5 minute read

XERAIS xerais.gal

POSTA Á VENDA 07/07/2022

FA # FYB RAMÓN D. VEIGA ZOOM

NARRATIVA

Ramón D. Veiga pídelles a dez fotógrafas e fotógrafos galegos (algún só afeccionado á fotografía) que lle envíen unha imaxe da súa autoría. A que escollan. A que máis rabia lles dea. O obxectivo é argallar unha historia para cada unha delas. O resultado é este libro de relatos en que a retranca e o humor se mesturan de xeito natural coa dor, coa morte e co drama de vivir.

ALBERTO CANAL

*HYYERB|101042] 15,50 x 23,00 | 112 pp | Rústica | 978-84-1110-104-2 | 1331493 | 16,95 €

POSTA Á VENDA 09/06/2022

CAROLINA

NARRATIVA

Carolina Ernau é unha muller que loita por sobrevivir nunha cruel guerra. Este é o relato dunha vinganza, a de quen non soporta a impunidade dos crimes e decide administrar xustiza pola man, protagonizando peripecias que poñerán en perigo aquelas persoas que participan no cometido. Unha destas persoas é o xornalista Tomás Abilleira, que inicia unha investigación sobre Carolina Ernau. Esta é unha historia de paixóns, vinganza e libros.

FA # FV

*HYYERB|101363] 15,50 x 23,00 | 344 pp | Rústica | 978-84-1110-136-3 | 1331497 | 19,50 €

POSTA Á VENDA 09/06/2022

CARLOS CALLÓN O LIBRO NEGRO DO GALEGO

LINGUA

Por vez primeira un libro céntrase en recoller e explicar testemuños da represión lingüística en Galiza ao longo dos séculos, coa divulgación de documentos pouco ou nada coñecidos. Nas súas páxinas abordamos a crueldade dos castigos nas escolas por falar na lingua prohibida, as multas franquistas por «hablar al público en gallego» e das inspeccións por «exagerado acento gallego».

CFB # CF # CFDM # CFF

*HYYERB|101196] 17,00 x 24,00 | 650 pp | Rústica | 978-84-1110-119-6 | 1327161 | 26,95 €

POSTA Á VENDA 09/06/2022

FA MONCHA FUENTES O TRADUTOR DE SOMBRAS

NARRATIVA

Tentando resolver o seu problema co alcohol, o profesor e tradutor Roque Corbal loita cos propios fantasmas. Ao longo da novela coñeceremos a traxedia do avó Néstor; vibraremos coa historia de amor e morte da nai, Camila Ferro; saberemos, polo seu pai, Arcadio Corbal, do desenvolvemento da psiquiatría galega da década dos sesenta e principios dos setenta, e presenciaremos a face máis desgarradora da doenza mental.

YOLANDA CASTAÑO

*HYYERB|101356] 15,50 x 23,00 | 176 pp | Rústica | 978-84-1110-135-6 | 1331496 | 17,50 €

POSTA Á VENDA 09/06/2022

DCF MATERIA

POESÍA

Legados, relacións e ata proxeccións familiares: velaí a materia da que estamos feitas. Tanto na súa líquida versión capaz de humectar as raíces antepasadas, coma na solidez do que hoxe nos conforma, ata a volatilidade gasosa dun futurible familiar. Dende a memoria histórica aos clarescuros da renuncia á maternidade se tratan nesta poderosa proposta de Yolanda Castaño.

*HYYERB|101370] 14,50 x 22,00 | 64 pp | Rústica | 978-84-1110-137-0 | 1322282 | 12,95 €

POSTA Á VENDA 09/06/2022

YNW # WS # YF # YNM HÉCTOR CAJARAVILLE XESTAS OLÍMPICAS

ESCOLMA DE RELATOS HEROICOS NO MUNDO DO DEPORTE

INFANTIL E XUVENIL - SEICA

O elemento en común dos relatos que conforman estas Xestas olímpicas é o esforzo, ás veces sobrehumano, por superar unha marca, unha altura, unha distancia... pero sobre todo por superarse a si mesmos e a si mesmas. E por servir de inspiración e estímulo á xente nova que encontra no deporte o seu divertimento, a súa afección, a súa paixón... Ou, por que non, o seu modo de vida.

