1
TRĂ“TSKI e o seu tempo (1879-1940)
Antonio Liz
2
A XosĂŠ e Elisa, meus pais, campesinhos e trabalhadores, a fonte. Ao meu filho TĂłdor, ĂĄ mocidade trabalhadora, o futuro
3
O carรกcter e as ideas son lendas douradas
4
INDICE Introdución............................................, 6 I. O AMANHECER 1. Os anos de formación........................................, 8 2. Na primeira revolución:1905..........................., 11 3. Diagnosticando o futuro..................................., 13 4. Rúsia en revolución:1917................................., 17 5. Brest-Litovsk....................................................., 24 6. Guerra civil........................................................, 26 7. A III Internacional............................................, 29 8. O Comunismo de guerra.................................., 30 9. Do X Congreso a Kronstadt ............................, 32 10. Rapalho…………............................................, 36 11. Arte e revolución............................................., 38
II. A REVOLUCIÓN TRAIZOADA 12. A nacente burocrácia.........................................,41 13. Lénin, a derradeira batalha.............................,45 14. Alemanha, a revolución fracasada..................,48 15. A troika, umha dirección fraccional...............,49 16. A morte de Lénin……………………………..,52 17. Indivíduo e História………………………….,54 18. Un caminho diferente…………………… …..,55 19. Socialismo nun só país.......................................,63 20. A oposición de esquerda....................................,64 21. Stálin, sepultureiro da revolución...................,67 22. A revolución china.............................................,68
5
III. LOITANDO PARA O PORVIR 23.O programa da Oposición....................................,72 24. A eliminación da esquerda..................................,75 25. No desterro: Almá-Atá .......................................,77 26. Prinkipo, comeza o exílio....................................,83 27. Viaxe de ida e volta..............................................,88 28. Contra o nazismo.................................................,91 29. Na Franza.............................................................,98 30. O asasinato de Kírov..........................................,102 31. Noruega...............................................................,104 32. A revolución espanhola......................................,106 33. Trótski, Nin e o POUM......................................,113 34. O primeiro proceso de Moscovo............... .......,116
IV. O FINAL DO CAMINHO 35. México...................................................................,120 36. Máis horror stalinista..........................................,123 37. A IV Internacional...............................................,126 38. Tambores de guerra.............................................,127 39. O Pacto názi-soviético..........................................,131 40. Comeza a guerra...................................................,133 41. A natureza do Estado soviético...........................,135 42. O método marxista................................................,139 43. Umha biografia inconclusa...................................,143 44. Testamento político...............................................,144 45. O asasinato de Trótski...........................................,145 Apéndices: I)
II) III)
Congresos do Partido Bolchevique.............,148 Congresos da Internacional Comunista.....,158 Cronoloxia (1879-1940).................................,161
Bibliografia..................................................................,169 Duas páxinas web........................................................,175 Películas e documentais..............................................,175
6
Introdución: Por que hoxe umha biografia sobre Trótski? O historiador non escolhe casualmente o seu obxeto de estudo. Entón, é posíbel que o historiador sexa obxetivo? Sí, se o que pretende é achegar-se á causalidade dos fenomenos sociais. Sí, se o historiador tenta descubrir, comprender e non xustificar. O seu grao de obxetividade dependerá do seu nível de aproximación á realidade histórica. Por que temos escolhido a Trótski como obxeto de estudo, de reflexión? Por duas razóns completamente interrelacionadas. Umha, porque o seu quefacer intelectual e político da-nos a posibilidade de expor o cerne da vida dun home cuxo obxeto existencial foi emancipar á humanidade através da loita política da clase trabalhadora. Outra, porque lhe tocou viver un tempo histórico onde se deron as primeiras revolucións e contrarrevolucións do século xx polo que a sua vida transcurre nun periodo que é sumamente rico en ensinazas políticas. Facemos “política” ao escolher como obxeto de estudo a Trótski? Por suposto. O historiador pode ser obxetivo pero nunca é imparcial, algo absolutamente imposíbel numha sociedade clasista. Non podemos ser imparciais senón que queremos presentar o epicentro da vida dun home que obrou, conxuntamente con moitos outros, para a maioria da espécie humana, que reflexionou e militou co único obxetivo de conquistar un mundo harmonioso no social e no internacional. Como este mundo inda non está sustentado sobre esas bases, umha reflexión sobre a sua vida e a sua obra non é un mero exercício académico senón un exercício social.
A biografia Esta biografia comezou cando nos puxemos a elaborar un artigo sobre Trótski no seu sesenta cabodano. O feixe de artigos que viron a continuación constituen o borrador desta biografia. Biografia feita a modo porque é produto de moitos anos de leitura e releitura das principais obras conhecidas do biografiado e da reflexión sobre o caminhar da História e porque tamén a sua elaboración fixo-se de vagar, nun tecer acougado no narrativo inda que apaixoado no intelectual.
7
Bibliografia Na bibliografia están citadas tanto as obras máis importantes de Trótski, teimosamente trabalhadas por nós, como sobre el. Tamén hai textos xerais tanto de carácter teórico como histórico. Dicer aqui que a nós a maioria das obras recolhidas na bibliografia parecen-nos aproveitábeis, algumhas sublimes e máis dumha deleznábel. Mais todo isto compete-lhe descubri-lo ao próprio leitor xa que o obxeto deste libro non é facer umha análise de ditas obras inda que é óbvio que cando o noso discurso histórico diverxe do dos autores anotados na bibliografia é porque non estamos dacordo coa sua linha interpretativa. Adverténcia Esta obra non recibiu apoio económico de nengumha institución, asociación ou grupo político. Xa que logo, é o produto dun quefacer intelectual absolutamente independente. Agora ben, anotar que ninguén pode estar no limbo dos xustos, por enriba das clases sociais; quen pretenda tal ou é un parvo ou un demagogo. Non se pode ser imparcial pero sí libre se entendemos que o compromiso intelectual e político conscientemente adquirido é a eséncia da liberdade.
11, Setembro, 2004
8
I. O AMANHECER 1. Os anos de formación Lev Davídovich Bronstein nacia, segundo o calendário Xuliano imperante na Rúsia Zarista que, ironias da História, será derogado no 1918 pola revolución da que o próprio Trótski será un dos seus líderes, o 26 de Outubro do ano 1879 numha aldea do sul de Ucránia, Ianovka, na província de Jerson, no seo dumha família xudea de pequenos agricultores. Cando o rapaz veu ao mundo o Império Ruso estaba rexido polo zar Alexander II, que governaba desde o ano 1855 e que morreu nun atentado con bomba o 1 de Marzo do 1881 en San Petersburgo. Sucedeu-no Alexander III (1881-1894), que vai fenecer na cama por culpa dumha enfermidade renal aos corenta e nove anos. Seu filho, Nicolai II, o que ia ser o derradeiro monarca da Dinastia dos Románov, accedeu á xefatura da autocrácia no 1894, tempo no que o noso biografiado xa era un adolescente que remataba os seus estudos no instituto e que estaba a piques de iniciar-se na política revolucionária. Nicolai II, zar no periodo 1894-1917, estaba completamente imbuido da idea de que tinha que seguer sendo un autócrata porque sentia-se un monarca absoluto eleito pola graza de Deus. Asi, estimaba que non tinha que ceder nengun poder xa non a umha Duma (Parlamento), o quel consideraba sinxelamente un ultraxe para a sua réxia persoa, senón nen siquer a un governo operativo que mesmo dependendo del tivera autonomia dabondo para dirixir aquel imenso e plurinacional império. Nicolai II nada queria saber da realidade, mesmo nen se decataba que a industrialización que vinha posibilitando o próprio Estado zarista estaba dinamizando ao campesinhado e parindo un proletariado concentrado. Pero a realidade caminhaba apesares da absoluta incomprensión do zar. Efeitivamente, numha sociedade de 130 milhóns de persoas, maioritariamente campesinha, estaban-se dando umhas concentracións industrias e obreiras desconhecidas mesmo nos países capitalistas desenvolvidos. Uns poucos dados ilustran isto, no 1890 o 46 por 100 dos obreiros fabris trabalhaban en fábricas de ao menos mil obreiros; no mesmo ano, na Ucránia sete grandes fábricas empregaban os dous terzos de todos os obreiros metalúrxicos da Rúsia zarista e, na mesma data, as minas de carbón do Donetz xuntaban os 3/5 dos trabalhadores do carbón e xeraban o 70% da produción carbonífera. Non era difícil colexer que esta dinámica sócio-económica traeria implicacións políticas. Retrocedamos un instante á aldea de Ianovka, ali pasará o futuro Trótski parte da sua infáncia.Vivirá-a ao ritmo do campo, marcado polas catro estacións. Será un tempo sen luxos pero sen apreturas. Aos nove anos xa vai estudar a Odesa, cidade na que residirá cuns parentes que estaban 9
comezando a montar umha editorial, o que lhe posibilitará correxer probas de imprenta convertindo-se no pasatempo favorito do rapaz. Estudará no Instituto San Pablo, destacando como bon aluno en matérias tan diversas como matemáticas e língua e literatura rusas, entre outras. Aprende os rudimentos do alemán e do francés e tamén os da rebeldia xa que por participar numha protesta escolar tararexando coa boca pecha van-no expulsar temporalmente do coléxio. Rematados os cursos no instituto marcha, no 1896, a Nikoláiev. Ali o contacto pre-militante coa realidade política e social porá-o na primeira encrucilhada da sua vida: universidade ou revolución? Un feito virá a axudá-lo na sua decisión: en Febreiro do 1897 umha estudanta presa na fortaleza petersburguesa de San Pedro e San Pablo prende-se lume. Baixo o impacto daquel acto comeza o seu caminho de revolucionário. Empeza a exercer de escritor e axitador político. Eran os primeiros pasos. Neste círculo conheceu a Alexandra Sokolóvskaia, revolucionária que será a sua primeira companheira e coa que terá duas filhas, Zina e Nina. Os contactos políticos van-se acrecentando. As relacións con trabalhadores e estudantes dan nacemento á “Unión de Obreiros do Sul de Rúsia”, na que Lev Davídovich, que ten 18 anos, vai cumplir un papel político importante. Os membros da “Unión” chegan a 200. Editan un modesto periódico intitulado “Nashe Delo” (A Nosa Causa ). Polo seu proceder axitativo é detido pola policia a comezos do 1898. Levado ao cárcere de Nikoláiev e logo á prisión de Jerson. Dali foi enviado ao centro penitenciario de Odesa, onde se enterará do Congreso Fundacional do Partido Obreiro Socialdemócrata de Rúsia (POSDR), que se celebrara do 13 ao 15 de Marzo do 1898 en Minsk. No cárcere acometerá un senfin de leituras. Afinais do 1899 Lev e os seus camaradas son condeados ao desterro siberiano. De caminho a Sibéria pasan por Moscovo. Conhece ali a revolucionários experimentados e ouve falar de Lénin por primeira vez e le “O desenvolvimento do capitalismo en Rúsia”. Escrebe ensaios e panfletos. Na mesma prisión de Moscovo casa-se coa sua companheira Sokolóvskaia. Marchan xuntos ao desterro, xa que as parelhas casadas tinhan ese direito. Chegan á aldea siberiana de Ust-Kut. Ali comezará a ler “O Capital”. Lev e Alexandra tenhen umha nena, Zina. Instalan-se en Verjolensk, no leste de Sibéria. Aqui a actividade política é frenética: estudos, debates, artigos.Vai-se consolidando a sua formación marxista. Xa se auto-identifica como “socialdemócrata”, que é como se denominaban de aquela os comunistas. Converte-se nun dos líderes da Unión Socialdemócrata Siberiana. Escrebe infinidade de textos e asina-os co sobrenome “A Pluma” (Piró, como se di en ruso), pseudónimo que se fará moi conhecido entre os revolucionários rusos.
10
No verao do 1902 o correo clandestino trouxo-lhe o “Que facer?” de Lénin e umha série de números de “Iskra” (A Chispa) que Lénin, Mártov, Plejánov e outros socialdemócratas fundaran e cuxo primeiro número saira á luz o 24 de Decembro do 1900. Lev decide fuxir de Sibéria. Asi o acorda cos sua companheira que quedará ao cargo das duas filhas, xa que nacera outra nena, Nina. No verao de 1902 dá-se á fuga, primeiro en carro e despois en tren. Chega a Irkutsk. Ali uns camaradas proporcionan-lhe un pasaporte falso ao que habia que por-lhe un nome axinha. Lev escolhe o nome dun seu carceleiro: “Trótski”. Con este nome pasará á História. En Outubro do mesmo 1902 chega a Londres e vai directamente ao apartamento onde vivian Lénin e Krúpskaia, que se trasladaran á capital inglesa para poder imprimir Iskra. Cando Krúpskaia abre a porta Trótski presenta-se co seu seudónimo siberiano: “A Pluma”. Lénin e Trótski conhecen-se persoalmente. Falan. Caminhan. A História acaba de xuntar por vez primeira aos futuros líderes da vindeira Revolución de Outubro. O mesmo dia da sua chegada instalará-se numha casa contígua á de Lenin, que compartirá con Mártov e Vera Zasúlich, que xunto con Lénin, Plejánov e Áxelrod compunhan a redacción de Iskra. Precisamente, ao pouco da sua chegada, Lénin proporá a Trótski como novo redactor de Iskra. Plejánov oporá-se. Porén, Trótski converte-se en colaborador do periódico e en conferenciante político entre a colónia de emigrados rusos. Así viaxa a Suiza, Bélxica, Franza. Numha viaxe a Paris conhecerá a Nataxa Sedova quen será a sua derradeira companheira, coa que terá dous filhos, Lev e Sergei. En Xulho do 1903, celebra-se o IIº Congreso do POSDR. Aqui vai-se producir a famosa división entre “bolcheviques” (maioria) e “mencheviques” (minoria). División que terá causa no diferente papel que os líderes socialdemócratas lhe otorgan ao POSDR. Cisma primeirizo que virá precedido polo clima xerado por umha proposta de Lénin para axilizar a redacción de Iskra, proposta que supunha a retirada de Vera Zasúlich e Áxerold da redacción que se nada aportaban á elaboración do periódico sí eran duas velhas glórias e como tais respetadas e queridas. Neste ambiente, Trótski votará en contra das teses de Lénin. Este IIº Congreso supuxo a morte política de Iskra e o comezo da batalha política de Lénin por criar o Partido da clase trabalhadora. Trótski non compartirá até moito tempo despois a teimosia organizativa de Lénin, o que os levará a enfrentamentos políticos nada corteses. Mais, como Trótski non compartirá o timoratismo político dos mencheviques quedará, no terreo organizativo, alonxado de ambas as duas fraccións do movimento obreiro socialdemócrata ruso. Explica-o o próprio Trótski: “No ano 1904 (...) rompin coa minoria do segundo congreso (os mencheviques), e durante os seguintes trece anos non pertecin a nengumha fracción” (V.115, p.155). Até a revolución do 11
dezasete a nivel organizativo foi un “conciliador” , tentou casar a bolcheviques e mencheviques, o que lhe valeu a dura crítica de Lénin. Trótski reconhecerá que na construción do Partido Lénin tinha toda a razón. A revolución do 1917 solucionará esta diverxéncia. Desde entón, para Trótski a primeira exixéncia para enfrentar as tarefas políticas ten “tres condicións: o partido, o partido e umha vez máis o partido” (V.95, p.48). 2. Na Primeira revolución: 1905 A comezos do 1904 vai estralar a guerra ruso-xaponesa. Os imperialistas rusos e xaponeses competian por Manchuria e Corea. Cando tropas e colonos rusos cruzaron, no 1903, o rio Yalu, que fai fronteira hoxe entre Corea do Norte a a República Popular China, o governo xaponés rompeu as relacións diplomáticas e artelhou un ataque contra a base naval de Port Arthur, na península de Liaodong. Port Arthur era umha das duas bases navais que tinha a Rúsia zarista no Océano Pacífico, a outra estaba en Vladivostok. O ataque produciu-se, sen prévia declaración de guerra, o 8 de Xaneiro do 1904; con el o exército xaponés feriu á frota rusa e puxo-lhe cerco á base naval que capitulou o 2 de Xaneiro do 1905. Era o comezo do fin en Ásia fronte ao emerxente imperialismo xaponés. As derrotas sucederon-se umha tras outra no rio Yalu (Abril, 1904), Mukden (Marzo, 1905) para rematar no desastre naval da Batalha de Tsushima (27, Maio,1905), que levaria á Rúsia zarista á mesa de negociacións e a reconhecer no Tratado de Portsmouth, asinado nos EEUU o 23 de Agosto do 1905, os intereses xaponeses no Extremo Oriente. Mais non foi a derrota perante o competidor xaponés o único efeito xa que a perda desta guerra terá consecuéncias internas, tantas que, en palabras de Trótski, “a revolución de 1905 xurdiu directamente da guerra ruso-xaponesa” (V.103, p.11). Efeitivamente, umha semana despois da caida de Port Arthur daba-se o “Domingo Sanguinhento” O 9 de Xaneiro do 1905 umha moitedume popular manifesta-se fronte ao Pazo de Inverno de San Petersburgo. Á sua cabeza ia o pope Georgei Gapón, quen posibelmente foi o redactor da petición que as miles de filhas e filhos do povo trabalhador lhe facian ao “pai zar” para que os eximi-se da burda explotación e das miserentas condicións materiais de existéncia. Mais Nicolai II non só non recibiu á delegación portadora das reivindicacións populares senón que fixo que a cabalaria cosaca e a infantaria zarista masacrasen aos trabalhadores. Centos de mortos tivo o povo. Esta masacre encendeu a mecha da Primeira Revolución Rusa. Motivado polos acontecimentos, Trótski chegaba a Kiev en Febreiro. Puxo-se en contacto coa ponla clandestina bolchevique da socialdemocrácia rusa. Coa sua axuda traslada-se a San Petersburgo onde 12
chega entre o 14 e o 15 de Outubro. Ipso-facto inserta-se na actividade clandestina, pero no verao ao ser detectado por un axente zarista muda-se a Finlándia, onde comeza a esbozar os rudimentos teóricos da “revolución permanente” En Setembro volta a San Petersburgo. Notória tivo que ser a sua actividade política porque o 17 de Outubro, cando o Sóviet de San Petersburgo elixe o seu Comité Executivo, Trótski, un revolucionário sen organización concreta, está entre os eleitos. Elixe-se como Presidente do Sóviet a Jrustalev Nosar, mais será Trótski o verdadeiro líder político do Sóviet. El dirixirá “Izvéstia” (Notícias), o voceiro do Sóviet, así como redactará a maior parte dos seus manifestos, ademáis de ser o seu principal orador. Axitación social, motins no exército e na marina – o celebérrimo Potemkim, por exemplo- culminan no mes de Outubro numha Folga Xeral que se extende por toda a Rúsia Zarista. O zar Nicolai II, presionado, publica o Manifesto do 17 de Outubro que, redactado polo conde Vitte, prometia umha constitución, liberdades democráticas e o sufráxio universal para elixir a Duma (Parlamento) . Ese mesmo dia aparecia o primeiro número de Izvéstia. En San Petersburgo a moitedume sae á rua esixindo: amnistia, amnistía!!. Marcha cara á Universidade en cuxo pátio se concentra. Trótski, desde un balcón da dita institución, dirixe-se a aquela impresionante concentración popular e advirte-lhe: “ Cidadáns!, agora que puxemos un pé en riba do peito dos bandidos que nos governan prometese-nos a liberdade (...) Bon trunfo! Pero non vos apresuredes a cantar vitória: non é completa” (V.103, p.113). O 19 de Outubro o Sóviet chama á conclusión da Greve Xeral e á convocatória dumha manifestación onde honrar aos heróis caidos na loita. Mais cando se soubo que se preparaba umha matanza contra os obreiros e un pogrom contra os xudeos suspende-se xa que a clase obreira non estaba armada. O Sóviet centrou esforzos en pedir liberdade de prensa e xornada de oito horas. O Sóviet tamén organiza umha receición a “delegados da Polónia oprimida” e proclama o direito de Polónia á autodeterminación. A comenzos de Novembro, entre o oito e o dez, cando Lénin chega a San Petersburgo, Lunarschárski di-lhe: “o home forte do Sóviet é Trótski”, ao que Lénin resposta: “Trótski ganhou-no co seu excelente e infatigábel trabalho” (V.22, p.135). Incansábel quefacer que levaba a Trótski a codirixir tres periódicos: Izvéstia, Rúskaia Gazeta (Gaceta Rusa) e Nachalo (O Comezo). Neste último escrebian Vítor Adler, Babel, Kautski, Rosa Luxemburgo, Franz Mherig, Clara Zetkin..., en fin, as plumas consagradas por entón da socialdemocrácia europea, o que indica o prestíxio de Trótski tamén fóra das fronteiras da Rúsia zarista. O governo ruso, consciente da sua forza, bota-lhe un pulso ao Sóviet arrestando, o 22 de Novembro, a vários dos seus dirixentes. O Sóviet 13
decide preparar-se para a insurreizón. Mais a clase obreira ainda non estaba organizada dabondo para este paso transcendente e o governo zarista procede á detención, o tres de Decembro, do Comité Executivo do Sóviet con Trótski á cabeza, que xa era o seu presidente. A contestación da clase trabalhadora non se fai esperar. Folgas en San Petersburgo, e Folga Xeral en Moscovo, onde se vai a loitar nas barricadas durante dez dias, e enésimas mobilizazóns no conxunto do território da Rúsia zarista. Trótski no cárcere puxo-se a organizar a defensa do proceder político do Comité Executivo do Sóviet de San Petersburgo. Rexeita umha misiva do menchevique Mártov que chamaba á moderación. Trótski entende que se debe converter o xuízo numha tribuna política contra o réximen zarista e convence aos seus companheiros para que sigan este proceder. O 19 de Setembro do 1906 Trótski sentou-se na bancada dos acusados. O tribunal civil recibiu infinidade de comunicacións asinadas por milheiros de trabalhadores que protestaban contra o proceso. O 4 de Outubro Trótski toma a palabra para defender o direito da clase obreira a artelhar a insurreizón, é dicer, a organizar a conquista armada do poder. O 2 de Novembro pronuncia-se o veredito do Tribunal: Trótski e os seus 14 companheiros foron deportados por vida a Sibéria, para onde partiron o 5 de Xaneiro do 1907. O seu papel na dirección e na defensa da Revolución de 1905 fará de Trótski un auténtico líder revolucionário. Con esta aureola, ganhada na realidade histórica, parte para Sibéria na companha dos seus correlixionários. Non estará en Sibéria moito tempo. Ao comenzar a viaxe xa ten en mente a evasión. Esta producirá-se axinha. Chegou a Berezov o 12 de Febreiro e o dia 18 xa comezaba a fuga nun trineo tirado por renos que o leva até Bogoslovsk e desde ali por tren até chegar a San Petersburgo. Desde aqui pasa a Finlándia onde se atopou con Lénin e Mártov que o felicitaron polo seu comportamento durante o proceso. Afinais de Abril atopaba-se en Londres para asistir ao V Congreso do POSDR. 3. Diagnosticando o futuro Os máis de 300 delegados que asisten a este Congreso, que se celebrou entre Abril e Maio do 1907, foran designados por 77.000 militantes. Ali estaban, Lénin, Rosa Luxemburgo, Mártov... e Stálin , quen non participa nos debates e daquelas responde ao seudónimo de Koba. Era a primeira vez que Stálin e Trótski coincidian fisicamente, inda que para Trotski a primeira lembranza de Stálin será anos despois en Viena, cando o xeorxiano esté elaborando, baixo a estrita dirección de Lénin, o ensaio “O marxismo e a cuestión nacional”. Diante do Congreso, Trótski expuxo por vez primeira un esbozo da “teoria da revolución permanente” cuxos 14
rudimentos elaborara en Finlándia e no cárcere e desenvolverá en Viena. O Congreso volta a sacar á luz as diferenzas que Lénin tinha cos outros líderes revolucionários na conceizón do Partido. Trótski abogaba pola unificación entre a fracción bolchevique e a menchevique. Rematado o Congreso, Trótski foi a viver a Viena onde residiu até o comezo da Iª Guerra Mundial. Neste espazo de tempo, 1907-1914, editou “Pravda” (A Verdade), conheceu e frecuentou aos líderes da socialdemocrácia alemana (Kautski, Babel...), aos austro-marxistas (Otto Bauer, Vítor Adler...) e a ponla revolucionária da socialdemocrácia (Rosa Luxemburgo, Karl Liebknecht, Franz Mherig...). Neste periodo vienés escrebe, entre 1908 e 1909, umha das suas obras clásicas “1905, resultados e perspectivas”. Nesta obra reflexiona sobre a primeira revolución rusa, na que el tan decididamente participara, e formula máis de vagar a “teoria da revolución permante” onde afirma que no próximo periodo revolucionário a revolución comezará sendo democráticoburguesa pero debido á incapacidade política da burguesia rusa para dirixi-la o proletariado tomará a dirección porque a dinámica do proceso revolucionário levará-o a sobardar o marco político burgués para enfrentar-se a tarefas socialistas xa que terá que facer-se cargo do proceso produtivo. Neste quefacer o proletariado deberá contar coa alianza das masas campesinhas. Alianza que o proletariado debe dirixir políticamente polo que non se debe dar umha “ditadura revolucionária- democrática do proletariado e do campesinhado” como decia Lénin daquelas, senón que deberá ser umha “ditadura socialista” no que o proletariado sexa o director da alianza obreira-campesinha. A segunda parte da “teoria da revolución permanente” fai mención á necesidade da revolución mundial para que o socialismo trunfe. Xa no desterro, en Almá-Atá, Trótski repasará a argumentación da “teoria da revolución permanente”. A este repaso porá-lhe umha introdución en Prinkipo, datada o 30 de Novembro do 1929. Nela di: “A revolución permanente (...) quere dicer umha revolución que non se avén a nengumha das formas de predomínio de clase, que non se detén na etapa democrática e pasa ás reivindicacións de carácter socialista (...), umha revolución na que cada etapa se basea na anterior e que non pode terminar máis que coa liquidación completa da sociedade de clases (...). Separemos as tres séries de ideas aglutinadas na dita teoria. En primeiro lugar, esta contén o problema do tránsito da revolución democrática á socialista (...). O segundo aspecto da teoria caracteriza xa á revolución socialista como tal. Ao longo dun periodo de duración indefinida e de loita interna constante, van transformando-se todas as relacións sociais. A sociedade sufre un proceso de metamorfose. E neste proceso de transformación cada nova etapa é consecuéncia directa da anterior (...). O carácter
15
internacional da revolución socialista constitue o terceiro aspecto da teoria da revolución permanente (...). O internacionalismo non é un princípio abstracto, senón unicamente un reflexo teórico e político do carácter mundial da economia, do desenvolvimento mundial das forzas produtivas e do alcance mundial da loita de clases. A revolución socialista comeza dentro das fronteiras nacionais pero non pode conter-se nelas. A contención da revolución proletária dentro dun território nacional non pode ser máis que un réxime transitório, inda que sexa prolongado” (V.107, pp.51-55). O conceito “Revolución Permanente” (V.62, pp.104 e 111) utilizaron-no por vez primeira Marx e Engels no ano 1850 na “Mensaxe do Comité Central á Liga dos Comunistas”. Ali afirma-se que a clase obreira debe ter umha posición política absolutamente independente dos demócratas pequeno-burgueses para organizar o seu próprio partido e, engadirá Trótski, a sua própria revolución. O ano 1914 traerá o comezo da primeira matanza en masa da História, a Iª Guerra Mundial (1914-1918). Suporá tamén a bancarrota política da Segunda Internacional xa que a sua sección máis poderosa, o Partido Socialdemócrata Alemán (SPD), votou a favor do presuposto de guerra no Reichstag o 4 de Agosto do 1914. Todos os deputados socialdemócratas votaron a favor no Parlamento por umha mal entendida discliplina de partido, cando na votación no seo da própria fracción parlamentária dos 110 deputados 14 votaran en contra. Rosa Luxemburgo explicaria despois que o programa está por enriba dun acordo coxuntural. Se este vulnera o programa o acordo non hai que acatá-lo. Foi con esta filosofia coa que en Decembro do 1914, cando o governo alemán voltou a solicitar novos cretos para a guerra, Karl Liebknecht e Otto Rühle votarán en contra. Porén, a votación de Agosto foi un proceder tan inesperado que Lénin, inda despois de ler a notícia na prensa socialdemócrata, pensaba que era mentira, que aquel número do “Vorwärts” era umha falsificación do Estado Maior Alemán. Normal esta creenza, porque, como dirá Trótski, o SPD para os revolucionários da Rúsia zarista “non era un dos partidos da Internacional, senón o partido” (V.22, p.203). Para Trótski a votación do dia 4 “foi umha das decepcións máis tráxicas da minha vida” ( V.93, p.250). Ao estralar a guerra Trótski estaba en Viena, pero o dia 3 de Agosto partirá a toda presa para Zurich porque estimaba-se que os rusos residentes en Viena puderan ser detidos dun momento a outro. En Zurich atopará-se con Lénin e xuntos leerán a notícia da votación do SPD o dia 4. Trótski porá-se a redactar o folheto “A Guerra e a Internacional”, que será introducido na mesma Alemanha. Os seus introdutores foron procesados, e mesmo o próprio Trótski que será acusado do delito de lesa maxestade e 16
sentenzado a prisón. Por sorte para el estaba fora do alcance dos xuices alemáns. Desde Suiza Trótski pasará a Franza. O periódico “O pensamento de Kiev” nomeará-o corresponsal en Paris e, posteriormente, corresponsal de guerra nos Balkáns. Dada a traición da IIª Internacional, un pequeno grupo de revolucionários marxistas van-se xuntar para defender o internacionalismo e lanzar umha proclama contra a matanza imperialista. A xuntanza dá-se desde o 5 ao 8 de Setembro do 1915 en Zimmerwald, un povo da montanha suiza que está a uns dez kms. de Berna. Son só 38 delegados: Lénin, Trótski, Zinóviev, Mártov...Condenan a guerra como un produto do imperialismo capitalista pero non hai unanimidade para chamar á transformación da guerra entre nacións a umha guerra entre clases. Desde entón os dirixentes da IIª Internacional serán alcumados por Lénin e Trótski como “social-chovinistas”, como “traidores” á causa do socialismo. Trótski vivirá en Paris co-dirixindo o periódico Nashe Slovo (A Nosa Palabra), o outro co-director era Mártov. Comezou-se a publicar o 29 de Xaneiro do 1915. Tendo moi poucas folhas contará cumha nómina de escritores notábeis tais como Lunachárski, Riazánovk, Rádek, Kolontai, Sokolnikov... Será un voceiro claramente internacionalista, oposto frontalmente á mantanza imperialista. Por este teimoso quefacer as autoridades francesas suspenderán o periódico o 15 de Setembro do 1916. Trótski será expulsado da Franza e levado até a fronteira espanhola, onde o deixan. Desde Irun vai a Donóstia e desde ali a Madrid. Estaba só e completamente perdido xa que non tinha nen amigos na cidade nen sabia espanhol. Por umha carta recibida desde Paris ve-se cun socialista espanhol. Instala-se numha pensión. Localizado pola policia espanhola é detido e conducido á Cárcel Modelo. Dali a policia leva-o a Cádiz e dinlhe que o embarcarán para La Habana. Protesta. Pois a New York. O 20 de Decembro parte para Barcelona, onde se xunta coa sua mulher e os dous nenos. En Barcelona verá-se obrigado a embarcar cara New York. A policia instala-o no transatlántico Monserrat. Sae de Barcelona o 25 de Decembro e chega a New York o domingo 13 de Xaneiro do 1917. Ali atopa-se con Bujárin, entra na redacción de “Novi Mir” (Novo Mundo), escrebe artigos en ruso, da conferenzas en alemán. Enterado que estralara a revolución en Rúsia, o 25 de Marzo presenta-se no consulado ruso e recolhe a documentación para viaxar a Rúsia. O 27 de Marzo Trótski, Nataxa e os dous rapaces embarcan cara Rúsia. En Halifax (Canadá) suben ao barco autoridades inglesas. O 3 de Abril oficiais ingleses obrigan a Trótski, aos seus, e a cinco pasaxeiros máis, a que abandonen o barco. Despois de ver-se obrigado a desembarcar pola forza é trasladado a un campo de prisioneiros alemáns. Ali, en Amherts, habia
17
800 prisioneiros, uns marinheiros e outros obreiros. Da mitin tras mitin, ben acolhidos pola tropa e non tan ben pola oficialidade. O 25 de Abril é liberado do cárcere militar mercé á presión que os revolucionários fixeran en Petrogrado ( tal era o nome entón do antigo San Petersburgo). Sae dali vitoreado polos soldados polo seu proceder internacionalista. De Halifax parte para Finlándia e desde ali en tren a Petrogrado, onde chega o 4 de Maio. Recibe-o umha moitedume revolucionária. 4. Rúsia en revolución: 1917 Lénin chegara a Petrogrado o 3 de Abril. Naquel momento o Governo Provisório, saido da derradeira Duma zarista e artelhado en Febreiro, governaba grazas ao apoio que lhe otorgaba o Sóviet de Petrogrado. Este dobre poder existia porque o governo presidido polo príncipe Lvov precisaba de xeito imperioso ter o respaldo das masas petrogradenses, inda que non queria depender delas pero non podia ter outros apoios xa que os trabalhadores e soldados eran a masa revolucionária. O Governo Provisório aceitou de mala gana legalizar a xornada de oito horas, a anistia, a liberdade de prensa e outras medidas democráticas conquistadas pola masa popular. Porén, no esencial, que era por-lhe fin á guerra, seguiu exactamente o mesmo caminho que os governos zaristas. Asi, por boca de Miliukov, Ministro de Asuntos Exteriores, o governo ruso deu-lhe aos governos da Franza, Grande Bretanha e EEUU garantias de que ian continuar a guerra. Os Aliados ratificaron os tratados secretos que lhe aseguraban a Rúsia a toma de Constantinopla, o controlo dos estreitos do Bósforo e dos Dardanelos e outras ventaxas territoriais. Mais o governo “democrático” ruso non só estaba interesado en continuar a guerra para incrementar o espazo vital da sua burguesia senón porque umha desmobilizazón do exército aceleraria a revolución agraria non campo e consolidaria as conquistas democráticas da clase trabalhadora e dos soldados. Umha vitória militar era a única saida que tinha o governo ruso para conquerir que a burguesia rusa impuxera o seu domínio político, mesmo através da restauración da monarquia. Entón, por que o Soviet de Petrogrado apoiaba a este governo? Porque a imensa maioria dos soldados e obreiros seguian aos mencheviques e eseristas. Os bolcheviques eran umha infima minoria no Sóviet de Petrogrado. Mencheviques e socialistas-revolucionários (eseristas) estimaban que aquela era umha revolución burguesa e que polo tanto era a burguesia a que deberia ter o poder político mentras que os obreiros, soldados e campesinhos só tinhan que vixilar que non se anulasen as conquistas democráticas. Esta tamén era a visión de moitos “dirixentes” bolcheviques, tais como Kámenev e Stálin. Endebén, a
18
chegada de Lénin ia impedir que o PB continuase tras a estela de mencheviques e eseristas. Lénin fora recibido o dia 3 na estación Finlándia de Petrogrado por umha moitedume cuxos representantes lhe deron umha receición na sala de espera, o obsequiaron cun ramo de flores e lhe botaron un discurso de benvida. Mais Lénin, abeirando-se da receición oficial presidida por Chjeidze, o Presidente do Sóviet de Petrogrado, sauda á moitedume de obreiros e soldados: “A revolución rusa, feita por vós, (...) é o comezo dumha nova época. Viva a Revolución Socialista Mundial!!” (V.13, p.95). Era o primeiro indício da sua linha argumental, novedosa tanto para os seus camaradas como para os alheos, que imediatamente vai defender e publicar. O cerne desta reflexión de Lénin está recolhido no texto que a História conhece como as “Teses de Abril”, “o documento máis importante da Revolución” (V.116, p.20), en apreciación de Trótski. Ali ademais de calificar o conflito bélico de guerra imperialista de rapinha, de negar-lhe o máis mínimo apoio ao Governo Provisório e de esixir que todo o poder do Estado pase aos Sóviets, afirma que, “a peculariedade do momento consiste no paso da primeira etapa de revolución, que deu o Poder á burguesia por carecer o proletariado do grao necesário de conciéncia e organización, á sua segunda etapa que debe pór o Poder en maos do proletariado e das capas pobres do campesinhado” (V.51, p.36). O fio condutor vai coincidir co que vinha defendendo Trótski na sua “revolución permanente”, cuxa redacción non lera Lénin, na opinión do próprio Trótski. Pola noite dese mesmo dia Lénin falou durante duas horas numha xuntanza bolchevique celebrada no Pazo que fora da bailarina Ksechskaia. Sujánov, menchevique e historiador da Revolución Rusa, que estivo presente, conta-nos a impresión que a intervención de Lénin lhe causou a el mesmo e ao auditório: “Endexamais esquecerei ese discurso, que como un lóstrego encheu de estupor e de admiración non só a un herético coma min que se atopaba ali por casualidade, senón tamén a todos os ortodoxos presentes. Afirmo que ninguén esperaba umha cousa semelhante” (V.28, p.281). Cando o Sujánov mesmo lhe pergunta a Kámenev polo discurso de Lénin atopa-se cumha resposta evasiva, “esperemos,esperemos”, que explica ás claras a incomprensión da cúpula do Partido. O dia 4 Lénin le as suas teses no Pazo de Táuride, que era o lugar onde se celebraban as xuntazas do Sóviet de Petrogrado. Primeiro numha xuntanza ampliada de bolcheviques, e acto seguido, numha conxunta de mencheviques e bolcheviques. Aqui a resposta ao discurso de Lénin por parte dos mencheviques non se fixo esperar, orador tras orador descalificaron as teses de Lénin. Mesmo un tal Goldenberg o calificará de anarquista na sua intervención: “Lénin acaba de presentar a sua 19
candidatura a un trono que está vacante na Europa desde hai xa trinta anos: o de Bakúnin” (V.13, p.96). O periódico de Plejánov, que tamén estaba en Petrogrado, comentará que o discurso de Lénin era “un delírio”. Non é de extranhar este ataque desde as filas mencheviques cando un camarada seu como era Stálin decia que “estas teses non son máis que un esquema que carece de feitos” (V.61, p.154). Cando o dia 7 Lénin publica os seus diceres na Pravda aparece un editorial do conselho de redacción, onde estaban Kámenev e Stálin, que sublinha que as “Teses” só representaban a opinión persoal de Lénin. Kámenev, nun artigo na Pravda, estimará que “en xeral, o artigo de Lénin asemelha inaceitábel, xa que comeza coa suposición de que a revolución burguesa acabou-se e conta coa imediata transformación da revolución numha revolución socialista” (V.13, p.97). Mais Lénin vai-se apoiar nos obreiros bolcheviques, que inda faltos da teoria política correcta levan por instinto de clase a prática social perfeita. Asi, Lénin teima e o 14 de Abril, na Conferenza do Partido de Todo Petrogrado, as suas teses foron aprobadas por maioria. Dez días despois a Conferenza do Partido de Toda Rúsia volveu-nas ratificar. O Partido Bolchevique xa tinha clara a linha a seguir. Trótski segundo arriba Petrogrado vai ao Instituto Smólni, sede do Sóviet da capital da revolución. Cando el chega o Comité Executivo está en sesión. Os membros bolcheviques do organismo reitor apresuran-se a sinalar que o líder do Sóviet do 1905 deberia estar no Executivo do Sóviet actual. Os mencheviques e social-revolucionários, que conformaban a maioria, consenten en admitir a Trótski como membro adxunto inda que sen direito a voto. O 5 de Maio, lembremos que Trótski chegara o 4, os “ministros socialistas” que ian participar no Governo Provisório acuden a el para pedir-lhe que apoie a coalición. Trótski contestou-lhes que a Guerra que se estaba librando non era umha pelexa de nacións contra nacións senón umha loita das clases oprimidas contra as clases opresoras e que, polo tanto, o próximo paso debia ser o de pór todo o poder nas maos dos Sóviets. Asi, o dirixente do Sóviet do 1905 e o creador do Partido coincidian plenamente. A Revolución xa tinha seus líderes naturais. Dous dias despois, o 7, os “meiraiontsi” (umha organización interrádios á que se sumou Trótski nada máis chegar a Petrogrado, que se compunha de antigos bolcheviques, mencheviques internacionalistas e colaboradores de Trótski nas publicacións: Ioffe, Manuilski, Riazánov, Lunachárski...) e os bolcheviques fan un acto para dar-lhe a benvida a Trótski. O dia 10 xa se xuntan para considerar a integración dos meiraiontsi no Partido Bolchevique, integración que se dará en Xulho con
20
Trótski á cabeza. Lénin e Trótski non se vian desde a Conferenza de Zimmerwald. Puderon comprobar as suas afinidades teóricas, políticas. Trótski ia-se convertendo no tribuno da revolución. Falaba en enésimas asembleas. Daba infinidade de mítins. Nas fábricas, escolas, teatros, circos, ruas e prazas facian-se xuntanzas populares. A masa popular queria saber para actuar. Umha tribuna habitual de Trótski era o Circo Moderno. Ali falaba polas tardes e, ás veces, polas noites. Soldados e obreiros, moitas veces acompanhados das suas nais e dos seus filhos, ateigaban o local. Tanta era a moitedume ali congregada que en máis dumha ocasión o orador tinha que chegar á tribuna en volandas. O 3 de Xunho xuntaba-se no edifício da Académia Militar de Petrogrado, o Primeiro Congreso dos Sóviets de Toda Rúsia. Dos 822 delegados con direito a voto, 285 eran eseristas (social-revolucionários), 245 mencheviques e 105 bolcheviques. Outros 268 delegados tinhan voz pero non voto. Lénin e Trótski acudiron a esta primeira xuntanza dos Conselhos Pan-rusos. A eséncia do debate era si habia que apoiar ou non á coalición de governo coa burguesia. A favor estaban os mencheviques e eseristas. En contra os bolcheviques. O argumento básico de mencheviques e eseristas atopa-se na afirmación de Tseretéli, ministro socialista de Correos e Telégrafos, que sentenciaba que non habia nengun partido obreiro disposto a tomar o poder. Lénin contestou: “ese partido existe” (V.13, p.106). Trótski relembrou que non se pode compartir o poder coa burguesia se se quer governar. O Congreso aprobou por maioria absoluta, 443 votos, a coalición de governo coa burguesia. A Xuntanza Pan-soviética tamén tratou a cuestión nacional. Neste ponto voltou-se demostrar a formalidade política de eseristas e mencheviques xa que se ben é certo que votaron a favor do direito á autodeterminación das nacións encadradas baixo a inda non finiquitada superestrutura da Rúsia zarista, tamén é certo que este direito non se lhe otorgaba ás próprias nacións oprimidas senón a umha futura Asemblea Constituinte rusa. Mais as votacións do Congreso Pan-ruso dos Sóviets eran xa un lento reflexo do que se estaba xestando socialmente. As masas de obreiros, campesinhos e soldados estaban tomando conciéncia política a pasos axigantados pola própria mecánica do proceso revolucionário, que todo o acelera. Deste xeito, o 3 de Xulho, xusto un mes despois da apertura do Congreso citado, produxo-se umha insurreizón popular en Petrogrado. A sua causa estaba en que nada se avanzaba nas condicións de vida dos obreiros, campesinhos e soldados xa que o paro aumentaba, os prezos dos produtos de consumo básico acrecentaban-se, a reforma agrária non se concretaba e a guerra non só non se detinha senón que o Governo Provisório lanzaba umha ofensiva militar en Galitzia que ocasionou 21
grande número de mortos entre os soldados rusos. O primeiro ministro Lvov dimitiu e no seu lugar foi nomeado Kerénski. Pero a masa popular en Petrogrado xa estaba quentando motores. Nas fábricas e nos cuarteis os obreiros e soldados axitan-se. Deciden ir á insurreizón. Os bolcheviques, con Lénin á cabeza, chaman á calma xa que Petrogrado inda non conta con apoios dabondo nas províncias e no mesmo frente. En vao. Obreiros e soldados erguen-se. Os bolcheviques unen-se-lhes xa que o partido político que abandone ás masas populares nun intre insurreicional está finiquitado políticamente. Os bolcheviques tratan de canalizar as enerxias das masas. De que a derrota política que virá, porque a relación de forzas no conxunto de Rúsia inda non é favorábel á conquista do poder, agás en Petrogrado, non sexa irreparábel. Mais o elemento popular petrogradense non fai esta reflexión política e mobiliza-se baixo a consigna “todo o poder aos sóviets”. Folgas nas fábricas, axitación nos cuarteis, manifestacións nas ruas, mítins en todas partes. A masa popular apodera-se por ateigamento da burguesa Avenida Névski. Milheiros de obreiros e soldados dirixen-se ao Pazo de Táuride, sede do Comité Executivo dos Sóviet, cumha só esixéncia: “todo o poder aos sóviets”. Mencheviques e socialrevolucionários asustan-se. Kámenev e Trótski proponhen que o Comité Executivo dos Sóviets dirixa a mobilizazón popular para coroar o desexo soberano da masa. Os debates acaloran-se. Ao ver o cariz que toman os acontecimentos eseristas e mencheviques abandonan o debate, van-se da sala. Procede-se a votar a resolución que pide que o Comité Executivo dos Sóviets tome nas suas maos todo o poder do Estado: é aprobada por 276 votos a favor. O Pazo de Táuride converte-se no ponto de encontro de interminábeis colunas de obreiros e soldados. Trótski da un mítin no que afirma que inda non chegou o momento de tomar o poder porque a relación de forzas só é favorábel en Petrogrado. Non di o que quer ouvir a masa, di a verdade política. Así falan os revolucionários. Os mencheviques e eseristas, que seguen detentando a maioria de delegados no Comité Executivo, maioria que xa non representa o sentir das masas, esperan que cheguen tropas fieis ao Governo Provisório para dobregar á insurreizón en Petrogrado. Antes de que cheguen producen-se enfrentamentos armados con destacamentos pro-guvernamentais. O de máis sona é o que se da na rua Liteinaia. Duas centúrias de cosacos, que traian artilharia, son obrigados pola tralha dos fusis revolucionários a recuar. Na rua segue a mobilizazón popular. No Pazo de Táuride un diálogo de xordos entre a maioria do Comité Executivo e os representantes da masa. As tropas leais ao Governo chegan. As catro da madrugada do 5 de Xulho penetran no Pazo de Táuride. Os mencheviques e eseristas dan-lhes a benvida.
22
Ven a represión. Ataca-se públicamente a Lénin e a Trótski acusando-os de ser axentes ao servizo do Estado Maior Alemán. Lénin e Trótski contestan por escrito. Lénin, o criador do Partido, pasa á clandestinidade. Trótski, o tribuno da Revolución, permanhece na palestra política. Presenta-se no Sóviet e defende o quefacer de Lénin e dos camaradas bolcheviques. Para que quede ben claro espeta: “Lénin loitou pola revolución durante 30 anos. Eu 20. Nós odiamos ao imperialismo alemán (...). Non deixedes que ninguén diga nesta sala que somos mercenários alemáns, xa que esa é a voz da vilania” (V.22, p.259). A actitude de Trótski era un desafio público ao Governo. A noite do 23 de Xulho é detido, na companha de Lunachárski e trasladado á prisión de Krésti, cárcere na que xa o governo zarista o recluira no 1905. Isto non era dabondo para as forzas reaccionárias. Estas xa punhan a sua esperanza en que un punho militar impuxera o orde burgués. Este punho era o xeneral Kornílov. O 28 de Agosto comezaba a korniloviada. Mais os elementos revolucionários xa se recuperaran. Como bons tácticos dirixen as enerxias da masa a aniquilar na raiz o Golpe de Estado dirixido por Kornílov –golpe que supuxo umha subida imediata dos valores bursáteis, por certo-, e non a combater ao governo de Kerénski nen aos mencheviques e eseristas. Por iniciativa dos revolucionários cria-se, un dia antes da korniloviada, un Comité de Defensa que será o embrión do futuro Comité Militar Revolucionário, que ao pouco presidirá a Revolución de Outubro. O Golpe de Estado comezou o 28 de Agosto e o 31 xa estaba paralisado, tal era a simbiose entre a dirección revolucionária e as masas populares. A nova relación de poder que se estabeleceu tras o fracaso do Golpe de Estado contra-revolucionário ten umha data simbólica no 23 de Setembro, cando o Sóviet de Petrogrado elixe a Trótski como o seu Presidente. Cando sube a tribuna umha tempestuosa ovación o recibe. No seu discurso esixe a renúncia de Kerénski e que o poder do Estado pase aos Sóviets. Trótski era para as masas o tribuno bolchevique por exceléncia. Era membro do Partido Bolchevique e do seu Comité Central desde Xulho. Lénin, o motor e o espírito reitor do Partido, o “xefe da revolución” (V.100, p.123), en palabras de Trótski, entendia que a correlación de forzas xa permitia chamar á insurreizón, á toma do poder político. Lénin, refuxiado en Finlándia, escrebe umha série de cartas ao Comité Central do Partido Bolchevique apremiando-o a que prepare a insurreizón. Pero o CC bolchevique non acredita nas teses de Lénin. Daquelas Lénin comeza a batalha política para convencer ao Partido da necesidade de conquistar o poder político através da insurreizón.
23
O 9 de Outubro Lénin chega clandestinamente a Petrogrado, e o 10 asiste a umha xuntanza do CC do Partido Bolchevique que vai-se converter nun referente na História porque nela decide-se preparar a insurreizón por 10 votos (Lénin, Trótski, Sverdlov, Stálin, Uritski, Dzerzhinski, Kolhontai, Búbnov, Sokólnikov e Lomov) contra 2 (Kámenev e Zinóviev). Uns dias despois o Sóviet de Petrogrado criaba o Comité Militar Revolucionário, que estará presidido por Trótski e que realizará os preparativos militares da Insurreizón de Outubro. O CC do Partido Bolchevique decide efetuar a insurreizón armada antes da xuntanza do IIº Congreso dos Sóviets de Toda Rúsia, que estaba previsto que comezase o 25 de Outubro. O Comité Militar Revolucionário emite umha série de ordens cuxa aceitación polos soldados mostra ás claras a decisiva influéncia política dos bolcheviques tamén entre os obreiros e campesinhos de uniforme. O 23 o Comité Militar Revolucionário xa ten un plano detalhado de actuación militar que fai executar a noite do 24-25 de Outubro (6 –7 de Novembro no calendário occidental) na que os pontos claves da cidade de Petrogrado foron ocupados: Pazo de Táuride, oficinhas de Correos, estacións de ferrocarril, centrais telefónicas, Banco Nacional...O 25 asaltaba-se o Pazo de Inverno que é tomado na sua totalidade ás duas da madrugada do dia 26. Todo isto fai-se sen derramamento de sangue o que indica que a imensa maioria da masa popular está a favor da insurreizón. O Segundo Congreso dos Sóviets de Toda Rúsia comeza. A maioria dos delegados son bolcheviques. O Instituto Smólni está ateigado. Mártov, en nome dos mencheviques, protesta pola insurreizón. Trótski contesta-lhe: “esgotástedes o voso papel. Ide a onde tedes que estar: ao estercoleiro da História” (V.22, p.291). O Congreso aproba o paso de todo o poder aos sóviets e nomea o “Conselho de Comisários do Povo”, presidido por Lénin. O primeiro governo soviético foi composto exclusivamente por bolcheviques porque nen mencheviques nen eseristas quixeron asumir o reto de formar parte do Primeiro Governo Socialista da História Universal. Trótski, a quen Lénin propuxera como presidente do governo: cousa que Lev Davídovich rexeitou de plano, foi nomeado “Comisário do Povo para Asuntos Exteriores”. Agás a Comuna de Paris (1871), non habia precedente na História dun governo obreiro, porén isto non foi dificuldade nengumha para que o Conselho de Comisários do Povo se puxese a governar. Con celeridade o governo revolucionário propón umha série de decretos. O “Decreto sobre a Terra”, que Lénin le no II Congreso dos Soviets , di que queda abolida
24
a propriedade dos terratenentes e da Igrexa sobre as suas terras e que estas pasan á disposición dos Soviets de Deputados Campesinhos. Asimesmo, un decreto nacionaliza a banca declarando o sistema bancário como monopólio do Estado. Outro ven a abolir todos os rangos e graos no exército, desde cabo até xeneral. Un decreto máis certifica a abolición dos estamentos, rangos e títulos civis proclamando como exclusiva denominación para os habitantes da Rúsia Soviética o título de “cidadán da República de Rúsia”. O Decreto sobre a Paz , aprobado o 26 de Outubro polo II Congreso dos Soviets, propón-lhe “a todos os povos belixerantes e aos seus governos entablar negociacións imediatas por umha paz xusta e democrática (...). Umha paz imediata sen anexións nen contribucións” (V.77, p.145). Este decreto, apesares de estar formulado numha linguaxe política meramente democrática, obtivo a calada por resposta por parte dos governos ocidentais. Trótski inda teimará na cuestión numha nota dirixida, afinais de Novembro, aos embaixadores aliados. Estes non contestan. 5. Brest-Litovsk O governo bolchevique teima no caminho para rematar as hostilidades e envia-lhe ao exército alemán umha petición de armistício. O Alto Mando Alemán aceita negocia-lo e as conversas comezan o 19 de Novembro do 1917, segundo o calendário ruso. Asina-se o armistício o 2 de Decembro. As negociacións para estabelecer un Tratado de Paz comezan en Brest-Litovsk (Bielorrúsia) o 9 de Decembro. A delegación soviética está encabezada por Ioffe até a chegada de Trótski. A delegación alemana estaba presidida polo xeneral Hoffman quen presentou un ultimátum: quedaria baixo o poder alemán todo o território polaco, lituano, ruso-branco, parte de Letónia e discutirian coa Rada Ucraniana, e non co governo soviético, o destino de Ucránia. Trótski voltou a Petrogrado. A aceitación ou rexeitamento destas condicións só se podia decidir no seo do Partido Bolchevique e dos Soviets. Comeza un duro debate no Partido Bolchevique. Tres van ser as posturas sobre as que xirará a discusión que comeza no Comité Central o 8 de Xaneiro do 1918 (a esta primeira xuntanza asistirán os delegados bolcheviques ao III Congreso dos Soviets) e que se prolongará até a ratificación do tratado no mes de Marzo. Lénin propón que se aceiten as condicións do Estado Maior Alemán. Trótski propón nen guerra nen paz. Bujárin propón a guerra revolucionária. Esta última é a tese que recibe máis votos, 32, contra os 16 da proposta de Trótski e os 15 que recibe a de Lénin. Mais como á reunión acudiran bolcheviques que non eran membros do Comité Central esta votación non era vinculante. O Comité 25
Central teria-se que xuntar outravolta. Mentras tanto o clima no seo do III Congreso dos Soviets era a favor da guerra revolucionária, inda que lhe deixa ao governo soviético a derradeira decisión. Nova convocatória do Comité Central o 11 de Xaneiro. Nesta xuntanza a proposta de Trótski, nen guerra nen paz, consegue a maioria de votos. Tamén se vota umha proposta de Lénin para autorizar a Trótski a que demore todo o posíbel as negociacións coa delegación alemana. O 17 de Xaneiro reanuda-se a Conferenza de Brest-Litovsk. Non se chega a nengun acordo. O Estado Maior Alemán non aceita a proposta nen guerra nen paz. Trótski volta a Petrogrado. O 18 de Febreiro o exército alemán reanuda as operacións militares en território ruso e avanza sen atopar a máis mínima resisténcia. O Comité Central do Partido Bolchevique reune-se. Que facer? Lénin aboga por asinar a paz xa. Advirte que non facer nada equivale a entregar a revolución ao imperialismo alemanan. Xa ninguén está a favor da guerra revolucionária porque non hai exército rovolucionário. Endebén, entregar ao imperialismo alemán tanto território é difícil de dixerir. As discusións suceden-se no Comité Central. O exército alemán penetra en Ucránia. O dia 18 de Febreiro o Comité Central vota por 7 votos contra 5 a declaración de que está disposto a asinar as condicións que propuxo no seu dia o Alto Estado Maior Alemán. Porén o mando alemán contesta que as condicións mudaron e que polo tanto esixe tamén que os soviéticos se retiren de Ucránia, Estónia e de toda Letónia. Reanuda-se, outravolta, o 23 de Febreiro, a discusión no seo do Comité Central Bolchevique. Lénin ameaza con dimitir do governo se se continua coa “política de pura fraseoloxia revolucionária” (V.15, p.54). Vota-se a proposta de Lénin de aceitar as humilhantes condicións de paz do Estado Maior Alemán: 7 votos a favor ( Lénin, Zinóviev, Sverdlov, Stálin, Sokólnikov, Smilga e Stasova), 4 en contra ( Bujárin, Lomov, Bubnov e Uritski ) e 4 abstencións ( Trótski, Ioffe, Krestinski e Dzerzhinski ). Ás catro e média da manhá do 25 de Febreiro, e despois dun discurso de Lénin, o Comité Executivo dos Soviets de Toda Rúsia aprobaba por 116 votos contra 84 asinar o ultimátum do exército alemán. Ninguén queria pór a sua sinatura nun tratado tan ultraxante. Por fin, umha delegación soviética encabezada por Sokólnikov e Chicherin parten para reunir-se coa delegación alemana. Asina-se o Tratado de Brest-Litovsk o 3 de Marzo do 1918. A dirección do Partido Bolchevique estivera ao borde da escisión. A Rúsia Soviética via-se privada do 27 por 100 da sua superfície cultivada, do 26% das suas vias férreas e do 75% da sua produción de aceiro e ferro. A República Soviética era o máis parecido a un neno pequeno e enfermizo.
