O can que non morde - 2015/2016
1
SUMARIO EDITORIAL COLABORACIÓNS MANUEL MARÍA POEMA SOBRE M.MARÍA VISITA AO MUSEO SAMAÍN 2015 ATENTADOS EN PARÍS CAMIÑO PRIMITIVO ARTIGO. Marcos DIRCO PROXECCIÓN DUN FILM ROSALÍA SEMPRE VIVA A VIOLENCIA DE XÉNERO EXPOSICIÓN DE CARTEIS M.MARÍA ENTREVISTA Á ESCRITORA ANDREA MACEIRAS IMOS AO TEATRO! FOTONOVELAS TRABALLO HOSTALARÍA CHISTE AUTORRETRATO TARTARUGA VIAXE A ITALIA COUSA RICA COLECTIVO RONSELTZ MICRORRELATO (Gústame mirar por…) ENCONTRO CO ESCRITOR PABLO NÚÑEZ VISITA A MADRID VISITA A VALENCIA O PIANO ANTROPOLOXÍA BUSCANDO CROIOS VIDRIEIRAS O PHOTOCALL O CORRELINGUA 2016 DEBUXOS DIXITAIS RECITAL DE POEMAS DE M. MARÍA ILUSTRACIÓNS SOBRE POEMAS DE M.MARÍA PALABRAS MATEMÁTICAS PASADO E PRESENTE DO SANXILLAO DESEÑO DE ZODÍACOS TEMÁTICOS OFERTA EDUCATIVA DO IES SANXILLAO
2 3 4 5 6 7 8 9 11 11 12 12 13 14 17 18 19 21 22 22 23 26 28 29 31 32 32 33 35 36 38 39 39 40 42 43 45 48 51 52
O can que non morde - 2015/2016
2
EDITORIAL Ola a todos! Un ano máis estamos de novo convosco para lembrar este curso2015-2016, que xa remata. Chega para dar conta dos acontecementos que xurdiron este novo ano académico e tamén como escaparate para dar a coñecer “xenios” na sombra. Foi un curso no que o mundo foi testemuña de feitos importantes que todos seguimos moi de preto: tras o ataque terrorista á revista “Charlie Hebdo”, en París, o segundo atentado en tres lugares da capital francesa saldouse con 130 mortos e centos de feridos. Tamén en Bélxica… Terremotos en Nepal, hai pouco en Ecuador…, voos destruídos na península do Sinaí, entre Turquía e Siria…; casos de corrupción ininterrompida en España, eleccións en México, nos EEUU; casos tremendos de violencia de xénero e na nosa cidade!!... Todo terrible pero o peor segue a ser o tema dos refuxiados sirios. En fin, que aquí non nos adicamos a roubarlles o pan aos xornalistas e tentamos amosar a maior parte das actividades e traballos realizados no centro e fóra del. Temos moitas sorpresas, así que pasade, entrade de cheo na revista e compartide as tarefas de profes e alumnos. Sen eles isto non sairía. Grazas a toda a Comunidade educativa!
A redacción
O can que non morde - 2015/2016
COLABORACIÓNS Luís Suárez (autor da portada. Profesor de Artes Plásticas) Alumnos DIRCO 1 Marcos Dieste Quiroga (1º DIRCO) Sara Saa Besteiro (1º ESO A) Mercedes Calvo (1º ESO B) Yao Sánchez (1º ESO B) Fe Mourenza (Profesora de Hostalaría) Aldara Hermida Silva (1º ESO A) Miriam Veiga Prado (1º ESO A) Gundar da Pena (2º ESO IES A Nosa Sra. Dos Ollos Grandes) Rubén Lombao (2º ESO IES A Nosa Sra. Dos Ollos Grandes) Jesús Castro (2º ESO IES A Nosa Sra. Dos Ollos Grandes) Bruno Fernández (2º ESO IES A Nosa Sra. Dos Ollos Grandes) Jorge López Graña (1º BAC A) Manuel Seoane Sánchez (1º BAC A) Amalia Morales Tamayo (1º BAC A) María López (Profesora de Hostalaría) Marisé Vecino Varela (profesora de Debuxo) Estevo Cordal Vidal ( 4ºESO A ) Lula Rivas (Profesora de Relixión) Uxía Betanzos (1º BAC) Ángela Gómez (Profesora e directora do IES Sanxillao) Xosé Luís G. Taboada (Profesor de Física) Mª José Senande (Profesora de Bac. Artístico) Pepa Barrios (Profesora de Galego) Ana Ibarra Pérez (W.Lanier) (2º BAC A Artes) Félix Martínez Eiriz (1º BAC B. TIC) Verónica Blanco (1º BAC ) Aarón Rivas Terrón (1º BAC B) Lara Álvarez López (1º BAC C) Alumnado de 1º ESO A Andrés Álvarez (2º BAC Artes) Marta Santórum (2ºBAC Artes) Ana Celeiro (2º BAC Artes) Carmen Abelleira (Xefa do EDLG do IES Sanxillao)
