Pardal: Lingua 6 Primaria (mostra)

Page 1


LINGUA PRIMARIA

Índice

Libros máxicos

LEO E COMPRENDO

Narración

Michael Ende, A historia interminable

Poesía

O son da chuvia

Un ben... con outro ben

VOCABULARIO GRAMÁTICA ORTOGRAFÍA

Vivir nos libros

Os sinónimos e os antónimos

Chove miudiño

O seseo e a gheada

Feitizos

Nós volvemos

Manuel Rivas, Mohicania

Celso Emilio Ferreiro, Onde o mundo se chama Celanova

Teatro

Anisia Miranda, Un ben... con outro ben

Narración

Ollo co allo!

Perfectamente imperfecta

Narración

Castelao, Cousas

As palabras polisémicas e homónimas

Cine e televisión

O campo semántico e a familia léxica

A maxia e os enigmas

A familia de palabras

As viaxes

Os sufixos

Deuses propios

Auga a correr

Narración

Teresa González

Costa, A filla do ladrón de bicicletas

Narración

Manuel Gago, Vento e chuvia. Mitoloxía da antiga Gallaecia

Narración

Marcos Calveiro, Palabras de auga

Narración

A casa

As siglas e as abreviaturas

Os seres máxicos

Os neoloxismos e os estranxeirismos

A auga

O xentilicio

As ciencias

A acentuación (I) A acentuación (II)

O punto e a coma

As palabras con ex- e esOs grupos consonánticos 1 5 3 7 2 6 4 8 9

De sexto a primeiro

O galego e as linguas

A lusofonía

O substantivo e o adxectivo

O pronome persoal Os pronomes demostrativos, posesivos, numerais e indefinidos

Outros signos de puntuación

O verbo

As palabras con b e v Algunhas terminacións

As preposicións e as conxuncións Os adverbios

O enunciado e as clases de oracións

O suxeito e o predicado

Vicente Muñoz Puelles, Cuentos y leyendas de las Matemáticas

Os conectores

Os tipos de predicado Os complementos do predicado

A voz activa e a voz pasiva

1

Libros máxicos

A historia interminable

(...) Bastian decatouse de que, durante todo o tempo, estivera mirando fixamente o libro que o señor Koreander tiña nas mans e agora estaba na butaca de coiro. Era como se o libro tivese unha especie de magnetismo que o atraese irresistiblemente.

Colleu o libro e mirouno por todos os lados. As cubertas eran de seda e brillaban ao mover o libro. Ao pasar as follas por enriba, viu que o texto estaba impreso en dúas cores. Non parecía que tivese ilustracións, pero si unhas letras capitulares grandes e fermosas. Mirando con máis atención a portada descubriu nela dúas serpes, unha clara e outra escura, que mordían a cola unha da outra formando un óvalo. E nese óvalo, en letras caprichosamente entrelazadas, estaba o título:

A historia interminable

As paixóns humanas son un misterio, e aos nenos pásalles o mesmo que aos maiores. Os que se deixan levar por elas non atopan explicación, e os que non as viviron non poden entendelas. Hai persoas que xogan a vida para subir unha montaña. Ninguén, nin sequera elas, pode explicar realmente por que. Outras arruínanse para conquistar o corazón doutra persoa que non quere saber nada delas. (...) En resumo: hai tantas paixóns distintas como persoas distintas hai. E a paixón de Bastian Baltasar Bux eran os libros.

Quen non teña pasado nunca tardes enteiras diante dun libro, coas orellas ardendo e o pelo caído pola cara, lendo e lendo, esquecendo o mundo e sen decatarse de que tiña fame ou estaba quedando xeado. (...) Quen non coñeza todo iso por propia experiencia, non poderá comprender o que Bastián fixo entón.

Mirou fixamente o título do libro e sentiu asemade frío e calor.

Iso era, exactamente, o que tiña soñado tan a miúdo e o que, desde que se entregara á súa paixón, viña desexando: unha historia que non acabase nunca. O libro de todos os libros!

Tiña que conseguilo, custase o que custase! (...)

Antes de darse de conta do que facía, tiña metido o libro debaixo do abrigo e suxeitábao contra o corpo cos dous brazos. Sen facer ruído, foi cara á porta da tenda camiñando para atrás e mirando temerosamente para a outra porta, a do despacho. Levantou o picaporte amodo. Quería evitar que soasen as campaíñas de latón e abriuna só o xusto para coar por ela. Silenciosa e coidadosamente, pechou a porta por fóra.

