PARQUE DE BONAVAL

Page 1

PARQUE DE BONAVAL


O conxunto San Domingos de Bonaval está integrado por diversos elementos arquitectónicos e paisaxísticos: Convento de Bonaval, Centro Galego de Arte Contemporáneo, cemiterio, xardín medicinal, carballeira e diferentes ruínas das antigas dependencias do convento. Álvaro Siza e Isabel Aguirre foron os encargados de integrar estos elementos nunha área única, respetando a historia e evitando elementos convencionais como bancos e papeleiras.


Neste parque distínguense tres zonas ben diferenciadas. A primeira , a horta do convento, situada na parte baixa, ao sureste. A segunda e a parte do antigo cemiterio, situada no noroeste. A terceira que separa as anteriores por un muro de pedra, é a antiga carballeira, situada no noreste. Os sendeiros deste parque están perfectamente adaptados á orografía do terreo, con desniveis ondulacións e bancales.


A horta do convento, donde os monxes cultivaban verduras, legumbres e herbas medicinais. A auga é fundamental para os cultivos, e está presente por medio de fontes , canles e pequenos alxibes. As especies árboreas destacadas son buxos, castaños , magnolios, camelios… Pegado ao muro oeste atópase a escultura de Chillida, a Porta da Música.


A segunda e a parte do antigo cemiterio, donde os monxes cultivaban os cereais. Desde aquí pódese contemplar unha vista panorámica da cidade. As árbores desta zona son arces, bidueiros, cipreses magnolios e tilos. Na parte alta otópase a escultura de Leopoldo Nóvoa. O recinto do cemiterio é utilizado para espectáculos de son.


A terceira, que separa as anteriores por un muro de pedra, é a antiga carballeira, nela instalóuse a primeira antena de radio de Galicia, e podemos apreciar restos dunha antiga mina de auga e un lavadoiro. Nesta área, ademáis de carballos, hai arces, plátaneiros e tullas.


PORTA DA MÚSICA: Obra do escultor vasco Eduardo Chillida, é unha escultura en forma de porta entre cuxos marxes se encadran as torres da catedral compostelana. Con esta escultura Chillida rinde homenaxe: a catedral, ao Camiño de Santiago e a música que tan presente está na súa vida.


ESPACIO CROMLECH OCUPADO, obra de Leopoldo Nóvoa, pintor e escultor pontevedrés. Espazo, materia e luz son os elementos dos que se vale o artista para articular esta obra abstracta, son tres pedras de granito dentro dun cromlech (pedras rituais megalíticas) que enchen o espazo cando a luz incide sobre as pedras brancas e proxectan a sombra.


FIN


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.