![](https://assets.isu.pub/document-structure/220317151415-cb161912cd3f910bcebafbc9a8626c7d/v1/100a66b0fd6d8fc3dc9f97caf5c36942.jpeg?width=720&quality=85%2C50)
3 minute read
Claves de Operación Mundo
As claves de OPERACIÓN MUNDO
Para que serve o que aprendo?
Operación Mundo, o novo proxecto de Anaya para Educación Primaria, propón unhas claves pedagóxicas que sitúan o alumnado no centro da aprendizaxe.
Unha aprendizaxe para a vida.
![](https://assets.isu.pub/document-structure/220317151415-cb161912cd3f910bcebafbc9a8626c7d/v1/37f0fcafe59e030d07cb785376853016.jpeg?width=720&quality=85%2C50)
Operación Mundo é un proxecto: competencial, comprometido, interdisciplinario, inclusivo.
![](https://assets.isu.pub/document-structure/220317151415-cb161912cd3f910bcebafbc9a8626c7d/v1/2d8ac44193fda20c0a053565792a38e6.jpeg?width=720&quality=85%2C50)
![](https://assets.isu.pub/document-structure/220317151415-cb161912cd3f910bcebafbc9a8626c7d/v1/9cac17475575a081d3b2914c7bb6efdd.jpeg?width=720&quality=85%2C50)
Baseado en metodoloxías activas e cun novo proxecto dixital:
Competencial
Operación Mundo formula a adquisición paulatina e integradora das competencias. O seu desenvolvemento favorece no alumnado a capacidade de aprender a desenvolverse nas situacións da súa realidade cotiá. Situacións de aprendizaxe
Situacións enmarcadas nos ODS, que invitan o alumnado a levar a cabo unha reflexión final cunha proposta transformadora. Actividades competenciais
Actividades que preparan o alumnado para o día a día na súa toma de decisións. Avaliacións competenciais
Un elemento clave para a inclusión e o éxito escolar, cun enfoque integrador e flexible. Responde aos perfís competenciais de saída do alumnado para esta etapa.
Comprometido
O alumnado xoga un papel activo no proxecto, que vai máis alá do ámbito escolar. Implicarase en propostas que contribúan a transformar o seu ámbito familiar, social, cultural e natural en beneficio dun mundo máis sostible en todos os ámbitos. Obxectivos de Desenvolvemento Sostible
![](https://assets.isu.pub/document-structure/220317151415-cb161912cd3f910bcebafbc9a8626c7d/v1/d87062ba52670e06b825ba671c55822c.jpeg?width=720&quality=85%2C50)
Achegarase a planos como a diversidade cultural, a cultura da paz, a adopción de estilos de vida sostible, a igualdade...
Obxectivo en acción
![](https://assets.isu.pub/document-structure/220317151415-cb161912cd3f910bcebafbc9a8626c7d/v1/cec99c86c74c2a5b56ad15a4f6135e09.jpeg?width=720&quality=85%2C50)
No contexto das situacións de aprendizaxe expostas lánzanse propostas que invitan o alumnado a participar nun plan transformador.
![](https://assets.isu.pub/document-structure/220317151415-cb161912cd3f910bcebafbc9a8626c7d/v1/e90db2b34137985c6fe9a957d3a09e93.jpeg?width=720&quality=85%2C50)
Interdisciplinario
Un modelo orientado á acción no que se integran diferentes áreas de coñecemento e se potencian habilidades, destrezas e actitudes persoais e colaboradoras, dando como resultado unha aprendizaxe contextualizada. Proxectos interdisciplinarios
![](https://assets.isu.pub/document-structure/220317151415-cb161912cd3f910bcebafbc9a8626c7d/v1/e7745c36eae3f3bf23f216f5bad45cfb.jpeg?width=720&quality=85%2C50)
![](https://assets.isu.pub/document-structure/220317151415-cb161912cd3f910bcebafbc9a8626c7d/v1/6980d7c8663fb10f87968f8a29ed52ca.jpeg?width=720&quality=85%2C50)
Operación Mundo propón proxectos interdisciplinarios, unha experiencia de aprendizaxe integradora na que o alumnado levará a cabo unha investigación e elaborará un produto final cun obxectivo transformador.
Plan Lingüístico
Un plan transversal cuxos obxectivos son: · Mellorar a expresión oral e escrita do alumnado. · Estimular o interese e o hábito pola lectura.
Inclusivo
Un proxecto que nace comprometido co principio de educación inclusiva e a creación de mellores condicións de aprendizaxe para todo o alumnado. Para iso, ofrece recursos para un ensino personalizado, estruturas flexibles e mecanismos de reforzo.
Pautas DUA
Baseado no documento Pautas sobre o Deseño Universal para a Aprendizaxe. O esencial
O proxecto identifica as aprendizaxes esenciais que permitirán adquirir o perfil de saída previsto, axudando ao profesorado a adaptar o ritmo e a profundidade, facendo uso das metodoloxías activas máis adecuadas en cada caso. Recursos para a inclusión
Ofrece opcións múltiples de presentación da información como vídeos subtitulados, audios, resumos, esquemas, actividades interactivas... que facilitan a personalización.
![](https://assets.isu.pub/document-structure/220317151415-cb161912cd3f910bcebafbc9a8626c7d/v1/333990fead1ea1d06c9586d491a674f8.jpeg?width=720&quality=85%2C50)
Metodoloxías activas
Operación Mundo propón un conxunto de métodos, técnicas e estratexias que fomentan o traballo en equipo e incentivan o espírito crítico. Unha forma de traballar que prepara o alumnado para situacións da vida real.
Aprendizaxe cooperativa
Técnicas e estruturas cooperativas secuenciadas e progresivas. Desenvolvemento do pensamento
As estratexias de pensamento fomentan a competencia de aprender a aprender, contribúen a que o alumnado tome conciencia dos seus procesos mentais e a que actúe de forma reflexiva e crítica.
Educación emocional
Habilidades que contribúen a que o alumnado identifique e recoñeza as emocións, regulándoas e xestionándoas. TIC
O seu uso intégrase como recurso para obter información, seleccionala e utilizala de acordo cunha finalidade concreta. Favorece o desenvolvemento de competencias de planificación, xestión e elaboración de traballos; a comunicación e a colaboración en rede, e a competencia dixital.
Aprendizaxe lúdica
A gamificación chega á aula a través de actividades e xogos. Avaliación
Incorpora estratexias que lle permiten ao alumnado participar na avaliación da súa aprendizaxe analizando que aprendeu e como aprendeu.