Ennobelando esperanzas ENNOBELANDO ESPERANZAS é o título do traballo realizado a partir do poema “Penélope” de Xosé María Díaz Castro. A exposición está formada por vinte e sete traducións do poema de Díaz Castro distribuídas en cinco paneis de A0. Cada unha das traducións vai acompañada de diferentes ilustracións inspiradas no poema de “Penélope” e realizadas polo alumnado do IES Carlos Casares e do IES Monte Carrasco. O poema foi traducido aos seguintes idiomas: portugués, castelán, catalán, éuscaro, asturianu, aranés, francés, inglés, alemán, oshiwambo, árabe, chinés (coa respectiva pronuncia), ruso, checo, grego clásico, latín, holandés, italiano, sueco, urdu, xaponés (coa respectiva pronuncia), polaco, búlgaro, quechua, romanés, suahili e mapuche (non incluído nos paneis pero si na versión dixital da páxina web).
Ennobelando esperanzas Cada unha das traducións vai acompañada dunha breve ficha cos seguintes datos: • • • •
Nome da tradutora ou tradutor. Nome da mediadora ou mediador. Idioma. Nome da ilustradora ou ilustrador.
Para a realización das traducións contamos coa colaboración do alumnado e do profesorado de ambos centros educativos. por Usuario
Ennobelando esperanzas A actividade botou a andar alá polo mes de decembro de 2013 e desenvolveuse da seguinte maneira: Nas aulas lemos e comentamos o poema de Díaz Castro, revisamos o mito de Penélope e a partir de aí presentamos a actividade: traducir o poema a diferentes idiomas presentes nas comunidades educativas dos dous centros escolares. Ás veces o alumnado, axudado polo profesorado, traduciu o poema dende o galego ao seu idioma materno, é o caso do catalán, portugués, éuscaro, asturianu, italiano, búlgaro, árabe, etc. Noutras ocasións, alumnado e profesorado serviron de mediadores para chegarmos a outras traducións. O que cómpre destacar é que as traducións se fixeron partindo do poema orixinal en lingua galega.
Ennobelando esperanzas Eliximos o poema de “Penélope” por ser un mito clásico que evoca, metaforicamente, a situación actual da nosa terra e é un mito que perviviu a través dos tempos. Os obxectivos fundamentais eran amosar a diversidade lingüística partindo do noso idioma: o galego, demostrar que é un idioma que pode atravesar fronteiras, e que é coñecido por persoas de falas tan diferentes á nosa . Ser capaz de transmitir as nosas inquedanzas e os nosos valores culturais a través dun poema de forte carga simbólica.
Remata a exposición coa contestación que Claudio Rodríguez Fer, a través do poema “Ulises”, lle fai a Díaz Castro e o seu “Penélope”.