IES Mendiño Contos de medo 2013/14

Page 1

NOVEMBRO 2013



Contos de medo

CRÓNICAS DE CASPARRAL (1ª PARTE)

Aquela noite Xoán atopábase no bosque cos seus amigos mentres a festa do pobo de Casparral tiña lugar xunto á igrexa próxima a este. Era unha noite escura, fría, que facía estremecer o esquelete, unha noite na que semellaba que os defuntos viñan visitarnos. A noite prestábase a facer bromas sobre espíritos. De súpeto, unha luz branca aparecéuselles entre as árbores. Xoán xirouse e os seus amigos desapareceran. Pensaba que só se trataba dunha brincadeira, pero segundo se achegaba a noite, o medo apoderábase del e saiu correndo cara á festa. Os seus grupos interromperon os risos e os bailes que tiñan lugar nese momento. A xente, asustada, comezou a acercarse a el. Cando todo o mundo chegou a onde estaba, contoulles o que acontecera. Fíxose o silencio entre a xente e só foi interrompido pola voz dunha vella tomada por tola. IES MENDIÑO


2013-14

“Isto vén acontecendo desde hai moito tempo. Os espíritos sempre rondaron este pobo en busca de almas para poder seguir ligados a este mundo”. A xente non cría isto e foi na procura dos nenos. Buscaron por todo o bosque sen resultado. A medida que avanzaba a noite, aumentaba a escuridade e diminuían as posibilidades de encontralos. A xente, cansa, decidiu voltar ás súas casas coas intención de seguir buscando pola mañá xa que non acababan de crer a historia da vella. Pasaron os días e os nenos seguían sen aparecer. Co tempo, comezaron a esquecer a historia. O único que quedaba daqueles nenos eran as predicións da vella: -Volverá acontecer. Pablo Táboas e Carla Alonso (2º Bach.)

IES MENDIÑO


Contos de medo

CRÓNICAS DE CASPARRAL (2ª PARTE)

Era unha tarde escura, o vento azoutaba os cabelos dos nenos que xogaban arredor do pozo, na parte traseira da igrexa do Casparral. Eles crían que no fondo daquel pozo caera un neno chamado Xoán co seu boneco de trapo. Ninguén fora na procura do neno e, co paso do tempo, o neno morrera e convertérase en cinsa, quedando só del o boneco, xunto co seu espírito. Así que todos se asomaban ao pozo e berraban: “Boneco, eco,eco… sae do pozo e búscanos, boneco”. Acto seguido, os nenos escondéronse no bosque próximo á igrexa. Pasado un tempo, os nenos volveron atoparse e decatáronse de que faltaba un deles. Durante días, andaron na súa procura ata que o atoparon no fondo do pozo con botóns cosidos en vez de ollos. Isto causou a alarma no pobo, polo que decidiron pechar o lugar do asasinato pensando que fora cousa dun louco. Pero, segundo os días ían pasando, un tras outro, cada neno ía caendo na mesma desgraza que o seu amigo, sendo estes atopados mortos e con partes da súa anatomía cosidas. IES MENDIÑO


Despois

do

2013-14

soterramento

dos

rapaces,

apareceron

os

cadaleitos abertos mostrando o seu interior: a cada neno faltáballe a parte do corpo que lles fora remendada. Desde o cemiterio quedara un regueiro de sangue no chan que levou aos investigadores deica o pozo. Alí atoparon as cadeas e a tapa estragada e tirada no chan. Miraron no seu interior e descubriron unha figura que os observaba, mentres apertaba no seu colo un pequeno boneco de trapo. Cunha lanterna, apuntaron á faciana da figura e descubriron horrorizados que era un ser formado polos restos amputados dos nenos. O ser, cunha

voz

de

alén-cova,

empezou

a

dar

alaridos

recriminándolles que ninguén o buscara cando caera ao pozo, xa que el era o espírito de Xoán, o neno desaparecido había 157 anos. De súpeto, aquel ser deu en gabear de maneira endiañada e… Mª Cristina Garrido e Patricia Pereira (2º Bach.)