26
6. Guerra civil A revolución debia-se rearmar no político e armar-se no militar. O Partido Bolchevique celebrou en Marzo do 1918 un Congreso no Pazo de Tauride no que si ven saiu á luz o perto que se estivera da escisión mercé as diferenzas tácticas que se deran entre os dirixentes, tamén quedaba plasmada a naturalidade dialéctica das fraccións no proceso revolucionário. Ao elexer ao Comité Central Lénin e Trótski obtenhen o maior número de votos. Pero si a fortaleza do Partido Bolchevique estaba na sua lozana vida interior o futuro imediato da Revolución dependia da sua capacidade de defender-se militarmente. O 4 de Marzo do 1918, é dicer, ao dia seguinte da sinatura do Tratado de Brest-Litovsk, Trótski é nomeado “Presidente do Conselho Supremo de Guerra” e a comezos de Abril “Comisário do Povo para a Guerra”. Asi recaia sobre Trótski a responsabilidade de erguer o exército revolucionário. Exército que fará falha con urxéncia xa que o 25 de Maio comezará formalmente a Guerra Civil na Rúsia Soviética –que se prolongará até Novembro do 1920- co alzamento dos 50 mil soldados da Lexión Checoslovaca. Trótski, vencendo infinitas resisténcias no seo do próprio Partido Bolchevique, conseguiu erguer o Exército Vermelho nun prazo de tempo irrisório; tanto é asi que a Lexión Checoslovaca levantada en armas en Maio xa será derrotada en Setembro polo Exército Vermelho. Se a Garda Vermelha, o que podemos entender como o precursor do Exército Vermelho, nacera en Petrogrado no verao do 1917 o comezo do artelhamento do Exército Revolucionário stricto sensu posporá-se até as negociacións de Brest-Litovsk que ponhen ao descuberto a debilidade militar da Revolución. En pleno proceso negociador publicou-se na Pravda (22 de Febreiro do 1918) umha proclama do Conselho de Comisários do Povo intitulada “A pátria socialista está en perigo” que dará formalmente o pistoletazo de saida para a creación do Exército Vermelho, que se comemorará apartires dai o 23 de Febreiro, é dicer, o dia despois da proclama. O método de Trótski, grosso modo, foi formar umha coluna vertebral de proletários comunistas, sumando-lhe levas obrigatórias e integrando na estrutura militar a ex oficiais zaristas como especialistas militares pondolhe á beira a comisários políticos para controloá-los. Todo isto, fusionado cumha perspectiva revolucionária superadora das enésimas dificuldades e cumha disciplina de ferro axeitada a umha coxuntura onde se decidia a supervivéncia ou a morte do proceso revolucionário, puxo en pé, para asombro de próprios e alheos, un Exército Revolucionário que semelhaba creado da nada e que chegará a contar con cinco milhóns de membros. 27
Os éxitos militares da Lexión Checoslovaca no Volga que levaron á conquista de Kazán trouxeron en Xunho o desembarco inglés en Murmansk (na Península de Kola) e en Arkánxel ( no Mar Branco ) e, en Agosto, a coaligazón imperialista desembarca a 100 mil homes na ponta oriental de Vladivostok, que se xuntan aos dumha prévia expedición xaponesa. Trótski partira de Moscovo, no que logo seria o seu lexendário tren, o 7 de Agosto. Puxo dirección ao frente de Kazán. Instala-se en Sviask. A mobilizazón ideolóxica, motivadora para a clase trabalhadora, e a severidade disciplinária, para os cobardes e desleais, xunto coa capacidade organizativa e a incorporación de obreiros comunistas vidos de Petrogrado, posibilitou o rearme totalizador do Exército Vermelho. Coa moral e cos médios restabelecidos a reconquista de Kazán xa se via como un feito máis que posíbel, seguro. Pero é neste anovado clima cando Trótski recibe un máis que preocupante telegrama: “ Ven axinha. Ilich ferido. Ignora-se grao de gravidade. 31.8.1918.Sverdlov” (V.93, p.426). Sae ipso facto para Moscovo e ao ver que Lénin está fóra de perigo retorna imediatamente ao frente. O dia 10 de Setembro entraban as tropas do Exército Vermelho en Kazán. O 12 outra ponla do Exército da Revolución, ao mando de Tujatchévski , tomaba Simbirsk. Eran as primeiras e trascendentais vitórias do Exército dos Soviets. Os soldados da Revolución xa sabian que tamén era posíbel derrotar aos militares no campo de batalha. O atentado contra Lénin, 20 de Agosto do 1918, fora precedido do asasinato de dous cadros bolcheviques, Volodarski e Uritski, en Petrogrado, naquel mesmo verao. Este proceder era un produto dos eseristas (social-revolucionários) que retomaban o terrorismo como método de actuación política. Na Revolución de Febreiro opuxerán-se a entregar-lhe o poder aos sóviets, cando eles e os mencheviques conformaban a maioria, preferindo pactar coa burguesia e asi posibilitar o dobre poder (Governo Provisório sostido polo Sóviet de Petrogrado), e agora atentaban contra o partido que levara á clase trabalhadora e ao campesinhado pobre á conquista do poder. Situaban-se no campo contrarevolucionário. O atentado contra Lénin levou-no a cabo a militante eserista Kaplán, colhida e fusilada. Estes atentados, que recibian o apoio dos aliados, fixeron-lhes sentir aos bolcheviques a necesidade política de institucionalizar o Terror Vermelho e para este fin creou-se a Cheka (1918-1922), a cuxo frente puxo-se a Dzerzhínski. A reconquista de Kazán e Simbirsk restou-lhe perigo militar á Revolución pero non o eliminou. No sul avanzaba o exército “branco” do xeneral Deninkin. Polo leste tamén avanzaba outro exército “branco”, o do almirante Kolchak. Por si isto non fose dabondo tropas francesas desembarcan en Odesa e ocupan o sul de Ucránia e Crimea mentras
28
tropas inglesas ocupan Baku e controloan o Cáucaso. A isto inda hai que engadir que o xeneral “branco” Iudénich, desde o norte, planta-se ás portas de Petrogrado. Asemelha que a Rúsia dos Soviets vai ser estrangulada. Mais o sentir internacionalista dos trabalhadores ocidentais vai comezar a influir no ánimo do primeiro ministro inglés, Lloyd George, que comeza a tremar polos motins que se dan entre os soldados “aliados” en Odesa e Arkánxel, por exemplo, e mesmo no clima mobilizador entre o proletariado no seu próprio país mercé á simpatia que desperta a Revolución de Outubro entre a clase trabalhadora inglesa e ocidental. Asi os aliados imperialistas terminan por colexer que é máis previsor para a saude interna dos seus próprios sistemas políticos axudar con armas e bagaxes aos “brancos” que intervir directamente. O dia 19 de Outubro do 1919 Iudénich planta a sua vangarda a 15 Km de Petrogrado. A conquista da capital espiritual da Revolución nen que dicer ten que seria un terríbel varapao para o militarmente acorralado Estado Soviético. Xa dias antes, conforme o avance de Iudénich tornabase imparábel, o mesmo Lénin considerara que Petrogrado estaba perdido militarmente polo que propón abandoná-lo tacticamente. Trótski opón-se veementemente. Argumenta que hai e que se pode defender Petrogrado. A sua teimosia fai que Lénin e outros camaradas do Politburó, entre eles Stálin, terminen por aceitar o seu ponto de vista político e militar. Trótski chega a Petrogrado no seu tren. Ven na companha de camaradas xa ben bregados nas lides militares revolucionárias. Fai un chamamento aos comunistas de base petrogradenses e comunica-lhe a toda a povoazón que se fai falha pelexará-se nas ruas pero que Petrogrado non caerá nas maos dos “brancos”. Os bárrios obreiros erguen-se. Os cadros bolcheviques e os asesores militares ponhen-se baixo o seu mando. A motivación e a disciplina, umha vez máis, instaura o desexo de pelexar. O dia 21 o Exército Vermelho resiste a embestida dos “brancos”. O dia 22 o Exército da Revolución contrataca. Avanza. A “tolaria heroica” dos roxos (V.93, p.450), como se dirá desde o Estado Maior de Iudénich, leva-os á vitória. Os “brancos” retroceden e retroceden até chegar á fronteira de Estónia. O governo deste país procede a desarmar ás tropas derrotadas. Petrogrado seguia encarnando á Revolución. Como colofón, no sul tamén se retirarán as tropas de Deninkin asi como do leste siberiano o farán as de Kolchak. A guerra civil estaba ganhada. A ofensiva de Wrangel na cunca do Donetz hai que ve-la no contexto da invasión de Ucránia polas tropas polacas de Pisúdski. O enfrentamento en Ucránia por un periodo de oito meses entre o Exército Vermelho e o Exército Negro liderado polo anarquista Néstor Majnó, que concluiu coa derrota dos anarquistas, foi un episódio interior do próprio proceso revolucionário. 29
En Abril as tropas polacas do xeneral Pilsúdski invaden Ucránia e o 7 de Maio ocupan a capital, Kiev. O reaxer do Exército Vermelho non se fai esperar e numha rápida contra-ofensiva expulsan ás tropas dos reaccionários polacos de Ucránia e Bielorrúsia ademais de derrotar a Wrangel, co que formalmente conclue a guerra civil. Este ambiente de vitória coincidia coas sesións co IIº Congreso da Internacional Comunista estaba celebrando en Moscovo. É nesta coxuntura cando Lénin decide transformar a guerra defensiva contra as tropas de Pilsúdski numha ofensiva que leve á toma de Varsóvia para que se desencadene a revolución en Polónia. Trótski opón-se frontalmente a este proceder porque estima que o clima político entre a clase obreira polaca non é o próprio para que este se lance á conquista do poder e porque tamén considera que o Exército Vermelho non conta coas reservas militares precisas para acadar a vitória. Polo tanto o que procede é concluir un acordo de paz. Endebén, queda en minoria. O Exército Vermelho invade Polónia e é derrotado ás portas de Varsóvia. É umha derrota política para a Internacional Comunista e umha vitória política para o reaccionário Pilsúdski que pasa de agresor ao país dos sóviets a defensor da nación polaca. 7. A III Internacional Lénin nas suas “Teses de Abril” formulara a necesidade de crear a IIIª Internacional mercé á bancarrota política da Segunda ao apopiar o militarismo. Que fixera fincapé en artelhar a Internacional Comunista xusto cando se estaba dando un proceso revolucionário na própria Rúsia non é casual. Para Lénin era abecé marxista que a Revolución Socialista ou se daba a nível mundial ou non haberia revolución stricto sensu. Trótski mantinha a mesma postura internacionalista, postura explicitada na “teoria da revolución permanente”, o que, andando o tempo, o levaria a un radical enfrentamento político con Stálin que ao parir a “teoria do socialismo nun só país” atacaba frontalmente as teses internacionalistas mantidas por Lénin e pola maioria dos cadros bolcheviques. A Internacional Comunista (Komintern, na abreviatura rusa) foi fundada no 1919, é dicer, en plena guerra civil na Rúsia. Celebrou o seu Primeiro Congreso en Moscovo do 2 ao 6 de Marzo. Foi no IIº Congreso (Petrogrado-Moscovo,19 de Xulho ao 7 de Agosto do 1920) cando grazas á parcial consolidación da Rúsia Soviética, por ter os bolcheviques praticamente ganhada a guerra civil, se entrou na tarefa de organizá-la como o instrumento político proletário para a consecución da Revolución Socialista Mundial. Que a Komintern era entendida deste xeito proba-se non só polas nídias declaracións dos líderes bolcheviques senón tamén polo trabalho militante investido nela no periodo leninista (1919-1924).
30
Non só Lénin e Trótski eran os seus ponentes e tribunos principais senón que a sua presidéncia tamén se lhe encargou a un dirixente bolchevique, Zinóviev. O IIº Congreso da Terceira Internacional foi o da concreción organizativa e ideolóxica. Estrutura-se como un Partido Comunista Internacional e elaboran-se as 21 condicións a aceitar para pasar a formar parte dela. Tamén é umha coxuntura onde se estima que a Revolución se poderia espalhar de Rúsia aos países máis importantes de Europa, nomeadamente Alemanha. Umha oportunidade viria derrotando ao exército polaco de Pisúdski. Cando as tropas do Exército Vermelho avanzaban sobre Varsóvia a IIIª Internacional estaba sesionando en Moscovo. Da sua sala congresual penduraba un enorme mapa que ilustraba a marcha das operacións militares. O avance sobre Varsóvia seguiase apaixoadamente xa que se consideraba que podia ser o desencadenante da revolución polaca. A derrota do Exército Vermelho foi umha derrota que resultaria trascendente no quefacer internacionalista pero que non minou a idea bolchevique da necesidade da revolución a escala planetária xa que a Revolución Socialista Mundial entendia-se como un obxetivo estratéxico e non meramente coxuntural. Perante a imposibilidade de extender de imediato a revolución através de Polónia (Agosto,1920), ante o fracaso da Acción de Marzo na Alemanha (1921) e a necesidade de implantar a NEP na Rúsia Soviética (Marzo,1921), o Terceiro Congreso da IC (Moscovo, 22 de Xunho ao 12 de Xulho do 1921) vai a cambiar de táctica e facer umha chamada “Ás masas” (V.79, p.84), proceder que se concretará na xuntanza do Comité Executivo do 18 de Decembro do 1921 da que sairá a consigna “Frente Único Proletário” (V.121, p.113). Esta viraxe táctica á dereita, defendida como necesária por Lénin e Trótski, tinha a sua razón de ser na comprensión de que a extensión imediata da revolución non era posíbel polo que habia que chamar á unidade das diversas fraccións do movimento obreiro para resistir, para conservar o obtido. Neste clima dará-se a Conferenza de Berlin (25, Abril,1922). Esta xuntanza de representantes da Komintern, da IIª Internacional e da Internacional II ½ vai levar á constitución do Comité dos Nove. Apesares das boas intencións iniciais a operación terminou nun rotundo fracaso. A Internacional Comunista saiu-se do Comité dos Nove e en Maio creaba-se a Internacional Socialista. A división do movimento obreiro era un feito. 8. O Comunismo de guerra Chegados aqui temo-nos que perguntar como un Estado cumha base económica subdesenvolvida e destruido pola guerra, foi capaz de obter os recursos materiais que posibilitaron o trunfo militar sobre o Exército 31
Branco e os seus aliados imperialistas. A resposta é: através do “comunismo de guerra”. Que foi o “comunismo de guerra”? Grosso modo, un sistema de requisas imposto ao campesinhado, a imensa maioria da povoazón, para avitualhar ao Exército Vermelho e ás cidades co obxeto de defender por riba de todo a revolución. Este sistema de requisas para avitualhar-se dos produtos alimentários básicos para dar-lhe de comer aos soldados da revolución e aos obreiros que laboraban para equipar ao Exército Vermelho deu-se nun tempo histórico de escaseces materiais e de sufrimentos humanos dificilmente narrábeis. Tronzou o orde capitalista ao eliminar as relacións de mercado pero non como produto dun disenho político apriorístico senón pola imperiosa necesidade de enfrentar e vencer na imposta guerra civil. Finada a guerra, e en palabras de Trótski, “ A política que se ven seguindo en materia de requisas niveladoras con arreglo á norma do necesário para subsistir (...) leva á ruina da agricultura e á descomposición do proletariado industrial, ameazando con arruinar totalmente a vida económica do país” (V.93, p.484). Perante tal diagnose Trótski propón-lhe ao Comité Central do Partido Bolchevique, en Febreiro do 1920, “os seguintes métodos:1) Sustituir o réxime de requisición do sobrante por un imposto porcentual fixo ( umha espécie de imposto progresivo sobre os froitos naturais) (...); 2) Implantación dun critério proporcional entre o suministro de produtos industriais aos campesinhos e a cantidade de froitos entregados por eles (...)” (V.93, p.485). Esta proposta non atopou eco nen en Lénin nen no conxunto do CC que por once votos contra catro rexeitouna. Non seria até o X congreso do Partido cando se tomase umha decisión na linha proposta por Trótski. Este rexeitamento levou a Trótski a propor a “militarización do trabalho”. O que entendia por tal está reflexado por extenso no “Informe sobre a Organización do Trabalho” que le no IIIº Congreso Pan-ruso dos Sindicatos. Entre os seus diceres está a afirmación de que como na situación actual “a indústria non pode dar case nada ao campo e o mercado non exerce nengumha atracción sobre a mao de obra (...) o trabalho obrigatório seria imposíbel sen a aplicación –nalgumha medidados métodos da militarización do trabalho”. Continua a dicer, “sen as formas de coerción guvernamental que constituen o fundamento da militarización do trabalho, a sustitución da economia capitalista pola economia socialista non seria máis que umha palabra sen senso”,e sentenza, “o Estado proletário considera-se con direito a enviar a todo trabalhador onde o seu trabalho sexa necesário” (V.14, 228). Tan rotundas e apaixoadas afirmacións terminarian-no deixando en minoria no seo do Comité Central. Mais polo pronto encarga-se-lhe a Trótski o imprescindíbel cometido de evitar por via de urxéncia o derrube 32
do sistema ferroviário. El vai-no conseguir militarizando a forza de trabalho, acudindo, segundo as suas próprias palabras a “providéncias extraordinárias, que nos pareceron inevitábeis e xustificadas, non só pola difícil situación en que se atopaban os transportes, senón polo réxime de comunismo de guerra no que viviamos” (V.93, p.486). Porén Lénin entendeu –e a posteriori Trótski daria-lhe a razón- que as teses do seu camarada só tinhan umha validez moi temporal, polo que xa andaba matinando numha táctica máis adecuada para salvagardar ao Estado Soviético do derrube imediato, táctica que non ia estar nada lonxe da proposta por Trótski en Febreiro do 1920. Antes deu-se un debate político no que Trótski saiu malparado por teimar en extender os métodos cos que salvou a estrutura ferroviária ao conxunto da economia. Lénin e o CC retiraron-lhe o seu apoio. Quizá nesta pasaxe haberia que buscar a crítica que posteriormente lhe faria Lénin nun dos seus documentos conhecidos pola posterioridade como o “Testamento”, concretamente o asinado o 25 do XII do 1922, no que despois de afirmar que Trótski é o máis capaz do CC di que estaba “demasiado atraido polo aspecto puramente administrativo dos asuntos” (V.52, p.764). 9. Do X Congreso a Kronstadt O certo é que a Rúsia Soviética estaba ao borde do colapso polo que os bolcheviques tocaron a Congreso para dilucidar a táctica a seguir. O Xº Congreso do Partido Bolchevique (8-16, Marzo, 1921) tivo umha importáncia capital xa que nel decidiu-se a introdución da Nova Política Económica (NEP, nas siglas rusas), proibiu-se o fraccionalismo no seo do Partido e fixo-se frente á insurreizón de Kronstadt. A Rúsia dos Sóviets estaba na máis completa ruina económica. Esta ruina non só afectaba á estrutura económica senón á relación do campesinhado co Estado Soviético e, inda por riba, estaba disolvendo á clase trabalhadora, sostén derradeiro do proceso revolucionário. O caos económico, social e político era total. A inflación estaba sinxelamente sen controlo. A fame e as enfermidades mataban a milhóns de persoas. A indústria estaba baixo mínimos, arredor dun 20 por 100 do que se producia antes de comezar a Primeira Guerra Mundial. Só a indústria do petróleo acadaba o 41 por 100, mentras a do carbón andaba polo 27%. O 63 por 100 das vias férreas estaban inutilizadas e o 60 por 100 das suas locomotoras fóra de servizo. A produción agrícola estaba, como moito, ao 43% da média da anteguerra. Os intercámbios entre a cidade e o campo estaban reducidos ao mínimo, praticamente só contaban o troco e a requisa. As cidades perdian povoazón a pasos axigantados: só un dado, Petrogrado pasou de 2,4 milhóns de habitantes no 1917 a 574 mil no 1920. A clase trabalhadora viu-se reducida a menos da metade por culpa do peche das 33
fábricas, da fame e de liderar as forzas de choque da revolución. Por todo o país pululaban cuadrilhas de bandidos como produtos da miserábel situación. O caos non podia ser maior. O Xº Congreso do Partido Comunista (bolchevique) de Rúsia comezou. Abriu-no Lénin. En primeiro lugar vai a chamar a atención sobre o feito de que a Internacional Comunista xa é umha organización operativa. Pasa a referir-se á realidade interior advertindo que na “transición da guerra á paz” esperan “tarefas de inverosimil dificuldade” tanto no “plano económico” como nas “relacións entre as clases” (V.55, p.185).O mesmo Lénin presentou ante o Congreso Comunista, o dia 15, a proposta da sustitución do sistema de requisas polo imposto en espécie. Este xiro táctico tinha por obxeto non alonxar ao campesinhado da revolución, numha realidade onde os pequenos produtores agrícolas eran a imensa maioria da povoazón. Esta circunstáncia impunha, segundo Lénin, a necesidade dir á conquista do sistema socialista “através dumha série de medidas transitórias especiais.” (V.55, p.234). Ademais, habia que ser sumamente conscientes do feito de que “o pequeno agricultor non quere o que quere o obreiro” (V.55, p.235). E sentenza, “só o acordo co campesinhado pode salvar a revolución socialista en Rúsia mentras non se de a revolución noutros países” (V.55, p.235). Mais o acordo nos feitos co campesinhado non vai vir do ceo, só pode traé-lo “a base material, a maquinária, o emprego en grande escala de tractores e outras máquinas na agricultura, a electrificación a escala masiva” (V.55, p.237). Xa que logo, para salvagardar as relacións co pequenho produtor agrícola, que é o mesmo que dicer para salvagardar o proceso revolucionário mentras non se extenda a revolución polo ocidente europeu, deben-se atender as necesidades do campesinhado que, en opinión de Lénin, son basicamente duas: a liberdade de intercámbio entre o campo e a cidade, e a necesidade de que o proletariado produza bens de consumo e bens de produción para que se poda dar este comércio. Advirte Lénin que a liberdade de comércio significa un retroceso cara o capitalismo, mais se o proletariado “fai as cousas con medida” (V.55, p.239), se produce e controla o proceso de circulación de mercadorias engadirá ao poder político o poder económico. Claro que para que o proletariado se ponha a producir mercancias ten que ter comida para alimentar-se e as fábricas funcionando. Para isto hai que comerciar co ocidente capitalista pagando en ouro e, a ser posíbel pedir empréstitos que, a bon seguro, terán intereses usureiros ou serán pagadeiros en materias primas ou concesións. Mais con conciéncia política isto permitirá pór en marcha a indústria o que posibilitará o intercámbio de produtos entre o campesinhado e o proletariado. Sen perder o controlo político este paso atrás permitirá-lhe un posterior impulso ao proletariado. Lénin pide-lhe ao Congreso Comunista que tracexe a linha xeral de
34
actuación: a sustitución do sistema de requisas polo imposto en espécie. Asi ao campesinhado dirá-se-lhe que xa non se lhe requisará o seu excedente senón que terá que abonar un imposto en espécie sobre el ao Estado e poderá cambiar o resto do seu excedente por mercadorias industriais. O Congreso dos bolcheviques deu o plácet. Nacia a NEP. A outra obsesión de Lénin era afortalar o Partido impedindo as fraccións. Dada a catastrófica situación económica, e as enésimas complicacións sociais e políticas que dela se derivaban, consideraba imprescindíbel coesionar ao Partido. Mais olho, non chamaba a rematar os debates, a discusión franca, as diversas análises. Non. O ataque ás fraccións non era umha petición para cercenar a pluralidade no interior do Partido senón umha contundente chamada a eliminar as fraccións mini-partidos enquistadas no Partido. Non era umha chamada a eliminar as fraccións dialécticas nadas no calor dos debates. Era un ataque, en palabras de Lénin, contra “a formación de grupos cumha plataforma especial e coa tendéncia a isolar-se até certo ponto e crear a sua própria disciplina de grupo” (V.52, p.598). Este carácter xa o tinhan, por exemplo, os grupos denominados “Oposición Obreira” e “Centralismo Democrático”. El quere “absoluta liberdade de crítica dentro do partido e na elaboración colectiva das suas decisións”. Quere que o Partido sexa un todo e non umha suma aritmética das diversas partes. O Congreso Comunista declarou disoltas as fraccións, os mini-partidos dentro do Partido. A vulneración deste acordo acarrearia a imediata expulsión do Partido. A posteriori o stalinismo utilizou burocraticamente este acordo para eliminar administrativamente aos seus opositores. O que para Lénin non era máis que umha medida excepcional, “Trata-se dumha medida extrema. Espero que non tenhamos que empregála” (V.55, p.270), e que para tomá-la habia que conquerir moitos acordos, numha coxuntura complicadisima a nível económico, para Stálin será a posteriori a perfeita xustificación formal para librar-se dos militantes revolucionários. Inda non comezara o Xº Congreso do PB cando estralou a insurreizón de Kronstadt. Os insurrectos, como dixo Lénin, “nen queren aos gardas brancos nen queren o noso poder” (V.55, p.249). Palabras ben signhificativas, que ilustran por si soas que o levantamento non foi un acto contra-revolucionário consciente senón umha acción nada no descontento social. Lénin, diante da asemblea comunista perguntou-se: “Cal é o seu significado? O paso do poder político de maos dos bolcheviques a un indefinido conglomerado ou bloco de elementos heteroxéneos, aparentemente só algo máis dereitistas e até mesmo “máis esquerdistas” que os bolcheviques: asi é de impreciso o conxunto de grupos políticos que tentaron en Kronstadt tomar o poder (...). Este movimento ten-se reducido a umha contra-revolución pequeno-burguesa, a un movimento do elemento
35
anarquista pequeno-burgués (...). Esta circunstáncia, relacionada con todas as crises, debe ser tida moi enconta desde o ponto de vista político e examinada con todo detalhe. Neste caso manifestou-se o elemento anarquista, pequeno-burgués, coa consigna de liberdade de comércio e dirixido sempre contra a ditadura do proletariado. E este estado de ánimo ten-se reflexado con grande amplitude no proletariado (...). Esta contrarevolución pequeno-burguesa é máis perigosa, indubidabelmente, que Denikin, Iudénich e Kolchak xuntos, porque o proletariado constitue no noso país a minoria e a ruina abranxe á propriedade campesinha (...). Por pequeno e insignhificante que pudera parecer ao comezo este, chamemoslhe asi, desprazamento do poder que reclaman os marinheiros e os obreiros de Kronstadt (...), a realidade é que os elementos sen partido serviron só de estribo, de escalón, de ponte polo que logo apareceron no cenário os gardas brancos” (V.55, pp.203-204). Trótski, anos despois, contestando aos detratores da Revolución de Outubro que queren utilizar Kronstadt como un episódio que invalida a revolución, di nun artigo do 15 de Xaneiro do 1938: “O levantamento de Kronstadt foi só un episódio na história das relacións entre a cidade proletária e a aldea pequeno-burguesa (...). A consigna de Kronstadt, “sóviets sen comunistas”, da cal apoderaron-se imediatamente non só os social-revolucionários senón tamén a burguesia liberal (...). Como representante sagaz do capital, o profesor Miliukov comprendeu imediatamente que liberar aos sóviets da dirección bolchevique signhificaria, en pouco tempo, a destrución mesma dos soviets” (V.117). A insurreizón de Kronstadt deu-se por culpa das paupérrimas condicións de existéncia material na Rúsia soviética. Esta era a base. Asi o indica Lénin con toda claridade. “o poder soviético vacila como consecuéncia da situación económica” (V.55, p.204). Esta ruina era produto da primeira Guerra mundial e da Guerra Civil, nengumha das cais comezaran os bolcheviques. O obxetivo político declarado dos insurrectos, que non contaban co apoio dos trabalhadores de Petrogrado, era formalmente democratizar aos sóviets expulsando aos bolcheviques, un poder soviético sen bolcheviques. Isto era irreal, ao longo de todo o proceso revolucionário só os bolcheviques estiveran a favor do poder soviético. Mencheviques e eseristas non só se retiraran dos sóviets senón que alguns deles asociaron-se aos brancos na Guerra Civil. Descabalgar aos bolcheviques do poder era posibilitar a entrada dos inimigos declarados do proxecto do Estado socialista, os brancos e os seus aliados: a burguesia inglesa e francesa. A única saida política para os intereses da clase trabalhadora era chamar a profundizar a democrácia no seo dos sóviets, chamar a profundizar na construción do Estado socialista e non en derrubar as suas raquíticas estruturas existentes. En política revolucionária as boas intencións non son dabondo. Ali onde seitores da clase trabalhadora non 36
tenhan claro que o seu futuro político está exclusivamente na construción do Estado socialista e se deixen guiar pola pequena-burguesia verán sempre traizoadas as suas profundas aspiracións sociais. As boas intencións abstractas sempre son a porta por onde entran os contra-revolucionários conscientes. O governo soviético atacou Kronstadt porque non podia permitir o descontento pequeno-burgués trunfante xa que debilitaria o seu máis que condicionado poder para sacar do marasmo á Rúsia soviética. Asi, ordenou tomar por asalto a outrora emblemática base naval. O asalto comezou o 7 de Marzo do 1921 e concluiu o dia 17. Antes Trótski, como xefe do Exército Vermelho, esixiu a rendición incondicional dos amotinados nestes términos: só os que se rindan “poderán contar coa cleméncia da República soviética. Ao mesmo tempo que fago esta adverténcia estou impartindo órdenes de facer todos os preparativos para a supresión do amotinamento por médio da forza armada (...) Esta é a derradeira adverténcia” (V.22, p.468). A adverténcia caeu no baleiro. A batalha foi espiritual e fisicamente moi cruel. O 3 de Abril Trótski afirmou: “esperamos canto nos foi posíbel a que os nosos encegados camaradas marinos viran con os seus próprios olhos onde os levaba o amotinamento” (V.22, p.470). “Camaradas”, en Kronstadt tamén os habia, eran os bons intencionados, os que querian profundizar a democrácia soviética. As revolucións non se dan en estado puro, Kronstadt testifica-o. 10. Rapalho Cando finara a Guerra Civil, Trótski trasladara-se a Moscovo. Instalara-se no Krémlin, xunto coa sua companheira Nataxa e os dous filhos. Foran a residir no edifício Kavalérski, que no seu dia fora residéncia dos funcionários da corte zarista. No mesmo corredor vivian Lénin e Krúpskaia con quen compartian comedor e cuarto de banho. Terminara a Guerra Civil pero non a loita pola supervivéncia. As condicións materiais de existéncia seguian sendo terríbeis. A Rúsia soviética atopaba-se nun absoluto isolamento material, produto do seu ilhamento político. Se na realidade bélica as arroutadas sen ser determinantes son valiosas, na prosaica vida cotidiana só a perspectiva permite a loita construtiva. O domínio da perspectiva era precisamente o reino de Trótski. Ela permitiu-lhe olhar con frialdade e esperanza aquela brutal coxuntura. A analisá-la e combaté-la adicou-se coa sua característica paixón revolucionária. Trótski seguia sendo o Comisário do Povo para a Guerra e o Presidente do Conselho Militar Revolucionário, asi como membro do Politburó do Partido Bolchevique. Como comisário ocupaba-se
37
directamente do Exército Vermelho, e como membro do máximo organismo do Partido participaba na elaboración da alta política. Lev Davídovich tivo que instruir e equipar o Exército Vermelho, ferramenta imprescindíbel para a defensa da Rúsia soviética. Un dos primeiros pasos foi dotar ao exército da Rúsia dos sóviets dun regulamento revolucionário, producido en grande medida pola pluma do mesmo Trótski. Asi, por exemplo, o “Regulamento da Infantaria” decia-lhe ao soldado: “Ti eres un igual entre os teus camaradas. Os teus superiores son teus irmaos, só que con meirande experiéncia (...). No combate, durante o treinamento, nos cuarteis e nos trabalhos te-los que obedecer. Umha vez que saias do cuartel eres absolutamente libre” (V.24, p.38). Tamén se argumentaba que o soldado vermelho diria: “Loito co rifle, coa baioneta e coa ametralhadora, pero tamén loito coa palabra da verdade. Dirixo-lha aos soldados do inimigo, que tamén son obreiros e campesinhos, para que saiban que verdadeiramente eu son seu irmao, non seu inimigo” (V.24, p.38). Pero non só con boas palabras pode loitar o soldado vermelho. Ten que ter, ademais, armas: fusis, canhóns...Armamento para equipar ao aparato bélico do Estado soviético. Mais onde conqueri-lo se a República Soviética Federal Socialista Rusa estaba isolada polo bloqueo político, militar e económico das poténcias ocidentais? Só habia umha posibilidade, na Alemanha da República de Weimar. A Alemanha do IIo Reich fora a principal inimiga da Rúsia zarista na Iª Guerra Mundial. Na República de Weimar deran-se teimosos pronunciamentos revolucionários que foron aplastados polas forzas republicanas. Mais no agora, comezos da década dos vinte, a Rúsia Soviética e a Alemanha de Weimar tinhan en comun que os Estados capitalistas europeus trunfantes na Grande Guerra querian isolá-los. Á Rúsia Soviética para que non propagara a revolución e á Alemanha de Weimar para que non se voltara a converter numha poténcia capitalista. Polo Tratado de Versalhes (28, Xunho, 1919) a Alemanha capitalista quedara-se sen colónias (sen fontes de matérias primas), sen exercer a sua influéncia en grande parte do continente europeu (sen mercados), e coa proibición explícita de reconstruir o seu exército xa que non lhe estaba permitido ter carros de combate, avións, submarinos e outras imprescindíbeis ferramentas bélicas. A todo isto engadir que Alemanha tinha que pagar-lhe aos vencedores grandes cantidades de dinheiro en conceito de reparacións de guerra. Era óbvio que baixo a férula de este tratado Alemanha non voltaria a ser umha poténcia capitalista. A sua burguesia non podia sobreviver neste corsé, tinha que buscar umha solución, umha saida.
38
A política exterior da Rúsia soviética era analisada con frenesi por Trótski, apesares dos enormes problemas internos da Federación Rusa. Era normal que Trótski lhe prestase una grande atención á política exterior, nas suas diversas ponlas, porque el acreditaba, como Lénin, na necesidade de extender a revolución por Europa se se queria comezar a construir o socialismo. Esta teima permitia-lhe estar moi ao tanto da política internacional, nomeadamente do que acontecia na Alemanha, da que era un perfeito conhecedor por razóns político-biográficas. Asi, non é de extranhar que xa a comezos do 1921 despachase a Vítor Kopp a Alemanha co obxeto de estabelecer contactos cos magnates da indústria pesada e cos xerarcas do exército. O propósito destes contactos era efectuar umha sondaxe sobre a disposición destes extractos sociais alemáns a brincar sobre o Tratado de Versalhes através da colaboración no campo económico-militar coa Rúsia soviética. Contactos que resultaron positivos inda que en seitores dirixentes da Alemanha de Weimar vencelhados á indústria lixeira habia a esperanza de chegar a acordos coas poténcias ocidentais. Os contactos prévios deron-se á marxe do governo alemán. Cando o cancilher Wirth, que era tamén ministro de Facenda, foi informado as conversas xa estaban moi avanzadas. Foi este o momento para principiar a cubrir co manto diplomático uns acordos no terreo militar que posibilitarian o rearme e instrución dos dous exércitos através da instalación de fábricas e instrutores alemáns no território soviético. A cobertura diplomática veu co Tratado de Rapalho, asinado ás cinco do serán do 16 de Abril do 1922. Este asinou-se cando se estaba a celebrar a Conferéncia de Xénova entre as poténcias ocidentais e a Rúsia soviética. Foi precisamente o medo da burguesia alemana a quedar ilhada, cousa que teria acontecido se Inglaterra e Franza chegaran a un pacto co governo soviético, o que acelerou a decisión alemana de asinar o pragmático Tratado de Rapalho. 11. Arte e revolución En Outubro do 1920 a “Organización da Cultura Proletária” (Proletkult ) celebrou o seu primeiro congreso xeral en Moscovo. Un discurso congresual de Lunachárski, en calidade de comisário de educación, que non se cenhia ao acordado previamente con Lénin levou a este a redactar o dia 8 un breve “proxecto de resolución” para o próprio congreso. Ao relembrar que o fin derradeiro da ditadura do proletariado é “o derrocamento da burguesia, a supresión das clases e a abolición de toda explotación do home polo home” (V.52, p.498), punha na sua dinámica política lóxica que a cultura do Estado socialista basea-se na asimilación, re-elaboración e superación de toda a pretérita história da cultura humana polo que “é inexacta teoricamente e perxudicial na prática toda tentativa de 39
inventar umha cultura especial própria” (V.52,p.499), é dicer, umha “cultura proletária”, como vinhan a propor Lunachárski e Bujárin, entre outros. A idea que encerraba o conceito “cultura proletária” facia furor entre alguns intelectuais revolucionários patrocinados polo próprios Lunachárski, comisário de educación, e Bujárin, director de Pravda. Lénin con esta intervención congresual saia ao paso deste posicionamento político. Porén foi Trótski quen explicitou polo miudo a posición marxista neste terreo. Fixo-o numha série de artigos e, nomeadamente, através do seu texto intitulado “Literatura e revolución”, que elaborou no periodo 1922-23 e prologou o 29 de Xulho do 1924. Trótski, como Lénin, parte da evidéncia argumental de que ao ser o obxeto derradeiro da revolución proletária a abolición das clases sociais a cultura non será clasista senón do conxunto da sociedade. Claro que umha lóxica histórica mecanicista levaria a pensar que como cada clase dominante na História creou a sua própria cultura o proletariado tamén teria que crear a sua. Mais este é un argumento viciado de partida porque nengumha clase anterior ao proletariado tinha un proxecto emancipador para o conxunto da humanidade. Como recalcaba Trótski, “o proletariado tomou o poder precisamente para terminar dumha vez por todas coa cultura de clase e para abrir a via a umha cultura humana” (V.98, p.146). Pero, “Quer dicer isto que o Partido adopta umha posición ecléctica perante o tema da arte? (...). O marxismo oferece diversas posibilidades: evaluar o desenvolvimento da arte nova, seguir todas as variacións, alentar as correntes progresistas por médio da crítica; apenas se lhe pode pedir máis. A arte debe labrar-se a sua própria ruta por si mesmo. Seus métodos non son os do marxismo. Se o Partido dirixe ao proletariado, non dirixe os procesos históricos. Sí, hai domínios nos que dirixe directa, imperiosamente. Hai outros en que controla e alenta, alguns que se limita a motivar, outros incluso en que non fai máis que orientar. A arte non é un domínio no que o Partido esté chamado a dirixir. Protexe, estimula, só indirectamente dirixe. Concede a sua confianza aos grupos que aspiran con sinceridade a achegar-se á revolución e estimula deste xeito a sua produción artística. Non pode situar-se nas posicións dun círculo literário. Nen pode nen debe” (V.98, p.173). A conclusión de Trótski é ben clara, é nocivo que o Partido dite sentenzas sobre a arte como pretenden desde Proletkult, e como fará desaforadamente a posteriori o stalinismo que non só imporá as directrices na arte senón tamén na ciéncia, tanto na histórica como na experimental. Trótski teima en que “a arte nova (...) só poderá ser creada por aqueles que se identifiquen coa sua época”. E advirte que hai que crear umha sociedade abundante no material para que desapareza a división 40
burguesa entre o trabalho intelectual e o trabalho manual, sendo este “un dos obxetivos derradeiros da revolución”. Xa que logo, “carece de todo fundamento oponher a cultura burguesa e a arte burguesa á cultura proletária e á arte proletária. De feito estas duas ultimas non existirán endexamais porque o réxime proletário é temporal e transitório. A signhificación histórica e a grandeza moral da revolución proletária residen precisamente en que esta senta as bases dumha cultura que non será xa umha cultura de clase senón a primeira cultura autenticamente humana” (V.98, p.11). Para a emerxente casta burocrática a negación por Trótski da posibilidade de crear umha “cultura proletária” era negar a opción de que o proletariado construise a sua própria superestrutura política, sen querer entender que a misión histórica da clase trabalhadora é precisamente terminar derrubando o Estado, tamén o proletário.
41
II. A REVOLUCIÓN TRAIZOADA 12. A nacente burocrácia No 1922 deu-se umha colheita tan boa que acadou as tres cuartas partes da produción de antes da guerra. Mentras isto acontecia na agricultura a indústria apenas chegou a ¼ da produción da ante-guerra. Porén, na indústria hai que facer umha diferenza básica entre a pesada, que estaba praticamente en ruinas, e a de consumo que foi onde se deu un certo crecemento. Estaba-se nos primeiros compases da NEP. A boa colheita beneficiou ao campesinhado. Pero o campesinhado non era socialmente homoxéneo xa que a revolución non trouxera un reparto igualitário da terra senón o reparto dos bens da aristocrácia zarista e da Igrexa Ortodoxa. Asi, no agro habia, grosso modo, grandes, medianos e pequenos proprietários, ademais dumhas poucas granxas do Estado. Os grandes e alguns dos medianos proprietários ao ter máis capacidade produtiva, por poseer máis terras e máis aperos, foron-se transformando en campesinhos ricos porque puderon contratar aos outros labregos para xornadas a tempo parcial ou total e mercar terras. Estes campesinhos ricos, os kulaks, terminaron por poseer o 10 por 100 dos máis dos vinte milhóns de granxas e por ser a única fracción da clase campesinha que obtinha excedentes agrícolas que o Estado precisaba para alimentar ás cidades, para a exportación e para os investimentos na indústria. Mentras isto acontecia no campo, nas cidades, que recuperaran certo pulo demográfico, daba-se-lhe umha importáncia capital a que a indústria trabalha-se para o “mercado”. Esta reorientación que introduxo a NEP ao finar o “comunismo de guerra” trouxo procederes capitalistas nas empresas. Estas laboraban para o mercado, tinhan un responsábel único por unidade de produción e os “xerentes vermelhos”, de extración social pequeno-burguesa, con ousadia neo-capitalista querian impor o número de trabalhadores e o ritmo de trabalho nas fábricas. Outra consecuéncia da NEP foi o nacimento dumha clase de intermediários, nepistas, que se encargaban de grande parte da distribución co que encarecian os prezos das mercadorias e comezaban a pesar social e politicamente. Todo isto daba-se numha realidade política que tinha umha superestrutura seica socialista. Pero para que o Estado sexa socialista o proletariado ten que ser a clase dirixente. E o certo era que o proletariado ruso ademais de estar imerso numha formación social maioritariamente campesinha, estaba esnaquizado porque ao seu descenso numérico e fraccionamento por culpa do peche das fábricas sumaban-se os incontábeis
42
cadros que morreran na Guerra Civil e o desclasamento doutra morea de cadros que foran a ocupar postos políticos e administrativos no Partido e no Estado. Por se isto non fora dabondo, a coxuntura nepista trouxo tamén o desemprego nas filas dos obreiros industriais, 381 mil obreiros fabris desempregados daban as inexactas estadísticas ao 1 de Xulho do 1923. Nen que dicer ten que os conhecimentos culturais do proletariado ruso, mercé a aquela destrutiva coxuntura, eran irrisórios. Asi, o proletariado ruso por falta de peso numérico, por caréncia de cadros políticos e por auséncia de cultura non podia ser a clase dirixente do Estado soviético. Quedaba o Partido Bolchevique que, teoricamente, representaba ao proletariado e ao campesinhado pobre. Mais o PB estaba sufrindo a penetración non só de arribistas senón de membros dos seitores sociais que naceran e medraban ao calor da NEP xa que o Partido Comunista Ruso (bolchevique) era o único partido da realidade política soviética. Quedaba parte da “velha garda”, os revolucionários que adicados en corpo e alma á revolución, e guiados por Lénin e Trótski, levaran á clase trabalhadora á conquista do poder. Pero a a “velha garda” tampouco era politicamente homoxénea. Fagamos notar, para que isto salte á vista, que da “troika” dirixente que formarán Zinóviev, Kámenev e Stálin á raiz da morte de Lénin, os dous primeiros opuxeron-se á Insurreizón de Outubro e o terceiro non xogou nengun papel reitor nela. Asi, Lénin e Trótski lideraban só ao seitor da “velha garda” que realmente eran os representantes conscientes dos intereses estratéxicos do proletariado, os que tinhan a certeza de que a NEP era un paso atrás que se ben fora coxunturalmente necesário de manter-se indefinidamente levaria á restauración do capitalismo. Que facer? Trótski comezou a teimar na necesidade da “planificación” e da “acumulación primitiva socialista” como saida á coxuntura nepista, sen moito éxito diante do Politburó e do mesmo Lénin que naquel momento coidaba que era dabondo co plano de electrificar todo o território soviético que presentou baixo o eslogan “Sóviets máis electrificación igual a socialismo”. O 3 de Maio do 1921 Trótski escribia-lhe a Lénin : “O noso trabalho segue-se efectuando sen planificación, sen nengumha comprensión da necesidade dun plano” (V.23, p.51). No Congreso da Komsomol (Unión das Mocidades Comunistas ) celebrado en Outubro do 1922 Trótski, ao argumentar sobre a necesidade da acumulación primitiva socialista, espetou con aquela franqueza teórica que o caracterizaba: “a clase obreira só se pode achegar ao socialismo através dos maiores sacrifícios, esgotando toda a sua forza e entregando o seu sangue e os seus nérvios” (V.23, p.54). Trótski expresaba-se con esta crudeza porque daba por sentado que o proletariado soviético debia converter-se na clase dirixente do Estado e
43
daqui que lhe parecese lóxico que esta clase non regatease esforzos, por moi titánicos que fosen, por construir o seu próprio Estado. Sen indústria pesada e sen proletariado non podia haber socialismo. A indústria pesada seria a base económica, o proletariado a base social. Sen planificar a marchas forzadas para crear a base económica e social socialista non pode dar-se o Estado proletário. Pero isto a comezos da coxuntura nepista debia soar a teoria abstracta porque a NEP trouxera un respiro nas miserentas condicións materiais de existéncia. Asi, cando se reuniu o XIIº Congreso do PB (Abril,1923), sen a asisténcia do gravemente enfermo Lénin, non se tomou a decisión de cambiar de rumo apesares de que Trótski expuxo teórica e graficamente a “crise das tixeiras”, é dicer, a diferenza crecente entre os altos prezos dos produtos industrais e os baixos prezos agrícolas, o que punha en solfa a idea de construir o Estado proletário através da NEP, “ a paso de tartaruga” como lhe gustaba dicer a Bujárin. Só o poder crecente dos kulaks e dos nepistas na sociedade soviética e, xa que logo no partido, fará variar a posteriori a nao, mais numha coxuntura política no interior do PB onde o poder da burocrácia xa será dominante. O Xº Congreso do PB tentara disciplinar ao conxunto da militanza nun tempo de crise profunda. Pero o que militantes como Lénin e Trótski consideraban como umha retirada momentánea, meramente coxuntural, a burocrácia nacente no Partido vai entendé-lo como o pistoletazo de saida para o mando e ordeno. A coxuntura nepista trae o medre do aparato do PB. Hai que controlar umha coxuntura neo-capitalista cun só partido político. Un partido que se ten que ocupar do Estado e que representa na prática a todos os seitores sociais soviéticos. Velhos bolcheviques protestan contra o auxe do aparato, contra a designación a dedo dos cargos. Os revolucionários bolcheviques son conscientes do perigo de deformación que corre o PB. Para loitar contra isto van efectuar umha purga política e potenciar o “Rabkrin”. A primeira purga política tivo lugar no ano 1921. O PB creou uns tribunais internos que examinaron os antecedentes e o comportamento dos membros do PB. Estes tribunais eran abertos, con luz e taquígrafos. Através deles decidiu-se que entre 150 ou 200 mil membros do PB, 1/3 da sua militanza, eran indignos de pertecer ao Partido por corruptos, arribistas ou, simplesmente, por caréncia de conciéncia política revolucionária.A sanción era a expulsión do PB, o que conlevaba, na maioria dos casos, que os expulsados non pudesen ocupar postos relevantes na superestrutura soviética. O obxeto desta purga era exclusivamente conservar puro o Partido para manter a perspectiva revolucionária. Porén, aconteceu con esta medida 44
o mesmo, mutatis mutandis, co que ocurriu coa proibición de formar fraccións que ditou o Xº Congreso do Partido Bolchevique, que co tempo convertiu-se numha ferramenta nas maos da burocrácia para eliminar estatutariamente do PB aos portadores da linha bolchevique. A Rusia soviética sufria as deformacións próprias dumha revolución isolada. Outra ferramenta creada para loitar contra a dexeneración burocrática no seo do Partido e do Estado fora o Rabkrin ( Comisariado do Povo para a Inspección por Obreiros e Campesinhos ). Nel depositara Lénin moita confianza. Fora creado no 1920, e desde aquela até Maio do 1922 estivera presidido por Stálin. Xa no mesmo ano 1920 Trótski atacara ao Rabkrin argumentando que lonxe de motivar o funcionamento dos aparatos do Estado o que facia era entorpecé-los polos seus ineficaces métodos de inspección. Nun primeiro momento Lénin defendeu ao Rabkrin. Pero en Febreiro do 1923 escrebe un artigo, que verá a luz na Pravda do dia 4 de Marzo, intitulado “Máis vale pouco e bon”. Nel ataca frontalmente o funcionamento do Rabkrin e, xa que logo, aos seus responsábeis pretéritos e presentes. Lénin neste artigo afirma que o “noso aparato estatal atopa-se nun estado tan lamentábel, por non dicer detestábel” (V.52, p.801), que require umha reflexión acougada para crear un instrumento que loite contra a deformación burocrática no Estado e no Partido xa que “ no noso país hai burocrácia non só nas institucións dos Sóviets senón tamén nas do Partido” (V.52, p.808). O instrumento para combater a burocrácia non pode ser o Rabkrin porque, di Lénin, falando “con franqueza , o Comisariado do Povo da Inspección Obreira e Campesinha non goza actualmente nen da máis lixeira sombra de prestíxio” (V.52, p.804). Ten que ser un novo Rabkrin que liderado por obreiros conscientes e funcionários cultos poda combater o burocratismo xa que “só depurando ao máximo o noso aparato, reducindo ao máximo todo o que non sexa absolutamente indispensábel nel manteremo-nos con seguridade” política. (V.52, p.814). E remata decindo que se se consegue a depuración, “estaremos en condicións de mantermonos non ao nível desta estreitez xeralizada, senón a un nível que se ergue e avanza contínua e ininterrumpidamente cara a grande indústria mecanizada. Velaqui as elevadas tarefas coas que eu sonho para a nosa Inspección Obreira e Campesinha” (V.52, p.814). Coma sempre, Lénin propunha transitar novos caminhos e isto non o asimilaban alguns “dirixentes” soviéticos, ademais de non encaixar nada ben as críticas. É moi importante sinalar para comprender o auxe que se estaba dando da estrutura e mentalidade burocráticas , que antes de se publicar o artigo na Pravda este foi debatido no Politburó. O Politburó estaba composto daquelas polo próprio Lénin, que non acudia xa ás xuntas por estar enfermo, Trótski, Stálin, Zinóviev, Kámenev, Bujárin e Tómski. 45
Agás Trótski, todos estaban en contra da publicación do artigo de Lénin. Mais como Lénin teimaba pola sua publicación através de Krúspkaia, un membro da Secretaria Xeral do PB, Kuibishev, propuxo imprimir un número falso de Pravda para mostrar-lho a Lénin !! Endebén, isto por entón inda resultaba escandaloso, mais a idea de censurar maquiavelicamente ao próprio Lénin xa indica o nível burocrático que se estaba dando na cúspide do PB. Kámenev puxo-se de parte de Trótski e o Politburó tivo que publicar o artigo de Lénin, iso si, pondo-lhe data do 2 de Marzo para non ter que dar explicacións das causas que levaran a demorar a sua publicación. 13. Lénin, a derradeira batalha Os anos 1922-23 van ser cruciais para o futuro da Rúsia soviética mercé á merma da capacidade política de Lénin, como produto da sua incurábel enfermidade, e ao fracaso da revolución na Alemanha de Weimar. Ambas as duas cousas posibilitarán o proceso de dereitización e burocratización do Partido Bolchevique, ao que se oporán Trótski e umha nova Oposición nada ao redor do “Programa dos 46”. A meados do ano 1922 Lénin estaba irremediabelmente enfermo. Se xa no ano 1921 se vira forzado a reducir a sua longa xornada de trabalho e a tomar un descanso en Górki, o 25 de Maio do 1922 sufria un ataque de apoplexia que lhe paralisaba toda a parte dereita do seu corpo. Consciente do pouco tempo que lhe restaba, apresurou-se a dar as suas derradeiras batalhas políticas, nas que Trótski será o seu aliado natural. Lénin comezou a ditar-lhe ás suas secretárias umha série de notas o 23 de Decembro do 1922, que a posterioridade reconhecerá-as co nome de “Testamento”. A sua retirada forzosa do timón do PB e do Governo Soviético trouxo o nacimento da troika formada por Zinóviev, Kámenev e Stálin. Os tres, membros do Politburó, facian xuntas fraccionais onde decidian a sua postura comun antes das xuntanzas do Politburó, órgano político máximo do PB. A natural alianza política entre Lénin e Trótski xa se puxera de manifesto na cuestión do monopólio do comércio exterior. Numha ocasión o Comité Central decidiu, en auséncia de Lénin e Trótski, debilitar o controlo sobre as transaccións comerciais co exterior. Lénin axinha reaxiu e numha carta a Trótski, datada o 13 de Decembro do 1922, pediu-lhe axuda política nestes termos: “Prego-lhe encarecidamente que se encargue de defender na próxima sesión plenária [do CC] a nosa opinión comun sobre a necesidade de manter e reforzar o monopólio do comércio exterior” (V.23, p.73). Trótski defendeu esta posición comun con total éxito diante do Comité Central o que lhe valeu a entusiastica felicitación política de Lénin: “Camarada Trótski: Polo visto, conquerimos tomar a posición sen 46
disparar un só tiro, através dumha simples manobra. O meu parecer é que non debemos deter-nos aqui, senón seguer atacando” (V.93, p.504). Na cuestión nacional tamén coincidian plenamente Lénin e Trótski, tal é asi que Trótski na sua “História da Revolución Rusa” sentenzará: “a política nacional de Lénin entrará para sempre no património da humanidade” (V.100, p.285). Pois ben, en Decembro do 1922 o Congreso dos Sóviets aprobou a creación da “Unión das Repúblicas Socialistas Soviéticas”. Porén, Lénin non as tinha todas consigo. Chegaran-lhe notícias do proceder chauvinista ruso de Stálin –apesares de ser el xeorxiano- e do seu aliado político Ordzhonikidze cos camaradas xeorxianos. Estes, perante as actuacións chauvinistas que vinhan de Moscovo co obxetivo de someter a Xeórxia á Federación Rusa através da Unión, acusaron a Ordzhonikidze de “emisário imperial”. A tensión entre os dirixentes comunistas xeorxianos e os enviados de Stálin foi tal que Ordzhonidze deu-lhe umha labazada a un comunista xeorxiano. Ecos deste enfrentamento chegaron-lhe ao enfermo Lénin. Umha comisión investigadora, presidida por Dzerzhínski, partiu para Tíflis. Á volta a Moscovo Dzerzhínski tivo umha conversa con Lénin. O 30 de Decembro do 1922 Lénin ditaba-lhe á secretária Maria Volódicheva o texto “Acerca do Problema das Nacionalidades ou sobre a Autonomia” que di, entre outras importantes cousas, “ Parece-me que incurrin numha grave culpa perante os obreiros de Rúsia por non ter intervido coa suficinte enérxia e dureza no problema da autonomia (...). Conversei co camarada Dzerzhinski (...). O que me dixo o camarada Dzerzhinski, que presidia a comisión enviada polo CC para investigar o relativo ao incidente de Xeorxia, non podia deixar-me temores máis grandes (...). Di-se que era necesária a unidade do aparato que en realidade é-nos alheo por completo e constitue umha mistura burguesa e zarista (...). Nestas condicións é moi natural que a “liberdade de separar-se da unión”, coa que nós nos xustificamos, sexa un papel molhado incapaz de defender aos non rusos da invasión do ruso xenuino, chovinista, no fondo un home miserábel, e dado á violéncia como é o típico burócrata ruso (...). Coido que neste asunto exerceu umha influéncia fatal as presas e os afáns administrativos de Stálin (...). Plantexa-se xa un importante problema de princípios: como comprender o internacionalismo” (V.52, pp.773-775). Lénin voltou á carga ao dia seguinte, 31 de Decembro, teimando: “ É preciso distinguir entre o nacionalismo da nazón opresora e o nacionalismo da nazón oprimida (...). O internacionalismo da nazón opresora (...) non debe reducir-se a observar a igualdade formal das nazóns, senón tamén a observar umha desigualdade que de parte da nazón opresora, da nazón grande, compense a desigualdade que se produce na prática da vida. Quen non tenha comprendido isto non comprendeu a posición verdadeiramente proletária frente ao problema nacional” (V.52, pp.775-776). Diante da imposibilidade física de poder defender a sua própria postura nos órganos 47