3
O can que non morde - 2015/2016
4
CARMEN ABELLEIRA
MANUEL MARÍA O autor ao que se lle adican este ano as Letras galegas é Manuel María Fernández Ferreiro. Naceu en Outeiro de Rei o 6 de outubro de 1929. A súa entrada na escola desconcertouno por motivos da fala, xa que se impartía en castelán e M.María comunicábase na súa lingua materna. Á morte do seu pai , asume a súa formación o seu tío paterno, párroco de San Froilán, quen o pon en contacto coa Filosofía, Teoloxía e a Literatura. M. María estuda o bacharelato en Lugo e despois os estudos de Filosofía e Letras, que abandona para dedicarse a escribir. No ano 1949 debuta falando sobre J.Ramón Jiménez e as Vangardas españolas no Círculo das Artes de Lugo. Pasou por faladoiros lucenses como o café “Cantón Bar” e logo “Méndez Núñez”, foro onde coñecerá a grandes figuras das letras como Ánxel Fole, Luís Pimentel, Carballo Calero… Muiñeiros de brétemas (1950) foi o seu primeiro libro publicado onde aparecen os seus versos de xuventude. Pero isto só será o comezo xa que escribiu máis de 50. Tamén se dá a coñecer como narrador cos Contos en cuarto crecente e outras prosas, con
base temática baseada nas clases máis desfavorecidas. Convértese nun “contador de historias”. Pero non se lle escapa ningún xénero literario: inicia o drama coa obra: O taberneiro. Superada a etapa existencialista inicial, con Terra Chá aparece un novo espazo de identificación coa terra. Un poemario moi revisado e ampliado. No ano 1967 funda a editorial Xistral. Este compromiso cultural levouno a el e á súa muller, Saleta Goi, a abriren en Monforte a libraría “Xistral”, un gran motor de dinamización sociocultural da vila. No 1968 publica Os soños na gaiola, poemario infantil musicado por moitas voces galegas. Nos anos 70, moi difíciles para homes coma el, participa do activismo político nacionalista. Isto xeroulle problemas coa xustiza, aos que respostou con poemarios como: Poemas para construír unha patria ou Cantos rodados para alleados e colonizados…, publicados fóra do país. Pero sempre veñen tempos mellores e así nos anos 90 comezan as homenaxes públicas. A primeira será na Coruña en 1995. O 15 de febrero de 2003 ingresa na RAG co discurso: “A Terra Chá: poesía e paisaxe”. Hoxe en día a súa querida C a s a d e H o r ta s ( e n Outeiro de Rei) converteuse na Casa-museo do autor. Deixounos o 8 de setembro de2004 na Coruña. “SE UN IDIOMA MORRE, MORRE TAMÉN O POBO QUE O FALA”. (M.María)
O can que non morde - 2015/2016
5
MERCEDES CALVO E YAO SÁNCHEZ. 1º ESO B
POEMA SOBRE MANUEL MARÍA Nunha pequena vila chamada Outeiro de Rei naceu un gran pequeño, a súa historia contarei: Nado un 6 de outubro un bo día de outono, grazas á súa ambición foi o alcalde do pobo. Co 19 anos de idade o seu primeiro libro escribiu, “Muiñeiro de Brétema” foi o título que lle atribuiu. Abandonou a militancia política, pois quería adicarse á cultura un poeta moi musicado ingresou na RAG con 73 anos. Amante de todos os xéneros literarios escribiu de todo: poesía, narrativa, teatro. A súa vida xa está explicada mais aínda non rematei. Adícaselle un importante evento: As Letras Galegas 2016.
O can que non morde - 2015/2016
6 LULA RIVAS
VISITA AO MUSEO PROVINCIAL DE LUGO No outono, un ano máis, fomos ao Museo de Lugo. Os afortunados foron os alumnos de 1º da ESO. Como eramos moitos, tivemos que facer dúas visitas. Acompañáronnos as profesoras de Galego: Rosa, Pepa e Carmen. Tivemos que ler previamente na clase o libro: “Contos do Museo”. Estas Rutas Literarias están baseadas nos contidos de cada un dos contos e das ilustracións deste libro. Cada unha das catro rutas previstas tomará como guieiro cadanseu relato. Os contos eran: “Visita nocturna” de Xabier P. DoCampo, a
“A serpe de pedra” de
Agustín Fernández Paz; “Un paxaro posible” de Paco Martín e ”Un trasno do museo no tour de Francia” de Xosé Miranda. No museo puxéronnos tarefas relacionadas cos contos e tiñamos que buscar as solucións. Déronnos un tempo limitado e tiñamos que estar todos xuntos na sala de Xulia Minguillón para respostar ás preguntas formuladas. Pasámolo moi ben e coñecimos o museo de Lugo moito mellor. Ao remate, fomos ver unha exposición que había eses días alí.
O can que non morde - 2015/2016
SAMAÍN 2015
Mostra dalgunhas das cabazas presentadas este ano ao concurso.
O PRIMEIRO PREMIO DAS CABAZAS: IKER LÓPEZ PASARÍN (1º ESO A)
O SEGUNDO PREMIO PARA TANIA LÓPEZ GONZÁLEZ (1º ESO C)
7
O can que non morde - 2015/2016
ATENTADOS EN PARÍS Estes debuxos seguen pendurados no noso centro, como símbolo da lembranza dos terroríficos atentados que sufriron en París o 13 de novembro do 2015 e que deixaron 130 mortos e máis de 350 feridos. A maior parte producíronse na sala de concertos “Bataclán”, onde os terroristas detonaron varias granadas. Pero houbo seis ataques máis. Os producidos na contorna deSaint-Denis, onde se xogaba un amistoso Francia-Alemaña. Esta matanza foi reivindicada polo estado Islámico e supuxo a segunda maior masacre en Europa, só superada polo 11-M en Madrid. En sinal de protesta, toda a comunidade educativa do IES Sanxillao, saíu ao patio e gardou uns minutos de silencio, conmovidos polo brutal ataque.
8
O can que non morde - 2015/2016
9
GUNDAR DA PENA, RUBÉN LOMBAO, JESÚS CASTRO, BRUNO FERNÁNDEZ. 2º ESO D COLABORACIÓN IES “OLLOS GRANDES”
O CAMIÑO PRIMITIVO
O can que non morde - 2015/2016
10
O can que non morde - 2015/2016
11
MARCOS DIESTE QUIROGA - ALUMNO 1º DIRCO
ARTÍCULO O que nos arrodea pode chegar a ser un pesadelo nalgúns momentos. A televisión amósanos guerras, políticos insultantes e de máis imaxes grotescas. Todo iso no peor momento posible para un cociñeiro, durante o servizo. Pero é aí, nese intre, cando nós podemos loitar contra iso e salvar aos comensais dunha mala dixestión. Mostrándolles pratos que lles fagan esquecer o que di a caixa boba e lles devolva, aínda que sexa só por un período curto, momentos, recordos, paixóns. Facéndoos viaxar a mundos exóticos onde o único importante é compartir a aventura co teu compañeiro de mesa, e non co político do momento. Voa, voa comensal, que o meu prato che fará viaxar, a un lugar sen igual, pois o importante é gozar o momento no que estás.
O can que non morde - 2015/2016
PROXECCIÓN DUN FILM NO INSTITUTO: O CRIME DA LEGUA DEREITA A protagonista principal deste curto, Bea Meilán, veu ao noso centro para explicarlles e falarlles aos alumnos da película que ela protagoniza. O crime da legua dereita , da produtora lucense “Cool Films” baséase nun suceso que tivo lugar en Vilalba no ano 1911: un home foi asasinado arrincándolle a pel da cara. Unhas estrañas e misteriosas técnicas de menciñeiros son o móbil do crime. Cen anos despois, dous brutais crimes poñen contra as cordas á Policía de Lugo: dúas rapazas coa pel da cara arrincada. O curso da investigación levará a unha parella de policías a descubrir que nada é o que parece.
Trala proxección houbo explicacións da película por parte de Beatriz Meilán e o alumnado aproveitou para facerlle cantas preguntas tiña na cachola.
BEATRIZ MEILÁN
O can que non morde - 2015/2016
12
RECITADO DE POEMAS “ROSALÍA SEMPRE VIVA” O sábado 27 de febreiro, as alumnas Tania López González e Aisha Fernández Escanellas de 1º ESO C, participaron no recitado na Casa-Museo de Manuel María. Este ano había moitísima representación de toda Galicia. O nivel era moi alto e resultoulles difícil dar o veredito. Quizais aumentou a participación porque este curso tamén se podían recitar poemas de Manuel María xunto cos de Rosalía. Logo do recitado, fomos ver a casa do autor homenaxeado este ano polas Letras galegas e máis tarde recoller os diplomas.
TANIA E AISHA CON CADANSEU DIPLOMA TRAS O RECITAL.
É unha experiencia marabillosa para que os alumnos se solten a expresarse diante do público e a escolla dos poemas tamén é moi curiosa. Ánimo a todo o alumnado para o próximo curso!!!
O can que non morde - 2015/2016 ALDARA HERMIDA SILVA - 1º ESO A
A VIOLENCIA DE XÉNERO Neste mundo, desgraciadamente, vivimos cun problema que afecta a máis de 32.000 mulleres do mundo ao ano, a violencia de xénero. Consiste en causar danos ás mulleres por parte das súas parellas tanto física como psicoloxicamente tan só polo seu sexo. Estas agresións impactan negativamente na súa identidade e no seu benestar social, físico ou psicolóxico. Unha cousa que pode resultar triste ante este tema é que a violencia de xénero é algo que se comete conscientemente a maior parte das veces. En España en 2016 xa foron asasinadas once mulleres do que levamos de ano (estamos no mes de marzo). E en Galicia a primeira vítima produciouse o día 11 de febreiro. En 2015, en España morreron cincuenta e sete mulleres vítimas da violencia de xénero e en 2014 cincuenta e catro. Este problema tamén afecta aos nenos e ás nenas de todo o mundo, tanto porque lles fan dano como porque as agredidas son as súas nais. Na miña opinión, a violencia de xénero non debería de existir, e menos no século XXI , 2016 e
isto segue presente nas nosas vidas, e na de moitas mulleres que sofren. Paréceme ata vergonzoso que este tema siga presente mentres que outros moitos non tan graves se solucionaron totalmente. Eu creo que estes homes teñen que ter moita maldade para facer algo así. E a verdade é que non gañan nada facendo todo o que lles fan a esas mulleres que na maior parte dos casos non teñen a mínima culpa. Que poderiamos facer para que a violencia de xénero despareza das nosas vidas e da de todas esas mulleres? -Nas casas os pais e as nais poderían tratar igual aos fillos e fillas. -No colexio, plasmar que todos somos iguais e que temos os mesmos deberes e dereitos. -Tamén na casa, o pai e a nai facer tarefas os dous por igual para facer ver aos nenos a repartición. E moitas cousas máis, porque… que sentido ten facernos dano se elices en paz e tranquilidade?
O can que non morde - 2015/2016
13
CARTEIS SOBRE MANUEL MARÍA, ELABORADOS POLO ALUMNADO DE 1º ESO Como facemos todos os anos, o alumnado de 1º de ESO (os tres grupos) elaboraron con cartolinas e rotuladores uns carteis sobre o autor homenaxeado. Baseándose nos seus libros eles sós interpretaron como debían expoñer dun xeito claro e lúdico, algún dos seus aspectos biográficos e da súa obra. Aquí podedes ver o que penduraron na parede do corredor para que todos puidesen velo.
O can que non morde - 2015/2016
14
SARA SÁA BESTEIRO. 1º ESO A
ENTREVISTA Á ESCRITORA ANDREA MACEIRAS
ANDREA MACEIRAS ASINANDO LIBROS NA BIBLIOTECA DO IES SANXILLAO
O can que non morde - 2015/2016 OBRA DA ESCRITORA QUE PODEDES ATOPAR NA NOSA BIBLIOTECA.
15
O can que non morde - 2015/2016
16
O can que non morde - 2015/2016
17
IMOS AO TEATRO O venres 29 de xaneiro os alumnos de 1º de Bacharelato e os de FP Básica de Hostalaría, asistimos á representación dunha obra de teatro no Auditorio de Lugo. O título é: “A órbita do lucecú”, da Compañía Lucecús Teatro. Tres compañeiros de piso orbitan compartindo espazo e soidade. A enerxía que conteñen no seu interior marcará os seus destinos. As cousas máis simples ás veces son as máis difíciles de conseguir, os nosos esforzos pérdense na noite como o refulxir dun lucecú que titila ata esmorecer, cando non acada a resposta buscada. A órbita do lucecú explora as relacións humanas nunha viaxe curiosa e divertida a través de Marte, Nikola Tesla e os lucecús. Unha obra ben feita cunha aposta forte onde o alumnado non pestanexou, entre outras cousas porque trata un tema de partida que lles afecta: a sociedade tecnolóxica e os novos xeitos de comunicarse.
