Presentación Contido Aberto

Page 1

qwertyuiopasdfghxqlzxcvbnmqwertyui opasdfghxqlzxcvbnmqwertyuiopasdfgh xqlzxcvbnmqwertyuiopasdfghxqlzxcvbn mqwertyuiopasdfghxqlzxcvbnmqwerty CONTIDO ABERTO S.L. NE uiopasdfghxqlzxcvbnmqwertyuiopasdfg hxqlzxcvbnmqwertyuiopasdfghxqlzxcvb nmqwertyuiopasdfghxqlzxcvbnmqwert Abril 2008 yuiopasdfghxqlzxcvbnmqwertyuiopasdf ghxqlzxcvbnmqwertyuiopasdfghxqlzxcv bnmqwertyuiopasdfghxqlzxcvbnmqwer tyuiopasdfghxqlzxcvbnmqwertyuiopasd fghxqlzxcvbnmqwertyuiopasdfghxqlzxc vbnmqwertyuiopasdfghxqlzxcvbnmqwe rtyuiopasdfghxqlzxcvbnmrtyuiopasdfg hxqlzxcvbnmqwertyuiopasdfghxqlzxcvb nmqwertyuiopasdfghxqlzxcvbnmqwert yuiopasdfghxqlzxcvbnmqwertyuiopasdf ghxqlzxcvbnmqwertyuiopasdfghxqlzxcv bnmqwertyuiopasdfghxklzxcvbnmqwer tyuiopasdfghjklzxcvbnmqwertyuiopasd Contido Aberto, S.L NE. – Organización de eventos socioculturais, servizos asistenciais e formación especializada

Organización de eventos socioculturais, servizos asistenciais e formación especializada


CONTIDO ABERTO S.L. NE Organización de eventos Socioculturais, Servizos Asistenciais e Formación Especializada

Departamento de Programas 686 209 230 Departamento de Administración 986 864 913 contido.aberto@gmail.com Rúa García Camba, 12 Entrechán 6 36001 – Pontevedra

1. ¿QUEN SOMOS? 2. ÁREAS DE INTERVENCIÓN a. FORMACIÓN b. ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL E DESENVOLVEMENTO COMUNITARIO c. ACCIÓN ASISTENCIAL d. ORGANIZACIÓN DE EVENTOS E PUBLICIDADE E IMAXE 3. IDENTIFICACIÓN DE MEMBROS DE CONTIDO ABERTO S.L. NE


Contido Aberto, S.L NE. – Organización de eventos socioculturais, servizos asistenciais e formación especializada

1. ¿QUEN SOMOS? A educación, a cultura, a participación e a asistencia social son unha parte esencial da nosa sociedade. En consecuencia estas áreas constitúense no soporte das accións de CONTIDO ABERTO, S.L. NE, baseándonos na transmisión de valores tendentes ao desenvolvemento da personalidade do individuo e das súas relacións interpersoais. Propoñemos unha intervención que sexa nova, innovadora, comprometida coa sociedade, real e operativa, pero adaptándose aos cambios que a sociedade vai demandando e asumindo os variados campos de intervención que van xurdindo. A nosa intervención fundaméntase no respecto aos dereitos humanos e na confianza e na calidade do noso servizo, para cubrir aqueles espazos que as administracións públicas e privadas non poden atender. O noso servizo pretende mellorar o nivel asistencial, formativo, cultural, social e lúdico da nosa sociedade, ofertando e poñendo en práctica programas para diferentes entidades públicas e privadas. Contamos cun abano moi amplo de ámbitos de intervención, sempre previo estudo de viabilidade, podendo cubrir campos como o asistencial, social, formativo, inserción, sociosanitario, animación sociocultural, tecnoloxías da información e da comunicación, emigración, inmigración, colectivos específicos (muller, minorías...), multiculturalidade, infancia, adolescencia… Estes ámbitos evolucionan rapidamente e presentan novas necesidades que o sector público non sempre pode afrontar coa axilidade que demanda. Unha vez realizado o estudo de viabilidade, a nosa premisa fundamental é ofertar un servizo accesible a todos e todas, comprometido coa intervención a desenvolver, con calidade, plural e participativo. Somos unha empresa interactiva que proporciona a todos os seus clientes e usuarios ferramentas adaptadas ás súas realidades sociais, respectando a filosofía e liña de intervención dos nosos clientes para facilitar a súa intervención e integración. Temos unha gran capacidade de adaptación ao medio e por iso os nosos programas responden ás seguintes premisas de calidade: 1. 2. 3. 4.

Mellorar as condicións de vida da nosa sociedade. Compartir as políticas de actuación dos diferentes clientes. Avaliar as necesidades do territorio onde imos intervir. Iniciar vías de cooperación a través de convenios.

Os nosos obxectivos son: 1. Ofertar unha alternativa de intervención social, asistencial, formativa, cultural e lúdica, totalmente dinámica e participativa. 2. Potenciar a nosa presenza activa nos diferentes foros da nosa sociedade. 3. Dinamizar e propoñer a realización de proxectos sociais.