do Partido, Lénin envia-lhe umha nota a Trótski, con data de 5 de Marzo do 1923, na que, despois de advertir que é rigorosamente secreta, di: “Estimado camarada Trótski: Prego-lhe a vosté moi encarecidamente que se encarge de defender no comité central do partido a causa de Xeorxia (...). Se vosté quixera facer-se cargo da defensa quedaria-me tranquilo” (V.93, p.506). Pero o matinar de Lénin ia ao epicentro do problema político: á dirección do PB. Tal é asi que o seu “Testamento” comezado o 23 de Decembro do 1922 empeza precisamente polo CC, proponhendo a sua ampliación, e segue o dia 24 caracterizando aos máis significativos dirixentes do CC, que no tocante a Stálin e Trótski, os “dous destacados xefes do CC actual”, di: “O camarada Stálin, chegado a Secretário Xeral, concentrou nas suas maos un poder imenso, e non estou seguro que sempre saiba utilizá-lo coa suficinte prudéncia. Por outra parte o camarada Trótski (...) non se distingue unicamente pola sua grande capacidade. Persoalmente, quizais sexa o home máis capaz do actual CC, pero está demasiado ensoberbecido e demasiado atraido polo aspecto puramente administrativo dos asuntos” (V.52, p.764). Mais Lénin segue-lhe dando voltas ao asunto e uns dias despois, o 4 de Xaneiro do 1923, teima, centrando-se na figura de Stálin, da seguinte maneira: “Stálin é demasiado brusco, e este defecto (...) fai-se intolerábel no cargo de Secretário Xeral. Por iso proponho aos camaradas que pensen a forma de pasar a Stálin a outro posto e nomear para este cargo a outro home (...) que sexa máis tolerante, máis leal, máis correcto e máis atento cos camaradas” (V.52, p.765). Esta era umha bomba política contra Stálin, e asi a tomou o xeorxiano que ao conhecer as notas através das duas secretárias de Lénin, Lídia Fótieva e Maria Volódicheva, á sua vez pasmadas de espanto político, quedou petrificado. Endebén, a deusa Fortuna veu-lhe a sonrir ao xeorxiano xa que Lénin empeoraba por momentos polo que estaba claro que non ia poder acudir ao XIIº Congreso do PB e Trótski, desouvindo pretéritas recomendacións de Lénin, non atacará nen a Stálin nen á sua política. Que o “Testamento” o redactou Lénin nun estado de plena lucidez demostra-o a anticipación que fai da loita que se dará no PB entre Stálin e Trótski, polo que habia que “prever a escisión” (V.52, p.765). Neste momento non se lhe pasaba a ninguén pola cabeza que Stálin pudera sustituir a Lénin, só Lénin preveu esa posibilidade: “o que escribin antes acerca das relacións entre Stálin e Trótski non é umha pequenez, ou trata-se dumha pequenez que pode adquirir importáncia decisiva” (V.52, p.765). Asi foi. Podemos considerar que a estas alturas Lénin xa se decantara claramente por Trótski. Os dados son óbvios: mentras que pedira en várias ocasións que Trótski fose nomeado vice-presidente do governo soviético, que defendera en nome dos dous no CC o monopólio do comércio exterior asi como a cuestión xeorxiana, agora pide a destitución de Stálin. Seu fio 48
evolutivo está claro. Stálin estaba politicamente acabado para Lénin, e este seguia a ser o líder indiscutido do Partido. De ter vivido máis Lénin a morte política de Stálin estaba cantada. O XIIº congreso do PB comezou a meados de Abril do 1923. Previamente Trótski fixera-lhe saber a Stálin, através de Kámenev, que el non queria que rodasen cabezas e que só desexaba umha colaboración honrada entre camaradas. Deste xeito, Trótski non fixo uso da información que tinha durante o Congreso. Ao revés, mostrou-se distante perante as críticas que se lanzaron contra a troika, que aqui fixo-se oficial, e limitouse a falar sobre a planificación económica. E inda por riba, non só non atacou a burocratización galopante senón que se mostrou solidário coas chamadas que a troika fixo para extremar a disciplina. Trótski non soubo prever a futura loita no seo do PB. No tocante ao partido seguia sendo un “conciliador”, como nos tempos en que o POSDR estaba dividido entre bolcheviques e mencheviques e el situaba-se por enriba das duas fraccións. A sua indecisión impediu-lhe presentar a sua candidatura a líder do Partido, que en rigor histórico lhe pertecia. Non se decatou que aqui a loita entre persoas era a loita entre programas? É dificil pensar isto. Seguramente tinha a esperanza de que Lénin se recuperara e tivo pudor a presentar-se como o que era, o continuador da obra de Lénin. Este erro táctico pagará-o caro Trótski e o quel representa, a revolución. O Congreso voltou a elexer a Stálin como Secretário Xeral. A nova Comisión Central de Controlo estaria presidida por Kuibishev, aquel que moi pouco tempo atrás propuxera ensinar-lhe a Lénin un exemplar de Pravda falso para acalar as suas críticas. 14. Alemanha, a revolución fracasada Se a irreversíbel enfermidade de Lénin permitira a subida política pública ao poder da troika, a coxuntura política europea consolidará-a. Ao batacazo que sufriron os comunistas búlgaros no seu próprio país veu-se a sumar o fracaso da revolución na Alemnha, país que polo seu desenvolvimento científico-técnico e pola sua enorme masa proletária o seu proceder era determinante para o trunfo da revolución ou da contrarevolución na Europa. A Alemanha de Weimar está convulsionada pola crise económica. A mega-inflación informa-nos vivamente, se umha libra esterlina se cotizaba a 50 mil marcos no mes de Xaneiro do ano 1923, en Agosto cotizará-se a máis de 5 milhóns. O Estado non ten fondos, a pequena-burguesia afundese, o nível de subsisténcia da clase trabalhadora baixa cada dia e o campesinhado armacea vitualhas. Debido á catastrófica realidade económica a axitación social é contínua. A enorme convulsión social pon á revolución na orde do dia. Manifestacións constantes, folgas contínuas. No 49
seo da clase operária organizan-se grupos armados, as “centúrias proletárias”. Nos laenders de Saxónia e Turínxia socialdemócratas de esquerda e comunistas forman governo. Pode trunfar a revolución? Pode, neste momento na Alemanha hai un poderoso Partido Comunista (KPD), con máis de 200 mil militantes e moi influinte na vida social. Ademais, está asistido pola Internacional Comunista. Pero os dirixentes do KPD non se sinten politicamente auto-suficintes. Asi, o seu secretário xeral, Heinrich Brandler, viaxa a Moscovo para pedir intrucións e solicitar que Trótski se traslade a Alemanha para dirixir a insurreizón. A troika non o permite, só faltaba que Trótski voltase como líder vitorioso da revolución alemana. Comisiona-se a Rádek e Piatakov. Formula-se un plano de actuación para efectuar a insurreizón, pero nen os comisionados pola troika nen o mesmo Brandler acreditan no trunfo. Á última hora, o 21 de Outubro, suspenden a insurreizón, mais esta dá-se isoladamente en Hamburgo o que posibilita que o governo berlinés envie tropas e a aplaste despois de vários dias de combate. O desánimo cunde. Outra oportunidade perdida. A Rúsia soviética segue isolada. Na Alemanha do 1923 viu-se, en palabras de Trótski, “umha demostración clásica da maneira como pode desaproveitarse umha situación revolucionária excepcional e de importáncia histórica mundial” (V.101, p.16). 15. A troika, umha dirección fraccional A irreversibilidade da enfermidade de Lénin deu-lhe azos á troika formada por Stálin, Zinóviev e Kámenev, que xunto con Trótski, Bujárin, Tómski e o ausente Lénin formaban o Politburó do Partido Bolchevique. Como o triunvirato facia xuntas fraccionais, é dicer, xuntanban-se para decidir a priori, era doado que obtiveran a maioria xa que os outros non formaban un bloco. Desta maneira o proceder da troika viciaba os debates. E todo isto acontecia numha durísima realidade económica que xeraba mobilizazóns da clase obreira e dialéctico malestar na militanza histórica do PB. Para combater as fisuras políticas no PB nadas da prosaica realidade, a troika propuxo a directa represión dos militantes díscolos, alguns dos cais calificaban á NEP como a “Nova Explotación do Proletariado”, entre eles a fracción “Grupo Obreiro” encabezada polos trabalhadores Miasnikov, Kuznetsov e Moiseiev, todos eles membros do partido desde 1905. Outra fracción semelhante era “Verdade Obreira”. Á sua represión adicou-se Dzerzhínski, que era o chefe da Cheka (GPU) desde a sua fundación. Nas suas pescudas atopou-se con que moitos militantes os consideraban bons camaradas polo que non se prestaban a declararen escontra deles. Diante desta situación Dzerzhínski recurriu ao Politburó esixindo que todo militante do PB tinha a obriga de denunciar á GPU aos díscolos. 50
Trótski reaxiu de imediato. Umha cousa era utilizar á policia política contra os inimigos da revolución e outra moi diferente era utilizá-la para acalar as críticas no seo do PB, algo que non tinha precedentes ha história do partido. Asi as cousas, Trótski escrebeu umha carta ao CC o 8 de Outubro do 1923, que entre outros diceres aseveraba: “O réxime actual (...) está máis alonxado da democrácia obreira que o réxime do periodo máis riguroso do comunismo de guerra” (V.23, p.111). É máis, dera-se “un extraordinário deterioro da situación no seo do partido despois do XII Congreso” xa que “a burocratización do aparato do partido desenvolveuse numhas proporcións inauditas mercé á utilización do método de selección que leva a cabo o secretariado” (V.7, p.242). Como se esta carta fose un toque a rebato, ao cabo dumha semana, concretamente o dia 15, cuarenta e seis membros eminentes do PB envianlhe umha carta ao Politburó. Esta carta, conhecida na historiografia como “O programa dos 46”, comezaba asi: “A extrema gravidade da situación obriga-nos ( en interese do noso partido, en interese da clase trabalhadora) a manifestar con enteira claridade que continuar coa política que segue a maioria do Politburó ameaza con carrexar a todo o partido lamentábeis reveses” (V.16, p.364). Falaba-se sen tapuxos da “incapacidade da xefatura do partido, tanto no domínio económico como nos das relacións internas do partido” (V.16, p.364). E advertia, “se no futuro imediato non se muda radicalmente esta situación, a crise económica da Rúsia Soviética e a crise da ditadura fraccional dentro do partido asestará rudos golpes á ditadura dos trabalhadores de Rúsia e ao Partido Comunista Ruso” (V.16, p.366). Os 46 pediron que o CC puxera este documento no conhecimento de toda a militanza tal e como estabelecia a prática comun no PB. A troika rexeitou ese pretérito procedimento político. Agora ben, non se podia dar un simples carpetazo á Carta dos 46 porque todos eles eran significados cadros do PB: Preobrayénski, por exemplo, era xunto con Bujárin o economista máis prestixioso do partido; Antonov-Ovseenko era o principal comisario político do Exército Vermelho; Iván Smirnov fora o vencedor de Kolchak; etcétera. Os triunviros acusaron a Trótski de ser o instigador da Carta dos 46 e de ambicionar o poder. Calificaron as internas e claras manifestacións de Trótski e dos 46 como un exercício fraccional, contrário aos acordos do Xº Congreso (1921). Porén a troika viu-se obrigada a manifestar-se e o 7 de Novembro, por boca de Zinóviev, prometeu restaurar a democrácia no interior do PB. A discusión extendeu-se á Pravda, a células do partido, ao CC da Mocidade Comunista e a células do Exército Vermelho. O 7 de Novembro Zinóviev abre o debate na Pravda reconhecendo formalmente que “desgraciadamente, a maioria das cuestións esenciais arranxan-se de antemao desde enriba” (V.7, p.244). O dia 28 intervén
51
Preobrayénski: “Resulta característico que na época na que estabamos arrodeados de frentes a vida do partido revelase moita máis vitalidade e a independéncia das organizacións fora moito maior. [Hoxe] acontece que non só non temos avanzado nen un paso respeto ao periodo de comunismo de guerra senón que, polo contrário, temos intensificado o burocratismo, a petrificación e o número de cuestións que se deciden a priori desde enriba” (V.7, p.246). O 2 de Novembro Stálin non ten milhor argumento que dicer: “É preciso ponher límites á discusión, impedir que o partido, que constitue umha unidade combatente do proletariado, se convirta nun clube de discusións” (V.7, p.246). O dia 5 o Politburó, para intentar controlar os ánimos, emite umha resolución na que cinicamente se asume a necesidade de que “o partido debe emprender umha séria modificación da sua política no senso dumha aplicación metódica e estrita da democrácia obreira” (V.7, p.247). O 10 de Decembro publica-se a carta que Trótski remitiu a umha organización do partido: “A nosa mocidade non debe limitar-se a repetir as nosas fórmulas. Debe conquistá-las, asimilá-las, formar-se a sua própria opinión e, asimesmo, ser capaz de loitar polos seus obxetivos co valor que confire umha profunda convición e umha grande independéncia de critério. Fóra do partido a pasiva obediéncia que obriga a seguer mecánicamente o paso que marcan os chefes!! Fóra do partido a impersoalidade, o servilismo e o carreirismo!! O bolchevique non só é un home disciplinado senón tamén un home que en cada caso e sobre calquer cuestión, forma-se umha opinión sólida e defende-a valerosamante non só frente aos seus inimigos senón no próprio seo do partido (...). Ante todo, é preciso apartar dos cargos dirixentes a aqueles que desde a primeira expresión de protesta ou de obxeción blandan contra os críticos o raio das sancións” (V.7, pp.248249). Fan-se asembleas do partido en Moscovo (11, Decembro) e Petrogrado (dia 15) onde os argumentos de Trótski e dos 46 toman pulo.Inda seguen a sair artigos na Pravda, pero o seu director é despedido por escreber o dia 16 de Decembro que “a calúnia e as acusacións infundadas converteron-se nas armas de discusión de numerosos camaradas” (V.7, p.252). Efeitivamente, o dia anterior Stálin acusara a Trótski de “menchevique infiltrado” (V.7, p.251) no partido. Estaba-se comezando a utilizar por parte da troika e os seus corifeus a mentira e o insulto como método político. Era normal, os argumentos políticos dos que se opunhan ao proceder da troika tinhan impacto no seo do Partido. Umha mostra, o 11 de Decembro celebrou-se umha xuntanza da organización do partido en Moscovo na Casa dos Sindicatos. Pois ben, ali só Iaroslavski, secretário da comisión central de controlo, falou directamente en contra de Trótski e foi abucheado pola asemblea comunista. Mesmo Kámenev reconheceu que “soa ben dicer: eu estou dacordo con Trótski” (V.16, 52
p.314). Efeitivamente, a base do Partido via a Trótski como o companheiro de Lénin. Entre o 28 e 29 de Decembro a Pravda publica umha série de textos de Trótski, que xa eran conhecidos entre a militanza, co nome xenérico de “Novo Rumo”. Di neles que “o partido vive en dous níveis: o nível superior no que se toman as decisións, e o inferior no que se limitan a conhecer as decisións” (V.7, p.253).Teima na denúncia de que “o burocratismo do periodo de guerra era ínfimo en comparación co que se ten desenvolvido en tempos de paz” (V.7, p.253).Tamén reflexiona sobre as fraccións no seo do partido, que deben ser evitadas na medida do posíbel pero como o PB é o único partido do Estado Soviético e como ten perto de 500 mil membros non “chega con declarar que os grupos e fraccións son un mal para evitar a sua aparición” (V.7, p.254), lembrando que o PB está precisamente governado por umha fracción, a “fracción burocrática conservadora” (V.7, p.254). O éxito das teses de Trótski e dos 46 é tan importante que a troika botará mao do aparato para decapitar a esta nacente oposición, que non está organizada como fracción. Corta-se o debate na Pravda, nomea-se a eminentes oposicionistas (Ioffe, Rakóvski, etc.) como diplomáticos para alonxá-los da loita política, destitue-se a Antonov-Ovseenko como comisário político do Exército Vermelho porque as células do exército votan a favor das teses da oposición. Asimesmo, é destituido na sua totalidade o CC das xuventudes do partido porque estaba a favor dos argumentos de Trótski e dos 46. E como colofón, nomea a dedo aos delegados á XIIIª Conferenza do PB para dar-lhe a puntilha á nacente oposición. A XIIIª Conferenza comeza o 16 de Xaneiro do 1924. Nela o triunvirato prepara e fai aprobar umha resolución na que denuncian a Trótski e aos 46 como uns “desviacionistas pequeno-burgueses do leninismo” (V.23, p.130). Perante este brutal ataque da troika refrendado polo aparato do partido alguns oposicionistas, que viran como nos debates moitos militantes se posicionaban con eles, desmoralizan-se. Mesmo haberá militantes que se suicidan, como Lutovinov, Evguenia Bosch e Glazman, entre outros. 16. A morte de Lénin Asi estaban as cousas no PB mentras Lénin agonizaba. O 18 de Xaneiro Trótski, que por enfermidade xa non pudera asistir á Conferenza, parte por prescripción médica para o Mar Negro nun intento de repor-se dumhas extranhas febres que non o deixan. Ao chegar a Tbilisi o dia 21 recibe umha contundente noticia: morreu Lénin!! Efeitivamente, Lénin morrera ese mesmo dia 21 ás 18,50 en Górki. Imediatamente Trótski pon53
se á fala con Stálin e comunica-lhe a sua intención de regresar ipso facto a Moscovo. Stálin di-lhe que o enterro efectuara-se ao dia seguinte, o 22, e que polo tanto non lhe daria tempo de voltar. Era umha mentira calculada xa que o enterro de Lénin celebraria-se o dia 27. A auséncia de Trótski pareceu-lhe anormal a próprios e alheos. En Tbilisi piden-lhe a Trótski que diga umhas palabras sobre a morte de Lénin. Pon-se a escreber inda que se sinte incapaz e anseia estar só. Porén, escrebe umhas linhas nas que a sua orfandade política queda diafanamente reflectida: “Lénin xa non existe. Xa nos quedamos sen Lénin” (V.93, p.535). Ao pouco continuaba viaxe á cidade de Suchum, na costa do Mar Negro. Estando ali recibe umha carta da camarada e agora xa viuva de Lénin, Krúpskaia, que di: “Querido Lev Davídovich: Escrebo-lhe a vosté para comunicar-lhe que Vladimir Ilich puxo-se a ler o seu libro aproximadamente un mes antes de morrer, e co deixou na pasaxe na que tracexa vosté a fisonomia de Marx e de Lénin. Pediu-me que lhe volta-se a ler estas páxinas, e, despois de escoitar a leitura atentamente, el mesmo quixo colher o libro e voltá-las a repasar. Outra cousa queria dicer-lhe, e é que as relacións que uniron a Vladimir Ilich con vosté desde o dia que se presentou en Londres, vindo de Sibéria, non mudaron até a hora da sua morte. Desexo-lhe a vosté, Lev Davídovich, forzas e saude. Umha forte aperta de N. Krúpskaia” (V.93, p.536). Explica-nos o mesmo Trótski que o libro ao que fai mención Krúpskaia era un pequeno texto onde el dibuxaba umha semblanza de Lénin, e, na pasaxe citada, umha semelhanza entre Marx e Lénin. Relembrando aquela sua própria comparanza, Trótski sentenza: “Marx e Lénin, duas figuras tan intimamente unidas pola história, e á par tan diferentes, son para min os dous cumes máis altos aos que pode chegar o poder espiritual do home” (V.93, p.537). Mentras, en Moscovo facian-se os preparativos para enterrar -nunca milhor dito- ao indiscutíbel líder da revolución. Na víspera do enterro o Congreso dos Soviets celebrou umha sesión en memória de Lénin na que falaron, por esta orde, Kalinin, Krúpskaia, Zinóviev e Stálin. O xeorxiano introduxo umha letánia en vez de facer umha reflexión sobre o finado. Asi, facendo-se o apoucado aluno que aspira a sumo sacerdote, dixo,ao menos por seis veces, “Xuramos-che, camarada Lénin, que cumpliremos con honor este mandamento” (V.16, p.345). Os “mandamentos” eran, entre outros, “cuidar a unidade do noso partido”, “conservar e fortalecer a ditadura do proletariado” asi como que “robusteceremos e ampliaremos a unión dos trabalhadores de todo o mundo: a Internacional Comunista” (V.16, pp.345-346). A História convertirá-o nun perxuro.
54
Tamén se decidiu nesta xuntanza cambiar o nome de Petrogrado polo de Leningrado, proposta na que todo o mundo estivo dacordo, e conservar o cadáver de Lénin nun museu á beira das muralhas do Krémlin, ao que se opuxo talhantemente Krúpskaia, oposición na que teimou publicamente numha carta publicada na Pravda do 30 de Xaneiro, que reproducimos: “Tenho que pedirlhes un grande favor: non permitan que a sua mágoa por Ilich tome a forma dumha reveréncia externa pola sua persoa. Non lhe ergan monumentos comemorativos, non ponhan seu nome aos pazos, non celebren actos solenes no seu honor, etc. Cando el vivia tudo isto tinha-lhe sen cuidado. Lembren que no noso país inda hai moita pobreza e moito abandono. Se vostés desexan honrar a memória de Vladimir Ilich, construian xardins de infáncia, casas, escolas, librarias, centros médicos, hospitais, fogares para os impedidos, etc. e, sobretodo, ponhamos en vigor os seus preceitos” (V.16, p.347). Tamén Trótski, ao se enterar desta decisión, se oporá frontalmente: “Apesares da minha protesta erixiu-se aquel mausoleu indigno e humilhante para un revolucionário” (V.93, p.541). O enterro celebrou-se o domingo 27 de Xaneiro do 1924. O cadaleito sacou-se da Casa dos Sindicatos, onde fora visitado por miles de persoas, e levou-se até a Praza Vermelha onde se depositou nun improvisado monumento que axinha seria sustituido polo mausoleu. 17. Indivíduo e História Se a soa enfermidade de Lénin posibilitara o funcionamento dumha troika fraccional e o incremento do burocratismo e do centralismo, a sua morte vai ser catastrófica para o desenvolvimento da revolución. Por que, Lénin só era un home. Para contestar axeitadamente impon-se umha reflexión sobre o papel do indivíduo na História. A persoa xoga un papel no proceso histórico, este papel está condicionado pola realidade histórica pero non determinado. Un líder político é un produto da história pero tamén o é da sua própria individualidade. História e Natureza interrelacionan-se. A coxuntura é o marco histórico concreto onde o indivíduo verte a sua própia experiéncia e actitudes. Se numha coxuntura dada a vitória ou a derrota dumha clase social inda non está decidida pola relación de forzas a persoalidade xoga un papel vital, trascendente. Asi, de ter vivido Lénin uns anos máis en boas condicións físicas e psíquicas o rumo da História poderia ter cambiado. E isto umha esaxeración? Vexamos. Polo pasado proceder de Lénin é loxico colexer que se estivera en plena forma no 1924 teria aconselhado e apoiado no 1923 adecuadamente á dirección do PCA para que intentase levar á vitória á clase trabalhadora alemana, que esta inda asi pudera conquistar o poder non é seguro. O que é seguro é que polo 55
liderazgo que Lénin tinha no Partido, ganhado no proceso histórico, Stálin teria sido destituido como secretário xeral do PB, que os órganos de dirección do PB baixo a batuta e a experiéncia acrecentada de Lénin terian sido un dique contra o arribismo, preservando a pureza política do Partido, e contra os priviléxios, xa que manteria a escala de salários dos funcionários sen despegar-se da dos obreiros. O PB teria dinamizado a sua própria dirección co que Lénin teria sucesores políticos naturais. O PB potenciaria o proceder da Internacional Comunista, o que levaria aos PCs a ter máis influéncia na clase trabalhadora do país dado. O PB teria apoiado todo proceso revolucionário externo ( pense-se na revolución espanhola, o que teria acontecido se a Unión Soviética tivera mandado apoio militar a esgalha e cadros revolucionários) , que de trunfar suporia o fin do isolamento da URSS, novo pulo político para a clase trabalhadora soviética e, de dar-se nun país ocidental, apoio técnico para axudar a proseguer cumha milhor base técnica a industrialización e a colectivización, que inda sen apoio exterior terian-se feito pero contando coa clase trabalhadora e sen violéncias extremas no campo. Tudo isto teria suposto o debilitamento ou a morte política da casta burocrática porque a sua consolidación asentaba-se no isolamento político e na miséria material que trouxeran a Primeira Guerra Mundial, a Guerra Civil e o cordón sanitário dos governos “democráticos”. Naquela coxuntura, na que se decidia o avance ou a distorsión da revolución, a morte de Lénin foi umha casualidade causal. Isto non é facer ucronia, é facer umha reflexión sobre a capital importáncia dumha persoalidade dada nun momento concreto do proceso histórico. O caminhar da História procede do fio causal, e a persoalidade forma parte del. Trótski mesmo fixo, na sua auto-biografia, a seguinte reflexión: “Teria sido capaz Lénin de levar a cabo a renovación de persoas que se propunha dentro do partido? Naqueles momentos, indudabelmente” (V.93, p.504). Ben, prosigamos co relato histórico. . 18. Un caminho diferente Ríkov sustituiu a Lénin como Presidente do Conselho de Comisários do Povo, mais non era aqui desde onde se ia decidir a marcha da Rúsia dos Sóviets. Aos poucos dias de enterrar a Lénin o Comité Central do Partido Comunista Ruso (bolchevique) decide executar umha campanha de reclutamento político, acordada na XIIIª Conferenza, denominada cinicamente “Alistamento Lénin”. Esta “promoción leninista” levará ao PCR(b) uns 250 mil afiliados, máis do 50 por 100 da militanza do partido. Por que calificamos de cínica esta leva? Porque o alistamento non se facia baixo o baremo político de Lénin, que esixia que cada membro do Partido fose un cadro revolucionário. Mentras que estes miles de trabalhadores son reclutados polo aparato do partido, non seleccionados entre os membros 56
máis conscientes da clase trabalhadora, co obxetivo pre-determinado de utilizá-los politicamente por ser umha masa doadamente manipulábel pola sua bisonhez ideolóxica e porque lhe deberán o seu ingreso, e as prebendas que isto supón numha realidade material miserábel, ao aparato do partido. A dexeneración do Partido Bolchevique vai-se acelerar por esta mera aportación cuantitativa. Os cadros revolucionários, bolcheviques, non só se verán atacados polo aparato senón sumerxidos numha masa amorfa politicamente, o que acentuará a sua sensación de ilhamento. Este proceder reclutador está feito con toda a conciéncia política polo aparato como o demostra o dicer do aparatchik Molotov: “O futuro desenvolvimento do partido baseará-se sen lugar a dúbidas no Alistamento Lénin” (V.16, p.353). Trótski, anos despois, no seu libro “A revolución traizoada”, dirá: “Aproveitando a morte de Lénin, a burocrácia comezou a campanha de reclutamento chamada “promoción de Lénin”. As portas do partido, até entón ven vixiadas, abriron-se de par en par a todo o mundo (...). Tratabáse de afogar á vangarda revolucionária nun material humano desprovisto de experiéncia e persoalidade (...). Ao liberar á burocrácia do controlo da vangarda proletária, a “promoción de Lénin” deu-lhe un golpe mortal ao partido de Lénin (...). O centralismo democrático cedeu o seu lugar ao centralismo burocrático” (V.114, pp.115-116). Comeza-se a preparar o XIIIº Congreso do PCR(b), numha xuntanza prévia decide-se que se lea o “Testamento” de Lénin, non no Congreso do Partido, como queria Krúpskaia, senón numha xuntanza ampliada do CC a celebrar o 22 de Maio. O “Testamento” cae como umha bomba política entre a maioria dos congregados, que desconhecian a mesma existéncia do texto. Stálin está en apuros, xa que a estas alturas o seu poder exercido através do aparato non é ainda totalitário. O “Testamento” demostra sen paliativos que Stálin non gozaba da confianza política de Lénin. Impon-se, logo, seguer a recomendación de Lénin, é dicer, relevar a Stálin da Secretaria Xeral? Non, di Zinóviev, “os temores de Ilich non se confirmaron” (V.7, p.267). Co apoio de Kámenev pide, e obtén, que Stálin conserve a Secretaria Xeral. Trótski, que xa voltara a Moscovo e estaba presente na xuntanza, non di nada, non intervén. Por que? Considera que inda se pode dar a estas alturas, onde arrecian os insultos, as presións e as purgas contra os oposicionistas, umha loita política produtiva no seo do partido? Coa protesta de Krúpskaia, o CC vota por maioria que o “Testamento” non se de a conhecer publicamente. O XIIIº Congreso do PCR(b) inaugura-se o 23 de Maio. Se na 13ª Conferenza xa se atacara a Trótski e á desorganizada Oposición alcumando-os de “desviacionistas pequeno-burgueses do leninismo” (V.16, p.362), agora acrecenta-se o ataque xa que mesmo se lhe pide a Trótski, por boca de Zinóviev, que se retracte das suas críticas e que confese os seus
57
erros perante o Congreso. Esta petición era un feito completamente insólito no PB, que non tinha nengun precedente. Krúpskaia, na sua intervención, di que a petición de Zinóviev é umha “esixéncia psicoloxicamente inadmisíbel” (V.23, p.136). Trótski fará umha réplica breve e acougada, que lhe valerá os insultos dalguns burócratas. Numha parte da sua intervención di: “Xa afirmei que nada seria máis doado que dicer perante o Partido que todas estas críticas e declaracións, adverténcias e protestas eran totalmente erróneas. Porén, camaradas, eu non podo dicer tal cousa porque non o creo” (V.23, p.136). Pecha-se o Congreso ratificando o decidido na 13ª Conferenza e o proceder do CC, o que non impide que Trótski sexa eleito polo Congreso para o CC, e apesares de que Zinóviev e Kámenev lhe esixen a Stálin que se exclua a Trótski do Politburó este non aceita. Este proceder non era nengumha honesta mao tendida, como ian a demostrar os imediatos acontecimentos, senón un taimado quefacer dun supino maquinador. Pasaran xa case dous anos da ultima convocatória da Internacional Comunista, por fin, convoca-se o V Congreso a celebrar en Moscovo do 17 de Xunho ao 8 de Xulho do 1924. O acontecimento político máis importante que se dera a nível internacional antes desta xuntanza congresual fora, sen dúbida algumha, a revolución alemana do 1923. Pois ben, nada se fixo desde a dirección da IIIª Internacional para sacar lizóns políticas daquela derrota tan trascendente para o futuro caminhar da Rúsia soviética e da Europa enteira. Non se reconheceu que a meirande parte da culpa da impresentábel dirección da fracasada revolución fora do Comité Executivo da própria Komintern. Ao revés, bota-se-lhe toda a culpa ao CC do Partido Comunista Alemán (KPD). Porén, militantes como Rádek e o italiano Bordiga critican á dirección da IC. En vao, para a troika, liderada formalmente a nível internacional por Zinóviev, que seguia a ser o Presidente da IC, o importante era “bolchevizar” a Komintern. Como xa acontecera no caso do “Alistamento Lénin”, impunhase o cinismo conceitual xa que a denominada “bolchevización” da IC non era outra cousa que o sometimento da IIIª Internacional aos ditados de Moscovo. A IC xa non seria o Estado Maior da Revolución, como sempre quixeron Lénin e Trótski, senón un instrumento para a defensa dos intereses da nacente casta burocrática soviética. Asi, cando verdadeiramente finiquitaba o periodo bolchevique da IIIª Internacional a troika decia que a “bolchevizaba”, ironias da História. Para esta “bolchevización” era imprescindíbel eliminar aos críticos e descalificar a Trótski, até daquelas o seu teórico por exceléncia e un dos seus máximos líderes. A descalificación veu através do insulto político. 58
Para este menester Zinóviev utilizou sobretodo á xoven militante alemana Ruth Fischer que alcumou a Trótski, Rádek e Brandler de “liquidadores mencheviques” (V.7, p.271). Á vez, Trótski foi desposeido do seu posto no Comité Executivo da IC, que pasou a ocupar Stálin. A IC estaba morta como instrumento revolucionário da clase trabalhadora. A casualidade quixo que a Editorial do Estado tivera prevista para Outubro do 1924 a publicación do terceiro volume das obras de Trótski, adicado ao 1917. Trótski vai prologar este volume co seu folheto titulado “Lizóns de Outubro”. Neste texto descalifica indirectamente o proceso pseudobolchevizador que a troika efectuara no V Congreso da IC. Di Trótski: “Nestes tempos ten-se dito e escrito a miudo sobre a necesidade de bolchevizar a Internacional Comunista. Trata-se, efeitivamente, dumha tarefa urxente, indispensábel, cuxa proclamada necesidade fai-se sentir hoxe de xeito máis imperioso despois das terríbeis lizóns que o ano pasado nos deu na Bulgária e na Alemanha. O bolchevismo non é umha doutrina, ou non é só umha doutrina, senón un método de educación revolucionária para levar a cabo a revolución proletária. Que signhifica bolchevizar os partidos comunistas? Signhifica educá-los e seleccionar no seu seo umha equipa dirixente de tal xeito que non floxeen chegado o momento da sua Revolución de Outubro” (V.101, p.84). Porén, inda máis importante era que por vez primeira acometia-se umha análise das etapas da Revolución Rusa do 1917 e dos procederes que se deran na dirección do PB, co obxeto de que o Outubro Bolchevique pudera server de guia para a acción a futuras xeracións revolucionárias. Ao analisar o comportamento da dirección bolchevique ve-se que umha parte dela non estivera á altura dos acontecimentos revolucionários, nen antes da insurreizón, á que mesmo chegan a denunciar publicamente, nen despois da conquista do poder, cando querian pactar cos inimigos da própria toma do poder. Partindo da análise dun feito histórico concreto, Trótski explica como se debe comportar umha auténtica dirección revolucionária. Coa leitura do texto fai-se óbvio que Zinóviev e Kámenev, dous componentes da troika que governa o Estado Soviético, non estiveron á altura das obrigas que impunha a revolución: nen tiveran azos para conquistar o poder nen para conservá-lo. E ambas as duas cousas documenta-as Trótski á perfeizón citando por extenso textos coetáneos aos feitos da autoria de Zinóviev e Kámenev. Deste xeito, os dous triunviros non aparecen como uns avezados revolucionários dignos alunos de Lénin senón como uns timoratos políticos opostos a Lénin.
59
Mais a crítica implícita ao presente no texto continua, se a revolución alemana do 1923 fracasou foi porque o Partido Comunista Alemán (KPD) non tivo a dirección adecuada. Agora ben, o CC do KPD estivera asesorado polo Comité Executivo da IC, da que Zinóvieve era presidente, sen esquecer que a troika non tomara en consideración a petición dos comunistas alemáns de que Trótski fose a Alemanha a dirixir a insurreizón. Stálin non era mencionado no folheto pola sinxela razón de que en Outubro estivera en segunda linha, o que o punha a salvo da crítica. O texto de Trótski publica-se en Outubro. Ao comezo reina o silenzo, pero apartires do 12 de Novembro o aparato desencadea umha campanha de tal magnitude que pouco menos que o sepulta. Centos de notas, artigos e protestas publican-se cumha cadéncia diária contra Trótski. Os triunviros entran tamén en liza en Novembro cuns artigos cuxos títulos por si mesmos xa son abondo clarificadores do planificado do ataque e da linha divisória que se quer tracexar entre Lénin e Trótski: “Leninismo ou Trótskismo”, de Kámenev; “Trótskismo ou Leninismo”, de Stálin; e “Bolchevismo ou Trótskismo”, de Zinóviev. Neles acusa-se a Trótski de revisionista, liquidador do leninismo, etcétera. Pero o ataque a Trótski non se detén aqui. Saca-se-lhe o po e o contexto aos fortes debates políticos que houbo en determinados momentos entre Lénin e Trótski. Desenterran-se textos de antes da revolución onde Lénin e Trótski se punhan a parir. Deste xeito, Trótski queda convertido nun anti-leninista visceral que mesmo ousara insultar a Lénin. Pero hai máis, comeza-se a re-escreber a história: o papel de Trótski na Revolución de Outubro non fora tan importante... Era o início da falsificación da História, que andando o tempo eliminaria a Trótski dos textos escolares, das películas sobre Outubro e mesmo das fotografias históricas. A tralha fora terríbel, pero inda asi o CC advirte o 17 de Xaneiro do 1925: hai que “continuar coa empresa de desvelar o carácter antibolchevique do Trótskismo (...) e introducir nos programas para o ensino político a explicación das suas características pequeno-burguesas” (V.7, p.277). A loita contra o “Trótskismo” xa era oficial. Como colofón, Trótski é destituido do cargo de Comisário da Guerra a comezos do 1925, non sen certo temor por parte dalguns dos governantes soviéticos, que tinhan aseverado en conversas internas que Trótski poderia utilizar o Exército Vermelho para dar un Golpe de Estado. O que non podian entender aqueles que xa se estaban alonxando das tradicións revolucionárias de Outubro, foi o mesmo que, anos despois destes feitos, non comprendian as persoas que teimosamente lhe perguntaban a Trótski por que se deixara descabalgar do poder, cando a resposta é moi sinxela: 60
porque o obxetivo estratéxico para un marxista é construir o socialismo, e isto só se pode facer apoiandose na clase trabalhadora e non no exército, por moitas tradicións revolucionárias que este tenha. Asi, Trótski non estaba interesado en ser o Napoleón soviético, senón en esperar pola clase trabalhadora, en que esta recuperase os azos, o pulo, o entusiasmo perdido por culpa das derrotas da revolución fóra da Rusia Soviética e dos fracasos materiais e políticos que traian estas derrotas á mesma Rúsia Soviética. Trótski explicará-o á perfeizón nun artigo datado o 12 de Novembro do 1935: “Non hai nengumha dúbida de cun Golpe de Estado militar contra a fracción de Zinóviev, Kámenev, Stálin e os outros non presentaba neses dias nengumha dificuldade e que non teria costado nen siquer un derramamento de sangue; pero o resultado dese Golpe de Estado teria suposto umha marcha acelerada cara esa burocratización e esa bonapartización contra as que a oposición de esquerda decidira loitar” (V.117). Coa intención de neutralizar politicamente a Trótski, a troika vai nomea-lo, en Maio do 1925, presidente de tres comités técnicos: Comité de Concesións, de Explotacións Electrotécnicas e da Dirección CientíficoTécnica da Indústria. Trótski pon-se a estudar sobre química, hidraulica, visitar laboratórios, olhar experimentos, elaborar estudos comparativos entre a economia soviética e mundial, o que lhe permite demostrar estadisticamente o atraso soviético; cotexar o proxecto da construción da central hidraulica sobre o Dnieper , que o leva a perdir-lhe estudos a especialistas soviéticos, alemáns e estadounidenses; botar-lhe umha mirada ao imperialismo norteamericano e afirmar, o que será umha obviedade anos despois, os “EEUU porán a Europa a viver das racións norteamericanas e logo ditarán-lhe a sua vontade. Despois de ocupar o lugar da Grande Bretanha como o obradoiro e o banco do mundo, os EEUU tamén ocuparán o lugar da Grande Bretanha como a primeira poténcia naval e imperial do mundo (...). Estamos entrando numha época de desenvolvimento agresivo do militarismo norteamericano” (V.24, p.203). Asi, Trótski non se para, estuda, da charlas e...espera. A continuación da NEP está consolidando o capitalismo no campo, impedindo o despegue industrial e agudizando as contradicións sociais, realidade que se verá reflectida nos órganos de dirección do PCR(b). A agricultura segue a estar moi atrasada, pero co agravante de que os kulaks (campesinhos ricos na realidade soviética) producen o 60 por 100 dos produtos agrícolas postos no mercado, poseen o 50 por 100 das terras de labranza, tenhen o 60 por 100 da maquinária agrícola e son os patróns dos máis de 5 milhóns de agricultores pobres que están obrigados a alugar a sua forza de trabalho para sobreviver, recibindo salários inferiores aos que habia antes da guerra. Xa que logo, os kulaks controlan o campo
61
economicamente e precisan o controlo político.A indústria está obsoleta e isto impide que a clase trabalhadora medre a nível numérico e político. Na cidade impon-se o intermediário e o funcionário. Na Rúsia dos Sóviets está xerminando a restauración do capitalismo. Dous fornidos economistas, Evgueni Preobrayénski e Nikolai Bujárin, que no pasado trabalharan teoricamente en comun producindo o manual marxista “ABC do Comunismo”, e que hoxe representan, respectivamente, a esquerda e a dereita do partido no campo económico, van-se enfrentar radicalmente. Preobrayénski clama pola necesidade da industrialización para sair do atraso económico. Dado que a Rúsia Soviética é un país atrasado, esta teria-se que efectuar através da “lei de acumulación primitiva socialista” que subordina o campo á cidade e o consumo á produción. Para isto é imperioso planificar e centralizar a economia. Neste periodo a escasez de artigos de consumo e a burocratización son dous perigos continuados e será función do partido o seu controlo. É imprescindíbel atravesar esta etapa de transición o máis axinha posíbel para pasar a disfrutar das ventaxas dumha economia socialista, base da solidariedade e da democrácia. Bujárin califica este programa de “monstruoso”. Opón-se radicalmente a el. Estima que motivando e controlando a acumulación privada porá-se ao kulak e á pequena-burguesia, e mesmo aos burgueses, ao servizo do socialismo. Polo tanto, o que é necesário é quitar-lhe trabas ao kulak para que produza e acumule. Hai que dar-lhe prioridade ao consumo sobre prezos de mercado. Estas teses farán-se públicas no seu sonado discurso no Teatro Bolsoi en Abril do 1925: “Debemos-lhe dicer aos campesinhos, a todos os campesinhos: Enriquecede-vos, ampliade e desenvolvede as vosas granxas e non temades que se exerza limitación algumha sobre a vosa actividade” (V.7, p.286). O PCR(b) vai avalar na prática as teses de Bujárin, inda que o chame á moderación verbal, cumha série de medidas como autorización para alugar forza de trabalho, cretos para maquinária agrícola, disminución dos impostos, prezos de mercado para os produtos agrícolas... Pero esta política pon en pé de guerra aos obreiros de Leningrado, a cidade onde máis concentración proletária hai, que sinten como se encarece a sua cesta da compra, e como a falta de matérias primas para os astaleiros e para moitas fábricas acrecenta o paro obreiro, xa elevado. No 1925 de 90 mil afiliados con que conta ali o PCR(b), en cifras redondas, o 72 por 100 son obreiros. Leningrado é o feudo de Zinóviev, aqui el controla o aparato e non Stálin. Zinóviev trasladará aos organos de dirección do partido a presión da base obreira. En palabras de Trótski: “Na sua loita por sobreviver, os líderes da oposición viron-se obrigados a adaptar-se á 62
conciéncia de clase do proletariado de Leningrado” (V.18, p.69). É o comezo de novas alineacións políticas. O ataque de Zinóviev ás teses de Bujárin fan-se cada vez máis contundentes até desembocar na denúncia pública através, sobretodo, de dous opúsculos imprentados en Setembro do 1925, “O leninismo” e “A Filosofia da Época”. Nestes textos ataca á NEP, porque, di, supón o retraso da revolución e o perigo da sua dexeneración, ademais de condenar a “teoria do socialismo nun só país” xa que “a empresa dos comunistas consiste en consolidar a vitória no seu próprio país abrindo, ao mesmo tempo, caminho aos obreiros dos restantes países” (V.7, p.291). Precisamente, a primeira diverxéncia no seo do CC do PCR(b) que Zinóviev e Kámenev tiveran con Stálin fora a respeito dumha proposta para proclamar a “teoria do socialismo nun só país” que o Secretário Xeral trouxera, en Abril do 1925, para incluir na próxima Conferenza do Partido. Zinóviev e Kámenev opuxeran-se, e inda que se aprobou un texto de compromiso o enfrentamento xa era un feito. A estas alturas o Politburó estaba formado por Ríkov, Bujárin, Tómski, Stálin, Zinóviev, Kámenev e Trótski. Stálin apoia-se agora nos tres primeiros, que son a ponla dereita do partido, para preparar o XIVº Congreso do PCR(b) e poder enfrentar á organización do partido en Leningrado, a fortaleza de Zinóviev. Kámenev xa fora neutralizado en Moscovo. Na eleición de delegados para o Congreso os stalinistas-bujarinistas e os zinovietistas empregarán o mesmo método: cada fracción elixe nos seus feudos exclusivamente aos seus próprios delegados. Pero como a fracción governante ten o controlo do aparato en todo o Estado, agás en Leningrado, e as votacións fan-se cun critério apriorístico, o resultado do Congreso xa está decidido. O XIVº Congreso do PCR(b) inaugura-se o 18 de Decembro do 1925. O enfrentamento entre as duas fraccións vai a ser contundente e tera a Trótski como espectador atónito. Zinóviev, Kámenev, Krúpskaia e Sokólnikov van pedir a restauranción da democrácia no seo do partido. Denuncia-se que o aparato, e non os argumentos, é o que conta. Critica-se abertamente a Stálin. Kámenev di claramente: “Cheguei ao convencimento de que o camarada Stálin non pode cumplir a misión de unificar ao Estado Maior Bolchevique (...) Oponhemo-nos decididamente á teoria do xefe único na dirección. Oponhemo-nos á creación dun <caudilho>” (V.7, p.297). Krúpskaia, citando a pasaxe de “O Estado e a Revolución” na que Lénin advirte que ás veces na História os revolucionários despois de mortos son adulterados e convertidos en iconos, está decindo con franqueza que se está manipulando 63
a obra de Lénin. Ademais, diante da maioria mecánica do Congreso argumenta: “ Na História do noso partido houbo congresos nos que a maioria estaba equivocada. Lembremos, por exemplo, o Congreso de Estocolmo” (V.7, p.297). Zinóviev vai atacar a NEP e a “teoria do socialismo nun só país”, e apoiandose en citas de Lénin afirmará: “A vitória final do socialismo é imposíbel nun só país (...) Terá que decidirse a escala internacional” (V.7, p.297). Trótski, quen sen sabé-lo asiste por ultima vez a un congreso do que fora o PB, está un tanto perplexo. Zinóviev e Kámenev, os que tenhen pedido umha e mil veces a sua expulsión do Politburó e mesmo do partido, os que inventaran o “Trótskismo” como umha doutrina anti-leninista, enfin, estes agora están-se enfrentando directamente a Stálin, reclamando a democrácia obreira e denunciando a NEP e o “socialismo nun só país” . Trótski non sube á tribuna, porén as bases políticas para un achegamento cos zinovietistas están dadas. Será cuestión de tempo. A maioria stalinista-bujarinista deste Congreso queda perfeitamente reflexada na votación do informe final que presentan Stálin e Molotov: 559 votos a favor e 65 en contra. Comprende-se que no novo CC os zinovietistas perdan poder. Neste Congreso acorda-se mudar o nome do partido para adecua-lo á realidade constitucional do Estado Soviético: Partido Comunista (bolchevique) da URSS. Umha formalidade. 19. Socialismo nun só país Fagamos un receso narrativo para botar-lhe umha olhada a esa “teoria do socialismo nun só país” sobre a que se comeza a debater. A primeira formulación que fixo Stálin desta “teoria” data do Outono do 1924. Nacera para oponhe-la á “revolución permanente” de Trótski, quel formulara na sua obra “1905” e que o trunfo da própria Revolución de Outubro confirmara, pero que no seu contexto histórico trouxera algumha que outra liorta con Lénin, ao que posteriormente acusarán de facer-se “trotskista” através das suas “Teses de Abril”. Xa que logo, esta “teoria” era ao comezo un apoio táctico máis na loita da troika contra o “trostkismo”, na campanha por converter a Tróski nun anti-leninista. Pero o que nacera por motivos de utilidade coxuntural ia-se converter andando o tempo no leit motiv, na linha de conduta do Estado Totalitário construido polo stalinismo. Asi, esta “teoria” estaba aqui nos seus comezos e desenvolverá-se no contexto da loita contra a Oposición até acadar o carimbo oficial do proceder stalinista. A dita “teoria” afirmará que sí se podia construir o socialismo nun país arrodeado polo capitalismo, polo que a revolución mundial xa non era necesária para tal fin. Despois virá a
64
defensa da “pátria socialista” como o único proceder da clase trabalhadora a nível mundial. Esta “teoria” vinha-lhe moi ben á nacente casta burocrática soviética que baseaba o seu poder usufrutuário na consolidación do Estado Soviético e non na extensión da revolución. Ademais, facia de Trótski un aventureiro que só queria continuar a guerra polo mundo adiante e un pesimista porque seica decia que o socialismo non se podia construir na URSS. Deste xeito, o “socialismo nun só país” transformou-se na teoria da paz e orde, do statu quo da “optimista” burocrácia soviética. Stálin daba-lhe á burocrácia o que precisaba, mesmo a xustificación teórica do seu proceder. 20. A oposición de esquerda Voltemos ao fio narrativo. Concluido o Congreso, a fracción dirixente ataca rápida e decididamente á organización leningradense. A comezos de Xaneiro do 1926 umha delegación do aparato do partido chega a Leningrado e coa excusa de que os zinovietistas amanharan ás eleicións de delegados ao Congreso, o cal era certo, pero era o mesmo que fixera o aparato central, só que a maior escala, destitue á redacción do periódico Leningradskaia Pravda, e con ameazas como perder o posto de trabalho ou finiquitar a carreira burocrática, segundo á base social á que se dirixen, son eleminados os zinovietistas do aparato do partido en Leningrado, e até o mesmo Zinóviev perde o seu posto de secretário do partido en Leningrado e tamén o de presidente do Sóviet de Leningrado, a Comuna do Norte. O aparatchik Sergei Kírov toma o seu lugar. Zinóviev queda desposeido do seu poder organizativo. Será en Abril do 1926, despois dumha sesión do CC, cando Zinóviev e Kámenev terán umha xuntanza con Trótski. Van á reconhecer-lhe que foron eles os que artelharon a campanha política para eliminá-lo do poder, os que inventaron o “Trótskismo”, e que asi o reconhecerán publicamente. Tamén lhe din que Stálin só anseia o poder e que utilizará para defendé-lo calquer método agás o debate arredor das ideas. Manifestan-lhe a crenza de que a Nova Oposición vai ter un éxito político imediato, ao que Trótski resposta que a batalha será longa e dura. A Nova Oposición terá cualificadisimos cadros políticos, entre eles a maior parte da velha garda bolchevique: 10 dos 18 supervivintes do CC bolchevique de Marzo do 1919, dos que forma parte a própria Krúpskaia. Mais a fracción stalinistabujarinista conta co domínio do aparato, cumha ampla maioria no CC e no Politburó, que desde o XIV Congreso ten nove membros, dos cales sete son deles: Stálin, Bujárin, Ríkov, Tómski, Kálinin, Molotov, Voroshílov, Zinóviev e Tótski. En números, a Nova Oposición contará cun máximo de 8.000 militantes, dos 750 mil afiliados que ten o partido. 65
A creación da Nova Oposición non se artelha sen dificuldades xa que hai moitas feridas persoais que pechar, porén os acordos políticos de base posibilita-o. Esta nacente oposición pasará-se a autodenominar-se “Oposición de Esquerda”. Será a ponla esquerda do PC(b) da URSS. Despois dumha viaxe de Trótski de seis semanas a Berlin para tentar curarse desa febre que non o deixa, a “Oposición de Esquerda” vai dar a derradeira batalha por mudar o rumo político do partido e da Rúsia soviética. A “Oposición de Esquerda” fai a sua presentación oficial en Xulho do 1926, na xuntanza que o CC celebrou entre os dias 14 e 23. Trótski dalhe leitura á “Declaración dos 13”, que é umha reiteración dos principais argumentos da velha oposición e o esbozo do programa da nova oposición. Esta declaración política fai-se en “defensa do proletariado” e, xa que logo, é contrária aos intereses do kulak, do nepista e da burocrácia. Afirma que hai que tomar medidas imediatas como a subida dos salários do proletariado industrial, exención de impostos ao campesinho pobre, redución de impostos ao campesinho médio e subida dos mesmos para os kulaks e para a burguesia intermediária (nepistas). Se isto é necesário xa, tamén é imprescindíbel acometer axinha a colectivización da agricultura e a industrialización. A colectivización ten-se que levar a cabo de xeito gradual, apoiando-se numha política creditícia e no desenvolvimento da indústria. A industrialización será a base na que se sustente o Estado Soviético a nível económico e social, xa que a riqueza industrial posibilitará o despegue material e acrecentará o papel social e político da clase trabalhadora. Tamén aborda a descalificación da “teoria do socialismo nun só país” porque nen é posíbel construir o verdadeiro socialismo isolados nen é de recibo pensar que non se van dar outros procesos revolucionários no mundo. Despois de criticar a creación do Conselho Sindical Anglo-Soviético (1925), por ser umha alianza coa reformista dirección das Trade-Unions que só traicionará á clase trabalhadora inglesa como xa puxo en evidéncia o boicot que esta dirección lhe fixo á folga xeral en Inglaterra no Maio do 1926, declara que a Oposición quere levar esta loita programática no seo do partido e en colaboración con todos os seus seitores. As discusións foron tensísimas, Dzerhínski morreu dun ataque ao corazón ao pouco de intervir contra a Oposición. A fracción governante rexeitou totalmente as propostas dos oposicionistas e acusou á Oposición de formar umha fracción. Expulsou ao oposicionista Ossovski por defender publicamente a necesidade de crear outro partido, o Partido, e expulsou a Zinóviev do Politburó. Á Oposición non lhe quedaba outra solución que recurrir á base do partido e á clase obreira. En Setembro do 1926 Trótski, Piatakov, Rádek, Smilgá, todos eles líderes da Oposición, acuden á célula
66
dos ferroviários de Riazán-Ural. Esta célula obreira votou en prol do programa oposicionista: democrácia no partido, aumento dos salários industriais, reforma fiscal que grave ao kulak e exima ao campesinho pobre... Prende a esperanza na Oposición e a alarma no aparato. Cando uns dias despois comparecen líderes oposicionistas na célula da fábrica de avións Aviopribor o aparato inda non consegue impedir que Trótski fale perante os obreiros. Porén, o aparato comeza coas expulsións pola base para amedrentar aos trabalhadores, organiza grupos para romper os actos da Oposición através de asubios e agresións e apropia-se demagoxicamente dalgumhas consignas da própria Oposición. Dagora en diante este será o método. Deste xeito, na mítica fábrica Putilov Zinóviev apenas consegue falar e a Oposición só obtén para as suas teses 25 votos contra os 1.375 que recolhen as teses oficiais. Se polo momento o gansterismo do aparato non pode romper todos os actos oposicionistas, si leva a división ao seu seo. A ponla esquerda considera que o PC (b) da URSS xa non é o Partido, é o caso, por exemplo, dos grupos “Centralismo Democrático” e “Oposición Obreira”, nos que figuran militantes bolcheviques tais como Shliápnikov e Medvédiev. A ponla dereita, con Zinóviev e Kámenev á cabeza, estima que hai que recuar en todo perante o aparato para evitar a expulsión. A ponla centrista, que lidera Trótski, adopta a posición de non ceder programaticamente en nada diante do aparato pero nega-se a crear outro partido xa que de momento hai que resistir no seo da organización. A división política da recén nada Oposición é un feito. Trótski ao ver que Zinóviev e Kámenev están a piques do derrube político decide inclinar-se por negociar umha trégua co aparato. Daquelas, o 4 de Outubro do 1926 comeza a negociación coa fracción dirixente. Se ben os seguidores de Trótski e Zinóviev non ceden en nada a nível programático, para non ser expulsados aceitan a imposición de Stálin de desmarcar-se da ponla esquerda oposicionista e de non actuar como fracción. A Oposición sufria umha derrota política contundente: quedaba-se sen parte dos seus partidários e maniatada no seu proceder militante. En palabras de Trótski: “A Oposición non tivo máis remédio que emprender a retirada. O dia 16 de Outubro asinamos umha declaración na cal, despois de dicer que tinhamos por certas as nosas opinións e que nos reservábamos o dereito a loitar para imponhé-las dentro dos cadros do partido, comprometiamo-nos a abster-nos de todos cantos actos puderan conlevar o perigo dumha escisión” (V.93, p.557-558).
