O Mbot feliz

Page 1

Título: O Mbot feliz Relato: O mBot Jordi era moi feliz: tiña moitos amigos, vivía nunha casa transparente co tellado azul, con outros 5 irmáns que o querían moito. Todo cambiou o primeiro día que foi a escola.... Na escola, os nenos estaban a programar os robots para que seguisen liñas. A Xan, o seu mellor amigo, programárono e seguía a liña moi ben; Anxo, outro amigo, tamén o programaran e ía rectiño; aparte facía un circuíto moi longo e inda que tiña algúns erros, axiña os amañou.

O seu

veciño Pepe tamén seguía liñas moi ben, nun circuíto mais pequeno, pero non se saía nin unha soa vez. Logo tocoulle a quenda a el, viñeron os nenos da clase de 6º B cos seus ordenadores, entraron no Scratch, conectárono ao ordenador e empezaron a programalo. Non había maneira, Jordi non quería seguir a liña, ía por libre bailando en círculos. O resto dos Mbots, os seus irmáns incluídos, non o entendían e xa non querían ser amigos dun robot que non ía pola liña. O mestre mandou a Raúl, o neno máis intelixente da clase, que o programara para amañalo. O neno desmontou a Jordi e volveuno montar, pero nada, seguía dando voltas. Raúl probou unha cousa: cambiar os cables de sensor Funcionou!. Jordi seguía a liña, pero a súa cara que antes era sempre de ledicia agora estaba triste. Así que Raúl dende a tablet, cunha app, programouno para que fose feliz: deixou instalada para sempre as opcións de baile e de facer música. Jordi non seguía a liña, os outros non o entendían, pero el era feliz. E iso é o que importa. Autor: Raúl González Moldes 6º B


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.