Proxecto da biblioteca escolar de centro. Curso 2015-2016 CEIP Pedro Antonio Cerviño-Campo Lameiro
MEMORIA ANUAL DO PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES “ Dende a biblioteca queremos EMOCIÓN-ARTE” CEIP PEDRO A. CERVIÑO- CAMPO LAMEIRO Memoria do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares 2015-2016
1
Proxecto da biblioteca escolar de centro. Curso 2015-2016 CEIP Pedro Antonio Cerviño-Campo Lameiro
ÍNDICE DA MEMORIA “ Dende a biblioteca queremos EMOCIÓN-ARTE”
1.-Grao de cumprimento dos obxectivos propostos no proxecto “ EMOCIÓN-ARTE” e nas liñas prioritarias do curso 2015-2016( pax-3). 2.-Horario real asignado á persona responsable e ó equipo da biblioteca (pax-7). 3.-Actividades desenvoltas en relación coa xestión técnica, o fomento da lectura, a educación para a competencia en información e outras (pax-9). 4.-Grao de implicación do centro e da comunidade educativa. O uso que se fai da biblioteca escolar ( pax-16). 5.-O grao de integración dos recursos da biblioteca nos procesos de ensino aprendizaxe nas diversas áreas do currículo(pax-21). 6.-As actividades de formación do ámbito da biblioteca escolar nas que participou o profesorado, da persoa responsable e dos integrantes do equipo e de outro profesorado no seu caso( pax-24). 7.-A producción de materiais se os houbera ( pax-25). 8.-Avaliación e previsións de futuro. Propostas de mellora( pax-28).
Memoria do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares 2015-2016
2
Proxecto da biblioteca escolar de centro. Curso 2015-2016 CEIP Pedro Antonio Cerviño-Campo Lameiro
1. INTRODUCCIÓN: Rematamos o 1º ano de PLAMBE na escola e ágora toca ó equipo de biblioteca do CEIP “ Pedro Antonio Cerviño”, e en consecuencia ós diversos sectores da comunidade educativa, facer un balance e avaliación do que isto supuxo en materia de biblioteca, lectura e busca de información, así como, de vivencias en torno á biblioteca na propia escola. Iniciouse este proxecto con ilusión, e, a reo traballamos no mesmo, sentamos as bases do que supón ter un PLAMBE na nosa escola, e….queda inda moito por seguir avanzando coa mesma ilusión e ganas. Para este obxecto e ó abrigo da Orde de 30 de marzo de 2015 redáctase esta memoria correspondente ó proxecto elaborado denominado:
“ Dende a biblioteca queremos EMOCIÓN-ARTE”
1.-Grao de cumprimento dos obxectivos propostos no proxecto “ EMOCIÓN-ARTE” e nas liñas prioritarias para o curso 2015-2016.
Arrincaba o noso proxecto con un obxectivo prioritario: -
Transformar
a
biblioteca
nun
centro
de
recursos,
de
dinamización da información e de fomento da lectura.
Memoria do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares 2015-2016
3
Proxecto da biblioteca escolar de centro. Curso 2015-2016 CEIP Pedro Antonio Cerviño-Campo Lameiro
Podemos afirmar a consecución de este obxectivo, que se foi materializando nos diversos ámbitos en que se foron distribuíndo en obxectivos máis específicos que a continuación plasmamos.
OBXECTIVOS REFERIDOS Ó ALUMNADO OBXECTIVOS REFERIDOS Ó PROFESORADO E COMUNIDADE EDUCATIVA
OBXECTIVOS REFERIDOS Á BIBLIOTECA
PLAMB "EMOCIONARTE"
OBXECTIVOS REFERIDOS Á BIBLIOTECA Neste ámbito acadáronse respecto ós obxectivos propostos os seguintes logros: Transformación do espazo da biblioteca, a través de reformas, introducción de novos materiais, recanto informativo, etc. Introducción do “ recanto da información e do periodismo” con ordenadores que poden ser empregados por todo o alumnado. Créase o “ foro da biblioteca”, así como o email específico para a biblioteca. Relación coa biblioteca do
Concello de cara a compartir materiais,
Memoria do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares 2015-2016
4
Proxecto da biblioteca escolar de centro. Curso 2015-2016 CEIP Pedro Antonio Cerviño-Campo Lameiro
organizar actividades conxuntas, comunicación fluída, etc. A mascota da biblioteca, Dora Lectora continúa a ser o nexo de unión entre a biblioteca e o alumnado e familias. Os resultados optimizáronse con este elemento motivador xa coñecido por tod@s.