67
21. Stálin, sepultureiro da revolución Mais o intento da Oposición por obter un respiro non deu resultado. Stálin, escolhendo como excusa a publicación do “Testamento” de Lénin polo New York Times o 18 de Outubro, vai atacar frontalmente á Oposición na decimoquinta conferenza do partido. A XVª Conferenza do PC (b) da URSS celebrou-se desde o 26 de Outubro até o 3 de Novembro. Previamente, o dia 25, dera-se umha tormentosa xuntanza do Politburó, na que participaban tamén bastantes membros do CC, na que ao presentar Stálin as teses que defenderia na Conferenza contra a Oposición, á que calificaba de “socialdemócrata” e á que lhe esixia que se retractara dos seus diceres e faceres, Trótski contestou acusando a Stálin de desleal e de ser o candidato a exercer de “sepultureiro da revolución” (V.23, p.276-277). Ao dia seguinte o CC expulsaba a Trótski do Politburó e a Zinóviev da presidéncia da IC. Comezaba pois a Conferenza con un enfrentanmento absoluto entre as partes. O 1 de Novembro Stálin presenta o seu informe. A sua intervención durou tres horas e nela acusou á Oposición de cometer fraccionalismo, de seren uns super-industrializadores e conclue esixindo a sua capitulación política. Kámenev, frio diante dos asubios e berros cos que é obsequiado pola maioria dos conferenciantes, despois de defender a sua alianza política con Trótski para caminhar na defensa e construción do socialismo, non está nada profético cando asegura que “Non vivimos na Idade Média! Agora non pode haber cacerias de meigas! (...) Non podedes queimar-nos na fogueira” (V.23, p.278-279). Acto seguido Trótski sube á tribuna. Os conferenciantes expectantes calan. O tribuno da Revolución de Outubro fala sereo. O fio argumental é nídio. Dicer como está verdadeiramente a realidade non é derrotismo, esixir impostos ao kulak non é ser socialdemócrata, querer construir o socialismo na URSS isolados do mundo é un imposíbel, pensar que a clase trabalhadora europea non vai a loitar por derrocar o capitalismo é inimaxinábel. Umha e outra vez a presidéncia da Conferenza concede-lhe a prolongación do seu turno de palabra. Segue a dicer: “Se non opinásemos que o noso Estado é un Estado proletário, se ben con determinadas deformacións burocráticas, é dicer un Estado que é preciso aproximar máis á clase obreira apesares de certas falsas opinións burocráticas; se non acreditasemos en que estamos emprendendo umha edificación socialista; se non estimásemos que existen no noso país recursos dabondo para desenvolver nel umha economia socialista; se non estivésemos convencidos da nosa vitória completa e definitiva, é evidente que o noso lugar xa non estaria nas filas do Partido Comunista (...). Mais aquel que crea que o noso 68
Estado é un Estado proletário cun certo número de deformacións burocráticas, que provenhen da presión do seitor pequeno-burgués e do cerco capitalista, aquel que está convencido de que a nosa política non garante dabondo umha nova repartición dos recursos nacionais, debe loitar cos médios que lhe oferece o partido” (V.7, p.328). Pero olho, advirte que a deslealdade política no seo do partido leva á creación de fraccións e mesmo á escisión. Cando Zinóviev sube á tribuna é recibido cun ruxido desaprobador que non cesará durante toda a sua intervención, polo demais completamente insegura por choromiqueiro. Foi un Bujarin atípico, dada a sua agresividade e cinismo, o que exerceu de martelo de herexes. El, que non tardaria en ser masacrado pola fracción stalinista, foi o encargado de vilipendiar á Oposición. Eloxiou a Stálin como o líder comedido e burlou-se do acougo co que Trótski se dirixira á Conferenza. De Zinóviev e de Kámenev simplesmente se riu groseramente, acusando-os de estar totalmente sometidos a Trótski. A fracción dirixente anúncia a defección de Krúpskaia da Oposición, conseguida por Stálin para restar-lhe credibilidade política aos oposicionistas. A conferenza ratificou a expulsión do Politburó de Trótski e Zinóviev, que eran membros de pleno dereito, e de Kámenev, que era suplente. A Oposición quedaba sen representación no máximo órgano político do partido. A derrota política da Oposición no seo do PC (b) da URSS era un feito incontestábel, trasladada mecanicamente á IC por estar sometida por enteiro ao aparato moscovita. Deste xeito o isolamento organizativo da Oposición era absoluto. 22. A revolución china En palabras de Trótski, “o inverno do 1926-1927 foi un alto na campanha” (V.93, p.558) na loita da Oposición. Na primavera reanudaráse a batalha política arredor da revolución china. O Partido Comunista Chino fundara-se en Xulho do ano 1921 en Shanghai. Entre os seus fundadores atopaba-se Mao Tse-tung, que non será o líder do partido até a Longa Marcha (1934-1935). Era daquelas umha organización diminuta que pasou a formar parte do Kuomintang, umha frente patriótica liderada por Sun Yat-sen (1866-1925) que tinha por obxetivo político ceibar a China da depredación das poténcias imperialistas e instaurar un réxime democrático formalmente interclasista. O nacionalista Sun Yat-sen e o bolchevique Adolf Ioffe asinan un acordo en Xaneiro do 1923 polo que a Rúsia dos Sóviets compromete-se
69
apoiar a revolución nacional-democrática china. Asi, o Politburó manda a Borodin a China como conselheiro permanente do Kuomintang e con el venhen cadros militares bolcheviques e ao mesmo tempo oficiais chinos van a Moscovo a recibir treinamento militar, entre eles estará Chiang Kaishek, o futuro sucesor de Sun Yat-sen ao frente do Kuomintang. Por aquel tempo o PCCh debia ter só uns trescentos militantes. Pero a raiz do Movimento do 30 de Maio do 1925, que comezou en protesta polo asasinato dun obreiro chino a maos dun capataz xaponés e que continuou e se espalhou por China adiante en forma de manifestacións e folgas pola matanza que na primeiriza manifestación de protesta fixo a policia de Shanghai, vai medrar moito en militanza e influéncia social. É nesta nova coxuntura, na que o PCCh mobiliza por si mesmo a masas sociais e crea organizacións obreiras, cando a dirección do partido lhe propón á IIIª Internacional, por boca do seu líder Chen Tu-hsiu, sair-se do Kuomintang. O Comité Executivo da IC opón-se. Stálin e Bujárin, que lhe ocultaban á Oposición información sobre as peticións dos comunistas chinos e sobre as notícias vidas de China, afirman que como a revolución china é democrático-burguesa e a burguesia china é “obxetivamente revolucionária” o PCCh non pode sair-se do Kuomintang. Pero non só a IC, seguindo as directrices da fracción dirixente do partido comunista ruso, lhe impide ao PCCh que abandone as filas do Kuomintang senón que inda por riba asocia á frente china á IIIª Internacional e fai de Chiang Kai-shek, o futuro matador de obreiros e comunistas, membro asociado do Comité Executivo da IC. A todo isto Trótski contesta decindo que é umha aberración. En Marzo do 1927 estrala en Shanghai umha folga xeral que polo pulo e o entusiasmo da clase trabalhadora se transforma en insurreizón. Se o dia 21 se proclama a greve xeral o 22 xa está a cidade en maos da clase trabalhadora. Por directrices de Moscovo o PCCh entrega a cidade, o máis importante enclave colonial na China, ao exército de Chiang Kai-shek que o 12 de Abril desata umha brutal represión sobre a clase trabalhadora e o PCCh ilegalizando as organizacións obreiras e asasinando a miles de proletários e comunistas chinos. Como escribirá máis adiante o delegado da IC en Shanghai, Voitinski, “deixamos pasar un momento histórico extraordinariamente favorábel. O poder xa estaba na rua e o partido non soubo facer-se con el, ou o que é pior, tivo medo de colhé-lo” (V.7, p.340). Trótski remitira umha carta ao CC do PC (b) da URSS xa o 31 de Marzo onde perguntaba por que non se lanzaba a consigna de formacións de sóviets e por que non se impulsaba a reforma agrária dado o poderoso movimento de masas que se estaba experimentando na China. O 3 de Abril escrebe un artigo, que o Politburó se nega a publicar, no que afirma que someter ao PCCh, que tinha por entón umha base militante e social
70
fundamentalmente obreira, en refén do Kuomintang supón traizoa-lo. O dia 5 escrebe que Chiang Kai-shek prepara un Golpe de Estado e que só a formación de sóviets pode pará-lo. O dia 12, cando se está dando a matanza de obreiros e comunistas en Shanghai, da quel inda non ten notícias, replica a un artigo aparecido na Pravda do menchevique Martínov, convertido en afervoado stalinista xa que o próprio Stálin o trouxera ao partido, que gababa ao Kuomintang e defendia a “teoria das duas etapas”, é dicer, que primeiro se daria a revolución democrática-burguesa e despois a socialista. Trótski rexeita de plano tal prantexamento político, o Kuomintang non levará á revolución china á vitória porque, como escreberá en Almá-Atá, “o desenvolvimento ulterior da revolución china non se pode efectuar máis que por meio da loita do proletariado chino, arrastrando a centos de milhóns de campesinhos pobres á conquista do poder. A solución dos problemas fundamentais, burgueses e democráticos, conduce necesariamente en China á ditadura do proletariado” (V.94, p.300). Deste xeito, “a tarefa vital que consiste en realizar a alianza entre os obreiros e os campesinhos pobres incumbe-lhe directa e exclusivamente, na China, ao Partido Comunista. O seu cumplimento é umha das condicións do trunfo da terceira revolución china” (V.94 ,p.309). Comezan a chegar informacións do acontecido na China. Stálin e Bujárin restan-lhe importáncia. Perante as teimosas críticas da Oposición, e aproveitando a má relación entre o governo británico e o soviético por mor do alhanamento pola policia inglesa das oficinas da misión comercial soviética en Londres, Stálin lanza a caluniosa consigna do “frente único que vai desde Chamberlain a Trótski” (V.23, p.311) á que Trótski contesta afirmando que “nada facilitou tanto o labor de Chamberlain como a falsa política de Stálin, especialmente na China” (V.23, p.311). A dirixente fracción stalinista-bujarinista pide-lhe aos comunistas chinos que se adiran á “esquerda” do Kuomintang, ao que Trótski responde que iso seria un novo erro. Cando a “esquerda” do Kuomintang tamén reprime aos comunistas chinos e ás suas bases sociais, o mesmo Borodin ten que fuxir de Wuhan, onde estaba a sede da “esquerda” do Kuomintang, entón Stálin propón, para salvar politicamente a cara, un xiro ultraesquerdista: a insurreizón de Cantón, xusto cando a correlación de forzas estaba a favor da burguesia e non da clase trabalhadora. Como non podia ser doutro xeito, apesares do heroismo desplegado pola clase trabalhadora a insurreizón de Outubro en Cantón, executada polos enviados rusos Lominadze e Neumann, foi un estrepitoso e sanguinhento fracaso. Stálin e Bujárin ven-se na necesidade de censurar as notícias vidas de China diante do fracaso completo das suas teses políticas. En seitores da Oposición renace o optimismo, umha morea de camaradas, entre eles moitos mozos, van ver a Trótski pensando que as acertadas teses da 71
Oposición na cuestión china ian a levar á Oposición ao trunfo político dentro do partido. Tróski ve-se na obriga de rebaixar esas quiméricas expectativas. El mesmo relata na sua auto-biografia: “Habia moitos camaradas mozos que creian que aquel descalabro tan evidente da política de Stálin non tinha máis remédio que levar ao trunfo á Oposición. Nos dias que seguiron ao Golpe de Estado de Chiang Kai-shek tiven que botar moitos xarros de auga fria enriba das febris cabezas dos meus amigos mozos e dalguns non tan mozos. Fixen todo xénero de esforzos por demostrar-lhes que a Oposición non se podia erguer sobre a derrota da revolución china. Que a confirmación dos nosos pronósticos valeria-nos, se acaso, mil, cinco mil, dez mil afiliados novos, pero que para milhóns de persoas o importante e o decisivo non eran os pronósticos senón o feito de que o proletariado chino fose derrotado. Que despois do descalabro da revolución alemana do 1923, despois da derrota coa que se liquidara a folga xeral inglesa do 26, este novo revés experimentado na China non faria máis que confirmar ás masas no seu desencanto respeito á revolución internacional. E que precisamente este desencanto era a fonte psicolóxica de onde manaba a política stalinista do reformismo nacional” (V.93, p.559).
72
III. LOITANDO PARA O PORVIR 23. O programa da Oposición Se o fracaso da revolución china consolidaba obxetivamente á burocrácia o debate sobre a mesma achegou á Oposición novos militantes pola validez das suas teses. Polo tanto, impunha-se un enfrentamento decisivo. A fracción dirixente, liderada por Stálin e Bujárin, botou mao do aparato para reprimir a umha anovada Oposición. Pola base expulsou e despediu á militanza obreira. Pola cúspide trasladou aos cadros da Oposición a lugares distantes para tronzar a sua dirección. Se Rakovski xa estaba de embaixador en Paris van-se reunir con el, para umha suposta misión, Piatakov e Preobrayénski. A Antónov-Ovseienko envia-se-lhe a Praga, e manda-se de embaixador á Itália fascista a Kámenev. Outros cadros son espalhados pola Ásia e Sibéria rusas. Un caso destes foi o de Smilgá, líder da frota do Báltico durante a Revolución de Outubro. A Smilgá enviaba-o o aparato a Jabarovsk, na fronteira con Manchúria. A estas alturas a Oposición xa estaba alporizada por mor da represión que se exercia sobre a sua base e polo espalhamento dos seus cadros dirixentes. Neste clima psicolóxico a despedida que os oposicionistas lhe fan a Smilgá na mesma estación do tren converte-se nun acto multitudinário de protesta da Oposición. Asi, na Manifestación da Estación de Iaroslav de Xunho do 1927, van-se xuntar milheiros de persoas. Tanta é a moitedume e tanta a carraxe acumulada que se impón que os dirixentes da Oposición fagan uso da palabra. Naquel mitin improvisado intervenhen Trótski e Zinóviev. Apesares do seu tono moderado o aparato vai acusar á Oposición de comportamento anti-partido. Stálin solicita a expulsión de Trótski e Zinóviev do Comité Central. En Xunho, na sesión da Comisión de Controlo do CC, Trótski intervén en resposta a esta petición. Fai un canto ao optimismo revolucionário, ataca con contundéncia teórica á falácia política que supón o “socialismo nun só país”, critica o réxime stalinista imperante no partido por ser nocivo para a revolución, ve-se obrigado a vindicar a sua própria história de revolucionário marxista por culpa das calúnias que sobre el está vertendo o aparato. Recolhendo a analoxia que fixo um membro da fracción dirixente entre a revolución francesa e a rusa, pergunta en base a que etapa do proceso revolucionário se vai fusilar aos oposicionistas, co que se desata un barulho notábel na sala. Finalizando a sua intervención fai fincapé en que “non podemos vencer máis que como parte integrante da revolución internacional. É obrigado resistir até a revolución internacional, mesmo se esta tarda vários anos. A este respeito, a orientación da nosa política é 73
dumha importáncia decisiva. Se o noso curso revolucionário é xusto, consolidaremo-nos para vários anos, consolidaremos a Internacional Comunista, avanzaremos polo caminho do socialismo e chegaremos a este resultado se a revolución mundial nos leva a remolque da História” (V.105, p.124). E para finar di: “Plantexades, ademais, a cuestión da nosa exclusión do Comité Central. Nós seguiremos trabalhando onde podamos e como simples membros do Partido. Pero –advirte- isto non pode resolver a cuestión. Deberedes avanzar inda máis nas vosas deducións. A vida obrigará-vos a elo. Seria preferíbel que vos detivésedes antes e que modificásedes o curso político” (V.105, p.125). Polo de agora o CC non expulsa a Trótski e Zinóviev do seu seo. A fracción dirixente inda alberga dúbidas do paso a dar. Mais Stálin ten esta vez presa porque se achega o XVº Congreso do partido e non pode permitir que a Oposición exponha ali as suas teses xa que airearia a hecatombe táctica e ideolóxica da fracción dirixente, fracción que xa ten fisuras no seu interior mercé a que non se pode aprofundar na NEP debido ás teimosas denúncias da Oposición que alerta que por ese caminho vai-se directo á restauración do capitalismo. Para dar-se tempo na loita contra a Oposición, Stálin fará retrasar a convocatória do Congreso un mes, de Novembro a Decembro. A Oposición prepara-se para o Congreso. Elabora o seu programa e pide-lhe ao CC que o dé a conhecer ao conxunto do partido como era estatutariamente preceptivo. O programa da Oposición denomina-se “A Plataforma da Oposición”, a sua elaboración estaba concluida no mes de Agosto. O programa consta de doce capítulos. Nel fai-se umha defensa talhante da clase trabalhadora e do Estado proletário, cuestións que están indisolubelmente relacionadas. Asi, avoga-se polo milhoramento das condicións materiais de existéncia do proletariado urbano, dos xornaleiros agrícolas e do campesinho pobre, que constantemente están disminuindo mentras que se acrecentan as dos nepistas, burócratas e kulaks. Ademais, fai-se fincapé na defensa dos dereitos laborais da mulher trabalhadora e da mocidade obreira. Ao mesmo tempo esixe-se que sexa a clase trabalhadora a que se ponha ao frente do Estado, que se respete na prática a independéncia dos sindicatos e que se restaure a democrácia no seo do partido e dos sóviets. Que se elabore un plano económico seguindo as directrices que Lénin deu cando afirmou: “Só poderemos considerar garantida a vitória do socialismo sobre o capitalismo e a sua perdurabilidade cando o poder do Estado proletário (...) reorganice toda a indústria sobre a base da produción colectiva en grande escala e a técnica máis moderna” (V.118, p.33). Nesta base teórica apoian-se os oposicionistas porque entenden que “toda a política do noso partido debese basear neste princípio, presuposto, imposto, indústria, agricultura, 74
comércio interior e exterior, todo en fin. Esta é a base fundamental da Oposición. Este é o caminho do socialismo” (V.118, p.33). Efeitivamente, isto é imprencindíbel tanto para converter á clase trabalhadora en clase dirixente do Estado soviético, como para acrecentar o nível material das masas populares, como para crear a base industrializadora que permita a defensa militar da Unión Soviética. O programa tamén reclama a finalización da política chauvinista no seo do Estado Soviético. Critica tanto a torpeza política da fracción dirixente que leva á derrota política á clase trabalhadora umha e outra vez, o caso do China é paradigmático, como a sua deslealdade política, que en vez de debater utiliza a calúnia e a represália contra os oposicionistas. Pide a unidade do partido, oponhendose á escisión, e esixe a renúncia da política oportunista e de zigue-zagues da dirección do partido. O CC non só se negou a publicar e a distribuir entre a militanza do partido o programa da Oposición senón que proibiu a sua impresión e difusión. Entón a Oposición dedidiu publicá-lo e espalhá-lo clandestinamente. Consegue imprimir uns 12 mil exemplares do seu programa numha imprenta do Estado; celebra mitins e xuntanzas clandestinas con obreiros en Moscovo, Leningrado e outras cidades e achega cinco ou seis mil sinaturas para o seu programa. O aparato responde montando umha provocación. A noite do 12-13 de Setembro a GPU asaltou a imprenta onde se estaba confeccionando o programa da Oposición detendo a vários oposicionistas e á un axente da própria policia política, Stroilov, ex oficial do xeneral branco Wrangel. A “detención” deste axente da GPU serviu para acusar á Oposición de conspiradores contra-revolucionários na prensa, onde se anúncia que se desarticulou un complot anti-soviético. O velho bolchevique Mrachkovski, que dirixia a impresión clandestina é detido e expulsado do partido. Preobrayénski e Serebriakov, que asumen publicamente a responsabilidade política da impresión do programa oposicionista, son expulsados do partido. Seguen outras expulsións de oposicionistas. A Oposición consegue que o director da mesma GPU, Menzhinski, reconheza que toda a operación foi umha provocación. Inda máis, o próprio Stálin o reconhece ao mesmo tempo que a xustifica. Mais apesares das calúnias vertidas na prensa e de que a fracción dirixente fai aprobar cinicamente a xornada de sete horas e a semana de cinco dias no Comité Executivo dos Sóviets para restar-lhe apoios á Oposición, o 17 de Outubro en Leningrado o CC organiza umha manifestación na que a moitedume en vez de saudar á dirección oficial do partido vai a saudar aos líderes da Oposición que estaban subidos nun camión, fóra da tribuna oficial. Mentras na Oposición renace a esperanza, Stálin decide presionar para conquerir a expulsión do CC dos líderes oposicionistas. 75
24. A eliminación da esquerda O Comité Central do PC (b) da URSS está de xuntanza desde o 21 ao 23 de Outubro. Stálin pide a expulsión de Trótki e de Zinóviev do CC. A sesión do CC do dia 23 estivo marcada polo comportamento soez dos stalinistas e bujarinistas e polo discurso político de Trótski, que tivo que ser protexido polos seus xa que durante a sua intervención desde as filas da fracción dirixente tirou-se-lhe á cabeza libros, vasos e até un tinteiro. Trótski, ademais de contestar con ironia ao záfio comportamento da dirección (“Os vosos libros non poden ler-se, mais inda serven para tirá-los á cabeza da xente”, (V.7, 354)), vai erguer umha contundente denúncia contra á dirección do partido onde “a brutalidade e a deslealdade medraron até tal ponto que se converteron en perfídia criminal (...). Queredes expulsar-nos do CC (...). A fracción dirixente que exclue do Partido a centenares e centenares dos milhores militantes, de obreiros bolcheviques inquebrantábeis; a pandilha do aparato que se atreve a excluir a bolcheviques como Mratchkovski, Serebriakov, Preobrayénski, é dicer, a camaradas que por si sós poderian constituir un Secretariado do Partido cumha maior autoridade e umha meirande preparación, máis leninista, que o actual Secretariado; a fracción Stálin-Bujárin, que mete no cárcere da GPU a admirábeis militantes como Nechaev, Stikhold, Vassiliev; Schmidt e tantos outros; a fracción do aparato que se mantén violentando ao Partido, afogando o seu pensar, desorganizando á vangarda do proletariado, non só na URSS senón no mundo enteiro; esta fracción completamente penetrada de oportunismo, que arrastrou tras de si e segue arrastrando inda aos Chan Kai-chek, Feng Yu Siang, Wan Tin Wei, Purcell, Hicks, Ben Tilhet, Kusinen, Smeral, Peper, Heinz-Neuman, Rafés, Martinov, Kudratiev e Ustrialov, non pode aturar-nos a nós no Comité Central nen siquer un mes antes do Congreso (...). O obxetivo imediato de Stálin é dividir ao Partido; dividir á Oposición; acostumar ao Partido aos métodos do agotamento físico; constituir equipas de reventadores fascistas, de homes que trabalhan a punhetazos, a pedradas; meter á xente no cárcere. Nestes métodos detivose polo dagora o curso staliniano antes dir máis lonxe. Pero o seu caminho está tracexado (...). É a voz de Termidor. Os piores burócratas, corrompidos polo Poder, cegados polo ódio, preparan esta política termidoriana con todas as suas forzas (...). Nós decimos-lhe abertamente ao Partido: a ditadura do proletariado está en perigo (...). A política de Stálin pode ser resumida nalgumhas palabras: amordazamento do núcleo proletário; fraternización cos conciliadores de todos os países; capitulación diante da burguesia mundial” (V.105, pp.149-157). E fina o seu derradeiro discurso diante do CC cumha afirmación superadora do estrito marco coxuntural: “A oposición é invencíbel (...). Excluide-nos. Non por iso impediredes as 76
vitórias da Oposición. Estas vitórias serán as da unidade revolucionária do noso Partido e as da Internacional Comunista” (V.p.158). Trótski e Zinóviev son expulsados do CC. O 4 de Novembro a dirección da Oposición decide participar nos actos comemorativos que se van celebrar o 7, dia do X aniversário da Revolución de Outubro. A Oposición participa nas manifestacións coas suas próprias consignas: “Que se cumpla o Testamento de Lénin”, “Abaixo o kulak, o nepista e o burócrata”, “Non á escisión, viva a unidade do partido leninista”. Mais o aparato está moi alerta para que non se repitan adesións como as que se produxeran na manifestación leningradense do 17 de Outubro. Asi, en Leningrado retén-se a Zinóviev e a Rádek coa excusa de que poden sufrir un atentado mentras se controla a marcha dos oposicionistas. En Moscovo, cando Trótski chega en coche á manifestación un soldado das milícias dispara contra o seu automóvil e un bombeiro bébedo sube-se ao seu estribo e despois de espetar-lhe contundentes insultos rompe o cristal dumha ventanilha dun punhetazo, mentras que aos manifestantes oposicionistas se lhe arrincan a golpes as pancartas. A presión do aparato mostraba-se claramente. O fracaso mobilizador oposicionista e a expulsión de Trótski e Zinóviev do PC (b) da URSS o dia 14 de Novembro, asi como a expulsión do CC de Rakovski, Evdokímov, Smilgá e Kámenev vai escindir definitivamente á Oposición. É neste clima cando acontece o suicídio do velho revolucionário marxista Adolf Abramovich Ioffe, o dia 16. Trótski recibe a notícia por teléfono através dumha voz anónima que lhe comunica que o finado lhe deixou umha carta. Imediatamente traslada-se á casa de Ioffe. Xa chegara ali a GPU. A carta non aparece por ningures, apropriarase dela a policía política. Tivo que esperar a recibir umha cópia da mesma. Era umha carta de camarada a camarada: “Querido Lev Davídovich: (...) Chegou o momento que é necesário ponher fin a esta vida. Ben sei que a opinión predominante no partido é contrária ao suicídio (...). Se me atopase en bon estado de saude teria forzas e enerxia para loitar contra a situación creada no partido; pero no estado en que me atopo non podo tolerar umha situación na que o partido presta o seu mudo consentimento á exclusión de vosté das suas filas (...). Neste senso, a minha morte é umha protesta contra os que tenhen conducido ao partido a tal situación (...). Querido Lev Davídovich, estamos unidos por dez anos de trabalho en comun, e coido tamén que de amizade persoal, e isto dá-me dereito a dicer-lhe neste momento de despedida o que xuzgo en vosté umha debilidade. Endexamais dubidei do acerto da sua opinión, e ben sabe que desde hai máis de vinte anos, mesmo desde a cuestión da “revolución permanente”, estiven sempre á sua beira. Porén, sempre me pareceu que lhe 77
faltaba a vosté a inflexibilidade, a intransixéncia de Lénin, a sua resolución de continuar a tarefa só se for preciso polo caminho quel indicaba, seguro dumha maioria futura, seguro do futuro reconhecimento unánime da xusteza dese caminho. Sempre tivo vosté razón politicamente, comezando por 1905, e frecuentemente tenho-lhe dito que eu mesmo lhe ouvin dicer a Lénin que no 1905 non era el quen estaba no certo senón vosté. Na presenza da morte non se minte e agora repito-lhe o dito. Pero a miudo vosté ten renunciado á sua certeira posición a favor dun acordo, dun compromiso cuxo valor sobrestimou. Iso era un erro. Volto-lhe a repetir que politicamente sempre estivo no certo, e que agora está-o máis que nunca. Algun dia o comprenderá o partido e a história verá-se obrigada a reconhecé-lo (...). Vosté está no certo; pero a seguridade do trunfo da sua opinión estriba precisamente na sua intransixéncia estrita, na máis severa rixidez, na negación de todo compromiso, cousas que constituian sempre o secreto dos trunfos de Ilich (...). P.D. Escribin-lhe esta carta durante a noite do 15 ao 16 (...). Adeus querido Lev Davídovich. Sexa forte. Precisa se-lo, e ser enérxico tamén. E non me garde rencor” (V.118, pp.175-180). A bon seguro que esta carta influi positivamente en Trótski, que o axudou a continuar umha loita que se volveria ben titánica. O enterro de Ioffe celebrou-se o dia 19, que apesares de ser laborábel por decisión da fracción dirixente, foi un acto multitudinário que atravesou ruas e prazas de Moscovo até chegar ao camposanto de Novodevichi onde a moitedume barreu o muro policial que queria impedir o paso ao cemitério. Trótski, despedindo ao camarada dixo: “A loita continua. Que todos permanhezan nos seus postos! Que ninguén o abandone!” (V.23, p.353). Mais Zinóviev e Kámenev axinha comezaron umha retirada que se ia converter en derrota total. Asi, o 27 de Xaneiro do 1928 a Pravda publicará umha sua carta onde atacan ao “trotskismo”, para eles era o comezo do fin. En Decembro do 1927 celebra-se o XVº Congreso do PC (b) da URSS. Este congreso do aparato expulsou do partido ao conxunto da Oposición. O 12 de Xaneiro do 1928 a GPU comunica-lhe a Trótski que ia ser deportado a Almá-Atá por contra-revolucionário. 25. No desterro: Almá-Atá A GPU informa-lhe a Trótski que a partida para o desterro será o dia 16 de Xaneiro do 1928 ás 22,00 horas. Porén, como nesa data concentraran-se miles de persoas na estación do tren para despedir a Trótski, mesmo habia moita xente tumbada na via para impedir a saida do tren, a policía política decide cambiar o dia de partida e dar-lhe a Trótski umha data falsa. Asi, anula a viaxe e comunica-lhe ao velho revolucionário
78
que a nova saida será para o dia 18, mais a GPU presenta-se no domicílio de Trótski, que se atopaba na casa do seu camarada Beloborodov, de súpeto o dia 17. Sacan a Trótski en brazos, xa quel nega-se a ir polo seu próprio pé, meten-no nun coche e o levan á deserta e acordoada estación de Kazán. O dia 25 Trótski, a sua mulher Nataxa e Liova, o filho maior de ambos, chegan a Almá-Atá, en kazajo Almati. Almá-Atá, hoxendia capital de Kazajstán co nome ruso de Astana e Akmola en kazajo, era entón umha pequena povoazón onde á falta das infraestruturas máis elementais como a electricidade e a auga corrente nas casas sumaba-se-lhe a peste e mesmo a lepra. Porén, nos seus arredores habia abundante pesca e caza e xa que Trótski gostaba moito de praticá-las aquelo ao menos era un motivo de alegria. Trótski volcou-se co trabalho político imediatamente. Como Stálin tamén o privara da axuda de dous seus secretários, Posnanski e Sermux, este mesmo viaxara de incognito até a própria Almá-Atá pero axinha fora detido pola GPU, foi Liova, seu filho maior, quen fixo de secretário. Os Trótskis viviron tres semanas numha fonda, despois puderon-se trasladar a umha casa mercé a que Trótski lho exixiu a Moscovo teimosamente através de telegramas. En Almá-Atá Trótski no só se tivo que adicar ao trabalho político, tivo que exercer de tradutor. Foi asi porque a pensión que lhe pasaba o Estado non daba nen para cubrir os gastos mínimos da sua espartana vida material. Grazas a que o camarada Riazánov era o director do Instituto Marx-Engels de Moscovo, Trótski puxo-se a traducir para dita institución o Herr Vogt de Marx e a cotexar a tradución doutros textos dos pais do marxismo. Deste xeito el e os seus puderon aturar os gastos básicos e os derivados da extensa correspondéncia cos camaradas de ideas e desterro, correspondéncia que acadaba un volumen notabilísimo xa que se carteaba cos principais dirixentes políticos, Rakóvski, Rádek, Preobrayénski, Smilgá, Beloborodov, Smirnov e outros, e cada vez era maior o número de oposicionistas desterrados. O pan non só estaba escaso e caro en Almá-Atá, en toda a Unión Soviética acontecia o mesmo. Isto non era o produto dumha má colheita senón do acaparamento dos kulaks. Estes non querian vender os excedentes agrícolas ao prezo fixo que estipulaba o Estado, que ademais non lhe oferecia mercandorias industriais desexadas. O acaparamento creou umha situación de emerxáncia xa que as cidades podian quedar desabastecidas. A pantasma da fame podia materializar-se. Tudo isto xerou enfrentamentos no seo do CC do PC (b) da URSS. Eliminados os oposicionistas de esquerda do partido, a loita daba-se agora entre duas fraccións: a bujarinista e a stalinista, a “dereita” e o “centro”. Os primeiros eran afervoados defensores de deixar facer aos campesinhos, é dicer, aos kulaks. Estes eran os que máis producian e, polo tanto, os que máis poder e influéncia tinhan 79
entre o campesinhado. Realmente estaba en xogo a própria viabilidade do Estado soviético. A restauración capitalista de continuar por este caminho era moito máis que umha hipótese teórica, umha certeza. Nesta coxuntura Stálin xirou á esquerda, inda que ao comezo timidamente. Xa no mes de Febreiro Pravda incluia titulares como “O kulak levantou a cabeza” e o aviso de que os kulaks cada vez tinhan máis forza económica, máis poder no mercado soviético. Este xiro supuxo o comezo do fin para a fracción bujarinista, que irá perdendo poder no aparato do Partido e do Estado ao ir sendo destituidos moitos dos deus cadros, e umha cunha no seo dos oposicionistas desterrados xa que alguns comezaron a pensar que Stálin ia levar á prática o programa industrializador da esquerda. A oposición de dereitas, a única oposición que quedaba no seo do Politburó e do CC, tinha en Bujárin o seu teórico. Na Pravda do 10 de Setembro sacou un artigo intitulado “Notas dun economista” onde argumentaba que “o ritmo máximo de desenvolvimento industrial non se conquerirá arricando todos os anos a maior cantidade posíbel de recursos ao campesinhado para investi-los na indústria. O ritmo permanente óptimo obterá-se apartires dumha combinación na que a indústria medre apoiandose numha economia en rápido desenvolvimento” (V.7, p.369). Pero estes argumentos non acougaban á nacente casta burocrática que se daba conta de que a sua caida seria un feito se se profundizaba por un caminho que levaba á restauración do capitalismo. Iso si, Bujárin lanza umha adverténcia completamente atinada cando afirma que “os funcionários están dispostos a elaborar calqueira tipo de plano” (V.7, p.371) para conservar o poder. Efeitivamente, Stálin ia a demostrar axinha a validez desta reflexión. A sua primeira medida administrativa foi facer aprobar que o partido requisase produtos ao campesinhado pero afirmando que “a NEP é a base da nosa política económica e seguirá sendo asi durante un longo periodo histórico” (V.7, p.367) para ao pouco tempo levar a cabo umha brutal colectivización, concretamente apartires de Decembro cando anúncia na Pravda do dia 27 “Ao dianho coa NEP” (V.7, p.390). Polo momento o xiro á esquerda de Stálin non foi a colectivización en masa por decreto senón umha série de medidas para frear aos kulaks. Entre esas medidas estaba requisar os excedentes de grao coa contundéncia que fose necesária e impor un prezo fixo ao pan. Os membros do aparato que non cumpliran as ordes con celeridade serian relevados sen miramentos. Este tímido xiro á esquerda foi dabondo para que alguns oposicionistas desterrados flaquearan, para que estimasen que se podia renúnciar á loita política contra a fracción stalinista, que xa era a todas luces a dominante, con tal de participar desde o aparato na loita contra o poder do kulak, poder que como oposicionistas denunciaran no seu dia.
80
Cando Trótski se enterou pola correspondéncia cos seus camaradas deste estado de ánimo entre bastantes oposicionistas chamou ao apoio crítico á viraxe de Stalin pero insistindo que un verdadeiro xiro á esquerda só podia sustentar-se na liberdade de discusión, na existéncia da democrácia no seo do partido. Non foi precisamente asi como plantexou Stálin a cousa. Ao revés. Stálin tocou a nível individual a membros da oposición de esquerdas. O seu proceder deu-lhe rápidos resultados xa que eminentes oposicionistas como Piatákov, Antonov-Ovseienko, Safárov,e posteriormente Rádek, Preobrayénski, Smirnov e Smilgá, tiraron a toalha e entregaron-se con armas e bagaxes a Stálin. Posteriormente, afinais de Xulho do 1929, Trótski fará a seguinte reflexión sobre a defección destes cadros revolucionários: “A capitulación de Rádek, Preobrayénski e Smilgá constitue en certo modo un feito político relevante. Demostra até que ponto se desgastou a grande xeración heroica de revolucionários á que correspondeu pasar pola guerra e pola Revolución de Outubro. Tres velhos revolucionários borran-se asi, pola sua própria vontade, do mundo dos vivos” (V.7, p.377). A desercion de estes antigos líderes do proletariado do campo da revolución non deixa á oposición restante nun estado de homoxeneidade política. Os radicais estiman que o Estado e o partido xa están irremediabelmente perdidos. Trótski opón-se decididamente a esta estimación e ás suas consecuéncias práticas: fundar un novo partido e renegar do Estado soviético. A oposición de esquerdas apenas chegada ao desterro xa estaba dividida e parte derrotada. O dia 9 de Xunho morre en Moscovo Nina, a filha menor de Trótski e Alexandra. A sua saude deteriorara-se até o extremo cando levaran ao cárcere ao seu marido, un militante comunista. A posteriori Trótski recibiu a carta que a sua filha pequena lhe enviara, este retraso era produto da censura. Era filha e camarada, e asi a chorou seu pai. A sua morte acontece xusto cando Trótski está preparando dous documentos políticos para enviar ao VIº Congreso da IIIª Internacional, que se ia celebrar en Moscovo desde o 17 de Xulho ao 1 de Setembro. Estes dous documentos, datados no mes de Xulho, son “Carta ao VI Congreso da Internacional Comunista” e “Crítica do programa da Internacional Comunista”. Posteriormente engadirá outros dous documentos máis, “A cuestión china despois do VI Congreso”, datado tamén en Almá-Atá a 4 de Outubro do mesmo 1928, e “Quen dirixe hoxe a Internacional Comunista?”, sen data. Todos estes textos conhecen-se na actualidade polo título xenérico de “A Internacional Comunista despois de Lénin”. Pasaran catro anos desde a celebración do Vº Congreso da IC, algo que nunca se dera en tempos de Lénin. Xa isto indicaba o novo papel político que para Stálin cumplia o Komintern. Trótski percibiu-no con claridade. A nova etapa da IC asentaba-se na “teoria do socialismo nun só 81
páis” . Da nova doutrina “pode e debe deducir-se, apesares de todas as declaracións solenes do proxecto do programa, umha política de colaboración coa burguesia do exterior”(V.94, p.142), polo que “a tarefa dos partidos da Internacional Comunista toma entón un carácter secundário: protexer á URSS das intervencións, e non loitar pola conquista do poder”, asi o “seu papel fundamental de ferramenta da revolución mundial pasa inevitabelmente ao último lugar” (V.94, pp.142-143). Trótski advirte teimosamente que sen a vitória da revolución proletária mundial non se construirá o socialismo na URSS polo que é imperiosa a extensión da revolución por outros países para que o socialismo trunfe. Sinala claramente a causa profunda da crise da Unión Soviética : “A causa fundamental da crise da Revolución de Outubro reside no retraso da revolución mundial, tras umha série de graves derrotas do proletariado” (V.94, p.48). Se o texto de Trótski é un ataque diáfano á aberración política e económica que é para un marxista a “teoria do socialismo nun só país” non por iso deixa no esquecemento a tese própria de Bujárin do “socialismo a paso de tartaruga”: “A dialéctica revolucionária e histórica foi sustituida por umha utopia reaccionária, a dun socialismo de migaxas que se edificaria sobre umha base técnica a paso de tartaruga dentro dos límites nacionais, e que non teria outra relación co mundo exterior que o medo á intervención” militar (V.94, pp.127-128). E formula umha pergunta cuxa resposta fixo veraz a História, corenta anos despois da sua morte: “Pode acontecer –e en que caso preciso- que a produtividade do noso sistema social se retrase cada vez máis con respeto ao do capitalismo? Porque a fin de contas, iso levaria inelutabelmente ao derrube da República socialista” (V.94, p.131). E continua Trótski usando o método dialéctico. “Pero intentar respostar ao problema da competéncia entre dous sistemas leva-nos xa á area da economia e a política mundiais, é dicer, a area na que actua e decide a Internacional revolucionária (e non umha República soviética que viva para si mesma e reclame de vez en cando a axuda da Internacional)” (V.94, p.131). Con lóxica dialéctica Trótski demostra que nen a fracción bujarinista nen a stalinista son marxistas. Pero non é só Trótski quen chega a esta hoxendia óbvia dedución senón que tamén saca esta conclusión entón a burguesia internacional ao identificar a Trótski como o auténtico inimigo de clase: “Importante –escrebe Trótski- é o xuizo formulado pola burguesia sobre as tendéncias da loita no seo do Partido Comunista da URSS e a Internacional Comunista: a burguesia non ten negumha razón para terxiversar ou disimular nada nesta cuestión. E sobre este ponto hai que dicer que todos os órganos de certa seriedade, autoridade e importáncia do imperialismo mundial, aos dous lados do océano, consideran á Oposición como o seu inimigo mortal: no curso do perido transcurrido, ou ben tenhen 82
manifestado umha simpatia interesada e prudente perante toda umha séria de pasos da dirección oficial, ou ben tenhen expresado o conselho de que a liquidación completa da Oposición, a sua destrución total (Austen Chamberlain –un secretário británico de Asuntos Exteriores- esixia mesmo fusilamentos) era a condición indispensábel para a evolución normal do poder soviético cara o réxime burgués. Mesmo de memória (...), se poden citar numerosas declaracións deste tipo: boletin de información da indústria pesada francesa (Xaneiro do 1927), memória do informador dos ministros e milhonários americanos, apreciacións do Times, do New York Times e de Austen Chamberlain reproducidas en numerosas publicacións e en particular no diário americano The Nation, etc.” (V.94, pp.40-41). Como o mesmo Trótski di, “estes xuizos revelan de xeito demasiado claro a natureza revolucionária da Oposición” (V.94, p.41). As teses de Trótski parece que tiveron máis divulgación entre os 515 delegados ao VIº Congreso que o que desexaba o aparato. Porén, os delegados estaban xa moi filtrados. Pero que ese filtro non funcionou á pefeición demostra-o a asisténcia de delegados como James P. Cannon, que de volta aos EEUU fundará ali a Oposición de Esquerdas, sacará o 18 de Novembro daquel mesmo ano 1928 o primeiro número do periódico “The Militant” e convirtirá-se nun dos líderes do Partido Socialista Obreiro (Socialist Workers Party) dos Estados Unidos. Trótski non estaba só. A loita política de Trótski, apesares de estar isolado a tres mil setecentos kilómetros de Moscovo, continuaba con teimosia polo que a bon seguro era o ponto de referenza para os milheiors de oposicionistas que estaban sendo represaliados polo sistema. Afinais do 1928 entre 6.000 e 8.000 oposicionistas de esquerda foron deportados ou encarcerados. Trótski, que dúbida cabe, tinha masa militante, e cada vez máis. Por iso Stálin decidiu actuar sen miramentos. Primeiro cortou o correo entre os oposicionistas deportados, de tal xeito que no mes de Outubro Trótski deixou de receber praticamente correspondéncia. Trótski protestou cumha carta a Moscovo polo “bloqueo postal” ao que o tinhan sometido. Diante deste proceder, o 16 de Decembro o axente da GPU Wolinski, enviado directamente desde Moscovo, entrega-lhe a Trótski en mao un ultimátum político no que se lhe exixe que ponha fin á sua actividade política e que de non facé-lo deberia-se ater ás consecuéncias. Trótski contesta ao ultimátum cumha carta ao CC do Partido e á presidéncia da Internacional Comunista onde se nega en redondo a facer tal cousa xa que “renunciar a toda actuación política equivaldria a depor as armas” (V.93, p.590), ao que non está disposto. Ademais sinala que “só umha burocrácia corrompida até o tuétano podia exixir dun revolucionário semelhante renúncia (a seguer actuando ao servizo do partido e da revolución mundial), e só uns renegados despreciabeis poderian aceptá-la” (V.93, pp.593-594). Xunta-se o Politburó e Stálin plantexa que Trótski ten que ser expulsado da URSS. 83
Os dirixentes da fracción bujarinista: Ríkov, Tómski e o próprio Bujárin, opuxeron-se. Outro membro máis se opuxo, posibelmente foi Kuibishez . Os demais membros do Politburó nese momento eran Stálin, Molotov, Kalinin, Rudzutak e Voroshilov. Esta maioria do Politburó, galvanizada por Stálin, vota a favor da expulsión. Só quedaba comunicar-lho a Trótski. O dia 20 de Xaneiro do ano 1929 o policia político Wolinski, que se quedar en Almá-Atá para receber instrucións do centro, comunica-lhe a Trótski que a GPU decretou o dia 18 que sexa expulsado da URSS. 26. Prinkipo, comeza o exílio O 22 de Xaneiro do 1929 Trótski, acompanhado da sua mulher e do seu filho maior, é metido pola GPU nun autobus até Pichpek (Frunze) onde colherian o tren con rumbo desconhecido. Durante a viaxe, os axentes da GPU informan-lhe que o seu destino é Turquia, concretamente Constantinopla ( Estambul). Trótski opón-se e os policias piden instrucións a Moscovo, que despois de doce dias, que pasan numha estación perdida, ratifica a orde. Tróstki pedira poder ver ao seu filho menor, Sergei, e fora-lhe concedido, incorpora-se ao grupo. O tren leva-os através de Kazajstán, sul de Rúsia e Ucránia até Odesa, á beira do Mar Negro, onde chegan o 10 de Febreiro pola noite. No porto, que estaba arrodeado de policias, esperaba-o un deserto barco “Ilich” que de madrugada partiria para o exílio. Antes de partir despide-se do seu fillho pequeno, xa non o voltaria a ver, Stálin fariao asasinar. Pero non só do seu rapaz máis novo se despediu, tamén da Rúsia soviética na que endexamais voltaria a pór o pé. O 12 o barco atraca en Constantinopla. Umha vez que os gardas fronteirizos turcos suben a bordo, Trótski entrega-lhes umha nota de protesta dirixida ao presidente turco Kemal Pachá na que comunica que ven aqui pola forza e non pola sua própria vontade. Alguns dias despois, o presidente turco, através do governador de Constantinopla, fai-lhe saber a Trótski que non será recluido en Turquia e que poderá permanecer no país o tempo que estime e que se poderá ir cando o desexe. Pai, nai e filho foron trasladados pola GPU ao consulado soviético en Constantinopla. Trótski imediatamente se sumerxeu na loita. Habia que combatir politicamente e, ademais, ganhar-se a vida. Escrebe a camaradas seus da Europa. Alguns deles contestan-lhe axinha como foi o caso do matrimónio francés Alfred e Marguerite Rosmer, de cuxa amizade gozará até o final. Contaba con 1.500 dólares que lhe entregara a GPU no barco. Estabelece contactos con xornais occidentais co dobre obxetivo político/económico. Publica artigos explicando as loitas políticas no seo do partido en periódicos tais como o New York Times e o Daily Express. Era o pretexto que estaba esperando Stálin. Imediatamente fixo que 84
publicacións soviéticas e afins afirmaran que Trótski se vendera á burguesia imperialista. O clima no consulado soviético enrareceu-se e os Trótskis abandonaron o 5 de Marzo o consulado para tralardar-se ao Hotel Tokatliyan e despois a un apartamento e afinais de Abril van-se viver a umha casa na Ilha de Prinkipo (Ilha de Príncipes), a maior dun pequeno arquipélago do Mar de Mármara, daquelas a hora e média de Constantinopla en barco de vapor. Desde a sua arribada a Constantinopla, Trótski batalhou por conseguer un visado nun país de Europa, ou nos Estados Unidos, porque Turquia estaba alonxada do teatro político de operacións e porque en Constantinopla habia moitos rusos “brancos” emigrados que podian ser umha perfeita tapadeira para un atentado da GPU, se non o realizaban eles mesmos. Cando a GPU lhe dixera a Trótski que na Alemanha non lhe daban visado, non o creera. El mesmo lera nun periódico de Berlin que o presidente socialdemócrata do Reichstag, Paul Lobe, dixera nun discurso público que “nada teria de particular que chegásemos mesmo a brindar ao senhor Trótski un asilo de liberdade no noso país” (V.93, p.600). Pero como ia comprobar axinha, este era un dicer valeirado de honradez, vulgar retórica. Asi foi, ipso facto Trótski telegrafiou-lhe ao Lobe para lhe comunicar que mercé ás suas palabras pedira o visado no consulado alemán. Un avogado socialdemócrata tomou a iniciativa de xestionar na própria Alemanha o visado. Ao comezo semelhaba dabondo que Trótski aceitase certas restricións de movimento na Alemanha para conqueri-lo. Só era un xeito de dar largas. Non houbo visado. Tampouco lhe otorgaron visa os governos do Ducado de Luxemburgo, o estadounidense, o austriaco, o holandés, o noruego, o checo, o inglés, o francés e o espanhol. O espanhol nen respostou. O governo francés simplesmente dixo que estaba en vigor a orde de expulsión ditada no 1916. O caso inglés foi un exercício de puro cinismo. Trótski recibira en Prinkipo (Buyuk Ada, en turco) en Maio a visita do laborista Sidney Webb que lhe dixo que faria todo o posíbel pero que os conservadores eran un grande obstáculo. O Partido Laborista ganha as eleicións en Maio e Ramsay MacDonald forma un governo no que o Sidney obtén praza de ministro. Trótski envia un telegrama. O governo laborista nega-lhe o visado, por certo, con grande alegria para Winston Churchill que calificaba a Trótski de “Ogro de Europa” e “odre de maldade” (V.24, p.31), claro que previamente Trótski xa lhe dixera ao futuro premier nun artigo periodístico que non entendia nada de nada de Lénin xa que “Lénin pensaba en termos de épocas e de continentes e Churchill pensa en ternos de fogos artificiais” (V.24, p.31). Uns anos despois, no 1937, Churchill fixo umha semblanza de Trótski onde cada palabra respira un profundo e contínuo ódio de clase, inda que non pode 85
evitar mostrar un explícito reconhecimento ao invencíbel militante comunista. Por certo, como representante ben consciente da burguesia sinala que Lénin via a Trótski “como o seu herdeiro político” (V.10, p.142). Lembrar que a Churchill deron-lhe o prémio Nobel de literatura tamén por esta xoia anti-comunista. Con Trótski no exílio, Stálin atacou a fondo á fracción bujarinista. O rompimento coa Oposición de Dereitas comeza en Febreiro do 1929 cando Stálin pide á Comisión de Controlo umha investigación da conversa sostida entre Bujárin e Kámenev. Efeitivamente, no verao do 1928, con Trótski en Almá-Atá, Bujárin achega-se á casa de Kámenev para tratar de chegar a un acordo coa Oposición de Esquerdas polo seu intermédio. Bujárin chegara á conclusión de que Stálin “é un intrigante sen princípios que todo o supedita ás suas ánsias de poder” (V.7, p.374). Para el está claro a estas alturas que con Stálin non hai debate xa que “altera as suas teorias segundo a nacesidade que experimente en determinado momento de eliminar a un ou outro” (V.7, p.375). Tamén lhe di a Kámenev que Stálin ten adversários como Ordyonikidze, Tómski: que cando está bébedo di-lhe no ouvido a Stálin que “os nosos obreiros pronto comezarán a dispara-lhe a vosté, xa o verá” (V.23, p.404), e o mesmo xefe da GPU, Iagoda. Chegadas as notícias a Trótski contesta que el consideraria a posibilidade de colaborar co único obxetivo de restaurar a democrácia no partido. Desta conversa, e posteriores contactos, revelada en panfletos por oposicionistas de esquerda en Moscovo, Stálin pedia-lhe agora contas a Bujárin. Este reconhece-a como certa e ataca a burocratización dun aparato onde nengun secretário rexional foi eleito pola base, e demanda a redución do ritmo previsto para a industrialización. En Abril, numha sesión do Comité Central e da Comisión de Controlo, Stálin ataca directamente a Bujárin. Os feitos desencadean-se. E Xunho Tómski é destituido da dirección dos sindicatos. O 3 de Xulho Bujárin é expulsado da Presidéncia da III Internacional e do seu Comité Executivo, para ser expulsado do politburó do partido ao pouco. O 26 de Novembro a Oposición de Dereitas capitula ante Stálin facendo “autocrítica”: apartires daqui xa son cadáveres políticos. Stálin xira xa definitivamente á “esquerda”: ia pór en marcha a colectivización forzosa e a industrialización acelerada. Por que dá Stálin este xiro á esquerda se a el pouco ou nada lhe interesa a teoria e o debate? Trótski, xa en México, explicará-o á perfeizón na biografia inacabada de Stálin: “O crecimento das relacións burguesas ameazaban non só a base socialista da propriedade, senón tamén os cimentos da mesma burocrácia. Pudo-se sentir inclinada a repudiar a perspectiva de desenvolvimento socialista a favor da pequena–burguesia; pero a nengun prezo consintiria en repudiar os seus próprios dereitos e priviléxios para beneficia-la. Esta contradición foi a que levou ao durísimo 86
conflito entre a burocrácia e o kulak (...). Defender a nacionalización dos meios de produción e da terra é lei de vida ou morte para a burocrácia, pois tal é a orixe social da sua posición dominante” (V.116, pp.286-288). Diante desta nova coxuntura a maior parte dos dirixentes da Oposición de Esquerdas no desterro van capitular definitivamente. En Abril do 1929 Preobrayénski escrebe umha epístola intitulada “A Todos os Camaradas da Oposición”. Nela afirma que os oposicionistas de esquerda se deben reintregar no partido para defender o xiro á esquerda de Stálin. Este será o fio condutor para xustificar a capitulación de todos os oposicionistas politica e moralmente derrotados. Porén, Preobrayénski non se fai ilusións das condicións que van atopar ao reingresar no partido xa que aceitar a militanza nesta ocasión será como levar “umha pesada cruz” (V.24, p.76). En Maio viaxa a Moscovo. Teoricamente vai negociar o reingreso no partido, na prática vai asinar a capitulación política. En Xunho, seguendo a estela de Preobrayénski viaxan a Moscovo Rádek e Smilgá. Ao mes seguinte catorce oposicionistas deportados máis anuncian a sua rendición. Outros comezan a “negociar”. Empezan facendo o que se converte en prática habitual: piden a volta da democrácia no partido e o retorno de Trótski á URSS para ao final aceitar a rendición incondicional. Os que se axoenlhaban perante o aparato de Stálin non eran persoas menores. Ao revés, foran grandes loitadores sociais e altos cadros revolucionários. Se Stálin estaba interesado en reintregrá-los formalmente ao partido era precisamente por estas suas cualidades pretéritas xa que asi desarmaba politicamente á base oposicionista, que pasados os anos serian milhóns, e utilizaba os seus conhecimentos técnicos e organizativos para o proceso industrializador. A excusa que punhan todos este desertores do campo revolucionário era que debian participar na execución do Plano quinquenal, que ao fin e ao cabo era deles porque a Oposición de Esquerdas fora quen sinalara a sua imperiosa necesidade se non se queria ver a restauración do capitalismo na Unión Soviética. Tomaban umha parte polo todo para auto-excusar-se. Cando Trótski en Prinkipo conheceu esta ondonada de desercións calificou aos oposicionistas de “capituladores da terceira fornada” (V.24, p.79), e dixo “eles afirman que as diferenzas entre Stálin e a Oposición case se esfumaron. Como explican entón o furioso carácter das represálias?” (V.24, p.79). E facia fincapé no axioma “o réxime interno do Partido é para o marxismo un elemento irremprazábel de controlo sobre a linha política” (V.24, p.80). Entre os desterrados inda habia líderes históricos que mantinhan ergueita a bandeira. Lideraba-os Kristian Rakóvski, que afirmaba que “loitamos por todo o programa da Oposición” (V.24, p.82). Porén o desacougo estaba instalado nas suas filas. Umha manifestación pública deste desacougo foi a “Carta Aberta ao Comité Central” que asinaron 87
