis correse… Aquelas ondas douradas no pelo tan cheas de vida son agora moito máis escuras, máis apagadas. Aqueles ollos cheos de soños e de asombro son agora un pouco máis maduros, un pouco máis afeitos á realidade. Xogar ás agachadas converteuse en calar, estar un intre soa e darlles un pouco de forma ás ideas. Aquelas cancionciñas que cantaba por entón, trocaron agora en complexas sinfonías que escoita e analiza con atención. Dalgunha maneira hai cousas que aínda non cambiaron, a cor avermellada dos seus beizos acentúase máis cun intenso carmín que, de cando en vez, recórdalle a outros tempos. Óese unha melodía tenue, que vai cobrando forza e esperta cun sorriso nostálxico daquel mundo tan pouco trivial.

52


Hai anos, xa bastantes anos, que lles demos nome ás aulas e outras dependencias do Centro. Son todos nomes de noso, isto é, das mulleres e homes de Galicia que destacaron en moitos ámbitos da vida científica, tecnolóxica, política e artística. Dado que parece que volvemos necesitar recordarlle á cidadanía que é importante “estarmos orgullosas e orgullosos do noso”, fronte á corrente de desprezo do propio que se intenta impor, vemos máis que nunca un labor esencial no ensino, e aínda máis en institutos como o de Salvaterra no que a meirande parte do noso alumnado e das súas familias é galegofalante, o desenvolvemento da autoestima persoal e social, o desenvolvemento dun autoconcepto positivo que nos permita valorar sen complexos o bo que na nosa terra existe. Por iso, e agora que chegan tempos de despedida, damos a coñecer n’O Estoxo e tamén na web toda a relación dos nomes aos que nos referiamos. Iolanda Rodríguez

IES SALVATERRA DE MIÑO Martim de Ginzo ( s. XIII ) (Aula 01), Mª Peres, A Balteira (A 02), D. Dinís (1261- 1325) (A 03), Gabriel Feixoo de Araúxo: Entremés famoso sobre da pesca do Río Miño (1691) (A 04), Xoán Manuel Pintos Villar (Pontevedra, 1811-Vigo, 1876) (A 05), Rosalía de Castro (Compostela, 1837-Padrón, 1885) (A 06), Ramón María Aller Ulloa (Lalín, 1878-1996) Astrónomo e Matemático, (Laboratorio Física/Química) Laboratorio Bioloxía/Xeoloxía Xosé Andrés Cornide Saavedra (A Coruña, 1734-Madrid, 1803) (Laboratorio Bioloxía/Xeoloxía), M. Curros Enríquez (Celanova, 1851- A Habana, 1908) (A 07), Manuel M. Murguía (Arteixo, 1833-A Coruña, 1923) (Biblioteca), Urbano G. Lugrís (A.N.P.A.), Martín Sarmiento (Vilafranca do Bierzo, 1695-Madrid, 1772). (Letras Galegas 2002) (Secretaría), Maruja Mallo (Viveiro, 1909-Madrid, 1995) (Conserxería), Eugenio F. Granell (A Coruña, 1912- Madrid, 2001) (Recepción pais e nais), Irmandiños (Delegación de alumnado), A Cova Céltica (Cafetería), Eduardo Pondal A. (Ponteceso, 1835-A Coruña, 1917) (A 11), Ramón Cabanillas (Cambados, 1876-1959) (A 12), Grupo Nós: Vicente Risco, Otero Pedrayo, Florentino Cuevillas (A 13), Alfonso D. Rodríguez Castelao (Rianxo, 1886-1950) (A 14), Manuel Antonio (Rianxo,1900AsadosRianxo, 1930) (A 15), Roberto Blanco Torres (Cuntis, 1891-Entrimo, 1936) Letras galegas 1999, Seminario de Estudos Galegos (Audiovisuais A 17), Luís Seoane (Bos Aires, 1910-A Coruña 1979) (Plástica A 18), Irmandades da Fala (Sala de profesorado), Hermerico (410-438). Monarca da época sueva. (Dirección), D. García (1065-1072). Monarca medieval. (Xefatura