OBXECTIVOS REFERIDOS Ó ALUMNADO Foi o ámbito no que se acadaron a meirande parte dos logros vinculados cos obxectivos propostos. Éstes xiraron en torno á motivación en actividades lectoras, familiarización co funcionamiento da biblioteca, etc. Os logros sintetízanse nos seguintes resultados e accións : Incrementouse o número de actividades de fomento da lectura como por exemplo: certames literarios, visita de autores, participación no Salón do Libro, etc. Nun calendario de actividades repleto ó longo do curso, o equipo de biblioteca xunto cos demais órganos de coordinación docente, claustro, colaboración familiar e de amigos, acadou que o alumnado participase activamente na totalidade das propostas. Maior participación do alumnado no ámbito da biblioteca, tanto no servizo de empréstitos como nas actividades e dinámicas propostas como por exemplo como novidade o equipo de colaboradores da biblioteca. Emprego autónomo da biblioteca para a busca de materiais, información, obras literarias, etc.
Memoria do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares 2015-2016
5
Proxecto da biblioteca escolar de centro. Curso 2015-2016 CEIP Pedro Antonio Cerviño-Campo Lameiro
Elaboración dun periódico dixital a partir da creación do recanto da información no espazo da biblioteca.
OBXECTIVOS REFERIDOS Ó PROFESORADO Os obxectivos neste ámbito ían dirixidos a integrar a biblioteca no proceso de ensino aprendizaxe, así como a formación por parte de equipo de mestres no ámbito da biblioteca. Acadóuse nos aspectos seguintes: A “ HORA DE LER” integrouse de xeito sistemático nas aulas da escola, servindo de ferramenta para o fomento da lectura, tertulia literaria, actividades de busca da información, etc. Todo o profesorado do centro acode a traballar no espazo da biblioteca aspectos vinculados co currículo, centrados sobre todo na investigación e busca de información. A biblioteca é a día de hoxe unha ferramenta de traballo nas aulas e o espazo está totalmente optimizado en canto ó seu emprego. A coordinadora do equipo de dinamización participou en varias actividades de formación e comunica ó equipo e á totalidade do Claustro aspectos de relevancia vinculadas coas mesmas.
Memoria do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares 2015-2016
6
Proxecto da biblioteca escolar de centro. Curso 2015-2016 CEIP Pedro Antonio Cerviño-Campo Lameiro
OBXECTIVOS REFERIDOS Á COMUNIDADE EDUCATIVA A participación da comunidade educativa trátase dun obxectivo relevante en canto ó desenvolvemento deste proxecto, xa que queremos que se traslade á rúa, ás familias, ó entorno, en fin… Neste ámbito, acadamos: Difusión de actividades a través da páxina web, co blogue da biblioteca onde se foron plasmado multitude de intervencións que foron a base para recibir propostas. Implicación do Concello, en concreto da área de Cultura para a realización de varias actividades, facilitando recursos, espazos, etc. Xornada de “portas abertas”, para coñecer a biblioteca por parte das familias posterior á remodelación da mesma. Maior participación das familias en actividades e dinámicas propostas. Actividades
realizadas
fóra
do
centro
educativo
vinculando
á
comunidade: día da “Muller Traballadora”, “Lecturas na Carballeira”, sesión de cine, etc.
2.-Horario da biblioteca escolar. 2.1.- Horario de apertura da biblioteca escolar A biblioteca da escola permanece aberta durante todo o horario escolar, é dicír, de 9:00 a 14:00 horas. No horario de recreo están organizadas as gardas para que todos os días un mestr@ se ocupe do espazo. A maiores o grupo de colaboradores da biblioteca de 5º e 6º curso, Memoria do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares 2015-2016
7
Proxecto da biblioteca escolar de centro. Curso 2015-2016 CEIP Pedro Antonio Cerviño-Campo Lameiro
teñen dispostas quendas para facer o servizo de empréstitos baixo a supervisión da persoa encargada da garda. Neste período artéllanse tamén actividades para apoiar ó equipo como por exemplo, preparación de materiais
para
diversas
conmemoracións,
decoración
do
espazo,
ordenación dos recursos, etc. 2.2.- Horario de emprego da biblioteca. A totalidade do horario escolar a biblioteca permanece aberta ó profesorado e alumnado. As titorías teñen seleccionadas horas fixas para o traballo na mesma pero o espazo é empregado na actualidade de xeito arbitrario e contínuo sendo no día a día un recurso optimizado na escola. A continuación recóllese a organización horaria de base inda que é aleatoria. A biblioteca é empregada por profesorado e alumnado cando así o precisan. LUNS
MARTES
MERCORES
XOVES
VENRES
9:00-9:50
9:50-10:40
1º CURSO
10:40-11:30
6º CURSO
12:20-13:10
3º CURSO
13:10-14:00
2º CURSO
INFANTIL 1
INFANTIL 2
Memoria do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares 2015-2016
5ºCURSO 4ºCURSO
8
Proxecto da biblioteca escolar de centro. Curso 2015-2016 CEIP Pedro Antonio Cerviño-Campo Lameiro
2.3.- Horario do equipo de dinamización da biblioteca escolar. LUNS
MARTES
9:00-9:50
MERCORES
J. LUIS
XOVES
VENRES
MARIA
MARÍA
CHUS CHUS
9:50-10:40 10:40-11:30 12:20-13:10
13:10-14:00
SUSANA
SUSANA
( COORD.)
