PROXECTO DE TRABALLO POR COMPETENCIAS. VIAXE NO TEMPO
Xustificación
Escollemos este proxecto: Viaxe no tempo, porque:
Pensamos que pode ser moi motivador para o alumnado.
Serve para englobar os aspectos do currículo relacionados coa historia.
Permite globalizar distintas áreas dentro deste proxecto.
Competencias básicas traballadas
Competencia social e cidadá -
Coñecer, a grandes liñas, as principais etapas da historia.
-
Apreciar e respectar o Patrimonio artístico e cultural propio.
-
Valorar o intecambio de puntos de vista.
-
Ter unha actitude respectuosa nas relacións cos demais.
-
Comezar a valorar criticamente a información.
Competencia cultural e artística -
Considerar as manifestacións culturais e artísticas como parte do patrimonio dos pobos.
Competencia aprender a aprender -
Saber utilizar diferentes formas de información.
-
Fomentar a aprendixe autónoma.
-
Ser cooperador e solidario.
Competencia para a autonomía e iniciativa persoal -
Organizar e distribución de tempos e tarefas do proxecto.
-
Coidar a presentación do proceso e facer unha exposición colectiva dos resultados.
-
Buscar o acordo e integrar diferentes puntos de vista para lograr resultados.
Competencia dixital e tratamento da información -
Realizar procuras de información utilizando buscadores.
-
Recuperar e almacenar información de diversas páxinas web.
Competencia lingüística -
Sacar e diferenciar o principal do accesorio de textos lidos.
-
Ler en público de modo axeitado en exposición aos demais.
-
Argumentar e rexeitar opinións e ideas.
-
Escribir unha biografía respectando o seu formato.
Competencia matemática -
Usar os símbolos matemáticos básicos (números romanos)
Metodoloxía.
Nesta unidade didáctica seguiremos un enfoque metodolóxico por proxectos e de aprendizaxe cooperativa. Xa que tanto o alumnado coma o profesorado se está iniciando en este tipo de traballo, todas as sesións estarán bastante dirixidas polas docentes, dando certa marxe de liberdade nalgúns apartados.
O proxecto realizarase principalmente na área de Coñecemento do Medio, con algunha incursión das áreas de Lingua Galega, Matemáticas e Educación Artística para facilitar a realización dalgunhas actividades necesarias para conseguir unha visión global do tema.
Partiremos destas fases na secuencia do proxecto:
Elección do tema (o
tema principal estará elixido
polo
profesorado, procurando dar máis liberdade no desenvolvemento grupal)
Planificación dos pasos a seguir (alumnado e docentes)
Búsqueda de información (alumnado asesorado por docentes e familias)
Tratamento
de
información
(alumnado
asesorado por docentes)
Elaboración de índice (alumnado asesorado por docentes)
Elaboración do dossier con todo o material (docentes coa colaboración do alumnado)
Avaliación (individual, grupal e docente)
Para a realización deste proxecto o alumnado traballará individualmente, en parellas e en grupos de catro (excepto un grupo que será de 3). Os grupos formaranse procurando a máxima heteroxeneidade. Unha vez formados os grupos buscarán cinco coincidencias entre todos os membros e tres teimas, para elixir un nome relacionado co anterior. Traballarán individualmente naquelas actividades que esixan búsqueda de información, reflexión propia, asentar conceptos, ... En
parellas
naqueloutras
que
impliquen
chegar a
unha primeira
confrontación de ideas e chegar a acordos previos aos grupais.
A colocación do alumnado na aula permitirá que en calquera momento se poida ir cambiando dun tipo de agrupamento (individual, parella, pequeno
grupo) con facilidade, permitindo en todo momento a libre circulación polo espazo.
O papel das docentes será de orientar, motivar e asesorar ao alumnado en todo momento. Buscarase a implicación e colaboración da familia na realización dalgunhas actividades. Cada alumno e alumna irá formando un dossier con todas as actividades realizadas individualemente , en parella ou grupo. Os proxectos que realice cada grupo fotocopiaranse ao final para que cada un deles teña o que realizaron os demais. Encadernanse os traballos para que cada neno e nena teña o traballo completo.