quinientos deles. Cando Trótski recibiu este documento en Decembro solidarizou-se publicamente con el pero numha comunicación privada a Rakóvski dixo-lhe que “nen un paso máis alá” (V.24, p.85). Rakóvski aguantou a pé firme até o 1934. Diante da sua capitulación Trótski escrebe o 10 de Marzo do 1934: “Tomamos nota da declaración puramente formal do velho guerreiro” (V.117). Trótski pon-se a trabalhar para organizar a Oposición de Esquerdas. O seu critério político e táctico é moi claro, explicita-o nun artigo de Marzo do 1929: “O programa é, milhor dito, debe ser, o critério máis importante. Este critério será máis preciso na medida en que cada grupo, independentemente das forzas con que conte na actualidade, sexa capaz de sacar conclusións políticas xustas das loitas actuais. Refiro-me en primeiro termo ao programa nacional. Porque se a Oposición non intervén na vida do proletariado e na vida do país, convertirá-se inexorabelmente numha secta estéril (...).O instrumento para elaborar o programa internacional debe ser umha publicación internacional da Oposición, que ao comezo apareza mensual ou bimensualmente. Esta é hoxe a tarefa máis impostergábel e apremiante” (V.117). Contacta con militantes de diferentes países europeos. Non son persoas e grupos ideoloxicamente coerentes pero tenhen en comun que non están subordinados á burocrácia moscovita. Franza é onde máis partidários potenciais tinha Trótski: Alfred Rosmer, Raymond Molinier, Pierre Navilhe, Gerad Rosethal, Pierre Monatte e Boris Souvarine son umha mostra de militantes con influéncia no movimento obreiro francés. Tamén contacta co Leninbund na Alemanha, co Maring Sneevliet na Holanda, con Van Overstraeten na Bélxica, etcétera. Do Estado espanho, Andreu Nin era por entón un seu seguidor. Os camaradas franceses Rosmer, e a sua mulher Marguerite, chegan en Maio a Prinkipo. Ao pouco chegan outros camaradas franceses. Comezan a debater sobre a posibilidade de fusionar aos díscolos do stalinismo na Franza. Apesares das dificuldades, en Xulho do 1929 sairá o “Biuleten Opozitsii” (Boletin da Oposición), editado na sua primeira etapa en Paris, que será o voceiro oficial de Trótski. En Agosto ve a luz o xornal “La Verité” (A Verdade) e no 1930 creará-se a Liga Comunista francesa. Dentro dos esforzos organizativos de Trótski estaba o non perder o vencelho cos oposicionistas que resistian na Unión Soviética. Para contactar con eles e obter información do que acontecia na URSS, Trótski valia-se de simpatizantes entre o corpo diplomático e comercial soviéticos, e mesmo na GPU. Un caso sonado entre a policia política soviética foi o de Iakob Blumkin. Este seguia trabalhando na GPU apesares de manifestar á dirección as suas simpatias pola Oposición de Esquerdas. Estas simpatias tinhan causa no pretérito, cando Blumkin, sendo axente da Cheka, pero como membro convencido dos eseristas de esquerda, asasinou ao embaixador alemán en Moscovo, conde Mirbach, por non estar dacordo 88
coa Paz de Brest-Litovsk. Detido foi levado perante Trótski e este fixo-lhe entender o erro político que supunha aquel acto terrorista. Apesares de que o governo soviético mesmo chegou a notificar o seu fusilamento ás autoridades alemanas, Blumkin seguiu trabalhando para a Revolución de Outubro. Blumkin, que agora trabalhaba na sección de contra-espionaxe, visitou a Trótski en Prinkipo no verao do 1929, co que conversou durante várias horas. Quedaron en que el levaria umha mensaxe para os oposicionistas desterrados e que se encargaria de facer entrar clandestinamente o “Biuleten” na URSS. Ao seu regreso á Unión Soviética foi arrestado e fusilado. Foi o primeiro caso dun membro do partido pasado polas armas por oposicionista, todo un precedente: Stálin queria deixar ben claro o que lhe ia supor a un funcionário soviético colaborar con Tróstki Cando o levaron ao paredón berrou: “Viva Trótski” (V.24, 91), un berro que pronto se ia facer moi familiar na Rúsia de Stálin 27. Viaxe de ida e volta O xiro á esquerda que impón Stálin através do aparato afinais do 1929 leva á Unión Soviética a umha realidade social completamente nova. A colectivización forzosa vai eliminar ao kulak como clase pero a costa de sumir ao campo soviético nun caos indescritíbel. Non dispor de tempo, de maquinária agrícola e de produtos químicos para o campo imposibilitaba que a colectivización se fixera gradual, solidamente. Ao non poder o Estado soviético favorecer ao un sinfín de granxas colectivas con maquinária, produtos, cretos, exencións e investimentos o conxunto do campesinhado non podia ver axinha as milhoras na produtividade e nas condicións de existéncia que traeria a colectivización do agro. Como a colectivización se fará de prisa e correndo e pola forza non só se oporá a ela o kulak senón tamén moitos seitores do campesinho médio. Se é certo que no 1931 o 51 por 100 das famílias campesinhas se atopan en koljoses, e un ano despois será o 61%, tamén é certo que, segundo as próprias estadísticas oficiais, entre 1929 e 1934 se perdeu o 55% dos cabalos, o 40% dos bovinos, o 55% dos porcos e o 66% das ovelhas. E dicer, milhóns e milhóns de todo tipo de gando. A isto engadir-lhe a queima de campos e o desprazamento de máis de 10 milhóns de persoas. O resultado: fame brutal no campo e racionamento espartano nas cidades. A industralización a marchas forzadas é a outra cara da mesma moeda. Crean-se infinidade de infraestruturas, fábricas, presas. Medra a produción de carbón, de ferro, de electricidade. Enfin, a URSS aumenta un 250 por 100 a sua produción industrial. Isto fai-se sometendo á clase trabalhadora a umhas condicións de vida durísimas: baixos salários, inflación galopante, alimentación mínima, alongamento da xornada, introdución do trabalho a destaxo. No 1933 o 75% dos obreiros van a 89
destaxo, o 20% dos trabalhadores reciben o 40% do total dos salários. Por se isto non fose dabondo, desde Setembro do 1930 van-se ir emitindo polo governo soviético umha série de decretos que culminarán na Carta Obrigatória de Trabalho de Setembro do 1932 coa que o obreiro soviético asemelha-se a un servo da fábrica xa que cambiar-se de trabalho e protestar poden acarrear a perda do posto de trabalho e da casa. A cousa chegará a tais extremos que os sindicatos non poderán nen discutir as normas de trabalho fixadas pola dirección da empresa. Desta nova realidade económica-política Trótski terá un conhecimento directo através dun memorándum que Iván Smirnov lhe fará chegar no Outono do 1931. En Febreiro o filho maior de Trótski, Liova, traslada-se a Berlin para cursar estudos e para ocupar-se ali do trabalho da Oposición. No mes de Xulho, de xeito casual, vai-se atopar numha rua berlinesa con Smirnov, oposicionista derrotado por Stálin pero non fiel a el. Acorda con Liova mandar-lhe a Trótski umha análise pormenorizada da situación económica e política que atravesa a URSS. Asi o fará, por un intermediário chega no Outono a Prinkipo o memorando, que será a base dun número do Boletin da Oposición. Para Trótski a colectivización e a industrialización eran necésarias desde tempo atrás pero non por decreto. Era imprescindíbel a centralización da economia por arriba por técnicos tanto como o controlo da mesma por abaixo pola clase trabalhadora. Trótski explica que “a situación económica do país é o nivel de vida dos trabalhadores e o papel que eles desempenhen no Estado” (V.24, p.103). Instou a que a colectivización pola forza se detivese para que se fixera gradualmente, organizando granxas colectivas que coa axuda técnica e financieira do Estado se converteran en modelos de produtividade e servisen asi de exemplo real para o conxunto do campesinhado. Trótski non negaba a necesidade da colectivización e da industrialización, senón que como pioneiro teórico das mesmas esixia que se fixeran con luz e taquígrafos para correxer erros e evitar deste xeito esforzos inecesários da clase trabalhadora e do campesinhado. Isto só se podia efeitivizar cumha vida democrática plena no seo do partido e non através da infabilidade do Secretário Xeral. Estes diceres de Trótski non eran meras reflexións teóricas dun exiliado xa que o Boletin entraba clandestinamente na Unión Soviética e tinha curso entre governantes e administradores do Estado e máis dun deles consideraba correcto o que se decia ao final do próprio memorando: “en vista da incapacidade da actual dirección política para sair do impasse económico e político, cada dia medra o convencimento sobre a necesidade de cambiar a dirección do Partido” (V.7, p.443). Stálin respostou ao batalhar político de Trótski retirando-lhe a cidadania soviética o 20 de Febreiro do 1932. Era un intento máis para isolar ao revolucionário da URSS. Isto era-lhe máis que necesário a Stálin 90
que via-se obrigado a reprimir a sua própria fracción para converter-se no amo indiscutíbel e governar através só do aparato, sen crítica nengumha. Para isto era preciso tamén re-escreber a história da Revolución de Outubro e do Partido Bolchevique. Someter aos historiadores aos desexos do aparato supunha que a historiografia se teria que acomodar ás necesidades coxunturais do próprio aparato e do seu máximo representante, Stálin. Asi, primeiro fora necesário afirmar que Trótski non cumplira un papel político relevante na Revolución de Outubro e na Guerra Civil, despois simplesmente se lhe borrou da História e agora habia que afirmar que Stálin fora o líder nato de todo o proceso revolucionário para poder converti-lo en xefe infalíbel no presente. A lóxica do proceso impunha-lhe a Stálin que para ser o dono e senhor do aparato tinha quir borrando da História a todos os seus adversários, oposicionistas e mesmo stalinistas; lóxica que imporia, para rematar o proceso, a eliminación física de todo adversário real e potencial. Trótski adoecia por sair de Turquia, para achegar-se ao corazón de Europa, onde se ia dilucidar a marcha dos acontecimentos futuros. A oportunidade veu-lhe coa invitación que lhe cursaron estudantes daneses para que dera umha conferenza en Copenhague sobre a Revolución Rusa. O governo socialdemócrata de Dinamarca consentiu un visado de ida e volta, inda que Trótski non perdia a esperanza de poder alongar a sua estadia. O 14 de Novembro do 1932 Trótski, na companha da sua mulher e de tres secretários, sae de Constantinopla rumo ás costas danesas, onde chegou o dia 23. A espectación que despertou a sua visita foi grande. Mesmo no porto hai umha moitedume esperando-o, en parte potencialmente contrária mercé á mobilizazón dos estalinistas. Porén, á sua arribada o instinto de clase debeu acougar a máis de un. Ao pouco de chegar, un membro da família real danesa, o príncipe Aage, acusou-no de ser o asasino do zar e da sua família, e a ambaixada soviética protestou pola sua visita. O 25 deu a conferenza en alemán, diante dumhas duas mil persoas. Foi desgranando a Revolución Rusa cuxo estudo acababa de concluir en Prinkipo. Esta intervención está filmada, ve-se a un Trótski apaixoado, veemente. A sua estadia aproveitou-na para ver-se con camaradas de diversos países, e asi celebrar umha informal xuntanza internacional. Tamén aproveitou para solicitar a ampliación da sua visa. Foi-lhe denegada, como tamén se lhe denegou o visado en Suécia. Daquela, non tinha máis remédio que comezar a viaxe de volta. O 2 de Decembro sae en barco de Copenhague. Cando chega ao porto de Amberes, ateigado de policias, non lhe deixan pór o pé en terra. Segue viaxe a Dunkerque, dali a Paris onde chega o 6. Dali a Marselha, onde a xendarmaria o quere meter pola forza nun barcucho de carga. Solicita a visa de tránsito por Itália e o governo de 91
Mussolini concede-lha. Foron até Veneza e desde ali por tren a Brindisi, onde colheron o barco que os levou de volta a Prinkipo onde chegaron a noite do 11, desembarcando ao dia seguinte. A conferenza que dera en Copenhague permitira-lhe expor en público os estudos que concluira na sua “História da Revolución Rusa”. Esta é a obra histórica de Trótski por exceléncia, xa un clásico da historiografia marxista. Se na sua auto-biografia, “A minha vida”, que tamén conclui en Prinkipo, Trótski ve-se obrigado a se reivindicar a si mesmo e aporta umha série de dados vitais para o historiador, na História da Revolución Rusa fai umha análise pormenorizada do proceso revolucionário, das clases sociais en loita, das diversas etapas e do método político marxista que posibilitou levar á clase trabalhadora a conquistar o poder por primeira vez na História Universal. Non se pode entender axeitadamente a Revolución Rusa sen esta obra. En Xaneiro do 1931 Zina, a filha maior de Trótski e de Alexandra Sokolóvskaia, chegara a Prinkipo co seu neno Vsevolod Volkov, ao que chamaban Seva, que era froito do seu matrimónio con Platón Volkov, deportado en Sibéria por orde de Stálin. Era umha mulher sensíbel, desestabilizada e debilitada pola morte da sua irmá e pola represión que caia sobre a sua nai e o seu marido. Despois de pasar un tempo co seu pai en Prinkipo, foi a Berlin en Outubro co obxeto de receber tratamento psiquiátrico, inda que ela non estaba moi dacordo. A sua saude mental destragou-se definitivamente, moi posibelmente pola notícia de que endexamais poderia voltar á Unión Soviética, xa que a privación da cidadania a Trótski tamén alcanzaba aos seus familiares. Saber que non poderia ver máis a sua nai, ao filho que ali deixara e ao seu marido foi definitivo. Desesperada suicidou-se o 5 de Xaneiro do 1933. Pechou-se no seu apartamento berlinés e abriu o gas. O dia 6 chega a Prinkipo o telegrama coa tráxica notícia. Trótski e Nataxa pecharon-se durante vários dias na sua habitación cuxa porta só se abria para pedir un pocilho de té. Aos dias, Trótski saiu encanecido. 28. Contra o nazismo A República de Weimar (1919-1933) está no ano 1930 brutalmente sacudida pola crise económica. Para mostra un botón, o paro real estaba nuns cinco milhóns de persoas. Esta coxuntura económica tinha un marco político que en nada axudaba: o Tratado de Versalhes, que non era máis que o pálido reflexo da necesidade que tinhan as burguesias inglesa e francesa de frear a expansión da burguesia alemana. Na realidade só na revolución ou na contra-revolución estaba a saida. Ou umha revolución que puxera a economia ao servizo da clase trabalhadora, que en alianza coa Unión Soviética consolidaria o socialismo na URSS e na própria 92
Alemanha, o que seria o toque a rebato para outras revolucións, por exemplo no Estado espanhol, ou pola contra, umha contra-revolución que sometera á clase trabalhadora aos designios expansionistas da burguesia alemana o que supunha o aplastamento sindical e político da clase trabalhadora. Diante desta coxuntura, a dirección da Internacional Comunista vai sinalar, cumha torpeza táctica absoluta, á socialdemocrácia como o principal inimigo da clase trabalhadora. Asi, por boca do novo presidente, Manuilski, dirá en Xulho do 1929: “A socialdemocrácia irá quitando-lhe progresivamente á burguesia a iniciativa da represión contra a clase obreira (...). Fará-se fascista. Este proceso de conversión da socialdemocrácia en socialfascismo xa comezou” (V.7, p.450). Non contento con esta parvada, afirmará que “en moitos países capitalistas intensamente desenvolvidos o fascismo será a última fase do capitalismo, prévia á revolución social” (V.7, p.450). Nun alarde de idiotez suprema para alguén que se di marxista, vinha afirmar que o trunfo da contra-revolución precederia ao trunfo da revolución. Incríbel. É abecé que nun proceso revolucionário trunfa a revolución ou a contra-revolución, polo que é imposíbel que a derrota da revolución sexa o prólogo da sua vitória. Esta linha política, que supunha o suicídio colectivo para a clase obreira alemana, a manterá a dirección da IIIª Internacional até o final. O 14 de Setembro do 1930 celebran-se umhas eleicións ao Reichstag (Parlamento) que cumha participación do 82% do eleitorado, dan-lhe 6,4 milhóns de votos ao Partido Názi (DNSAP, Partido Obreiro Nacionalsocialista Alemán). Era un incremento brutal dos votos názis en comparación cos que obtiveran nas eleicións do 1928. Asi, pasaban do 2,6% ao 18,3%. O avance era espectacular. Inda asi, o SPD (Partido Socialdemócrata Alemán) obtinha máis de 8,5 milhóns de votos e o KPD (Partido Comunista Alemán) 4,6 milhóns. E dicer, os partidos da clase obreira alemana tinhan o dobre de votos. O pero, non só estaban divididos senón que estaban enfrentados. Trótski desde Prinkipo dará a voz de alarma. Apartires do 26 de Setembro, e até o final, enfiará umha série de artigos onde someterá a umha crítica severa o desnorte político das direccións da IC e do KPD. Asi, no artigo “O xiro da IC e a situación na Alemanha” sinala como princípio que “a primeira cualidade dun partido revolucionário é saber mirar cara a cara a realidade”. Informa que “a grande burguesia alemana hoxe vacila, está dividida” entre buscar a saida através da “terapéutica socialdemócrata”, o que supón pactos sobre a lexislación social e os salários, é dicer, disminuir a tasa de explotación da forza de trabalho, ou através da “intervención quirúrxica fascista” , que supón someter ao látigo á clase trabalhadora. Indica Trótski que “as vacilacións da grande burguesia entre a socialdemocrácia e o fascismo son o síntoma máis evidente dumha 93
situación pre-revolucionária” (V.109, p.14). E advirte, “para que a crise social poda desembocar na revolución proletária é indispensábel, aparte doutras condicións, que as clases pequeno-burguesas se inclinen de forma decisiva do lado do proletariado. Iso permite ao proletariado tomar a cabeza da nación e dirixi-la. As últimas eleicións revelan umha tendéncia en sentido inverso (...). Baixo os golpes da crise a pequena-burguesia basculou non do lado do proletariado, senón do lado da reacción imperialista máis extremista, arrastrando a capas importantes do proletariado(...). O crecemento xigantesco do nacionalsocialismo reflite dous feitos esenciais: umha crise social profunda (...) e a auséncia dun partido revolucionário”. E alerta: “a revolución proletária sufriu globalmente nestas eleicións umha grave derrota, que evidentemente non é decisiva (...). Pode-se converter en decisiva, e inevitabelmente o fará, se o partido comunista non é capaz de valorar a sua vitória parlamentar parcial en relación con esta derrota preliminar da revolución, e de sacar todas as conclusións necesárias (...). A subestimación do fascismo pola dirección actual do partido comunista pode levar á revolución á umha derrota (...). O curso dos acontecimentos pode, nun futuro moi próximo, facer rexurdir na Alemanha (...) a contradición tráxica entre a madurez da situación revolucionária, por umha parte, e a debilidade e insuficiéncias estratéxicas do partido revolucionário pola outra” (V.109, pp.14-16). Para Trótski é vital que o KPD esté “cotidianamente á escoita en profundidade do proletariado e dos trabalhadores en xeral” porque “ só un partido que tenha por todas partes decenas de milhares de antenas, que recolha os seus testimónios” poderá orientar-se axeitadamente. Pero se isto é imprescindíbel non é dabondo. O Partido ten que ter umha vida interior sana para poder facer análises verdadeiras polo que para o KPD é indispensábel “o cámbio do réxime do partido (...). O partido debe escapar desa atmósfera hipócrita, convencional, na que se silencian os males reais e se glorifican os valores fitícios”. Umha vez feito isto o partido ten que executar umha política de “frenta única”. Pero advirte, se esta política “oferece ao partido comunista enormes posibilidades (...), a condición do éxito estriba no abandono da prática e a teoria do socialfascismo”. Deste xeito, “deberemos, inevitabelmente, concluir acordos contra o fascismo coas diferentes organizacións e fraccións socialdemócratas, plantexando aos seus dirixentes condicións precisas ante as masas”. Sinala que hai que “volver á política de frente única tal como foi formulada por Lénin e aplicada sempre polos bolcheviques, e moi particularmente no 1917”. Teima, hai que levar “umha política de achegamento coa maioria da clase obreira alemana e a frente única con os obreiros socialdemócratas e sen partido contra o perigo fascista (...). O partido comunista debe chamar á defensa das posicións materiais e intelectuais que a clase obreira conquistou xa no Estado alemán. O que está en xogo é a sorte das 94
organizacións políticas e sindicais, da sua prensa, das suas imprentas, dos seus clubes e bibliotecas. O obreiro comunista debe dicer-lhe ao obreiro socialdemócrata: ´´A política dos nosos partidos é inconciliábel; pero se os fascistas venhen esta noite a destruir o local da tua organización eu virei na tua axuda coas armas na mao. Prometes ti acudir na minha axuda no caso de que ese mesmo perigo ameaze á minha organización´´. Esa é a quintaeséncia da política do periodo actual. Toda a axitación debe der desenvolvida neste espírito” (V.109, pp.24 –26). A dirección da IC e do KPD non tomaron en conta a mensaxe de Trótski. Ao revés, no Agosto do 1931 os názis queren derrocar ao governo socialdemócrata do Lánder de Prúsia através dun plebiscito. O KPD en vez de chamar á clase obreira a votar a favor do governo socialdemócrata, umha vez formuladas as necesárias críticas ao seu proceder, pide o voto en contra o que na prática supunha umha alianza cos názis. Para ocultar esta alianza nos feitos o KPD dá-lhe ao referendo o nome de Plebiscito Vermelho. O referendo foi favorábel aos socialdemócratas. A dirección do KPD cubria-se de opróbio aos olhos da maior parte da clase trabalhadora. Trótski vai criticar este parvo proceder político. Asi, o 25 de Agosto escrebe: “Os erros do partido comunista alemán sobre a cuestión do plebiscito (...) terminarán por entrar nos libros de texto da estratéxia revolucionária como o exemplo do que non se debe facer (...). Na conduta do comité central do partido comunista alemán está todo equivocado (...), a burocrácia estalinista embarcou aos trabalhadores revolucionários numha frente única con os nacionalsocialistas contra a socialdemocrácia” (V.109, pp.39-40). Un exemplo máis de que a dirección do KPD ia totalmente á deriva está en que en vez de lanzar as suas próprias consignas frente aos názis utilizan lemas colhidos dos próprios nacionalsocialistas. Umha mostra, e non menor, é a consigna de “revolución popular” que empregaban os názis. En vez de enfrentá-la coa consigna marxista de “revolución socialista” utilizan a názi: “É difícil para un imaxinar-se umha capitulación más vergonhenta nos princípios que o feito de que a burocrácia stalinista tenha sustituido a consigna da revolución proletária pola de a revolución popular” (V.109, p.45). A bancarrota táctica e ideolóxica da dirección do KPD é absoluta. Trótski di: “A burocrácia stalinista esforza-se cada vez máis por actuar contra o fascismo coas suas próprias armas, borrando as cores da sua paleta política e intentando gritar máis forte quel na subasta do patriotismo. Estes non son os métodos dumha política de clases con princípios” (V.109, p.45). Trótski explica que “esta infame competéncia co fascismo” ten a causa na teoria do socialismo nun só país: “Hai vários anos, a Oposición de Esquerdas advertiu que a teoria ´autenticamente rusa´ do socialismo nun só país levaria ao desenvolvimento de tendéncias socialpatriotas noutras 95
seccións da Komintern (...). O partido comunista alemán, en pouco tempo, foi introducido na esfera do socialpatriotismo (...). O referendo vermelho non caeu do ceo: xurdiu dumha dexeneración ideolóxica avanzada do partido” (V.109, pp.47-51). A crise económica e política proseguia na Alemanha. En Marzo e Abril do 1932 celebran-se Eleicións Presidenciais. Os socialdemócratas nun alarde de cegueira política pedirán o voto para o velho reaccionário Hindenburg. Os comunistas presentan candidato próprio, Thaelmann. O resultado de que os partidos obreiros non votaran a un candidato comun foi a vitória de Hindenburg, e que Hitler obtivera máis de 11 milhóns de votos na primeira volta e máis de 13 na segunda. O candidato comunista non chega aos 5 milhóns na primeira ronda e baixa a 3,7 na segunda. Hinderbung foi eleito con algo máis de 19 milhóns de votos. O 30 de Xulho celebran-se Eleicións ao Reichstag. Por vez primeira o Partido Názi consegue ser o partido máis votado: 13.745.000 votos. Pero non só iso, consegue máis votos que o SPD (7.959.700) e o KPD (5.282.600) xuntos. Era o resultado do pánico dos líderes socialdemócratas á revolución socialista e da imbecilidade política da dirección estalinista que convertera ao SPD non principal inimigo da clase trabalhadora en vez de teimar nos feitos numha frente única cos obreiros socialdemócratas. O badoquismo político de Stálin só ia á par que a sua cegueira. Impedia a política da frente única coa socialdemocrácia imposibilitando o trunfo da revolución socialista e non via que a sua derrota levaria á guerra coa Alemanha názi, o que non era un secreto xa que o líder nacionalsocialista se encargaba de dicé-lo a cotio. Trótski explicaba e explicaba. Xa en Abril dixera que “Hitler no poder signhificaria a guerra (...) contra a Unión Soviética” (V.109, p.190). Era esta umha dedución dialéctica: “Para que sexa posíbel umha intervención [contra a URSS], precisa-se un grande país, altamente industrializado e ademais continental, que poda e queira asumir a carga principal dumha guerra contra a Unión Soviética (...). Un vistazo sobre o mapa político de Europa mostra que só umha Alemanha fascista se poderia encargar desta tarefa. Inda máis, umha Alemanha fascista non teria outra eleición (...). Umha guerra entre o Estado hitleriano e a Unión Soviética seria inevitábel” (V.109, pp.191-192). Numha entrevista que Trótski concedeu en Maio sintetiza a sua posición. Vexamos: “Pergunta. Cree vosté iminente a toma de poder político polos nacionalistas? Resposta. Sí, coido que se as organizacións máis importantes da clase obreira alemana prosiguen a sua política actual, a vitória do fascismo estará asegurada case automaticamente, e nun espazo de tempo relativamente breve (...). 96
P. Non considera vosté como o deber urxente do momento que socialdemócratas e comunistas, abeirando as suas diferenzas de princípio, creen umha organización comun de loita? R. Sí, estimo que o partido comunista debe propor un acordo de loita ao partido socialdemócrata e á dirección dos Sindicatos Libres, da base á cúspide (...), a frenta única da clase obreira contra o fascismo debe ter un carácter completamente concreto, prático e combativo (...). P. Estaria vosté disposto a trabalhar por semelhante organización na sua persoa e con seu nome? R. Por suposto (...). A cuestión de Alemanha é a cuestión do destino da Europa, da Unión Soviética, e, en grande medida, do de toda a humanidade durante un longo periodo histórico (...)” (V.109, pp.193-194). Hindenburg, que fora eleito presidente co apoio dos socialdemócratas, vai-lhe dar a puntilha á República de Weimar. Obriga ao cancilher Bruning, que fixera un tímido intento para ilegalizar as tropas de choque názis, á que dimita o 30 de Maio para ao dia seguinte nomear cancilher a Franz von Papen que destituirá por decreto ao governo socialdemócrata de Prúsia, un governo que resistira un referendo náziestalinista era agora derrubado sen loita. Un certo cansanzo das masas, dun e outro signo, adivina-se nas Eleicións ao Reichstag do Novembro do 1932. Os názis perden dous milhóns de votos, o SPD e o KPD perden entre os dous 1,7 milhóns. Porén a contra-revolución ia en linha reta á conquista do poder pola via legal por falta de obstáculos. Asi, o 30 de Xaneiro do 1933 Hitler é nomeado cancilher. Trótski explica por que a burguesia lhe dá o apoio definitivo a Hitler: “A época de Bismarck pasou a milhor vida. A Alemanha actual non xurde das vitórias, senón da derrota (...). O capitalismo decadente non produce nengun benefício, non abre nengumha perspectiva. O único cemento que une ás clases poseedoras é o seu medo aos obreiros (...). A investidura de Hitler co poder servia un dobre obxetivo: primeiro, embelecer á camarilha de proprietários con os dirixentes dun ´movimento nacional´; segundo, ponher ás forzas de combate do fascismo á disposición directa dos proprietários. Non foi co corazón alixeirado como a poderosa camarilha superior pactou cos fedentos fascistas. Detrás dos advenedizos desenfreados hai demasiados, demasiados punhos; e neso reside o aspecto perigoso dos aliados camisas pardas; pero neso mesmo está a sua ventaxa fundamental, ou máis exactamente, a sua única ventaxa. E esta é a ventaxa decisiva, posto que esta é umha época tal que non hai outro xeito de garantir a propriedade que através dos punhos. Non hai xeito de prescindir dos názis” (V.109, pp.258-259). Pero mesmo agora Trótski di que hai tempo para enfrentar á besta názi: “A toma do poder por Hitler é indubitabelmente un golpe terríbel para a clase obreira. Pero isto non é inda umha derrota decisiva ou irremediábel. 97
O inimigo que podia ter sido aplastado mentras só se esforzaba por chegar ao poder, ocupou na actualidade toda umha série de postos de mando (...), queda un treito non pequeno entre o ministério encabezado polo cancilher fascista e a vitória completa do fascismo. Isto significa que o campo revolucionário todavia dispón de tempo. Canto? É imposíbel de calcular de antemao. Só as batalhas poden medir a sua dirección” (V.109, p.260). Trótski repasa o que é o proceder medoso da socialdemocrácia na sociedade burguesa e o quefacer ruin estalinista no proceso revolucionário: “Cando a burguesia a chama ao poder, a socialdemocrácia vota a favor do réxime capitalista. A socialdemocrácia tolera, atura, a calqueira governo burgués que ature á socialdemocrácia. Pero mesmo cando é completamente excluida do poder, a socialdemocrácia segue a soster á sociedade burguesa, recomendando aos obreiros que reserven as suas forzas para batalhas ás que endexamais chamará. Ao paralisar a enerxia revolucionária do proletariado, a socialdemocrácia proporciona á sociedade burguesa umha oportunidade de sobreviver baixo condicións en que non pode viver moi tempo, convertendo asi o fascismo numha necesidade política” (V.109, p.260). E sobre a linha política estalinista di: “Durante os pasados dous ou tres anos de avance fascista, a política da burocrácia estalinista non foi nada máis que umha cadea de crimens que salvaron literalmente ao reformismo e con elo prepararon os éxitos subsiguintes do fascismo” (V.109, p.261). Apesares dos medos e erros das direccións socialdemócratas e estalinistas, pergunta-se: “É posíbel a viraxe? A iso se reduce a tarefa no momento actual (...). Só o desenvolvimento e a agudización do antagonismo entre nacionalsocialistas e socialdemócratas pode sacar aos comunistas do seu isolamento, tras todos os erros cometidos, e abrir o caminho cara a revolución (...). O caminho para elo é através da política audaz da frente única (...). A política audaz da frente única é, neste momento, a única base correcta mesmo para a campanha eleitoral” (V.109, pp.262-263). Os názis van-se consolidando no poder mercé á apatia da dirección socialdemócrata e aos erros da estalinista. Asi, os nacionalsocialistas poden xogar ao ataque. O asalto á casa de Karl Liebknech e o incéndio do Reichstag son dous episódios que ilustran que o terror názi se vai impondo socialmente. Nesta coxuntura política dan-se, o 5 de Marzo, as derradeiras Eleicións ao Reichstag. Os 17 milhóns de votos aos názis indican, sen lugar a dúbidas, a sua forza crecente, pero os 12 milhóns de votos ás duas organización obreiras tamén sinalan que a clase trabalhadora alemana non teria sido derrotada con facilidade, nen nesta coxuntura, se as direccións do SPD e do KPD a tiveran levado á loita. A dirección do SPD non reaxe. A do KPD está isolada. Uns e outros continuan a sua viaxe sen retorno ao pricipício. Inda o 1 de Abril a dirección da IC ten a desvergonha de declarar que “a política que leva a cabo a dirección do partido comunista alemán, encabezado polo camarada 98
Thaelmann, era absolutamente correcta antes e durante a toma de poder polo fascismo” (V.7, p.457). Non hai pior cego que o que non quere ver. Fóra do reino da metafísica, os názis aplastan os partidos, os sindicatos, os periodicos e as asociacións da clase obreira alemana. A contra-revolución trunfara. A próxima batalha revolucionária dará-se no Estado espanhol. 29. Na Franza Após a derrota da clase trabalhadora alemana, Trótski vai matinar nas implicacións políticas deste trascendente feito. A primeira conclusión que tira no artigo do 14 de Marzo do 1933, intitulado “A traxédia do proletariado alemán”, explícita xa nos seus artigos anteriores, é culpar da derrota á dirección estalinista da Internacional Comunista. Trótski afirma que se “o proletariado máis poderoso da Europa, polo seu lugar na produción, o seu peso social e a forza das suas organizacións (...) se atopaba impotente, desarmado e paralisado no momento da sua maior proba histórica, a culpa directa e imediata recae na dirección da Komintern post-leninista. Esa é a primeira conclusión que hai que extraer de imediato” (V.109, pp.285-286). Mentras Trótski perfila a contestación política global que o proceder da burocrácia estalinista merece, a primeiros de Xulho chega a Prinkipo a notícia de que as autoridades francesas deixaron sen efeito o seu decreto de expulsión vixente desde o 1916. Efeitivamente, mercé ás dilixéncias de Maurice Parijanine, tradutor de obras de Trótski ao francés, o governo galo de Daladier non pon nengun problema a que Trótski resida na Franza. Imediatamente comezan os preparativos para a viaxe. O 12 de Xulho un dos secretários de Trótski, Jean van Heijenoort, vai ao consulado francés de Estambul para obter os visados de Trótski e Nataxa, o que consegue sen dificuldades. Precisamente a estas alturas Trótski perfilará o novo proceder táctico que vai tomar contra a política estalinista: a creación dumha nova Internacional. Este anovado quefacer é argumentado no seu artigo do dia 15, cuxo título xa é ben ilustrativo: “É necesário construir novos partidos comunistas e umha nova internacional”. Comeza explicando que até agora a Oposición de Esquerdas fixara-se a tarefa de reformar a IC. Pero desde o trunfo da contra-revolución na Alemanha e a sua xustificación pola casta stalinista o proceder reformista da Oposición era inviábel, imposíbel. Non era dabondo coa catrástofe senón que inda por riba “A dirección de Moscovo non só proclamou como infalíbel a política que garantiu a vitória de Hitler, senón que tamén ten proibido toda discusión sobre o acontecido” (V.109, p.328). Diante do novo xiro táctico que vai adoptar aclara: “O máis perigoso en política é quedar atado pola própria fórmula que onte era adecuada, pero que hoxe está valeirada de todo contido” (V.109, p.328). 99
Asi, dagora en diante “En toda a nosa laboura é preciso tomar como ponto de partida o derrube histórico da Internacional Comunista oficial” (V.109, p.329). Efeitivamente, esta será a demarcación, a inflexión, do quefacer táctico de Trótski. Pero xa neste intre aclara o que será umha teimosia del até a sua morte: “A existéncia da Unión Soviética, apesares da avanzada dexeneración do Estado obreiro, segue sendo inda agora un feito de inconmensurábel signhificación revolucionária” (V.109, p.331). Efeitivamente, Trotski defenderá apaixoadamente o carácter histórico progresista do Estado soviético apesares da sua brutal deformación. A História encargou-se de dar-lhe a razón, hoxe todos sabemos a catástrofe política e social que trouxo o derrube da URSS e de todos os demais rexímenes de “socialismo real”. El sempre procedeu cumha grande perspectiva histórica, mais entendia a resisténcia que ia causar o seu quefacer: “Indudabelmente, nas filas das organizacións stalinistas atopan-se comunistas sinceiros, que recibirán con recelo e mesmo indignación a nosa nova orientación. Alguns tal vez sustituirán temporalmente un sentimento de simpatia por o de hostilidade. Pero é preciso non guiar-se por consideracións persoais e sentimentais, senón por critérios de masas” (V.109, p.330). Era hora pois de ir preparando o caminho para crear novos partidos comunistas e umha nova internacional, a isto dedicará-lhe un teimoso esforzo. O 17 de Xulho Trotski, na companha de Nataxa, de tres secretários, van Heijenoort, Rudolf Klement, Sara Jacobs e o camarada Max Shachtman, parte desde Constantinopla con destino a Franza. Un seu afervoado desexo via-se cumprido: achegar-se ao corazón de Europa para poder loitar no epicentro da batalha. Non o ian deixar os governos “democráticos”, como comprobará axinha. O “Bulgária”, o barco no que viaxaban, fai escala no Pireo, en Catánia, en Nápoles. Porén Trótski permanhece no seu camarote. Umha semana despois da sua partida, o dia 24, o barco detén-se en alta mar fronte a Marselha. Umha lancha, na que vinha o seu filho maior, Lev Sedov, na companha de xendarmes, recolhe-os e desembarca-os numha vila de pescadores, Cassis, perto de Marselha. Estaban na Franza. Comezaba o periplo europeu. Lonxe estaba de prever que México seria o seu destino derradeiro. Non houbo tempo para alegrias, a prensa de dereitas e a stalinista protestan pola sua estadia. Desde Cassis van ir en coche até Burdeos e desde ali até Saint-Palais, na costa atlántica , onde un camarada francés Raymond Molinier alugara umha casa isolada, á beira do Atlántico, arrodeada dun amplo xardin. “As Brétemas”, onde se instalan o dia da sua chegada, o 25, é como se chama este primeiro domicílio. Comezan esta xeira con mal pé, declara-se un incéndio na casa. Foi casual, non intencionado como pensaron ao comezo. Trótski vai-se refuxiar nun coche e non é reconhecido por ninguén. Anonimato obrigado. Aqui residirán até Outubro. Neste intervá-lo Trótski vai recibir moitas 100
visitas de camaradas, simpatizantes e amigos. Non menos de 50 persoas pasaron pola casa das Brétemas. Entre eles representantes do PCA, do SAP (Sozialistische Arbeitpartei), do británico Independent Labour Party, do holandés Partido Socialista Independiente, entre outros. Moitas visitas tinhan relación coa conferenza que afinais de Agosto se ia celebrar en Paris co obxeto de debater a idea dumha nova Internacional, a Cuarta. Tamén nas Brétemas recibiu a André Malraux, que nun paseo á beira do mar puxo-se metafísico e dixo-lhe a Trótski: “Hai algo que o comunismo nunca poderá vencer: a morte” (V.119, p.62), ao que contestou Trótski: “Cando un home cumpriu a tarefa que se lhe deu, cando fixo o que queria facer, a morte é sinxela”. (V.119, p.62). Malraux, que se vencelhará axinha co stalinismo e a posteriori co gaulhismo, escribira a novela “A condición humana” que Trótski gabará en carta a un editor estadounidense nun dicer que nos amplia o que lhe contestou á beira do mar ao próprio Malraux: “Só un grande propósito sobre-humano, polo que o home estexa disposto a pagar coa sua vida, lhe da senso á existéncia persoal. Tal é o significado final da novela, que está exenta de didactismo filosófico e é do comezo ao final umha verdadeira obra de arte” (V.24, p.250). Apesares das numerosas visitas recibidas deu-se mantido a incognita sobre o seu paradeiro polo que as autoridades francesas non puxeron pegas para que Trótski se trasladara máis perto de Paris. Daquelas, despois dumhas variadas excursións, Trótski mudou-se a Barbizon en Novembro, a uns poucos kilómetros ao sudeste de Paris. Tinha a esperanza de trabalhar con certo acougo. Pensara elaborar umha “História do Exército Vermelho” pero perante a petición dun editor puxo-se a redactar umha biografia sobre Lénin, da que apenas pudo concluir o comezo. Trótski queria que os seus partidários estiveran ligados á clase trabalhadora. Asi, cando o 6 de Febreio do 1934 deu-se un levantamento de organizacións da extrema dereita contra o governo Dalaier, que mesmo asaltaron a Cámara dos Deputados, socialistas e comunistas uniron-se pola base e asi xuntos foron á Folga Xeral que salvou ao governo francés. Este feito de frente único pola base que tanto recomendara Trótski na Alemanha seguro que o fixo cavilar. Será en Xunho cando Trótski lhe proporá aos seus camaradas franceses que entren na SFIO (Section Française de l´Internationale Ouvrière), o Partido Socialista francés dirixido por León Blum. Era o “xiro francés”, o comezo da táctica do “entrismo”, que hai que entendé-la no contexto exacto, numha coxuntura onde os PCs enarbolaban a bandeira da Revolución de Outubro porque o Estado soviético era para a imensa maioria dos comunistas de base a pátria dos trabalhadores. Extrapolar esta táctica, facer dela un dogma, é non comprender o que o próprio Trótski afirmara: “O máis perigoso en política é quedar atado pola própria fórmula que onte era adecuada, pero que hoxe está valeirada de todo contido” (V.109, p.328). Porén, a consigna xa suscitou moitos 101
debates e escisións entre os marxistas franceses naqueles momentos. Cando se extendeu esta consigna ao Estado espanhol, que os trotskistas entraran no PSOE, non foi tida enconta por moitos dos seguidores de Trótski que andando o tempo participarán na fundación do POUM. En Febreiro chegara-lhe a notícia da capitulación de Rakóvski, o líder moral da Oposición da Esquerda na URSS. Isto tivo-lhe que causar un fondo dolor. Escrebeu, “Rakóvski era verdadeiramente o meu derradeiro contacto coa velha xeneración revolucionária. Despois da sua capitulación non queda ninguén” (V.24, p.258). Trótski referia-se aos integrantes da velha garda xa que nos campos de concentración na Rúsia de Stálin Trótski tinha, posibelmente sen sabé-lo, milheiros de seguidores. Moitos deles berrarian “Viva Trótski!” cando os mandasen ao paredón. O “Velho” non estaba tan isolado como podia parecer. Isto sabia-o ben Stálin, por iso masacrará aos seus seguidores para terminar ordenando a morte do próprio Trótski. O asasinato de Kírov será o pistoletazo de saida. Umha casualidade fixo que a polícia local se entera-se da estáncia de Trótski en Barbizon. O 12 de Abril pola noite un secretário de Trótski, Rudolf Klement, vinha de Paris con correspondéncia. Viaxaba en moto, as luces non estaban ben e dous xerdarmes o pararon e como a documentación da motocicleta non estaba ao seu nome levaron-no á comisaria onde descubriron umha correspondéncia en vários idiomas, mesmo en ruso. Estaba claro, Trótski residia en Barbizon. A xendarmaria local puxo-se á fala co procurador da República, Melun. A este un funcionário di-lhe que Trótski tinha umha visa que lhe permitia residir só en Córcega. Isto era falso, Trótski tinha un visado que lhe permitia afincar-se praticamente en calqueira parte da Franza. Mais o procurador aceita a información do funcionário. Decide-se realizar umha pesquisa na casa onde vivia Trótski, a vila Ker Monique. Enterados os xornais, desencadeou-se umha campanha de prensa onde se pedia que Trótski voltara a Córcega, onde nunca estivera. Nesta campanha tamén participou o Ministério de Propaganda názi dirixido por Goebbels que difundiu a “notícia” de que Trótski estaba preparando umha insurreizón. Para o novo governo francés estes feitos son umha excusa perfeita para cancelar-lhe a visa a Trótski. Este governo estaba presidido por Gaston Doumergue. O seu Ministro de Estado era o mariscal Petain. O Ministro do Interior era Albert Sarraut que tinha por consigna: “O comunismo, velaqui o inimigo” (V.6, p.748). O 16 de Abril este governo democrático decide anular o permiso de residéncia de Trótski. Deciden expulsá-lo inda que de momento non tenhen onde botá-lo. Grande cantidade de xente comeza a concentrar-se arredor da casa onde vive Trótski polo que este ve-se obrigado a comezar un peregrinar semiclandestino pola xeografia francesa: Lagny, Chamonix, La Trouche, SaintPierre-de-Chartreuse, Grenoble, Lyon até ir parar a Domène, onde residiu un tempo antes de pasar por Paris caminho de Noruega. 102
Na primeira quincena de Xulho do 1934 xa estaba Trótski en Domène. Foi a viver na casa de Laurent Beau, mestre no próprio Domène. Como se sentiu aqui Trótski sabemo-lo á perfeizón polos seus próprios diceres: « Nosa vida aqui difire moi pouco do encarceramento » (V.24, p.255). 30. O asasinato de Kírov Estaba Trótski en Domène cando lhe chegou a notícia de que Sergei Kírov, o xefe do PC (b) da URSS en Leningrado e cadro de grande estima entre a casta burocrática, fora asesinado. Efeitivamente, ás catro e média do 1 de Decembro do 1934 Kírov dirixia-se ao seu despacho do Instituto Smolni cando o xoven comunista Nicoláiev da-lhe un tiro na nuca. Kírov morre no momento. Cal foi a causa do asasinato? Nicoláiev fora expulso do partido, a sua mulher fora secretária de Kírov, Kírov era amado pola burocrácia do partido. Asi, foi asasinado por vinganza, por ciumes ou porque pesaba moito no aparato? Non esta claro, o que sí está claro é que a sua morte desencadeou umhas purgas dumha viruléncia inimaxinábel. Tanto foi asi que no prazo duns poucos anos toda a velha garda bolchevique e milheiros de auténticos comunistas serán aniquilados. A eles seguirán-nos supostos saboteadores, espias ao servizo do nazismo, e traidores á revolución. Para comezar, Stálin acusa a Trótski, Zinóviev e Kámenev como instigadores do crime. Hai quen ten a certeza que a morte de Kírov será-lhe de grande utilidade a Stálin. Bujárin di-lhe a Ilya Ehrenburg:”Entendes o que iso significa? El agora poderá facer con nós todo o que queira” (V.61, p.470). Máis por extenso explica-se Trotski nun artigo do dia 28: preparase “un intento conscientemente falso de implicar no asasinato de Kírov a indivíduos e grupos que non tenhen nen poden ter nada en comun co acto terrorista (...). [É] un feito que o grupo burocrático dirixente non se inclina no máis mínimo a considerar o crime de Nicoláiev como un fenómeno accidental e isolado, un episódio tráxico. Polo contrário, este acto reviste para eles umha importáncia política tan excepcional que non vacilan en construir umha mistura que os compromete, nen en pór un signo igual entre os actos terroristas e calqueira tipo de oposición, descontento ou crítica. O obxetivo da manobra é bastante evidente: aterrorizar completamente a todos os críticos e opositores, esta vez non coa expulsión do partido, non privando-os do seu pan cotidiano, nen sequer coa prisión e o exílio, senón co peloton de fusilamento. Stálin reaxe perante o acto terrorista de Nicoláiev redobrando o terror contra o partido.” (V.117). Pero por que a fracción dirixente da casta burocrática ten que exercer constantemente a represión? Polo seu papel contraditório de explotadora da clase trabalhadora, usufrutuando a riqueza que esta xenera, e de dique á 103
restauración do capitalismo, ao manter a estatalización da economia. Trótski explica-o á perfeizón: “A burocrácia soviética explota despiadadamente, en función da sua própria dominación e prosperidade, o seu rol de controlo e regulador das contradicións sociais e a sua loita preventiva contra a reconstitucións das clases. Concentra nas suas maos todo o poder e, ás boas ou ás malas, consume umha enorme parte da renda nacional. Deste xeito conqueriu alonxar-se tanto da masa da povoazón que xa é imposíbel controlar os seus actos ou os seus ingresos. (..) Umha clase economicamente dominante presupón un sistema de produción e propriedade que lhe é peculiar e próprio. A burocrácia soviética [non é umha clase social] non é máis que o reflexo da etapa transicional entre dous sistemas de produción e propiedade, o capitalista e o socialista. Este réxime transacional non pode ter un desenvolvimento independente. O rol da burocrácia soviética segue sendo dual. Seus próprios intereses obrigan-na a resgardar o novo réxime económico creado pola Revolución de Outubro contra os inimigos de dentro e de fóra. Esta tarefa é historicamente necesária e progresiva (...). [Porén] os instintos posesivos e o espírito de casta privilexiada da burocrácia soviética (...) paralizan cada vez en maior medida a sua tarefa progresiva. O avance da indústria e a incorporación da agricultura á esfera da planificación estatal complican extraordinariamente as funcións da dirección da economia. Só se pode conquerir un equilíbrio entre as distintas ponlas da produción, e sobre todo umha proporción correcta entre a acumulación e o consumo nacional, coa participación activa do conxunto da povoazón trabalhadora na elaboración dos planos, que debe ter liberdade para criticálos e a posibilidade de remover dos seus cargos a toda a burocrácia (...). A burocrácia saca-se de enriba as dificuldades provocadas polos seus erros descargando as consecuéncias sobre os ombreiros dos trabalhadores. As crises parciais converxen cara a crise xeral, que avanza e se expresa en que a economia segue rezagada e a imensa maioria da povoazón continua vivendo na pobreza, pese á titánica enerxia despregada polas masas e aos grandes éxitos tecnolóxicos. Deste xeito, a situación peculiar da burocrácia soviética (...) conduce a umha contradición cada vez máis profunda e irreconciliábel coas necesidades fundamentais da economia e a cultura soviéticas. Nestas condicións a ditadura da burocrácia (...) traduce-se numha permanente crise política. A fracción stalinista ve-se continuamente obrigada a destruir totalmente os “restos” de velhas e novas oposicións, a recurrir a métodos cada vez máis violentos e a pór en circulación mixturas cada vez máis enmerdadas. Ao mesmo tempo, esta fracción eleva-se por enriba do partido e mesmo da própria burocrácia. Proclama abertamente o princípio puramente 104
bonapartista da infabilidade dun líder eterno. Apartires daqui, a única virtude que se lhe reconhecerá ao revolucionário será a fidelidade ao dirixente. Os axentes da Comintern trasladan ás suas seicións extranxeiras esta desmoralizante e servil filosofia da burocrácia” (V.117). Asi, o proceder da burocrácia soviética é un quefacer que ben dado pola sua necesidade de perpetuar-se e non pola característica criminal dun só home. A persoalidade de Stálin só explica porque el representou tan ben as necesidades da burocrácia soviética, pero non explica o proceso histórico. O desenvolvimento do proceso histórico nunca o cheirou o empirista Stálin, mentras que Trótski, aplicando o método dialéctico, adianta-se aos próprios feitos históricos prevendo a necesidade das matanzas que a fracción stalinista e o seu líder ian efectuar no imediato futuro, sen poder imaxinar a sua espamtosa brutalidade: a perspectiva permite prever as linhas xerais dun fenómeno non a sua realización concreta. Trótski non podia seguer na Franza, onde estaba imposibilitado para o seu trabalho político. Ademais, pende sobre el a espada do governo francés, a ver se o vai deportar a umha das suas colónias. Por todo isto o entorno de Trótski vai tentar conseguer o visado noutro país europeu. En Noruega vinha de ganhar as eleicións o Partido Laborista, que forma governo. Pide-se-lhe a visa. O 8 de Xunho do 1935 Jean van Heijenoort, un secretário de Trótski, chega a Domène coa notícia de que o governo noruego concedera o visado. Despois dalgumha vacilación do mesmo governo noruego, o dia 13 a visa noruega para Trótski era umha realidade, tinha umha validez de seis meses. Desde Paris, a onde se trasladaran xa o dia 10, van a tomar o tren das 00,15 do dia 14 para Amberes.Viaxan Trótski, Nataxa, Jean Rous e Heijenoort. 31. Noruega O 14 pola manhá chegan a Amberes e o 15 pola serán parten no barco “Paris” para Oslo, onde chegan o dia 18. A comezo van residir nun hotel pero tan cedo como o dia 23 van a compartir a casa do matriónio Knudsen, en Wexhall, umha aldea a uns setenta kilómetros ao norte de Oslo. Konrad Knudsen era deputado socialista no parlamento noruego. Naquela casa vai gozar de acougo até que se desencadeen os acontecimentos. Ao comezo todo vai sobre rodas, membros do governo e do Partido Laborista agasalhan-no. Mesmo sae umha sua entrevista no periódico do partido avalada polo próprio Ministro de Xustiza. Trótski comeza a escreber umha das suas obras máis importantes “A revolución traizoada”, que a concluiu o 4 de Agosto do 1936, inda que non se editará até un ano despois, xa en México.
105
É umha obra imprescindíbel a nível teórico. Nela defende os logros da revolución á par que explica e critica o nacimento da casta burocrática. Xa vimos antes que para Trótski a burocrácia soviética non é umha nova clase social senón umha casta parasitária que usufrutua umha parte importante da riqueza que xenera a clase trabalhadora. Neste texto vai-no deixar moi clarinho. Explica: “As tentativas de presentar á burocrácia soviética como umha clase “capitalista de Estado” non resiste a crítica. A burocrácia non ten títulos nen accións. Recluta-se, completa-se e renova-se grazas a umha xerarquia administrativa, sen ter dereitos particulares en matéria de propriedade. O funcionário non pode transmitir aos seus herdeiros seu dereito de explotación do Estado. Os priviléxios da burocrácia son abusos. Oculta os seus priviléxios e finxe non existir como grupo social. A sua apropiación dumha imensa parte da renda nacional é un feito de parasitismo social” (V.114, p.219). Claro, con esta dirección o réxime soviético non pode perdurar eternamente. Asi, Trótski plantexa tres hipóteses: primeira, que haxa umha revolución política na URSS conducida “por un partido revolucionário que tenha todas as cualidades do velho partido Bolchevique”, o que suporia a restauración da democrácia nos sóviets e nos sindicatos e o reparto da renda nacional, é dicer, o rexurdimento da revolución socialista. Segunda hipótese, que un partido burgués derrube á casta soviética dirixente, o que equivaleria a que se restaurase a propriedade privada dos meios de produción. Terceira hipótese (olho, agora é cando os seus cavilares nos parecen hoxe proféticos xa que conhecemos o derrube da URSS. Lembremos que o que vén está escrito no ano 1937), a burocrácia continua á cabeza do Estado: “A evolución das relacións sociais non cesa. É evidente que non pode pensar-se que a burocrácia abdicará a favor da igualdade socialista. Xa desde agora viu-se obrigada, apesares dos inconvintes que isto presenta, a restabelecer os grados e condecoracións; no futuro, será inevitábel que busque apoio nas relacións de propriedade (...). Os priviléxios que non se poden legar aos filhos perden a metade do seu valor; o dereito a testar é inseparábel do dereito de propriedade. Non abonda ser director dun trust, hai que ser accionista. A vitória da burocrácia nese seitor decisivo crearia umha nova clase poseedora” (V.114, p.222). Que pasaria se caese a Unión Soviética? Trótski afirma: “A caida do réxime soviético provocaria infalibelmente o derrube da economia planificada e, polo tanto, a liquidación da propriedade estatalizada (...). A caida da ditadura burocrática actual, sen que fora reemprazada por un novo poder socialista, anunciaria, tamén, o regreso ao sistema capitalista cumha baixa catastrófica da economia e a cultura” (V.114, p.220). Hoxe sabemos que isto foi exactamente o que aconteceu. Trótski volvia predecir o futuro mercé ao seu extraordinário domínio do método dialéctico.