(COORD.)
LOLI
ANA
ROSANA
SUSANA ( COORD.)
3.-Actividades desenvoltas en relación coa xestión técnica, o fomento da lectura, a educación para a competencia en información e outras. Na elaboración do noso 1º proxecto para o PLAMBE, tivemos en conta unha serie de actuacións por trimestres, respecto a diversos apartados como son: ü Xestión técnica e aspectos organizativos. ü Formación de usuarios. ü Acceso á información e tratamento da mesma. ü Fomento da lectura. ü Outras. Facemos a continuación un balance que, acompañaremos posteriormente nos anexos de diversas imaxes, que ilustran os datos que competen a este epígrafe Memoria do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares 2015-2016
9
Proxecto da biblioteca escolar de centro. Curso 2015-2016 CEIP Pedro Antonio Cerviño-Campo Lameiro
da memoria, partindo da síntese de obxectivos plantexados no noso proxecto inicial. ü Xestión técnica e aspectos organizativos: Respecto ás actuacións previstas acadamos: -
Organización de tarefas na biblioteca, centradas en diversos eidos: actualización da páxina web, reestructuración de espazos, compra de novos volumes, organización de actividades de animación lectora. Sintetízase en acción como: v Comisión de traballo no equipo de biblioteca. v Elaboración de carnets de bibliteca. v Formar a alumnos colaboradores na biblioteca. v Proposta para reformar a biblioteca “ Como sería a túa biblioteca ideal?”. Listado de demandas de volumes, temática de libros, etc, coa colaboración do profesorado e alumnado. v Instaurar novamente a “ HORA DE LER” na escola. v Actualización do blog da biblioteca coas diversas propostas que se vaian realizando.
Memoria do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares 2015-2016
10
Proxecto da biblioteca escolar de centro. Curso 2015-2016 CEIP Pedro Antonio Cerviño-Campo Lameiro
RECOLLIDA DE PROPOSTAS PARA REFORMAR A BIBLIOTECA INSTAURAR A " HORA DE LER" DINAMIZACIÓN DO BLOGUE DA BIBLIOTECA
Neste ámbito debemos instaurar xa que quedou pendente, “ A maleta dos libros viaxeiros”, así como a elaboración de trípticos con itinerarios e guías lectoras para a totalidade do alumnado e tamén das familias.
ü Formación de usuarios Entre as acción propostas nos obxectivos do noso plan destacamos a consecución de: v Formación do alumnado de 5º e 6º no programa MEIGA para a xestión dos empréstitos. v Organización dunha comisión de axudantes/colaboradores coa biblioteca de Dora Lectora, entre o alumnado de 5º e 6º curso, que Memoria do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares 2015-2016
11
Proxecto da biblioteca escolar de centro. Curso 2015-2016 CEIP Pedro Antonio Cerviño-Campo Lameiro
coa supervisión de membros do equipo, atendan ó espazo da biblioteca nos tempos de lecer, e colaboren en levar a cabo propostas do programa anual do equipo de dinamización da biblioteca: decoración de espazos, organización de actividades etc. v Educación para o acceso á información a partir da formación de usuarios. As nosas temáticas xiraron este curso en torno a dous proxectos: EMOCIÓN-ARTE, e CANTA BICHERÍA, coincidindo coa temática do proxecto de biblioteca e tamén coa edición do Salón do Libro de Pontevedra ó que cada curso acudimos.
Destes
dous
proxectos
xurdiron
variados
productos
finais,
destacando por exemplo: a árbore presentada no Salón do Libro, a decoración da biblioteca en torno á bichería, e diversos talleres en torno ás emocións e á literatura ( taller do medo, emocións na Carballeira, Xardín poético, tendedeiro de poemas…).
