Aquí presentamos os dous números do fanzine noxxxo (con tres xis, non confundir cun outro fanzine noxxo tamén de Ourense de anos antes) dos anos 92 e 93, finais do pasado século. Era un fanzine subterráneo de música (sobre todo punk e hardcore) e de política que xurdiu no centro social okupado de Ourense da época, o "Fogar infantil"
Naquel intre e agora tamén a música tiña moito que ver con todos os movimentos libertarios e okupas e en Ourense aínda que non se contaba con grupo musical propio na casa okupada si se organizaban numerosos concertos nela e anteriormente na casa da xuventude de Ourense.
Os fanzines están cheos de colaboracións escritas e visuais da xente da Asamblea de okupas e tamén de diversos lugares cos cales mantíñamos correspondencia por motivos como digo políticos e musicais que ao final viñan ser para nós a mesma cousa.