Xa que o alumnado non está afeito a buscar información en enciclopedias, na aula crearase un recuncho de historia onde estarán libros de textos de distintas editoriais e cursos facilitados pola profesora e outro material bibliográfico que se buscará na biblioteca ou que traerá o
alumnado
das
súas
casas.
Presentamos os libros de texto porque cremos que lles poden resultar máis fácil para localizar a información introducindo
que
precisen,
progresivamente
enciclopedias, libros consulta, ... aínda que tamén estarán na aula para aquel alumnado que poida acceder a el. Ter en conta que na aula temos un alumno co altas capacidades.
ACTIVIDADES A continuación presentamos as actividades principais que se realizarán neste proxecto.
1ª Actividade: Motivación – Determinación dos coñecementos previos
Presentaremos imaxes de distintas épocas históricas no taboleiro da clase de xeito desordenado. A continuación daremos a cada alumno e alumna unha serie de preguntas nun folio que contestarán individualmente: - Que é a historia? - Quen e cando se descubriu o lume? - Coñeces o nome dalgún emperador romano? - Sabes se hai castelos en Galicia? En que localidades? De que época son? - Quen e cando se descubriu América? - Que inventos coñeces? Sabes quen os descubriu? - O ano 1930 , de que século é? Unha vez que contesten individualmente, colocaranse por parellas para facer un primeiro resumo das respostas previo á unión do grupo. O portavoz lerá as respostas dadas. A mestra escribiraas no encerado.
2ª Actividade. Que é a historia? A propia historia e a propia liña do tempo. Grupo. Individual.
Seguindo o mesmo plan de traballo, presentamos a palabra HISTORIA escrita en gran tamaño en cartolina e propoñemos que cada grupo busque o significado desa palabra e os escriban nunha ficha que facilitamos. Debate e aclaración ao grupo. Propoñerase ao alumnado que pensen na súa propia historia e indicando os feitos máis importantes da súa vida. En grupo debatirán sobre os momentos que cren que deberían indicar. Posteriormente farase un debate para concretalos entre todos e todas. Propoñerlles que sitúen cronolóxicamente eses feitos. Introducir o concepto de liña do tempo. Dar ficha conceptual e con exemplos. Cada alumno e alumna elaborará a súa propia liña do tempo na casa buscando a colaboración da familia para situar os feitos no tempo.
3ª Actividade. Asociamos os anos aos séculos correspondentes. Área de matemáticas.
Dar a cada alumno/a unha ficha con dúas ringleiras de casiñas: unha con anos e outras cos séculos nos que se sitúan desordenados. Cada un deberá unir ano con século correspondente. Posteriormente debater no grupo e chegar a unha proposta única. Debater en gran grupo. Inducir o método para poder asociar ano con século. Ficha individual de consolidación. Corrección polo compañeiro/a da dereita.
4ª Actividade.A liña do tempo.
5ª Actividade. Elaboración do mapa conceptual do proxecto.
Entregaranse a cada alumno seis imaxes das épocas que nos interesa traballar, co nome de cada unha e a época na que se sitúa desordenadas. Deberán unir cada imaxe, co nome e a època. Posteriormente, debatirano coas parellas e nos grupos. Unha vez que o teñan realizado definitivamente, cada grupo autocorrexirase consultando en distintos libros de texto que teñamos na aula. Despois a profesora aclarará dúbidas para situar definitivamente cada época no momento axeitado, elaborarase unha primeira liña do tempo. A profesora presenta o traballo que deben realizar en grupo para facilitar o coñecemento das distintas épocas históricas: Viaxe no tempo. Seguindo a secuencia de traballo: individual – parella – grupo, cada grupo deberá indicar que épocas (consultando os libros de textos podemos traballar e que aspectos debemos tratar en cada unha. Así elaboraremos o mapa conceptual que cada alumno/a copiará nunha ficha.
