4 minute read

XERAIS xerais.gal

POSTA Á VENDA 13/10

NAZARET LÓPEZ PECADOS VENIAIS

NARRATIVA

As mulleres que transitan por esta obra toman decisións, adoptan condutas e convértense en protagonistas de sucesos que xamais imaxinaron. Son historias enfiadas sobre abusos a menores, acoso e precariedade laboral, dereito a unha vivenda, a decidir ser ou non ser nai... Un retrato desta sociedade hostil que fai aínda máis vulnerables as mulleres.

FA

*HYYERB|101769]

15,50 x 23,00 | 216 pp | Rústica | 978-84-1110-176-9 | 1331500 | 17,95 €

POSTA Á VENDA 13/10

A historia da vida dunha muller diagnosticada de alzhéimer que necesita seguir viva.

II Premio Xuventude Crea de Novela Curta 2022

FA ALBA GUZMÁN FALCÓN XOANIÑA DE DEUS

REDES

Narrada en dúas voces, Xoaniña de Deus é a historia da vida dunha muller diagnosticada de alzhéimer que necesita seguir viva. Amor, drama e un pouco de humor forman parte dun círculo de lembranzas que ela mesma debe pechar antes de que a súa memoria se apague para sempre.

*HYYERB|101707]

14,00 x 21,50 | 128 pp | Rústica | 978-84-1110-170-7 | 1385001 | 14,50 €

POSTA Á VENDA 13/10

Un cómic ambientado na Galicia da Transición.

FX # FL # FV ALBERTO VARELA FERREIRO PLUS ULTRA.TRANSICIÓN AO FUTURO

NOVELA GRÁFICA

Alberto Varela volve á banda deseñada de carácter histórico cunha obra ambientada na época da Transición. Pepe Pardiñas é un emigrante galego retornado de Suíza con coñecementos do mundo da ufoloxía e do paranormal. En pleno debate político entre reforma e ruptura, Pardiñas será quen de albiscar como pode ser o futuro de Galicia e da humanidade.

DE 12 ANOS EN DIANTE

*HYYERB|101752]

POSTA Á VENDA 13/10

O novo monográfico da Rede Temática de Investigación LIJMI.

RED TEMÁTICA DE INVESTIGACIÓN «LIJMI» CÓMIC E LITERATURA

MATERIAIS

A considerada «novena arte» é o centro de interese de Cómic e Literatura, o novo monográfico da Rede Temática de Investigación «Las Litetaruras Infantiles y Juveniles del Marco Ibérico e Iberoamericano» (LIJMI) que, cada ano, achega unha publicación co propósito de que sirva de ferramenta nas tarefas de mediación entre o libro e a lectura.

DS

*HYYERB|101745]

17,00 x 24,00 | 504 pp | Rústica | 978-84-1110-174-5 | 1341029 | 28,50 €

POSTA Á VENDA 13/10

Un álbum que fala dos estereotipos de xénero cun dos mellores instrumentos: o humor.

DAVID PINTOR (NON) A TODAS AS NENAS LLES GUSTA O ROSA

Tradución de Anaír Rodríguez

PEQUENO MERLÍN

A través dun divertido diálogo coa súa filla, o artista David Pintor plasma algunhas das moitas e estrafalarias afeccións que poden facerlles soñar ás nenas. Un álbum que fala dos estereotipos de xénero empregando un dos mellores instrumentos: o humor.

DE 3 ANOS EN DIANTE

YBC # YXZ

*HYYERB|101738]

20,00 x 26,00 | 32 pp | Cartoné | 978-84-1110-173-8 | 1351087 | 13,50 €

POSTA Á VENDA 13/10

Un libro divulgativo sobre Charles Darwin, fundador da teoría da evolución.

DANIEL SOUTULLO VISIÓNS DE DARWIN

VIDA E PENSAMENTO DO FUNDADOR DA TEORÍA DA EVOLUCIÓN

BÁSICOS CIENCIA

Visións de Darwin é unha recompilación de ensaios que debuxan a personalidade de Charles Darwin desde os puntos de vista biográfico, científico e social. Os ensaios teñen un carácter divulgativo e tamén permiten un achegamento crítico á súa vida e obra.

DE 12 ANOS EN DIANTE

YNM # BGT # YNT

*HYYERB|101516]

13,00 x 20,00 | 224 pp | Rústica | 978-84-1110-151-6 | 1327511 | 15,50 €

POSTA Á VENDA 13/10

A primeira novela infantil de Berta Dávila.

YFB # YFC # YFH BERTA DÁVILA DEMETRIO DEMOSCOPIO PERDEU A CHISPA

MERLÍN

Nun edificio de cinco andares viven Afonsa Sosón e o seu neto André, o señor Demetrio Demoscopio, as irmás Carmelina e Laudina Flan, e o mago Ciro. No edificio todos son vellos, menos André, e todos son bastante felices. Ata que unha noite Demetrio Demoscopio perde a chispa e André decide que fará todo o posible para que o seu amigo a recupere.

DE 9 ANOS EN DIANTE

*HYYERB|100618]

13,50 x 19,00 | 152 pp | Rústica | 978-84-1110-061-8 | 1343319 | 11,95 €

POSTA Á VENDA 13/10

Novo título en galego da colección clásica de Astérix.

RENÉ GOSCINNY ASTÉRIX LEXIONARIO

Tradución de Xavier Senín Fernández

CÓMICS

Estamos no ano 50 antes de Cristo. Toda a Galia está ocupada polos romanos... Toda? Non! Unha aldea poboada por irredutibles galos aínda segue resistindo. Nesta ocasión, Astérix e Obélix alístanse na lexión para buscar o mozo de Falbalá, unha rapaza gala de quen Obélix namorou.

DE 10 ANOS EN DIANTE

YFW # FX

*HYYERB|101028]

22,00 x 28,80 | 48 pp | Cartoné | 978-84-1110-102-8 | 1352216 | 12,95 €

POSTA Á VENDA 13/10

Unha novela de máxima actualidade sobre as apostas e os problemas da xuventude.

Premio Lazarillo de Creación Literaria 2021

LEDICIA COSTAS A LEBRE MECÁNICA

FÓRA DE XOGO

As cousas entre Nana e Corvo ultimamente non van nada ben. Conseguiran construír un mundo onde compartían todo. Mais iso era antes. Desde que empezou a ir en serio coas apostas semella outro. O que antes era pura diversión converteuse nun pesadelo. Case sen decatarse, Corvo acaba metido nunha rede de problemas da que semella imposible saír.

DE 13 ANOS EN DIANTE

YF # FA # YXC # YXF # YXJ

This article is from: