Máster en Innovación y Gestión de Industrias Culturales

Page 1


Máster en Innovación Cultural e Xestión de Industrias Creativas

Contido 1. DESCRICIÓN .......................................................................................................... 3 2. DESTINATARIOS .................................................................................................... 4 3. ASPECTOS PEDAGÓXICOS ..................................................................................... 5 4. PROGRAMA .......................................................................................................... 8 5. PRÁCTICAS.......................................................................................................... 11 6. IDIOMAS............................................................................................................. 11 7. PROFESORADO ................................................................................................... 11 8. PREZO, BOLSAS E CONDICIÓNS DE FINANCIAMENTO ........................................... 12 9. PROCESO DE ADMISIÓN ...................................................................................... 12 10. PRAZOS DE ENTREGA DE SOLICITUDES .............................................................. 14 11. PROCESO DE SELECCIÓN ................................................................................... 14 12. FORMALIZACIÓN DA INSCRICIÓN ...................................................................... 14

www.iffe.es

2


Máster en Innovación Cultural e Xestión de Industrias Creativas

1. DESCRICIÓN Nas últimas décadas o sector cultural e creativo vén de experimentar un continuado ascenso derivado dun proceso global de terciarización da economía, coa conseguinte proliferación da industria do lecer e do entretemento, e dunha maior atención por parte das políticas públicas dos Gobernos. Isto é así pois a cultura revelouse como:

1) Vía de desenvolvemento persoal e colectivo, incidindo no incremento das súas destrezas e habilidades expresivas; 2) Factor de cohesión social, servindo ao reforzo das relacións cidadás, á integración dos desfavorecidos e á convivencia intercultural; 3) Soporte de identidade local, estimulando o sentido e orgullo de pertenza e a participación na comunidade; 4) Activo económico de primeira orde, xerando emprego cualificado, cun notable aporte de valor engadido e efecto arrastre sobre outras actividades produtivas.

Aqueles territorios con maiores índices de prosperidade presentan unha máis robusta industria cultural e creativa. No conxunto de España, a cultura aporta un 3% do PIB, mentres que en Galicia se sitúa nun 2%, o que denota un peso económico moi relevante, con máis de 2.000 empresas, 17.000 postos de traballo e unha facturación global que rolda os 1.500 millóns de euros anuais, con taxas de medranza que oscilan entre o 30 e o 50% na década anterior.

A importancia da cultura no desenvolvemento sostible das comunidades tivo o seu recoñecemento na Axenda de Lisboa (2000), e foi ratificado pola UE no Libro Verde das Industrias Culturais e Creativas, aspirando a establecer as condicións para se dotar dunha auténtica economía creativa. Polo tanto, ás catro dimensións anteditas poderíamos engadir unha quinta: a da cultura en tanto que motor da sociedade do coñecemento e piar da nova economía.

www.iffe.es

3


Máster en Innovación Cultural e Xestión de Industrias Creativas Esta realidade puxante, afectada como os restantes sectores de actividade polos efectos da crise, require de profesionais altamente cualificados que con creatividade, talento, visión e rigor, saiban afrontar os desafíos do presente. Persoas que aporten valor ás empresas, institucións e organizacións nas que operen, coa capacidade de innovación que lles permita extraer todo o partido ás potencialidades das contornas dixitais e dos mercados exteriores.

A carencia de formación especializada neste campo en Galicia e boa parte do noroeste peninsular impulsou ao instituto IFFE a ofertar un Máster que permita fornecer de coñecementos sectoriais, técnicas de xestión e habilidades directivas aos actuais e futuros promotores culturais, partindo da realidade galega pero abertos ás dinámicas contemporáneas da escena global. A tal fin, deseñouse un plan pedagóxico que combina unha sólida formación teórica cun enfoque centrado na práctica profesional, e todo iso facendo especial fincapé na innovación e no emprendemento como pautas de futuro do sector cultural.

2. DESTINATARIOS Diríxese a profesionais das industrias creativas, técnicos de cultura das administracións públicas, xestores de proxectos creativos, xerentes de eventos culturais, responsables asociativos e a emprendedores nos campos da cultura e a creatividade. Tamén poden optar licenciados e graduados universitarios, así como diplomados de materias afíns que acrediten experiencia en xestión sociocultural.

www.iffe.es

4


Máster en Innovación Cultural e Xestión de Industrias Creativas

3. ASPECTOS PEDAGÓXICOS 3.1 OBXECTIVOS O obxectivo xeral do Máster será: Facilitar unha oportunidade para a cualificación de profesionais (ou en vías de selo) da acción sociocultural e da xestión de empresas da industria creativa. En canto aos obxectivos específicos, preténdese: 1.- Dar unha formación integral no campo da xestión cultural que capacite para o desempeño profesional e a actualización de coñecementos. 2.- Aportar as ferramentas de xestión e planeamento estratéxico para empresas creativas, departamentos públicos da cultura e organizacións do terceiro sector. 3.- Orientar ao alumnado na concepción, deseño e comercialización dos seus propios proxectos culturais, coas maiores garantías de viabilidade económica e impacto social. 4.- Axudar a identificar oportunidades de negocio e fomentar o emprendemento empresarial nos ámbitos da cultura e da creatividade. 5.- Explorar a potencialidade das políticas culturais relacionais na transformación e desenvolvemento dos territorios. 6.- Crear un espazo de interacción entre alumnado, expertos, profesionais e industrias da creación que permita a conformación de redes estables de cooperación dotadas de proxección exterior. 7.- Achegar boas prácticas culturais a escala local e internacional, con especial énfase nas propostas máis viables e innovadoras. 8.- Mostrar dinámicas intensivas de traballo colaborativo e aproveitamento das novas tecnoloxías que redunden na adquisición de destrezas e habilidades útiles para o exercicio profesional.

3.2 COMPETENCIAS A ADQUIRIR Coa participación activa no Máster, o alumnado adquirirá competencias tales como:

a) Acceder aos fundamentos teóricos da acción cultural e dos seus ámbitos de actuación.

www.iffe.es

5


Máster en Innovación Cultural e Xestión de Industrias Creativas b) Asimilar coñecementos xurídicos, de financiamento e xestión económica, de comunicación e marketing específicos da industria cultural e creativa. c) Deseñar, comercializar, coordinar e avaliar proxectos culturais. d) Detectar e xestionar oportunidades, medios e recursos para a xestión cultural. e) Asumir unha cultura profesional colaborativa, fomentando o traballo en rede e a integración en equipos interdisciplinares e multiculturais. f) Adquirir habilidades comunicativas, de negociación e liderado, que permitan transmitir información, ideas e propostas a diversas audiencias.

3.3 HORARIO E CALENDARIO ACADÉMICO O Plan de estudos está composto por un mínimo de 646 horas, repartidas como segue: 

240 horas de aulas

36 horas de seminarios, clases maxistrais, visitas e titorías

60 horas de traballos parciais

30 horas de inglés

Prácticas profesionais

160 horas de elaboración do Traballo Final de Máster

As aulas teóricas impartiranse en sesións de venres pola tarde de 16:00 a 21:00 horas e sábados pola mañá de 10:00 a 14:00 horas.

Haberá a disposición do alumnado unha plataforma web desde onde se dinamizarán foros temáticos, se facilitarán titorías on line e se poderá consultar documentación, calendarios e cualificacións

3.4 AVALIACIÓN Para a correcta realización do programa e a consecución do título será preciso:

Asistencia a un mínimo dun 80% de horas lectivas, incluíndo aulas, clases maxistrais e seminarios.

www.iffe.es

6


Máster en Innovación Cultural e Xestión de Industrias Creativas 

Superación de exames ou traballos parciais ao rematar cada módulo.

Realización de prácticas en empresas ou institucións.

Entrega e defensa do Proxecto Final do Máster, orientado polo titor designado a tal efecto.

Os criterios de avaliación que se terán en conta para a obtención do título serán os seguintes:

 Traballo Final do Máster: 40%

 Exames e traballos parciais: 20%

 Prácticas profesionais: 20%

 Dirección académica: 20%

O Traballo Final do Máster (TFM) estrutúrase da seguinte forma:

VALORACIÓN DO TFM Actualidade e interese do tema 10% Presentación ante Desenvolvemento o tribunal e aplicabilidade 30% do proxecto 20% Presentación Profundidade da 10% Conclusión investigación 15% 15%

www.iffe.es

7


Máster en Innovación Cultural e Xestión de Industrias Creativas O alumno ou alumna deberá defender o TFM diante dun tribunal formado por un membro de IFFE, os Directores Académicos e un ou varios profesionais convidados.

IFFE ofrece a través do seu Departamento de Carreiras Profesionais, un servizo de apoio e orientación sobre as distintas oportunidades profesionais ás que pode acceder o alumnado.

4. PROGRAMA O presente programa comprende cinco módulos, conformando un temario homoxéneo perfectamente orientado a ofrecer unha formación integral en xestión cultural (coñecementos sectoriais, técnicas de planificación estratéxica e habilidades directivas) cun enfoque práctico e innovador. Comprende nocións, ferramentas e chaves para o deseño, a xestión e o desenvolvemento eficaz e sustentable de proxectos e organizacións culturais.

Ao finalizar cada módulo do programa aplicarase un cuestionario de avaliación entre o alumnado arredor dos contidos, recursos dispoñibles, metodoloxía e profesorado.

1) XESTIÓN E POLÍTICAS CULTURAIS 

Paradigmas da acción cultural: da democratización á proximidade

Os axentes culturais

Cultura, sociedade e diversidade intercultural

Economía da cultura: mercado e industrias creativas

Administracións públicas e políticas culturais

Marco lexislativo aplicable

Ámbitos socioculturais: experiencias prácticas

Planeamento estratéxico da cultura: estudo de casos

A Axenda 21 da cultura e outros textos de referencia

Cooperación cultural internacional

O voluntariado cultural

www.iffe.es

8


Máster en Innovación Cultural e Xestión de Industrias Creativas

2) AS INDUSTRIAS CREATIVAS 

As industrias culturais: definición e tipoloxía

Comunicación e marketing na cultura

Financiamento cultural: patrocinio, mecenado, crowdfunding, fondos europeos

Cooperación e sinerxías con outros sectores económicos

Xestión de dereitos de autor

A prospectiva a través de estudos de mercado

Análise sectorial: -

Edición e libro

-

Audiovisual

-

Música

-

Artes escénicas

-

Artes visuais

-

Deseño e moda

-

Patrimonio

-

Gastronomía

-

Turismo cultural, ecoturismo e turismo rural

-

Contido dixital, software, animación e xogos

-

Arquitectura, publicidade e outros servizos creativos

3) XESTIÓN INTEGRAL DE PROXECTOS CULTURAIS E CREATIVOS 

Técnicas de investigación e análise social aplicadas á cultura.

Diagnóstico de necesidades culturais e socioeconómicas

Deseño e orzamento de proxectos culturais

Os plans de comunicación, marketing e medios

Comercialización e venta de proxectos

Vías e fórmulas de financiamento

A avaliación de proxectos

Coordinación e produción de festivais, exposicións e eventos

www.iffe.es

9


Máster en Innovación Cultural e Xestión de Industrias Creativas 

Elaboración dun dossier de patrocinio

4) XESTIÓN EMPRESARIAL 

O emprendemento empresarial en cultura

Organización empresarial: lóxicas e procesos administrativos

Características diferenciais das industrias culturais e creativas

Bases de contabilidade

A fiscalidade das industrias culturais e creativas

Xestión laboral e dos recursos humanos

Lexislación de referencia

O departamento comercial e de marketing

Análise de balances e conta de resultados

Estratexia financeira: débeda, capital propio e subvencións

Estrutura do plan de empresa

5) INNOVACIÓN CULTURAL E DESENVOLVEMENTO 

A economía dixital e o mercado global

Novas formas de creación, produción, distribución e acceso aos produtos e servizos culturais

A xestión do talento

Networking e Coworking

Internacionalización e proxección exterior

Cidades creativas

Boas prácticas do espazo público como escenario para a cultura

Cooperación local e desenvolvemento endóxeno

Xestión do patrimonio etnolóxico e do turismo cultural

Como complemento formativo, programaranse actividades transversais (seminarios monográficos, clases maxistrais, visitas a equipamentos, libroforums, conversas con creadores...) que capacitarán mellor para o exercicio profesional.

www.iffe.es

10


Máster en Innovación Cultural e Xestión de Industrias Creativas

5. PRÁCTICAS Co obxecto de completar a formación e aplicar os coñecementos adquiridos nun contexto profesional, IFFE porá a disposición do alumnado unha Bolsa de Prácticas que servirá de ponte entre a formación adquirida e o mercado laboral.

6. IDIOMAS O Máster impartirase en galego e castelán, e eventualmente en inglés ou portugués.

7. PROFESORADO A dirección e coordinación do Máster correrá a cargo de Marcos Lorenzo (consultor e emprendedor cultural) e Héctor M. Pose (profesor - doutor da UdC).

MARCOS LORENZO Economista e antropólogo, realizou estudios complementarios en xestión cultural, urbanismo e cooperación internacional. Na actualidade é consultor independente e asesor da Cidade da Cultura de Galicia, onde recentemente dirixiu o I Encontro Internacional de Economía e Cultura. Ao longo da súa traxectoria foi responsable da política cultural do Concello de Ferrol, director da empresa de xestión cultural eBurbulla S.A., xerente da Asociación de Actores, Directores e Técnicos de Escena de Galicia, coordinador de proxectos europeos na Fundación Galicia Emigración e fundador da empresa social Cidadania S. Coop.

marcos.lorenzo@iffe.es

Galega. Autor de diversas publicacións, imparte docencia en xestión de proxectos, creatividade e desenvolvemento territorial.

HÉCTOR M. POSE Doutor en Psicopedagoxía pola Universidade da Coruña. Exerceu de Técnico de Educación e Cultura do Municipio de Malpica de Bergantiños (1991-2000) e actualmente é profesor na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña. Participa en diversos equipos universitarios, sendo as súas liñas principais de investigación: cidade e cultura, acción educativa e cultural local, animación e xestión sociocultural.

hector.pose@iffe.es

www.iffe.es

11


Máster en Innovación Cultural e Xestión de Industrias Creativas

8. PREZO, BOLSAS E CONDICIÓNS DE FINANCIAMENTO O importe da matrícula do Máster na súa edición 2013 é de 6.700 € (IVE incluído). Unha vez formalizada a inscrición no programa, aboarase o 10% do importe da matrícula. O importe restante aboarase en tres pagos durante a vixencia do programa: febreiro (o 50% do importe restante), maio (o 30% do importe restante) e setembro (o 20% do importe restante). Existe tamén unha liña de financiamento pactada cunha entidade bancaria para facilitar o pago do Máster. Consulte as condicións.

9. PROCESO DE ADMISIÓN

www.iffe.es

12


Máster en Innovación Cultural e Xestión de Industrias Creativas Os interesados e interesadas na realización do Máster deberán presentar a seguinte documentación inicial: 

O Formulario de Solicitude de Admisión cumprimentado e asinado.

O Curriculum Vitae.

Expediente académico completo.

Fotocopia do DNI / Pasaporte.

Carta de presentación do candidato ou candidata.

Dúas fotografías en cor, tamaño carné, con nome e apelidos ao dorso.

Poderase presentar adicionalmente: 

Carta de recomendación (Organismo, Universidade ou Empresa).

Certificados acreditativos do coñecemento de idiomas.

Esta documentación poderá ser remitida: 

Por e-mail, ao correo electrónico info@iffe.es

Por correo postal, ao seguinte enderezo: Instituto de Formación Financiera y Empresarial Sede Central de IFFE, N- VI, Km 586 15176 San Pedro de Nós, Oleiros. A Coruña.

Persoalmente, na sede académica de IFFE (Sede Central de IFFE, N-VI, Km 586. 15176 San Pedro de Nós, Oleiros. A Coruña)

www.iffe.es

13


Máster en Innovación Cultural e Xestión de Industrias Creativas

10. PRAZOS DE ENTREGA DE SOLICITUDES O calendario de entrega de solicitudes péchase cando se acada o límite de prazas ou ben antes do inicio do Máster. O candidato ou candidata será convocado/a para iniciar o proceso de admisión nos 5 días seguintes ao de entrega do seu expediente de solicitude completo, ate completar o límite de prazas.

11. PROCESO DE SELECCIÓN O proceso de selección consiste, nunha primeira fase, na análise preliminar das candidaturas recibidas. En caso de resultar satisfactoria, convocarase aos candidatos e candidatas á realización dunha entrevista na sede de IFFE. A terceira fase concluirá coa selección dos mellores perfís para a realización do Máster. Finalmente IFFE comunicará o estado do proceso a todos e todas as participantes da selección.

12. FORMALIZACIÓN DA INSCRICIÓN Os candidatos e candidatas que teñan superado as probas de selección, e unha vez se lles comunique a admisión no Máster, terán un prazo de 7 días para entregar cumprimentado o documento de matrícula e facer efectiva a reserva de praza. O Instituto de Formación Financiera y Empresarial resérvase o dereito de cancelación do programa Máster en caso de que o número de participantes sexa inferior ao mínimo establecido.

www.iffe.es

14


Máster en Innovación Cultural e Xestión de Industrias Creativas

OFERTA FORMATIVA DE IFFE Año académico 2012-2013

Piensa en ti, invierte en tu futuro

www.iffe.es

15


Máster en Innovación Cultural e Xestión de Industrias Creativas

IFFE- INSTITUTO DE FORMACIÓN FINANCIERA Y EMPRESARIAL

SEDE CENTRAL DE IFFE San Pedro de Nós, N-VI, Km 586 15176. Oleiros (A Coruña)

www.iffe.es (+34) 981 654 772 info@iffe.es

Ver vídeo corporativo:

Síguenos en:

www.iffe.es

16


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.