Mecanismos de insercion na paisaxe

Page 1

TFG Mecanismos de inserciรณn na paisaxe Iago Valverde



Mecanismos de inserción na paisaxe

Iago Valverde Pérez Titor: Jesús Irisarri Curso 2016·2017 20·02·2017 Escola técnica superior de arquitectura da Coruña · UDC



RESUMO

Mecanismos de inserción na paisaxe

Este traballo pretende facer unha lectura retrospectiva dun tema de Proxecto Fin de Carreira. Versará sobre as ordenacións dos campos da festa da Fraga (Gondomar), que serán revisadas e postas en común. Os proxectos a analizar sitúanse nun territorio coñecido, un anaco máis do territorio galego, pero igualmente complexo. Defínense como territorios híbridos ou transxénicos. Substrato rural, dinámicas urbanas e paisaxes en transformación: ese é o lugar. Un espazo para celebrar a festa anual: a demanda. Estúdanse 23 proxectos, que dende diferentes ópticas abordan o tema. Son análises independente que porén chegan a conclusións semellantes. Manifestándose en procesos de proxecto que converxen. A intención é analizar esas converxencias, chamadas mecanismos, e como se relacionan coa paisaxe.

Palabras Clave: Paisaxe, Rural, Festa, Estratexia, PFC

RESUMEN

Mecanismos de inserción en el paisaje

Este trabajo pretende hacer una lectura retrospectiva de un tema de Proyecto fin de carrera. Versará sobre las ordenaciones de los “campos da festa” de A Fraga (Gondomar), que será revisadas y puestas en común. Los proyectos a analizar se sitúan en un territorio conocido, un fragmento más del territorio, pero igualmente complejo. Se definen como territorios híbridos o transgénicos. Substrato rural, dinámicas urbanas y paisajes en transformación: ese es el lugar. Un espacio para celebrar la fiesta anual: la demanda. Se estudian 23 proyectos, que desde diferentes ópticas abordan el tema. Son análisis independientes que sin embargo llegan a conclusiones semejantes. Manifestándose en procesos de proyecto que convergen. La intención es Palabras Clave: analizar esas convergencias, llamadas mecanismos, y como se relacionan con el paisaje. Paisaje, Rural, Fiesta, Estrategia, PFC ABSTRACT

Mechanisms of insertion in the landscape

This paper takes a look back to various project thesis presented in the Architecture School of A Coruña under the same topic, the organization of the ‘Campos da festa’ in A Fraga (Gondomar). 23 different exercises are revised and compared. Those projects are located in a fragment of the Galician territory which presents a big complexity. A hybrid and transgenic territory. The place is defined by a rural substrate with urban dynamics in constant processes of transformation. The ‘Campo da festa’ itself is the place for the commons, for the communal celebration, a symbolic place where the neighbours meet, enjoy and share. The projects are analyzed from different perspectives. Those processes of analysis will unravel the importance of the territory as starting point of the project. Therefore, this paper aims to analyze the diverse mechanisms of project solving which specially focus on the relation with the landscape.

Key words: Landscape, Rural, Party, Strategy, Master Thesis



CONTIDOS Limiar -

08

Primeira parte (País)axe (Urban)idades (Rural)idades -

12 14 18

Segunda parte (Re)situar (Pro)por -

26 34

Terceira parte Mecanismos

60

Plaza Camiño Rede Topografía Obxecto -

62 64 66 68 70

Conclusión -

72

Bibliografía 74 Relación imaxes 78 Agradecementos 80


i01. Panasqueira de Abaixo. Vincios


Esta historia comeza fai catro anos. O 13 de febreiro de 2013 - catro anos e unha semana antes da recepción deste documento - publícase na web da ETSAC1 a convocatoria do concurso de temas PFC. Dende a dirección da escola propúñaselles as alumnas propor un novo tema de PFC . A vitoria no concurso supuña incluír o tema nos proxectos que se podería desenvolver durante o curso 2013/2014 e na vixencia do mesmo. O gañador foi o autor destas verbas e a proposta seleccionada foi: Ordenación do campo da festa na Fraga (Gondomar). Nestes 4 anos presentáronse ao redor de 30 propostas con este tema. Tantas como persoas adicaron o seu esforzo e tempo a facer do tema proposto un proxecto propio. Facéndoo seu. Investigaron, obtendo datos novos do lugar, debuxaron, proxectaron arquitecturas moi diferentes e sobre todo, reflexionaron sobre a noso territorio. Puxeron moito traballo e paixón en cada un dos proxectos. Este traballo quere valer modestamente de epílogo para todos eles. Tanto como texto do tema2 pode valer de introdución a este TFG.

Limiar

i02. Código QR. Campo da Festa na Fraga

O traballo divídese en tres partes. A primeira trata de forma xeral tres ideas: paisaxe, urbano e rural. Tres conceptos que son abordados de algunha maneira en tódolos proxectos. Ten vontade de pequena reflexión e non tanto de sentar cátedra, posto que os temas son moi profundos e daría para un monográfico de cada un. A continuación faise unha introdución ao lugar. Con material gráfico procedente dos traballos das alumnas. Hai moito máis, e moi interesante. Alén das propostas, o material de análise dos traballos é espectacular. Trátase de mostrar ao lector o contexto xeográfico no que nos movemos. Un pequeno lugar no municipio de Gondomar que case todos os anos organiza unha festa. Despois, exponse as proposta que das alumnas. 23 propostas das 32 presentadas. Polo tanto, 23 casos de estudo. Tan só se lle adica unha páxina por proxecto, cuestión de economía de espazo. Tratando de sintetizar nun ou dous debuxos as ideas de cada un. E como resumo unha frase, un aforismo, coas intencións de cada proxecto. Cousa que é imposible. Polo que me desculpen as persoas ofendidas por non atinar en ler as intencións correctamente. A análise dos proxecto vai mostra uns espazos comúns. Similitudes e parentescos. Unhas formas de facer. O xeito en que os proxectos dialogan co lugar (paisaxe) denominareinos “mecanismos”. Na última parte tratarase de clasificar eses mecanismos. 5 formas, estratexias ou maneiras, en que os proxectos se insíren na paisaxe, que serán definidas.

I Concurso de proposta tema PFC. Dispoñible en: <http://etsa.udc.es/web/?p=5560>

1

Ordenación do campo da festa na Fraga. No código QR ou dispoñible en: <https://issuu.com/iagovalverde/docs/tema_pfc__ ordenaci_n_do_campo_da_festa_na_fraga>

2

E para rematar, as conclusións.

9



Nunha ocasión preguntoulle un xornalista a Miguel Unamuno: - Cree vostede que existe Deus? Ao que el respondeu: - Dígame vostede que entende por crer, por existir e por Deus e contéstolle. Así que antes de comezar, convén aclara conceptos. Que se entende por paisaxe? Que se entende por urbano? Que se entende por rural?

Primeira parte


“O espiritualismo agranda a separación entre o home e a natureza. A forma en que o campesiño, o mineiro ou o artista tratan á terra está en función do tipo de conciencia que teñen de si mesmos e da natureza; ao fin e ao cabo, o sexo non se reduce a unha serie de violacións. O campesiño ou enxeñeiro que corta a terra pode ou ben cultivala ou ben devastala. A representación da natureza que no seu momento fixeron a poesía lírica e a pintura da paisaxe non é o mesmo que o cultivo directo da terra” Robert Smithson3

i03. When you see the amazing sight

(País)axe


A paisaxe é no fundamental un concepto cultural. Non se atopa só no territorio, como podería parecer, se non que está nas nosas miradas. Percibimos unha realidade física, territorio, e a interpretamos valéndonos da nosa bagaxe cultural. Con referentes persoais e, sobre todo, colectivos. Cada individuo ten unha mirada distinta, pero cada colectivo ten unha forma diverxente de mirar. Unha mesma realidade paisaxística pode entenderse de forma oposta por persoas procedentes de dous contextos culturais diferentes. Aclaro: Entendendo cultura no sentido amplo do termo, como conxunto de coñecementos adquiridos. Por medio da educación regrada, da transmisión familiar, arte, medios de comunicación ou de calquera forma de transmisión de saberes. O Convenio Europeo da Paisaxe define paisaxe como: “calquera parte do territorio, tal e como é percibida polas poboacións, cuxo carácter resulta da acción de factores naturais e humanos e das súas interrelacións”4 Achamos as palabras clave: territorio e percepción. Ou en outros termos: natural e humano. Están en mutua influencia, o humano sobre o natural e o natural sobre o humano. A paisaxe é de condición dual e mixta. Non se di que a paisaxe teña que ser algo fermoso, bucólico ou verde. A paisaxe tamén pode ser dura, fea ou inerte. É paisaxe un bosque primitivo pero tamén o é unha ciénaga en New Jersey.

i04. The Fountain Monument

Define o arqueólogo Felipe Criado5 á paisaxe como un produto sociocultural creado pola obxectivación sobre o medio da acción social de carácter tanto material como imaxinaria. Criado pon na palestra a idea do “imaxinario”. Que é construción de mundos alén do material e que inflúen na realidade. As sociedades, especialmente as primitivas, habitaban (e habitamos) lugares simbólicos. Partes do territorio cheas de significados, que pola súa condición eran algo máis que forma, eran mito. Ermidas, castros ou covas, na sociedade tradicional, eran respectados e venerados. As torres de comunicación, parlamentos ou autoestradas se cadra sexan na actualidade os nosos mitos. Xuntos formaron e forman un corpus simbólico co que nos educamos, e co que se educarán no futuro. O imaxinario dunha sociedade reflectise na súas paisaxe. As fronteiras políticas crean fronteiras culturais. Dentro das múltiples formas de transmisión cultural os límites políticos son decisivos. As nacións establecen o principal marco cultural dunha sociedade (a lo menos facíano ata agora). A pais-axe fai país e fai país-anaxe. Os individuos dunha nación recoñécense como propios dun lugar. Recoñecen as formas do territorio propio (diferente ao alleo) e é un símbolo da identidade nacional. A pesares de que falar destes termos está moi desprestixiado, polo uso político interesado, a categoría “nación” segue funcionando para definir o imaxinario colectivo. Retrotraéndonos, podemos datar en 1789 o uso moderno da idea de nación, ao comezo da idade contemporánea. A revolución francesa inaugurou a un novo período na historia, marcado polo comezo do fin do feudalismo. No sistema feudal a gran maioría dos individuos vivían baixo o mando dun señor ou rei. Eran súbditos. A revolución burguesa pregoa os valores de liberdade, igualdade e fraternidade. Onde os indivi-

Frederick Law Olmsted and the Dialectical Landscape en ÁBALOS Vázquez, Iñaki (ed.). Naturaleza y artificio. Barcelona: Editorial Gustavo Gili, 2009. Páx. 38

3

Definición precedente de: VV. AA. Guía de estudos de impacto e integración paisaxística. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, 2012. Páx. 39

4

CRIADO Boado, F. ; Parcero Oubiña, C. ; Otero Vilariño, C. ; Cabrejas Domínguez, E. e Rodríguez Paz, A. Atlas arqueolóxico da paisaxe galega. Vigo: Edicións Xerais, 2016. Páx. 23

5

13


i05. La Liberté guidant le peuple

duos pasan a ser cidadáns. Rómpese a férrea xerarquía estamentaria. ¿Que une aos cidadáns se xa non lle deben obediencia a un rei ou señor? Se non están sometidos á violencia do mando dun superior, agora que son (ante a lei) libres e iguais, ¿Porque manterse xuntos? Nace, como resposta, a idea do estado-nación contemporáneo. Un contrato social que muda a violencia en dereito e a obediencia en obriga6 Tiña como precursor o tratado de Westfalia que garantía a integridade territorial dos grandes reinos europeos. Fixadas as fronteiras, tratábase a continiación de edificar un estado. O estado novo naceu ao redor do poder central cunha unidade política-simbólica chamada nación. Para crear unha unidade política precísase unificar a heteroxeneidade existente. Só habería un poder, o central, un único sistema xurídico e o monopolio da violencia. Unifícase a moeda, os pesos e medidas, a facenda, a educación e ata a lingua. É ilustrativo que na Francia prerevolucionaria falábanse variantes patois e tan só unha minoría falaba francés, a educación regrada impón ao francés como única lingua da nación. Vístese tamén dunha simboloxía propia: bandeira, himno, mito fundacional, heroes e monumentos. O cidadán asimilaba a cultura nacional e recoñecía a outros compatriotas, porque comparten un mesmo código simbólico (diferente ao alleo). Agora posúen un vínculo cos outros cidadáns: unha identidade propia. Antes érase francés por servir ao rei de Francia, agora era cidadán francés pertencente á nación francesa. As paisaxes forman parte dese código simbólico-identitario compartido. Pero este proceso non estivo exento de conflitos. Moitos estados-nación desenvolveron tensións internas por causa da tendencia homoxeneizadora do novo estado. Pobos diferentes asentados dentro do novo estado non querían renunciar á identidade que posuían. Existe unha historia local, territorios definido, peculiaridades antropolóxicas e costumes diferentes dentro dun mesmo estado. A identidade periférica é moi frecuente, especialmente en Europa. Existe un conflito entre o estado central e a periferia. Tamén no campo do simbólico e cultural. E a paisaxe forma parte dese patrimonio en disputa. O nacionalismo en Europa tivo o seu auxe no século XIX, acompañado polo movemento romántico. Posiblemente unha reacción ao despotismo ilustrado imperial de Napoleón. Avogaba pola busca da propia identidade, o sentimentalismo e o regreso á orixe. En literatura e pintura reflicte a idealización da natureza e a volta ao paraíso primitivo, o campo. A pintura paisaxista colle pulo. O gran pintor romántico alemán Caspar David Friedrich pinta en 1818 Der Wanderer über dem Nebelmeer, Camiñante sobre o mar de néboa. Representa a un home de costas no centro da escena. Fronte a el (e a nós) unha paisaxe estremecera que semella non ter fin, sublime. A personaxe de costas é unha maneira que ten Friedrich de incorporar ao espectador á pintura. Considerase un camiñante, mais non vai vestido para subir a unha montaña, se non que vai vestido para ir pola rúa, como unha persoa corrente. Simboliza o desexo de buscar a beleza. Cada un de nós tería que ter dereito a desfrutar de paisaxes así.