106
Tan acougado se sentia Trótski en Wexhall que até pensou en continuar coa biografia de Lénin. Mais, o Home propón e a História dispón. Dous acontecimentos de grande magnitude histórica ian dar-se case ao unísono: o comezo da Revolución espanhola e o primeiro xuizo de Moscovo. El ia estar maniatado, non poderá participar verdadeiramente nestes procesos. Inda que Trótski pensou en ir a Barcelona, mesmo de xeito clandestino, na revolución non poderá intervir. Escribirá artigos e comunicados aos que non se lhe sacou verdadeiro proveito polas desavenéncias que tinhan el e Andreu Nin, ao que a casualidade histórica acababa de pór en solitário ao fronte do POUM xa que o outro líder da organización, Joaquin Maurin, fora detido polos fascistas e pasaria toda a revolución e a guerra no cárcere. Tampouco ia poder actuar con liberdade de acción contra as vil acusacións que se lhe lanzaban desde Moscovo porque o governo noruego ia-o maniatar. Será seu filho maior, Liova, que está na Franza, quen resposte ás calúnias stalinistas através do “Libro Vermelho”. 32. A revolución espanhola O golpe de Estado do 17-19 de Xulho do 1936 dado polos fascistas trouxo o que queria evitar: a Revolución. O 17 de Xulho comeza o pronunciamento dos militares desafectos á República en Melilha, Ceuta, Tetuán e Larache. Contan os sublevados coa parte máis profisional e selvaxe do exército, composto pola Lexión (lumpens de calqueira parte) e polos Regulares (cuxos tabores están formados por marroquis alienados polos colonizadores) acostumados a obedecer e a matar. De imediato, a clase trabalhadora destas colónias espanholas opón-se á sublevación, pero dado o seu corto número e a falta de apoio peninsular é derrotada militarmente apesares de resisténcias numantinas como, por exemplo, a de Larache onde os trabalhadores resisten máis dun dia a embestida do exército colonial. A obsesión do líder do exército colonial, xeneral Francisco Franco, vido desde as Cánárias en avión, vai ser pasar este exército á península porque sen el o golpe de Estado estaba condenado ao fracaso. A ineptitude do governo republicano, a falta dun liderazgo revolucionário centralizado e as axudas de názis e fascistas posibilitarán-lho. Mentras o golpe de Estado se desenvolvia o governo republicano, presidido por Casares Quiroga, non só non facia nada real, material, para enfrentá-lo, senón que ademais impedia a distribución de armas á clase obreira no conxunto do Estado baixo a ameaza de que quen tal cousa fixera seria fusilado. Pero os acontecimentos aceleran-se e Casares Quiroga dimite absolutamente desbordado polos sucesos. Porén Azaña, presidente da República e tan tíbio como Casares, tenta a conciliación cos militares 107
sublevados e para este fin pide-lhe a Martínez Bárrio que forme governo. Por que este proceder tan vacilante numha situación tan extrema? Porque os políticos republicanos temen-lhe máis á clase trabalhadora que aos militares, á revolución que á contra-revolución. Cando este proceder chega á rua, a clase trabalhadora en Madrid dirixe-se por miles cara a Porta do Sol berrando “traidores, traidores” e “armas, armas”. Perante a imposibilidade de pactar cos militares alzados – porque estes negan-se – é nomeado José Giral xefe do governo, este republicano comprende o óbvio: a imprescindíbel necesidade de armar á clase operária, como se está pedindo desde as organizacións obreiras, se se quer enfrentar o golpe de Estado, polo que decreta a entrega de armas á clase trabalhadora – que xa se estaba organizando en milícias através dos seus sindicatos e partidos. Mais a indecisión do governo republicano e a caréncia dun verdadeiro plano insurreccional nas organizacións da clase obreira (que sempre foron a remolque dos acontecimentos), impediron que a clase trabalhadora enfrentara politica e militarmente aos fascistas ali onde estes non demoraron o golpe de Estado. A conxunción de estes tres factores posibilitou que o pronunciamento trunfase na Galiza, Extremadura, Castilla-León, Teruel, Huesca, Zaragoza e boa parte de Andalucia apesares da feroz resisténcia da clase operária como testimumhan, por exemplo, os casos ben conhecidos de Vigo e Sevilha. Só en casos como en Álava e Navarra se pode entender o éxito da sublevación dos fascistas polo apoio social, e á credulidade obreira hai que anotar que Oviedo se perdese para a causa republicana. Pero non todo estaba perdido. Basicamente armada e un pouco coordinada, a clase trabalhadora derrota en toda linha aos militares facciosos no resto do espazo peninsular. O 19 de Xulho, a clase obreira en Barcelona, onde se xoga o destino de toda Catalunya, infrinxe-lhe umha derrota total aos militares sublevados. Tampouco aqui Companys, o presidente da Generalitat, queria entregar-lhe armas á clase trabalhadora. Mais o proletariado requisara armas nos buques do porto, nalguns cuarteis asi como nas armarias. A orde que tinhan os militares sublevados en Barcelona era a de converxer sobre a Praza de Catalunya. A clase operária non permitiu tal encontro porque lhe foi dando a batalha aos militares fascistas ali onde os atopaba. Endebén, as colunas de sublevados que conseguiron chegar á Praza de Catalunya ocupando o Hotel Colón e o edifício de Telefónica foron imediatamente arrodeados por umha morea de trabalhadores que tomaron os enclaves ao asalto, coa axuda de militares, gardas de asalto e gardas civis leais á República. Na manhá do luns 20 o xeneral Goded, vido de Malhorca para dirixir a sublevación e seica un dos milhores estrategas militares dos fascistas, vendo que a insurrección obreira abortara o alzamento militar e que a capitania xeneral, onde se atopaba, estaba sitiada e bombardeada, rinde-se. A maioria dos 108
oficiais fascistas foron fusilados no lugar mentras Goded foi conducido á Generalitat desde onde radiou a sua derrota. Porén, inda outras instalacións militares deberon ser tomadas ao asalto destragando-se máis vidas de trabalhadores, entre elas a do dirixente anarquista Francisco Ascaso. Catalunya estaba en poder da clase obreira. En Madrid, a clase trabalhadora estaba en folga xeral desde o dia 18. Nas ruas levantan-se barricadas. Patrulhas de obreiros armados comezan a percorrer a cidade. Apesares das forzas militares que habia na capital do Estado, os militares sublevados comandados polo xeneral Fanjul, non só non puderon conquistar a capital senón que só puderon converter en bastión o Cuartel da Montanha, que tamén aloxaba a disensión. A clase trabalhadora, apoiada por alguns militares, gardas de asalto e aviadores leais á República, lanzou un ataque en masa e tomou o cuartel, pagando un elevado prezo en vidas. Casi a totalidade dos sitiados foron pasados polas armas ali mesmo, agás Fanjul e alguns oficiais que foron apresados. Os obreiros repartiron-se as armas dos vencidos. Madrid quedaba nas maos da clase trabalhadora. No País Basco, agás Álava, foi a decisión da clase operária e a lealdade ali do PNV á República o que permitiu que non trunfase a sublevación militar. En Valéncia, os militares non sairon nen dos cuarteis porque viron-se bloqueados pola clase obreira cuxas organizacións ergueron un comité revolucionário denominado “Comité Executivo Popular”. Santander e Asturies, coa excepción de Oviedo, tamén quedaron nas maos da clase trabalhadora. Ao dia 21, o Golpe de Estado como tal tinha fracasado xa que só parte do território peninsular estaba en maos dos golpistas. Comezaba a Revolución e a Guerra. O Estado republicano estaba derrubado. Tanto na zona fascista como no território revolucionário. Ali porque as forzas reaccionárias o desmantelaran, aqui porque a clase trabalhadora o sustituiu. No território en maos da clase obreira esta ergueu umha estrutura própia a base de comités para enfrentar todo tipo de necesidades: militares, de transporte, de produción, de educación, de subsisténcias. O poder republicano, o Estado da IIª República, só existia formalmente. Asi, o governo de José Giral estaba en Madrid pero a sua dependéncia da clase obreira era absoluta. Aqui, na nominal capital da República, a clase trabalhadora expresaba-se através do PSOE, da UGT e da CNT, o PCE só adquirirá forza real a posteriori mercé á medida axuda stalinista e a plegar-se aos ditados de Moscovo. Barcelona era o Petrogrado da Revolución espanhola. Nela os grandes edificios, oficiais ou privados, e os hoteis estaban ocupados polos partidos e sindicatos da clase trabalhadora. Seus comités tinhan organizado a produción, o ensino, a policia e as milícias. Case todas as igrexas foran 109
incendiadas, agás a catedral que permanecia pechada. Aqui as organizacións dominantes da clase obreira eran as anarquistas CNT e FAI, os comunistas do POUM e os estalinistas do PSUC. Destas organizacións saian os representantes dos comités e os líderes da clase trabalhadora. Por toda a zona leal, nos comités radicaba todo o poder. O poder produtivo (fábricas), educativo (ensino), policial (detencións e fusilamentos), xurídico (xuizos sumarísimos), militar (milícias), de infraestruturas (telefonía e transportes). Enfin, todo o poder. Estes comités estaban formados e dirixidos pola clase trabalhadora. As diversas organizacións obreiras estaban representadas en función da sua incidéncia social real, inda que tamén se lhe permitiu nalguns comités umha representación aos partidos republicanos apesares de que a sua presenza social era escasísima. Pero se o poder prático, real, de base, pertecia-lhe exclusivamente a estes comités; se estes comités eran a manifestación do poder en todas as esferas, este poder era fragmentário porque nengumha organización obreira tinha un plano revolucionário, un programa que soldase os comités para converté-los no embrión do Estado obreiro. As organizacións proletárias foron sempre a remolque dos acontecimientos. Foi ao calor dos sucesos onde a clase trabalhadora creou os comités necesários tanto para a continuación da vida cotidiana como para enfrentar aos fascistas. Pero as direccións das organizacións obreiras non estiveron á altura da coxuntura revolucionária porque non foron capaces de levar á clase trabalhadora á conquista do Estado socialista, e iso que os obreiros xa o estaban creando pola base. As direccións e líderes do PSOE, UGT, FAI e CNT, non souberon que facer coa revolución. O POUM non soubo que facer na revolución. Isto levou á larga á restauración da estrutura de poder republicano, que rexurdiu das cinzas, do derrube, pola incapacidade política das direccións das organizacións proletárias. Cando o 21 de Xulho umha representación das organizacións obreiras se presenta no Pazo da Generalitat en Barcelona, é recibida por un Companys que reconhece a sua absoluta insighnificáncia política por non ter nengun poder social real. Asi, pergunta-lhes aos representantes da clase trabalhadora que como tenhen vencido e todo está no seu poder que fai el, se lhes é útil. Os representantes dos obreiros en vez de mandá-lo para a casa permiten-lhe seguir sendo o presidente da Generalitat. O liderazgo político da clase obreira en Barcelona, e por extensión, en Catalunya e en boa parte de Aragón, era detentado fundamentalmente pola CNT e a FAI. Asi, un dos seus líderes, o faista Diego Abad de Santillán dirá que puderon tomar mil veces o poder pero que non o quixeron facer. Aqui está implacabelmente demostrada a imbecilidade política profunda que presidia a dirección do anarcosindicalismo en Catalunya. A caréncia da máis mínima perspectiva revolucionária, de non ter nen idea que facer co poder, de ser incapaces de construir un Estado obreiro, posibilitou a supervivéncia 110
dumhas estruturas políticas republicanas que foran en todo impotentes para parar o golpe de Estado das reaccionárias clases dominantes espanholas pero que poderán emerxer das cinzas pola incríbel estultícia dos “líderes” obreiros. Líderes que crearon un Comité Central das Milícias Antifascistas de Catalunya onde deixan entrar a todos os seitores políticos, ademais de deixar en pé á moribunda Generalitat. A derrota política estaba servida por este caminho, inda que tardaria algo en vir mercé á enerxia revolucionária da clase trabalhadora. O POUM non tinha umha influéncia social en Catalunya equiparábel á CNT, pero cometeu un erro táctico gravísimo ao entrar no Governo da Generalitat porque con elo deixou escapar a oportunidade de ser un ponto de referenza político para as próprias masas da CNT que umha e outra vez verán traizoados os seus desexos revolucionários pola dirección da CNT sen ter nengumha referenza política, sen ter onde xirar. Deixar de ser esta referenxa foi o grande erro político do POUM. Pero o PSOE non lhe andaba á zaga á CNT-FAI na caréncia dumha estratexia revolucionária. Isto non era produto de falta de dinámica revolucionária por parte da clase obreira fóra de Catalunya. Ao revés. Ela consolida os poderes locais, zonais, é dicer, o poder de base, o poder real. Asi, en Valéncia forma un Comité Executivo Popular que derrota aos reximentos facciosos, que aqui retrasaran a sua sublevación, e impón-se politicamente a umha Xunta Delegada republicana que queria detentar o poder. En Asturies, umha morea de comités controla o poder de base, mentras que o Comité de Guerra, produto do acordo entre anarquistas e socialistas, instala-se en Gijón. En Santander tamén manda un Comité de Guerra. Mentras en Málaga o organismo político rector é o Comité de Saude Pública. En Aragón o Conselho de Defensa, maioritariamente anarquista, detenta todo o poder. Caso aparte foi o País Basco, onde o PNV foi capaz de crear un Estado burgués. Agás este caso, toda a zona leal estaba nas maos da clase trabalhadora . Pero nestas zonas a perspectiva revolucionária das “direccións” das organizacións obreiras seguia sendo nula. O PSOE tinha un líder obreiro socialmente notábel, Largo Caballero. Era querido e respetado por umha grande parte da clase trabalhadora. Home honrado, carecia da preparación política necesária para elaborar umha estratéxia revolucionária, inda que intuiu a necesidade de consolidar o proceso revolucionário. A falta de preparación na política revolucionária convertiu-no no xefe dun governo burgués e non proletário. O 4 de Setembro do 1936 dimitia o governo de José Giral e constituia-se o governo presidido por Largo Cabalhero. A importáncia social de Largo Cabalhero ve-se claramente no feito de que foi elevado á presidéncia do governo republicano por todos os que non o soportaban, pero que sí o precisaban. Asi, Indalecio Prieto, que encarnaba a dereita do PSOE, e o 111
embaixador da URSS, Marcel Rosenberg, que representaba os intereses da burocrácia stalinista, non o aturaban pero tiveron que facer todo o que estaba na suas maos para elevá-lo á xefatura do governo. Por que? Pola influéncia que Largo Cabalhero tinha sobre umha boa parte da clase trabalhadora. Influéncia que provinha de que a clase obreira o consideraba, con razón, como un dos seus. Esta, e non outra, foi a razón pola que elementos anti-socialistas fixeron o imposíbel para elevar á presidéncia do governo republicano ao socialista Largo Cabalhero. Isto demostra tamén que o poder real estaba nas maos da clase obreira. Pero que un líder obreiro se convertise no presidente dun governo democrático-burgués só podia consolidar o Estado burgués. Efeitivamente, o governo republicano lexitimaba-se ante a clase obreira ao ter ao frente do executivo a un líder obreiro. Consolidación que se reforzará coa entrada da CNT no governo republicano o 4 de Novembro. Garcia Oliver, Federica Montseny, Juan López e Juan Peiró foron os ministros anarquistas. Asi quedaba ratificada a absoluta bancarrota ideolóxica do anarquismo ibérico que non quixera tomar o poder para a clase obreira pero que sí colaborará nun governo da pequena-burguesia democrática.. O programa deste governo era “ganhar a guerra”, despois viria a revolución. Se o 4 de Setembro se formou o governo republicano en Madrid presidido por Largo Caballero, o 26 do mesmo mes os “revolucionários” cataláns permitian-lhe ao nominal presidente de Catalunya, Companys, a formación dun governo da Generalitat, presidido por Josep Tarradellas, no que figuraban representantes de todos os partidos e sindicatos proletários. Era o comezo do fin da revolución. O 1 de Outubro o Comité Central das Milícias Antifascistas integra-se no governo da Generalitat, o 9 do mesmo mes un decreto da Generalitat disolve todos os comités locais e o 12 de Decembro o POUM é expulsado do governo da Generalitat por presións do PSUC. Asi, as organizacións obreiras en vez de consolidar o poder revolucionário ligando aos comités numha sólida estrutura estatal socialista e pondo en marcha un programa de governo socialista que consolidase a socialización do poder que se daba pola base, lexitima o renacer do Estado republicano, é dicer, do Estado democrático-burgués. Estado que nen servia para construir o socialismo nen para enfrentar aos militares sublevados xa que as “democráticas” Franza e Inglaterra non podian ser os seus valedores porque un trunfo político-militar do Estado republicano sobre os fascistas voltaria a pór na orde do dia o tema da revolución. Por isto, Franza e Inglaterra en vez de apoiar ao renacido Estado republicano crearon o cinicamente chamado “Comité de Non Intervención” que o único que fixo foi posibilitar a descarada axuda názi-fascista aos militares sublevados, mentras que cortaba a axuda das “democrácias” ao governo republicano. E a URSS? Non mandou material bélico ao governo republicano? Apoiaba á Revolución? Mandou material bélico, pero con contagostas e prévio pago. 112
Como sabemos a estas alturas do relato, no ano 1936 a burocrácia stalinista estaba solidamente instalada na URSS. Ela tinha-lhe tanto medo á revolución como as democrácias occidentais porque de trunfar o proceso revolucionário no Estado espanhol teria posto na orde do dia a revolución socialista en Europa o que de producir-se viria a descabalgar do poder á burocrácia stalinista. Deste xeito, a URSS condicionou a sua axuda militar a que se constitui-se un governo frentepopulista que só loitase a prol da legalidade republicana (burguesa) e non pola revolución socialista. Para garanter o éxito da sua política enviou cadros que guiaron politicamente ao PCE e instalou á sua policia política para eliminar aos auténticos comunistas, como era o caso dos militantes do POUM e das suas JCI (Mocidades Comunistas Ibéricas), e á esquerda do movimento libertário. Asi non é de extranhar que ao pouco de comezar o primeiro proceso de Moscovo a Pravda moscovita do 17 de Decembro afirmara: “Na Catalunya, a eliminación dos trotskistas e dos anarcosindicalistas xa comezou; será levada a cabo coa mesma enerxia que na URSS” (V.89, p.62). A declaración de intencións era ben explicita, sen equívocos. O governo da Frente Popular adicou-se a consolidar os aparatos de poder do Estado republicano. Asi, reconstituiu-se a policia, através dun Conselho Superior de Seguridade, separando-a da clase obreira xa que se lhes proibiu aos carabineros e aos gardas civis pertecer a un partido ou a un sindicato. Militarizaron-se as milícias quitando-lhe toda eséncia de ferramenta proletária xa que se chamou ás quintas a cumplir o servizo militar en vez de vir os soldados através dos partidos e sindicatos da clase obreira. Quita-se-lhe os nomes políticos ás colunas (Lénin, Carlos Marx, Durrúti, etc.) ponhendo-lhes un número. Restabelecen-se os grados militares, o saudo militar (mesmo fóra do servizo) e pon-se de novo en vigor o antigo código de xustiza militar. A clase obreira non pudo contestar harmonicamente este quefacer restaurador do poder republicano porque dita restauración vinha avalada pola participación das suas organizacións políticas no governo frentepopulista. Inda asi na base da CNT e do POUM deu-se umha franca oposición a todas estas medidas xa que se intuiu, acertadamente, que só se poderia ganhar a guerra consolidando a revolución. Esta oposición das bases cenetistas e poumistas manifestou-se abertamente nas Xornadas de Maio en Barcelona, capital da revolución. A tensión acumulada entre o governo e a base militante da CNT-POUM estralou o luns 3 de Maio do 1937 co incidente da Central Telefónica. Os estalinistas do PSUC, co aval de Companys, quixeron tomar polas armas a Central que estaba desde o comezo da revolución nas maos dun comité CNT-UGT. Non só foi imposíbel a toma do edifício senón que ademáis a clase obreira en Catalunya puxo-se espontaneamente en folga. Barcelona cubriu-se de barricadas. A capital da revolución voltaba a estar directamente en poder da 113
clase obreira. Só o xoves 6 de Maio voltou-se a un aparente statu quo anterior xa que umha vez máis a CNT chamou á calma aos seus militantes e o POUM plegou-se á consigna. Foi o canto do cisne. As Xornadas de Maio trouxeron como corolário a consolidación definitiva do Estado republicano. A revolución estaba definitivamente perdida. Quedaba a puntilha. O estalinista PCE, sentindo-se con azos renovados, pide no seo do governo republicano, do que formaba parte, a disolución do POUM e a detención dos seus dirixentes. Largo Cabalhero nega-se e os ministros da CNT apoian-no. Tais son as presións sobre o velho socialista e tal é o cámbio na relación de poder (a clase obreira xa estaba sometida politicamente ao Estado republicano) que Largo Caballero ten que dimitir. O 17 de Maio do 1937 anuncia-se a formación do governo Negrin. Nel non participarán nen a UGT nen a CNT. O asasinato de Andreu Nin e o proceso contra os dirixentes do POUM foi a guinda contra-revolucionária. A revolución era cousa do pasado, no futuro esperaba a derrota. 33. Trótski, Nin e o POUM O POUM (Partido Obreiro de Unificación Marxista), creara-se en Barcelona o 29 de Setembro do 1935 numha xuntanza entre representantes do Bloc Obrer i Camperol e da Izquierda Comunista. Seus líderes máis conhecidos eran Joaquin Maurin (do BOC) e Andreu Nin (da IC). Maurin nunca gozara da confianza de Trótski, que o calificara de “charlatán provinciano” (V.95, p.207), non asi a Nin que mesmo foi seu camarada, tradutor e membro da Oposición de Esquerdas. No Abril do 1921 un Pleno Nacional da CNT envia umha delegación á Rúsia dos Sóviets, ao IIIº Congreso da IC. Nela vai Andreu Nin. Ali, perante a imposibilidade de que volte a Catalunya por correr perigo a sua vida, vai ser nomeado membro do secretariado da Internacional Sindical Vermelha (Profintern), cuxo secretário era Losóvski. Como axente da Profintern estivo en vários países europeus, entre eles Alemanha e Itália. Estaba precisamente neste ultimo país cando lhe chegou a notícia da morte de Lénin. Nin foi durante a sua estadia na URSS o guia dos cataláns e espanhois que acudian á Unión Soviética por razóns políticas. Asi, cando Frances Maciá foi a Moscovo en Outubro do 1925 en petición de axuda para facer un levantamento armado en Catalunya, Nin fixo-lhe de tradutor. Nin contemplou a loita de fraccións que se estaba dirimindo no Partido Bolchevique. Nunca simpatizou con Stálin e terminou-se por incorporar á Oposición de Esquerdas, o que lhe acarreou a sua expulsión do secretariado da Profintern e do Sóviet de Moscovo, para o que fora eleito no 1922. Cando desterraron a Trótski a Almá-Atá Nin mantivo correspondéncia con el, mesmo lhe enviou un libro de arte con murais de Diego Rivera, que, casualidade da História, terminará sendo o anfitrión de Trótski en México. 114
Imposibilitado de exercer un trabalho político na Unión Soviética queria voltar para Catalunya pero as autoridades moscovitas non lho permitian até que Nin escrebeu umha rotunda carta ao CC do partido polo que foi expulsado da URSS. Asi, en Setembro do 1930 Nin, coa sua mulher, Olga Tareeva, e as duas filhas, Ira e Nora, saen da URSS. Ese mesmo mes chegaba a Barcelona e punha-se a trabalhar de tradutor para ganhar-se a vida. Desde Barcelona Nin mantivo umha extensa correspondéncia epistolar con Trótski, até polo menos o ano 1933, no que romperon politicamente. Trótski pedia-lhe información da realidade no Estado espanhol e facia-lhe suxeréncias políticas. Nin era por entón membro da Oposición de Esquerdas, sección espanhola, que no 1932 vai-se transformar na “Izquierda Comunista”. A IC e o Bloc van impulsar a creación da Alianza Obreira, cuxo éxito maior dará-se en Asturies no 1934 xa que pasarán a formar parte dela o PSOE, UGT, CNT e o mesmo PCE. Será precisamente a raiz do Outubro asturiano cando Nin, entre outros, estime que é necesário a creación dun “partido revolucionário”. A partires de Xunho do 1934 Trótski através do “xiro francés” vai propor o “entrismo” nos partidos socialistas. Isto conectou coas propostas dalguns membros da própria Izquierda Comunista, que terminaron-se indo ao PSOE. Pero a maoria dos integrantes da IC, que serian arredor duns 50 en Catalunya, segueron na própria IC. En Setembro do 1934 o seu órgao, a revista “Comunismo”, publicou un editorial no que afirmaba que habia que manter “a independéncia da vangarda do proletariado” posición que afirmaba-se ter “aprendido do noso dirixente [Trótski], inda a risco de ter que facer umha parte do caminho separados del” (V.1, pp.372-373). O fracaso da revolución asturiana vai a reafirmar o sentir da maioria da Izquierda Comunista de construir o xérmolo do partido marxista no Estado espanhol. Nin e Maurin falarán xa desta necesidade afinais do 1934. A comezos do 1935 convoca-se umha xuntanza onde participan, ademais da IC e o Bloc, Unió Socialista de Catalunya, Partiti Catalá Proletari, Partiti Comunista de Catalunya e Agrupación Catalana do PSOE. Afinal só o Bloc de Maurin e a IC de Nin chegan ao acordo. Nace o POUM porque, como se di no documento do seu Comité Executivo de Febreiro do 1936, que podemos considerar como o Manifesto Fundacional do POUM: “Sen partido revolucionário da clase trabalhadora non é posíbel a vitória da revolución socialista. O fracaso da insurreizón de Outubro, no noso país, foi debido, en primeiro lugar, á falta dese partido” (V.69, p.2). Afirma que o POUM nace co “obxetivo capital” de acadar “a unidade revolucionária da clase trabalhadora, premisa indispensábel para o trunfo da revolución democrático-socialista no noso país” (V.69, p.2). Que a creación do POUM foi un acerto dino-lo o seu medre: se en Xulho do 1936 contaba cuns 6.000 afiliados (a maioria do Bloc), en Decembro dese ano xa tinha entre 30 e 115
45.000 mil. Tinha seis periódicos diários, vários semanários, a Editorial Marxista, e estaba-se extendendo polo conxunto do Estado: Galiza, Madrid, Asturies, Extremadura, Euskádi, Santander. Tamén contará cumhas dinámicas mocidades, a Juventud Comunista Ibérica (JCI). Que o nacimento do POUM foi un acerto táctico ratifican-no os dados que acabamos de dar. Agora ben, a dirección do POUM estivo á altura das circunstáncias revolucionárias? É aqui onde se entenden as críticas políticas de Trótski, as pasadas e as que virán. Certo é que Trótski empregou umha linguaxe moi descarnada, que feriu moitas honradas sensibilidades e que non axudou para sumar adeptos. Umha critica que lhe formula Trótski ao POUM e a sua participación na coaligazón da Frente Popular, que en Catalunya denominaba-se “Frente de Izquierdas”. Aqui Trótski non debeu contar con información dabondo porque se ben a sua crítica á Frente Popular é impoluta desde a óptica da defensa dos intereses da clase trabalhadora non debeu saber que o POUM o asinara criticamente. De non te-lo asinado corria o risco de quedar-se isolado da clase trabalhadora que via o frentismo como a maneira de sacar aos miles dos seus presos á rua por mor da anistia. De tal xeito foi asi que a mesma “apolítica” CNT non se opuxo a que a sua base votase á Frente Popular. O desexo de unidade da clase obreira era claro. Podia-se participar nas eleicións pero indicando que o programa da Frente non era un programa que defendese os intereses da clase trabalhadora. Cando en Xulho do 1936 se deu o Golpe de Estado que trouxo o comezo da Revolución, o POUM cometeu un erro político de enorme trascendéncia para o imediato futuro: entrar no Governo da Generalitat. O POUM non soubo ter a paciéncia revolucionária necesária para criticar a entrada no governo pequeno-burgués da Generalitat das organizacións obreiras. Aqui non podia haber concesións xa que a entrada dumha organización obreira nun governo pequeno-burgués só afortala á pequenaburguesia, como aconteceu. As críticas de Trótski foron severísimas, como non podian ser doutra maneira desde a óptica marxista. No próprio POUM a decisión non foi unánime, moitos menos na sua mocidade, a JCI. Esta decisión impediu que o POUM se convertese nun ponto de referenza para a base militante da CNT, maioritária en Catalunya. Asi, cando se deron as Xornadas de Maio do 1937, en que o proletariado barcelonés botou-se espontaneamente á rua para parar a contra-revolución orquestada desde o Governo da Generalitat, o POUM non pudo xogar un papel dirixente e o seu proceder pode-se calificar de timorato ou de querer e non poder. O POUM pagou co asasinato de Nin e doutros camaradas, coa sua ilegalización e co proceso á sua dirección, os seus próprios erros políticos. Na revolución só existe a vitória ou a derrota. Agora ben, o POUM, apesares de todos os seus enormes erros políticos, foi, en palabras de
116
Trótski “a organización política máis honesta de Espanha” (V.96, p.148). Errou pero non traicionou. Estaba Trótski en México cando lhe chegou a notícia de que os stalinistas asasinaran en Xunho a Nin. O 8 de Agosto do 1937 fixo a seguinte declaración: “Nin é un velho revolucionário incorruptíbel. Defendia os intereses do povo espanhol e combatia á burocrácia soviética (...). Apesares das minhas diverxéncias co POUM, debo reconhecer que na loita de Nin contra a burocrácia soviética, a xustiza estaba enteiramente do seu lado. Esforzaba-se por defender a independéncia do proletariado espanhol contra as maquinacións diplomáticas da camarilha que ocupa o poder en Moscovo. Rexeitou colaborar coa GPU para arruinar os intereses do proletariado espanhol. Este foi o seu único crime. Ese é o crime que pagou coa sua vida” (V.96, p.69-70). E Trótski non se adicaba a facer obituários formais. Nin era un seu camarada porque desexaba apaixoadamente o trunfo da revolución socialista. Trótski criticou-no ferozmente cando consideraba que os seus erros tácticos lhe imposibilitaban a sua conquista. A discrepáncia non estaba no obxetivo a conquistar senón en como conquistá-lo. Non entender isto é non entender a relación Trótski-Nin. 34. O Primeiro Proceso de Moscovo Era o 15 de Agosto do 1936, Trótski e Knudsen estaban de excursión numha ilha deserta nun fiordo do sul de Noruega. Nun transmisor escoitaron a notícia de que en Moscovo acababa-se de anunciar que Zinóviev, Kámenev e outros catorce membros do partido ian ser procesados por terrorismo e traición. Ademais decia-se que Trótski era o director dos acusados e que estaba mandando desde Noruega terroristas á URSS. Regresaron a toda presa a Vexhall. Trótski puxo-se imediatamente a rexeitar aquelas viles acusacións. Deu a explicación íntima do proceso: “Stálin está montando este proceso co fin de reprimir o descontento e a oposición. A burocrácia governante considera toda crítica e todo xeito de oposición como umha conspiración” (V.24, p.303). O 19 e o 20 de Agosto seguiu por rádio a información sobre o proceso, os diceres surrealistas do fiscal e dos acusados. A razón, a lóxica, eran prostituidas. Os diálogos entre o fiscal Andrei Vishinski e Grigóri Zinóviev asemelhaban umha conversa de tarados: Zinóviev reconhecia ser un pérfido, un traidor, un-calqueiracousa menos umha persoa. Era o comezo do Primeiro Proceso de Moscovo, que se celebrou do 19 ao 24 daquel mes de Agosto. Zinóviev era o encausado de máis renome, pero estaban tamén outros ex bolcheviques ben conhecidos: Kámenev, el e Zinóviev foran íntimos colaboradores de Lénin no exílio. Iván Smirnov, que dirixera a derrota do xeneral branco Kolchak e que pertecera ao Conselho Militar Revolucionário que presidira 117
Trótski, o creador do Exército Vermelho e primeirísimo tribuno da Revolución de Outubro e ao que agora denunciaban como “o organizador deste bloco terrorista contra-revolucionário” (V.24, p.306), por boca de Bakáiev, un xefe da Checa durante os anos heróicos da guerra civil. En total eran dezaseis encausados, que foron fusilados umha hora despois de pronunciar-se a sentenza, o 24 de Agosto. O acusador de todos estes ex militantes revolucionários era o ex menchevique Andrei Vishinski cuxo papel na revolución foi de ausente. El era o látigo de Stálin, o seu fiscal xeneral desde o 1935. Trótski pon-se a respostar todo aquel infamante andamiaxe, concede umha extensa entrevista ao periódico dos socialdemócratas suecos, Arbeiderbladet, que se publica o dia 21 e que o xornal anúncia cos titulares “Trótski afirma que as acusacións de Moscovo son falsas” (V.24, p.307). Prepara declaracións para a prensa de diferentes países, quere explicar o por que dos procesos e defender o honor dos revolucionários. Pero nesta loita tamén vai entrar en liza o governo socialdemócrata noruego, maniatando, isolando a Trótski, impedindo-lhe que se defenda. Primeiro exixe-lhe que asine umha declaración que pide que se abstenha de intervir directa ou indirectamente, de xeito oral ou por escrito, nas cuestións políticas doutros países. Vinha a ser umha petición semelhante á que fixera presentar Stálin en Almá-Atá. Rexeita umha como rexeitara a outra, con desprezo. A polícia noruega puxo-o entón baixo arresto domiciliário. Deste xeito, Trótski quedaba imposibilitado para facer frente ao torrente de calúnias que provinhan de Moscovo. Agora Moscovo non só contaba co imenso poder do seu Estado e dos seus amigos e plumíferos do orbe para divulgar aos catro ventos a calúnia senón que ademais o democrático governo de Noruega amordazaba a Trótski. Stálin non queria nen un combate desigual, polo que presionou sobre o governo noruego para que fixera calar a Trótski. Se Trótski seguia no uso da palabra perigaba o comércio coa URSS. Os negócios son os negócios, e o governo noruego maniatou a Trótski, recluiu-no na casa impedindo-lhe toda actividade pública. O dia 28 Trótski compareceu nos xuzgados de Oslo para testimoniar sobre un asalto que uns seguidores do pro-názi noruego Quisling, que pasará á História como prototipo do lacaio nacional vendido a Hitler, fixeran á casa donde estaba aloxado. O interrogatório tornou-se nun ataque contra o agredido e non nun intento de descubrir o por que do proceder dos asaltantes. Resultou que quen violara as leis fora Trótski e non os asaltantes pro-názis que lhe roubaran alguns papeis. A continuación, a policia noruega conduxo a Trótski ao Ministério de Xustiza onde o mesmo Ministro lhe presentou a Trótski un documento para que este o asinara onde se recolhia outravolta a eséncia da petición que xa lhe formularan o dia 26 dous policias mandados para tal fin. A petición era similar: que se abstivera 118
de toda actividade política e que sometera toda a sua correspondéncia á censura. Trótski respostou-lhe ao ministro Trygve Lie con desprezo, como se atrevia a facer-lhe tal petición a un revolucionário. Por que entón o Ministro mesmo fixera de xornalista na primeira entrevista que Trótski concedera en Noruega se isto contravinha o acordado. Perguntou-lhe ao Ministro se o Governo de Noruega, diante das peticións da prensa pro-názi, ia permitir cuns esbirros de Hitler lhe dixeran o que tinha que facer. E sentenciou: “Este é o primeiro acto de capitulación frente ao nazismo no voso próprio país. Pagaredes por elo. Sentides-vos seguros e en liberdade de tratar a un exiliado político como vos ven en gana. Pero está perto o dia –lembrade-o!!- en que os názis expulsarán-vos do voso país, a todos vosoutros xunto co voso Pantoffel-Minister-President” (V.24, p.312). Efeitivamente, isto aconteceu cando Hitler invadiu Noruega. O método permitia-lhe exercer de profeta. A contestación do Ministro foi acrecentar os rigores da reclusión de Trótski deportando aos seus dous secretários e colocando gardas no interior da casa do matrimónio noruego que acolhera a Trótski para que este non pudera nen comunicar-se con eles. Como todo este proceder non era legal o Ministro conqueriu co rei noruego asinara o 29 de Outubro un decreto único para aplicar-lhe a Trótski. Asi, o 2 de Setembro ordenou o traslado de Trótski e Nataxa a Sundby, umha aldea a 36 kilómetros ao sudoeste de Oslo. Ali pechou-no numha casa con vinte policias. Ninguén tinha permiso para entrar, agás os seus avogados, o noruego e o francés. Tinha que someter a sua correspondéncia á censura e pedir un permiso para obter un periódico. Proibiu-se-lhe mesmo pasear fóra da casa. Até se chegou a proibir-lhe escoitar a rádio. Trótski tentou eludir aquela reclusión demandando perante os tribunais noruegos por difamación a un názi en a un stalinista que na prensa noruega repetiran as acusacións que lhe facia o fiscal Vishinski en Moscovo. O avogado noruego formulou a demanda e cando xa o xuzgado ia citar a Trótski interviu o Ministro de Xustiza e suspendeu os trámites. Pero isto inda non foi dabondo, a Trótski impediron-lhe mesmo demandar a alguén no extranxeiro. Trótski escrebeu-lhe ao seu filho Liova: “Estou completamente indefenso. Debes obrar pola tua própria iniciativa e enterar disto aos amigos” (V.24, p.315). Liova puxo-se maos á obra. O froito máis importante do seu quefacer foi o “Libro Vermelho”, onde rexeitaba polo miudo as falsificacións do primeiro proceso de Moscovo. Nun artigo do 20 de Febreiro do 1938 Trótski contará o que sentiu cando recibiu o primeiro exemplar: “Que don tan valioso foi para nós (...) o libro de Liova, a primeira resposta aplastante aos falsificadores do Kremlin! Lembro-me que as primeiras páxinas pareceron-me deslucidas. Debia-se a que nelas só se trataba de reafirmar umha apreciación política, xa feita con anterioridade (...). Pero apartires do momento en que o autor se fixo cargo dumha análise
119
própria do xuizo quedei completamente absorto. Cada capítulo que lia parecia-me milhor que o anterior” (V.117). Mentra tanto, na Franza formara-se umha comisión investigadora sobre este primeiro xuizo en Moscovo, presidida polo avogado francés de Trótski, Gérard Rosenthal. Pero foi no Estado espanhol onde as denúncias contra o proceder do Kremlin lhe doeron máis a este. Estaba-se en pleno proceso revolucionário e o Comité Executivo do POUM, por iniciativa de Andreu Nin, rexeitaba publicamente, o 28 de Agosto no seu voceiro “La Batalla”, os fusilamentos dos velhos bolcheviques e as calúnias a Trótski: “Somos socialistas revolucionários, marxistas. En nome do socialismo e da clase obreira revolucionária, protestamos enerxicamente contra o monstruoso crime que acaba de perpetrar-se en Moscovo (...). Trótski é para nós, á beira de Lénin, un dos grandes xefes da Revolución de Outubro, é un grande escritor socialista revolucionário. Inxuriado e perseguido, expresamos-lhe a nosa solidariedade revolucionária, sen ocultar por iso as nosas discrepáncias con algumhas das suas apreciacións” (V.1, pp.401402). Xusto o contrário do que decian as publicacións do PSUC e do PCE, que xustificaban o cínico e criminal proceder de Stálin e inxuriaban aos verdadeiros comunistas, os militantes do POUM. Para Trótski Noruega era umha prisión. Tinha que fuxir dela. Inda que Trótski non queria deixar Europa, porque era o teatro de operacións, a realidade impunha-se e partidários e amigos estaban tentando conseguer un visado para México. Nestas peticións a Lázaro Cárdenas, o Presidente de México, tamén participou un emisário de Andreu Nin cando este exercia de Conselheiro de Xustiza no Governo da Generalitat. O Presidente de México concedeu-lhe asilo a Trótski. O Velho non pudo evitar certa aprensión debido a que o Ministro de Xustiza noruego lhe dixo que tinha que embarcar ipso facto para México. E inda que Trótski lhe pediu que primeiro o puxera en liberdade, que lhe permitira arranxar os seus asuntos e pór-se en comunicación cos seus amigos e co governo mexicano obtivo un non rotundo por resposta. Por fin, o 19 de Decembro do 1936, Trótski e Nataxa son embarcados no petroleiro “Ruth” na companha dumha escolta policial, que conta co názi Jonas Lie, e que se encargou de manter isolado a Trótski inda na metade do Atlántico xa que non lhe permitian nen escoitar a rádio. Era o derradeiro proceder democrático que o governo noruego exércia sobre o velho bolchevique. México era o destino, o final do caminho.
120
IV. O FINAL DO CAMINHO 35. México Era o 9 de Xaneiro do 1937 cando Trótski e Nataxa entraban no Golfo de México a bordo do petroleiro Ruth e atracaban en Tampico, cidade mexicana na desembocadura do rio Pánuco. Umha barcaza achegouse para recolhé-los e desembarcá-los no peirao. Ali estaban para recibi-los Frida Kahlo, a companheira de Diego Rivera, George Novack, que numha cea co presidente estadounidense Roosevelt pediu-lhe o visado para Trótski e perante a sorpresiva petición contestou que tinha que consultar co Departamento de Estado, que, por certo, nunca o otorgou. Estaban tamén o camarada Max Shachtman e o xeneral mexicano Beltrán, en representación do presidente Lázaro Cardenas. Este puxera a disposición de Trótski o seu tren privado “Hidalgo”, nome con claras conotacións revolucionárias porque é o daquel cura que o 16 de Setembro do 1810 fixo repicar a campana da igrexa de Dolores, o “berro” que comezou a loita para liberar á nación mexicana da imperialista Espanha. Entraron todos emocionados no tren e puxeron-se a cantar corridos da revolución mexicana e outras cancións. Trótski e Nataxa deberon pensar que estaban noutro mundo. Efeitivamente, asi no-lo di o mesmo Trótski: “Saindo dumha atmósfera desacougante e de cansas incertidumes, atopamos en todos os lados atención e hospitalidade” (V.10, p.22). Diego Rivera, o máis grande dos muralistas mexicanos, puxo á disposición de Trótski e Nataxa a sua “Casa Azul” do bárrio federal de Coyoacán, na Avenida Londres. Umha residéncia que Nataxa describiu como “umha casa azul dun só piso, un pátio cheo de prantas, uns salóns frescos, coleicións de arte pre-colombino, cadros en profusión” (V.10, p.23). Aqui ian viver até Marzo do 1939. A este ambiente xeral veu-se a sumar Frida Kahlo, mulher fermosa, intelixente e apaixoada. Para ela Trótski non debeu ser só ese eslavo maduro de olhos azuis de mirada profunda e porte viril, senón tamén o mítico tribuno da Revolución de Outubro e o férreo creador do Exército Vermelho. Para el Frida debeu supor as renovadas ganhas de viver, de sentir-se inda xoven e desexado. Cruzaron-se notas e cartas diante de Nataxa e Diego Rivera nun proceder que nos indica umha ondonada de paixón frenética, primeiriza. Consumaron sexualmente a sua paixón? Non o sabemos, pero oxalá por eles xa que o amor é a forma suprema de goce. O que sí sabemos é que a aventura amorosa de Trótski trouxo umha pequena crise ao seu matrimónio. Nataxa resultou ferida inda que Trótski reafirmouse no amor e na paixón que sentia por ela. Ademais, o deber político quel
121
se impuxera non permitia continuar a aventura. As augas voltaron ao cauce consumido o desborde. Non todo era cor de rosa, o Partido Comunista de México (PCM) e a Confederación de Trabalhadores Mexicanos (CTM) eran bastións stalinistas e merce á sua importáncia social tinhan un importante peso político no país. Desde o comezo estiveron en desacordo coa decisión de Cárdenas, polo que recibiron a Trótski como “o xefe da vangarda da contra-revolución” (V.24, p.326). Ademais, en México, polo seu carácter de país hospitalário cos loitadores anti-fascistas, arribaron con todo tipo de facilidades colaboradores e axentes da GPU. Habia, pois, que protexer a Trótski, esa foi a primeira preocupación dos seus amigos e camaradas. Ao pouco de estar instalado Trótski daba-se en Moscovo o segundo proceso, durará umha semana, entre o 23 e o 30 de Xaneiro. Son acusados dezasete membros do fenecido Partido Bolchevique. As acusacións son tan delirantes, surrealistas, como no primeiro xuizo. Entre os acusados están Piatákov, Rádek, Sokólnikov... que son presentados como uns peleles de Trótski e que tinhan como obxetivo derrocar pola violéncia o poder soviético para restaurar o capitalismo. Eran o “centro trostkista paralelo”. (V.9, p.24). Seu xefe, Trótski, era un axente de Hitler. Trece dos encausados son condeados a morte e outros catro a prisión. Ali serán enviados Rádek e Sokolnikov por dez anos, pero en Maio do 1939 uns reclusos machacarán-lhes a cabeza perante a indeferenza dos gardas. Pero a inquina de Stálin non termina aqui, de feito os procesos non son máis que a ponta do iceberg da xigantesca e brutal matanza de opositores. Esta acada até os próprios stalinistas, tanto é asi que un íntimo seguidor de Stálin, Ordjonikidze, suicida-se o 18 de Febreiro despois de que lhe fusilen ao seu irmao. Sabemos por Natália como lhes impactou a ela e a Trótski esta espiral de calúnias e violéncia: “escoitabamos a rádio, abriamos a correspondéncia e os periódicos de Moscovo e sentiamos que a tolaria, o absurdo, a ultraxe o fraude e o sangue nos inundaban por todas as partes” (V.24, p.329). Trótski aprestou-se á loita, aqui non estaba maniatado como en Noruega. Asi, a víspera de finalizar o segundo proceso, o dia 29, retou publicamente a Stálin. Que pedira a extradición. El entregaria-se voluntariamente se umha soa das acusacións que se lhe facian fora verdade: ”Escoitan-me os acusadores do Kremlin. Verto o meu desafio á cara e espero a resposta” (V.24, p.330). Non a houbo porque de dar-se, de ter pedido Stálin a extradición, teria-se que celebrar un xuizo fóra da URSS e o xeorxiano sabia que Trotski o convertiria numha tribuna pública desde onde denunciaria os seus crimes. Mais, o Velho non se conformou coa calada por resposta e puxo-se a trabalhar para organizar un tribunal que o xuzgase. Queria deixar limpo para a História o seu honor de revolucionário. Seu filho, camaradas e amigos non estaban moi dacordo porque aquelo 122
suporia un enorme esforzo e coidaban que non era necesário, pero Trótski teimou e o proxecto levou-se adiante. Deste xeito, en Marzo formou-se umha comisión de investigación que se encargaria do proceso. Estaba formada por Alfred Rosmer, Otto Ruhle, Wendelin Thomas, Carlos Tresca, Suzanne La Follette, Benjamin Stolberg, John R. Chamberlain, Edwar Ross, Carleton Beals e Francisco Zamora. Presidiá-a o filósofo estadounidense John Dewey, daqui o nome co que se conhece á comisión. A “Comisión Dewey” sesionou do 10 ao 17 de Abril, na “Casa Azul”, protexida para a ocasión pola policia mexicana. John Dewey afirmou, antes de inaugurar-se as sesións, que a “nosa función consiste en escoitar calqueira testimónio que o senhor Trótski tenha a ben presentarnos, interrogá-lo e presentar os resultados da nosa investigación ao pleno da Comisión da cal formamos parte” (V.24, p.340). Dewey invitou á embaixada soviética e aos Partidos Comunistas de México e os EEUU a participar no interrogatório a Trótski. Non obtivo resposta. As sesións deron-se en xeral nun bon clima pero isto non evitou os enfrentamentos ideolóxicos mercé á diferente conceición do mundo entre alguns interrogadores e o próprio Trótski. Asi, John Dewey entendia que o stalinismo era umha prolongación, non umha deformación, do bolchevismo. Trótski, polo contrário, afirmou que o stalinismo existia porque a revolución non se extendera fóra da Rúsia soviética. Dewey perguntou-lhe a Trótski: “Quixera saber que razóns nos permiten pensar que a ditadura do proletariado, ou o que sexa, non dexenerará en ditadura do secretariado” (V.10, p.33). A resposta foi: “A fórmula é excelente, pero tenho que contestar que inda que hoxe a ditadura do secretariado domina Rúsia, é un progreso importante se a comparamos coa ditadura do zar. Ademais, a ditadura do secretariado é provocada polo atraso do país e o seu ilhamento. Os países máis civilizados, menos isolados, conheceran daquelas umha ditadura máis sana, máis democrática e moito máis corta” (V.10, p.33). Para os colaboradores de Trótski este proceso signhificou umha ardua tarefa. Centos de documentos foron desembalados, traducidos e explicados á Comisión. Asimesmo, Trótski impuxo-se falar en inglés para ter un contacto directo coa comisión. Deste xeito privou-se do poder da sua oratória xa que o inglés falaba-o moi mal pero era o idioma que entendian todos os integrantes da comisión. Porén, erros de vocabulario ou de sintaxe non foron obstáculos para que el explicara a sua actividade política de revolucionário ao longo dos anos porque a verdade florece mesmo entre as equivocacións formais. Trótski resumiu os seus argumentos o dia 17, na derradeira audiéncia pública da comisión. Despois de expor o método obrigatoriamente incoerente dos procesos de Moscovo por estar construidos na mentira, conclue a sua exposición cumha apaixoada declaración: “A experiéncia da minha vida, na que non escasearon nen os 123
trunfos nen os fracasos, non só non destruiu a minha fe no claro e luminoso porvir da humanidade, senón que, polo contrário, deu-me un temple indestrutíbel. Esta fe na razón, na verdade, na solidariedade humana, que á idade de dazaoito anos levei conmigo ás barriadas obreiras da cidade provinciana rusa de Nicoláiev, conservo-a plena e completamente. Fixo-se máis madura pero non menos ardente” (V.24, p.346). A comisión emitiu o seu veredito pasados uns meses, o 12 de Decembro. Sentenza que Trótski e o seu filho Liova son inocentes dos cargos que lhes imputan desde Moscovo. Trótski conseguira o seu obxetivo, restaurar o seu honor de revolucionário perante un tribunal. Porén os ecos do proceso foron pequenos na Europa convulsionada pola Guerra Civil espanhola e polo ascenso do fascismo, pero ali quedaba perante a História. Non é casual esta teimosia de Trótski, é un proceder próprio dun revolucionário que trabalha non só para o presente senón tamén para o porvir. Asi entende-se a semelhante teimosia dos comunistas do POUM por reivindicar a sua eséncia de revolucionários no xuizo que os stalinistas forzaron en Barcelona en Outubro do 1938. Para os revolucionários o don máis preciado é a verdade. 36. Máis horror stalinista O mariscal Mijail Tujachésvski era detido o 22 de Maio daquel 1937. Ao pouco procede-se á detención de outros altos mandos militares. Todos eles formarian parte dun “complot militar-fascista-trotskista” (V.61, p.545). Ademais, di-se-lhes que son uns espias ao servizo da Alemanha názi e do Xapón imperialista. Son procesados e fusilados. Isto era un brutal ataque directo á seguridade do Estado soviético. Todos eles tinhan experiéncia bélica ganhada na Guerra Civil e un grande nível teórico. Baixo a dirección de Tujachésvski o alto mando do Exército Vermelho é teoricamente o máis avanzado de Europa: disenha, antes que ninguén, batalhas de carros de combate e a utilización dos tanques como pota de lanza dos exércitos no que denominaron “batalhas profundas” (V.68, p.35). Os militares soviéticos crearan o seu primer corpo mecanizado no Outono do 1932, tres anos antes que as primeiras divisións blindadas alemanas. Os paracaidistas do Exército Vermelho fixeran xa o seu primeiro lanzamento en masa no ano 1936, moitos antes que os alemanes. Trabalharan por ter umha infraestrutura que posibilitase umha poderosa forza aérea, e ia-se no caminho correcto. Stálin non contento con atacar á élite do Exército Vermelho, continua coa purga nos cadros intermédios, na oficialidade. A selvaxe purga de Stálin pode-se resumir en números: asasinou a 3 dos 5 mariscais, a 14 dos 16 comandantes de exército, a 60 dos 67 comandantes de corpo, a 136 dos 199 comandantes de división, a todos os comisários adxuntos de defensa e a todos os comandantes de distrito militar, a 35.000 124
oficiais, a metade dos que tinha o exército. Stálin debilitou de tal xeito ao Exército Vermelho que este non saberá oponher-se ao ataque názi o que lhe suporá á URSS a perda de milhóns de vidas, o derrube dumha grande parte das suas infraestruturas e indústrias e a perda temporal de boa parte do seu território europeu. Toda umha catástrofe social e económica producida pola parasitária casta burocrática encabezada por Stálin. A aniquilación do próprio Exército Vermelho era umha demostración empírica máis de que a casta governante xa era un corpo parasitário na sociedade soviética. Na Segunda Guerra Mundial a sociedade soviética derrotará ao exército alemán apesares desta casta burocrática. O 4 de Setembro descubre-se o corpo sen vida de Ignace Reiss perto de Lausana, Suiza. Fora asasinado. Reiss era xefe dumha ponla do servizo secreto soviético de espionaxe na Europa. Diante de tanta purga, de tanta violencia sen senso, achegou-se ás teses de Trótski e puxo-se en contacto con este através de Liova. Informou que Stálin pretendia aniquilar fisicamente aos trótskistas tamén fóra da URSS e de que a GPU tinha espias no se seo. Non só narrou a brutalidade coa que a GPU conseguia as confesións senón que tamén contou que os xóvenes comunistas non se sometian ao réxime da burocrácia. O 18 de Xulho mandou desde Paris umha carta a Moscovo onde comunicaba que rompia co stalinismo e que se aderia á Cuarta Internacional. O aviso de Reiss, que Stálin queria exterminar aos trotskistas, non caeu en saco roto. Militantes trotskistas comezaron-se a sentir seriamente preocupados pola seguridade do filho maior de Trótski, Lev Sedov, Liova para os camaradas e “O Neno” para a GPU. Tanto foi asi que chegaron cartas a México pedindo que Liova fora sacado de Paris. Liova dirixia a edición do “Boletin da Oposición” en ruso, era ponto de referenza para os que fuxian do stalinismo e facia mil encargos de Trótski. Porén, non se relacionaba demasiado cos trotskistas na Franza, que moitas veces andaban á grenha. Confiaba decididamente en Étienne Zboroswski, que era un axente da GPU. Liova levaba umha vida de moita tensión e de privacións materiais polo que non é de extranhar que enfermara. O que é dificil de comprender é como foi parar a umha clínica privada rexentada por exiliados rusos cando os trotskistas franceses contaban con simpatizantes entre eminentes médicos. A cuestión é que foi a esta clínica na companha da sua companheira Jeanne e Étienne. Asi, o 8 de Febreiro do 1938 ingresaba na clínica para que o operasen de apendicites. Operan-no aquel mesmo dia sen complicacións. Porén catro dias despois Liova deambula desnudo e semi-inconsciente pola clínica. O médico francés que o operara non se explicaba o que lhe pasara ao rapaz. Voltan-no a operar. Agora en vao. Morre o 16 de Febreiro, tinha 32 anos. Cando chega a notícia a Coyoacán Trótski está en Chapultepec, na casa dun simpatizante por temor a un atentado. A notícia recolhe-a Jan van 125
Heijenoort, que lha oculta a Natália e vai en busca de Diego Rivera para recolher a Trótski. Diego dá-lhe a notícia a Trótski, que pergunta se a sabe Nataxa. Imediatamente parten os tres en coche a Coyoacán. Ali Trótski e Nataxa pechan-se na sua habitación durante uns dias. O que sentiu Trótski pola morte do seu filho maior pode-se entrever nos seus escritos. No artigo do 20 de Febreiro queda exposta con argumentada claridade que Liova non era só o seu filho senón un seu camarada. Un camarada íntimo por decisión própria e non por ser o filho de Trótski. Un camarada que estando na URSS foi-se a viver fóra do Kremlin e que se negaba a utilizar os coches oficiais dos governantes soviéticos. Un camarada imprescindíbel no desterro e no exílio mercé ao seu variadísimo trabalho, mesmo literário cando Trótski estaba impedido como foi o caso do “Libro Vermelho dos Xuizos de Moscovo”. Tal era o nível de camarada que tinha Liova para Trótski que este afirma que “a nosa solidariedade ideolóxica fixerá-se carne en nós” (V.117). Liova era un camarada porque “era fiel a si mesmo, serviu á causa dos oprimidos sen vacilacións. Das maos da natureza e da história saiu como un home de temple heroico” (V.117). A GPU sabia ben a quen fixera morrer. Liova non era só un filho de Trótski, era un comunista cumha experiéncia tan directa da Revolución de Outubro e da burocrácia soviética que o facian un militante marxista formidábel. Un militante asi que, inda por riba, fora o filho de Trótski e, polo tanto, o seu herdeiro ideolóxico era demasiado. Habia que acabar con el. Claro, Trótski tamén sentiu dor de pai: “Xunto co noso rapaz morreu o que quedaba de xoven en nós (...). Adeus León, adeus querido e incomparábel amigo. Tua nai e eu nunca pensamos, nunca esperamos que o destino nos fora a imponher esta terríbel tarefa de escreber o teu obituário” (V.117). O horror stalinista continua. Do 2 ao 13 de Marzo dá-se o terceiro proceso de Moscovo. É o derradeiro. Agora ben, os denominados procesos de Moscovo non son máis que umha pálida mostra desa represión brutal que se conhece como a “Iejovchina”, por ser Iejov, o sustituto de Iagoda ao frente da NKVD, o máximo organizador, e que liquidou a toda a velha garda bolchevique. Este proceso derradeiro é o dos 21: Bujárin, Rakósvski, Ríkov, Krestinski...e Iagoda, o antigo xefe da NKVD. As acusacións que se verten sobre os acusados son as típicas (espionaxe, terrorismo, sabotaxe) máis outras novedosas como querer provocar a guerra contra a URSS e a sua partición. Engadir, que a Bujárin acusan-no de tentar asasinar a Lénin no 1918!! Enfin, como novo absurdo é maior que o anterior. Dos 21 acusados 18 son condenados a morte, entre eles Bujárin. O 7 de Abril do 1930 o Politburó creara no seo da GPU umha dirección dos campos de concentración rebenzoados “campos de trabalhos correctivos”, o GULAG. O sistema de campos de trabalho adquire umha grande dimensión, contarán case con 2 milhóns de internados afinais do 1940. Pero neles os bolcheviques-leninistas ou trótskistas organizan-se e 126
exixen condicións de trabalho, de aloxamento e de comida. Entón Stálin, no 1936, agrupa aos opositores de esquerdas nos gulags de Kolima e Vorkuta para controlá-los. Nun deles, no de Vorkuta, na República dos Kómi, nos Urais polares, que teria uns 100 mil reclusos, os trótskistas tinhan protagonizado no pasado folgas vitoriosas pero afinais de Marzo e a comezos de Maio do 1938 o réxime stalinista vai-nos masacrar. Serán fusilados sistematicamente até exterminá-los, a un ritmo de 30 ou máis por dia. Cando os verdugos os levan á tundra por grupos para fusilá-los marchan cantando a Internacional e moitos deles morren berrando “Viva Trótski!!” 37. A IV Internacional Como xa sabemos a estas alturas do relato, Trótski en Xulho do 1936 tinha completamente asumido a necesidade de crear umha nova internacional mercé á hecatombe da IIIª ao propiciar que a pequenaburguesia e o lumpem-proletariado dirixidos polos názis derrotaran sen loita á clase trabalhadora alemana, a máis poderosa de Europa. Porén, Trótski desde que saira de Prinkipo apenas tivera un momento de acougo. Xa en México pudo retomar a idea mercé, tamén, ao apoio dos trotskistas estadounidenses cuxo Socialist Workers Party (SWP) ia ser a sección máis importante da IV internacional. Para concretar a sua organización desplazaron-se a México dirixentes do SWP, tais como Cannon e Shaschtman. En Coyoacán discutiron con Trótski o programa. Ademais, Cannon era un firme partidário de fundar xa a nova Internacional, no que coincidia plenamente con Trótski. Este ia escreber un artigo, datado o 29 de Agosto do 1937, onde daba as claves ideolóxico-políticas da perentória necesidade da nova Internacional: “En épocas reaccionárias como a que estamos a viver (...) a tarefa máis importante da vangarda é non deixar-se arrastrar polo fluxo regresivo, senón nadar contra-corrente (...) aferrar-se ás suas posicións ideolóxicas (...) o único xeito de preparar un novo e enorme avance cando se produza o seguinte ascenso da maré histórica” (V.117). O 31 de Maio do 1938 perante as dúbidas dun seu camarada, que eran as dúbidas de bastantes outros, Trótski argumenta: “ A nosa Internacional é xoven e feble. Pero esta non é razón para renunciar ao noso nome. Nas sociedades civilizadas umha persoa leva o mesmo nome na sua nenez, madurez e velhez, este nome funde-se coa sua individualidade (...), “pro” parece ser umha expresión de modéstia política. A min parece-me expresión de indecisión e de falta de confianza en si mesmo. Un partido revolucionário que non está seguro da sua própria significación non pode ganhar-se a confianza das masas” (V.117). Trótski fará umha concisa reflexión ao método polo que se debe guiar a nova internacional o 11 de Outubro, e voltará facer fincapé na firmeza programática sete dias despois, 127
o 18. O dia 11: “A nova Internacional non se pode crear através de encíclicas. Cada paso adiante debe ser o resultado da investigación científica, da crítica aberta e da discusión colectiva” (V.117). Explicitado a eséncia do método, teima o dia 18 na fortaleza ideolóxica: “Agora é preciso permanhecer fieis a nós mesmos e ao noso programa. Non é doado. As tarefas son tremendas, os inimigos inumerábeis” (V.117). O Congreso Constituinte da IV Internacional celebrou-se o 3 de Setembro do 1938 na localidade francesa de Périgny, perto de Paris. Estiveron presentes vinteun delegados que representaban núcleos organizativos en once países do orbe. Os delegados polacos consideraron que as forzas e a coxuntura non eran as adecuadas para fundar formalmente a nova Internacional. Votou-se, e 19 delegados decidiron proclamar neste mesmo momento a Cuarta Internacional contra o parecer de 3 delegados que votaron en contra. Nacia a IV Internacional. O desenvolvimento desta Internacional vai estar absolutamente mediatizada pola novedosa realidade post-bélica, que Trótski non poderá analisar porque o asasinaran. O Estado soviético, apesares da sua brutal represión interna, da sua cegueira política co proceder da Alemanha názi e de desarmar ao seu próprio exército en vísperas da guerra, terminará reforzado politicamente polo trunfo militar sobre o IIIº Reich e pola creación das “democrácias populares”. Isto posibilitou que a URSS mantivese formalmente a bandeira da Revolución de Outubro, que nutrira economica e politicamente aos PCs e que fose asi para milhóns e milhóns de trabalhadores a “pátria socialista”. A isto engadir, que a reconstrución de Europa traerá toda umha época de desenvolvimento do capitalismo ocidental onde o reformismo xogará un papel político moi importante xa que as plusvalias eran grandes e os empresários podian atender as reivindicacións obreiras. Esta realidade postbélica tan novedosa vai empecer o trabalho político dos trotskistas que sen a dirección do Velho van-se escindir e escindir. 38. Tambores de guerra O 29 de Setembro do 1938 xuntaban-se en Munich os primeiros ministros de Inglaterra, Neville Chamberlain, e Franza, Edouard Daladier, con Adolf Hitler e Benito Mussolini. Os presidentes das democrácias liberais ian ceder en todo ás peticións de Hitler, presentadas por Mussolini: incorporar os Sudetes checoslovacos ao IIIº Reich e atender as reivindicacións polacas e húngaras sobre outros territórios checoslovacos. O Pacto de Munich asinou-se o dia 30, e comunicou-se-lhe aos checolosvacos, aos que se lhes impedira participar na conferenza. A partires daqui o reparto dos demais territórios en poder do Estado checoslovaco será cuestións de dias. Polónia ocupou Teschen, e Hungria a parte meridional de Eslováquia. Ademais, eslovacos e rutenos pediron a 128
independéncia. Por que os governos “democráticos” de Franza e Inglaterra cedian tanto perante Hitler? Franza porque seguia a estela de Inglaterra, xa que era incapaz de enfrentar-se soa á Alemanha názi. Inglaterra queria pactar con Hitler, inda a costa de facer-lhe moitas concesións no leste de Europa, onde non estaba o seu ezpazo vital xa que este residía nas colónias, porque a quen lhe tinha medo era á Unión Soviética. Os governantes británicos tinhan-lhe pavor á revolución mundial. Non podian comprender que a burocrácia soviética só aspiraba a manter o statu quo porque tinha pánico a perder os seus priviléxios. Sobre estes medos asentou-se a expansión primeiriza do IIIº Reich. Que dixo Trótski publicamente sobre o Pacto de Munich? E que decian na intimidade os representantes políticos do capital británico e francés? Trótski escrebe nun artigo do 10 de Outubro: “Inglaterra e Franza arroxaron a Checoslováquia nas fauces de Hitler para dar-lhe algo que dixerir durante un tempo e postergar asi o problema das colónias” (V.117). O mesmo que escrebera o conhecido historiador da burguesia británica Arnold J. Toynbee xa no 1936: “Non cabe dúbida de cun seitor considerábel da opinión pública británica, que incluia a vários partidários do Governo na Cámara dos Comuns, via faborábel aos intereses do Império Británico abandonar Europa oriental á sua sorte, se asi se podia arquivar a cuestión dumha re-distribución do território colonial” (V.12, p.312). Continua Trótski: “O acordo entre as catro poténcias, se algumha vez se concreta, levará a novas crises que non se farán esperar moito no tempo. O imperialismo encaminha-se inebitábel e irresistibelmente a umha nova división do mundo, axeitada ao cámbio de relación de forzas (...). Só un idiota irrecuperábel pode crer que os antagonismos imperialistas mundiais están determinados pola irreconcibiabilidade entre democrácia e fascismo. Defeito, as camarilhas governantes de todos os países consideran a democrácia, a ditadura militar, o fascismo, etcétera, como distintos médios para someter aos seus povos aos obxetivos do imperialismo” (V.117). Escoitemos agora o que lhe dixo, en Maio do 1938, o ministro francés de Asuntos Exteriores, George Bonnet, ao embaixador názi en Paris, conde von Welczeck: “calqueira arranxo”, entre a Alemanha názi e a democrática Franza, é preferíbel á guerra “pois nese caso toda Europa pereceria e tanto os vencedores como os vencidos serian vítimas do comunismo mundial” (V.12, p.300). Trótski, ao criticar o proceder da burocrácia soviética, di e conclue: “No 1933 Stálin tentou, antes que nada, facer-se aliado de Hitler. Pero Hitler rexeitou a sua mao tendida xa que, para se facer amigo de Inglaterra, presentaba-se como o home que salvaria a Alemanha e a Europa do bolchevismo. En consecuéncia, Stálin deu-se á tarefa de demostrar-lhe á Europa capitalista que Hitler non lhe facia falha, que o bolchevismo non entranhaba nengun perigo (...). Con todas estas manobras baratas Stálin non se ganhou a amizade nen a confianza de ninguén. Os imperialistas 129
