LINGUA PRIMARIA
FÓRMULA PRÁCTICA
LICENZA INCLÚE DIXITAL
LEO E COMPRENDO VOCABULARIO GRAMÁTICA ORTOGRAFÍA
Narración
Os libros
A sílaba tónica
A comunicación
Volvemos ao conto
Dona Problemas
Antonio Yáñez, «O rei de Litonia»
Narración
O Hematocrítico, Dona Problemas
As catro estacións
O dicionario
O acento
Restaurante Farruco
Os gardiáns do mar
A que xogamos?
Poesía Xoán Neira, Un niño no xardín
Narración
Leticia Barbadillo, A botella de lentellas
Teatro
Chus Pereiro, Restaurante Farruco
Texto expositivo
Martín García Piñeiro, «Los guardianes del mar...»
Texto expositivo
«A estornela»
A roupa
Os sinónimos e os antónimos
As estacións
As palabras polisémicas
A familia
As palabras polisémicas
A cociña
As palabras compostas
As embarcacións
Os campos semánticos
Os xogos
As variedades da lingua
As palabras agudas, graves e esdrúxulas
A acentuación
Os ditongos e os hiatos
A oración, o parágrafo e o texto
As clases de oracións
O suxeito
e o predicado
Os nomes
A coma e os dous puntos
O xénero
e o número
Os signos de interrogación e admiración
O guión
As palabras con H
Os artigos
As contraccións
Os demostrativos
As palabras con X e LL
Os posesivos Os numerais
Narración
Casa autobús Paxariños
As orellas da avoa 1 5 3 7 2 6 4 8 9
Pablo Aranda, Casas del mundo
Narración
Gerald Durrel, Un fantástico viaje en globo
As vivendas
Os castelanismos
Os paxaros
Os conectores
As palabras con B e V
O pronome persoal
Os verbos
acabados en -ABA, -VER, -BER e -BIR
O verbo
Como é Pardal?
do esquema anterior. A sílaba tónica O acento A sílaba tónica Último lugar Antepenúltimo lec-TU-ra dra-GÓN MÚ-sica Penúltimo carné libro xigante Portugal álbum fácil tarántula colección trasno película bebé marrón lóstrego sábado príncipe Último lugar Penúltimo lugar Antepenúltimo
LEO E COMPRENDO
As lecturas adáptanse ao nivel lector do alumnado e fomentan o crecemento da identidade lectora.
As actividades de comprensión seguen as indicacións dos informes Pisa e céntranse na localización da información e na relación desta co contorno. A súa aplicación práctica trabállase de forma oral e participativa no apartado Escoito e falo.
VOCABULARIO
Os campos semánticos están relacionados coa lectura e co tema da unidade.
Os contidos léxicos avanzan progresivamente ao longo da etapa.
Ao longo do libro hai actividades competenciais para practicar o aprendido.
ORTOGRAFÍA
Neste segundo ciclo da Primaria é moi importante a práctica da ortografía para afianzar a escritura.
GRAMÁTICA
Os estudos de gramática inícianse de forma intuitiva no primeiro ciclo e avanzan gradualmente no segundo. Foméntase a aprendizaxe autónoma a través de exemplos, a busca da información e o traballo visual.
1 Volvemos ao conto
O rei de Litonia tiña un problema. Así, para empezar. Caeu na conta cando espertou dun molesto soño unha noite de outono que chovía a mares.
Como non tivo paciencia para agardar a que amencese, mandou chamar os seus dous conselleiros.
—Maxestade —agasallouno o primeiro acompañándose dunha elegante reverencia.
—Maxestade —agasallouno tamén o segundo.
(Os conselleiros sempre din «maxestade» e fan unha reverencia cando se presentan perante os seus reis).
—Benqueridos conselleiros, teño un problema. Un problema enorme. Un problema que non é para tomalo a broma: non teño un conto.
Os dous asesores quedaron pampos. Balbuciron, rascaron a gorxa, miráronse... Sabían que, por veces,
extravagante: que chama a atención porque é pouco habitual.
aldraxante: ofensivo.
inhóspitas: desagradables para vivir.
o rei amosaba un carácter extravagante* e os levantaba da cama ás tantas por calquera capricho; pero xamais se lle ocorrera cousa igual...
—Comprendedes o problema? —preguntaba apenado—. Un rei sen conto! Iso nunca se viu.
Cando os conselleiros conseguiron clarexar a cabeza, viron que non lle faltaba razón. Fixeron memoria e non atoparon nin un só rei que non tivese o seu conto.
—Védelo como non estou equivocado? É aldraxante*. Ata hai ratos ou piollos con conto de seu. Espero que saibades ver a gravidade deste caso.
Tanto tiña que os conselleiros lle visen ou non a gravidade. Se lla vía o rei, abondaba. Debían encontrar unha solución.
Durante tempo e tempo, emisarios reais percorreron o mundo coñecido, salvando ríos e atravesando desertos, poñendo en perigo as súas vidas. Cumpría unha solución; tiñan orde de ir ata a fin da Terra para procurala.
E así foi como souberon de rexións inhóspitas*, de feitos prodixiosos e de cidades onde nunca é noite. E tamén foi así como coñeceron seres incribles: o xigante dos sete brazos, o espectro vixilante do mundo dos medos, o lobishome gardador das neves perpetuas...
Nunca os emisarios deixaron de camiñar, coa esperanza de dar co conto que fose do agrado do rei.
Antonio Yáñez Casal, «O rei de Litonia» (adapt.)
Leo e comprendo
1 Quen é o protagonista desta historia?
2 En que país reinaba?
3 Que grave problema tiña?
4 Pon V (verdadeiro) ou F (falso).
Esa noite ía moi bo tempo.