6 ROUSSEAU, Jean-Jacques. El Contrato Social. Madrid: Globus Comunicación, 2012. Pax. 30

14

Durante o últimos 190 anos non cambiaron tanto as cousas como semella. O conflito centro-periferia durante o auxe do estado-nación, reprodúcese noutros termos na dialéctica global-local que trouxo consigo a globalización financeira. Tanto como o estado-nación estaba interesado en reducir trabas ao comercio nacional e trataba de homoxeneizar os territorios interiores, co fin da guerra fría produciuse un fenómeno semellante. Esta vez a escala global. A hexemonía económica e militar dos EE.UU., o abaratamento dos medios de transporte, os mass media e Internet favoreceron un mercado global desrregulado, onde os capitais operan de forma multi-


nacional. Parello a elo, unha cultura unificadora imponse. Modas globais, hábitos de consumo globais, lecer global ou festexos globais, o imaxinario colectivo homoxeneizase. Resulta complexo diferenciar países do mundo xa que os hábitos dos seus cidadáns son moi semellantes. Aínda que sempre existiu un movemento oposto, o antiglobalización, era marxinal. No 2008, o nulo control das finanzas facilitou o contaxio da crise das hipotecas subprime7 . Unha recesión máis do capitalismo, pero esta vez moi forte e a escala global. Moitos dos actores proclives á expansión da economía retrotraese. Nos estados resurxe un movemento de re-nacionalización da economía, decepcionados coas consecuencias da globalización. Desconfíase do alleo. Toman pulo políticas nacionalistas, ese é o momento onde nos atopamos hoxe (2017). En termos culturais sucede algo semellante. Está en disputa o marco cultural. E fágome preguntas: ¿Cal é a cultura do país? ¿A que non chega polos medios de comunicación ou a que existe na nosa contorna? ¿Son diferentes? ¿Ten sentido falar de nacións cunha hiperconectividade global? ¿Somos globais? ¿Somos locais? ¿Unha mistura? ¿Glocal (GLObal+loCAL)? ¿E a paisaxe? As actuais periferias das grandes cidades son moi semellantes. Homoxéneas. O crecemento suburbano en baixa densidade, denominado coa voz inglesa sprawl, esténdese na medida en que se estende globalización. En paralelo a este fenómeno os teóricos falan xa do sprawlscapes8, ou paisaxes das dispersión. Formas da paisaxe que se repiten ao longo do mundo desenvolvido. Grandes extensións de territorio en mancha de aceite de difícil interpretación. É unha mistura complexa de elementos que só responden a intereses de transporte e prezo do chan. O territorio perde identidade propia e súmase á homoxeneidade global. Paradoxicamente no mundo globalizado, onde a paisaxes son repetitivas, o máis desexado é o lugar exclusivo. Os usuarios de calquera rede social, buscan capturar no seu dispositivo unha instantánea única. Coa proliferación de dispositivos móbiles e de Internet o consumo de imaxes multiplicouse. Nunca se tivo tan rápido e fácil acceso a representacións paisaxísticas. O que pode derivar nunha banalización. A simple captura e acumulación da imaxe turística. Provocar a musealización e conxelando do singular para o consumo, ou mesmo, coa tecnolóxica actual, de chegar a replicar paisaxes ao longo do mundo, como un monumento que se copia e pon nunha cidade dormitorio chinesa. A provocadora montaxe de Kim Dong-kyu mostra a personaxe de Caspar David Friedrich facendo unha fotografía co seu móbil. Capturará a paisaxe e se cadra o suba a algunha rede social, para compartila coas súas amizades. Xesto habitual na actualidade. ¿Pode ter máis consecuencias das de crear un avatar que proxecta unha imaxe social de “éxito”? A difusión masiva de imaxes por internet ten un reverso prodixioso. A dos coñecemento compartido. Imaxes que se coan no cotiá e que despertan o interese por outros lugares e realidades. Hai paisaxes que dan a volta ao mundo nun segundo. Pódese atopar aínda quen se emociona diante dunha paisaxe. A sensibilidade non depende do medio, está na mirada. Hai quen buscan algo máis que acumular bits. Xente que buscan o sentido do lugar, o genius loci. Sucede moitas veces que a visón allea pode axudar as comunidades locais a revalorizar o propio. O móbil pode ser unha ferramenta de transformación. A novas maneiras de compartir coñecemento desenvolven novas maneiras de coñecer, como o camiñante, alén do turista. Hai novas maneiras de mirar e persoas que pisan e senten o territorio, e que teñen a xenerosidade de compartilo con nós.

i06. Réplica da torre Eiffel en China

7 Máis sobre o tema en: VAROUFAKIS, Yanis. El minotauro global. Madrid: Capitán Swin, 2012.

NOGUÉ, Joan. Paisaxe e sentido do lugar. En DÍAZ-FIERROS Viqueira, F. e López Silvestre, F. (coord.) Olladas críticas sobre a paisaxe. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2009. Páx. 153

8

15


(Urban)idades

“A invisível unión de cada módulo, transparencia que invade as superficies no cristal elevado a teoría, fragmentando a visión das perspectivas, multiplicando os ángulos: como aquel dogma pop da imaxe múltiple, exaltación artística da industria, a distorsión de obxectos repetidos. Intuindo un deserto imposibel, soñado tras a liña dos bloques de edificios, ábrese unha cicatriz subconsciente na húmeda pel atlántica: labaradas de gris centroeuropeo coa súa pulsión suicida, co substrato de fondura telúrica no noso espírito neutro. Esa navegación dos edificios e a onírica invasión das sombras vexetais: reconstruíndo o que a palmeira usurpa, o que os ollos non ven nos edificios, explorándolles as tripas lentamente. Aquí pode un sentirse ameazado pola perda total da identidade, que se acolle a outra esencia superior, opaca e violenta. Nos cosmos das paredes, as blasfemas urxentes que a man trema: declaracións de amor, miserias asumidas, furia escrita. Inequivocamente humanas as cortinas. Símbolos persoais da súa existencia onde cecais o humano sexa algo accidental, forza maior. Intuíndo a derrota futura da simetría vendida polo tempo, a vellez asumida de materia” Lois Pereiro9

i07. Elviña


i09. Valença

i08. The city as an egg

En 1968 Cedric Price debuxa un pequeno diagrama: The city as an egg10, a cidade como un ovo. É unha analoxía da evolución da cidade. Dende a cidade antiga ata a contemporánea. Define tres estadios, como os estadios de preparación dun ovo. Antiga, a cidade do XVII ao XIX e a moderna. Parello ás forma de cociñan un ovo: cocido, frito e revolto. É case unha broma, pero axuda ilustrar os procesos urbanos ao longo da historia. Unha etapa inicial, a do ovo cocido, é a cidade antiga. A cidade compacta. Unha forma definida por un límite claro, cunha muralla que lle serve de defensa (casca). Tiña un núcleo principal ao redor de onde se facía a vida. Había unha separación moi forte entre o rural e o urbano. Pequenas cidades compactas e fora: aldeas, campos e bosques. Era unha época de gran conflitividade e as poboacións buscaban lugares protexidos para vivir. A cidade antiga chega como modelo ata idade media. A redución da conflitividade e o aumento de poboación fai que a cidade comeza a ocupar o espazo extra muros. A revolución industrial e o tren marcan este segundo estadio, agora a periferia vai ser un lugar de oportunidade: a onde van chegar as infraestruturas, onde se sitúa a industria e o novo comercio. Nacen os burgos. Entre os século XVII e o XIX o núcleo (xema) vai crecer, os arrabaldes (clara) vaise expandir alén do límite (casca). A cidade comeza a abrirse a a consumir máis territorio. Transfórmase nun lugar de atracción moi importante e a poboación vai buscar acubillo na súa proximidade. Comeza a disolverse o límite cidadecampo. A cidade contemporánea é un revolto. A expansión, ou mellor dito, explosión urbana consume todo o territorio. Desaparece o límite cidade-campo. Case todo o territorio é susceptible de ser transformando en urbanizable. O vehículo privado facilita a dispersión das actividades humanas, lecer, residir e traballar esparéxense. Rómpese a xerarquiza de centro-periferia, os periféricos entra en competencia coa cidade ortodoxa e poden chegar a baleirala. As forzas do mercado van modelando arbitrariamente un non-plan. A cidade vai por diante dos urbanistas.

i10. Monção

i11. Maia

PEREIRO, Lois. O frío edificado. En: PEREIRO, X.M. e Rivas, M. Luzes Nº2. 2014. Páx. 86

9

10

PRICE, Cedric. Re:CP. Basel: Birkhäuser, 2003. Páx. 84

17


¿E se continuamos este xogo? ¿Estes tres estadios formais pódense levar a tres estadios espazo-temporais? ¿Cales son as urban-idades? ¿Cales son os tempos da cidade? Na cidade antiga vivíase nun tempo biolóxico. A vida estaba organizada en relación á natureza. O sol, as estacións e o clima condicionaban a vida cotiá. A velocidade máis rápida experimentada por un ser humano é a de ir a cabalo. As distancias medíanse en xornadas a cabalo ou a pé, o camiño que percorría unha persoa nun día. A cosmovisión estaba inzada de mitos, medos e crenzas. Por ser precisos, vivíase nun tempo biomitolóxico. As relacións de tempo e espazo estaban codificadas polos mitos. As murallas das cidades tamén gardaban do descoñecido.

i12. Saturno

i13. Isaac Newton

i14. Albert Einstein

18

Entre o século XVII e o XIX domestícase o tempo. No século XVII Isaac Newton revoluciona a concepción do mundo, enuncia os principios básicos da física moderna. Fai posible explicar dende a razón algo que só se entendía de forma mitoloxíca. A Ilustración fai caer moitas supersticións. A cidade racha os seus límites, supera as barreiras do descoñecido, e comeza a impoñer un novo modo de pensar e de tempo. O tempo racionalizado e pautado. Durante o século XVII comezaba a ser habitual levar un reloxo de peto. O estado organiza a vida do cidadán e con el os horarios. E o home experimenta por primeira vez na historia o chegar alén da propulsión animal. Co tren supérase a velocidade nunca antes imaxinada. A comezos do século XX Albert Einstein cambia o paradigma vixente durante tres séculos. O tempo deixa de ser unha constante. A teoría da relatividade establece unha nova forma de entender o mundo. O home rompe a barreira do planeta e chega ao espazo, experimenta novas maneiras de moverse moito máis rápidas. Acelérase a vida. O tempo dilátase e contraese mentres a cidade revolvese. Dispérsase o tempo da mesma maneira que se dispersa a cidade. Todo é cidade. Os tempos da cidade imperan en tódolos territorios. E a comezos do XXI podemos ver como ese tempo fragmentado xa foi superado, e agora imponse un tempo líquido. Zygmunt Bauman11 explica como se perderon as certezas do pasado. Son tempos de dúbida e inseguridade, actualmente o tempo é de natureza complexa. Podemos coñecer en segundos cambios globais e descoñecer o que sucede na contorna. O futuro, que sempre foi esperanza de progreso, mostrase desesperanzado. O medo ao descoñecido, da mesma maneira que na cidade antiga se protexía detrás dunha muralla, na cidade contemporánea estanse a facer muros para separar do alleo, alleo cultural, étnico ou relixioso. Muros físicos e virtuais. As redes sociais crean unha falsa sensación de pluralidade, cando en realidade é o eco das opinións en usuarios semellantes a nós. O tempo actual é como un ovo revolto feito por un cociñeiro torpe ao que lle quedaron anacos de casca polo medio. Tempos desestruturados. Pero partimos dunha certeza, que non é tal, que a cidade é unha única cousa. Pero en realidade pódese entender como unha “trindade”. Xa que moitos teóricos entenden que a cidade é un e trino. Cando se fala de cidade, como concepto, en realidade encerra tres cousas: urbs, civitas e polis. Os edificios, as rúas con comercio, os equipamentos públicos é o que se entende por “urbs”. A forma, a morfoloxía do que entendemos por cidade. A “civitas” é unha construción social, a dos cidadáns, a comunidade de persoas que constitúe a cidade. E a “polis” é a forma política que toma. A administración en xeral, os concellos pero tamén organizacións civís


En resume a cidade é: unha unidade física, social e política. Manuel Delgado12 debuxa a cidade como un triángulo equilátero, e cos seus respectivos vértices: espazo público, espazo colectivo e espazo político. É algo tan complexo que as súas diferentes partes son estudadas por diferentes profesións. Os arquitectos, enxeñeiros e xeógrafos estudan a urbs; os sociólogos, antropólogos e psicólogos estudan a civitas; os politólogos e economistas estudan a polis. E non se pode caer no erro e pensar que unha das partes é o total da partes. Recordo a Oriol Bohigas nun debate13 pronunciar estas palabras: “La ciudad no es la gente, la ciudad son las piedras formalizando el espacio”; dando mostras do limitada da súa visión. Non se debe confundir morfoloxía urbana con urbanidade. É algo máis. Cando se urbaniza un anaco de campo como vivendas-domitorio, os novos residentes viven no campo, pero non do campo. ¿Pódese dicir que iso non é cidade? Non ten forma de cidade e está lonxe, mais forma parte do funcionamento da cidade. Non é urbs pero si civitas. Cando falo de que na contemporaneidade todo é cidade, refírome á expansión de diferentes formas de cidade. Morfolóxicamente a cidade despregouse polo territorio. Pero tamén a civitas, ou conciencia de cidadán. En lugares alleos á cidade ortodoxa a xente reclama condicións de urbanidade. O prestixio social está na cidadanía, oposto á aldeanía, e canto máis semellante sexa a vida á da cidade mellor. Cando nunha pequena vila se edifica un edificio de gran altura ilegalmente, para escándalo dos arquitectos do lugar, a sociedade civil local xeralmente non se opón. Pola contra, o ter un edificio de gran altura é un símbolo de urbanidade e desexable para aproximarse a una morfoloxía (urbs) de cidade, tanto que a conciencia de urbanidade (civitas) xa está instaurada.

i15. Urbanización na Madroa (Vigo)

Retomando o texto de Felipe Criado. Establece dúas etapas fundamentais na compresión da paisaxe histórica: a paisaxe convexa e a paisaxe cóncava14. A paisaxe convexa é a percepción que tiñan as comunidades primitivas que viviron entre o -10.000 anos e comezos do século primeiro. Era comunidades de cazadores-recolectores asentados nos cumios das montañas. A paisaxe era o inhóspito do fondo do val, todas as percepcións eran de arriba cara abaixo. Era unha visión convexa. A partires de que o home comezou a colonizar os fondos dos vales, a paisaxe mudou. A paisaxe que se percibe dende o val, dende o comezo da historia ata o século XX, era unha paisaxe cóncava. Desta maneira fragméntase a percepción da paisaxe e a relación co territorio. Pero dende o século XX, a capacidade tecnolóxica do home de transformar o territorio e de estudalo da como resultado que a nosa percepción sexa, en palabras do propio Criado: plana. Máis en: BAUMAN, Zygmunt. Tiempos líquidos. Barcelona: Tusquets editores, 2007.

11

Para a análise do caso de estudo que se vai desenvolver a continuación hai que romper algún tópico. Parto da base de que o rural xa non existe (tal e como o coñecíamos). Existe o campo, lugares illados que se manteñen igual ou lugares que resisten un certa cultura rural. Pero o campesiño practicamente desapareceu de Europa, os traballadores da terra agora son empresarios. Non se concibe o territorio como se concibía antes, aínda que as formas sexan similares. Para interpretar os espazos de orixe rural, temos que lelos un clave de urbanidade, con trazos de urbs, conciencia de civitas e sen polis. Os ovos revoltos, o tempo líquido e a paisaxe plana, son conceptos próximos ás novas ruralidades. Á que hai que sumarlle a morfoloxía agraria e as inercias culturais dun pasado rural próximo. O resultado é un magma de formas híbridas que caracteriza ao que antes chamábamos rural.

12 DELGADO, Manuel. El animal público. Barcelona: Editorial Anagrama, 2008. Páx. 194

En BOHIGAS, O.; Moneo, R.; Navarro Baldeweg, J. e FernándezGaliano, L. Debate -mesa redonda en presentación colección arquia/ maestros. Consultado 25/01/2017. Dispoñible en: <http://fundacion. arquia.es/es/mediateca/filmoteca/Conferencias/Detalle/55?palabra =bohigas&catalogo=1>

13

14 CRIADO Boado, F. ; Parcero Oubiña, C. ; Otero Vilariño, C. ; Cabrejas Domínguez, E. e Rodríguez Paz, A. Atlas arqueolóxico da paisaxe galega. Vigo: Edicións Xerais, 2016. Páx. 253

19


(Rural)idades

“Durante o último século e medio, a teimuda capacidade dos campesiños para sobrevivir ten confundido aos administradores e teóricos. Aínda hoxe pódese dicir que os campesiños compoñen a maior parte dos habitantes do mundo. Pero este feito oculta un máis importante. Por primeira vez na historia exponse a posibilidade de que esa clase de superviventes poida deixar de existir. Poida que dentro dun século os campesiños teña desaparecido. Na Europa Occidental, se os plans saen conforme foron previstos polos economistas, en vinte e cinco anos non quedará ningún” i20. Teitadores

John Berguer15


O rural está en crise. Mais unha crise como define Gramsci: “A crise consiste precisamente en que o novo non acaba de nacer, e o vello non termina de morrer, e é nos claroscuro onde xorden os monstros”16. Gramssi entende a crise non como un resultado, se non como un proceso. E no rural sucede iso mesmo. O novo rural non acaba de nacer e o vello non acaba de morrer; en lugar de monstros, habería que falar de formas complexas e híbridas de transición. Aínda que non o pareza, o mundo rural tradicional non acaba de morrer. O rural tradicional defínese cunha serie de criterios, segundo García Docampo17: Por ter un volume de poboación reducido (o INE establece un territorio rural con menos de 2000 habitantes), densidade de poboación media-baixa e ocupación maioritaria no sector primario. Tipoloxía de vivenda unifamiliar e con anexo agrogandeiro. E unha serie de características culturais: baixa mobilidade, alto vínculo persoal cos veciños e baixa especialización. O rural era un delicado equilibro entre o territorio, o clima e a explotación. Un cambio nalgunha das partes pode provocar carestía. Unha colleita que sae mal, un inverno que non chove ou a sobreexplotación da terra significaba fame ou ter que emigrar en busca de alimento. O crecemento experimentado nas cidades despois da revolución industrial atraeu a primeira gran migración interior. Os campesiños facíanse proletarios e amoreábanse na periferia das cidades. Atraídos pola demanda de man de obra e un traballo que lles proporcionaba estabilidade. Á perda de peso demográfico hai que sumarlle o aumento da demanda, ante o crecemento da poboación global. O que so é asumible coa tecnificación do traballo. A produción tradicional de policultivo e sustentado no traballo manual deixa de ser rendible. Tendese a concentrar as explotacións e as terras. Os que non poden adaptarse ao mercado capitalista moderno emigran. Nos países desenvolvidos o rural perde peso no PIB. Os mercados buscan produtos máis baratos fora das fronteiras, redundando na perda de poboación. Esta situación da como resultado que o rural actual atópese despoboado, cunha media de idade moi elevada, cun índice alto de abandono de terras de cultivo e a desaparición dos saberes tradicionais vinculados a este. E o mais grave do anterior é a desaparición dos saberes, porque hai que aclarar que “rural” é un feito cultural, non confundilo con “agrícola” que é unha forma económica. A cidade sempre creceu sobre un terreo ex-agrícola. O proceso denominábase urbanización. De forma concéntrica a cidade tradicional ocupaba máis territorio, segundo ía precisando. Pero na actualidade o crecemento da cidade dispersouse ao longo do territorio. O que no anterior capítulo chamaba o “ovo revolto”, nunha definición máis académica Álvaro Domingues chama paisaxes transxénicas18. Son aquelas que mesturan un territorio de orixe rural con elementos de urbanidade. Sitúanse nos claroscuros como dicía Gramsci. A industria, na busca de terreo barato onde asentarse acode á periferia. Pero na actualidade só precisa estar conectado coa infraestrutura, a autoestrada, para ser rendible. Industrialízase o rural sen transformar o chan. Aparecen salpicados de polígonos conectados á infraestruturas e alleos ao territorio previo. Estradas e cruces de camiños son o xeito de facer urbanizade, agroman restaurantes, concesionarios, discotecas, supermercados, etc. A estrada convertese nunha sorte de rúa. Os equipamentos públicos, buscan o chan máis barato, e aparecen colexios nos cumios dos montes, centros de saúde illados e centros culturais afastados da poboación á que serven. Todas estas situacións que describe Domingues para o norte de Portugal son perfectamente asumibles no caso galego. Tamén, de forma parella ao caso portugués, ten sucedido a estetización do rural durante a ditadura. No goberno de Salazar o campesiño foi idealizado como un ser relixioso, servil, de valores familiares e patriota. De forma parella na ditadura de Franco dulcificábase na vida no campo. Mentres o goberno ocultaba fames, expropiacións de terreos mancomunados ou desprazamento de poboación forzoso para a construción de infraestruturas. A propaganda mostraba un rural idealizado, mesturando tópicos folclóricos e valores conservadores. Ese ideario permaneceu oficialmente vixente durante 40 anos, escola, medios de comunicación e arte reproducíano. Non é un tempo tan afastado, ese idea segue presente. Un cartaz de propaganda franquista tamén fai paisaxe.

i21. A old peasant woman. Camos, Nigrán. 1926

i22. Cartaz turístico. 1940

21


“Azorín es junto a Unamuno y Machado, el inventor de Castilla” asegura Sergio del Molino19. As paisaxes invéntase. Isto é, precisan dun relato para que a poboación as interiorice. Recrear paisaxes na literatura, é a forma en que se instalou unha idea do campo no imaxinario colectivo castelán. Poetas e narradores describiron un territorio que deu forma unha conciencia estética. Os campos de Castilla aos que canta Machado sitúanse na nostalxia. Unha paisaxe desexada e evocada polos artistas das xeración posteriores. Pero non hai que esquecer que este imaxinario chega posteriormente, xa filtrado, á sociedade en xeral. Son referencias cultas, non populares. En cambio hai un arte que si chega ás masas, especialmente cando era a única alternativa de lecer: era o cinema. O cinema transmite unha mensaxe moi directa que chega a todas as capas da sociedade de forma inmediata. O cinema reafirma tópicos e tamén pode mostrar outras realidades, fixa imaxes e fai ideoloxía. A idea do que é o “rural” ten varios enfoque no cinema. Por unha banda vese como ese lugar inculto, cheo de supersticións, violencia e ignorancia. Cans de Palla (Sam Peckinpah, 1971) mostra un lugar pechado e bárbaro onde un home urbano ten que enfrontarse aos aldeáns para defender a inocencia dun home. Pola contra John Ford en Que verde era o meu val recrea un lugar entrañábel, sinxelo e familiar, que se ve ensuciado polo drama de emigración. Imaxes bucólicas e xente afable cunha vida tranquila. Estes son fundamentalmente os dous extremos por onde se move a imaxe que proxecta o cinema. Para estudar máis detalladamente o fenómeno vou empregar dous filmes españois de época clave para entender a evolución da visión do rural no estado. O período que vai dende finais da guerra civil ata a morte do ditador. Época marcada pola autarquía e o chamado “desarrollismo” posterior. Dous filmes van servir de base para cada período: Surcos de 1951 e El turismo es un gran invento de 1968.

i23. Cartaz de Surcos

15 BERGUER, John. Puerca tierra. Barcelona: Alfagurara, 2016. Páx. 234. 16 GRAMSCI, Antonio. Antología. Madrid: Ediciones Akal, 2013. Páx. 228 17 GARCÍA Docampo, Manuel. A construción social do territorio galego. Santiago de Compostela: tresCtres editoria, 2003. Pax. 47

Máis en DOMINGUES, Álvaro. Vida no Campo. Porto: Dafne Editora, 2011. Pax. 68.

18

MOLINO, Sergio Del. La España vacía. Madrid: Turner Publicaciones, 2016. Páx. 182.

19

20 COSTOYA, Manuel. El récord de Paco Martínez Soria. La Voz de Galicia. Consultado 28/01/2017. Dispoñible en: <http://www.lavozdegalicia.es/noticia/television/2010/12/08/record-paco-martinezsoria/0003_8896663.htm> 21 Vídeo en MARTÍNEZ Soria, Paco. El Turismo. Consultado 29/01/2017. Dispoñible en: <https://youtu.be/_qXBkhatNzc>

22

Surcos é unha película de José Antonio Nieves con guión do mesmo e Torrente Ballester. Está inspirado nun texto de Eugenio Montes, un dos fundadores da Falanxe. Narra a historia dunha familia de campesiños que vai á capital buscar traballo. Empréganse de forma precaria: servindo nunha casa, de albanel ou condutor dun estraperlista. Entran en conflito cunha sociedade urbana individualista, inmoral para os valores tradicionais e que se aproveita da boa fe da xente sinxela. Reflexa unha cidade fría e insolidaria, que rexeita á xente do campo, paletos lles berran continuamente. A familia decide que ten que volver ou seu lugar, onde a vida é tranquila, sinxela, decente e de xente solidaria. Fai unha lectura cunha óptica conservadora da cidade e da modernidade. Trata de influír nas masas de campesiños que estaban chegando á cidade, dicíndolle que o seu lugar non era ese, que tiñan que volver á vida sinxela do campo. Con posterioridade o réxime abandona o ideario falanxista e ábrese ao exterior. Entran divisas estranxeiras. Durante os anos 60 experimentase un gran crecemento económico e o fenómeno do turismo. Nesa década faise moi popular no cine un actor de éxito no teatro: Paco Martínez Soria. Atrae a miles de espectadores encarnado en varias ocasións a un baturro, bruto e ignorante, pero de bo corazón. Un tipo de comedia de índole familiar, humor fácil e machista, que non molestaba ao réxime. Cun final melodramático e de moral conservadora. Aínda na actualidade é dun dos actores con mais espectadores nos seus pase en televisión20. O seu primeiro gran éxito foi La ciudad no es para mí onde aparece por primeira vez no cine ese entrañable “paleto” perdido na cidade, intentando cruzar unha rúa ateigada de coches coas pitas baixo o brazo. En 1968 estrea El turismo es un gran invento unha comedia na que a mesma personaxe, o entrañable baturro, trata de revivir a unha pequena vila aragonesa. Devido á emigración a pequena vila estábase quedando sen mocidade e o protagonista, o alcalde, pensa que a solución é o turismo. Organiza unha viaxe a Marbella, para tomar nota de todo o necesario para transformar nun enclave turístico a súa pequena vila. O resto do filme é ostentación, situacións patéticas e suecas. Da mostra dunha clara dialéctica de progreso/atraso; turismo, hoteis e rañaceos iso é o progreso. No diálogo inicial21 o secretario do concello fai unha defensa dos elementos patrimoniais que hai a vila: castelos, igrexas románicas e pontes; ao que o alcalde responde: “¿De que nos serve? ¿Quen ven agora? Ninguén. Estamos atrasaos”.