O PÚBLICO, de Federico García Lorca O día 18 de abril os alumnos de 1º de Bacharelato asistiron á representación da obra de teatro “O Público” no Auditorio municipal. A Compañía de teatro USC-LUGO está formada por 11 actores, dous técnicos, un músico, un asistente e unha directora, Paloma Lugilde. Os actores, a maioría estudantes universitarios, fan un taller de setembro a decembro que os introduce no mundo teatral. Tras o taller, algún deles deciden entrar na Compañía. A obra elixida este ano,” O Público”, montouna por primeira vez a Compañía de Lugo no
2006 e este ano vólvense achegar a ela. Trátase do rexeitamento do teatro ao aire libre para que se realice o “teatro baixo da area”, o verdadeiro teatro. Tamén aparecen os Cabalos, para reprocharlle a súa falta de autenticidade e lembrarlle aspectos da súa intimidade, como a homosexualidade. O director sabe que se está enganando a si mesmo, pois tempo atrás foi amante de Gonzalo. Así, finalmente levará a cabo o “teatro baixo da area”, cunha nova versión de Romeo e Xulieta. Nela sacará a verdade á escena, os temas tabús, profundizando no amor imposible e na verdadeira personalidade, o que causará a revolución do público, a morte de todos os personaxes e a súa propia.
O can que non morde - 2015/2016
18
FOTONOVELAS Estas fotonovelas foron realizadas polos alumnos de 1ยบ de Bacharelato na materia de Cultura audiovisual.
O can que non morde - 2015/2016
19
“DEFORMACIÓN PROFESIONAL” OU DE… “FORMACIÓN PROFESIONAL” E A NOSA LINGUAXE Podemos facer un xogo de palabras coa nosa formación ou coa nosa profesión. Somos de Hostalaría, formámonos neste Instituto e despois de ter pasado una tempadiña por estes lares xa comezamos a ter certas manías coas cousas de comer ou de facer de comer ou de servir comidas ou bebidas. Miramos como fan os outros da profesión. Se entramos nunha cafetería: se poñen a taciña do café deste xeito ou doutro, onde poñen a culleiriña…á esquerda ou á dereita. Como collen as copas, como serven as cañas, etc. Se entramos nun restaurante…ai!, se podemos, sentámonos fronte da porta da cociña…para ver como está por dentro e, cada vez que a porta se abre, botamos una ollada, hai que controlar. Ben, pódese supoñer que as outras profesións tamén farán o mesmo (seguro que os dentistas óllannos para a boca e para os dentes cunha mirada valorativa non si?) Fóra complexos, se fai falla levantar cun garfo a comida que nos serven nun prato, e revolvermos para ver ou adiviñar como foi feito e que truco empregaron para conseguir d e te r m i n a d a tex t u ra … fa c é m o l o s e n importarnos as olladas algo estupefactas que os comensais preto de nós nos botan, ou o sentimento de inquedanza que causamos nos empregados do comedor. O caso é que non nos p o d e m o s re s i s t i r a fa c e l o : é p u ra “deformación profesional”. Esto resulta divertido, ao menos para nós, xa que temos moitas oportunidades de fisgar o traballo dos demais; pero…é que así tamén facemos “formación profesional”.
Home, xa chega co xoguiño de palabras! E, a propósito de palabras, imos falar delas. Non, non, non imos a clase de lingua senón que nós, os de Hostalaría temos una linguaxe especial, di que profesional ou técnica. A verdade é que a cousa ten enxundia, xa que na linguaxe de hostalaría dicimos algunhas palabras que teñen un significado que non ten nada que ver co significado que teñen na linguaxe ou na fala normal. Aínda máis, existe una morea de dicionarios de Hostalaría ou de termos especiais para esta profesión. Vouvos dar algúns exemplos: Por orde alfabética:
O can que non morde - 2015/2016
20
O can que non morde - 2015/2016
Mª FE MOURENZA
21
O can que non morde - 2015/2016
22
FÉLIX MARTÍNEZ EIRIZ. ALUMNO DE TIC. 1º BAC
AUTORRETRATO POP ART Andy Warhol é un artista estadounidense que desem-
peñou un papel crucial no nacemento e desenvolvemento do movemento Pop Art, na década dos 60. Fíxose mundialmente famoso por sus retratos de Marilyn Monroe, xogando co contraste das cores. Transformei unha foto á maneira de Andy Warhol, estilo Pop Art, co uso do programa de edición Gimp.
O can que non morde - 2015/2016
TARTARUGA TARTARUGA REALIZADA COA TÉCNICA DE ZENTANGLE. POR UXÍA BETANZOS.
O can que non morde - 2015/2016
VIAXE A ITALIA
23
O can que non morde - 2015/2016
24
ARRIBA,NOS FOROS ROMANOS, CARMEN E XOSÉ LUÍS, DOUS PROFESORES ACOMPAÑANTES.
NA PRAZA DE SAN PEDRO
UN GRUPO DE ALUMNOS ANTE A TORRE DE PISA, QUE, POR CERTO, SON BEN ALTOS TAMÉN. MARÍA, PROFESORA DIANTE DO CAPITOLIO
UN GRUPO DE RAPAZAS NO PONTE VECCHIO.
O can que non morde - 2015/2016
25
EN SIENA NA TARDIÑA
OS ALUMNOS NO COLISEO
EN FLORENCIA, ANTE O PALACIO PITTI.
O can que non morde - 2015/2016
26
MARÍA LÓPEZ. PROFESORA DE HOSTALERÍA
COUSA RICA Os alumnos de DIRCO 1 adicaron unhas xornadas gastronómicas para elaborar pratos típicos de cada comunidade española e, por suposto, da galega. Velaí tedes unha mostra dalgúns deles!
FABADA ASTURIANA
PRATO MEDIEVAL: OLA PODRE
TROITA Á NAVARRA CON FABAS E PATACAS
COCIDO GALEGO
HOMENAXE AO QUIXOTE: DOOS E QUEBRANTOS
GUACAMOLE CON NACHOS, MADE IN SANXILLAO.
O can que non morde - 2015/2016
27
LACÓN ASADO CON CEBOLIÑAS
BUTELO CON VERZA E PATACA
ZARANGOÑO MURCIANO
TOSTAS DE FARINATO CASTELÁN-LEONÉS, CON OVO DE PASPALLÁS.
PIPIRRANA MURCIANA
CECINA DE LEÓN CON ESCUMA DE PEMENTOS DO BIERZO
OVOS SÓLLER MALLORQUÍNS
FORNADA DE SALAMANCA CON ESCUMA DE PEMENTOS
O can que non morde - 2015/2016
28
ESTEVO CORDAL VIDAL
COLECTIVO RONSELTZ
O can que non morde - 2015/2016
29
O can que non morde - 2015/2016 MIRIAM VEIGA PRADO 1º ESO A
MICRORRELATO Gústame mirar pola ventá da miña casa e
decátaste que a morte é dolorosa, non tanto
sentir a tranquilidade, saír á terraza e poder
para quen se vai senón para os que quedan.
ulir a liberdade, a xustiza. Pero, e se isto non
Con isto, non quero imaxinarme o que están a
fose así?
pasar os familiares e amigos dos mortos. Eles
Pecha os ollos, imaxina que estás na sala Bataclán, o 13 de novembro de 2015, escoitando a túa música favorita e...de súpeto, empezas a oír uns disparos seguidos de berros; a xente faise a morta, se non o está xa, claro, e ti estás fronte a un yihadista. Aí, nese instante,
estarían chamándoos por teléfono e ninguén estaría detrás para collelo. Demasiada tristura. E se isto che pasara a ti? Todos estamos de acordo:”Pray for Paris”
O can que non morde - 2015/2016
30
O can que non morde - 2015/2016
31
ENCONTRO CON PABLO NÚÑEZ O pasado 2 de maio o autor Pablo Núñez estivo no noso centro falando do seu libro: As fillas do César. Contounos como xurdiu a idea de facelo, o tempo que empregou na súa escrita, a documentación da que se forneceu… Un par de horas cos alumnos de 4º da ESO que lle fixeron unha batería de pregun-
tas. Quizais interesáballes tanto por terse desenvolvido na nosa cidade, entre outros lugares, e así eles identifícanse máis co libro. Resultou unha charla amigable, entrañable e moi interesante por todo o que o novelista relatou e polo ambiente que se respiraba na biblioteca.
PABLO NÚÑEZ
EXPOSICIÓN DA SÚA OBRA
O can que non morde - 2015/2016
32
VIAXE A MADRID Un grupo de estudantes de Relixión de 3º da ESO realizaron unha viaxe cultural a Madrid os días 22 e 23 de abril , que consistiu nunha extensa visita guiada á cidade e tamén á catedral , así coma ao Parque Warner Bross , resultando moi interesante e tamén divertido.
O can que non morde - 2015/2016 LULA RIVAS
VIAXE A VALENCIA Un grupo de 20 alumnos de relixión de 4º de ESO e 1º de BAC realizaron unha visita cultural a Cuenca e Valencia os días 31 de marzo , e 1e 2 de abril de 2016. O primeiro día tivemos unha visita guiada a Cuenca , percorrendo os lugares máis emblemáticos da cidade. Ao día seguinte visitamos Valencia pola mañá e pola tarde trasladámonos á Cidade das Artes e das Ciencias , pasando unha xornada moi interesante. O último día visitamos a Lonja da seda e a continuación o Oceanográfico , para emprender a viaxe de regreso .
