NORMAS DE ORGANIZACIÓN DO CENTRO

Page 1

NORMAS DE ORGANIZACIÓN ED. INFANTIL

Para máis información do cole visitade o noso blog: http://csinfantil.blogspot.com

CEIP CALVO SOTELO EDIFICIO A O CARBALLIÑO


1. ASISTENCIA E PUNTUALIDADE

4. MERENDAS E CUMPLES.

É fundamental a asistencia regular d@ nen@ ao centro. As faltas de asistencia serán xustificadas á súa titora. Se o vai recoller unha persoa distinta á habitual tamén deberá comunicarse.

No cole hai un calendario de merendas estipulado para cada día da semana. Para beber cada nen@ traerá unha botella de auga co seu nome, dentro dunha mochila pequena ou bolsa de tea ( en ningún caso mochila con rodas.

O horario de entrada e saída deberá seguirse rigurosamente. As mestras recolllerán @s nen@s na cancela e organizarán as filas. As saídas serán no mesmo lugar salvo os días de chuvia que se recollerán no porche.

2. ARRANXO D@ NEN@ Deberán traer roupa cómoda, polo que os pantalóns aconséllase que sexan con cintura de goma para facilitarlle a súa autonomía á hora de ir ao baño. Para as sesión de Psicomotricidade ( 2 á semana) @s nen@s asistirán vestid@s con chándal e tenis. O mandilón é de cadros vermellos, con botóns e con puños de goma. Deberán ter o nome en lugar visible. Tamén é aconsellable poñer o nome nas cazadoras, chaquetas e viseras, para facilitar a súa identificación. Se contrae algunha enfermidade ou detectan piollos avisar con prontitude á súa profe.

Para a celebración dos cumples cada nen@ levará unha caixa de galletas surtidas ou un queique. Para beber un zume individual para cada un. Non se repartirán na aula nin chuches, gusanitos, patacas, nin regalos, nin tampouco invitacións para festas fóra.

3. MATERIAL

5. COLABORACIÓN FAMILIA-ESCOLA

É común e respetarase a lista facilitada pola titora. Entregarase todo nunha bolsa de plástico pechada con nome por fóra.

Avisar se @ nen@ ten algún tipo de problema físico ou psíquico ou calquera cambio na estructura familiar que lle poida afectar.

Non virán ao cole con obxectos de valor ou con xoguetes.

Mostren interese polos traballos d@ nen@ en cada trimestre.

Do mesmo xeito, se levan para a casa algo que non é seu deberán devolvelo ao cole.

A hora de titoria é os mércores de 17:15 a 18:15. Avisarase con antelación para facilitar a organización do centro. É fundamental unha boa comunicación entre familia e escola.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.