➢
➢ ➢ ➢
DOMINGO 31 de Xullo V FEIRA DE OFICIOS DA MONTAÑA, adicada a Manolo de Floro, con canteiro, ferreiro, zoqueiro, talla de madeira, torneiro e máis, no Campo da Feira, incluíndo ás exposicións das Asociacións de Teixeiro, organizada pola AC “Orixes da Montaña”. De 11:00 a 14:00 - Obradoiros para nen@s de papel reciclado e elaboración de galletas. 12:00 - Obradoiro de batukada con Fusquenlla de Curtis. 13:00 - Obradoiro de elaboración de cervexa. Sesión vermú co gran “Cé Oquestra Pantasma” 16:30 - Obradoiros para todas as idades de Olería (con Pepa de Bonxe), panadería, repostería e malla. 18:30 - Obradoiro de Baile Galego con Faragullas. 19:30 - Actuación dos grupos “Faíscas da Pontraga” e “Nuada” Haberá Polbo e Churrasco a cargo de Sabino.
➢
➢
LUNS 1 de agosto V CAMPIONATO DE PARCHÍS INFANTIL ás 6 da tarde na Casa dos Panteóns, para nenos e nenas de Infantil e Primaria (ata 12 anos) Cine Infantil ás 20:30 no centro Etnográfico do Mandeo CINE para maiores ás 22:30 da noite, na Casa da Cultura. MARTES 2 de agosto XOGOS PARA NENOS E NENAS, de 6 a 8 da tarde, no Campo da Feira. De seguido, “Tributo a Cabaret”, a cargo de Bea García, espectáculo participativo para todas as idades, patrocinado pola APA. Sesión de cine de maiores ás 22:30 na Casa da Cultura. MÉRCORES 3 de agosto DÍA DO DEPORTE NA RÚA, con actividades deportivas variadas, no Campo da Feira, a partir das 11 da mañá, organizado polo Concello de Curtis, coa presenza estelar de Ángel e Lucía. 20:30 - Concerto didáctico para todas as idades na Casa da Cultura, “La divertida Historia de la zarzuela”, patrocinada pola Asociación de Mulleres Rurais Santa Eulalia. CINE para maiores, as 22:30 na Casa da Cultura.
➢
XOVES 4 de agosto XOGOS PARA NENOS E NENAS, de 6 a 8 da tarde, no Campo da Feira. Sesión de maxia e música “DO RE MAXIA” a cargo de Álvaro Muras, a partir das 8,30 da tarde, na Casa da Cultura patrocinado pola AVV Comarca de Teixeiro. CINE para maiores na Casa da Cultura ás 22:30. VENRES 5 de agosto (feira) XANTAR DE CONFRATERNIDADE da Asociación de Pensionistas Xubilados “O Recuncho” en Restaurante Sabino. Para baixar o xantar BAILE NO CAMPO DA FEIRA, de 5:30 a 7.00 da tarde, amenizado pola charanga tradicional “Vai de roda” patrocinada pola Sociedade Deportiva e Cultural de Teixeiro”. XIX MILLA URBANA DE TEIXEIRO, a partir das 7,30 da tarde no Campo da Feira: IX CARREIRA DE COCHES E SILLAS DE BEBÉ. (Os bebés no colo de papá, por si acaso) I Carreira de motos correpasillos ou minibicis sen pedais. Carreiras no circuíto da praza: • Baby 1(2012-2013-2014) Longo da praza, • Baby2 (2009-2010-2011) Unha volta á praza • Prebenxamín (2007-2008) Dúas voltas á praza • Benxamín (2005-2006). Tres voltas á praza Carreira desde alevín e seguintes no circuíto urbano completando unha milla. Entrega de premios para todas as categorías ao remate das carreiras. CINE adulto ás 22:30 na Casa da Cultura. SÁBADO 6 de Agosto FESTIVAL DE MÚSICA E BAILE TRADICIONAL a partir das sete da tarde, organizado pola Asociación Cultural Faragullas Pasarrúas e actuacións do Grupos de Música e Baile: Asociación Cultural Santaia de SantaCruz” de Oleiros. Asociación cultural “A Carballeira”, de Curtis, Asociación cultural “Faragullas” de Teixeiro. CLAUSURA da Semana da Cultura e do Lecer e MERENDA POPULAR, a partir das nove da noite. MÚSICA e FOLIADA.
EXPOSICIÓNS As exposicións das Asociacións de Teixeiro montaranse no Campo da Feira e na Casa dos Panteóns o o domingo 31 de xullo, durante a V Feira de Oficios da Montaña. A exposición de pintura de Amas de Casa poderá ser visitada durante toda a Semana na Casa dos Panteóns, de seis a oito da tarde.
COMPETICIÓNS V Campionato de Parchís: Luns 1 de agosto. Na Casa dos Panteóns. Infantil: nenos de Primaria (ata 12 anos) A partir das seis da tarde Mércores 3 de agosto. Na Casa dos Panteóns: Maiores (12 a 99 anos) ás nove e media da noite. (ou algo máis tarde) Inscricións na Librería Didac. XIX Milla Urbana de Teixeiro: Venres 5 de agosto. Ás 7,30 da tarde no Campo da Feira. Carreiras diversas adaptadas a todas as Idades (de 0 a 99 anos). IX Carreira de coches e sillas de Bebé. E este ano primeira carreira de motos correpasillos ou bicicletas sen pedais. Inscricións en Librería Didac ou Ángel.
CINE EN TEIXEIRO O cine Infantil será no Centro Etnográfico, O cine de maiores será na Casa da Cultura. Os pequenos deben ir acompañados de adultos
¡¡¡COMPARTE ESTE PROGRAMA!!! Pregamos que non o tires nin o gardes.