Memoria do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares 2015-2016
12
Proxecto da biblioteca escolar de centro. Curso 2015-2016 CEIP Pedro Antonio Cerviño-Campo Lameiro
"EMOCIÓN-ARTE"
CANTA BICHERÍA
“ OBRA DE OBRAS” levada a cabo na SEMANA DO LIBRO, conmemorando o noso proxecto “ EMOCIÓN-ARTE”.
ü Fomento da lectura Neste ámbito as accións levadas a cabo abarcaron diversas actuacións destacando un lOGRO moi importante no eido da escola. O equipo dinamizou Memoria do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares 2015-2016
13
Proxecto da biblioteca escolar de centro. Curso 2015-2016 CEIP Pedro Antonio Cerviño-Campo Lameiro
variadas propostas integrándoas con outros programas, conmemoracións, fios conductores acadando notable interés por parte do alumnado no fomento lector que se incrementou notoriamente. Podemos calificar de EXITOSO este apartado, tal como reflicten memorias de aula, rexistros do alumnado e tamén en charlas con familiares. Éstes últimos tamén participan máis e millor na escola en aspectos relacionados coa lectura. Destacamos: v Certame literario “ Emoción-arte sen medo”. v Nenos e nenas contadores de historias. Apadriñamentos lectores. v Visita do autor Raúl Vacas “ ABC diario”. v “ Poem-arte na biblioteca” – Tendedeiro de poemas da Paz. v Xardín poético de Manuel María. v Semana do libro “ II CERTAME LECTURAS NA CARBALLEIRA”. DRAMATIZ-ARTE. v Troco de libros. v Para as familias e persoas da contorna “ APADRIÑA UN LIBRO”. v Familias lectoras.
Destas propostas achegamos unhas imaxes de mostra, podendo atopar máis na páxina web do centro. Todas estas actuacións están vinculadas ó plan lector de centro e están consensuadas co claustro.
Memoria do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares 2015-2016
14
Proxecto da biblioteca escolar de centro. Curso 2015-2016 CEIP Pedro Antonio Cerviño-Campo Lameiro
TENDEDEIRO DE POEMAS DA PAZ
VISITA DE RAÚL VACAS XARDÍN POÉTICO A MANUEL MARÍA
GRAN TROCO DE LIBROS
Memoria do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares 2015-2016
15
Proxecto da biblioteca escolar de centro. Curso 2015-2016 CEIP Pedro Antonio Cerviño-Campo Lameiro
ü Outras actuacións: Destacamos neste apartado, a existencia de diversas accións levadas a cabo dende a biblioteca, destinadas ó apoio de outros programas e proxectos de aula e centro. Entre as que se destacan: v Selección e exposición de distintos materiais vinculados con conmemoracións do centro como poden ser: Samaín, Magosto, Nadal, Dereitos humáns, Entroido, Muller Traballadora etc. Estes materiais organízanse na biblioteca, na sección de recomendados e na BIBLIOMÓBIL, que é unha biblioteca itinerante que pode ir percorrendo as aulas na HORA DE LER. v Materiais vinculados con prosa, coa poesía e o teatro relacionados co proxecto EMOCIÓN-ARTE e postos a disposición do profesorado. v Apoio ao estudo e outras actividades dende a biblioteca para a compensación das desigualdades sociais. A biblioteca é un entorno totalmente aberto á comunidade educativa, tendo previsto facer unha BIBLIOTECA PARA PAIS/NAIS/FAMILIAS. Ést@s poden participar no empréstito, levando volumes, como xa ocorre na actualidade. v Accións para a integración da cultura impresa/cultura dixital, destacando o emprego do blogue da biblioteca escolar, a elaboración dun xornal dixital , actividades de elaboración LIM, videocontos, videoconferencias etc… Memoria do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares 2015-2016
16
Proxecto da biblioteca escolar de centro. Curso 2015-2016 CEIP Pedro Antonio Cerviño-Campo Lameiro
v Difusión dos recursos dispoñibles na biblioteca escolar a través do BLOGUE DE DORA LECTORA, taboleiros de anuncios da biblioteca que están espallados pola escola, guías de lectura e exposicións temáticas como mencionamos noutro apartado anterior. A importante adquisición de novos volumes no centro este curso grazas á dotación do PLAMBE contribuiu a unha maior asistencia do alumnado á biblioteca. 4.