O can que non morde - 2015/2016
O PIANO
33
O can que non morde - 2015/2016
34
O can que non morde - 2015/2016
35
LARA ALVAREZ LÓPEZ 1º BAC C
A ANTROPOLOXÍA Para empezar imos explicar que é a antropoloxía. A antropoloxía é unha ciencia que se move na dimensión social e cultural. Cando o ser humano se relaciona con outros e vive, faino de acordo cos seus costumes, ideoloxía, organización política, relixión etc. Todos estes comportamentos están dentro da dimensión social. Pero non só se ten en conta a dimensión social para coñecernos a nós mesmos. Por exemplo, todo ser humano come, pero non todas as culturas comen os mesmos alimentos ou cociñan da mesma forma.
Malinowski
A antropoloxía diferénciase doutras ciencias no sentido de que nesta non hai leis, xa que serían inviables. Todos os seres humanos somos moi diferentes e complexos. A antropoloxía permítenos xerar coñecementos sobre diferentes sociedades e culturas e a xente que forma parte destas. Deste xeito , permítenos solucionar problemas de carácter social. Por iso a antropoloxía adquire unha maior importancia, porque posibilita unha maior proximidade e interacción de grupos que son culturalmente distintos.
PROCESO DE HOMINIZACIÓN
A antropoloxía ten distintas ramas de estudio: a arqueoloxía, que a través dos restos materiais intenta reconstruír a historia; a antropoloxía lingüística, que estuda a importancia das linguas na cultura; a antropoloxía biolóxica, que estuda todos os cambios biolóxicos do ser humano e como estes inflúen na cultura; e a antropoloxía socio/cultura,l que estuda a cultura en toda a súa complexidade. E todo isto é posible grazas aos antropólogos que se valen da observación para desenvolver diversas teorías.
PROCESO DE HUMANIZACIÓN
O can que non morde - 2015/2016
36
AARÓN RIVAS TERRÓN. 1º BAC B
BUSCANDO CROIOS
PEDRA CHANTADA
O can que non morde - 2015/2016
CASTRO DE GONDAÍSQUE
A ESCOLA DE SANTABALLA E OS NOSOS ALUMNOS
37
O can que non morde - 2015/2016
VIDRIERAS FEITAS POLOS ALUMNOS DE 1ยบ BAC
38
O can que non morde - 2015/2016
39
PHOTOCALL O lema do “Correlingua” este curso é: “O galego está en nós”. Velaí temos aos que quixeron facer o photocall para que os encargados do Correlingua o suban ao Facebook (sempre coa autorización dos pais, nais e titores).
O can que non morde - 2015/2016
O CORRELINGUA 2016 Aquí estamos coma sempre (vale, algo máis vellos…) no Correlingua. O día 11 de maio xa todos preparados coas gorras coas que nos agasallaron para encher a cidade coa mocidade galega. Fixádevos nas pancartas confeccionadas polos alumnos dos Primeiros da ESO. Son unha chulada! Demos unha volta pola muralla, polo centro e logo, a cantar! Recibimos un diploma de participación e tres libros de M.María. Tivemos sorte co tempo xa que toda a mañá Lorenzo acompañounos .
XUSTO A SAÍDA DO IES
UNHA DAS NOSAS PANCARTAS
UNHA COMPAÑEIRA RECIBINDO O DIPLOMA DE PARTICIPACIÓN.
O can que non morde - 2015/2016
40
ANA IBARRA PÉREZ (W.LANIER) 2º BAC A, ARTES
DEBUXOS DIXITAIS "E as veces o peor, o máis horrible de ter boca é que dis cousas que non podes desdicir, cousas que enchen o ambiente de veleno" Feito no programa Paint tool SAI, usando unha tableta gráfica Trust (Recomendo esta marca porque é barata. Ao menos a min, funcióname moi ben!) O debuxo dixital pode parecer moi difícil, pero todo é cuestión de intentalo. No persoal, atópoo moito máis limpo, aínda que non máis rápido (malia poida parecelo), É o malo de ter oportunidades infinitas de perfeccionalo! Os personaxes usados son do libro Harry Potter! Espero que sexan recoñecibles.
"Coa mente arriba arriba arriba, no ceo" Feito no programa Paint tool SAI, usando unha tableta gráfica Trust (de novo) Personaxe orixinal meu, chámase Isabelle! Sen dúbida o mellor da arte dixital é poder usar capas (ata certo punto) ilimitadas!