Contido Aberto, S.L NE. – Organización de eventos socioculturais, servizos asistenciais e formación especializada

4. Programar e executar accións dirixidas a terceiras persoas, vinculadas á realidade social e ás necesidades do seu ámbito de acción, tanto de carácter estable como puntual. A nosa intervención, real e operativa, adáptase á realidade a partir dun contexto determinado polo propio ámbito de intervención. CONTIDO ABERTO, S.L. NE é unha empresa permeable, transparente e comprometida coa acción transformadora. O noso papel dentro da sociedade é ser unha empresa creativa e impulsora de novas intervencións, innovadora, profesionalizada, impulsora de proxectos viables e con calidade.


Contido Aberto, S.L NE. – Organización de eventos socioculturais, servizos asistenciais e formación especializada

2. ÁREAS DE INTERVENCIÓN FORMACIÓN •

Formación Empresarial dirixida a pemes e grandes empresas dependendo das necesidades solicitadas en temas como: Atención telefónica; dirección de equipos; resolución de conflitos; imaxe institucional; protocolo e relaciones públicas; márketing publicitario e comunicación social...)

Formación Ocupacional enfocada a administracións públicas e privadas a nivel local, provincial e autonómico e a entidades receptoras de programas europeos e de inserción laboral (FORCEM; FOREM; FIP; FOC; ILES...)

Formación Asistencial destinada a cubrir as posibles carencias dos/as profesionais que traballan no ámbito dos servizos sociais e do Terceiro Sector e dos/as seus usuarios/as, desenvolvendo programas e actividades formativas: auxiliar de xeriatría; obstetricia; axuda a domicilio; acompañamento; educación en medio aberto; programas para o ámbito das discapacidades...

Formación Especializada dirixida a profesionais do mundo da educación formal e non formal que busquen unha reciclaxe permanente (Recursos educativos e didácticos; monográficos; xornadas; seminarios...)

ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL E DESENVOLVEMENTO COMUNITARIO •

Deseño de Programas de Intervención Social dirixidos a diferentes colectivos: alfabetización de adultos; escolas de pais e nais; minorías étnicas; marxinación social; muller; terceira e cuarta idade; infancia; xuventude; drogodependencias, discapacidades, educación para a saúde, educación ambiental, programas de educación transversal e currículo oculto…


Contido Aberto, S.L NE. – Organización de eventos socioculturais, servizos asistenciais e formación especializada

Intervencións no Ámbito Cultural: Difusión da cultura tradicional e patrimonio etnográfico galego; ambientación de espazos exteriores e interiores para todo tipo de eventos; programas dedicados á difusión cultural, programas diversos, ciclos de conferencias...

Animación turística: Animación hoteleira para diferentes colectivos e idades; rutas turísticas e visitas con ou sen acompañante; animación e acompañamento para grupos; rutas de medio ambiente e sendeirismo; xestión de visitas (parques naturais, parques nacionais, museos, parques temáticos...).

ACCIÓN ASISTENCIAL •

Coordinación de programas de carácter asistencial de institucións públicas ou entidades privadas: Axuda a domicilio ou acompañamento, contratación e coordinación de auxiliares de fogar e auxiliares de clínica; campañas e programas asistencias en distintos niveis: locais, autonómicos, estatais ou internacionais.

ORGANIZACIÓN DE EVENTOS E PUBLICIDADE E IMAXE •

Organización de eventos de todo tipo: empresariais, profesionais, institucionais e mesmo privados, cubrindo todos os aspectos da organización, desde as viaxes, ata o desenvolvemento do acto, pasando pola ambientación do espazo: Congresos; foros especializados, seminarios, cursos; feiras e mostras; encontros profesionais; entregas de premios; almorzos empresariais, exposicións; certames; vodas.

Publicidade e imaxe. Como complemento aos servizos que prestamos ás institucións e empresas coas que traballamos ofrecemos a realización de campañas de imaxe e publicidade a través de distintos medios e soportes: Publicidade en medios de comunicación escritos e audiovisuais; iniciativas na rede e presenza web; deseño gráfico; animación comercial; campañas integrais de publicidade.


Contido Aberto, S.L NE. – Organización de eventos socioculturais, servizos asistenciais e formación especializada

3. IDENTIFICACIÓN DOS MEMBROS DE CONTIDO ABERTO S.L. As persoas que formamos esta empresa estamos vinculadas e implicadas no ámbito da formación e da intervención sociocultural e na integración social galega dende hai moitos anos. Procedemos do mundo asociativo activo, da educación non formal e da pedagoxía do lecer. Acreditamos a nosa experiencia polo noso labor en entidades como: • • • • • • • • • • • • • • • •

Cruz Vermella. Scouts de Galicia. ASDE. Centros de Servizos Sociais. Consellería de Emigración e Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia. Consellería de Familia, Muller e Xuventude da Xunta de Galicia Salón do Libro de Pontevedra. Feira Franca de Pontevedra. CulturGal (Feira do Libro e da Industria Cultural de Galicia) Escolas de Pais e Nais. Impartición de cursos F.I.P. e cursos F.O.C. Centros cívicos do concello da Coruña. Universidade da Coruña. Servizo municipal de educación da Coruña. Servizo municipal de bibliotecas da Coruña. Empresas publicitarias. Programa Iles (Docencia e titoría alumnado).


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.