53


de estudios), Rafael Dieste (Rianxo 1899-Santiago de C., 1981) (A 21), X. Mª Díaz Castro (PargaGuitiriz , 1914-Lugo, 1979) (A 22), Ánxel Fole (Lugo, 1903-1986) (A 23), Eduardo Blanco Amor (Ourense, 1897-Vigo, 1979) (A 24), Celso Emilio Ferreiro (Celanova, 1912-Vigo, 1979) (A 25), Álvaro Cunqueiro (Mondoñedo, 1911-Vigo, 1981) (A 26), Luz Pozo Garza (Ribadeo, 1922) (A 27), Xosé Luís Méndez Ferrín (Ourense, 1938) (A 28 a), Manuel Puente González ( Oleiros (Salvaterra de Miño) – Arxentina 1970) (A 28 b), María Mariño ( Noia, 1907- Parada do Courel, 1967) (A 29 a), Pilar Pallarés García ( Culleredo -A Coruña-, 1957) (A 29 b), Pascual Veiga (Mondoñedo, 1842Madrid, 1906) (Música A 29), Isaac Díaz Pardo (Santiago de C., 1920) (Tecnoloxía), Basilio Álvarez Rodríguez (Ourense 1877- EEUU,1943) (Horta escolar)

Eis un exemplo, unha foto da nosa conserxería, e unha reprodución d o tríptico

que a Fundación Caixa Galicia preparou para a exposición sobre Maruja Mallo en Vigo no ano 2002 e que nos servirá para ilustrar sobre a artista no Libro guía.

54


55


56


57


AS MATEMÁTICAS NA TELEVISIÓN, Andrés E. Cabana Entre os anos 60 e os 80, na televisión dos Estados Unidos de América, emitíase un programa moi seguido polo público dese país: “Let's Make a Deal!”. Algo así como “Fagamos un trato!”. A aventura deste programa consistía unicamente en gañar un super cochazo último modelo con todos os extras que te poidas imaxinar, e ata tuneado se alguén se encaprichaba (esto non o sei pero non queda nada mal aquí)... ou, pola contra unha fantástica, estupenda, superintelixente, cariñosa e supereducada... CABRA. En fin, con eses dous incribles agasallos quen non querería participar no concurso? A pregunta é: que había que facer para conseguir o coche? Pois ben, só elexir unha porta entre tres. Detrás de unha das tres portas estaba o coche e detrás das outras dúas portas estaban dúas cabras (unha detrás de cada unha). E vós diredes... e que ten que ver esto coas matemáticas? A resposta está na forma en que se desenvolve o concurso: unha vez seleccionada a nosa porta, o presentador (Monty Hall, de aí que este problema sexa coñecido como problema de Monty Hall), antes de abrir a porta seleccionada polo concursante, abría unha na que sabía que había unha cabra e, acto seguido preguntaba ao concursante se quería ou non cambiar a súa elección... aquí vén a pregunta para vós: pensando en todas as posibilidades (e aplicando cálculo de probabilidades)... que fariades? Seguiriades coa mesma porta ou cambiariades de porta? ou... credes que é indiferente? Pensádeo ben, porque a resposta non vola darei neste número d'O Estoxo. Publicareina na porta do departamento de matemáticas pouco antes e rematar o curso, ou, se tedes moito interese, podedes consultala na páxina web www.estadisticaparatodos.es/taller/montyhall/montyhall.html. Nota: problema moi recomendable para o alumnado de bacharelato.