-Grao de implicación do centro e da comunidade educativa. O uso que se fai da biblioteca escolar. O avance en canto á presencia da biblioteca na vida da escola foi tal como recollemos no proxecto presentado ó PLAMBE na correspondente convocatoria, un progreso contínuo marcado polo éxito e emprego masivo na escola de este recurso. Pasamos de xeito progresivo nos últimos cursos dunha biblioteca na que, apenas se facía empréstitos a que este espazo fose o centro neurálxico da nosa escola, lugar onde xorden todas as propostas de centro, celebración de conmemoracións, lugar de referencia para o traballo das aulas. Tamén, na actualidade destacamos a implicación e interese por parte das familias que colaboran en tódalas propostas que se plantexan: certames literarios, familias lectoras, actividades no entorno baseado na aprendizaxe por servizos, como o “ Rastrillo de libros solidarios”, “ “Lecturas na Carballeira”” Día da Muller Traballadora”, etc. Nestas todas foi notable a presenza das familias do alumnado colaborando e aportando experiencias. Memoria do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares 2015-2016
17
Proxecto da biblioteca escolar de centro. Curso 2015-2016 CEIP Pedro Antonio Cerviño-Campo Lameiro
É relevante citar a colaboración permanente con outros equipos de dinamización da escola e órganos de coordinación docente. Neste caso, destacamos a colaboración coa coordinadora do equipo de DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA nunha total cohesión á hora de engarzar actividades propostas desde este equipo e o da biblioteca. Tamén se destaca a importante labor do profesorado, concretamente AS TITORÍAS que, traballaron a reo en todas as dinámicas propostas, engarzándoas con contidos de aula, por exemplo no “ XARDÍN POÉTICO” adicado a Manuel María, nas entrevistas feitas a “ MULLERES DE CAMPO LAMEIRO” e nas investigacións e pequenos proxectos de aula previos ó “ SALÓN DO LIBRO” coa temática “ CANTA BICHERÍA!!!!”. A biblioteca “ enganchou” a grandes e pequenos, a súa protagonista DORA reclama constantemente a atención dos pequen@s con preguntas, inquedanzas, investigacións e o feed-back prodúcese coa respostas destes a todas elas, convertidas en diversas actuacións: certames literarios, comentarios sobre películas, tendais de poesía para a PAZ, etc. Ademáis disto, a biblioteca está “ chea de xente” que acode a investigar, a traballar nela horas concretas da semana con horario reservado a tal fin, a facer lecturas compartidas ou simplemente a intercambiar libros. Os colaborador@s de DORA, alumnado de 5º e 6º participaron na xestión, ordenación, demandas, organización de actividades durante os recreos organizados en tantas de 2 e 3 alumn@s. Memoria do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares 2015-2016
18
Proxecto da biblioteca escolar de centro. Curso 2015-2016 CEIP Pedro Antonio Cerviño-Campo Lameiro
Na actualidade obsérvase unha maior incidencia de visitas á biblioteca para facer traballo persoal, coller libros novos, e, tras unha ENQUISA feita ó alumnado podemos constatar que, máis do 50% do mesmo afirma acudir á biblioteca mais de 3 veces á semana, en relación con cursos anteriores.
O alumnado é o protagonista dos espazos e dos recursos, mostra disto é a variedade de propostas que nos fixeron para “ redecorar o espazo” ó inicio deste curso tras sernos concedido o PLAMBE á escola, onde, tras unha carta enviada pola mascota, pedímoslles a súa colaboración para adquirir novos volumes, contando cos seus gustos e preferencias e tamén ideas para decorar o espazo.
Memoria do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares 2015-2016
19
Proxecto da biblioteca escolar de centro. Curso 2015-2016 CEIP Pedro Antonio Cerviño-Campo Lameiro
Estas
imaxes
a
continuación
recollen
este
aspecto:
Como sería a túa biblioteca ideal?
Que libros che apetecen para a túa biblioteca?
A biblioteca tamén ten incidencia cada vez maior nas familias e tamén no entorno, como se pode ver nestas imaxes que acompañamos a continuación que se centran en lecturas feitas polos familiares e amigos do alumnado na “ SEMANA DO LIBRO” e as lecturas feitas no entorno así como os “ APADRIÑAMENTOS DE LIBROS” levados a cabo na 2º edición de “ LECTURAS NA CARBALLEIRA”.
Memoria do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares 2015-2016
20
Proxecto da biblioteca escolar de centro. Curso 2015-2016 CEIP Pedro Antonio CerviĂąo-Campo Lameiro
Memoria do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares 2015-2016
21
Proxecto da biblioteca escolar de centro. Curso 2015-2016 CEIP Pedro Antonio Cerviño-Campo Lameiro
CADA DÍA MAIS ORGULLOSOS DA NOSA BIBLIOTECA!!!!