Este dous filmes representan a resposta que levan dando a sociedade ao abandono rural. Ou ben é un lugar idílico ao que volver. Para os desencantados coa cidade saben que existe unha arcadia feliz tranquila e familiar onde regresar. Pero para iso ten que ser tal e como a imaxinan, vivindo nun tempo pasado e afastado da modernidade. Ou un espazo de explotación turística. Onde o turista vai deixar cartos para ver ese lugar pintoresco próximo á natureza, bonito e enxebre, pero con todas as comodidades dun resort ás que non queren renunciar. As respostas son, ou turismo ou neo-rurais. Pero sempre son visións dende fora. Unha mirada paternalista e alienada do lugar, pero sen ter en conta as demandas dos habitantes. A data dos filmes reflicten unha época clave para a historia do rural. No estado español todo cambiou a partires desa data. Podemos dicir co sustento do mundo rural, a agricultura tradicional, xa estaba en decadencia moito antes. O que realmente mudou foi a cultura, a base ideolóxica dese mundo. Tres feitos: TVE, o 600, e a lei do solo. En 1956 promúlgase a primeira lei do solo moderna. O chan ten máis valor por como se clasifica que polo que produce. A totalidade do territorio está clasificado e monetizado. O primeiro vehículo popular, o SEAT 600 (1957), permite a unha xeración vivir lonxe de onde traballa, xermolo da periurbanización da cidade. E en 1956 nace TVE, progresivamente os fogares van ir facéndose con este electrodoméstico. Por primeira vez transmitese unha imaxe diaria que chega directamente a tódolos fogares. É o gran unificador cultural e difusor de hexemonía. Habitantes do rural e do urbano homoxeneizados coa única cultura que transmite ese medio: a urbanidade. Volvendo ao noso tempo. Semella que dende a administración pública hai o desexo de conservar a paisaxe. Promúlganse leis para protexela, considerando que é un valor patrimonial. Se queres conservar un parque, por exemplo, é imprescindible contar cos bos xardineiros. E os xardineiros da paisaxe tradicional son os campesiños 22. Non se pode facer un plan de conservación paisaxística sen facer un plan de conservación rural. Porque a paisaxe rural non é unha imaxe final, é un proceso. O proceso resultado dun modo de vida e unha cultura. Se desaparece esa cultura e forma de vida, desaparecerá a paisaxe que a produce. A administración trata de conservar a imaxe da paisaxe, pero sen intervir na parte económica, social e cultural, o que o fai un exercicio inútil. Pero non é nostalxia, polo que puidera parecer, cando se transforma unha paisaxe noutra non supón un drama, o problema reside en que non se cambia unha paisaxe por outra, se non que se abandona. A paisaxe que aparece é a do baldío. Imaxe de decadencia. Lugares produtivos e cunha longa historia esquecidos. Non existe un plan dende a administración, que non sexa o das películas do franquismo: ou o regreso idílico ou explotación turística. Hai inversión pública (pouca) pero sen un horizonte cara ao que encamiñala. Danse coidado paliativos sen abordar realmente o problema. Suponse que existe unha preocupación social no tema, mais non se fai nada. Parafraseando un diálogo de Amanece que no es poco: — Se te está muriendo divinamente, ¡te lo juro! Tenía ganas de que vinieras para poder decírtelo. Puedes estar orgulloso, ¡de verdad!, de los años que llevo de médico nunca había visto a nadie morirse tan bien como se está muriendo el rural. Qué irse, qué apagarse, con qué parsimonia. Estoy disfrutando que no te lo puedes ni imaginar... — ¿Y él sufre? — Por fuerza, seguro que sí, ¿no ves que se le está yendo la vida?

i23. Cartaz de El turismo es un gran invento

i24. Campaña institucional 22 IZQUIERDO, Jaime. Asturias, región agropolitana: las relaciones campo-ciudad en la sociedad posindustrial. Oviedo: KRK ediciones, 2008.Páx. 139

23



23 Casos de estudo. 23 propostas ao redor dun tema. 23 formas de facer. Espazos en común. A Fraga é un lugar que pertence á parroquia de Vincios (Gondomar). Non ten igrexa. Organiza polo verán unha festa de orixe veciñal, sen patrón. Pensar o lugar onde se celebra (campo da festa): unha das claves . A festa dura dous o tres días, pero é o final dun ciclo, que comeza ao día seguinte da festa do ano anterior. O traballo comunitario para organizar e financiar a festa precisa dun pequeno local de reunión que serve tamén para dinamizar o lugar (un pequeno centro social): outra das claves. Pero o programa é tan só un pretexto para reflexionar dende a arquitectura sobre como funcionan estes territorios: o fundamental. Como se pensa a paisaxe? Como se pensa a urbanidade? Como se pensa a ruralidade?

Segunda parte


“Los paisajes se construyen por capas de deseos, voluntades y acciones, a través de esta memoria que los legitima en imágenes. Por ello cada paisaje tiene impresa la huella del que lo ha precedido y deja para el futuro las señales culturales que lo han atravesado, o se lo han apropiado”

(Re)situar

Rosa Barba23

26

i25. Unamuno nas ribeiras do Tormes


Regresión

'ĞŽŐƌĂİĂ ĞĐŽŶſŵŝĐĂ

ZĞůĂĐŝŽŶĞƐ ƐƵƉƌĂƵƌďĂŶĂƐ 'ĂůŝĐŝĂͲEŽƌƚĞ WŽƌƚƵŐĂů

ϰϬ ŵŝŶ

ƌĐŽ ƌƚĂďƌŽ 350.000 habs ϳϱ Ŭŵ ^ĂŶƟĂŐŽ 100.000 habs

ϲϬ ŵŝŶ

ϵϬ Ŭŵ ZşĂƐ ďĂŝdžĂƐ 600.000 habs

ϵϬ ŵŝŶ

ϭϱϮ Ŭŵ

'ƌĂŶ KƉŽƌƚŽ 2.500.000 habs

i26. Ámbito xeográfico. Jorge Rodríguez Campo da festa en A Fraga

PFC 14-15 Jorge Rodriguez Seoane Tutor Carlos Pita

Val Miñor

Historia y cronologia del mundo

27


i27. Relaciรณn Gondomar - A Fraga. Sara Sรกnchez

28


i28. Relación paisaxística. Jorge Fernández

29


i29. Evoluciรณn. Juan Valiente

30


i30. RecoĂąecemento do lugar. Jimena Varela

31


i31. Anรกlise tipolรณxica. Laura Pato

32


i32. Maqueta urbanística. Antonio Giráldez

33


(Pro)por

“El miedo a abordar el proyecto se disuelve cuando se comprende que non hay proyecto abstracto o de nueva planta pura, sino que todo buen proyecto contiene trazas comunes a su geometría bien estudiada y entendida como lugar” i33. Jacques Herzog lamendo unha maqueta.

34

Antonio Miranda24


# , #" &' ! %

%B ( & "!&" "

#%" % ! & & * (! "!

$7-9: 01 18;7-D-8519?:

$7-9: 01 18;7-D-8519?:

# , #" &' ! %

%B ( & "!&" "

$7-9?- .-6-

$7-9?- .-6-

"% & % #' ) ,

"% & % #' ) ,

Ocupando o aparcamento, trata de fundirse co terreo e crear unha plataforma para a festa, cuxo desnivel resolve o propio edificio. $7-9?- -7?-

MarĂ­a Alonso

'195190: 19 /@19?- 7- 259-750-0 017 10525/5: >1 .@>/- 7- 271B5.5750-0 19 >@ @>:

35


Jorge Brandariz

Recupera os espazos públicos existentes, dotándoos de definición xeométrica e vinculados mediante iluminación festiva.

36


Traballa dende o espazo pĂşblico conectando intervenciĂłns e crea unha nova centralidade.

Ricardo Castro 37


Los diferentes micro-proyectos se desarrollan en parcelas de diferentes características. En A Fraga nos encontramos muchas en desuso tanto públicas como privadas. Por ello las diferentes propuestas de intervención se instalan en ellas.. Todas ellas formarían parte de la red de terrenos en mancomunidad, gestionados por la asociación de vecinos.

Jorge Enríquez

1. ALBERGUE A CAÑONERA 2. AULA DE PRODUCCIÓN DE VINO Y LICORES + PLANTACIÓN DE VIÑA 3. PLANTACIÓN DE FRUTALES 4. CULTIVOS COMUNITARIOS 5. CRÍA DE GANADO 6. CRÍA DE AVES DE CORRAL 4. APARCAMIENTO + ZONA DEPORTIVA 8. CENTRO COMUNITARIO + CAMPO DA FESTA 9. RUTA DE LOS MOLINOS

F. LA FIESTA

3

El trabajo realizado durante todo el año se vera recompensado el segundo fin de semana de septiembre, durante la celebración de la fiesta que los propios vecinos eligieron. La misma por la que se han esforzado continuamente a lo largo del año, y la cual todos disfrutarán como una familia

1 Soaron para nos as bombas de palenque. ¡Chegaron os da orquesta! [Se hai algo que un disfruta a primeira vez é a vaidade da fama, por pequena e infundada que sexa] Os nenos, revoando como bolboretas arredor nosa. As mulleres cun sorriso de xeranios na boca. Os vellos asomando na porta coma cucos dun reloxo. ¡A orquestra! ¡Chegaron os da orquestra! (...) A verbena era no campo da feira, adornada de pola a pola dos carballos con algunhas grinaldas de papel e mais nada. Cando escureceu as únicas luces que iluminaban os bailes eran uns candís colgados a ámbolos lados do palco e do quiosco das bebidas.

4

Manuel Rivas. ¿Qué me queres amor? 1996

5

6

2

7

9

8

Proceso de activación comunitaria, con múltiples intervencións no tempo e rematando coa creación dun novo centro sociocomunitario e campo da festa.

38

08


O proxecto é un camiño. Proponse protexer o baleiro mediante o espazo público e potenciar o rueiro empregando estratexias de arquitectura popular presentes no lugar.

Sara Escudero 39


Carlos Fasero

Crea plataformas para acoller o campo da festa, empregando o edificio como soporte.

40


Jorge Fernández

41

A rotundidade dunha nova orde xeométrica xerada a partir do espazo público instaurada en puntos estratéxicos.


Estela Fernández CENTRO SOCIAL

CAMPO DA FESTA

VÍA DE ACCESO

AUTOPISTA

SECCIÓN B-B'

CAMPO DA FESTA CENTRO SOCIAL VÍA DE ACCESO

ZONA DE ACAMPADA DE FERIANTES FILTRO ACÚSTICO VEGETAL

SECCIÓN C-C'

PROYECTO FIN

DE

CARRERA

_

JUNIO 2015

O R D E N A C I Ó N C A M P O D A Un novo edificio comunitario de referencia que se protexe da autoestrada e se abre ao novo campo da festa. 42 Alumna: FERNÁNDEZ CALVAR,

F E S T A

A FRAGA - GONDOMAR

T u t o r :

0

15

R E D O N D O

30

45

60

P O R T O , 90

ESTELA

A L B E R T O 150


1

11

2

11 2

usos durante lo cotidiano

4

5

9

10

6

8

1

11 3 usos durante OD ÀHVWD

11 45

9 6

10

1 instalaciones 2 aula SDOFR GH OD ÀHVWD 4 aseo DOPDFHQDMH EDU 7 cocina DOPDFHQDMH 9 sala multiusos 10 instalaciones YHVWXDULR

7 8

estructura de postes

Faise a reordenaciĂłn do espazo da festa existente mediante dĂşas pezas que resolven o programa, ao que se lle suma pequenas intervenciĂłns en espazos pĂşblicos.

MarĂ­a FernĂĄndez 43


Antonio Girรกldez

Reactivaciรณn do desuso, rehabilitaciรณn do patrimonio mediante mecanismos populares e porta en valor de espazos residuais. Empoderamento local.

44


ConstrĂşe en edificio limiar entre a natureza e a aldea, ocupando o baleiro e cosendo o territorio.

Miguel GonzĂĄlez 45


María López

ESPAZO PUBLICO FOTOMONTAXE

Un conxunto de intervencións dende o espazo público en todo o núcleo, remátanse coa creación duha nova centralidade, un novo campo da festa.

46


Acceso ao pobo

Acceso ao pobo

Muiños

Lavadoiro ESCOLA ENTRADA. FOTOMONTAXES DE PROXECTO

Muiños

CRUCE

MUIÑOS. FOTOMONTAXE DE PROXECTO

MUIÑOS. ALZADO DE PROXECTO

CAMPO DA FESTA

Lavadoiro Espazo Público APARCAMENTO

LAVADOIRO. SECCION DE PROXECTO

CRUCE

CRUCE. SECCION DE PROXECTO

LAVADOIRO. FOTOMONTAXE DE PROXECTO

ESCOLA

ESCOLA. SECCION DE PROXECTO

CRUCE. ALZADO DE PROXECTO

Sandra Mato CRUCE. BOCETO DE PROXECTO

ESCOLA. MAQUETA

Pequenos proxectos van guiando o camiño cara un renovado campo da festa e escola (como centro social).

47


Laura Pato

Ordenación del Campo da Festa, A Fraga

í, la intervención consistirá en rehabilitar la escuela, “adecentar” la parcelas de ruinas, y construír una nueva za que albergue la parte del programa enfocada a satisfacer las necesidades diarias de los habitantes de A Fraga.

62

!

$%*'(U(1%03,-("-1/'*(U(%"1'*%,'()%($0/N0(:(1/%,,%()%('0/**-L(

onjunto de ruinas

eamos una zona verde en el cruce hacia el centro social. Para ellos analizamos las construcciones existentes y nsolidamos la zona. Defínese un percorrido, fanse pequenas intervencións e mediante unha malla triangular ordénase todo.

48

37


! LÍMITES !

ESTRUCTURA VIARIA

!

ESTRUCTURA PARCELARIA

! AISLAMIENTO ! ! LA PROPUESTA ! IDENTIDAD ! AUTOGESTIÓN !

ORDENACIÓN DEL ENTORNO

!

ESPACIO PÚBLICO

150M referencia e unha

lectura integral do lugar.

Nuria Pazos

150M

Intervencións cunha linguaxe común que tratan de dotar dun novo espazo de

49


Yago Rodríguez

Un centro cun novo espazo público e equipamento vinculado, articulando ademais pequenas intervencións.