acostuman a non caracterizar umha sociedade polas declaracións dos seus dirixentes , nen siquer pola sua superestrutura política, senón polas suas bases sociais. Mentras na Unión Soviética se mantenha a propriedade estatal dos meios de produción protexida polo monopólio do comércio exterior, os imperialistas, mesmo os democráticos, continuarán considerando a Stálin con tanta desconfianza e con tan pouco respeto como a Europa monárquico-feudal consideraba ao primeiro Bonaparte (...). O único obstáculo no caminho da guerra é o temor á revolución que sinten as clases propietárias” (V.117). Efeitivamente, este medo está perfeitamente reflexado nun diário de Oliver Harvey, secretário de Anthony Eden, ministro de Asuntos Exteriores británico: “Umha guerra traeria consigo cámbios sociais profundos e desconhecidos -tanto se vencemos como se somos derrotados [o que importa é a propriedade dos meios de produción]e nengumha guerra é solución -vexa-se 1914 [trouxo a Revolución de Outubro]. Polo tanto, ganhemos tempo e evitemos a loita a calqueira prezo agás se se trata dun interés británico vital [as colónias] (...) [As] clases acomodadas do Partido [Conservador] (...) creen cos názis en xeral son máis conservadores que os comunistas e socialistas: calqueira guerra, independente do seu resultado, destruiria ás clases ociosas acomodadas e por iso desexan a paz a calqueira prezo” (V.12, p.303). Apesares dos medos a realidade impon-se: a guerra entre os países capitalistas é imprescindíbel porque só através da forza poden chegar a un novo reparto do espazo vital, das matérias primas e dos mercados. Nun artigo do 4 de Novembro, Trótski explica-o con tanta apriorística lucidez que obriga-nos a citá-lo por extenso: “Chamberlain proclamou que o acordo de Munich inaugurou a paz na nosa época (...). A explicación [deste dicer] está en que os que guian o destino do mundo, especialmente na Europa temen enfrentar-se co futuro (...) Paz na nosa época? [Imposibel. Por que?]. Recapitulemos o abecé. A eséncia do mundo actual está condicionada por dous factores fundamentais. Primeiro, o capitalismo clásico de libre cámbio transformou-se en capitalismo monopolista e hai moito tempo que superou as fronteiras do estado nacional (...). O segundo factor histórico é a desigualdade do desenvolvimento económico, político e militar dos distintos países. Detivo-se o avance dos primeiros países capitalistas como Inglaterra e Franza. Os de desenvolvimento capitalista máis recente, como Alemanha, Estados Unidos e Xapón avanzaron un longo treito. Como consecuéncia desta radical e febrosa alteración da relación de forzas cada vez hai que modificar con máis frecuéncia o mapa do mundo. O acordo de Munich non mudou nada estas condicións básicas (...). Os fundamentos económicos actuais de [Inglaterra e Franza] (...) non se corresponden en absoluto co tamanho e a riqueza dos seus impérios coloniais. Por outra banda, a economia alemana conqueriu restabelecer a sua dinámica, temporalmente paralisada polo Tratado de Versalles, e 130
novamente comeza a romper as suas fronteiras. Non nos referimos especificamente a Itália porque a guerra e a paz non están nas suas maos. Até que Hitler chegou ao poder, Mussolini quedou-se quietinho como un rato. Na loita pola supremacía mundial está destinado a cumplir no sucesivo o rol de satélite. Inglaterra e Franza temen calqueira catástrofe xa que non tenhen nada que ganhar e todo que perder. Por iso o pánico leva-as a facer tantas concesións. Pero as concesións parciais só lhes garanten pequenos respiros sen eliminar nen debilitar a fonte fundamental dos conflitos. Como resultado do acordo de Munich, as bases alemáns na Europa ensancharon-se mentras que as dos seus opositores se estreitaron (...). Poderia-se falar con algumha xustificación da paz da nosa época se as exixéncias de matérias primas e mercados do capitalismo alemán quedaran satisfeitas coa incorporación dos irmaos de sangue de Alemanha ou coa sua influéncia crecente no centro e sul de Europa. Mais de feito, a incorporación da rexión do Sar, Austria e os Sudetes estimula as tendéncias agresivas da economia alemana (...). Non é casual entón que o xeneral von Epp, o futuro ministro das futuras colónias, seguindo as instrucións de Hitler, prantexe, imediatamente despois de aberta a era de paz, a exixéncia de que se lhe devolvan a Alemanha as suas antigas colónias (...). Todo isto soa demasiado infantil, se non a burla. Antes da guerra mundial as colónias de Alemanha eran insignificantes (...). Polo tanto, recuperar as suas velhas posicións ultramarinas non resolverá nengun dos problemas do capitalismo alemán. Os velhos trozos do terreo colonial dos Hohenzollern non lhe serven a Hitler máis que de pontos de apoio para a loita polas verdadeiras colónias, é dicer, pola re-división do mundo. Pero esta require a liquidación dos impérios británico e francés (...). E entón? De nengun xeito se pode dicer que Alemanha presente as suas exixéncias a modo. Inda que Inglaterra e Franza decidiran liquidar-se a prazos, a ofensiva alemana cobraria novas forzas. Inda máis, Os Estados Unidos non poderian permanhecer pasivos perante umha rutura tan evidente do equilíbrio de forzas no mundo. Ao coloso norteamericano non lhe fai nengumha grácia a idea de se atopar enfrentado a umha Alemanha dona das colónias e das principais rutas marítimas. Por iso empregará todo o seu poder para empurrar a Inglaterra e Franza á resisténcia, non á conciliación. Mentras tanto, o Konoye, o príncipe de Tókio, proclamou a necesidade de revisar todos os tratados a prol da xustiza, é dicer, a prol do Xapón. Non será doado que o Océano Pacífico sexa durante os próximos dez anos umha fonte de paz. Nos bons tempos, só Inglaterra pensaba en termos continentais. E pensaba a modo, paseninhamente, cumha perspectiva de séculos. Hoxe todos os Estados imperialistas aprenderon a pensar neses termos. E os prazos xa non son de séculos senón de décadas ou de anos. Este é o verdadeiro carácter da nosa época, que despois da xuntanza de Munich segue sendo a dun desenfreado e violento imperialismo (...). O 131
estado da economia alemana exixe a Hitler pór en xogo o máis cedo posíbel a sua forza militar. Por outra banda, o exército precisa umha postergación; é un exército novo e non todo nel está coordinado e axustado ás proporcións adecuadas. Pero a contradición entre estas duas exixéncias non se pode medir en décadas senón en un ou dous anos, tal vez en meses.(...). Non hai dúbida de que pronto a frase de Chamberlain paz na nosa época adquirirá [umha] amarga conotación irónica. Pola nosa parte analisamos o futuro cos olhos ben abertos. Europa, e con ela toda a humanidade, marcha cara a guerra” (V.117). 39. O Pacto názi-soviético As relacións entre Trótski e Diego Rivera deterioraron-se. A causa haberia que buscá-la no diletantismo político de Rivera e na ortodóxia marxista de Trótski. Diego era un xénio como artista pero sen a disciplina necesária para o trabalho político e Trótski en cuestión de princípios era intransixente. O incidente formal que puxo a relación de ambos os dous no disparadeiro foi umha carta que Diego escrebeu para Bretón na que acusaba a Trótski de dar un golpe de estado na redacción dumha revista mexicana nomeando o secretário. O paradóxico é que á xuntanxa na que se decidira este nomeamento asistira Rivera, e non dixera nada. Ademais, un artigo de Rivera fora presentado como umha carta á redacción e este feito o pintor achacou-lho a Trótski, que non tinha nada que ver. Enterado da carta, Trótski pediu-lhe a Rivera que lhe escrebera outra a Breton aclarando-lhe aqueles dous pontos. Diego negou-se e as relacións fixeron-se tensas. Romperon-se cando Diego se puxo a facer política pola sua própria conta, sen contar coa organización á que formalmente pertecia. Trótski estaba vivindo numha casa de Diego polo que se impunha atopar umha nova morada. En Marzo un dos secretários de Trótski, van Heijenoort, localiza umha casa de baixo aluguer, que non está en moi bon estado pero é espaciosa. Alugan-na e arranxan-na. O 5 de Maio do 1939 Trótski muda-se á nova morada, conhecida como a Casa da Avenida Viena, tamén en Coyoacán. Como habia rumores de que a GPU a pudera comprar através dos seus emisários foi Trótski quen a mercou, despois de pedir dinheiro prestado. Tamén se fixeron algumhas obras para reforzar a seguridade da morada diante dumha potencial agresión stalinista. No mes de Agosto Trótski tivo umha alegria persoal por partida dobre. Os seus amigos Alfred e Marguerite Rosmer vinhan a visitá-lo e traian ao seu neto, Seva. Porén, a dinámica política pre-bélica non daba para moitas alegrias. Desde o pasado mes de Marzo vinha-se especulando na prensa coa posibilidade dun pacto entre Stálin e Hitler. O dia 6 daquel mes Trótski escrebera un artigo onde explicaba o método político no que se tinha que basear un Estado obreiro para pactar cun Estado capitalista: “Un 132
acordo cumha nación imperialista –ao marxe se é fascista ou democráticaé un acordo con escravistas e explotadores (...). É imposíbel dicer categoricamente cos acordos cos imperialistas non se poden permitir en nengun caso; seria o mesmo que dicer que en nengumha circunstáncia un sindicato ten dereito a chegar a un arranxo co patrón (...). Mentras o Estado obreiro permanheza isolado son inevitábeis os acordos episódicos dun ou outro tipo co imperialismo. Pero debemos entender claramente que a cuestión reduce-se a aproveitar os antagonismos entre os dous bandos de poténcias imperialistas, e nada máis. Non cabe discusión algumha sobre a posibilidade de disfrazar tais acordos con consignas que reclamen ideais comuns, como por exemplo a defensa da democrácia, consignas que só signhifican o meirande enganho aos trabalhadores. É esencial que os obreiros dos países capitalistas non se vexan atados na loita de clases contra a sua própria burguesia polos acordos empíricos asinados polo Estado obreiro” (V.117). Deste xeito, Trótski explica que o problema non é que un Estado obreiro se vexa obrigado a pactar tácticamente cun Estado capitalista, o problema reside en que o Estado soviético é “un Estado obreiro dexenerado e putrefacto [polo que] calqueira acordo da camarilha do Krémlin cumha burguesia extranxeira dirixe-se imediatamente contra o proletariado do país co cal se conclue o acordo (...). O rasgo fundamental da política internacional de Stálin nos últimos anos foi este: negócia co movimento obreiro o mesmo que con petróleo, manganeso e outros bens (...). Stálin considera ás seicións da Comintern dos distintos países e a loita de liberación nacional das nacións oprimidas como cámbio miudo nos seus tratos coas poténcias imperialistas (...). O acordo entre Stálin e Hitler non alteraria en nada o rol contra-revolucionário da oligarquia do Krémlin. Só serviria para pór ao descuberto este rol, facé-lo resaltar máis nidiamente e acelerar o colapso das ilusións e falsificacións” (V.117). Nun artigo posterior, do 10 de Marzo, Trótski teima no xeito de proceder da casta soviética: “A camarilha bonapartista quere viver e governar. Calqueira outra cousa é para ela umha cuestión de técnica. En realidade, os métodos políticos de Stálin non se distinguen de nengumha maneira dos de Hitler” (V.117). Está a dicer Trótski que non hai diferenza entre a Alemanha názi e a Rúsia soviética? Non. Trótski aclara a cuestión con meridiana claridade: “Está de moda actualmente nos superficiais círculos radicais meter no mesmo saco aos rexímenes da Alemanha e a URSS. Isto non ten senso. Na Alemanha, apesares de todas as regulacións estatais, existe un réxime de propriedade privada dos meios de produción. Na Unión Soviética a indústria está nacionalizada e a agricultura colectivizada” (V.117) apesares da deformación do Estado soviético. Trótski da asi as claves para se poder situar a prol do Estado soviético e contra a casta burocrática, relación dialéctica que non van 133
entender alguns “trotskistas”, polo que Trótski teimará máis adiante profundizando no argumento. Stálin e Hitler son duas bestas infra-humanas pero os seus Estados non xogan o mesmo papel para a clase trabalhadora, que núltimo extremo é o trascendente para Trótski. Non deixa de relembrar o velho revolucionário o cinismo político de Stálin, que tantas veces denunciara: “Durante os tres últimos anos Stálin chamou axentes de Hitler a todos os companheiros de Lénin. Exterminou á flor e nata do Estado Maior. Fusilou, deu de baixa e deportou a trinta mil oficiais, todos baixo o mesmo cargo de ser axentes de Hitler ou dos seus aliados. Despois de ter desmebrado o partido e decapitado o exército, Stálin agora postula abertamente a sua própria candidatura para o papel de...principal axente de Hitler” (V.117). Efeitivamente, o 23 de Agosto Molotov e Ribbentrop asinaban en Moscovo o Pacto de non agresión názi-soviético, en presenza de Stálin. Este, na recepción que se artelhou pola noite para celebrar o pacto, dixo nun brindis: “Conhezo o carinho que a nación alemana sinte polo seu Führer. Gostaria-me, pois, beber á sua saude” (V.61, p.616). Noutro seu brindis di: “Por Heinrich Himmler, o home que trouxo o orde a Alemanha” (V.68, p.134). Por si isto non fora dabondo tamén lhe dirá nun aparte a Ribbentrop que “o governo soviético toma-se este pacto moi en sério. Podo dar a minha palabra de honor de que a Unión Soviética non enganhará ao seu colega” (V.61, p.616), e non era un dicer táctico senón a ratificación de que se dispunha a cumplir o pactado ao dedilho, como o demostrarán as contínuas remesas de matérias primas que facilitarán o quefacer bélico názi. A parte pública do pacto era de non agresión, os apartados secretos sinalaban un reparto do espazo situado entre as fronteiras dos dous Estados. Para Hitler era un aplazamento, para Stálin un acordo en firme. 40. Comeza a guerra O 1 de Setembro do 1939 as tropas do IIIº Reich invaden Polónia. Era o pistoletazo de saida da Segunda Guerra Mundial. A conquista do espazo vital para o desenvolvimento do capitalismo alemán era o obxeto da agresión bélica názi, a única saida para lidiar cos outros Estados imperialistas. O mantenimento do statu quo era o obxetivo da política da casta burocrática stalinista, umha utopia ridícula numha coxuntura convulsa ao extremo. Os líderes názis acreditaban na sua própria forza para mudar as relacións intra-imperialistas. A casta soviética non podia confiar nos seus obreiros e campesinhos, aos que pisoteaba, polo cal o medo á guerra era o produto do pánico stalinista á revolución. Trótski segue a teimar nas claves do proceder da casta burocrática e das suas implicacións políticas. Asi, xa o 2 de Setembro afirma: “O que determina a política interna do Krémlin é o interese da nova aristocrácia en 134
se manter, o seu ódio ao povo, a sua incapacidade para conducir umha guerra. Calqueira combinación internacional reviste algun valor para a burocrácia soviética en tanto a libera da necesidade de recurrir á forza dos campesinhos e obreiros armados (...). O pacto xermano-soviético é umha alianza militar en todo o senso da palabra, pois serve aos obxetivos da guerra agresora imperialista (...). Na guerra anterior a derrota de Alemanha deu-se fundamentalmente porque non recibia materias primas [da Rúsia Zarista] (...). As ventaxas imediatas que obtén o Krémlin da alianza con Hitler son bastante concretas. A URSS queda fóra da guerra. Hitler elimina do seu programa imediato a sua campanha por umha Grande Ucránia. Xapón queda isolado. Como consecuéncia da postergación do perigo de guerra na fronteira ocidental pode-se tentar, ao mesmo tempo, debilitar a presión da fronteira ocidental, tal vez até chegar a un acordo co Xapón [efeitivamente, o dia 5 de Setembro a URSS e o Xapón asinan un acordo en Moscovo que interrumpe o enfrentamento que sostinhan na fronteira manchu; o 13 de Abril do 1941 a URSS e o Xapón asinan un pacto de non agresión]. Máis ainda, é bastante probábel que, a cámbio de Polónia, Hitler lhe deixe a Moscovo as maos libres respeito aos Estados do Báltico fronteirizos coa URSS [asi foi, isto estaba previsto nos apartados secretos do pacto]. Porén, inda que as ventaxas sexan grandes, son, no milhor dos casos, pasaxeiras; a única garantia é a firma de Ribbentrop nun anaco de papel” (V.117). Garantia que caducou o 22 de Xunho do 1941, cando a Wehrmacht invadiu a Unión Soviética. En base aos acordos secretos do pacto názi-soviético, o 17 de Setembro a URSS cruza a fronteira oriental de Polónia e o 30 de Novembro invade Finlándia. Apesares de que o Exército Vermelho dispón dumha superioridade militar abrumadora non é capaz de dobregar ao exército finlandés até Marzo do 1940. Esta campanha demostra que o exército soviético carece de mandos competentes, non só tardou meses en vencer a un adversário moi inferior senón que ademais as suas baixas foron infinitamente superiores ás do exército finlandés. A bancarrota técnica do Exército Vermelho salta á vista, o que dará un impulso ao plano názi de invadir a Unión Soviética. O 12 de Marzo o governo finlandés asina a rectificación de fronteiras a favor da URSS. A invasión de Finlándia produce estupor en xeral e indignación entre os seitores da esquerda. Nun artigo asinado o 13 de Marzo Trótski enxuiza o proceder soviético: “[Stálin] comezou umha guerra vergonhenta, sen perspectivas claras, sen preparación moral nen material (...). Durante dous meses e médio o Exército Vermelho non conheceu máis que a derrota, o sufrimento e a humilhación. Non se preveu nada, nen sequer o clima (...). O feito de non se obter o brilante trunfo prometido sobre un adversário máis feble constituiu en si mesmo umha derrota (...). Stalin asustou-se perante o prerigo dumha intervención de Inglaterra e Franza (...) e retirou135
se. A tráxica aventura acabou numha paz bastarda (...). Certo é que Rúsia conqueriu algumhas ventaxas estratéxicas, pero a que prezo! Socavou-se o prestíxio do Exército Vermelho, perdeu-se a confianza das masas trabalhadoras e dos povos oprimidos de todo o mundo. En consecuéncia, debilitou-se a situación internacional da URSS en lugar de se fortalecer” (V.117). Coa agresión a Finlándia a URSS correu o perigo de ver-se atacada polos futuros aliados, Inglaterra e Franza. Os Estados Maiores deses países fixeron plans non para conter a Hitler senón para axudar a Finlándia e para apoderar-se dos pozos petrolíferos do Caucaso. O ataque de Hitler na Europa Ocidental, que comezou o 10 de Maio do 1940, e que tinha como obxetivo a conquista de Franza, que capitulou o 22 de Xunho, paralisou este potencial proceder, pero tamén lhe meteu medo a Stálin porque a fulgurante vitória dos exércitos de Hitler no Oeste deixaban á máquina bélica názi en disposición de atacar á URSS. Ao amparo da marcha trunfante da Wehrmacht no Oeste a Unión Soviética vai ocupando Letónia, Lituánia e Estónia, ás que ao pouco tempo convertirá en repúblicas da URSS: o 21de Xulho a Letónia, o 3 de Agosto a Lituánia e o 6 de Agosto a Estónia. Pero estes incrementos territorias non se podian converter en trunfos estratéxicos militares porque o Exército Vermelho estaba acéfalo. Agora co trunfo názi estaba consolidado e que a invasión da URSS é cuestión de pouco tempo é imprescindíbel librarse xa de Trótski. Stálin teme que a guerra traiga a revolución, cuxo porta-estandarte é Trótski. Este xa sinalara perfeitamente o seu proceder político en multiples ocasións, atacar a Stálin e defender a URSS. Proceder que o velho revolucionário voltara a ratificar publicamente nun artigo do 13 de Marzo: “Considero que o principal perigo para a URSS na actual situación internacional o representan Stálin e a oligarquia quel encabeza. A loita aberta contra eles, á vista de toda a opinión pública mundial, é para min inseparábel da defensa da URSS” (V.117). Trótski agora estaba isolado pero a guerra e a revolución poderian acabar con este ilhamento. Habia que matá-lo xa. 41. A natureza do Estado soviético Para un seitor dos seguidores de Trótski o proceder do governo soviético fai da URSS un Estado indefendíbel desde a óptica dos intereses políticos da clase trabalhadora. A sua dexeneración é máxima. Xa non ten nada de progresista, din. Porén, Trótski teimará nos seus escritos, umha e outra volta, no carácter progresivo do Estado soviético, apesares da sua aberrante superestrutura política. A tentación de ver a História en branco e negro e non en todos os cores do arco iris impulsa a máis dun. Este proceder tamén se instalou entre alguns seguidores de Trótski. Asi, o Velho tivo que teimar en que a defensa 136
da URSS non era a defensa da sua casta burocrática. Concretamente, numha parte do estadounidense Socialist Workers Party, a seición máis importante daquelas da IV Internacional, non se entendia o dialéctico proceder de Trótski, defender a URSS e atacar ao seu governo. Por iso o velho revolucionário tivo que reiterar-se nos seus argumentos. O 12 de Setembro do 1939 remitia-lhe umha carta a James Cannon na que lhe comunicaba: “Querido Jim. Estou escrebendo un estudo sobre o carácter social da URSS en relación co problema da guerra” (V.97, p.7). Efeitivamente, na quel primeiro artigo, intutulado “A URSS en guerra” comezaba perguntando “É posíbel, umha vez concluido o acordo xermanosoviético, seguir considerando á URSS como un Estado obreiro? (...). O tratado con Hitler non é senón un dado máis do grao de dexeneración da burocrácia soviética e do seu desprezo pola clase trabalhadora internacional (...) pero non a base para umha revaluación da nosa conceición sociolóxica da URSS (...). Se consideramos á burocrácia soviética como umha “clase”, debemos reconhecer imediatamente que non se asemelha a nengumha das clases baseadas na propriedade que conhecimos no pasado. Frecuentemente chamamos “casta” á burocrácia soviética, tratando deste xeito de simbolizar asi o seu carácter pechado, a sua xestión arbritária e a altanaria do seu estrato dirixente (...). Un orgao social ( e isto son as clases, icluidas as clases dominantes) só se pode comprender como o resultado necesário do desenvolvimento das necesidades de produción (...). A xustificación histórica de cada clase dominante consiste en afirmar que o sistema de explotación que capitanea leva o desenvolvimento das forzas produtivas a un novo nível. Fora de toda dúbida, o réxime soviético deu un grande impulso á economia. Pero a fonte deste impulso foi a nacionalización dos meios de produción e a planificación económica, e non o feito de que a burocrácia usurpara o mando da economia. Polo contrário, o burocratismo como sistema, ten sido o pior inimigo do desenvolvimento técnico e cultural do país (...). Canto máis se desenvolve a económia e experimente demandas máis complexas, mais inaturábel é o obstáculo do réxime burocrático. A aguda e constante contradición entre ambos os dous elementos conduce a constantes convulsións políticas e á eliminación sistemática dos elementos máis creativos en todas as esferas da actividade. Deste xeito, antes de que a burocrácia tenha conquerido producir umha “clase dominante” entra en contradición irresolúbel coas exixéncias do desenvolmimento. A explicación disto debe basear-se precisamente no feito de que a burocrácia non é o portador dun novo sistema económico peculiar e imposíbel sen ela, senón un parásito que medra nun Estado obreiro. A oligarquia soviética posee todos os vícios das antigas clases dominantes, pero carece da sua misión histórica (...). As duas condicións da onipoténcia da burocrácia –o atraso do país e o arredor imperialista- tenhen, porén, un carácter temporal e transitório e deben desaparecer co trunfo da revolución 137
mundial (...). A revolución mundial suprimiria a ameaza exterior, que é outra das causas da burocratización. A eliminación da necesidade de gastar umha parte enorme do produto nacional en armamento elevaria inda máis o nível cultural e de vida das masas” (V.97, pp.9-12). É moi comun en política que perante un fracaso revolucionário, ou mesmo eleitoral, a dirección pequeno-burguesa dumha organización de esquerdas lhe bote a culpa á clase trabalhadora do fracaso, nunca ao seu próprio inepto proceder. Non queren comprender que ineptitude política é non conectar cos básicos desexos emancipadores da clase trabalhadora. Trótski explica: “A crise da sociedade capitalista, que tomou un carácter manifesto en Xulho do 1914, produxo, desde o primeiro dia de guerra, umha profunda crise na dirección do proletariado (...). O proletariado dos países avanzados inda non foi quen de producir umha dirección á altura das circuntáncias históricas do noso tempo. O exemplo de Rúsia revela-nos, sen embargo, que é posíbel (...). Os desilusionados e aterrorizados pseudomarxistas de todo tipo responden (...) que a bancarrota da dirección “reflite” simplesmente a incapacidade do proletariado para cumplir a sua misión histórica (...). Todos eles –ultraesquerdistas, centristas, anarquistas, por non falar dos stalinistas e os socialdemócratas- cargan o peso dos seus próprios erros sobre o lombo do proletariado” (V.97, pp.17-18). A História é a grande mestra. Nen un científico-social tan xenial como Marx pudo pensar que o primeiro intento de conquistar o socialismo se daria nun país cumha base capitalista atrasada. Nen a impresionante profundidade análitica dos dous máis grandes líderes revolucionários da clase trabalhadora, Lénin e Trótski, puderon prever que o primeiro Estado obreiro da História Universal ia ser derrotado pola sua dexeneración e non polas armas bélicas do capitalismo. Trótski, teimoso reflexionador do caminhar histórico, di: “A revolución de Outubro non foi un acidente. Foi un anticipo do futuro (...). Esperábamos o derrube do Estado soviético non a sua dexeneración (...). A dexeneración acabará necesariamente en caida ao chegar a un determinado ponto [lembremos que isto escrebeu-se no 1939!!]. Un réxime totalitário, sexa do tipo stalinista ou fascista, pode ser, esencialmente, un réxime temporal e transitório (...). Un réxime totalitário é capaz de suprimir as contradicións sociais durante certo tempo, pero é incapaz de se auto-perpetuar ” (V.97, p.18). Que “profético” soa este dicer aos cidadáns que sobrevivirón á Segunda Guerra Mundial. Que “proféticos” lhe parecerán ás xeracións do século XXI que se vaian asomando á fenestra da História. Pero estes diceres non tinhan nada de profecias, eran, sinxelamente, produto do xénio dialéctico. Ver a realidade imediata é o milhor anticipo do futuro. Trótski teima: “Que defendemos da URSS? Non precisamente aquelo no que se asemelha aos países capitalistas, senón no que se diferenza (...). Na URSS, a destrución da burocrácia é indispensábel para preservar a propiedade 138
estatal. Só nese senso defendemos á URSS (...). Os trabalhadores soviéticos deben defender a propriedade estatal non só contra o parasitismo da burocrácia, senón tamén de todo tipo de tendéncia cara a propriedade privada (...). A política exterior é a continuación da política interna. Se na política interna consideramos que a defensa das conquistas da Revolución de Outubro implica umha loita a morte contra a burocrácia, debemos facer o mesmo na política exterior (...). Se Hitler ganha a guerra comezará por devolver aos capitalistas alemáns todo o expropiado (...). Hoxe Hitler é amigo e aliado de Stálin, pero encanto conquira umha vitória no Frente Ocidental coa axuda de Stálin, virará as suas armas contra a URSS ” (V.97, pp.20-21). Entón, no caso de guerra entre dous sistemas totalitários como a Alemanha názi e a Rúsia soviética hai que ser impaciais? Non é precisamente a opinión de Trótski. Este di claramente: “Suponhamos que Hitler dirixe as suas armas cara o Leste [que foi exactamente o que aconteceu, como é ben sabido]. Nesas condicións, os partidários da IV Internacional, sen mudar para nada a sua actitude cara a oligarquia do Krémlin, serán os primeiros na fronte porque considerarán que a tarefa máis urxente do momento é a resisténcia perante Hitler (...). Esta clase de “defensa da URSS” é diferente, tan diferente como o ceo da terra, da defensa oficial que se está facendo baixo o slogan: “Pola Pátria! Por Stálin!” A nosa defensa da URSS leva-se a cabo baixo o slogan: “Polo socialismo! Pola Revolución Mundial! Contra Stálin!”” (V.97, p.25). Dado que o obxeto do marxismo é diagnosticar para actuar socialmente, Trótski conclue este artigo dando umha recomendación táctica aos seus camaradas: “Debemos formular os nosos slogans de xeito cos trabalhadores vexan claramente o que estamos defendendo da URSS (propiedade estatal e economia planificada) e contra quen diriximos a nosa loita sen cuartel (a burocrácia parasitária e o Comintern). Non debemos perder de vista nen por un momento o feito que para nós a destrución da burocrácia soviética está subordinada á preservación da propriedade estatal dos meios de produción na URSS” (V.97, p.26). Max Schatman era o camarada máis relevante da minória disidente do SWP. Trótski, afinal dumha breve carta, di-lhe: “Os camaradas están indignados polo pacto Hitler-Stálin. É natural. Queren-se tomar a revancha con Stálin. Moi ben. Pero hoxe inda non estamos preparados para destruir imediatamente ao Krémlin. Alguns camaradas conforman-se cumha satisfacción puramente voluntarista: quitan-lhe á URSS o título de Estado Obreiro, como lhe quita Stálin a un funcionário caido en desgrácia a Orde de Lénin. A min isto parece-me, querido amigo, un pouco infantil. A socioloxia marxista e a histéria son absolutamente irreconciliábeis” (V.97, p.28). Noutra carta, Trótski teima-lhe: “A defensa incondicional da URSS signhifica, simplesmente, que a nosa política non está determinada polas 139
fazanhas, manobras ou crímenes da burocrácia do Krémlin, senón só pola nosa conceición dos intereses do Estado soviético e da Revolución Mundial” (V.97, p.47). Posteriormente, xa nun artigo extenso, adicado ao conxunto da organización, Trótski fai umha síntese pedagóxica: “Que signhifica “estado obreiro dexenerado” no noso programa? (...): 1) os rasgos que no 1920 eran “deformacións burocráticas” do sistema soviético, converteron-se nun réxime burocrático independente que ten devorado os sóviets; 2) a ditadura burocrática, incompatíbel coas tarefas internas e internacionais do socialismo, introduxo, e segue introducindo, profundas deformacións na vida económica do país; 3) porén, o sistema de economia planificada sobre a base da propriedade estatal dos meios de produción, ten-se conservado basicamente, e segue a ser umha conquista colosal da humanidade. A derrota da URSS polo imperialismo signhificaria non só a liquidación da ditadura burocrática senón da economia planificada; o desmembramento do país baixo esferas de influéncia diferente; umha nova estabilización do imperialismo e un novo debilitamento do proletariado mundial”(V. 97, p.146). Enfin, non nos queda outro remédio que voltar a chamar a atención sobre a capacidade “profética” do método dialéctico en maos competentes. Esta cita ten data do 24 de Xaneiro do 1940. A maioria do SWP, liderada por James Cannon, posicionaba-se coas teses de Trótski. O partido estaba preparando o seu congreso e diante del Trótski pon énfase na necesidade da liberdade de discusión e nada de expulsións. Tamén fai outra recomendación máis de dialéctica táctica: “cada delegado eleito pola sua seición debe ter o dereito a sopesar todos os argumentos expostos no congreso e a votar segundo lhe dite o seu xuizo político, e se, despois do congreso, non é capaz de convencer á sua organización do correcto das suas apreciacións, esta debe privá-lo consecuentemente da sua confianza política” (V.97, p.39). Non todos os seus seguidores entenderon esta sinxela análise, entendendo por sinxelo a síntese do complexo e non o simple, vulgar, ramplonismo. No SWP terminou-se por dar umha escisión daqueles que consideraban que a URSS era de todo indefendíbel. Crearon un novo partido que ao pouco tamén se escindiu. Pero non foron os únicos que se desnortaron por culpa da stalinofóbia. Á morte de Trótski, mesmo a sua insepárabel companheira, cuxo apoio emocinal fora tan trascendente para Trótski, a camarada Nataxa, perdeu a orientación política ao negar-lhe á URSS o carácter que tinha de progresista e que tanto defendera o seu home. Na mesma onda se situou un espirito revolucionário como Manuel Fernández Grandizo (Munis), membro que fora dos BolcheviquesLeninistas do Estado espanhol. Máis alá do paraugas político protector de Trótski, Julián Górkin, valeroso militante do POUM na revolución espanhola e estudoso clarificador do entramado que levou ao asasinato de Trótski, terminou facendo o obxeto da sua existéncia loitar contra a 140
superestrutura da URSS sen defender as suas conquistas históricas, o que lhe levou a buscar aliados no Aparato Ideolóxico dos EEUU. Non é doado ser “profeta”. 42. O método marxista Perante o despiste ideolóxico e político que xerou o proceder do governo soviético entre as filas dos próprios seguidores de Trótski, este viu-se na necesidade de defender a utilidade social do materialismo dialéctico. Da sua aplicación á política fixo-o numha série de artigos, alguns dos cais acabamos de citar, que están recolhidos baixo o xenérico título de “En defensa do marxismo”. Da sua aplicación ás ciéncias sociais xa se adicara antes, nun breve texto que leva por título “Que é o marxismo?”. Facer fincapé en que estes diceres foron elaborados ao final da sua vida, nos anos 1939-1940, cando o seu intelecto estaba na cúspide creativa. A necesidade política de relembrar os argumentos que leven a comprender que a dialéctica é o estudo do movimento da natureza, da sociedade e do pensar e, xa que logo, de imprescindíbel domínio para umha correcta prática partidária, fixo que elaborara umha “Carta aberta ao camarada Burham”, datada o 7 de Xaneiro do 1940. Este era membro da minoria do SWP, minoria que terminará escindindo-se por própria vontade. Nela vai reflexionar sobre a dialéctica inda que o camarada citado só queria discutir “cuestións concretas”, como se para facer isto fose dabondo o vulgar empirismo. Di Trótski: “A dialéctica é a lóxica da evolución (...). Conhezo só dous sistemas lóxicos dignos de atención: a lóxica de Aristóteles (lóxica formal) e a lóxica de Hegel (a dialéctica) (...). As formas do pensamento lóxico desenvolven-se no noso proceso de adaptación á natureza (...). Umha doutrina filosófica correcta, isto é, un método de pensamento adecuado, é de impotáncia tan significativa para un partido revolucionário como un bon armacén é importante para a produción (...). O materalismo dialéctico non é, por suposto, umha doutrina eterna e imutábel. Pensar o contrário é, precisamente, traizoar o espírito da dialéctica. O desenvolvimento futuro do pensamento científico creará umha doutrina máis profunda na que o materialismo dialéctico non será máis que un elemento estrutural. Porén, carecemos de base para supor questa revolución filosófica se produza antes que a decadéncia do réxime burgués, sen mencionar o feito de que non nace un Marx todos os dias, nen todas as décadas. A misión, a vida ou morte, do proletariado de hoxe consiste en refacer o mundo de arriba a baixo, non en re-interpretá-lo de novo. Nun futuro próximo, podemos esperar grandes revolucionários de acción, pero non un novo Marx. A humanidade só sentirá a necesidade de revisar a herdanza cultural do pasado cando tenha sentado as bases dumha cultura 141
socialista, e daquelas sobrepasará-a amplamente non só no campo da economia senón tamén no da creación intelectual (...). [Que o manexo da dialéctica é trascendente para o correcto desenvolvimento dun partido revolucionário radica en que] a experiéncia histórica demostrou que a meirande revolución conhecida na história non a dirixiu o partido que comezou ponhendo bombas, senón o partido que empezou co materialismo dialéctico (...). Só é posíbel a discusión frutífera sobre “cuestións concretas” se estabelecemos previamente con toda claridade, as premisas de clase das que partimos (...). Toda discusión séria leva do particular, incluso acidental, ao xeral e fundamental (...). O carácter dialéctico da discusión procede do feito de que o seu curso obxetivo determina-se polo conflito vivo entre tendéncias opostas, e non obedece a nengun plano lóxico pre-determinado. O carácter materialista da discusión debe-se a que reflexa as presións das distintas clases (...). A política do partido ten carácter de clase. É imposíbel chegar a estabelecer umha orientación política correcta sen umha análise de clase do estado, os partidos e as tendéncias ideolóxicas. O partido debe condenar como vulgar e oportunista o intento de estabelecer políticas en relación á URSS de incidente en incidente e independentemente da natureza de clase do Estado Soviético” (V.97, pp.87-110). O trabalho intitulado “Que é o marxismo?” foi a introdución que elaborou para o libro-resume que o economista marxista Otto Rühle fixo de “O Capital” de Marx. Neste texto fai umha síntese tan clara do materialismo dialéctico aplicado ás ciéncias sociais (materialismo histórico) que convirte a exposición numha xoia pedagóxica. Trótski vai explicando a importáncia do método de Marx para comprender a causalidade dos fenómenos sociais: “Mentras as realidades do proceso económico son o trabalho humano, as matérias primas, as ferramentas, as máquinas, a división do trabalho, a necesidade de distribuir os produtos terminados entre os participantes no proceso de trabalho, etc., as categorias como “mercancia”, “dinheiro”, “xornais”, “capital”, “benefício”, “impostos”, etc., son unicamente reflexos semi-místicos nas cabezas dos homes dos diversos aspectos dun proceso económico que non comprenden e que non poden dominar. Para descifrá-los é indispensábel umha análise científica completa (...). Quen non tenha razonado, seguendo os pasos de Marx, a natureza esencial da mercancia como célula básica do organismo capitalista, estará incapacitado para comprender cientificamente as manifestacións máis importantes da nosa época (...). [Marx considera ao home] como un eslabón natural no proceso evolutivo da natureza material; á sociedade como a organización para a produción e distribución; ao capitalismo como umha etapa no desenvolvimento da sociedade humana. A finalidade de Marx non era descubrir as “leis eternas” da economia. Negou a existéncia de semelhantes leis. A história do desenvolvimento da 142
sociedade humana é a história da sucesión de diversos sistemas económicos, cada un dos cais actua dacordo coas suas próprias leis (...). Marx non estuda no “O Capital” a a economia en xeral, senón a economia capitalista, que ten as suas leis específicas próprias (...). Os fenómenos obxetivos do capitalismo foron formulados antes de que a ciéncia comezara a pensar seriamente sobre eles. Mesmo hoxendia a maioria dos homes nada saben acerca das leis que rixen a economia capitalista. Toda a forza do método de Marx reside no seu achegamento aos fenómenos económicos, non desde o ponto subxetivo de certas persoas, senón desde o ponto de vista obxetivo do desenvolvimento da sociedade no seu conxunto (...). Para a ciéncia económica o que ten un signhificado decisivo é o que fan os homes e como o fan, non o que eles pensan con respeto aos seus actos. Na base da sociedade non se atopan a relixión e a moral, senón a natureza e o trabalho. O método de Marx é materialista, pois vai da existéncia á conciéncia e non no orde inverso. O método de Marx é dialéctico, pois observa como evolucionan a natureza e a sociedade e como a mesma evolución é a loita constante das forzas en conflito (...). As leis que rixen as diversas esferas da economia capitalista –xornais, prezos, arrendamento, benefício, interese, creto, bolsa- son numerosas e complexas. Pero núltimo termo todas proceden dumha única lei descuberta por Marx e examinada por el até o final: é a lei do valor do trabalho, que é certamente a que regula basicamente a economia capitalista” (V.112, pp.24-26). Trótski alerta que non todas as clase sociais están interesadas numha comprensión científica do desenvolvimento da sociedade: “A loita dos trabalhadores contra os capitalistas obrigou aos teóricos da burguesia a virar as costas á análise científica do sistema de explotación e a ocupar-se numha descripción valeira dos feitos económicos, o estudo do pasado económico e, o que é imensamente pior, umha falsificación absoluta das cousas tais como son, co propósito de xustificar o réxime capitalista (...). [Por que? porque] a loita de clases non é outra cousa que a loita pola plusvalia. Quen posee a plusvalia é o dono da situación, posee a riqueza, posee o poder do Estado, ten a chave da Igrexa, dos tribunais, das ciéncias e das artes” (V.112, pp.25-26). Vivemos na etapa do imperialismo capitalista e, argumenta Trótski, “A vida do capitalismo monopolista da nosa época é umha cadea de crises. Cada umha das crises é umha catástrofe (...). A loita por conquerir mercados, matérias primas e colónias fan inevitábeis as catástrofes militares (...). A liberdade do comércio internacional é inconcebíbel sen a liberdade de comércio interno, é dicer, sen a competéncia. E a liberdade da competéncia é inconcebíbel baixo o domínio do monopólio (...). A liberdade de comércio, como a liberdade da competéncia (...) pertecen ao pasado irrevocábel. Traer de volta ao pasado é agora a única prescripción dos reformadores democráticos do capitalismo” (V.112, pp.31-34). 143
O socialismo seria o xeito de racionalizar a vida económica e social: “Se o próprio equipo de trabalho fose re-equipado en base a un plano socialista unificado, os cálculos sobre a produción poderian ser superados considerabelmente e poderia-se asegurar a todo o povo un nível alto e cómodo en base a umha xornada de trabalho extremadamente corta (...). O que é indispensábel e urxente é separar os meios de produción dos seus actuais proprietários parásitos e orgaizar a sociedade dacordo a un plano racional (...). Todos os que sexan capaces de trabalhar deben atopar emprego. A xornada de trabalho debe disminuir gradualmente (...). As palabras “pobreza”, “crises”, “explotación” deben ser estirpadas da circulación. A humanidade poderá cruzar finalmente o umbral da verdadeira humanidade (...). A abolición da propriedade privada dos meios de produción é o primeiro pre-requisito para a economia planificada, é dicer, para a introdución da razón na esfera das relacións humanas, primeiro numha escala nacional e, finalmente, a escala mundial (...). Co exemplo e a xuda das nacións adiantadas, as nacións atrasadas serán tamén empurradas pola corrente do socialismo (...). As contradicións que despedazan a Europa e ao mundo enteiro atoparán a sua solución natural e pacífica dentro do marco dos Estados Unidos Socialistas de Europa, asi como doutras partes do mundo. A humanidade liberada acadará a sua cima máis alta” (V.112, pp.33-39). Aqui está reflexado o cerne do programa socialista, o obxeto da loita política polo socialismo, derrubar para sempre as bases da explotación e da alienación, o leit motiv do quefacer do próprio Trótski. 43. Umha biografia inconclusa Trótski puxera-se a escreber a biografia de Iosiv Visarionóvicht Djugachvili, ben conhecido polo alcume de Stálin. Inda inconclusa, podese asegurar que non era umha biografia ao uso. Trótski fai, realmente, un repaso da história do proceso revolucionario, desde a sua xestación até a sua deformación. Nel é onde busca as claves que expliquen a importáncia de Stálin, que non se pode entender doutro xeito. É imposíbel maxinar que o home menos dotado de capacidade oratória e de análise do PB poda conquistar o poder se non é por causas históricas que favorezan un proceder político tan ruin. Trótski explica o obxeto do seu exercício analisador á perfeizón na, tamén inconclusa, introdución: “A finalidade desta biografia política é mostrar como se formou umha persoalidade deste xénero e como subiu ao Poder usurpando o dereito a un papel tan excepcional” (V.115, p.5). Pero el xa na introdución vai dando algumhas claves que xa as sabe, que xa as intue, inda que quere-as precisar na análise do proceso histórico: “Stálin tomou posesión do Poder, non servindose das suas cualidades persoais [positivas] senón coa axuda dumha máquina 144
impersoal. Non foi el quen creou a máquina, senón a máquina quen o creou (...). Stálin non creou a máquina, senón que tomou posesión dela. Para isto necesitaban-se cualidades [negativas] especiais e de excepción” (V.115, pp.11-12). Efeitivamente, claro que Stálin tinha umhas cualidades negativas excepcionais, tanto que lhe posibilitaron representar e controlar ao maior Estado Totalitário da História. Stálin, foi, como todos somos, un produto da Natureza e da História. O proceso histórico que trouxo o trunfo da contra-revolución explica que destacase nel a sua natureza ruin, mezquina, en doses maiusculas, excepcionais. Asi, o seu fortísimo carácter, envexoso e cínico, permitiu-lhe cumplir o papel histórico que precisaba a ruin e cínica burocrácia. Stalin liderou-na porque a sua persoalidade era a que tinha os caracteres negativos máis desenvolvidos para poder facé-lo. Asi como numha época revolucionário un tipo ruin non pode representar os anseios liberadores da clase trabalhadora, nun proceso contrarevolucionário o revolucionário integral parece un aventureiro. Ler a biografia de Trótski sobre Stálin é voltar a repasar o proceso histórico que lhe tocou viver xuntos aos dous antagonistas, proceso que ao ser analisado por Trótski ratifica-lhe o que persoalmente sinte como certo. 44. Testamento político Sabedor de que lhe quedaba pouco tempo de vida e de que era moi posíbel que Stálin se adiantara á factura da natureza, Trótski redactou o seu testamento político en Febreiro do 1940. Nel está reflexado o amor e o reconhecimento ao papel da sua companheira na sua vida persoal. Nataxa non foi por casualidade a companheira de Trótski. Hai que ter doses maísculas de amor á loita por un mundo milhor para manter as forzas incolumes perante o vendaval reaccionário e axudar ao velho León a combaté-lo. Por iso Trótski di: “Ademais da felicidade de ser un loitador pola causa do socialismo, o destino deu-me a felicidade de ser o seu marido” (V.24, p.430). A sua vida política estivo ateigada de tantos avatares que reflecten o complexo caminhar da sociedade. El estivo sempre no timón, polo que non ten nada do que arrepender-se e si un proceder que legar: “Durante corenta e tres anos da minha vida consciente fun un revolucionário, e durante corenta e dous anos loitei baixo a bandeira do marxismo. Se tivera que comezar de novo, trataria de evitar tal ou cal erro, pero o curso xeral da minha vida permanheceria inalterábel. Morrerei sendo un revolucionário proletario, un marxista, un materialista dialéctico e, por conseguinte, un ateo irreconciliábel. A minha fe no futuro comunista da humanidade non é menos afervoada, senón máis firme hoxe, do que o era nos dias da minha mocidade (...). A vida é fermosa. Que as futuras xeracións a limpen de todo
145
mal, opresión e violéncia, e que a disfruten a plenitude” (V.24, p.430-431). 46. O asasinato de Trótski O asasinato de Trótski xestou-se directamente no Krémlin. Afinais de Marzo do 1939 Lavrenti Béria, que desde o 8 de Decembro do 1938 está ao frente do Comisariado do Interior (NKVD), leva á presenza de Stálin a un xoven axente da NKVD, Pavel Sudoplátov. Béria propon-lhe a Stálin que Sudoplátov se ocupe de eliminar a Trótski. Stálin asinte e di: “Aparte da persoa de Trótski, non hai outra figura importante no movimento trotskista. Umha vez eliminado Trótski o perigo desaparecerá (...). Hai que acabar con Trótski este ano, antes do comezo da guerra, que é inevitábel. Se non , cando estrale a guerra non poderemos fiar-nos dos nosos aliados do movimento comunista internacional” (V.61, p.594). A operación de asasinar a Trótski recibe o nome en clave de “Canard” (Peza a Derrubar). Sudoplátov pide 300 mil dólares para financia-la, Stálin concede-lhos. Xunto con Sudoplátov coordinará a Operación Canard o tamén axente da NKVD Naum Eitingon, chamado Leonid. Deste xeito, Sudoplátov e Eitingon serán os organizadores na cúspide do asasinato de Trótski. Seguiran-nos na xerarquia deste trabalho Grígori Rabinóvitch (o “xudeu francés”) e Vittorio Vidali ( o Carlos Contreras da guerra civil espanhola ou o Eneas Sormenti, sicário e organizador de sicários). Para elo contarán cos servizos do PC dos EUU e do PCM, asi como de axentes chegados a México ao amparo da acolhida que o governo mexicano lhe otorga aos refuxiados da guerra civil espanhola. O primeiro intento de liquidar fisicamente a Trótski vai-se-lhe encargar ao pintor mexicano David Alfaro Siqueiros, membro do PCM e que participara na guerra civil espanhola mandando a Brigada 82, onde se lhe conhecia polo alcume de O Coronelazo. O atentado veu precedido dumha campanha de prensa brutal nos voceiros controlados polos stalinistas tais como o periódico “El Popular” e a revista “Futuro”. O 19 de Maio do 1940 o próprio órgano do PCM, “La Voz de México”, pide a expulsión de Trótski do país “pola sua actividade anti-proletária e antimexicana” ( V.6, p.898). Diante deste ataque de prensa Trótski afirmará con pleno convencimento que “A xente escrebe asi só cando está disposta a trocar a pluma pola ametralhadora” (V.24, p. 437). Ás catro da madrugada do 24 de Maio un comando dumhas vinte persoas, disfrazadas de policias uns e do soldados outros, liderado por Siqueiros, vai-se introducir na Casa da Avenida Viena de Coyoacán despois de maniatar aos polícias que gardan a entrada e de que un membro de garda persoal de Trótski, Bob Sheldon Harte, lhes abra a porta. Penetran no recinto e dirixen-se aos aposentos de Trótski e Nataxa. Fan máis de cen
146
tiros aperares do cal Trótski e Nataxa saen ilesos polo básico método de se tumbar no chao. Só o neto de Trótski, Seva, resultou lixeiramente ferido. Que un atentado tan ben preparado non tivera éxito fixo sospeitar ao próprio xefe da policia secreta mexicana, o coronel Sánchez Salazar, de que aquel acto fora un auto-atentado, tanto foi asi que mesmo detivo a colaboradores de Trótski. A prensa a prol do stalinismo tamén escrebe nesa dirección. O PCM emite un comunicado onde afirma que o atentado en realidade é umha provocación do próprio Trótski. Porén, o áxil trabalho da polícia mexicana vai levar á detención de vários asaltantes e do mesmo Siqueiros, que fora-se a refuxiar no campo. O clamoroso fracaso leva a Sudoplátov á presenza de Stálin. Este teima en que hai que atentar outra volta contra Trótski, polo que se aproba un plano de reposto. Esta teimosia en matar a un velho que está noutro continente, a miles de quilómetros da URSS, é produto da certeza de Stálin do papel que Trótski como revolucionário xogaria na revolución que pode traer a guerra. Non era o único que facia esta valoración. O 25 de Agosto do 1939 o embaixador francés Coulondre xa lhe dixera a Hitler: “Temome que ao final da guerra non haxa máis cun vencedor: o senhor Trótski” (V.61, p.632). Asi, non é ilóxico pensar que se Stálin tinha medo en Marzo do 1939 do papel que Trótski xogaria numha revolución que trouxera a guerra, este medo acrecentaria-se o 22 de Xunho do 1940 coa claudicación de Franza perante o IIIº Reich, o que posibilitaba o ataque názi á URSS. Este temor a bon seguro que incrementou as presións para que se acabase xa dumha vez con Trótski. Cal era o plano de reposto? Ramón Mercader del Río. Este nacera en Barcelona o 7 de Febreiro do 1913. Era filho de Pablo Mercader e Caridad del Río. A sua nai, conhecida como Caridad Mercader, era militante do PSUC e axente da NKVD. O próprio Eitingon era o seu amante. Ramón seguiu os pasos da sua nai. Como axente da NKVD vai conhecer en Paris, por intermédio da stalinista Ruby Weil, a Sylvia Ageloff. Ramón, bon mozo, conquista axinha o corazón da non moi agraciada Sylvia. Esta era umha decidida militante trotskista que tinha acceso ao próprio Trótski, motivo polo cal se lhe ordenara a Ramón achegar-se a ela. Fixo-o baixo a falsa identidade belga de Jacson Mornard. Sylvia partiu para New York na companha da axente stalinista Ruby Weil, e até ali a seguiu Jacson ao cabo duns meses. Explica-lhe á moza que tuvo que fuxir de Europa para non combater e que por iso traia un pasaporte falso a nome de Frank Jacson. Ao pouco o axente Ramón di-lhe á namorada Sylvia que lhe saiu un trabalho en México e propón-lhe que ela vaia viver con el, o que ela aceita gostosa. A introdución de Ramón no círculo da Casa da Avenida Viena fai-se moi a modo. El limita-se a acompanhar a Sylvia e espera-a fóra da casa, co coche. O cauteloso axente vai-se dando a conhecer. Entra na casa por vez primeira no mes de Marzo, acompanha a Sylvia que se ven a despedir de 147
Trótski xa que parte para New York. Pero tras o fracasado atentado de Siqueiros hai presa na NKVD. O 28 de Maio do 1940 Ramón franquea umha vez máis a porta da casa de Trótski, convertida despois do atentado numha pequena fortaleza. A excusa non podia ser máis natural, o matrimónio Rosmer, amigos intimos de Trótski, finalizan a sua visita ao velho revolucionário e parten para Franza. Van colher o barco en Veracruz e Ramón oferece-se a levá-los. Entra para recolhé-los. Casualmente conhece a Trótski. En Xunho Ramón parte para Nova Iorque. Ali Eitingon e Rabinóvitch darian-lhe a orde de matar a Trótski. Volta facendo-se pasar por un neófito trotskista, a excusa perfeita para presentar-lhe a próprio Trótski o borrador dun artigo político. Trótski para olhá-lo pasa-o ao seu despacho. Sen sabé-lo propiciaba-lhe ao axente stalinista ensaiar o seu acto terrorista. A tarde do martes 20 de Agosto Ramón Mercader presenta-se na Casa da Avenida Viena. Trae-lhe a Trótski o artigo correxido. Trótski pasao ao seu estudo. Inclina-se para le-lo o que aproveita Ramón Mercader para sacar do seu abrigo un piolet co que lhe espeta un golpe brutal a Trótski na fronte. Este en vez de caer derrubado en siléncio polo impacto, o que lhe teria permitido a Mercader sair tranquilamente e fuxir, da un berro tremendo que alerta aos seus gardas que entran, apresan e golpean ao terrorista. Trótski sangra a mares pola mortal ferida. Nataxa acouga-o no chao. Trótski di-lhe: “Amo-te, Nataxa”. Ela pon umha almoada debaixo da cabeza e aplica-lhe xelo na ferida. Ao pouco chega a ambuláncia. Trasladan-no ao hospital. Nataxa desviste-o para a operación e despide-o cun bico quel sinte porque o contesta. Entra en coma. Os ciruxanos operanno. Trótski inda aturou horas con vida. Porén, ás 19.25 horas do 21 de Agosto do 1940 morria. O velho León deixara de ruxir.
148
Apéndices I) Congresos do Partido Bolchevique A) Partido Obreiro Socialdemócrata de Rúsia, POSDR 1º Congreso (1898): nove socialdemócratas que representaban a organizacións locais de San Petersburgo, Moscovo, Kiev, Ekaterinoslav e aos trabalhadores xudeos do Bund xuntaron-se en Minsk (Bielorrúsia), no piso do ferroviário Rumiántsev, do 1 ao 3 de Marzo para fundar o “Partido Obreiro Socialdemócrata de Rúsia” (explicitando que non se referian á Rúsia étnica e sí ao território da Rúsia zarista). Aprobou-se un “Manifesto” do partido cuxo autor foi o intelectual Peter Struve, un “marxista legal”. Nel decia-se que “canto máis cara o Leste se caminha na Europa, máis feble, ruin e cobarde é politicamente a burguesia e maiores as tarefas culturais e políticas que debe asumir o proletariado. A clase obreira rusa deberá levar sobre o seu forte lombo a carga de conquistar a liberdade política”. Ao pouco os congresistas eran detidos. Nengun dos fundadores desempenhou un papel dirixente nas revolucións rusas mais o exemplo tivo continuadores. 2º Congreso (1903): celebrou-se de xeito intermitente, por mor da policia, desde o 17 de Xulho ao 10 de Agosto, primeiro en Bruselas e despois en Londres. Este congreso foi posíbel polo trabalho preparatório do grupo Iskra. Estivo presidido por Plejánov, o primeiro introdutor e defensor do marxismo na Rúsia zarista. Asistiron en total 57 delegados, que representaban a centos de trabalhadores. 43 deles dispunhan de 51 votos e os outros 14 delegados tinhan voz pero non voto. Este foi o verdadeiro congreso fundacional. Xa representaba a umha masa proletária, sumaba aos velhos do grupo Emancipación do Trabalho aos novos militantes que se estaban fogueando na convulsa realidade rusa e moitos dos seus delegados participarán nas revolucións de 1905 e 1917. Aprobou-se por amplisima maioria o programa, só tivo un voto en contra. Pedian-se reformas democráticas tais como sufráxio universal, liberdade de asociación e prensa, xornada do oito horas, prohibición do trabalho infantil, seguros de vexez e invalidadez, proibición das multas aos obreiros nas fábricas e algumhas reivindicacións para os campesinhos. Non se facia alusión á 149
conquista do socialismo por razóns tácticas. O debate sobre o artigo primeiro dos Estatutos enfrentou a Lénin e Mártov. O primeiro queria militantes e ao segundo abondaba-lhe con afiliados. Lénin perdeu a votación, 28 votos en contra. Mais os delegados do Bund retiraron-se do congreso porque a maioria del non lhe reconhecia ao Bund o dereito exclusivo para representar ao proletariado de orixe xudeu. Como os delegados do Bund votaran en contra da redacción de Lénin este atopou-se coa maioria. Lénin propuxo reducir a tres os membros da redacción de Iskra ( Mártov, Plejánov e Lénin), retirando dela a velhas glórias. A proposta tivo 25 votos a favor, 2 en contra e 17 abstencións. Porén, Martov rexeitou participar na redacción de Iskra. Inda máis, a minoria (mencheviques) retirou-se do congreso. A maioria (bolcheviques) elexiu o Comité Central, pero a posterior defección de Plejánov e a saida de Lénin da redacción da Iskra terminou deixando ao CC e a Iskra baixo a batuta dos mencheviques. O POSDR estaba temporalmente escindido. Daquelas isto non se via como definitivo. Trótski, que participou neste congreso, estará durante anos a favor da unificación. De feito, os congresos de 1906 e 1907 foron unitários. 3º Congreso (1905): fixo-se en Londres desde o 12 até o 27 de Abril. Asistiron 38 delegados, 14 deles con voz pero sen voto. Este foi un congreso exclusivamente dos bolcheviques, en rigor, o primeiro congreso bolchevique. Os mencheviques organizaron umha conferenza en Xenebra. Este congreso deu-se ao calor da revolución, por isto a cuestión da insurreizón tivo moita importáncia. Esta tinhase que facer co apoio das masas e organizadamente xa que nada tinha que ver co golpe de mao, putsch, dado por uns poucos iluminados como no século XIX facian os blanquistas e os seus seguidores no XX. Tamén se lhe adicou atención á cuestión agrária, cuestión esta de vital importáncia porque a imensa maioria da povoazón era campesinha e os eseristas seus representantes políticos. Produxo-se un choque de Lénin cos “homes do comité” (komitechiki), que facendo umha laboura organizativa clandestina imprescindíbel para a organización estaban acostumados ao ordeo e mando e non lhe daban entrada aos obreiros nos comités do partido. O congreso elexiu un novo comité central e decidiu sacar un novo periodico semanal, “Proletari”. 4º Congreso (1906) : este congreso foi convocado por un comité central unificado, composto de bolcheviques e mencheviques. Foi pois, o congreso da unidade das duas ponlas da socialdemocrácia rusa. Celebrou-se en Estocolmo durante o mes de Abril. Decidiu-se a participación na primeira Duma. Lénin, nun informe sobre o
150
congreso que escrebeu para os obreiros de San Petersburgo, recomendaba este proceder moi afervoadamente: ”Durante as eleicións á Duma é obrigatória a unidade completa de acción. O congreso decidiu a participación en todos aqueles sítios nos que haxa eleicións. Durante estas, nengumha crítica da participación nas eleicións. A acción do proletariado debe ser umha”. 5º Congreso (1907): celebrou-se en Londres do 30 de Abril ao 19 de Maio. Tamén foi un congreso unitário, o derradeiro. Asistiron a el os grandes cadros da socialdemocrácria da Rúsia zarista, entre eles: Plejánov, Mártov, Axelrod, Dan (mencheviques). Lénin, Zinóviev, Kámenev, Tómski (bolcheviques). Trótski, que non pertecia a nengumha das duas fraccións. Rosa Luxemburg, o cadro máis importante da socialdemocrácia polaca. O escritor Máximo Górki e, tamén, un xeorxiano desconhecido que respostaba ao sobrenome de Ivanov e que pasará á História como Stálin. Asistiron 336 delegados que representaban a uns 77 mil militantes. O congreso debatiu sobre a Duma, os sindicatos, a loita guerrilhera, o quefacer no exército, a crise económica e a organización, entre outros pontos. Un ponto de moitisima importáncia foi a actitude perante os partidos burgueses. Aqui estaba o cerne do proceder que se ia levar na revolución do 1917 (que os congresistas non podian saber cando se ia dar): a revolución lideraria a burguesia ou o proletariado? Para os mencheviques a clase trabalhadora seria a ponla esquerda da revolución liderada pola burguesia. Para Lénin serian os obreiros a clase rectora se sabian atraer a grande parte do campesinhado. Para Trótski tamén o seria a clase trabalhadora que, ademais, umha vez conquistado o poder non se poderia deter na fase democráticoburguesa e pasaria á loita polo socialismo. As diverxéncias teóricas levaron a que na prática mencheviques e bolcheviques caminharan por separado inda queste congreso unitário non podia, pola sua própria composición, dilucidar a cuestión dumha vez por todas. Isto corresponderia-lhe á própria Revolución, o irrefutábel xuiz. 6º Congreso (1917): inaugurou-se o 26 de Xulho. Habia anos xa que as duas ponlas da socialdemocrácia rusa, bolcheviques e mencheviques, ian por separado. Separación que o próprio proceso revolucionário estaba afondando xa que os mencheviques, en coeréncia coa sua visión de que aquela era umha revolución burguesa, negaban-se a dar-lhe o poder aos sóviets, onde eran maioria, e apoiban ao Governo Provisório. Mais a ponla bolchevique vira-se incrementada polo grupo dos “meiraiontsi”, con cadros políticos tais como Trótski, Lunatchárski e Ioffe e por isto a xuntanza denominou-se “Congreso da Unificación”. Foi presidido por
151
Mijáilovich Sverdlov. Como a raíz das Xornadas de Xulho Lénin e Zinóviev tiveran que fuxir a Finlándia e Trótski, Kámenev e outros líderes bolcheviques estaban presos, o congreso non tomou verdadeiramente nengumha decisión. Stálin, que se encargou da ponéncia política, simplesmente cubriu o expediente e non se entrou a debater a proposta de Lénin que consistia en retirar a velha consigna de “todo o poder aos sóviets”, visto que ese sóviet de maioria menchevique e eserista se apoiaba no Governo Provisório e no Exército para represaliar aos trabalhadores e soldados petrogradenses e perseguer aos bolcheviques, pola nova consigna de “todo o poder aos comités de fábrica”. Se a coxuntura era confusa para o próprio Lénin, que pensaba que os sóviets estaban perdidos para a revolución, canto máis para un congreso sen dirección política. Asi, este congreso, celebrado en pleno proceso revolucionário, non tomou nengumha decisión política trascendente. Os 134 delegados que votan ao novo Comité Central dan-lhe 133 votos a Lénin, 132 a Zinóviev, 131 a Trótski e a Kámenev. Stálin sae eleito en sétimo lugar por número de votos. Dos 21 integrantes do CC Lénin é o máis velho con 47 anos, 11 membros están entre o abano dos 30-40, tres tenhen menos de 30 e o máis xovén é Iván Smilgá con 25 anos. Apartires dagora este partido será conhecido popularmente como “o partido de Lénin e Trotski”.