VIAXE NO TEMPO
6ª Actividade. Estudo dun aspecto ao longo das épocas históricas fixadas. Grupo
É POCA
A mestra distribuirá cada un dos temas (modo vida, desprazamentos-medios transporte, inventos, construcións, personaxes históricos, manifestacións artísticas) entre os grupos. Cada grupo deberá ir analizando o aspecto que lle corresponda utilizando o material que considere. Baixarase a biblioteca a buscar material bibliográfico, propoñerase que traian calquera libro que teñan na casa sobre o tema, irase a aula de informática a buscar información, imaxes, ... Crearase o Recuncho da historia na aula. Cada grupo realizará un índice do traballo que supervisará a profesora. Unha vez feito comezarán a traballar en distintas sesións. O traballo deberán ir plasmándoo en folios utilizando o medio que desexen (escrito manualmente, ordenador, ...)
7ª Actividade. Facemos biografías. Área de lingua. Individual – parella – grupo.
8ª Actividade. Biografías de personaxes históricos. Área de lingua. Parella.
9ª Actividade. Facemos mosaicos. Área de educación plástica. Parella.
A partir da pregunta que é unha biografía? Recolleranse as ideas, propoñerase que busquen no dicionario o seu significado. Aclaración grupal. Ler unha biografía dalgún personaxe coñecido. Darlla a cada neno e nena para que individualmente a analicen e indiquen os aspectos que se van tratando. Debater en parella e despos en grupo. Debate en gran grupo cos portavoces Aclaradas as dúbidas, propoñer que cada un/unha realice unha autobiografía utilizando a liña do tempo elaborada. Corrección polo compañeiro/a da dereita no grupo. O equipo encargado dos personaxes históricos propoñerá doce. Cada parella escollerá un para realizar unha biografía sobre el. Unha vez feitas uniranse para facer un libriño con elas.
Propoñer a realización dun mosaico. O grupo encargado das manifestacións artísticas explicará o que é e en que época se sitúan. Cada parella realizará un nunha cartolina utilizando o material que desexe. Actividade previa: Que é un museo? Que é un museo arqueolóxico? Onde está o máis próximo á localidade? Que hai alí? Daráselles individualmente unha ficha con estas preguntas para que leven a casa e intente contestar coa colaboración da familia. Posteriormente na clase debateran as respostas en grupo. Debate a nivel da clase.
10ª Actividade. Visitamos un museo. Individual – Grupo. Colaboración familia.
11ª Actividade. Elaboramos carta de solicitude de visita ao museo. Área de Lingua. Parellas - grupo.
12ª Actividade. Expoñemos o traballo realizado. Grupo
Indicar que imos ir visitar un museo próximo: Museo de Melide. Como nos debemos comportar nun museo? Primeiro individualmente e despois en grupo facer unha listaxe coas normas que debemos cumprir nunha visita a un museo. Facer resumo global. Buscar información sobre el na aula de informática. O día da visita por parellas deberán cubrir unha ficha con información que deben recabar. Primeiro por parellas e despois cada grupo elaborarán unha carta. Recollendo as suxestións de cada grupo escribirase unha da clase onde asinarán todos e todas. Cada grupo expoñerá o traballo realizado utilizando a metodoloxía, material, recursos, ... que desexe co asesoramento da profesora. Todo o material fotocopiarase para que cada neno e nena teña todos os traballos no seu dossier.
13ª Actividade. Elaboración de preguntas. Grupo.
14ª Actividade. Sesións de avaliación. Individual – grupo profesora.
Cada grupo elaborará unhas preguntas sobre o seu traballo para facer ao restos dos compañeiros e compañeiras.
As sesións de avaliacións faranse: - Contidos: Xogo de preguntas elaborado polos grupos aos grupos // Proba individual elaborada pola mestra. - Completar os cuestionarios de avaliación recollidos no apartado correspondente.
CEIP DE CURTIS. A CORUÑA. JUSTO LEMA.