O rei pediulles axuda aos seus conselleiros.
O rei tiña un conto que non lle gustaba.
Os conselleiros percorreron o mundo na busca dun conto.
5 Cambia as frases subliñadas por unha destas palabras. – O rei espertou dun molesto soño. – Non quixo esperar a que se fixese de día.
amencese perpetuas extravagante pesadelo
O rei espertou dun pesadelo.
– O rei tiña un carácter caprichoso e fóra do normal. – Coñeceron o país das neves que nunca se acaban.
Escoito e falo
1 Escoitade este conto «de nunca acabar».
• Aprendédeo e repetídeo varias veces, cambiando o final.
2 Poñédevos en círculo. O mestre ou a mestra comezará outro conto e vós seguiredes ata rematar o círculo.
Non vale repetir as respostas.
PROFE: Este é o conto do tío Paipés, que tiña os ollos azuis e o cu do revés. Queres que cho conte outra vez?
NENO 1: Nooon!
NENO 2: Eu non che dixen que non. Dixen que este é o conto do tío Paipés, que tiña os ollos azuis e o cu do revés. Queres que cho conte outra vez?
NENO 3: Vale...
NENO 4: Eu non che dixen que vale. Dixen que este é o conto...
3 Inventade un conto parecido para o rei de Litonia.
• Usade algún destes personaxes.
Os libros
1 Escribe cada palabra debaixo do seu libro.
conto poesía dicionario
dicionario
2 Le o resumo e une cada libro co seu tema.
teatro cómic
amor – maxia – aventuras – misterio – ecoloxía – ciencia ficción
Un estraño resplandor aparece no mar. Nesa zona, varios países europeos mergullaron residuos radioactivos.
A ficha
Mencía non encaixa na escola de bruxas, pero con amigos e esforzo pode que todo cambie.
Escolle un libro que che guste e anota estes datos.
• Debuxa a portada.
Título:
Autor/autora:
Ilustrador/ilustradora:
N.º de páxinas: Editorial: Colección:
COMPETENCIAL
3 Le as definicións e completa o encrucillado.
1 Edificio onde hai moitos libros.
2 Tenda que vende libros.
3 Tarxeta para coller libros en préstamo.
4 Libro novo que acaba de chegar.
5 Conxunto de libros parecidos.
O dicionario
1 Ordena estas palabras segundo aparezan no dicionario.
libreiro – bibliotecaria – libro – devolución
bibliotecaria
2 Fíxate.
Os nomes aparecen sempre en masculino e en singular.
• Como buscarías estes?
lector
3 Fíxate.
COMPETENCIAL
Os verbos aparecen sempre en infinitivo (-ar, -er, -ir)
• Como buscarías estes?
escribía xéneros debuxei usuarias lestes
escribir lectoras
A sílaba tónica
1 Completa
A sílaba que pronunciamos con máis forza nunha palabra chámase As demais son sílabas .
2 Fíxate e completa.
A sílaba tónica
Se o precisas, consulta o Anexo
Último lugar
Penúltimo
Antepenúltimo
lec-TU-ra dra-GÓN MÚ-sica
• Divide estas palabras en sílabas e destaca a sílaba tónica.
te-LÉ-fo-no
teléfono azul
salón libro
útil xílgaro
• Escríbeas no lugar correcto do esquema anterior.
3 Atopa un intruso en cada recadro.
carné libro xigante
Portugal álbum fácil tarántula colección trasno película bebé marrón lóstrego sábado príncipe
Último lugar Penúltimo lugar Antepenúltimo lugar
O acento
1 Escribe o nome de cada imaxe.
álbum
• Que teñen en común estas palabras?
2 Fíxate.
Algunhas palabras levan acento ´ na sílaba tónica.
• Escribe tres palabras máis que coñezas con acento.
3 Le e subliña as palabras que levan acento.
Na vila había un monte de ratos. Algúns deles afirmaban que foran os seus verdadeiros fundadores e que os humanos chegaran despois, pero non imos entrar aquí en liortas históricas. Había ratos ocupando tobos nas hortas e nos xardíns, ratos que entraban buscando comida nas despensas, e nos hórreos, ratos que se agochaban nos faiados e mesmo algúns ratos que pasaban o seu tempo entre libros, como o Rato de biblioteca, que estaba pasando un tempo na casa de Cutrifol, un curmán seu.
Marilar Aleixandre, «O rato de biblioteca e a gaiteira de Marín» (adapt.)
A comunicación
1 Fíxate na imaxe e escribe cada exemplo no seu lugar.
Se o precisas, consulta o Anexo
A lingua está formada polo conxunto de palabras que usamos para comunicarnos.
Oral
2 Inventa un exemplo máis de cada tipo.
Oral: Escrita:
Escribes unha carta. NOTICIAS
Escrita
3 Para comunicarnos tamén usamos xestos e sons. Completa.
Xestos/sons
Que quere comunicar?
Os choros dun bebé Ten fame
Aplaudir
Sirena
Xestos/sons
Que quere comunicar?
Hai que estar en silencio
Algo che fixo moita graza
Despedida
4 Explica que mensaxe comunica cada imaxe.
© GRUPO ANAYA, S.A., 2025 - C/ Valentín Beato, 21 - 28037 Madrid. Reservados todos os dereitos. O contido desta obra está protexido pola Lei, que establece penas de prisión e/ou multas, amais das correspondentes indemnizacións por perdas e danos, para quen reproduza, plaxie, distribúa ou comunique publicamente, en todo ou en parte, unha obra literaria, artística ou científica, ou a súa transformación, interpretación ou execución artística fixada en calquera tipo de soporte ou comunicada a través de calquera medio, sen a preceptiva autorización.