B) Partido Comunista (bolchevique) de Rúsia, PC (b) R 7º Congreso (1918): xuntou-se en Petrogrado do 6 ao
8 de Marzo. Asistiron 104 delegados. Lénin presentou o informe político, quel mesmo denominou “un bosquexo da nosa revolución no seu conxunto”, o informe do CC, a discusión do programa, e as resolucións sobre a Paz de Brest-Litovsk e o cámbio do nome do partido. Asi o congreso ratificou o Tratado de Brest, que estivera a piques de producir umha escisión no partido, considerado durisimo, moi humilhante pero necesário. En coeráncia co que propuxera nas suas Teses de Abril, Lénin defendeu a necesidade política de que se cambia-se o nome ao partido. O congreso votou a favor e apartires daqui a organización denominaria-se “Partido Comunista de Rúsia e, entre parentese, bolchevique”. 8º Congreso (1919): celebrou-se en Moscovo do 18 ao 23 de Marzo. Lénin abriu a xuntanza afirmando que “as primeiras palabras deben ser adicadas ao camarada Iákov Mijáilovich Sverdlov” e propondo “que honremos a sua memória postos en pé”. Non era umha homaxe nada baladi, formal. Sverdlov, que acababa de morrer por umha epidémia de febre, era o grande organizador do partido, 152
“poseedor dumha memória extraordinária, inverosimil”. Tanto era asi que Lénin voltará lembrá-lo inda un ano despois, no noveno congreso, decindo: “O noso partido acaba de viver o primeiro ano sen Sverdlov (...) Ninguén como o camarada Sverdlov sabia coordinar o trabalho político co de organización, e nós tivemos que facer o intento de reemplazar o seu trabalho persoal polo dun organismo colectivo”. Non hai que ser adivino para decatar-se do moito que Lénin o botaba de menos. A sua morte vai ser umha casualidade causal para Stálin, inda que isto non o sabia nen el. Esta defunción fará que no Pleno do CC se cree o Buró Político (Politburó), ao que pertecerán Lénin, Trótski, Kámenev, Stálin e Krestínski, máis o Buró de Organización e o Secretariado, que estaria encargado de coordinar o trabalho político co organizativo. Krestínski asumirá o papel de coordinador, polo que será membro dos tres organismos. Esta función asumirá-a Stálin no ano 1922. A cuestión dos especialistas militares no Exército Vermelho soliviantaba os ánimos de moitos, tanto é asi que mesmo alguns congresistas chegaron ás maos. Lénin posicionou-se a favor deles, que era ratificar a política de Trótski, que estaba no frente, e o congreso ratificou-nos. Sobre a cuestión nacional, Lénin foi tan explícito como sempre, afirmou que “todas as nacións tenhen dereito á autodeterminación” e que queré-la “sustituir pola autodeterminación dos trabalhadores é totalmente erróneo, porque semelhante maneira de plantexar as cousas non ten enconta as dificuldades, a via tortuosa que segue a diferenzación no seo das nazóns”. Lénin fixo moitisimo fincapé na cuestión agrária. Teimou na relación que o partido tinha que levar co campesinho médio co que habia que “chegar a estabelecer umha alianza sólida” que a política do partido tinha que ser “incorporá-los dumha maneira paulatina e metódica ao labor da construción socialista. O partido prantexa-se a tarefa de apartá-los dos Kulaks, de atraé-los á beira da clase obreira, através dumha solícita preocupación polas suas necesidades (...) e nunca con medidas represivas”. Ratificou-se a creación da Internacional Comunista, cuxo informe presentou Zinóviev, seu presidente, non sen que antes Lénin chamara a atención sobre a sua “grandisima importáncia”. A “revolución proletária na Hungria” foi un estimulante para o congreso, mais Lénin advertia que “as dificuldades da revolución húngara son imensas, camaradas. Este país, pequeno en comparación con Rúsia, pode ser estrangulado polos imperialistas con moita maior facilidade”. Porén, clausurou o congreso comunista cun dicer optimista e internacionalista: ”por grandes que sexan as calamidades que poda causar-nos inda a fiera agonizante do imperialismo 153
internacional, esa fiera morrerá e o socialismo vencerá no mundo enteiro”. 9º Congreso (1920): foi outravolta Moscovo quen acolheu a xuntanza congresual, que se desenvolveu desde o 29 de Marzo ao 5 de Abril. No discurso de apertua de Lénin xa se sinala o cerne do que van a debater os congresistas: a edificación económica. Esta tarefa é mil veces máis complexa que a guerra. Da-se umha discusión sobre a pertinéncia da dirección colectiva ou da dirección unipersoal das indústrias. Lénin fai fincapé que nesta coxuntura impón-se a persoal. Lembra que iso xa fora aprobado polo Comité Executivo Central dos Sóviets de Toda Rúsia en 1918 e cita pasaxes dun seu folheto para relembrar a argumentación daquelas: “ Temos que aprender a conxugar a democrácia das discusións públicas das masas trabalhadoras, que flue briosa co impetu das augas primaverais desbordadas, coa disciplina férrea durante o trabalho, coa subordinación incondicional á vontade dumha soa persoa, do dirixente soviético, nas horas de trabalho”. Esta linha de conduta é a que aproba o congreso. Crean-se 8 exércitos de trabalho, un deles refará kilómetros e kilómetros de via ferrea. Porén, o “comunismo de guerra” umha vez que acabou a guerra civil non é de recibo para o campesinhado. O próximo congreso terá-lhe que facer frente a esta realidade. Lénin mostra-se preocupado pola saude política do partido, no que entraran miles de militantes através da Semana do Partido, que se artelhara por un mandato do congreso anterior. Por iso di que neste ponto a “nosa tarefa durante o ano próximo, despois dos brilantes éxitos na guerra, consiste non tanto en ampliar o partido senón na laboura interna, no senso de desenvolver a sua composición (...).Hai que conseguer que esta vangarda proletária, este exército de 600.000 membros, estexa á altura das tarefas que recaen sobre ela”. 10º Congreso (1921): celebrou-se en Moscovo, do 8 ao 16 de Marzo. Lénin no seu informe ao congreso vai facer fincapé en que a guerra civil obrigara a adicar todo o esforzo da arruinada economia a vencer aos brancos e aos seus aliados. Isto trouxera enormes distorsións que agora habia que correxer. A insurreizón de Kronstadt, “contra-revolución pequena burguesa que presenta a consigna da liberdade de comércio”, era un produto da catastrófica situación económica que o poder soviético non pudera enfrentar por culpa da guerra. Lénin vai propor tres medidas concretas para enfrentar a imediata realidade: sustituir o “sistema de requisa” polo “imposto en espécie” para posibilitar o incremento da arruinada pequena propriedade campesinha, otorgar-lhe “concesións” a grandes empresas capitalistas para que exploten as matérias primas soviéticas
154
co obxeto de ter capital para poder comprar bens de equipa para industrializar o país e, por ultimo, exixe a rotunda “unidade” do partido para efectuar todo este trabalho. A sustitución da requisa polo imposto en espécie, tema ao que pola sua importáncia Lénin lhe adica umha intervención monográfica, é imprescindíbel porque na Rúsia soviética a imensa maioria da povoazón está composta de campesinhos médios. Era o final do “comunismo de guerra” e o comezo da NEP. As “concesións” non van ter aplicación porque o grande capital internacional non aceitou a xogada soviética. A chamada á unidade vai precedida dun ataque político á denominada “oposición obreira” á que Lénin califica de pequeno-burguesa. Afirma que existe ligazón ideolóxica entre a “oposición obreira” e a contra-revolución pequeno-burguesa, mais teima en integrar no trabalho político do partido aos elementos “sanos” de dita oposición. O congreso proibirá as fraccións. 11º Congreso (1922): xuntou-se en Moscovo desde o 27 de Marzo ao 2 de Abril. Foi o derradeiro congreso do PB ao que asistiu Lénin. Era o primeiro ano da NEP e Lénin no seu informe político vai teimar na incapacidade da maioria dos membros do partido como xestores. Asi afirma: “No transcurso deste ano temos demostrado con enteira claridade que non sabemos administrar. Esta é a lizón principal. Ou o ano próximo demostramos o contrário, ou o Poder soviético non poderá existir”. Chama a aprender o “abc” da xestión. É umha critica feroz ao burocratismo e umha chamada a pór a administrar aos que saben, baixo a dirección política do partido. Esta análise descarnada debeu levar o pánico aos cadros da burocrácia. Era o primeiro ano de paz e Lénin sacudia-os. Tremaron, numha realidade económica completamente arruinada a perda do trabalho na administración supunha a perda dos priviléxios que ian relacionados co cargo. Numha sesión discutiu-se a “Declaración dos 22”, carta asinada por vintedous militantes da antiga “Oposición Obreira” que enviaran ao Comité Executivo da IC o 26 de Febreiro. Nela denuncian atentados á democrácia no seo do PB. Dos delegados, 227 votaron en contra das alegacións dos oposicionistas e 215 votarón a favor dumha moción que esixía “un cámbio de actitude respeto aos disidentes”. A votación indica-nos que os delegados eran soberanos e que votaban en conciéncia. O PB estaba vivo politicamente. O 4 de Abril, o CC eleito no Congreso elixe a Stálin como Secretário Xeral do Comité Central. 12º Congreso (1923): deu-se no mes de Abril. Este congreso inaugura un feito que se revelará catastrófico para a vida revolucionária do partido: o Secretariado, controlado por Stálin,
155
designa ao 83% dos delegados. Asi, o aparato por vez primeira controla ao partido, e non á inversa. Porén, os saudos remitidos ao congreso, e lidos desde a presidéncia do mesmo, agasalhaban maioritariamente a Lénin e Trótski, neles apenas se mencionaba a Stálin. Deste xeito quedaba claro o sentir da base, mais pola cúspide a “troika” (Zinóviev, Kámenev e Stálin) controlaba o desenvolvimento do congreso, tanto que se ben Lénin, irreversibelmente enfermo, xa ditara o “Testamento”, onde se pedia que se retirara a Stálin da Secretaria Xeral, o congreso nada saberá del. O informe político en nome do CC, que sempre fixera Lénin, vai a correr a cargo de Zinóviev. Trótski rexeitara facé-lo. Trótski mantinha-se en segundo plano por pudor diante da falta do líder natural do partido mentras o triunviro exercia entre bastidores. Perante a auséncia de Lénin, a Zinóviev non se lhe ocurriu outra cousa que sinalar que calqueira crítica á linha do partido “é agora, obxetivamente, umha crítica menchevique”. As críticas ao triunvirato, que reconheceu a sua existéncia sen pudor, vinheron por parte de integrantes da “Oposición Obreira”. Trótski mantivo-se imperturbábel, non só non participou nos ataques á troika senón que se mantivo distante cos que os efectuaron, é dicer, coa sua própria base política. Limitou-se a facer un discurso sobre a necesidade da planificación económica. O PB sen Lénin ao timón facia augas. 13º Congreso (1924): inaugurou-se o 23 de Maio, en Moscovo. Veu precedido por dous feitos. O primeiro o “Alistamento Lénin”, que subordinaba inda máis o partido ao aparato xa que entraban miles de novos membros sen cultura política partidária. O segundo, umha xuntanza restrinxida de membros do partido celebrada a víspera do congreso. Nela deu-se leitura ao “Testamento” de Lénin. Reinaba a consternación. Krúpskaia queria que se lese no congreso. Kámenev e Zinóviev sairon en defensa de Stálin. Trótski permaneceu calado. Por 30 votos contra 10 decidiu-se que o “Testamento” non se ia ler no congreso. Desde antes do congreso o triunviro vinha atacando a Trótski, tanto é asi que Zinóviev pedira a sua expulsión do partido, ao que Stálin habilmente se opuxera, dando imaxe de moderado. Porén, no mesmo congreso Zinóviev volta atacar a Trótski. Pide-lhe que se retracte das suas opinións diante de todo o congreso. Esta era umha petición insólita, alhea por completo á tradición do partido. Krúpskaia calificou esta petición de “exixéncia psicoloxicamente imposíbel”, dito que o congreso contestou cumha ovación. Trótski fará umha réplica moderada á petición inadmisíbel de Zinóviev: “Xa dixen que nada é mais doado que dicer perante o partido: “Todas estas críticas, todas estas declaracións, adverténcias e protestas non foron máis que un craso 156
erro”. Pero, camaradas, eu non podo dicer isto, porque penso que non é asi”. Mentras o desenvolvimento da NEP agudizaba a conflitividade social no moribundo PB a casta burocrática ia consolidando o seu poder através do seu ínclito representante, Stálin. Será este o derradeiro congreso onde brile a figura de Zinóviev. Abeirado Trótski da sucesión de Lénin, a troika xa non lhe será util a Stálin.
C) Partido Comunista (bolchevique) da URSS, PC (b) URSS 14º Congreso (1925): xuntou-se en Moscovo do 18 ao 31 de Decembro. Foi o congreso que explicitou o divórcio da troika e a nova alianza de Stálin con Bujárin. O enfrentamento ZinóvievKámenev, estes apoiados no aparato do partido en Leningrado, e Stálin-Bujárin, co apoio do conxunto do aparato, foi tan directo, tan visceral, insultos e abucheos incluidos, que Trótski, completamente perplexo diante dun enfrentamento que non chega a comprender, permanece mudo. Non intervén no congreso. Quen sí intervén é Krúpskaia, que afirma que ao non dar-se discusión pre-congresual na Pravda o partido non estaba preparado para o congreso e que eran inaceitábeis os ataques aos camaradas por exponher as suas opinións. Farta de que se tente converter ao seu home numha relíquia cita a pasaxe que o próprio Lénin escrebera na sua obra “O Estado e a Revolución” onde afirma que moitas veces en vez de seguer as ensinanzas dos revolucionários mortos converte-se-lhes en iconos para castrar o seu quefacer revolucionário. A cita era tan procedente que non sentou nada ben. Deron-se uns debates primeirizos arredor da NEP e da teoria do “socialismo nun só país”, pero neles non estaba o desexo de perceber a realidade para mudá-la, eran a excusa para detentar o poder por si mesmo. Mai o que enconou a Stálin e aos seus seguidores foi o contundente dicer de Kámenev rexeitando ao “líder” para o partido: “Oponhemo-nos a crear a teoria dun líder, oponhemo-nos á formación dun líder”. Pero di máis: “Cheguei á conclusión de que o camarada Stálin non pode realizar a función de aglutinar ao órgano supremo bolchevique”. Os coreifeus de Stálin sairon á palestra, por primeira vez na história do partido os lacaios gababan ao xefe diante do congreso. Escoitemos a Kuíbishev: “En nome de toda a comisión central declaro que o camarada Stálin, como secretário xeral do noso partido, é precisamente a persoa que, xunto coa maioria do comité central e co seu aopio, soubo arrodearse das milhores forzas do partido e ponhé-las a trabalhar (...). Con base na experiéncia e no conhecimento real e efectivo da nosa xefatura, declaro en nome da comisión central de controlo que esta 157
xefatura e este secretário xeral son os que precisa o partido para ir de vitória en vitória”. Pero a fracción dominante non se conformaba con gabar ao xefe, queria eliminar toda desidéncia. Asi, Iaroslávski predice o futuro da oposición: “Estou convencido de que no decimoquinto congreso non sufriremos un espectáculo tan vergonhento como o que tivemos aqui”. Porén, inda non chegara ese momento polo que o CC tamén elexiu para o Politburó aos líderes da disidéncia. Era umha fición porque para que estiveran máis isolados o Politburó pasaba de sete a nove membros: Stálin, Bujárin, Ríkov, Tómski, Mólotov, Kalinin, Voroshílov, máis Zinóviev e Trótski. Kámenev foi relegado a “aspirante”. A derrota política de Zinóviev e Kámenev no congreso, cousa que se sabia a priori porque os delegados do conxunto do aparato eran maioria, privará a Zinóviev do apoio do aparato do partido en Leningrado. Dagora en diante a fracción gobernante dominará todo o aparato. Sergei Kírov foi nomeado xefe do partido en Leningrado. Este congreso decidiu cambiar o nome do partido. Pasaria a ser “Partido Comunista (bolchevique) da URSS”, para adecuar-se á nova denominación do Estado soviético. Este foi o derradeiro congreso ao que asistiron Trótski e Zinóviev. 15º Congreso (1927): inda que comezou o 2 de Decembro, este congreso estaba previsto para antes. Mais Stálin aplazará-o. Antes tinha que conseguer a expulsión de Trótski e de Zinóviev do partido para que non puxeran desde a tribuna do congreso en evidéncia a sua política exterior (fracaso da Revolución china) e interior (facaso da política pro-kulaks). Conseguido isto celebrou-se o congreso. Nengun oposicionista tinha dereito a voto. Pola oposición falaron Kámenev e Rakóvski . O primeiro xa está psicoloxicamente derrotado, tanto é asi que só terminar o congreso el e Zinóviev capitularán ante Stálin. Rakóvski defende as ideas da oposición como correctas. O congreso ratifica as expulsións de Trótski, Zinóviev e de todos os demais oposicionistas. Acabaran-se os debates no partido. Stálin está tan seguro do seu controlo do aparato que fai distribuir entre os 1.669 delegados o “Testamento” de Lénin. Stálin é releito por unanimidade. O PB deixaba de existir.
158
II) Congresos da Internacional Comunista A) Periodo leninista (1919-1924), caracteriza-se por estar ao servizo da revolución mundial 1º Congreso (1919):
celebrou-se do 2 ao 6 de Marzo en Moscovo, no Kremlin. Tomaron parte 52 delegados que representaban a 35 partidos de 30 países. Os bolcheviques estaban representados por Lénin, Trótski, Zinóviev, Bujárin e Chicherin. Elexiu-se como presidente a Zinóviev. O Comité Executivo quedou formado por Zinóviev, Lénin, Trótski, Rakóvski e Fritz Platten. Decide-se publicar a revista “A Internacional Comunista”. Ao comezar a sesión Lénin pediu-lhe a todos os delegados que se puxeran en pé para honrar a memória de Karl Liebknecht e Rosa Luxemburg, “os milhores representantes da IIIª Internacional”, que foran asasinados o 15 de Xaneiro en Berlin. Lénin presentou umha resolución que facia fincapé na necesidade da estrutura dos sóviets, tanto para a revolución rusa como para a revolución no Ocidente. 2º Congreso (1920): deu-se do 19 de Xulho ao 7 de Agosto, primeiro en Petrogrado e despois en Moscovo. Asistiron máis de 200 delegados en representación de partidos de 37 países. Numha coxuntura revolucionária (contra-ofensiva do Exército Vermelho ao ataque do exército reaccionário polaco, revolución en Hungria e continuación do fermento revolucionário na Republica de Weimar) aproban-se os estatutos e as 21 condicións de ingreso. Nestas fai-se umha chamada a romper cos reformistas e caracterizaban-se, no ponto 12, deste xeito aos partidos aderentes: “Os partidos que pertezan á IC tenhen que estar organizados sobre a base do centralismo democrático. No actual periodo de guerras civis encarnizadas, un PC está so en condicións de cumplir o seu deber se se organiza da maneira máis centralizada posíbel e reina nel umha disciplina férrea, case militar; se o núcleo central do partido constitue un órgao forte e autoritário dotado de amplos poderes e gozando da confianza xeral da militanza do partido”. 3º Congreso (1921): xuntou-se en Moscovo desde o 22 de Xunho ao 12 de Xulho. Asistiron 600 delegados en representación de partidos de 52 países. Lénin e Trótski lideran un xiro táctico á dereita, xiro que se reflexa no slogan “Ás masas!!” e que se concretará na consigna da “frente única” elaborada polo Comité Executivo, non sen resisténcias xa que Trótski e Zinóviev tiveron que dar umha dura batalha política no Pleno do Comité Executivo celebrado do 21 de Febreiro ao 4 de Marzo do 1922 ao longo de oito sesións e diante de 105 delegados.
159
4º Congreso (1922):
celebrou-se do 5 de Novembro ao 5 de Decembro. As sesións, ás que asistiron 408 delegados, comezaron en Petrogrado e continuaron en Moscovo. Foi o derradeiro Congreso de Lénin. Consolida-se a táctica da “frente única”, cuxo obxetivo era apelar á unidade de acción dos trabalhadores sen ter enconta o partido ao que perteceran. Reforman-se os estatutos na linha de dar-lhe máis poder aos congresos internacionais e á sua dirección. 5º Congreso (1924): 406 delegados sesionaron en Moscovo do 17 de Xunho ao 8 de Xulho. É o congreso do interregno. A loita dos triunviros contra Trótski comeza-se a reflexar no seo da IIIª Internacional. No debate sobre o fracaso da revolución na Alemanha Zinóviev vai protagonizar un nocivo precedente: culpar da derrota á dirección do partido dado e ceibar de toda responsabilidade á dirección da própria Internacional. Porén, a táctica de votar-lhe as culpas aos demais foi contestada por notórios militantes: Rádek, Clara Zetkin, Bordiga. O Congreso chamou á loita contra o fascismo, inda que a dirección da Internacional adiantou outro gravisimo precedente: identificar á socialdemocrácia co fascismo. Reafirma-se a linha centralista nos estatutos.
B) Periodo stalinista (1928-1935), caracteriza-se por estar ao servizo dos intereses da casta burocrática soviética. 6º Congreso (1928): deu-se en Moscovo entre o 17 de Xulho e o 1 de Setembro. Un primeiro dado clarificador: este congreso tardou catro anos en convocar-se. Este non só era un feito totalmente insólito senón tamén anti-estatutário xa que os estatutos da IC obrigaban a umha xunta congresual cada ano. Este lapso de tempo permitira-lhe a Stálin eliminar á Oposición de Esquerda dentro e fóra da URSS. Trótski estaba desterrado en Almá-Atá, desde aquí criticará o programa demoradamente. Os dirixentes da IC xa non eran revolucionários, eran funcionários: Togliatti, Thalmann... Bujárin foi formalmente o orador máis importante do Congreso pero o seu peso político estaba xa en claro declive. Posibelmente foi umha mensaxe subliminal do próprio Bujárin a leitura dumha carta que no seu dia lhe remitira Lénin na que advertia que se se trocaban os críticos e capaces por acríticos e inúteis a IC estaba perdida. A IC propón-se como tarefa a salvagarda da Unión Soviética e non a extensión da revolución, isto era o proceder coerente coa “teoria do socialismo nun só país”. Mentras Trótski teimaba: “sen a vitória da revolución proletária mundial non construiremos o socialismo”.
160
7º Congreso (1935): celebrou-se en Moscovo do 25 de Xulho ao 20 de Agosto. Contou con 510 delegados en representación de 65 partidos comunistas. Trótski atopaba-se en Noruega. Entre os asistentes estaban José Díaz, membro do CE da IC, e a Pasionária, suplente do CE. A figura central foi o búlgaro Georgi Dimitrov, que traia a aureola de vencer politicamente aos názis no Proceso de Leipzig. Foi eleito Secretário Xeral. A táctica da “frente única” da clase trabalhadora vai-se trocar na da “frente única contra o fascismo” que levara ás frentes populares, umha coaligazón coas organizacións da burguesia para defender a democrácia burguesa, o que non lhe impedirá a Stálin asinar posteriormente o Pacto názi-soviético (23-Agosto-1939). A desaparición no papel da IIIª Internacional deu-se no 1943, Stálin procedeu a disolvé-la.
161
III) Cronoloxia (1879-1940)
I. O comezo 1879 26, Outubro: nace Lev Davídovich Bronstein na aldea de Ianovka (Ucránia). 1898 Comezos ano: Lev é detido e posteriormente condeado ao desterro siberiano. Ali conhece-se polo alcume de “A Pluma”. 13-15, Marzo: congreso constituinte do POSDR en Minsk (Bielorrúsia). 1902 Verao: Lev fuxe de Sibéria. No falso pasaporte pon o nome de “Trótski” Outubro: Trótski ( A Pluma) chega a Londres e conhece a Lénin. 1903 Xulho: celebra-se o IIº Congreso do POSDR. Trótski participa nel.
II. A primeira revolución 1905 9, Xaneiro: Domingo Sanguinhento. Febreiro: Trótski chega a Kiev. Abril: celebra-se, en Londres, o IIIº Congreso do POSDR. Outubro: Trótski chega a San Petersburgo. Convirte-se no líder do Sóviet. 3, Decembro: é detido o Comité do Sóviet con Trótski á cabeza. 1906 Setembro-Outubro: xuizo ao Comité do Soviet. Trótski defende a revolución. 2, Novembro: o tribunal condea á deportación aos membros do Sóviet. 1907 5, Xaneiro: caminho de Sibéria. Febreiro: Trótski fuga-se. Abril-Maio: celebra-se o V Congreso do POSDR. Asiste Trótski. 1914 28, Xunho: o archiduque Francisco Fernando é asasinado en Saraxevo. 1, Agosto: comeza a Primeira Guerra Mundial. 162
4, Agosto: O Partido Socialdemócrata Alemana (SPD) vota a favor do presuposto de guerra . 1915 5-8, Setembro: Conferenza de Zimmerwald.
III. A revolución 1917 13, Xaneiro: Trótski chega a New York. Febreiro: estrala a Revolución en Rúsia. 27, Marzo: sae de New York cara Rúsia. 3, Abril: Lénin chega a Petrogrado 4, Maio: Trótski arriba a Petrogrado. 3, Xunho: Primeiro Congreso dos Sóviets de Toda Rúsia. Xulho: Dia 3, insurreizón en Petrogrado. Comezo da Xornadas de Xulho. Lénin pasa á clandestinidade. 23, Trótski é detido. 28-31 Agosto: Golpe de Estado do xeneral Kornílov 23-Setembro: Trótski é eleito presidente do Sóviet de Petrogrado. Outubro: 10,baixo a batuta de Lénin, o CC do PB decide preparar a insurreizón. Dias despois o Soviét de Petrogrado crea o Comité Militar revolucionário, presidido por Trótski. 24-25, Insurreizón de Outubro. 25, Segundo Congreso dos Sóviets de Toda Rúsia. Primeiro Governo Obreiro e Campesinho da Historia Universal, Lénin preside-o. Decretos da Paz e da Terra. 1918 Marzo: 3, asina-se o Tratado de Brest-Litovsk. Dia 4, Trótski é nomeado Presidente do Conselho de Guerra. 6-8, 7º Congreso do PB que ratifica a Paz de Brest. Abril: Trótski é nomeado Comisário do Povo para a Guerra. Maio: comeza a Guerra Civil. Agosto: atentado contra Lénin. Desencadea-se o Terror Vermelho: crease a Cheka. 1919 15-Xaneiro: asasinato de Karl Liebknecht e Rosa Luxemburg 2-6, Marzo: funda-se a IIIª Internacional, a Internacional Comunista. Abril: as tropas do xeneral Pilsúdski invaden Ucránia. 28-Xunho: Tratado de Versalhes. 1920 Novembro: fin da Guerra Civil. 1921 Marzo: Insurreizón de Kronstadt. 8-16, Xº Congreso do PB no que se decide introducir a NEP. 1922 16, Abril: Tratado de Rapalho. 163
25,Maio: Lénin sufre un ataque de apoplexia. Decembro: Dia 13, Lénin pide-lhe a Trótski que defenda no CC o monopólio do comércio exterior. 23, Lénin comeza a redación do seu “Testamento”. 30, nace a URSS. 1923 4, Xaneiro: Nun engadido ao Testamento, Lénin propón a destitución de Stálin como Secretário Xeral. Outubro: 8, Trótski envia-lhe umha carta ao CC onde critica a degradación da democrácia no seo do partido. 15, Programa dos 46.Finais, fracaso do Outubro Alemana. Decembro: Pravda publica “Novo Rumo”, de Trótski.
IV. Após Lénin 1924 21,Xaneiro: Morre Lénin. Outubro: Lizóns de Outubro, de Trótski. Novembro: o triunviro desencadea umha furiosa campanha contra Trótski. 1925 Xaneiro: o CC destitue a Trótski do Comisariado da Guerra. Maio: para tentar neutralizá-lo, o CC nomea a Trótski presidente de tres comités técnicos. 18-31, Decembro: XIV congreso do PB. Rupura pública da troika. Stalinistas-bujarinistas é a nova fracción governante. 1926 5, Xaneiro: o CC nomea a Kírov reponsábel do parrtido en Leningrado. Xulho: na xuntanza do CC Trótski, Zinóviev e Kámenev proclaman a existéncia da Oposición Conxunta. Tensos debates. Dzerhínski morre dun infartoen plena xuntanza. Outubro: 25,numha xuntanza ampliada do Politburó, Trótski califica a Stálin como o “sepultureiro da revolución”. 26, Trótski é expulsado do Politburó e Zinóviev da presidéncia da IC. 1927 Marzo: estrala a revolución china en Shanghai. Por orde de Moscovo, o PCCh entrega-lhe a revolución a Chiang Kai-shek que desata umha represión brutal sobre os trabalhadores e comunistas. Á Oposición non se lhe informa. 27-Setembro: expulsa-se á Trótski do Comité Executivo da Internacional Comunista.
164
Outubro: para ocultar o seu fracaso a fracción dirixente da un xiro ultraesquerdista e ordea a insurreizón de Cantón que é aplastada. Stálin/ Bujárin censuran as notícias vidas de China. Novembro: 14,Trótski e Zinóviev son expulsados do partido. 16, suicida-se Ioffe. Decembro: XV congreso do PC(b) da URSS. Expulsión en masa da Oposición. O PB xa non existe.
V. O desterro: Almá-Atá 1928 Xaneiro: 12, a GPU comunica-le a Trótski que o 16 será deportado a Alma-Atá. 16, concentración de milheiros de persoas na estación do tren para despedir a Trótski, pospón-se a sua marcha. 18, a GPU deporta en secreto a Trótski. 25, Trótski chega a Almá-Atá na companha do seu filho maior, Liova, e da sua mulher, Nataxa. 27, Zinóviev e Kámenev renegan de Trótski e piden o reingreso no partido. 9, Xunho: morre en Moscovo a filha menor de Trótski, Nina. 17, Xulho: comeza o VI Congreso da IC. Trótski previamente fai umha análise do seu programa ao que califica de “colaboración coa burguesia exterior”. 10, Setembro: a Pravda publica o derradeiro artigo de Bujárin, “Notas dun economista”. 26, Novembro: o Politburó condena a Trótski por “contrarevolucionário”. 27, Decembro: Stálin anúncia na Pravda “ao dianho coa NEP”. 1929 Xaneiro: 7, o Politburó vota a expulsión de Trótski da URSS. 22, a GPU saca a Trótski de Almá-Atá rumo a Turquia. 10, Febreiro: o tren con Trótski a bordo chega a Odesa. Despide-se do seu filho pequeno, Sergei, ao que non voltará ver. Embarca con dirección a Constantinopla.
165
VI. Exílio A) Turquia (1929-33) 12, Febreiro: o barco que trae a Trótski atraca en Constantinopla. 5, Marzo: os Trótski abandonan o consulado soviético e traladan-se a viver a un hotel. Abril: numha xuntanza do CC, Stálin ataca a Bujárin. É o comezo da caza. Finais de mes, os Trótski van-se a viver á Ilha de Prinkipo, no Mar de Mármara Xunho: Tómski é destituido da dirección dos sindicatos. 3, Xulho: Bujárin é expulsado da presidéncia e do CE da IC. Novembro: o CC destitue a Bujárin do Politburó. 7, publica-se o artigo de Stálin onde este anúncia a colectivización forzosa. 26, a “Oposición de Dereitas” capitula ante Stálin. 1930 14, Setembro: Eleicións ao Reichstag. Cumha participación do 82% o Partido Názi (DNSAP) ten un incremento brutal de votos acadando os 6,4 milhóns. Porén, o SPD obtén 8,5 milhóns e o KPD 4,6. 1931 Xaneiro: a filha maior de Trótski, Zina, chega a Prinkipo co seu filho Seva. 14, Abril: proclama-se a IIª República espanhola. 28, Xunho: Eleicións a Cortes Constituintes no Estado espanhol, trunfan os republicanos e socialistas. Governo republicano-socialista. Agosto: os comunistas alian-se na prática aos názis no referendo contra os socialdemócratas en Prúsia. O plebiscito é favorábel aos socialdemócratas. 1932 20, Febreiro: retiran-lhe a cidadania soviética a Trótski. Marzo/Abril: Eleición presidenciais na Alemanha. Socialdemócratas e comunistas van desunidos. O Partido Názi consegue 13,7 milhóns de votos, máis que os socialdemócratas e comunistas xuntos. Novembro: 14, Trótski sae de Constantinopla para ir dar umha conferenza sobre a Revolución Rusa en Copenhague. Só leva visado de ida e volta. 23, Chega a Dinamarca. 25, da a conferenza, en alemana. Eleicións ao Reichtag, os názis ganhan-nas cos 13 milhóns de votos. Decembro: 2, sae de Copenhague con dirección a Prinkipo: AmberesDunkerque-Paris-Marselha-Veneza e Brindisi, onde colhe o barco para Turquia. 11, Turquia.
166
1933 Xaneiro: 5, a filha maior de Trótski, Zina, suicida-se en Berlin. 30, Hitler é nomeado cancilher. 27, Febreiro: incéndio do Reichstag. 5, Marzo: derradeiras Eleicións ao Reichstag, os názis completan a fase legal da contra-revolución: 17,2 milhóns de votos. 17, Xulho: Trótski sae de Turquia caminho da Franza.
B) Franza (1933-35) Xulho: 24, Trótski chega a Cassis, perto de Marselha. 25, Instalan-se en Saint-Palais, nas “Brétemas”. Novembro: 1, Trótski instala-se en Barbizon. 19, Eleicións Lexislativas ás Cortes espanholas: trunfan as dereitas, governo Lerroux. 1934 16 Abril: o governo de Gaston Doumerge anula o permiso de residéncia de Trótski. Xunho: Trótski propón o “xiro francés”, a táctica do “entrismo”. Xulho: Trótski vai a residir en Domène. Decembro: 1, Asasinato de Kírov. 6, Stálin inventa-se un “centro trotskista-zinovietista” en Leningrado e Moscovo. 16, Detención de Zinóviev. 1935 Xaneiro: 9, A GPU condena a prisión e exílio a 77 habitantes dun suposto “grupo contra-revolucionário” de Leningrado. 16, Condena de 5 a 10 anos de 19 membros dun mítico “centro” de Moscovo. 17, Circular de Stálin que ordena o censo dos membros do partido que tenhan discrepado nalgumha ocasión coa dirección. 14, Xunho: Trótski toma o tren en Paris até Amberes, caminho de Noruega.
C) Noruega (1935-36) Xunho: 18, Trótski chega a Oslo. 23, instala-se na aldea de Wexhall. 25,Xulho: Comeza o sétimo e derradeiro Congreso da IIIª Internacional. Nel decidirá-se a política das “Frentes Populares”. 167
1936 16, Febreiro: Eleicións lexislativas ás Cortes espanholas. Trunfo da Frente Popular. 17-19 Xulho: Golpe de Estado. Comeza a Revolución e a Guerra civil espanholas. 19-24, Agosto: Primeiro Proceso de Moscovo, o xuizo dos 16: Zinóviev, Kámenev...Os encausados son fusilados (dia 24). Setembro: 4, Primeiro Governo de Largo Caballero. 26, Primeiro Governo da Generalitat. 19, Decembro: Trótski e Nataxa son embarcados no petroleiro Ruth rumbo a México.
D) México (1937-40) 1937 Xaneiro: 9, Trótski e Nataxa desembarcan en Tampico (México). 2330, Segundo Proceso de Moscovo. Xuizo do 17: Piatákov, Karl Rádek... 10-17, Abril: periódo de trabalho da Comisión Dewey. Maio: 3-6, Xornadas de Maio en Barcelona: derradeiro acto da Revolución vencida pola pequena-burguesia e o stalinismo. 22, O mariscal soviético Tujackéski é detido por “espia”. Xunho: 11, Izvéstia anúncia a apertura do proceso aos xenerais por “alta traición”. 16, Andreu Nin é detido, torturado e asasinado pola GPU. 4, Setembro: descubre-se o cadáver de Ignace Reiss. 12, Decembro: a Comisión Dewey emite o seu veredito: Trótski e Liova son exculpados das acusacións stalinistas. 1938 16, Febreiro: morre numha clínica parisina Liova, o filho maior de Trótski. 2-13, Marzo: Terceiro Proceso de Moscovo. O xuizo dos 21: Bujárin, Rakósvski, Krestinski... Finais Marzo/Comezos Maio: executan aos bolcheviques-leninistas do Campo de Concentración de Vorkuta. Setembro: 3, Funda-se a IV Internacional. 29-30, Conferenza de Munich. 168
1939 Marzo: por diverxéncias con Diego Rivera Trótski abandona a “Casa Azul”. 1, Abril: termina a Guerra Civil espanhola co trunfo dos fascistas. 4, Maio: Litvinov, xudeu de orixe, é destituido como Comisário de Exteriores por Molotov. 23, Agosto: Pacto názi/soviético. Setembro: 1, A Alemanha názi invade Polónia. 3, Inglaterra e Franza declaran-lhe a guerra a Alemanha. 24, Outubro: A URSS e a Alemanha názi asinan un acordo comercial. 30, Novembro: o Exército Vermelho ataca Finlándia. 1940 27, Xaneiro: Trótski redacta o seu “Testamento”. 11, Febreiro: a Unión Soviética e Alemanha asinan outro acordo comercial. Marzo: Finlándia capitula perante a URSS. 24, Maio: atentado falhido contra Trótski dirixido polo stalinista David Alfaro Siqueiros. 3-6, Agosto: a URSS anexiona-se as Repúblicas bálticas. 20, Agosto: atentado mortal contra Trótski: o stalinista e axente da GPU Ramón Mercader golpea a cabeza de Trótski con un piolet. 21, Agosto: morre Trótski.
169
Bibliografia 1. Alba, Victor. Dos revolucionarios. Andreu Nin, Joaquín Maurín. Seminarios y Ediciones, S.A. Madrid, 1975 2. Amorós, Miquel. La revolución traicionada. La verdadera historia de Balius y Los Amigos de Durruti. Virus Editorial. Barcelona, 2003 3. Berneri, Camillo. Humanismo y anarquismo. Los Libros de la Catarata. Madrid, 1998 4. Bianco, Lucien. Los orígenes de la revolución china (1915-1949). Edicions Bellaterra. Barcelona, 1999 5. Bonnet, Marguerite. Natalia Sedova, una vida de revolucionaria (Paris,1962). Texto in www.fundanin.org, 2003 6. Broué, Pierre. La rivoluzione perduta. Vita di Trockij, 1879-1940. Bollati Boringhieri editore. Torino, 1991 7. ---- El Partido Bolchevique. Editorial Ayuso. Madrid, 1973 8. ---- La revolución española (1931-1939). Ediciones Península. Barcelona, 1977 9. ---- Los Procesos de Moscú. Editorial Anagrama. In www.marxismo.org 10.Broué, T. Farrell e Alain Dugrand. Trotsky, México 1937-1940. Siglo XXI Editores. México D. F., 1992 11.Broué, Deutscher, Volkow ( e outros). El asesinato de Trosky. Antes y después. Editorial Hacer. Barcelona, 1990 12.Burnett Bolloten. La Guerra civil española. Revolución y contrarrevolución. Alianza Editorial.Madrid, 1997 13.Carr, E.H. Historia de la Rusia Soviética. La Revolución Bolchevique (1917-1923). Tomo 1. Alianza Editorial. Madrid, 1972 14.---Historia de la Rusia Soviética. La Revolución Bolchevique (19171923). Tomo 2. Alianza Editorial. Madrid, 1972 15.----Historia de la Rusia Soviética. La Revolución Bolchevique (1917-1923). Tomo 3. Alianza Editorial. Madrid, 1973 16.---- Historia de la Rusia Soviética. El Interregno (1923-1924). Alianza Editorial. Madrid, 1974 17.---- Historia de la Rusia Soviética. El socialismo en un solo país (1924-1926). Tomo 1. Alianza Editorial. Madrid, 1974 18.---Historia de la Rusia Soviética. El socialismo en un solo país (1924-1926). Tomo 2. Alianza Editorial. Madrid, 1975 19.----Historia de la Rusia Soviética. El socialismo en un solo país (1924-1926). Tomo 3, Primera Parte. Alianza Editorial. Madrid, 1976 20.----Historia de la Rusia Soviética. El socialismo en un solo país (1924-1926). Tomo 3, Segunda Parte. Alianza Editorial. Madrid, 1976 170
21. ----De Napoleón a Stalin y otros estudios de historia contemporánea. Crítica/Grijalbo. Barcelona, 1983 22.Deutscher, Isaac. Trotsky. El Profeta Armado. Ediciones Era. México D. F.,1987 23.----Trotsky. El Profeta Desarmado. Ediciones Era. México D. F., 1989 24.----Trotsky. El Profeta Desterrado. Ediciones Era. México D. F., 1988 25.---- Rusia después de Stalin. Ediciones Martínez Roca, S.A. Barcelona, 1972 26.Dietrich Bracher. La dictadura alemana. Tomo1. Alianza Editorial. Madrid, 1995 27.---- La dictadura alemana. Tomo 2. Alianza Edotorial. Madrdi, 1995 28.Díez del Corral, Francisco. Lenin, una biografía. Barcelona, 1999 29.Dimitrov, Jorge. El Frente Único y Popular. Sofía-Press, 1969 30.Estruch, Joan. Historia oculta del PCE. Ediciones Temas de Hoy, S.A. Madrid, 2000 31.Ferro, Marc. La revolución rusa de 1917. Editorial Villalar. Madrid, 1977 32.Figes, Orlando. La revolución rusa (1891-1924). La tragedia de un pueblo. Edhasa. Barcelona, 2000 33.Frolich, Paul. Rosa Luxemburgo. Vida y Obra. Editorial Fundamentos. Madrid, 1976 34.Gorkin, Julián. El asesinato de Trotsky. Aymá/Círculo de Lectores. Barcelona, 1972 35.----La muerte en México de Víctor Serge (Paris, 1957). Texto in www.marxists.org, 2001 36.Gramsci, Antonio. Revolución Rusa y Unión Soviética. Ediciones R. Torres. Barcelona, 1976 37.Grant, Ted. Rusia, de la revolución a la contrarrevolución. Un análisis marxista. Fundación Federico Engels. Madrid, 1997 38.---- Ascenso y caída de la Internacional Comunista (1943). Por qué llegó Hitler al poder (1944). Fundación Federico Engels, Madrid, 2003 39.Grant, Ted e Woods, Alan. Lenin y Trotsky, qué defendieron realmente. Fundación Federico Engels. Madrid, 2000 40.Grey, Ian. Stalin. Tomo 1. Salvat. Barcelona, 1985 41.----Stalin. Tomo 2. Salvat. Barcelona, 1984 42.Hájek, Milos. Historia de la Tercera Internacional. Editorial Crítica, Grijalbo. Barcelona, 1984 43.Heinz Abosch. Crónica de Trotski. Datos sobre su vida y su obra. Ed. Anagrama. Barcelona, 1974 44.Hobsbawm, Eric. Historia del siglo XX. Crítica. Barcelona, 1998 171
45.Iglesias, Ignacio. Experiencias de la revolución española. El POUM, Trotski y la intervención soviética. Editorial Laertes, 2003 46.Kautsky, K. Terrorismo y comunismo. Ediciones Jucar. Barcelona, 1977 47.Kochan, Lionel . Rusia en revolución. Alianza Editorial. Madrid, 1968 48.Krupskaia, N. Recuerdo de Lenin. Editorial Fontamara. Barcelona, 1976 49.Laqueur, Walter. Stalin. Javier Vergara editor. Buenos Aires, 1991 50.Lenin. Obras Escogidas. Tomo 1. Editorial Progreso. Moscú 1981 51.---- Obras Escogidas. Tomo 2. Akal Editor. Madrid, 1975 52.----Obras Escogidas. Tomo 3. Akal Editor. Madrid,1975 53.---- El desarrollo del capitalismo en Rusia. Editorial Progreso. Moscú, 1981 54.----Entre dos revoluciones. Artículos y discursos de 1917. Editorial Progreso. Moscú, 1981 55.---- Discursos pronunciados en los congresos del partido (19181922). Editorial Progreso, Moscú 56.Liz Vázquez, António. Trótski, achegamento biográfico-político. Boletin Marxista Onte e Hoxe, núms. 5 ao 13 (2000-2003 ) 57.---- Revolución e Guerra no Estado español (1936-39). Por que non trunfou a revolución? Boletin Marxista Onte e Hoxe, nº 2. Outubro 1999. 58.Lunacharski. Así era Lenin. Editorial de la Agencia de Prensa Nóvosti. Moscú, 1981 59.Luxemburgo, Rosa. Obras escogidas, 1. Editorial Ayuso. Madrid, 1978 60.----Obras escogidas, 2. Editorial Ayuso. Madrid, 1978 61.Marie, Jean-Jacques. Stalin. Ediciones Palabra, S.A. Madrid, 2003 62.Marx, K. e Engels, F. Obras Escogidas. Tomo 1. Akal Editor. Madrid, 1975 63.----Obras Escogidas. Tomo 2. Akal Editor. Madrid, 1975 64.----Correspondencia. Editorial Cartago, S.A. Buenos Aires, 1987 65.Mínev, Stoyán (Stepánov) Las causas de la derrota de la República española. Informe para el Comité Ejecutivo de la Internacional Comunista, abril 1939. Miraguano Ediciones. Madrid, 2003 66.Miralles, Ricardo. Juan Negrín. La República en guerra. Ediciones Temas de Hoy, S.A. Madrid, 2003 67.Morrow, Félix. Revolución y contrarrevolución en España. Akal Editor. In www.marxismo.org 68.Murray, Williamson; R. Millet, Allan. Historia de la Segunda Guerra Mundial. La guerra que había que ganar. Crítica. Barcelona, 2002
172
69.Nin, Andreu. Qué es y qué quiere el POUM (Febreiro, 1936). Texto in www.fundanin.org, 2002 70.Nolte, Ernst. La guerra civil europea, 1917-1945. Nacionalsocialismo y bolchevismo. Fondo de Cultura Económica. México, 2001 71.Parker, R A C. El siglo XX. Europa 1918-1945. Siglo XXI de España Editores, S.A. Madrid, 1987 72.Plejanov, G. Obras Escogidas. Tomo 1. Editorial Quetzal. Buenos Aires, 1964 73.---- Obras escogidas. Tomo 2. Editorial Quetzal. Buenos Aires, 1964 74.Poulantzas, Nicos. Fascismo y dictadura. La III Internacional frente al fascismo. Siglo XXI de España Editores, S.A. Madrid, 1979 75.Procacci, Giuliano. Historia general del siglo XX. Crítica. Barcelona, 2001 76.---- El Gran debate (1924-1926). I. La Revolución permanente. Siglo XXI de España Editores, S.A. Madrid, 1975 77.Reed, John. Diez días que estremecieron el mundo. Akal Editor. Madrid, 1982 78.Ronald Radosh, Mary R. Habeck y Grigory Sevostianov (eds.) España traicionada. Stalin y la guerra civil. Planeta. Barcelona, 2002 79.Saña, Heleno. La Internacional Comunista, 1919-1945. Tomo 1. Zero. Madrid, 1972 80.----La Internacional Comunista, 1919-1945. Tomo 2. Madrid, 1972 81.Sedova, Natalia e outros: Carta abierta al Partido Comunista Internacionalista (México,1947). La IV Internacional en peligro (México, 1947). Carta de ruptura con la IV Internacional (México, 1951). Textos in www. fundanin.org, 2003 82.Serge, Victor. Treinta años después de la Revolución Rusa (México,1947). Texto in www.marxists.org, 2001 83.----La vida y muerte de León Trotsky (México, 1944). Texto in www.fundanin.org, 2003 84.Service, Robert. Lenin, una biografía. Siglo XXI de España Editores. Madrid, 2001 85.----Historia de Rusia en el siglo XX. Crítica. Barcelona, 2000 86.Shanin, Teodor. El Marx tardío y la vía rusa. Editorial Revolución. Madrid, 1990 87.Soboul, Albert. La revolución francesa. Editorial Tecnos, S.A. Madrid, 1989 88.----La revolución francesa. Principios ideológicos y protagonistas colectivos. Editorial Crítica. Barcelona, 1987 89.Solano, Wilebaldo. El POUM en la historia. Andreu Nin y la revolución española. Los libros de la Catarata. Madrid, 1999
173
90.Taibo, Carlos. La Unión Soviética (1917-1991). Editorial Síntesis. Madrid, 1993 91.---- Los jerarcas soviéticos: de Lenin a Gorbachov. Arco Libros, S.L. Madrid, 1996 92.Togliatti, Palmiro. Escritos sobre la guerra de España. Editorial Crítica. Barcelona, 1980 93.Trotsky. Mi vida. Tebas, Ediciones Giner. Madrid, 1978 94.----La Internacional Comunista después de Lenin. Akal Editor. Madrid, 1977 95.----España, 1930-36. Akal Editor. Madrid, 1977 96.----España, 1936-39. Akal Editor. Madrid, 1978 97.----En defensa del marxismo. Akal Editor. Madrid, 1978 98.----Literatura y revolución. Akal Editor. Madrid, 1979 99.----Historia de la revolución rusa. Tomo 1. Sarpe. Madrid, 1985 100. ----Historia de la revolución rusa. Tomo 2. Sarpe. Madrid, 1985 101. ----Las lecciones de Octubre, in Obras Escogidas. Tomo 1. Editorial Fundamentos. Madrid, 1976 102. ----El AntiKautsky, in Obras Escogidas. Tomo 2. Editorial Fundamentos. Madrid, 1977 103. ----1905, Resultados y perspectivas. Tomo 1. Editions Ruedo Ibérico, 1971 104. ----1905, Resultados y perspectivas. Tomo 2. Editions Ruedo Ibérico, 1971 105. ----La revolución desfigurada. Ediciones Jucar. Barcelona, 1978 106. ----Acerca de los sindicatos. Fundación Federico Engels. Madrid, 2000 107. ----La revolución permanente. Editorial Fontamara. Barcelona, 1979 108. ----A moral deles e a nossa. Ediçoes Antídoto. Lisboa, 1979 109. ----La lucha contra el fascismo. El proletariado y la revolución. Editorial Fontamara. Barcelona, 1980 110. ----Tres concepciones de la revolución rusa in Marxismo Hoy, nº8, Diciembre 2000. Fundación Federico Engels. Madrid. 111. ----La curva de desarrollo capitalista in Marxismo Hoy, nº 8, Diciembre 2000. Fundación Federico Engels. Madrid 112. ----¿Qué es el marxismo? in Marxismo Hoy nº 8, Diciembre 2000. Fundación Federico Engels. Madrid 113. ----Estado obrero, Thermidor y bonapartismo in Marxismo Hoy nº 8, Diciembre 2000. Fundación Federico Engels. Madrid 114. ----La revolución traicionada. Fundación Federico Engels. Madrid, 1991 174
115. ----Stalin. Tomo 1. El Yunque Editora. Buenos Aires, 1975 116. ----Stalin. Tomo 2. El Yunque Editora. Buenos Aires, 1975 117. ----Escritos, 1929-1940. CD-R. Edita CEIP León Trotsky 118. Trotsky, Zinoviev (e outros). La oposición de izquierda en la URSS. Editorial Fontamara. Barcelona, 1977 119. Van Heijenoort, Jean. Con Trotsky, de Prinkipo a Coyoacán. Testimonio de siete años de exilio. Ed. Nueva Imagen. México, D.F., 1979 120. Volin. La Revolución desconocida. Volumen I-II. Campo Abierto Ediciones, S.A. Madrid, 1977 121. VVAA. Historia General del Socialismo. De 1918 a 1945. Tomo 1. Ediciones Destino. Barcelona, 1985 122. VVAA. Historia General del Socialismo. De 1918 a 1945. Tomo 2. Ediciones Destino. Barcelona, 1985 123. VVAA. Historia del Marxismo. Tomo 7. La Época de la IIIª Internacional (I). Bruguera. Barcelona, 1983 124. VVAA. Historia del Marxismo. Tomo 8. La Época de la IIIª Internacional (II). Bruguera. Barcelona, 1983 125. VVAA. Historia del comunismo. Tomo 1. El Mundo. 1990 126. VVAA. Historia del comunismo. Tomo 2. El Mundo. 1990 127. VVAA. V.I. Lenin. Esbozo biográfico. Editorial Progreso. Moscú, 1980 128. VVAA. Rusia. Siglo XXI de España Editores S.A. Buenos Aires, 2002 129. Walter, Gerad. Lenin. Ediciones Grijalbo. Barcelona, 1983 130. Wiskemann, Elizabeth. La Europa de los dictadores, 19191945. Siglo XXI de España Editores, S.A. Madrid, 1994 131. Wolfgang J. Mommsen. La época del imperialismo. Europa 1885-1918. Siglo XXI de España Editores, S.A. Madrid, 1987 132. Woods, Alan. En memoria de León Trotsky. Ed. El Militante. Madrid, 2000 133. ---- Stalin, 50 años después de la muerte del tirano. Fundación Federico Engels. Madrid, 2003 134. ---- Bolchevismo, el camino a la revolución. Fundación Federico Engels. Madrid, 2003
175
DUAS PÁXINAS WEB:
CEIP León Trotsky: www.ceipleontrotsky.org Marxists Internet Archive: www.marxists.org
PELÍCULAS E DOCUMENTAIS A) Película: --El asesinato de Trotsky. Director: Joseph Losey. Guión: Nicholas Mosley. Actores principais: Richard Burton (no papel de Trótski), Valentina Cortese (Nataxa), Romy Schneider (Sílvia Agelov), Alain Delon (Mercader). Ano de produción: 1972. NOTA: Hai que dicer aqui que a longametraxe de Sergei M. Eisenstein “Outubro”, filmada no 1927, no orixinal continha 3.800 m. e que Stálin fixo eliminar toda referenza a Trótski, co que a película quedou reducida a 1.600 m . B) Documentais: Trotsky (I). Revoluciones. Director-realizador: Patrick Le Gall. Franza, 1988. Emitido polaTVE o 22 de Xaneiro do1999 Trotsky (II). Exilios. Director: Patrick Le Gall. Franza, 1988. Emitido pola TVE o 22 de Xaneiro do 1999 Asaltar los cielos. Dirección: Javier Rioyo e José L. López Linares. Espanha 1996. Emitido polaTVE o 22 de Xaneiro do 1999
176