E só entón botou a correr.

Michael Ende, A historia interminable

Leo e comprendo

1 Algunha vez sentiches a emoción pola lectura da que fala este texto? Con que libro?.

2 Se non o percibiches, porque cres que non gozas da lectura?

3 Que proporías para mellorar o teu nivel lector?

4 Cada capítulo de A historia interminable comeza cunha enorme letra ilustrada que ocupa case unha páxina. Chámase «letra capitular» e era moi habitual nos textos medievais.

• Fíxate nos exemplos e deseña a letra capitular do teu nome.

Escoito e falo

Escoitade este podcast sobre Michael Ende e respondede en parellas.

• As súas obras pertencen ao xénero fantástico ou ao romántico?

• Que obra che gustaría ler?

• Seguir con A historia interminable

• Momo

• Jim Boton e Lucas, o maquinista

Vivir nos libros

1 Fíxate explica oralmente que podes facer nas bibliotecas.

2 Emprega o dicionario. Busca as palabras, colócaas no seu lugar e escríbeas a carón da súa definición.

bibliomanía biblioteconomía bibliobús biblioteca biblioterapia

BIBLIO +

b c bi blio ma ní a d e

a) Autobús acondicionado para a lectura.

b) Lugar cunha colección de libros ordenados para a lectura.

c) Paixón esaxerada por ter libros. bibliomanía

d) Método para curar baseado na lectura.

e) Estudos para a xestión de bibliotecas.

3 En que clase de dicionario buscarías esta información?

Como se di en castelá tixola. ���� dicionario

O termo médico pericardite ���� dicionario

Un antónimo de salgado ���� dicionario

Buscamos información en distintas fontes

Busca Mondoñedo nun dicionario enciclopédico ou na Rede e localiza esta información. Apúntaa nun borrador.

• En que provincia está?

• A que comarca pertence?

• Como se chaman os habitantes desta vila?

• Cal é o seu monumento máis importante?

• Cal destes escritores galegos é de Mondoñedo?

Álvaro Cunqueiro

COMPETENCIAL

En Mondoñedo celébranse «As san Lucas», unha das feiras tradicionais máis importantes de Galicia e unha das máis antigas de Europa.

• Que produtos ou animais se compran e venden?

• Con que nome se coñece o último día? Por que?

O día das maulas

O día final

O finiquito

Os sinónimos e os antónimos

1 Completa.

Os son palabras que teñen significados parecidos.

Os son palabras con significados .

2 Escribe o poema substituíndo as palabras subliñadas por sinónimos.

• Deberás facer as modificacións oportunas.

ondas fondo chamar ventás baldosas murallas alga casa cristal camiño

Na vivenda das augas da profundidade do mar, tellado de vagas de verde vidro, paredes de cónchegas, lousas de sal, miradoiros de argazo verde por onde ollar. Carreiro de escuma, verxel de coral, muros de area, relucentes fiestras... Quen quere petar?

Ana M.ª Fernández, Quen vive aquí?

3 Forma antónimos con anti-, in- (i-, im-) ou des-. hixiénico legal colocado prudente estético natural

O seseo e a gheada

1 Observa o mapa coas zonas de seseo e gheada e contesta.

• Coñeces estes fenómenos?

Escóitalos a cotío?

• A que zona pertence a túa fala?

Muros

Se o precisas, consulta o Anexo

A Coruña

Santiago de Compostela

A Estrada

Vilagarcía de Arousa

O Carballiño

Pontevedra Ourense

Monforte de Lemos

Vigo

Camións, ghato, sapato

Camiós, ghato, zapato

gato, zapato

2 Indica se son verdadeiras (V) ou falsas (F) as seguintes afirmacións.

A gheada consiste na aspiración do g de ga, go, gu, gue, gui.

A gheada represéntase mediante un sh

O seseo consiste en substituír o z por s

No seseo, substitúese o c de ca, co, cu por s.

• Hai dous enunciados falsos. Escríbeos de novo corrixidos.

3 Como se din estas palabras na túa zona? touciño abrigo tousiño abrigho lus sinco luz cinco

4 Rodea nestas oracións os trazos de seseo e gheada. gheada seseo

– Ghrasiela vén de Saragosa para pasar uns días na casa contigho.

– Ao ghato de Rodrigho, o meu vesiño, ghústalle moito o peixe.

– Mighel non me deixa en pas: quere ir ao sine comigho.

Ferrol
Lugo
Camariñas
Viveiro
O Barco de Valdeorras
Camiois,

5 Nesta canción de saltar á goma están presentes os fenómenos de seseo e gheada.

• Rodéaos e logo copia a letra pasándoa ao galego común.

Eu son un vampiro bravo e   agherrido.

Vivo nun   palasio dende raparigho.

Odio a lus do sol, as cruses e os chíos.

Os allos e estacas e os nenos albinos.

Seo cada noite shanghe con chourisos, vou ao semiterio, caso uns poucos bichos, durmo nun sartegho metido nun nicho.

Cóllote da man, anda, ven comigho, bícoche o pescoso, son un bo amigho.

O galego e as linguas

1 Completa.

Se o precisas, consulta o Anexo

Cando unha lingua é recoñecida polas leis dun territorio, convértese en

O é lingua oficial na Comunidade Autónoma de Galicia.

2 Busca información e indica que lingua se fala nestes países.

Venezuela, Cuba, Ecuador, Arxentina, España, Uruguai, Colombia.

Brasil, Portugal, Angola, Cabo Verde, Mozambique.

• Colorea no mapa os países anteriores.

Brasil Uruguai
Angola Mozambique
Cabo Verde

3 Cales das seguintes linguas son máis parecidas ao galego?

inglés francés portugués éuscaro

alemán chinés catalán ruso

4 Escribe as linguas que son oficiais no Estado español.

5 Fíxate nas definicións e coloca cada palabra no lugar apropiado.

– Lingua oficial en todo o Estado español.

– Lingua oficial en Valencia.

– Lingua oficial no País Vasco.

– Lingua oficial en Cataluña e nas Illas Baleares.

• Busca información sobre estoutras linguas da Península Ibérica e di onde se falan. asturiano

A lusofonía

1 Le. A lusofonía

Se o precisas, consulta o Anexo

O galego permítenos conectar cunha comunidade de máis de 200 millóns de falantes de portugués, pois a comprensión entre as dúas linguas é fácil.

O portugués é a lingua oficial de Portugal, Brasil, Mozambique, Angola, Guinea Bissau, Cabo Verde, São Tomé e Príncipe, Timor Oriental e Macau.

2 Observa o mapa e sitúa cada país da lusofonía no seu continente.

Açores (Portugal)

Madeira (Portugal)

Cabo Verde

Guinea-Bissau

São Tomé e Príncipe

Macau (China)

Ponte nas ondas!

Escola... nas Ondas! é un proxecto educativo que vincula escolas de Galicia e de Portugal a través da radio escolar.

Hai anos fíxose unha ponte entre as localidades de Salvaterra do Miño e Monção. Entón, un grupo de 16 escolas decidiu elaborar un proxecto cuxo obxectivo era crear unha nova ponte de comunicación a través das ondas.

Desde o seu inicio non deixou de medrar e incorporar escolas de toda Galicia, Portugal, España e mesmo países de América Latina.

Comezouse cunha xornada radiofónica na que se emitían 12 horas de programas de radio e na actualidade chegou a facer programas de radio e tamén de televisión por Internet.

COMPETENCIAL

Localiza en Internet o proxecto «Escola...nas Ondas!» e busca esta información.

• Cantas escolas de Galicia integran o proxecto de radio? E cantas o de televisión?

Da Coruña, ........ de radio e ........ de televisión.

De Lugo, ........ de radio e ........ de televisión.

De Pontevedra, ........ de radio e ........ de televisión.

De Ourense, ........ de radio e ........ de televisión.

Elixe unha das escolas e bótalle un ollo aos seus podcasts. Cal é?

Resume aquí que temas se tratan e por que che gustou.

© GRUPO ANAYA, S.A., 2025 - C/ Valentín Beato, 21 - 28037 Madrid. Reservados todos os dereitos. O contido desta obra está protexido pola Lei, que establece penas de prisión e/ou multas, amais das correspondentes indemnizacións por perdas e danos, para quen reproduza, plaxie, distribúa ou comunique publicamente, en todo ou en parte, unha obra literaria, artística ou científica, ou a súa transformación, interpretación ou execución artística fixada en calquera tipo de soporte ou comunicada a través de calquera medio, sen a preceptiva autorización.

Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.