Memoria do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares 2015-2016
22
Proxecto da biblioteca escolar de centro. Curso 2015-2016 CEIP Pedro Antonio Cerviño-Campo Lameiro
5.-O grao de integración dos recursos da biblioteca nos procesos de ensino aprendizaxe nas diversas áreas do currículo. Como xa citamos no epígrafe anterior a biblioteca é CENTRO DE RECURSOS na escola. Este curso deseñóuse un espazo aberto fóra da biblioteca a carón dela destinado á investigación, por cuestión de espazos. Neste recanto anexo atopamos bibliografía referida ás ciencias naturais, diccionarios, enciclopedias e incluso algúns recursos como maquetas e revistas científicas. Este espazo é a gran zona de investigación a que se
pode acudir para as
consultas. No interior da biblioteca organízanse por tempadas “ LIBROS TEMÁTICOS” atendendo ó traballo concreto que se esté a desenvolver por exemplo este curso relacionado co tema do Salón do Libro “CANTA BICHERÍA”. Tamén, este curso, como novidade deseñamos un “ ESPAZO DE PRENSA” para elaborar o noso 1º diario dixital, que conta con ordenadores con conexión a internet, e-books, e vinilo para a organización visual dos nosos corresponsais. O alumnado acode á biblioteca cos seus mestres a facer sesión de busca de información, visionado de contidos na PDI recén instalada neste curso no espazo da biblioteca ou a facer EXPOSICIÓNS COMPARTIDAS a outros grupos aula, fomentando así as dinámicas colaborativas e cooperativas así como a aprendizaxe por servizos, elemento que motiva moito a nosa práctica educativa e na que xa imos tendo algunhas experiencias. Algunhas das aulas acoden a facer TALLER LITERARIO no espazo da biblioteca para afianzar a producción escrita, asentándose en técnicas de Gianni Rodari , Memoria do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares 2015-2016
23
Proxecto da biblioteca escolar de centro. Curso 2015-2016 CEIP Pedro Antonio Cerviño-Campo Lameiro
ou Isabel Solé de xeito periódico e integrado dentro do horario da aula, vinculado con áreas en concreto. O proxecto lector de centro así como o plan anual de lectura e outros documentos como as programacións didácticas inclúen actuacións vinculadas coa lectura nas distintas áreas do currículo polo que:
En base a todo o exposto, cremos firmemente que a biblioteca é unha ferramenta fundamental no desenvolvemento das COMPETENCIAS CLAVE, por canto o alumnado adquire destrezas na pescuda da información, na selección da mesma e no proceso de transformación da mesma en coñecement0.
Memoria do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares 2015-2016
24
Proxecto da biblioteca escolar de centro. Curso 2015-2016 CEIP Pedro Antonio Cerviño-Campo Lameiro
Visitas ó periódico para a prensa dixital
TODO ISTO E MÁIS NA NOSA BIBLIOTECA ESCOLAR!!!
Memoria do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares 2015-2016
25
Proxecto da biblioteca escolar de centro. Curso 2015-2016 CEIP Pedro Antonio Cerviño-Campo Lameiro
busca de información
traballo colaborativo
Compartir experiencias
retroalimentación
Memoria do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares 2015-2016
26
Proxecto da biblioteca escolar de centro. Curso 2015-2016 CEIP Pedro Antonio Cerviño-Campo Lameiro
CERTAMES LITERARIOS “NARRATIZ-ARTE, POEMART-E”
“ AS MULLERES DA MIÑA VIDA”. Busca de información e labor en equipo de toda a escola. Participación das mulleres de Campo lameiro.
Memoria do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares 2015-2016
27
Proxecto da biblioteca escolar de centro. Curso 2015-2016 CEIP Pedro Antonio Cerviño-Campo Lameiro
MATERIAIS ELABORADOS DENDE A BIBLIOTECA PARA O PROFESORADO
As emocións? ??…
Imos descubrir que senten…
E iso que
é???