DE 9 ANOS EN DIANTE

*HYYERB|101240] 14,00 x 20,00 | 112 pp | Rústica | 978-84-1110-124-0 | 1327806 | 12,50 €

POSTA Á VENDA 09/06/2022

III PREMIO DE BANDA DESEÑADA O GARAXE HERMÉTICO

YFW # FX # YXZG FON CÓSMICO, O BOMBEIRO GALÁCTICO

INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN - CÓMICS

Cósmico é un bombeiro galáctico que só pensa nas medallas que gañará apagando incendios. Comprenderá a verdadeira importancia de loitar contra o lume?

PAULA CARBALLEIRA

DE 8 ANOS EN DIANTE

*HYYERB|101219] 17,00 x 24,00 | 64 pp | Rústica | 978-84-1110-121-9 | 1343323 | 12,95 €

POSTA Á VENDA 07/07/2022

YXZG # YFB AS SENTINELAS DO SILENCIO

INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN

Iria ten que deixar a cidade onde vive para mudarse cos seus pais ao campo, a un lugar chamado Malvela. Alí a súa vida semella perder todo o sentido. Mais, pouco a pouco, irá coñecendo unha comunidade de persoas especiais que, dotadas de cadanseu don, van ensinarlle outra maneira de estar no mundo.

MARILAR ALEIXANDRE

DE 11 ANOS EN DIANTE

*HYYERB|101349] 13,50 x 19,00 | 192 pp | Rústica | 978-84-1110-134-9 | 1343325 | 11,95 €

POSTA Á VENDA 09/06/2022

YFD TRECE AVISOS

CONTOS PARA LER POLA NOITE

INFANTIL E XUVENIL - SOPA DE LIBROS

O medo avisa cando chega. Un sopro de aire frío. Un arrepío polas costas. Un corazón que latexa. Algo que non vemos, pero sabemos que está. Algo que sentimos, ou que presentimos. Estes contos son para ler de noite, se te atreves.

ANXO FARIÑA

DE 12 ANOS EN DIANTE

*HYYERB|101226] 13,00 x 20,00 | 144 pp | Rústica | 978-84-1110-122-6 | 1384085 | 12,95 €

POSTA Á VENDA 09/06/2022

YFC # YFG OS MEGATOXOS E O RETO DE INTERNET

INFANTIL E XUVENIL - MEGATOXOS

Ultimamente en Internet non se fala doutra cousa, pero aos Megatoxos semella que non lles afecta ese RETO que inunda as redes. Con todo, a quen non lle gustaría poder facer realidade os seus soños? Ter un aspecto diferente cada día, poder voar, facer novos amigos, vivir onde se queira, experimentar aventuras e gañar sempre... Que farías ti por conseguir algo así? BEATRIZ MACEDA

DE 10 ANOS EN DIANTE

*HYYERB|101233] 14,00 x 21,00 | 192 pp | Rústica | 978-84-1110-123-3 | 1384607 | 13,95 €

POSTA Á VENDA 07/07/2022

YFH # YF NOGARD

INFANTIL E XUVENIL - SOPA DE LIBROS

«Nogard era un dragón que tiña todo do revés e, no canto de lume, botaba auga pola boca...». Cando Celia comeza a inventar esta historia para os seus sobriños non sabe como acabará. Unha aventura trepidante polo país de Milmontes que pon a proba a afouteza de Celia e a súa capacidade para termar das palabras fronte aos monstros.

DE 8 ANOS EN DIANTE

*HYYERB|101417] 13,00 x 20,00 | 144 pp | Rústica | 978-84-1110-141-7 | 1384086 | 12,95 €

POSTA Á VENDA 09/06/2022

YFT # YFB EVA MEJUTO A LADROA DA BIBLIOTECA DE MEIRÁS

INFANTIL E XUVENIL - FÓRA DE XOGO

O prohibido era excitante e aterrador ao tempo. Facía mal en coller «prestados» os libros? Á familia roubáranlle a casa para facer a residencia de verán do Xeneralísimo, así que estaba no seu dereito. E ese verán pasarían tantas cousas que todo cambiaría de vez na vida de Mariña, no Pazo de Meirás e, talvez, no país enteiro...

DE 13 ANOS EN DIANTE

*HYYERB|101059] 13,00 x 21,00 | 152 pp | Rústica | 978-84-1110-105-9 | 1365200 | 12,95 €

This article is from: