Modelo de requirimento
normalización_lingüística_cerceda
Requirimento
Introdución Mediante un requirimento, a Administración contacta cunha persoa ou entidade para que realice unha determinada acción ou actuación que é necesaria ou está inserida nun procedemento administrativo. Trátase, polo xeral, dun documento en que a Administración solicita que se emende algún defecto formal ou algún acto semellante, polo que a estrutura do documento debe estar formada na exposición de motivos e na base xurídica que xustifica a acción.
1
Modelo de requirimento
normalización_lingüística_cerceda
2
Modelo de requirimento
normalización_lingüística_cerceda
Estrutura Cabeceira Identificación da persoa destinataria. Ao comezo do documento debe identificarse a quen vai dirixido o requirimento, sempre e cando se tratar dunha persoa particular. Os datos que se teñen que incluír son o nome e mais os apelidos e o enderezo completo (nome da rúa, código postal, localiade e provincia). Estes datos aliñaranse á esquerda se non se empregar un sobre con ventá, en cuxo caso irán á dereita. Se, pola contra, o requirmento estiver dirixido a un cargo público, a identificación deberá aparecer na última liña do documento, en letra grosa ou maiúscula. Titulo. Os requirimentos deben incluír unha identificación sobre o asunto ou o tema que se vai tratar. Debe escribirse en maiúsculas e nun parágrafo á parte.
Corpo do texto Antecedentes ou introdución. O documento ha comezar necesariamente coa exposición dos motivos que levaron a redactar o requirimento. Neste texto, preferibelmente nun parágrafo, deberá constar a persoa, o cargo ou o órgano que o emitiu e no procedemento que se acha inserido. Tamén poden constar a referencia lexislativa que se segue para emitir o requirimento. Requirimento propiamente dito. É o nucleo do documento e nel debe enumerarse a acción ou accións que se requiren. Estas actuacións, se foren
varias,
deberán
relacionarse
en
parágrafos
independentes
numerados. Prazo. Nun parágrafo á parte, indicarase o prazo que a persoa destinataria ten para realizar a actuación. Consecuencias.
Posteriormente deberanse explicitar as consecuencias
que se deribaren de non se seguiren as indicacións do documento. Notificación. En último lugar dentro do corpo, pode incluírse unha notificación como no exemplo que asegure a recepción do documento.
3
Modelo de requirimento
normalización_lingüística_cerceda
Peche O peche dos requirimentos deberá seguir a estrutura seguinte:
•
O cargo da persoa que asina o documento
•
A rúbrica
•
O nome e os apelidos
4