liñas argumentais de
Debuxos das personaxes de
"Bichos"
"Bichos"
" Obradorio de bichería na biblioteca"
Memoria do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares 2015-2016
28
Proxecto da biblioteca escolar de centro. Curso 2015-2016 CEIP Pedro Antonio Cerviño-Campo Lameiro
6.-As actividades de formación do ámbito da biblioteca escolar. A coordinadora da biblioteca, Susana Batallán acudiu ós cursos de formación seguintes: ü “ Encontros dos centros de Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares 2015-2016. ü VI Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia. Trala realización dos mesmos existe unha posta en común coa totalidade do Claustro e tamén do equipo de dinamización da biblioteca, respecto a distintas propostas e contidos que foron vistos nesta formación. Está pendente incluír no PFPP de centro que temos instaurado no centro unha liña de traballo como seminario ou grupo de traballo centrado no uso da biblioteca escolar, pero é un acordo que se tomará no inicio do curso. En todo caso, a liña prioritaria instaurada no centro no PFPP, que é unha liña prioritaria nos actuáis plans de formación sobre “ Programación e currículo” garda relación directa coa biblioteca no tocante a destrezas propias das competencias clave como poden ser: Competencia de aprender a aprender, competencia dixital, sentido cultural e artístico e como non, competencia dixital. Na elaboración dos perfís de área, tendo en conta o 2º nivel de concreción curricular e na elaboración de mínimos de desempeño para a promoción, moitos dos estándares de diversas áreas gardan relación cos obxectivos que se perseguen na nosa biblioteca, vinculados co gusto pola lectura, a investigación, o traballo colaborativo, etc. Memoria do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares 2015-2016
29
Proxecto da biblioteca escolar de centro. Curso 2015-2016 CEIP Pedro Antonio Cerviño-Campo Lameiro
7.-A producción de materiais se os houbera. Neste apartado queremos destacar algunhas elaboracións que, son na maior parte productos finais do propio alumnado, en relación coa lectura e a escritura, e a investigación, e que foron trasversais ó desenvolvemento do proxecto inicial na BE.
MATERIAIS INFORMATIVOS ELABORADOS A PARTIR DA BUSCA DE INFORMACIÓN
Recomendacións busca información
" Dia 8 de Marzo"
Decálogo elaborado por TIC para a busca de información eficaz.
PPT sobre o día 8 de marzo
PPT " Bibliotecas do mundo"
PPT día de bibliotecas escolares
Memoria do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares 2015-2016
30
Proxecto da biblioteca escolar de centro. Curso 2015-2016 CEIP Pedro Antonio Cerviño-Campo Lameiro
MATERIAIS PRODUCIDOS POLO ALUMNADO DENTRO DO PROXECTO “EMOCIÓN-ARTE”
"O VELENO MÁXICO"
"O CARACOL MARTIÑO"
INFANTIL
" AS XOANIÑAS"
AS EMOCIÓNS EN "DRAMATIZ-ARTE"
"Emoción-arte e dramatiz-arte"
Memoria do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares 2015-2016
31
Proxecto da biblioteca escolar de centro. Curso 2015-2016 CEIP Pedro Antonio Cerviño-Campo Lameiro
PANEIS INFORMACIÓN
CARNÉS DA BIBLIO
CARTELERÍA ANUCNIADOR A
CARTELERÍA SOBRE EVENTOS, INFORMACIÓNS, CARNETS…
TRATAMENTO DA INFORMACIÓN E COMPETENCIA DIXITAL O RECANTO DA PRENSA- “ CERVO DIXITAL”
Recanto dos periodistas " en acción"
Periodistas "en acción" Entrevistas a mulleres de Campo Lameiro
Edición "Cervo dixital"
Memoria do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares 2015-2016
32
Proxecto da biblioteca escolar de centro. Curso 2015-2016 CEIP Pedro Antonio Cerviño-Campo Lameiro
8.-Avaliación e previsións de futuro. Propostas de mellora.
Como expuxemos no proxecto inicial do que agora facemos memoria e recapitulación é a avaliación a ferramenta imprescindible para abordar o impacto que tivo na escola ( alumnado, profesorado e comunidade educativa en xeral) a actuación dinamizadora da biblioteca. Ésta é a ferramenta máis válida e completa coa que contamos para asegurar as nosas intencións e logros.
De este xeito, partiremos dunha base concreta e sistematizada de cara a proxectos vindeiros. Entre os distintos criterios de avaliación incluídos no proxecto atopamos un adecuado grado de cumprimento nos mesmos. Recollémolo a continuación.
Memoria do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares 2015-2016
33
Proxecto da biblioteca escolar de centro. Curso 2015-2016 CEIP Pedro Antonio Cerviño-Campo Lameiro
Modificáronse e melloráronse os distinos espazos da biblioteca en torno a espazos e recursos así como un notable aumento de fondos en base á demanda de alumnado e profesorado.
Potenciouse o número de actividades de animación á lectura con notables mellorías no desenvolvemento do hábito lector.