O can que non morde - 2015/2016
41
"Non recoñecerías unha estrela incluso aínda que a tiveras diante de ti" Arte tradicional, feito con rotuladores de alcol marca Tiger, algúns detalles con Posca branco. Mesturar os colores con eles é gratificante! Outro personaxe orixinal, chámase Alba.
“Aínda traballei un par de semanas…" Feito con lapis acuareables Faber Castle, traballo de clase.
O can que non morde - 2015/2016
42
RECITAL POEMAS MANUEL MARÍA O día 22 de abril celebramos no Instituto o Día do Libro (o 23 foi sábado) e para iso durante toda a xornada houbo música e a partir das 12 un recital de poemas de Manuel María. Todos os actos tiveron lugar na biblioteca do centro.
MIRIAM E SARA RECITANDO
BRAIS NOVO
NICOLÁS PÉREZ CALVO
O can que non morde - 2015/2016
43
ILUSTRACIÓNS Os alumnos de 1º de Bacharelato de Artes realizaron estas ilustracións a acuarela partindo de poemas de Manuel María. Este é o resultado do que lles inspirou.
O CORAZÓN DA AUGA Esquence esa folla moura e agoireira que aniña no triste sangue incerto deses minutos lentos que permanecen cunha fina emoción de nácar vulnerábel. Astra a frol -tan fina!- non ten esa fluidez infinita que se alonga. Son saloucos precisos. Saloucos: non o esquenzas. Firen o vento coas súas tremelantes azas brancas. Pero o anceio feito luz é imposíbel. Ti non o sabes: pero o paradiso está tan lonxe...! E a auga... A auga: non di a ninguén os seus segredos
FUME Este fume azul -ronsel de lonxaníasvoa lixeiriño cara ´ceio. Na penumbra: soidades. E na alma: pensamentos e roseiras. A luz da tarde morre nunhas breixas. Fume azul e promesas enguedelladas nas silveiras.
O can que non morde - 2015/2016
DE TERRA CHÁ TERRA ChÁ A Terra Chá somentes é un pobo aquí, outro acolá, mil arbres, monte raso, un ceio chumbo e tráxico no que andan as aves a voar. O resto é soedá. POBO Vinte, trinta casas. Aí están cunha feitura xusta e aldeán. A terra é moura. Dorme con desgana sen a curva feminina da montana. us prados, a mazaira e a cerdeira. Os palleiros ocupan media eira. Os cás, entre as casas, a folgar, ladrando por ladrar.
PRESENZA Quero darlle á miña voz perdida un sinxelo tremor de folla pra dicir simplemente, sen xeada retórica de literatura, a emoción que garda na súa ialma cada cousa. Hai un laio doente e señardoso que se me escapa das maos cara ó silencio de azas coma sombras ou muíños de luz encantadodra e vagariña, documente durmida no soído do vento e no algo reflexo do luar. As cousas sinten o pulso de tódolos minutos e da súa voz calada saen, ás veces, queixas imperceptíbeles que se misturan, silandeiras e tristes, coas bágoas das palabras reflexadas no medo e mais na noite. Elas choran e rezan e nas súas maos frolecen liños de terror prós homes.
44
O can que non morde - 2015/2016
45
ALUMNADO DE 1ยบ ESO-A. MATEMร TICAS RECREATIVAS
AS PALABRAS ESPIDAS
O can que non morde - 2015/2016
46
O can que non morde - 2015/2016
47
O can que non morde - 2015/2016
48
ÁNGELA GÓMEZ DOVAL. DIRECTORA DO IES SANXILLAO
PASADO E PRESENTE DO IES SANXILLAO
Relación do número de alumnos/ano académico
O can que non morde - 2015/2016
49
O can que non morde - 2015/2016
Ruta Pondaliana
ExposiciĂłns de traballos
Instrumentos musicais galegos
O Courel 2014
DĂa das Letras Galegas
Londres
50
O can que non morde - 2015/2016
DESEÑO DE ZODÍACOS TEMÁTICOS BASEADO NUN ZAPATO DE TACÓN FEMININO, “TUNEADO” PARA CADA SIGNO. REALIZADO POR MARTA SANTÓRUM, DE 2º BAC ARTÍSTICO BASEADO NO MUNDO DO ESPECTÁCULO. REALIZADO POR ANDRÉS ÁLVAREZ . 2º BAC ARTÍSTICO
BASEADO EN PEITEADOS. REALIZADO POR ANA CELEIRO 2º BAC ARTÍSTICO
51
O can que non morde - 2015/2016
52