58


AS MATEMÁTICAS NA ARTE, Andrés E. Cabana Moitos pensaredes que falarei do número de ouro, razón áurea ou divina proporción como algúns lle chamaron... pois non, se queredes saber deste número podedes acudir a diferentes libros ou páxinas web que falan del e onde, seguramente se fai unha extensa relación das súas aplicacións na arte. O que vos quero propor a continuación, é a resolución de cadrados máxicos. Un cadrado máxico é un cadrado con n filas e n columnas de xeito que colocados nese cadrado os n x n primeiros números, a suma dos elementos de cada fila, de cada columna, e de cada diagonal do cadrado, é a mesma (é coma unha especie de sudoku pero pensado doutra maneira). En resumo, a proposta está en que resolvades un cadrado máxico 3x3, é dicir: colocade os números do 1 ao 9 na seguinte táboa de xeito que as filas, as columnas e as diagonais sumen o mesmo.

Supoño que isto non vos resultaría complicado, non si? Claro que vós pensaredes... E que terá esto que ver coa arte? Pois a verdade é que ben pouco, pero se pensades en resolver un cadrado máxico 4x4 (rétovos a que o fagades), atoparédesvos con que xa non é tan doado. Trátase de que coloquedes os números do 1 ao 16 nunha táboa coma a anterior, pero agora 4x4, de xeito que as filas, as columnas e as diagonais sumen o mesmo... Xa tedes a solución?... se non sodes capaces, podedes acudir ao pintor Albercht Dürer (Durero), nun dos seus cadros (moi melancólico, por certo) debuxou este cadrado máxico xunto con outros elementos matemáticos (poliedro, esfera,...). Curiosamente, os dous números centrais da última fila correspóndense co ano no que está datada a obra. De aquí a relación desta proposta de entretemento matemático coa arte... Se queredes, os máis curiosos podedes investigar acerca de máis aportacións deste pintor ás matemáticas: buscade na web cousas sobre a espiral de Durero.

59


CANTO SABES DE UXÍO NOVONEYRA? Localiza en cada grupo de cuestións un dato erróneo sobre o poeta ao que dedicamos este ano o Día das Letras Galegas.

1. ALGÚNS DATOS BIOGRÁFICOS 1.1. Nace o 19 de xaneiro de 1930, na aldea de Parada de Moreda, en plena serra do Courel (Lugo) 1.2. A finais dos anos 40 coñece a María Mariño, quen fora vivir a Parada, coa que iniciará unha profunda relación que durará ata a morte da poeta. 1.3. No ano 1952 regresa a Galicia (fora estudar Filosofía e Letras a Madrid) e entra en contacto co pintor Carlos Maside, o ideólogo e ensaísta Ramón Piñeiro e co polifacético e patriarcal Ramón Otero Pedrayo. 1.4. En 1958 casa coa poetisa Luz Pozo Garza coa que terá unha extensa prole: Alejandra, Aura, os xemelgos Gala e Ovidio, Amara, Adriano Honorato e Valentina.

2. MÁIS NOVONEYRA 2.1. En marzo de 1956, participa nunha reunión clandestina de estudantes, obreiros e intelectuais nun bosque de Santiago, para discutir e espallar proclamas democráticas. Nesta reunión, coñecida como Banquete de Conxo, le Novoneyra un dos seus primeiros poemas. 2.2. En 1983 afíncase definitivamente en Compostela, desde onde exerce a presidencia da Asociación Galega de Escritores en Lingua Galega, a partir da súa primeira elección en 1982 até a súa morte en 1999. 2.3. No ano 1984, Méndez Ferrín contribúe á canonización do poeta ao escoller o seu nome para o título De Pondal a Novoneyra, unha exhaustiva nómina de autores e obras e a correspondente crítica literaria que abrangue máis de medio século da nosa lírica. 2.4. Nos anos 90 dá a coñecer dúas publicacións de literatura infantil, O cubil do xabarín (1991) e Gorgorín e cabezón (1992), dous contos de aventuras ambientados no Courel.

3. NOVONEYRA E OS IDIOMAS 3.1. Novoneyra estréase como tradutor coa novela Ulises, do irlandés James Joyce. A súa tradución ao galego será consultada por todos e cada un dos escritores que se adscriben á Nova Narrativa Galega.

