A NOSA VILA: BUEU

Page 1

ALUMNADO DE 3º ESO CURSO 2011/2012

Bueu é un concello que se atopa na comarca do Morrazo, limitan ao sur co concello de Cangas, ao norte e ao leste cos concellos de Marín e Moaña e ao oeste coa Ría de Aldán. O norte da localidade atópase bañada pola Ría de Pondevedra, onde se atopa a Illa de Ons, que forma parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas.

1


Bueu é unha vila mariñeira de máis de 13.000 habitantes, cunha área de 31 quilómetros cadrados, dos cales 10 aproximadamente son illas. A nosa vila estutúrase en 3 parroquias: San Martiño de Bueu, Santa María de Beluso, e Santa María de Cela. A súa principal fonte de riqueza é a pesca. Nos últimos anos, grazas ao seu clima suave e a súa ampla gastronomía, empezouse a producir un aumento do número de turistas. As moitas praias que temos no concello fan que no verán sexa un lugar de referencia para o ocio e a diversión.

2


HISTORIA Na historia de Bueu, Vila por Real Cédula en 1856, sempre estivo moi presente o mar e a pesca, pero é a partir do século XVIII cando comeza o seu despregamento económico grazas ás factorias de manufacturas de conservas, que convertirán a principios de século pasado o porto de Bueu nun dos portos máis importantes de Galicia. JOHAN CARBALLEIRA Así foi coñecido o periodista, escritor, político e ex alcalde de Bueu. O seu nome real era José Gómez de la Cueva, pero asinaba

as

súas

obras

e

artigos

co

pseudónimo de Johan Carballeira. Naceu en Vigo en 1902 e foi asasinado o 17 de abril de 1937 polos franquistas, debido á súa coñecida tendencia política galeguista e republicana (gobernou en Bueu co Partido Galeguista). En forma de homenaxe, o noso instituto e unha rúa do centro da vila levan o seu nome. Tamen ten un monumento adicado na vila.

3


SAN MARTIÑO DE BUEU Paseando por la zona urbana desta parroquia do concello de Bueu, atopamos a Casa Consistorial, inagurada en 1903. Un pouquiño máis abaixo, sería convinte visitar a Lonxa e a Praza do pescado. A frescura e variedade do pescado que se vende na praza, incluso polas tardes, e unha estampa que non podemos perdernos.

CASA CONSISTORIAL

Non podemos esquecer a capela de San Xosé, ao lado do actual centro de ensinanza nautico-pesqueira da localidade, e a igrexa de San Martiño, de 1880, de rasgos neocásicos, e a ermita dos Santos Reis, un templo moi orixinal.

CAPELA DE SAN XOSÉ

ERMITA DOS SANTOS REIS 4


O MUSEO MASSÓ A sede do Museo é un antigo edificio que formaba parte da factoría de conserva de peixe Massó. Presenta unha exposición permanente relacionada co mar como fonte de recursos económicos: dende obxectos procedentes das antigas fábricas de salga e de conservas, ata outros vinculados coa actividade pesqueira.

5


SANTA MARIA DE BELUSO

IGREXA SANTA MARÍA DE BELUSO Na parroquia de Beluso podemos atopar a igrexa de Santa Maria de Beluso, a ermita de Sanamedio, o Pazo de Ouril, os petróglifos de Bon e o castro de Udra e de Bon.

6


CABO UDRA Este cabo pon fin á ría de Aldán e sinala o comezo da ría de Pontevedra. Xunto co cabo Home, cabo Udra é un dos lugares que tes que visitar se pasas pola Península do Morrazo. Podemos atopar unha variedade de praias moi bonitas, onde respirar aire puro.

7


SANTA MARIA DE CELA Cela é una parroquia do concello de Bueu. A maior parte dos seus habitantes adicáronse á pesca de altura. A igrexa de Santa María de Cela é románica e esta situada no alto da parroquia. As festas máis importantes eran feitas entre os mozos de Cela e IGREXA SANTA MARÍA DE CELA

Ardán; as chamadas Festas dos Mozos,

e

nelas

os

mozos

cantaban “as vivas”. En Cela hai dúas praias importantes: Agrelo e Portomaior

PRAIA DE PORTOMAIOR

PRAIA DE AGRELO 8


PRAIAS As

praias

son

paisaxes

paradisíacas:

Agrelo,

Ancaradouro, Area de Bon, Banda do Río, Beluso, Bueu, Cornide, Covelo, Lagos, Lapamán, Loureiro, Mourisca, Muíño Vello, Pedrón, Pescadoira, Portomaior, Reventón, Robaleira, Roiba, Sartasens, Tulla, Pitís, Area de Cans, Canexol, Dornas, Fedorentos, Fontiñas, Liñeiro, Melide, Onza Norte, Onza Sur, Pereiró, Das Moscas. PRAIA DE AREA DE BON: de area branca e fina, nun entorno rural con bosques e numerosos bosques de millo.

PRAIA DE AREA DE BON

PRAIA DE AREA DE BON

PRAIA DE TULLA: de gran extensión, en forma de media cuncha e de area grosa e branca.

PRAIA DE TULLA

9


ILLA DE ONS Ons é una pequena illa de Bueu e, pola súa riqueza natural e paixasística, forma parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, xunto coas Cíes, Sálvora e Cortegada. Para chegar a el temos que ir nuns barcos, “os barcos da illa”. A illa ten un pequeno porto onde desembarcar. Preto do porto atopamos a igrexa de San Xaquín, un posto da Cruz Vermella e dous establecementos para xantar e durmir, Casa Checho e Casa Acuña, onde tamén se poden mercar artigos de primeira necesidade. Temos que visitar o “Burato do Inferno”, e gozar das moitas praias que ten: praia de Area dos Cans, de Pereiro, de Onza, etc.

CURRO

FARO DA ILLA DE ONS

VISTA PANORÁMICA

BURATO DO INFERNO 10


A illa de Ons na súa totalidade é unha beleza, pero ten lugares de visita obrigada. Un deses sitios é o punto máis algo da illa, chamado “El cucurno” que está presidido polo Faro de Ons. Outra visita recomendable é a coñecida como “Laxe do Crego” un antigo sepulcro accesible dende a praia de Area dos Cans, unicamente coa marea baixa. Na zona máis próxima ao porto, está a parte máis poboada da illa, coñecida como Curro. Outras illas son Onza e Onceta.

11


FESTAS Unha das festas gastronómicas máis coñecidas de Bueu é a “Festa do polbo”, que se celebra o primeiro fin de semana de setembro ao lado do porto da vila.

No lugar de Meiro, entorno á Casa da Aldea, celébrase o último fina de semana de marzo o “Encontro e Degustación do Millo Corvo” (millo negro). Festa de todo o proceso de plantación, recolección e elaboración de produtos artesáns a partir desta variedade singular que tiña como misión servir de barreira natural entre o monte e o millo branco, e alonxar aos corvos e outras aves depredadoras. IES Johan Carballeira Rúa do Instituto nº 4

36930 Bueu, Pontevedra

ies.johan.carballeira@edu.xunta.es Tlf / Fax 12 986323270


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.