A biblioteca é un centro de recursos presente no proceso de E-A.
Memoria do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares 2015-2016
34
Proxecto da biblioteca escolar de centro. Curso 2015-2016 CEIP Pedro Antonio Cerviño-Campo Lameiro
Acadouse un maior emprego das ferramentas TIC no proceso de E-A.
Ampliouse notablemente a participación/ implicación da comunidade educativa na biblioteca.
Dinamizouse o Blogue da biblioteca con diversas propostas.
Memoria do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares 2015-2016
35
Proxecto da biblioteca escolar de centro. Curso 2015-2016 CEIP Pedro Antonio Cerviño-Campo Lameiro
Entre as propostas de mellora, que son múltiples tralo desenvolvemento de este noso primeiro ano de PLAMBE no CEIP “ Pedro Antonio Cerviño” destacamos algunhas como as seguintes, que nos van permitir continuar coa labor iniciada.
Continuar coas reformas no espazo da biblioteca, dotándoa de máis recursos e acadar un mellor acondicionamento. Mellorar a organización/catalogación dos volumes.
Concretar con anterioridade unha temática para o PDI que poida ser integrada na programación de aula sendo trasversal a contidos das áreas. Deseño de tarefas en torno á esta temática nas aulas.
Contar con unha organización no equipo de dinamización da biblioteca máis eficaz, con profesorado con maior liberación horaria e con unha distribución de tarefas . Asignación de mais horas á persoa coordinadora.
Para o logro de estas propostas é precisa continuar coa implicación da totalidade do claustro con especial relevancia do propio equipo de dinamización da biblioteca asi como do equipo directivo do centro de cara a potenciar inda máis a eficacia da presenza da biblioteca na escola.
Memoria do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares 2015-2016
36
Proxecto da biblioteca escolar de centro. Curso 2015-2016 CEIP Pedro Antonio Cerviño-Campo Lameiro
Con estas reflexións/propostas de mellora finaliza esta MEMORIA do curso 2015-2016 en torno ó PLAMBE instaurado coa finalidade de que sirva de instrumento para a reflexión e punto de partido de futuros plans e proxectos plantexados na biblioteca así como de forma directamente proporcional no día a día da escola. A continuación desenvólvese un ANEXO titulado: “ Bitácora dunha biblioteca que EMOCIONA… e que medra” onde se recollen algunhas imaxes a modo de exemplo do percorrer dun curso co noso proxecto EMOCIÓN-ARTE, o noso primeiro proxecto no PLAMBE que queremos que siga camiñando.
Para ampliar información de esta memoria, dirixirse a: http://centros.edu.xunta.es/ceippedroantoniocervino/
Campo Lameiro, xuño de 2016
Memoria do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares 2015-2016
37
Biblioteca escolar que medra… Este 1º ano de PLAMBE foi un achegamento ó que seguro que nun futuro vai ser unha GRAN biblioteca…..en volumes, en traballo, en información e sobretodo en XENTE!!! Grandes e pequen@s somos quens a conformamos….
Elaboramos e levamos a cabo moitas producción nun curso.
“ A BIBLIO DE DORA LECTORA”
A rapazada é a protagonista, e todo ten un fin, no noso proxecto de biblioteca que tenta engarzar a lectura e a escritura no día a día da escola fomentando o hábito e o pracer por ler e sobretodo… “ O AMOR ÓS LIBROS EN TODOS OS SEUS FORMATOS”
CEIP PEDRO ANTONIO CERVIÑO
“ EMOCIÓN- ARTE” coa lectura, de poemas, contos, teatro, cantigas, retazos….
1 2
GUSTO POLA LECTURA Visitas de autores á nosa biblioteca, familias lectoras, nenos e nenas contadores de historias que amenizaron as “Hora de ler”….Dende a biblioteca quixemos … EMOCIÓN-ARTE!!!
ALGUNHAS ACTIVIDADES… -
Conmemoración bibliotecas escolares.
-
Certame literario conto de terror, polo Samaín.
-
Nenos e nenas contadores de historias.
-
Conmemoración día dos Dereitos Humáns.
-
“ Bichería”. Salón do libro 2016.
-
“ As mulleres da nosa vida”.
-
Tendedeiro de poemas da Paz.
-
II Edición de “Lecturas na Carballeira”.
-
Troco de libros. “ Trae un e levas outro”.
-
Apadriña un libro” Só terás que coidalo”.
-
“Xardín poético “ adicado a Manuel María. Poderás velo no noso blogue: http://centros.edu.xunta.es/ceippedr oantoniocervino/