60


3.2. A publicación Camelio xaponés (1955) reúne en edición bilingüe galego-nipona sete xiikas (versos xaponeses) da escritora Ayako Sugitani, en versión galega de Novoneyra, e tres composicións galegas do noso autor, postas en xaponés pola citada autora. 3.3. O poeta traduce ao galego varios poemas do escritor e político chinés Mao Zedong (El Progreso, 19-9-1976) 3.4. Publicouse unha edición bilingüe galego-eúscaro dos poemas da serie courelá titulada Bazterrak/Os eidos I e II (Iruñea, 1988), realizada e prologada polo poeta donostiarra Koldo Izaguirre.

4. UNS POUCOS VERSOS 4.1. Fiañas de néboa

rubindo e baixando á gaiola do aire polas serras érmedas e polos soutos despidos do Nadal! 4.2. A Terra Chá somentes é: un pobo aquí, outro acolá, mil arbres, monte raso, un ceio chumbo e tráxico no que andan as aves a voar. O resto é soedá. 4.3. O lobo! Os ollos, o lombo

do lobo! Os xeitos brocos da noite non envoltorio polos carreiros da morte! Gravado U. Novoneyra

4.4. Andas as rúas como si fora a praia lenelene entras na carta i escribes diante frores murchas: a fivela do meu traxe sigue tan ben feita ouh muller pra lonxe

61


5. IMOS POÑERLLE CARA AO ESCRITOR…

5.1.

5.2.

5.3.

5.4.

SOLUCIÓNS Anota un punto por cada acerto. 5 puntos: sobresaliente, es un/ha experto/a no poeta; 4 puntos: notable, coñécelo bastante; 3 puntos: ben, a próxima mellor; 2 puntos: suficiente, pero… a ler Os eidos; 1 punto: isto xa non está nada ben! Non acertaches ningunha…? Mi madriñaaa!!!

62


1.4. A verdade: no ano 1968 coñece en Lugo a Elba Rei coa que casará en 1973. A parella terá logo tres fillos, Branca-Petra, Uxío e Arturo. Luz Pozo casou con Eduardo Moreiras, compañeiro de xeración, a do 36, do poeta do Courel. Canto á prole citada, Alejandra, Aura…, son, en realidade, os nomes dos fillos que outra grande, Rosalía de Castro, tivo con Manuel Murguía. 2.1. Moi ben, o Banquete de Conxo celebrouse cen anos antes, en 1856, e tivo como protagonista a outro poeta: Eduardo Pondal, autor de Queixumes dos pinos (1886) 3.1. Erro. A primeira tradución a unha lingua peninsular da novela de Joyce correspóndelle a R. Otero Pedrayo que, en 1926, traduciu algúns fragmentos ao galego e publicounos na revista Nós. Estes fragmentos tamén foron publicados por Galaxia no 2003. 4.2. Efectivamente, o noso poeta foino do Courel; o cantor da Terra Chá foi outro poeta lugués, tamén noso!, Manuel María (1929-2004), compañeiro de xeración e amigo de Novoneyra. Estes versos inclúense no volume titulado Terra Chá (1954). Os versos de Novoneyra foron extraídos: 4.1 e 4.3. do seu poemario Os eidos (1955) e 4.4. de Muller pra lonxe (1986) 5.4. Este señor é o poeta nacido en Cangas do Morrazo en 1932 (compañeiro, xa que logo, de xeración de Novoneyra e do arriba citado Manuel María) chamado Bernardino Graña, autor de títulos como Profecía do mar (1975), Himno verde (1991) ou Luz de novembro (1997) Unha última pregunta: saberías indicar a quen, dos homes e mulleres citados neste cuestionario, se lles dedicou o Día das Letras Galegas? Velaí a lista: Rosalía de Castro – 1963 Eduardo Pondal – 1965 Ramón Otero Pedrayo – 1988 Manuel Murguía – 2000 María Mariño – 2007 Ramón Piñeiro – 2009

63


Gravado de UxĂ­o Novoneyra, Letras Galegas 2010

64


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.