ILUSTRAmos o libro dos moradores
UNHA HOMENAXE A DARÍO XOHÁN CABANA
PARA COSER
Ilustracións imaxinadas trala lectura dos contos de O libro dos Moradores, publicado por Ir Indo Edicións en xaneiro de 1990.
ISBN-10
8476800304
ISBN-13
978-8476800300
Mantemos a escrita da publicación orixinal.
PARA COSER
Grupo de traballo:
CEIP Bibei de Viana do Bolo
CEIP Condesa de Fenosa de O Barco de Valdeorras
CEIP Julio Gurriarán de O Barco de Valdeorras
IES Martaguisela de O Barco de Valdeorras
CEIP Manuel Respino de A Rúa
IES Xermán Ancochea Quevedo de A Pobra de Trives
Coa colaboración do IES Celanova CEF de Celanova
PARA COSER
CURSO 2020/21
PARA COSER
OS PEROUXINOS
Os perouxinos son un dos máis extraños moradores da nosa terra. Preséntanse
–rara vez- ós ollos humanos como
vórtices de cores irisadas, coma se fosen pequenos arcos do ceo que se converten en espirais xirando sobre si.
PARA COSER
…pode ser que unha bandada de perouxinos vaia tomar un baño de vapor e sol, e é un espectáculo único no mundo ver ducias ou centos de arco iris danzando acompasadamente.
Mesmo o sol parece rir.
PARA
COSER
PARA COSER
Parece que habitan exclusivamente nas montañas non moi altas e de curvas suaves.
OS trasnos
Os trasnos aman por natureza a luz do sol, e se hai que asimilalos con algunha potencia, esta sería a do aire, porque o seu espírito burlón e brincador cadra máis conforme co dos paxaros ca co doutros animais.
PARA COSER
Os trasnos arbóreos escollen polo regular carballos ou castiñeiros moi antigos e nunca espodados, o máis gardados que poden das miradas humanas.
PARA COSER
Os trasnos foron sempre xente aérea, pero a parte deles que vive nos territorios do xénero humano considerou prudente esconde-las súas moradas.
PARA COSER
A serpenta
Debaixo da muralla de Lugo hai unha cobra de tres mil pasos de longo, que morde a súa propia cauda. Algúns, partindo dela, imaxinaron uroborus, a serpenta mítica que arrodea o mundo.
PARA
COSER
Cando se ergueu a muralla de Lugo, púxose clandestinament e debaixo, pois había unha conspiración para derruíla.
Pero como nunca recibiu a palabra de orde, ficou dormente alí, e aínda dorme.
PARA COSER
A tartaruga
Unha tartaruga, cando era rapaza, decidiu dar a volta ao mundo. Cando tiña que atravesar algún mar, para non cansar remando tanto, usaba o casco coma se fose un navío e erguía as perniñas facéndolles face-lo oficio de velas.
PARA COSER
Cando chegou de volta ao seu fogar, que o tiña na Illa de Cortegada, era xa bastante vella, pero gañou moito prestixio entre os conxéneres seus, que tomaban dela consello e escoitaban relatos.
PARA COSER
COSER O viaxar ilustra moito
PARA
CURSO 2021/22
PARA COSER
QUIRÓN DE NAVIA
Quirón de Navia era un podente labrador e gran cabaleiro que enchía a entrada dunha feira posto enriba da súa besta, nunha man as rendas e na outra, apoiada con gracia na cadeira, fina vara de carballo con moita zocha pendurada do pulso por correa ben trenzada.
PARA COSER
Sendo xa de cincuenta anos de idade, un desgraciado accidente non deixou outra saída que cortarlle as pernas. Despois dunha longa operación levada a cabo sen máis anestesia que tres botellas do país, Quirón de Navia quedou cosido ó lombo dun cabalo capado de oito anos que se chamaba Merlo.
PARA COSER
A convalecencia foi curta. Mes e medio despois do accidente, Quirón de Navia fixo a súa entrada triunfal na mitoloxía e na feira de Becerreá.
PARA COSER
Arturo De caraño
Esta historia trata dun gran arqueiro que, despois de perder tódalas súas frechas, bate co cervo e non se lle ocorre máis que dispararlle unha ben pouco mortífera frecha que improvisa cortando e afiando co seu coitelo unha vara de salgueiro. Ben sabido é, por cantiga popular, que “salgueiro prende de póla”. Fala despois o manuscrito do reencontro, na seguinte primavera, de cazador e cervo, e
PARA
COSER
este loce na cruz un salgueiro florido, que é unha das máis gloriosas aparicións vexetais que poden ve-los nosos ollos.
PARA COSER
AS FADAS
Hai uns seres especialmente máxicos nos que predomina o sexo feminino, e que se chaman fadas. Son de varias formas e tamaños, sempre fermosísimas.
PARA COSER
O seu aspecto máis común é o dunhas doncela cristalina de puro traslúcida, con fermosos cabelos verdes e unhas ás irisadas que cando está en repouso lle sirven de vestido.
PARA COSER
OS MUSMUSUSMUS
Viven nas trabes e detrás delas, e dedícanse moito ó pracer de contarlles ós nenos historias subversivas.
Fan moita amizade cos nenos humanos, pero córtana radicalmente cando estes chegan aos trece anos, de tal maneira que a memoria desa amizade vase esvaecendo despois, e a partir dos catorce
raro o rapaz que os recorda, non sendo coma un soño.
PARA COSER
é
Como na súa natureza impera a curiosidade, decidiron deixar un acceso ó mundo de nós a través dos cumiais das moradas.
Desgraciadamente, non previron o cemento como material de construcción, e nos teitos sobre placa non teñen paso.
PARA COSER
OS XIGANTES
Entre nós, a máis fermosa persoa desta raza foi Dona Alba, que era grandísima e moi fermosa.
Pola Terra Chá viña moitas veces, sempre coa cesta da merenda na man, e comía mentres conversaba recostada canda os seus admiradores.
PARA COSER
Agora hai moito que Dona Alba non vén. Os coios que deixou foron mudando e igualando o seu aspecto, e hoxe chamámoslle Penas de Rodas. Ó redor deles faise unha famosa romaría.
PARA COSER
KALAIKÍA
No cume do monte Pindo hai unha cidade que se chama Kalaikía e que habitan os deuses. Téñena oculta por artes máxicas, como é costume neses casos, e só nos días de néboa, cando cren que ninguén ousará subi-lo monte, se atreven a mostrarse ó sol que no cume raiola case sempre.
PARA COSER
A pesar do seu aborrecemento dos humanos, no trinteseis deron asilo político e axuda solidaria ós fuxidos do fascismo que se acolleron a aqueles rosados penedos.
No máis alto da cidade hai un harpa eólica que pasa por se-la máis grande e sonorosa do mundo.
PARA COSER
PARA COSER Impreso en Celanova Encadernado polo grupo de traballo Marzo-Maio 2023