50


bras de consolidación territorial 1:3000 50 m

se llevará a cabo trabarran el perímetro de la ión de masa y escala con Ž ƋƵĞ ĐŽŶĮŐƵƌĂ ůĂ ĂůĞŵ-

ĚŽ ĞƐƚĞ ĮůƚƌŽ ƉĠƚƌĞŽ͕ ůĂ mo una suerte de jardín los muros, que se nos ĚŽƐ ĐƵĞƌƉŽƐ͕ ĚŽƐ ĐŚŝŵĞĂƐ͕ ĂƐŽŵĂŶ ĚĞũĂŶĚŽŶŽƐ Ɛ ĂůůĄ ĚĞů ŵŝůŝĂƌŝŽ͘

ďŝĐĂĚĂ ĞŶ ƵŶĂ njŽŶĂ ŵĄƐ ĚĞƐĐĞŶĚŝĞŶƚĞ ƋƵĞ ŶŽƐ o con la cubierta masiva ĐŝŽƐ͕ ƵŶŽ ĨƌĞŶƚĞ Ăů ŚſƌƌĞŽ ƌŽƚĞŐŝĚĂ ĐŽŶ ƵŶĂ ƉĂƌƌĂ͕ ƵŶĂƐ ƚƵŵďŽŶĂƐ Ž ĞĐŚĂƌ ŶĚŽ ĞƐƚĞ ƉĞƋƵĞŹŽ ƉĂďĞĂĚ͕ Ăů ƚŽƚĂů ĚĞ ůĂ ƉĂƌĐĞůĂ͘

ƵŶĂ ƌĞůĂĐŝſŶ ĞŶƚƌĞ Ɛş ƋƵĞ ŽƚĂůŝĚĂĚ ĞŶ ƵŶ ƉĞƋƵĞŹŽ ĂƐş ĐŽŵŽ Ğů ĐƵŝĚĂĚŽ ĞŶ ŐĞƌĞŶƚĞƐ͕ ƐĞ ŚĂ ĚŝƌŝŐŝĚŽ ĚĞ ƵŶĂ ƉĂƌĐĞůĂ ĐŽŶ ƵŶŽƐ ĞůĞŶƚĞƐ͕ ůĂ ŵĂLJŽƌ ŝŶƚĞŶƐŝŶŽ ĚĞ ǀŝĚĂ͘ ŽŶƐĞŐƵŝƌ ƵŶ ůƵŐĂƌ ƋƵĞ ŶŽƐ ŝŶǀŝƚĞ Ă ĚĂƐ͘ hŶ ůƵŐĂƌ ǀŝǀŽ͘

z ůĂ ĮĞƐƚĂ ƐĞ ǀĂ͘​͘​͘

>Ă ĨŝĞƐƚĂ ůůĞŐĂ Ă ƐƵ ĨŝŶ͘ >ŽƐ ĚşĂƐ ĚĞ ĐĞůĞďƌĂĐŝſŶ ŚĂŶ ƉĂƐĂĚŽ͕ LJ ƚŽĐĂ ǀŽůǀĞƌ Ă ůĂ ŶŽƌŵĂůŝĚĂĚ͘ >ĂƐ ŽƌƋƵĞƐƚĂƐ ƌĞĐŽŐĞŶ ƐƵƐ ΖƚƌĂŶƐĨŽƌŵĞƌƐΖ LJ ůŽƐ ƚŝƚŝƌŝƚĞƌŽƐ LJ ĨĞƌŝĂŶƚĞƐ ƉůŝĞŐĂŶ ƐƵƐ ďĄƌƚƵůŽƐ ƉĂƌĂ ŝŶƐƚĂůĂƌƐĞ ĞŶ Ğů ƐŝŐƵŝĞŶƚĞ ƉƵĞďůŽ͘ ĞũĂŶ ƚƌĂƐ ĚĞ Ɛş Ğů ƌĂƐƚƌŽ ĚĞů ƐĂƌĂŽ͕ ĂůŐƷŶ ƋƵĞ ŽƚƌŽ ĐƵďĂƚĂ Ă ŵĞĚŝŽ ƚĞƌŵŝŶĂƌ LJ ƵŶ ďƵĞŶ ƉƵŹĂĚŽ ĚĞ ĂŶĠĐĚŽƚĂƐ͕ ƋƵĞ ƐĞƌĄŶ Ğů ĐĞŶƚƌŽ ĚĞ ůĂƐ ĐŽŶǀĞƌƐĂĐŝŽŶĞƐ ĚƵƌĂŶƚĞ ƵŶĂƐ ƐĞŵĂŶĂƐ͘ DŝĞŶƚƌĂƐ ƚĂŶƚŽ͕ ůŽƐ ŚĂďŝƚĂŶƚĞƐ ĚĞ ůĂ &ƌĂŐĂ ƉĂƐĂŶ ůĂƐ ƚĂƌĚĞƐ ƌĞŵŽůŽŶĞĂŶĚŽ ƉŽƌ ĞƐƚĞ ƉĞƋƵĞŹŽ ƌŝŶĐſŶ͕ ĞŶ Ğů ƋƵĞ ƵŶ ƉĂƌ ĚĞ ĚşĂƐ Ăů ĂŹŽ ƚŽĚŽ ĐŽďƌĂ ƐĞŶƚŝĚŽ͘

&͘ϭϭ Campo da festa en A Fraga

Proponse un camiño polos novos fitos: lavadoiro, centro social ocupando as ruinas e un campo da festa resignificado como guinda.

W& ϭϰͲϭϱ Jorge Rodríguez Seoane dƵƚŽƌ Carlos Pita

>Ă ĨŝĞƐƚĂ ƐĞ ŵĂƌĐŚĂ La calma vuelve a la Fraga

Jorge Rodríguez 51


Sara Sánchez

Un camiño que busca o campo da festa e se vai transformado en topografía-edificio ao seu paso.

52


Intervense no espazo pĂşblico. Delimita un camiĂąo que conduce a un novo campo da festa acoutado por unha gran terraza e edifico-muro

Diego TarrĂ­o 53


Beatriz ValdĂŠs

Un percorrido peonil conduce a un centro social-socalco que define un novo campo da festa.

54


O regato vertebra a actuaciĂłn. Un novo espazo para a festa integrado na natureza, e nas ruĂ­nas do nĂşcleo, o centro social.

Juan Valiente 55


LucĂ­a Varela

Unha serie de novos edificios e reurbanizaciĂłn da vida ao campo da festa existente

56


Proxecto integral. Onde a redinamización socio-económica se suma á ampliación da escola e ao campo da festa integrado na beira do río.

Jimena Varela 57



O programa non especificaba nin escala nin lugar. As alumnas víronse na obriga de escoller unha escala de implantación acorde e decidir onde intervir, xa que non había parcela asignada. A implantación era a clave do proxecto. Había que traballar a relación entre o novo e o existente. Pero tratábase de algo máis que cumprir unhas superficies dun programa, esa era a excusa, o fundamental era valerse da festa como motor de cambio.

Terceira parte


Mecanismos

i34. Parroquia veciña á Fraga, Valadares (Vigo)

Á hora de intervir de forma libre sobre un ámbito aberto, cousa á que non estamos moi habituados os arquitectos, síntese un pouco de vertixe. Tratar de abarcar todo, ou quedarse curto na intervención, son os perigos. Para encamiñar os esforzos nunha dirección e así concentrar a enerxía, existen determinados xeitos de facer, maneiras, mecanismos ou estratexias ás que recorrer. Son conceptos, ou máis ben, campos semánticos aos que suxeitarse. Axudan a darlle corpus teórico ao proxecto. Escoller un argumentario clarifica as decisións, semella que todo vai orientado dunha determinada maneira, cara un fin. Os proxectos, parten dende diferentes puntos pero chegan a espazos comúns. ¿Terá algo que ver a formación na similitude das propostas? ¿Será simplemente intuición?, ou ¿Derivado da análise do lugar? Independentemente, a maioría das propostas beben de diferentes estratexias: son mixtas. Nas 23 propostas estudadas puiden intuír cinco estratexias distintas. Ben é certo que as barreiras entre categorías son difusas e chegan a mesturarse. Para organizar as ideais dinlle un nome a cada mecanismo: Praza, Camiño, Rede, Topografía e Obxecto. As tres primeiras son decisións de orde xeométrica e de escala urbanística, como punto, liña ou plano. As outras dúas son características formais.

23 BARBA Casanovas, Rosa. Rosa Barba Casanovas 1970-2000. Obras y escritos. Sitges: Editorial Asflor, 2010. Páx. 41 24 MIRANDA, Antonio. Arquitectura y verdad. Madrid: Ediciones Cátedra, 2013. Páx. 169

Máis en: SOLÀ-MORALES i Rubió, Manuel de. Las Formas de Crecimiento Urbano. Barcelona: Ediciones UPC, 2006

25

60

En paralelamente ao que facía Manuel de Sola-Morales25 no urbano, empregando: UPE. Urbanización-Parcelacion-Edificación. Categorías que lle permitían clasificar as diferentes formas de crecemento urbano. Neste traballo vaise facer un sistema semellante, pero coas categorías que se bosquexaron ao comezo PRU: Paisaxe-Ruralidade-Urbanidade. Cada mecanismo ten unha maneira diferente de relacionarse co esas tres categorías. Sería algo así como “As formas de crecemento da paisaxe transxénica” Como se comentou anteriormente para o urbano existe unha trindade: urbs, civitas e polis. Espazo física, social e político. Xogando coas categorías PRU trátase de vinculalas mediante criterios fisico-sociais-políticos. Paisaxe-Ruralidade-Urbanidade. Urbanidade é a categoría social, civitas, o pensamento urbano. Os valores


hexemonicos están na cidade e as formas de pensar homoxeneizáronse ao redor dela. Actualemente, a pesares de residir nunha aldea, os desexos, ideas e mitos son idénticos aos dun cidadán. A Ruralidade é urbs, a morfoloxía dese territorios ten forma rural. A división da propiedade, o viario e o edificado mantén un gran substrato do orixinario, aínda que transformado. E a polis sería como unha categoría simbólico-político da Paisaxe. Aos espazo non pertencentes á cidade ortodoxa asúmeselles a responsabilidade de “ser paisaxe”, e por tanto de pertencen ao imaxinario-colectivo-simbólico da identidade. Identidade é iso ao que nos queremos parecer. Estes territorios sofren o rexeitamento por, a pesar de “ser paisaxe”, non encaixan co que se supón que queremos ser, pero si é o que somos (agora). Para representar esta relación de elementos empregarei un triángulo, cun vértice con cada categoría dos conceptos P-R-U. A continuación definirei cada mecanismo e poranse exemplos ilustrativos. Pero antes, a clasificación por categorías dos 23 casos de estudo:

����� �������� �� � � �������������� ������ ������ � �������� !�� "�������!��� ���� ��#���� � ����#���$���� �������#���$����� ������#���$���� ��� �� �%��$���� ���!���% ��$��� ������&'��� "��������� &�!������ (!������� � )�� �� ����!�� � ����� ����!�� "����"���*��� +��� ������ ��������,����� �!���,������� &!����,����� �������,�����

� �

�����

����

� � ������ �

������

� � � � �

� � �

� � � �

� � � �

� �

� � �

� � �

� � �

� �

� �

� �

� 61


62

i35. Praza maior de Madrid


Praza como dotación urbana. U O punto, é forma esencial da xeometría. A estratexia pasa por activar un punto da trama. A diferencia dun baleiro, a praza buscar ser lugar de paso, de referencia e de actividade cotiá. Quere ser un centro. Un fito dentro dunha trama indiferenciada. Facer unha praza é dotar ao lugar dun espazo público e de encontro.

Praza

R

P

P

U

Pártese dunha trama de camiños de orixe rural, que simplemente trataban de dar acceso aos campos de cultivo e as vivendas. Esa era a súa función. Non “existía” o espazo público, os camiños públicos e as servidumes confundíanse. Mais a urbanidade vaise impondo e o vehículo comeza a xerarquizar ese viario, entre o rodado e equipado, e os camiños que quedan en terra. A categoría espazo público pertence ao urbano. Por ser ese espazo da “outredade”, onde te atopas co outro (descoñecido). O espazo público é (en principio) un lugar neutral da cidade onde os estraños se atopan. Pero no rural tradicional non é preciso, tendo en conta que as relacións son de proximidade, non existe “outro”, todos eran “nós”. Os encontros son máis espontáneos. Non facía falla simbolizalo cun lugar acoutado. Atopábaste aos veciños no camiño, no campo; a relación era constante. Os veciños tiñan unha forma de vivir similar e compartían actividades e rutinas. O cambio nos modos de vida da como resultado que esta relacións mudaran. Os veciños xa non son todos campesiños. Cada un ten cadansúa ocupación, uns tempos e territorios diferentes. Seguramente, agora é cando é preciso ter actividades en común, como a festa, que manteña unida a esa comunidade. A praza como argumento, é asumir esta transformación (urbanizadora) e desenvolvela. Os cambio nos hábitos de vida dan como resultado a universalización da urbanidade. As demandas e desexos homoxeneízanse. O cidadán/aldeán ten dereito a un espazo público de calidade. Agora demanda un lugar simbólico, un centro, ese espazo cargado de significado que é o corazón da cidade/¿Aldea?. Activar un centro pode ir asociado á transformación económica, e con el transformación morfolóxicas, xa que as demandas urbanas van asociadas a formas urbanas. Arma de dobre fío.

i36. Plaça dels Països Catalans. Piñón e Viaplana

i37. Plaza baixo o Museu de Arte de São Paulo

Inserta un baleiro nunha trama existente pode ser un trauma ou unha sutura. Cortar ou cicatrizar. Abrir unha praza nun tecido conxestionado é unha operación clásica do urbanismo hixienista, pero este non é o caso. Nesta ocasión opérase máis no simbólico. Acoutar un espazo. Búscase unha área de actividade, onde se cruzan tres camiños e ten próximo o bar. É o lugar escollido pola maioría. Favorecendo a maior activación con equipamentos asociados, ou simplemente dotándoo dunha cuberta. Pero tamén hai quen decide buscar unha nova centralidade sen pasar polo centro. O regato pode ser un bo lugar para focalizar ese novo polo, en relación contemplativa coa natureza. Mais esta última clase entra en contradición coa definición, lugar de actividade cotiá, polo que tería que aparecer unha nova categoría: o Parque. Tan só 2 proxectos se achegan a esta. O mecanismo consiste un buscar novo baleiro en vinculado á natureza. Clasificaríase como P puro. Está construíndo paisaxe. i38. Plaza sobre a biblioteca central do CUVI

63


64

i39. The Floating Piers. Christo & Jeanne-Claude


O camiño que percorre a paisaxe. P O camiño que cose a ruralidade. R O camiño que se fai rúa. U Dous puntos definen unha recta. A liña vai ser o vector do proxecto. Se o punto se asociaba á praza na urbanidade, a liña é a rúa. Mais na ruralidade é o camiño e na paisaxe é o paseo. O percorrer abarca as 3 condicións. Tan só pequenos matices as diferencian. Son 3 sub-categorías.

P Camiño

R

R

P

U

P

U

A base é unha trama complexa de rede camiñeira que responde ao substrato rural. Non son rúas como sen entenden no urbanismo ortodoxo, posto que non teñen os servizos urbanísticos nin cualificación urbana. Son camiños asfaltados, con máis ou menos servizos. Hai propostas que asumen o reto de dar forma urbana ao camiño. Danlle unha xeometría definida. Organizando o espazo, asignando un lugar ao peón e ao coche. Cunha sección de vía e definición construtiva. Posto que na actualidade é un só espazo asfaltado indefinido. Transforman o camiño en rúa. O camiño non ten porque levar asociada unha transformación formal profunda. Pode ser un cambio de percepción. E iso pode vir dende a definición dos extremos ou marcando o itinerario. O marcar un inicio e un final definen un percorrido. A liña que os une non cambiou, pero a súa forma de ser vivida é completamente diferente. Activar puntos nunha trama favorece unha dinámica interna. Crea movemento. Novos elementos dentro dun lugar definen novas relacións, que cambian a forma de relacionarse do total. Establecen novas xerarquías. Facendo pequenas intervencións en lugares estratéxicos, pode cambialo todo. O fin non son as intervencións, se non a mellora das relacións.

i40. Cinta guía – percorrido sensorial. BMJ

O camiño tamén acompaña. Sen necesidade de urbanizar o espazo público, nin de definir os extremos, sinalizar un itinerario xa cambia o espazo. A cor, unha marca, un elemento repetido establece un vínculo, este tradúcese na acción de camiñar. Sutil pero eficiente. Un camiño que acompaña e que guía cara algún lugar. Non é preciso coñecer o fin, posto que o proceso xa é satisfactorio. A maioría das propostas definían o camiño a partires dos elementos singulares do lugar. Con fitos que organizan o percorrido. A escola en desuso (equipamento público), o lavadoiro (equipamento comunal), o campo da festa (comunal periférico) ou os muros en ruína do núcleo (baleiro privado). A estes puntos engadíaselle (normalmente) algunha intervención propia do proxecto. Isto crea un circuíto, o que nos pode retrotraer ao viacrucis relixioso. A procesión. O ritual do percorrido ao redor do templo. Neste caso de forma pagán. O templo é a festa, un templo divertido e da carne, e a procesión é o percorrido de ascensión/achegarse a ela. Outra variante de procesión pagán é a do percorrido pola natureza. Iluminación bio-espiritual.

i41. High Line Elevated Park. Diller Scofidio + Renfro

65


66

i42. New babylon. Constant


Complexidade rural en rede. R Actuación multipolar sobre o edificado. U ¿E se os puntos sobre os que se actúa non hai xerarquiza definida? En lugar dun camiño, cunha serie de liñas, estamos a marcar todo o ámbito, definimos un área. É unha resposta moito máis aberta respecto ao do camiño. Como a intervención céntrase na activación da rede, tanto pode ser unha rede camiñeira ou ou rede urbana. Ten dobre condición.

P

R P Rede U

R U

R

P

P

U

Á activación de puntos, dando lugar a unha rede “prodixiosa” déselle o nome de acupuntura urbana. Ese termo foi acuñado por Jaime Lerner26, arquitecto e político brasileiro. Traballou sobre tecidos urbanos degradados, pobreza e infravivenda, mediante pequenas intervencións melloraba a calidade de vida dos barrios. Enfocando ao espazo público e de dotar de servizos a lugares abandonados pola administración. Sen necesidade de grandes orzamentos, pero coa intelixencia de facer pequenos proxectos nos lugares axeitados. O primeiro que perde un urbanita nun ámbito de orixe rural é a orientación. Os camiños parécenlle todos iguais, non hai unha xerarquía clara. O espazo público da cidade ten que soportar grandes fluxos, pero tamén ten unha gran carga simbólica. Unha avenida leva a lugares máis importantes que un rúa convencional. Aínda que na práctica o fluxo de cada unha poida ser similar. Hai unha demostración de forza. Os espazos representa a clase. Mentres que nunha aldea de campesiños, todos son campesiños e se adican ao mesmo. Existen diferencias de renda, pero pertencen ao mesmo mundo. Os camiños responde á función de circular persoas e o transporte. Quen vive da terra non se pode permitir o capricho de facer unha rúa moi ancha por simbolismo, se perde espazo para cultivar o alimento. Pensar en rede é asumir a complexidade dos camiños que conectan o territorio. Transcender o lugar e ver a continuidade existente coa natureza (monte). Unha continuidade presente no antigo mundo rural. Os campos de cultivo precisaban o aporte do toxo, os camiños estaba transitados e non facía falla labores de limpeza, o propio uso diario mantiña a maleza controlada. A perdida do campesiño fixo perder esta continuidade, as casas agora están de costas ao monte. O uso da natureza (monte) como lugar de deporte e esparexemento pode axudar a recuperar esa continuidade. Os proxectos que optaron por esta estratexia interveñen sobre o público e no baleiro. Con pequenas intervencións. Lugares estratéxicos. Consolidar, cubrir, rehabilitar, ampliar e engadir. Accións para recuperar un espírito colectivo. Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo pequenas cousas pode cambiar o mundo, que dicía Eduardo Galeano.

i43. Parc de la Villette. Bernard Tschumi

i44. Cluster. Alison e Peter Smithson

26 Máis en: LERNER, Jaime. Cómo pensar una ciudad. TEDx Talks. Consultado 02/02/2017. Dispoñible en:<https://youtu.be/lXGY0XwdjI>

67


68

i45. Socalcos do Douro


Paisaxe como argumento. P

P

R

A pouca (aparente) presencia da pegada humana respecto ao inmensidade do territorio obnubila. A paisaxe, forma do territorio codificada, non deixaUun segundo de apelar á beleza. Formas da terra e bioloxía petan no peito. Ás veces é imposible non caer rendido ante tanta forza, e deixarse levar.

P

R R P Topografía U

U

R

P

P

U

O movemento Land Art deixou marca no mundo da arte, pero antes que os neoiorquinos encerran terra en galerías e lle deran categoría artística a manipular á natureza, o ser humano máis primitivo xa o facía. Modificaba a codia terrestre para a súa supervivencia. Pero tamén, non hai que esquecer, os grandes monumentos da prehistoria son monumentos funerarios. Transforma o territorio para homenaxear aos seu mortos ou deuses. Túmulos funerarios presentes en todos os lugares dos mundo, Xapón, Irlanda ou as nosas mámoas. Xa o dixo Loos27: “Só hai unha pequena parte da arquitectura que pertence á arte: o monumento funerario e o monumento conmemorativo”. Manipulaban á natureza para crear os primeiros signos de transcendencia ao tempo. A civilización comezou co monumento. As formas do territorio poden ser guía do proxecto: en forma (imaxe) e/ou función (soporte de terras). As propostas que van por esta vía, sitúanse na parte alta. Onde o antigo campo da festa, tratando de resolver un edificio que sexa soporte dunha actividade e ao mesmo tempo defina unha nova topografía. Creando unha transición entre dúas plataformas, un borde con actividades ou unha cuberta topográfica. Aparecen referencias á arquitectura da paisaxe popular, como é o muro e o socalco. Existe unha tendencia na contemporaneidade arquitectónica a “non facer edificios”. Entendendo por edificio unha construción convencional con fachada, ocos e cuberta. Ao traballar en contornas de alto valor paisaxístico ou simplemente rural, hai unha tendencia a non deixar pegada. A tratar de camuflar, ou disimilar a presencia da arquitectura. Pártese da base de que o existente merece todo o protagonismo, respecto ás novas edificacións, que só deben acompañar. Actitude lexitima e que axudaría a evitar pérdidas de espazos de valor. Pero tamén é un pouco conservadora, ao non afrontar o problema de convivir co existente sen danalo. O debate está aberto. A preguntas podería ser: ¿Que é a integración? ¿Ser igual co que me rodea ou ser semellante?¿En que consiste estar nun lugar sen chamar excesivamente a atención? ¿Cuestión de educación ou de veneración polo antigo? ¿Estar na natureza ou ser parte dela?

i46. Escaleiras de La Granja. Elías Torres e Martínez Lapeña

i47. Chichu Art Museum. Tadao Ando

27 LOOS, Adolf. Adolf Loos. Escritos I. Madrid: El Croquis editorial, 1993.Páx. 333

69


70

i48. Sun tunnels. Nancy Holt


Autonomía formal transformadora.

P

R

P

R

É unha estratexia baseada no uso de pezas autónomas e ensimesmadas. É un mecanismo aberto de uso libre. U U

P

R P Obxecto U

U

R

R

P U

Unha pedra chantada nun cruce de camiños, un menhir, foi a maneira en que as sociedades primitivas se apropiaban simbolicamente do territorio. Un elemento da natureza pero descontextualizado, posto noutro lugar e cunha posición diferente xa é un artificio. Pasa a ser obxecto, posto que manipulado pola humanidade, perde a condición de natural. A conquista humana do territorio foi mediante apropiación simbólica. Cambiar algo de lugar e poñelo lonxe da súa orixe, é tan simple como iso. As cousas non son, se non que son como as interpretamos. Asúmense unha serie prexuízos acerca de como debe ser un entorno como este. Contorna natural, pequena escala, vivendas unifamiliares, formas convencionais, materiais tradicionais; unha serie de imaxes prefixadas do que “debe ser”. Que ao introducir un cambio crea un importante contraste. Novos materiais, outra escala e formas non convencionais que crean un foco de atención. Levado a estratexias de mercado, déselle en chamar o “efecto Guggenheim”. Pezas singulares que inxeridas nun tecido existente, no caso de Bilbao nun barrio deteriorado froito da reconversión industrial , danlle nova vida ao lugar. O perigos disto é que non sempre funciona. Proliferaron durante os anos da burbulla intentos de transformar tecidos mediante obxectos-edificio sen reflexión previa e provocou moitos desastres. Mais a idea de un novo obxecto transformador non ten nada de malo.

i49. Casa da Música. OMA

A maneira en que un obxecto transforma un lugar pode ser mediante singularidade ou repetición. O obxecto único, diferente ou existente crea un foco de atención ao seu redor. É unha oportunidade para aproveitar esa activación cargándoo de contido (punto onde fracasan os efectos Guggenheim). Outra maneira é mediante a repetición. Unha obxecto que se repite en diferentes lugares crea unha conexión entre eles. Unha rede. Elementos pre-fabricados dispostos en diferentes lugares. As propostas que inxiren no lugar elementos autónomos, como pezas que se pousan, optan pola repetición. Elementos semellantes que resolven distintos problemas. Como pezas prefabricadas ao chegar ao lugar danlle outro carácter. Nun tecido complexo como este, como moitas formas edificadas diferentes, a repetición dun elemento apórtalle coherencia en lectura de conxunto. Traballáronse elementos como: unha malla triangular con elementos hexagonais, pezas de vidro inclinadas en diferentes formas ou caixiñas case prefabricadas de madeira pousadas no lugar.

i50. Centro de actividades abierto. Paredes Pino

71


Conclusión

i51. Petróglifos da Auga da Laxe

Non hai conclusións. Hai cuestións. Como se puido ler, o traballo deixa más preguntas que respostas. A pesar de tratar de ser un texto expositivo a incerteza é constante. Débese a que o campo de traballo está inexplorado. Non a do análise de proxectos, xa trillado. Refírome ao contexto no que se desenvolven os proxectos. Existe un corpus teórico ao redor da cidade, e tamén ao redor do espazo rural tradicional. Pero a paisaxe transxénica (como a chamaría Domingues) está soamente definida, non existe unha teoría completa. A pesar de ser a gran maioría dos espazos periurbanos galegos actuais. Existe un gran prexuízo e incluso desprezo cara estes lugares. Imaxe do fracaso da cidade dispersa, para uns, e vergoña da evolución espuria do rural tradicional, para outros. Sendo rexeitado, acusado de feo, e así e todo dando soporte a unha gran parte do país. Traballar neste espazo precisa de ferramentas aínda non inventadas (ou eu non coñezo). A achega, case anecdótica do traballo, de buscar unhas novas categorías PRU (Paisaxe-Ruralidade-Urbanidade) pode ter algún interese, pero aínda só é un bosquexo de pensamento. Teño a seguridade que as paisaxes transxénicas atópanse dentro dese triángulo, nun lugar descoñecido entre o rural, o urbano e a pura paisaxe.

72

Pártese dunha limitación. Os proxectos fixéronse para ser xulgado academicamente. As alumnas fan un traballo para ser valorado conforme a un documento técnico o cal condiciona a resposta. Hai propostas dificilmente asumibles, ao non adaptarse ao esperado dun proxecto fin de carreira. Por exemplo, propor non edificar nada novo. Traballar en expulsiva co edificado, modificando usos pero sen engadir novos elementos. Algo arriscado tendo en conta que se pretende xulgar un documento técnico completo. Polo que se entende que propor non-edificar ou mesmo de-edificar, restar como estratexia, está case descartadas. É evidente que non todos os mecanismos posibles está aquí recollidos, pero si os que propuxeron estas 23 persoas. Cada unha coas súa respectiva nota.


Habitualmente destácase aos proxectos coas mellores notas, pero iso non axuda a entender a escola. ¿Hai unha “escola” na ETSAC ? ¿Como proxectan as alumnas da ETSAC? Iso non se responde vendo aos mellores expedientes, se non vendo a globalidade. Tendo en conta que hai mais notas mediocres que excelentes, as arquitectas que estamos a formar e van exercer (algún día) neste país (ou noutros) parécense máis ás persoas que sacan 5 e 6 que aos 9. Este traballo quere axudar a coñecernos a nós (como escola) mesmos. Acostumados a traballar sobre un programa e escala dado, un proxecto aberto é liberador e intimidante a un tempo. Libera da opresión de cumprir un programa pautado pero obriga a tomar máis decisións. Como a de xustificar a escala e posición decidida. Esa decisión require un estudo previo que lexitime a resposta. E o espazo de traballo non era un edificio, se non un lugar, a decisión e estudo fanse máis complexos aínda. Pensar nunha escala maior obriga a pensar doutra maneira. O miolo do proxecto estaba na relacións das partes, alén de soluciónar das pezas concretas. As reflexións de proxecto explícanse entre a escala 1/2000 e 1/1000. Unha escala que normalmente sería para un plano de situación rutineiro, neste caso é fundamental. Explica, abarcando A Fraga, os posibles elementos a intervir. Enténdese o conxunto edificado, e o máis importante, o que sucede entre os edificios. Tratase tamén este TFG de mostrar un abrir o abanico de posibilidades. Enfrontarse a un proxecto supón escoller un camiño. Decidir, entre varias maneiras de actuar, a adecuada. Facer unha lectura retrospectiva permite ver os diferentes mecanismos empregados por outros. Neste caso, clasificados en 5 diferentes. Non son guías de proxecto, posto que con definir a proposta como “camiño” non resolve nada, pero serve como campo semántico e axuda a tomar decisións. É un comodín á hora de orientar a actuación. Este traballo tratou de expor as formas de intervir de 23 proxectos, que non son todas as posibles, pero si para alguén que se poida enfrontar a un tema similar lle axude. Ver o camiño escollido por outros pode axudar a escoller o dun mesmo. Revisando o sistema de clasificación, vense baleiros. Dende o punto de vista da forma, ningún proxecto optou por aplicar mecanismo máis urbanos, como pezas verticais densas: a torre. Pode ser unha estratexia lexítima, aínda que con mala prensa, para reducir a pegada no chan do edificado. Polo contrario, o maioritario foi un mecanismo, que ironicamente non nomeei, por ser o dominante na xeneralidade dos proxectos: o contextualismo. Adaptarse ás formas, materiais e escala do lugar. Dando mostras de que se garda respecto polo existente e trátase de intervir con sensibilidade. Ao fin e ao cabo trátase de contar unha historia. Recoller nun documento o feito por unhas compañeiras. A historia dos campos da festa. Que axudará a construír o relato do que somos (como escola), contando o que fixemos. O tema, xa esgotado, forma parte xa do pasado. Pero significou algo para as persoas que o escolleron. Como mínimo, foi o fin dun ciclo e o comezo doutro. Unha experiencia que marca. E desexo a todas elas que garden un bo recordo del, como o gardo eu.

73


Bibliografía

74

Libros ÁBALOS Vázquez, Iñaki. Atlas pintoresco. Volumen 2: Los viajes. Barcelona: Editorial Gustavo Gili, 2008. ÁBALOS Vázquez, Iñaki (ed.). Naturaleza y artificio. Barcelona: Editorial Gustavo Gili, 2009. BARBA Casanovas, Rosa. Rosa Barba Casanovas 1970-2000. Obras y escritos. Sitges: Editorial Asflor, 2010. BAUMAN, Zygmunt. Tiempos líquidos. Barcelona: Tusquets editores, 2007. BENEVOLO, Leonardo. La captura del infinito. Madrid: Celeste ediciones, 1994. BERGUER, John. Puerca tierra. Barcelona: Alfagurara, 2016. CACCIARI, Massimo. La Ciudad. Barcelona: Gustavo Gili, 2010. CLÉMENT, Gilles. Manifiesto del tercer paisaje. Barcelona: Gustavo Gili, 2009. CRIADO Boado, F. ; Parcero Oubiña, C. ; Otero Vilariño, C. ; Cabrejas Domínguez, E. e Rodríguez Paz, A. Atlas arqueolóxico da paisaxe galega. Vigo: Edicións Xerais, 2016. DALDA Escudero, J. L.; García Docampo, M. e Gonzalez Harguindey, J. Cidade difusa en Galicia. Santiago de Compostela: Dirección Xeral de Urbanismo, 2006. DALDA Escudero, Juan Luís. Juan Luís Dalda Escudero : Urbanista. A Coruña: Escola técnica superior de arquitectura da Coruña, 2011. DELGADO, Manuel. El animal público. Barcelona: Editorial Anagrama, 2008. DELGADO, Manuel. El espacio público como ideología. Barcelona: Editorial Anagrama, 2015. DOMINGUES, Álvaro. A rua da estrada. Porto: Dafne Editora, 2009. DOMINGUES, Álvaro. Vida no Campo. Porto: Dafne Editora, 2011. DÍAZ-FIERROS Viqueira, F. e López Silvestre, F. (coord.). Olladas críticas sobre a paisaxe. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2009. GALLEGO Jorreto, Manuel. Anotaciones al márgen: escritos 1993-2005. Barcelona: Gustavo Gili, 2009. GEORGE, Pierre. Geografía urbana. Barcelona: Ariel editorial, 1982. GARCÍA Docampo, Manuel. A construción social do territorio galego. Santiago de Compostela: tresCtres editoria, 2003. GARCÍA-GERMÁN, Jacobo. Estrategias operativas en arquitectura: Técnicas de proyecto de Price a Koolhaas. Buenos Aires: Nabuko, 2012. GARCÍA Vázquez, Carlos. Ciudad Hojaldre. Visiones urbanas del siglo XXI. Barcelona: Gustavo Gili, 2004. GRAMSCI, Antonio. Antología. Madrid: Ediciones Akal, 2013. HAWLEY, Amos H. Ecología Humana. Madrid: Editorial Tecnos, 1989. IZQUIERDO, Jaime. Asturias, región agropolitana: las relaciones campo-ciudad en la sociedad posindustrial. Oviedo: KRK ediciones, 2008. LAILACH, Michael. Land art. Barcelona: Taschen, 2007. LOOS, Adolf. Adolf Loos. Escritos I. Madrid: El Croquis editorial, 1993. MARZANA, Daniel. Arte Conceptual. Barcelona: Taschen, 2005. MIRANDA, Antonio. Arquitectura y verdad. Madrid: Ediciones Cátedra, 2013. MOLINO, Sergio Del. La España vacía. Madrid: Turner Publicaciones, 2016. MONTANER, Josep Maria. Sistemas arquitectónicos contemporáneos. Barcelona: Editorial Gustavo Gili, 2008. MORIENTE, David. Poéticas arquitectónicas en el arte contemporáneo. Madrid: Ediciones Cátedra, 2010.


MUNTAÑOLA Thornberg, Josep. Arquitectura, modernidad y conocimiento. Barcelona: Universitat Politecnica de Catalunya, 2002. MUÑOZ, Francesc. Urbanalización. Paisajes comunes, lugares globales. Barcelona: Editorial Gustavo Gili, 2008. NOGUÉ, Joan (ed.) La construcción social del paisaje. Madrid: Editorial Biblioteca Nueva, 2007. RODRÍGUEZ González, Román. De aldeas a cidades. Urbanismo e xeografía das vilas galegas. Vigo: Ir Indo Edicións, 1999. OTERO Pedrayo, Ramón. Paisajes y problemas geográficos de Galicia. Madrid: Compañía Ibero-Americana de Publicaciones, 1928. OTERO Pedrayo, Ramón. Pelerinaxes I. Unha revisión da viaxe de Ourense a Santo André de Teixido. Sada: Ediciós do Castro, 1993. OTERO Pedrayo, Ramón (ed.). Paisaxe e cultura. Mos: Fundación Otero Pedrayo, 2009. PRECEDO, A; Rodríguez-Martínez, R. e Villarino, M. Vigo area metropolitana. Vigo: Fundación Caixa Galicia, 1989. PRICE, Cedric. Re:CP. Basel: Birkhäuser, 2003. SEGALEN, Martine. Ritos y rituales contemporáneos. Madrid: Alianza editora, 2014. ROUSSEAU, Jean-Jacques. El Contrato Social. Madrid: Globus Comunicación, 2012. SMITHSON, Robert. Recorrido por los monumentos de Passaic, Nueva Yersey. Barcelona: Editorial Gustavo Gili, 2006. SOLÀ-MORALES i Rubió, Manuel de. Las Formas de Crecimiento Urbano. Barcelona: Ediciones UPC, 2006 SOUTO González, Xosé. O medio rural, un modo de ocupación do espacio. Vigo: Concello de Vigo, 1994. SOUTO González, Xosé. O val Miñor. Vigo: Cámara de comercio, 1991. QUIROGA, Francisco (coord.). Montes, vacas y procomún. Madrid: MediaLab Prado, 2013. VAROUFAKIS, Yanis. El minotauro global. Madrid: Capitán Swin, 2012. VV. AA. A parroquia en Galicia. Pasado, presente e futuro. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, 2009. VV. AA. Guía de estudos de impacto e integración paisaxística. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, 2012. VV. AA. Políticas urbanas en España. Grandes ciudades, actores y gobiernos locales. Barcelona: Icaria editorial, 2011.

Revistas ARMAS, L; Cubillo, R; Giraldez, A; Hermida, B e Ibañez, P. (ed.). Bartlebooth Nº2. La Fiesta. 2014. Consultar en: <http://bartlebooth.org/2-La-Fiesta> PEREIRO, X.M. e Rivas, M. (ed.). Luzes Nº2. 2014.

75


Sitios web ARELLANO Ramos, B. e Roca Cladera, J. Global urban sprawl. Universitat Rovira i Virgili. Consultado 04/01/2017. Dispoñible en: <http://upcommons.upc.edu/handle/2117/84571> BANHAM, R.; Barker, P.; Hall , P. e Price, C. Non-Plan: an experiment in freedom. Consultado 09/01/2017. Dispoñible en: <https:// www.scribd.com/document/235609643/1969-Nonplan-An-experiment-In-freedom-Banham-Barker-Hall-Price> BOHIGAS, O.; Moneo, R.; Navarro Baldeweg, J. e Fernández-Galiano, L. Debate-mesa redonda en presentación colección arquia/ maestros. Consultado 25/01/2017. Dispoñible en: <http://fundacion.arquia.es/es/mediateca/filmoteca/Conferencias/Detalle/ 55?palabra=bohigas&catalogo=1> CAPEL, Horacio. La definición de lo urbano. Consultado 22/01/2017. Dispoñible en: <http://www.cidadeimaginaria.org/eu/Urbano.pdf> CAPEL, Horacio. Los problemas de las ciudades. Urbs, Civitas y Polis. Consultado 22/01/2017. Dispoñible en: <https://www. diba.cat/c/document_library/get_file?uuid=5acadc7c-633a-40b1-b751-41263a971a6c&groupId=7294824> COLECTIVO1AUN. Habitar O Campo en Galicia. Consultado 30/01/2017. Dispoñible en: <https://habitargalicia.wordpress. com/2016/01/13/investigacion/> COLECTIVO1AUN. Habitar O Campo en Galicia - Ponencia en Pamplona. Consultado 30/01/2017. Dispoñible en: <https://youtu. be/WnPBMi-xBu8> CASARES Gallego, Amparo. I Concurso de proposta tema PFC. Escola técnica superior de arquitectura da Coruña. Consultado 15/11/2016. Dispoñible en: <http://etsa.udc.es/web/?p=5560> COSTOYA, Manuel. El récord de Paco Martínez Soria. La Voz de Galicia. Consultado 28/01/2017. Dispoñible en: <http://www. lavozdegalicia.es/noticia/television/2010/12/08/record-paco-martinez-soria/0003_8896663.htm> ERGOSFERA. Hasta el instante antes de la alterotopía. La máquina urbanística Degradación-Exterioridad-Emergencia. Consultado 06/01/2017. Dispoñible en: <http://ergosfera.org/archivo/degradacion_exterioridad_emergencia.html> FARIÑA, José. Feísmo y paisaje rural en Galicia. Consultado 10/02/2017. Dispoñible en: <https://elblogdefarina.blogspot.com.es/2014/11/feismo-y-paisaje-rural-en-galicia.html> GALLEGO Picard, Pablo. Unha viaxe por... Consultado 20/01/2017. Dispoñible en: <https://unhaviaxepor.com/> GOLDBERG, Elyse. Robert Smithson. James Cohan Gallery. Consultado 02/01/2017. Dispoñible en:<http://www.robertsmithson. com/index_.htm> LERNER, Jaime. Cómo pensar una ciudad. TEDx Talks. Consultado 02/02/2017. Dispoñible en:<https://youtu.be/lXGY0X-wdjI> MÁIQUEZ, Miguel. El sueño de tener un Estado propio. El microscopio. Consultado 02/01/2017. Dispoñible en: <http:// www.20minutos.es/noticia/2237465/0/movimientos/separatistas/mundo/> MARTÍNEZ Soria, Paco. El Turismo. Consultado 29/01/2017. Dispoñible en: <https://youtu.be/_qXBkhatNzc> MOZAS, Javier. Huevos revueltos. El Pais. Consultado 09/01/2017. Dispoñible en: <http://elpais.com/diario/2009/02/08/paisvasco/1234125600_850215.html> NO.DO. Inauguracion de mil doscientas cincuenta viviendas en el poligono de Elviña. Consultado 05/01/2017. Dispoñible en:<http://www.rtve.es/filmoteca/no-do/not-1286/1486312/> PARDO, Miguel. O estereotipo e tópico de Galicia que transmitiu o NO-DO franquista segue vivo. Praza Pública. Consultado 20/01/2017. Dispoñible en: <http://praza.gal/cultura/13482/o-estereotipo-e-topico-de-galicia-que-transmitiu-o-no-do-franquista-segue-vivo/> 76


PITA, Carlos. 4 Teitadores. La Voz de Galicia. Consultado 30/01/2017. Dispoñible en: <http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2014/12/28/4-teitadores/0003_201412G28P4992.htm> PRADO, Benjamín. Tiempo líquido miedos sólido. El País. Consultado 25/01/2017. Dispoñible en: <http://elpais.com/diario/2007/12/13/madrid/1197548661_850215.html> RIVERA Blanco, Antonio. Orígenes y desarrollo del Estado-Nación. La linterna de Diógenes. Consultado 29/12/2016. Dispoñible en: <http://www.ivoox.com/ldd-origenes-desarrollo-del-estado-nacion-audios-mp3_ rf_15219447_1.html> SUÁREZ Canal, X.L. José Suárez. Consultado 27/01/2016. Dispoñible en: <https://josesuarezfernandez.wordpress.com> VALVERDE Pérez, Iago. Feísmos I. Consultado 20/09/2016. Dispoñible en: <http://arquitecturadegalicia.eu/ revista/2014/11/feismos-imbeciles-e-escuros/> VALVERDE Pérez, Iago. Feísmos II. Consultado 20/09/2016. Dispoñible en: <http://arquitecturadegalicia.eu/ revista/2014/12/feismos-ii-non-nos-entenden-non/> VALVERDE Pérez, Iago. Ordenación do campo da festa na Fraga. Consultado 20/09/2016. Dispoñible en: <https://issuu.com/iagovalverde/docs/tema_pfc__ordenaci_n_do_campo_da_festa_na_fraga>

Filmes ARTIGAS, Xavier e Ortega, Xapo (dir.). Ciutat morta. Cidade morta. España: Metromuster, 2014. BUÑUEL Portolés, Luis (dir.). Las Hurdes (Tierra sin pan). España: Ramón Acín, 1933. CUERDA Martínez, José Luis (dir.). Amanece, que no es poco. España: Compañía de Aventuras Comerciales/ TVE/ Paraíso, 1989. ENCISO, Eloy (dir.). Arraianos. España: Artika Films / Zeitun Films, 2012. FORD, John (dir.). How Green Was My Valley. Que verde era o meu val. USA: 20th Century Fox, 1941. GUERÍN, José Luis (dir.). En construcción. España: Ovideo TV, 2001. LAZAGA Sabater, Pedro (dir.). La ciudad no es para mí. España: Pedro Masó P.C., 1966. LAZAGA Sabater, Pedro (dir.). El turismo es un gran invento. España: Filmayer / Pedro Masó P.C., 1968. NIEVES Conde, José Antonio (dir.). Surcos. España: Atenea Films, 1951. PECKINPAH, Sam (dir.). Straw Dogs. Cans de palla. U.K: ABC Pictures presents Daniel Melnick Production, 1971.

77


Relación de imaxes

78

i01. Penasqueira de Abaixo ARMAS, Luis. Penasqueira de Abaixo. 2013. Fonte: <http://vincios.org/panasqueira-de-abaixo/> i02. Código QR. Tema Campo da Festa na Fraga VALVERDE, Iago. Tema Campo da Festa na Fraga. 2013. Fonte: <https://issuu.com/iagovalverde/docs/tema_pfc__ordenaci_n_do_campo_da_festa_na_fraga> i03. When you see the amazing sight DONG-KYU, Kim. When you see the amazing sight. ART X SMART Project. 2013. Baseado en Friedrich, Caspar David. Der Wanderer über dem Nebelmeer. Camiñante sobre o mar de néboa. Fonte: <http://artxsmart.tumblr.com/post/66080634569/when-you-see-the-amazing-sight-based-on> i04. The Fountain Monument SMITHSON, Robert. The Fountain Monument. 1967. Fonte: <https://www.robertsmithson.com/photoworks/monument-passaic_300.htm> i05. La Liberté guidant le peuple DELACROIX, Eugène. La Liberté guidant le peple. A liberdade guiando ao pobo. 1830. Fonte: <https://gl.wikipedia.org/wiki/A_Liberdade_guiando_o_pobo> i06. Réplica da torre Eiffel AUTOR DESCOÑECIDO. China y sus ansias por copiar los grandes monumentos. La Vanguardia. 2000? Fonte:<http://www.lavanguardia.com/internacional/2015 0905/54436274462/china-ansias-copia-grandes-monumentos.html> i07. Elviña AUTOR DESCOÑECIDO . Barrio das Flores. Polígono de Elviña. 1967?. Fonte: <http://www.redfundamentos.com/blog/es/obras/detalle-14/> i08. The city as an egg PRICE, Cedric. The city as an egg. 1968. Fonte: <http://bigthink.com/strange-maps/534-the-eggs-of-price-an-ovo-urban-analogy> i09. Valença GOOGLE. Foto satélite de Valença (Portugal). 2016. Fonte: <https://www.google.com.co/maps/place/Valen%C3%A7a,+Portugal/@42.0301764,-8.6579923,14z/ data=!3m1!4b1!4m5!3m4!1s0xd259a8a73810093:0x984ac8b0e4342c92!8m2!3d42.0268751!4d-8.6421522?hl=en> i10. Monção GOOGLE. Foto satélite de Monção (Portugal). 2016. Fonte: <https://www.google.com.co/maps/place/Mon%C3%A7%C3%A3o,+Portugal/@42.0702234,-8 .5001182,14z/data=!3m1!4b1!4m5!3m4!1s0xd2577fb591ae177:0xe1e71cb0709452a5!8m2!3d42.0771855!4d-8.4819441?hl=en> i11. Maia GOOGLE. Foto satélite de Maia (Portugal). 2016. Fonte: <https://www.google.com.co/maps/place/Maia,+Portugal/@41.2273168,-8.6526799,13z/data=!3m1!4b 1!4m5!3m4!1s0xd2466f8399331e3:0xa954a5b2702a677e!8m2!3d41.2278891!4d-8.621049?hl=en> i12. Saturno. CARAVAGGIO , Polidoro da. Ilustración de Saturno. S. XVI. Fonte: <http://es.el-bestiario.wikia.com/wiki/Saturno?file=Saturn_Polidoro_da_Caravaggio.jpg> i13. Isaac Newton AUTOR DESCOÑECIDO. Isaac Newton. Fonte: <http://www.thinkstockphotos.es/image/stock-photo-isaac-newton/97876888?countrycode=ESP> i14. Albert Einstein KARSH, Yousuf. Albert Einstein. 1949. Fonte: <http://www.utne.com/science-and-technology/albert-einstein-humanitarian-ze0z1404zcalt> i15. Urbanización na Madroa (Vigo) GOOGLE. Foto satélite de Vigo. 2016. Fonte: <https://www.google.com.co/maps/place/Madroa/@41.2273168,-8.6526799,13z/data=!3m1!4b1!4m5!3m4!1s0xd2 466f8399331e3:0xa954a5b2702a677e!8m2!3d41.2278891!4d-8.621049?hl=en> i20. Teitadores RODRÍGUEZ, Juan. Teitadores. 1980? Fonte: <https://s-media-cache-ak0.pinimg.com/736x/e3/10/99/e310999453772190c1b84349b1a3a7b4.jpg> i21. A old peasant woman. Camos, Nigrán. 1926 ANDERSON, Ruth Matilda. A old peasant woman. 1926. Fonte: <https://es.pinterest.com/pin/250301691762880064/> i22. Cartaz turístico MORELL i Macías, Josep. Cartaz turístico. Galicia. Publicaciones de la Dirección General del Turismo, 1940?. Fonte: <https://www.flickr.com/photos/ almaciga/16175253053/> i23. Cartaz de Surcos AUTOR DESCOÑECIDO. Cartaz de Surcos. 1951. Fonte: <http://www.filmaffinity.com/es/film323900.html> i23. Cartaz de El turismo es un gran invento AUTOR DESCOÑECIDO. Cartaz de El turismo es un gran invento. 1968. Fonte: <http://www.filmaffinity.com/es/film573983.html> i24. Campaña institucional


TONY LE BRAND. Ruralizate. 2015. Fonte: <http://tonyleblog.es/ti-es-mais-de-spiderman-ou-de-batman/> i25. Unamuno nas ribeiras del Tormes. SUÁREZ, José . Unamuno en la ribera del Tormes. 1934 . Fonte: <https://josesuarezfernandez.wordpress.com/varios/foto-de-miguel-de-unamuno-adicada-a-jose-suarez/> i33. Jacques Herzog lamendo unha maqueta. AUTOR DESCOÑECIDO. Jacques Herzog lamendo unha maqueta. 1990?. Fonte: < http://www.march.es/conferencias/anteriores/voz.aspx?id=2787 > i34. Parroquia veciña á Fraga, Valadares (Vigo) AUTOR DESCOÑECIDO. Foto aerea de Valadares. Incluída en Cidade difusa de Juan Luis Dalda. 2000?. Fonte: <http://ergosfera.org/blog/?cat=65> i35. Praza Maior Airpano.com. Praza Maior (Madrid). 2010?. Fonte: <http://www.airpano.com/360Degree-VirtualTour.php?3D=Madrid-Spain> i36. Plaça dels Països Catalans. Piñón e Viaplana. AUTOR DESCOÑECIDO. Plaça dels Països Catalans. Piñón e Viaplana. 1983? Fonte: <http://humanitats.blogs.uoc.edu/2013/10/08/barcelona-del-romanic-a-la-postmodernitat/placa_paisos_catalans/> i37. Plaza baixo o Museu de Arte de São Paulo AUTOR DESCOÑECIDO. Museu de Arte de São Paulo. 1990?. Fonte: <http://gutierrezcabrero.dpa-etsam.com/tag/museu-de-arte/> i38. Plaza sobre a biblioteca central do CUVI VALVERDE, Iago. Plaza sobre a biblioteca central do CUVI. 2016. Fonte: <http://pontevedraviva.com/xeral/25380/estas-son-42-obras-arquitectonicas-rias-baixas-vende-reclamo-turistico/?lang=es> i39. The Floating Piers. Christo & Jeanne-Claude VOLZ, Wolfgang (fotógrafo). Christo & Jeanne-Claude. The Floating Piers, Lake Iseo, Italy, 2014-16. 2016 Fonte: <http://www.christojeanneclaude.net/projects/the-floating-piers> i40. Cinta guía – percorrido sensorial. BMJ VICENTE, Manuel G. Cinta guía. 2012. Fonte: <http://arquitecturadegalicia.eu/blog/cinta-guia-percorrido-sensorial/> i41. High Line Elevated Park. Diller Scofidio + Renfro BAAN, Iwan. High Line Elevated Park. 2009. Fonte: <http://www.plataformaarquitectura.cl/cl/02-20735/new-york-city-high-line-abre-al-publico> i42. New babylon. Constant CONSTANT. New babylon. 1956. Fonte: <http://contestingarchitecture.blogspot.com.es/2012/07/exit-review-excerpts-contd.html> i43. Parc de la Villette. Bernard Tschumi TSCHUMI, Bernard. Parc de la Villette. 1987. Fonte: http://luisantonio-grupopfc.blogspot.com.es/2011_02_01_archive.html i44. Cluster. Alison e Peter Smithson SMITHSON, Alison e Smithson, Peter. Cluster. Berlin. 1957. Fonte: <https://es.pinterest.com/pin/466967055094422011/> i45. Socalcos alto Douro. PONTEIRA, Dinis. Senhora da Ribeira. 2013. Fonte: <http://www.photoextract.com/photo/486925.html> i46. Escaleiras de La Granja. Elías Torres e Martínez Lapeña CARDELÚS, David. Escaleiras de La Granja. 2002. Fonte:<http://www.detail-online.com/magazine/stairs-27885/> i47. Chichu Art Museum. Tadao Ando AUTOR DESCOÑECIDO. Chichu Art Museum. 2004. Fonte: <http://benesse-artsite.jp/en/art/chichu.html> i48. Sun Tunnels, Utah CHERITON, Glen (fotógrafo). Sun Tunnels, Utah. Nancy Holt. 2012. Fonte: <http://loganlape.com/blog/great-basin/> i49. Casa da Música. OMA OMA. Casa da Música . 2005. Fonte: <http://oma.eu/projects/casa-da-musica> i50. Centro abierto. Paredes Pino LOPEZ, Jesus. Centro abierto de actividades. 2007. Fonte: <http://www.plataformaarquitectura.cl/cl/02-53401/centro-abierto-de-actividades-ciudadanas-paredes-pino> i51. Petróglifos da Auga da Laxe VINCIOS.ORG. Gravación dos Petróglifos da Auga da Laxe. 1999. Fonte: <http://vincios.org/petroglifo-da-auga-da-laxe/>

Fondos para portada e separadores: SVEIVEN, Megan. Eucalyptus leaves. 2014. Fonte: <https://www.skillshare.com/classes/Pattern-Design-Creating-Repeat-Patterns-From-Your-Illustrations-Paintings/801373065/projects/32322> Propostas Da páxina 27 á 57 tódalas imaxes pertencen ás súas respectivas autoras e autores.

79


80


Agradecementos

En primeiro lugar, a todas as persoas que se prestaron a compartir comigo o seu traballo: María Alonso, Jorge Brandariz, Ricardo Castro, Jorge Enríquez, Sara Escudero, María Fandiño, Carlos Fasero, Jorge Fernández, Estela Fernández, María Fernández, Antonio Giráldez, Miguel González, María López, Sandra Mato, Laura Pato, Nuria Pazos, Yago Rodríguez, Jorge Rodríguez, Sara Sanchez, Diego Tarrío, Beatriz Valdes, Juan Valiente, Lucía Varela, Jimena Varela e todas aquelas persoas que fixeron este PFC pero non din contactado. A Jesús Irisarri por formular o TFG e titorarme. A Alberto Fortes por deixarme a lista e por estar sempre disposto a axudar. A Adrián Capelo polos seus consellos. A Elvia G. Costas pola axuda na tradución. Aos “Viaxantes” por darme tódolos días algo sobre o que discutir. E a Biblioteca da ETSAC. Imprescindible para desenvolver este traballo. Sempre me pareceu o lugar que máis se aprende da escola, despois da cafetaría (claro).

*Este TFG foi composto en letra Roboto 11 nos corpos principais, Roboto Slab para os títulos (24) e citas (14). É unha tipografía de libre descarga deseñada por Christian Robertson.

81



Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.