IES MENDIÑO


Contos de medo

EU NON LLE TIÑA MEDO A NADA

Eu non lle tiña medo a nada. Pero aquela mañá descubrín o que significaba ter medo. Sentade e escoitade atentos o que vos teño que relatar, e os máis valentes son os que máis se van asustar. Aquela mañá espertei moi cedo co ruído da choiva sobre a ventá do meu cuarto. O vento ruxía como unha fera famenta ao compás das pingueiras da choiva. Pum! Soaba cada gota ao estamparse contra a miña fiestra para comezar o seu descenso esvarando sobre ela ata quedar en nada. Erguinme e ollei pola ventá; ía un día horrible, o amencer non chegaba e as nubes tapaban ata o máis pequeno raio de sol. Un día sinistro, con choiva. Pum! O ruído da choiva mesturábase co do meu reloxo de cuco. Tic! Pum! Tac! Estábame poñendo nervioso e decidín vestirme para ir á clase xa que, aínda que o día non acompañaba, non tiven outra opción. IES MENDIÑO


2013-14

Collín o paraugas e saín pola porta ao trote xa que chegaba tarde. Abrín o paraugas e estaba roto. Vaia, mala sorte! Tiña que facer o camiño ao instituto baixo a choiva, e inda por riba non atopaba a ningún coñecido. Para non mollarme, optei por coller atallos e lugares onde puidera camiñar refuxiándome da choiva. Se súpeto, entre as pingueiras de choiva caendo sobre o frío chan, comecei a escoitar os pasos de alguén, que parecía corpulento polo seu son. Asusteime pero seguín o meu camiño. Intentei buscara alguén entre as rúas, pero non aparecía ninguén. Sentíame inseguro. O pobo estaba baleiro. Maldicín o momento no que os meus pais decidiran mudarse tan lonxe do instituto. De socato, entre os meus pensamentos, colouse a imaxe que acababa de ver, a silueta dun home. Un home alto, que facía o mesmo camiño que estaba a facer eu. Tentei mudar o camiño, pero daba a casualidade de que aquel home coincidía cos meus pasos e parecía ir onde ía eu. Botei a correr e a silueta daquel home alto e corpulento perseguíame. Pensei que se trataba dunha broma, pero o medo impedíame parar e reaccionar IES MENDIÑO


Contos de medo

doutro xeito. Cheguei ata un camiño afastado e sen luz, coñecido polos mozos do meu pobo que adoitaban ir por alí. Collín o móbil para usar a luz como unha lanterna e non tropezar, sen decatarme de que diminuín o paso e asaltoume o home da silueta por detrás. Caín ao chan, confuso, e o móbil quedou a pouca distancia de min, iluminando a horrible cara daquel

home,

ensanguentado,

pero

sen ningunha ferida

aparente, e a situación sen querelo estaba a pasar. Cando o home recuperou os folgos e antes de que eu puidese reaccionar, sacou un coitelo e aproximouse con rapidez a min, co que só me deu tempo a coller unha pedra e lanzarlla, con tan boa puntería e cunha migalla de sorte que acertei a darlle na cabeza e quedou inconsciente. Horas despois, a policía facíame unha chea de preguntas sobre o acontecido. Naomi Rodríguez Regedor e Iván Iglesias (2º Bach.)

IES MENDIÑO


A RISADA

2013-14

Nunha noite de verán, sobre as doce e media da noite, miña nai mandoume para a cama. Non tardei moito en prender no sono e aí foi cando comezou o meu pesadelo. Estaba eu paseando por un campo cheo de margaridas a unha beira e de millo ao outro. Decidín aventurarme polo de millo xa que me parecía máis intrigante. Todo parecía ir ben ata que atopei un neno pequeno, duns dous anos; sorprendíame que estivese alí, só, sen ninguén ao seu redor. Dábame mágoa, entón decidín preguntarlle qué lle pasaba. Cando tornou a cabeza, para a miña sorpresa, non tiña cellas, ollos, nariz e boca, soamente, unha face baleira. Corrín e corrín canto me permitiron as pernas, ata que case caio de fociños. Xa estaba. Xa non o vin por ningures. Pero aí non acaba o meu pesadelo. De súpeto, comecei a sentir un proído na man esquerda. Pensei que serían as follas do millo que tocaran a miña pel. Funme rascar e notei algo con volume, unha araña enorme e peluda, igual que as chamadas “viúvas negras “. IES MENDIÑO


Contos de medo

Entroume o pánico e comecei a sentir un gran formigueo por todo o corpo, estaba nun niño de tarántulas. Sacundinme cal can cando sae do mar; tirei a camisa e botei a correr desesperadamente. Chegado este punto, pensei que o peor xa pasara; pero non, escoitei un ruído semellante á risada dun pallaso; asusteime aínda máis, xa que sempre lle tiven medo. De súpeto, xurdiron unhas luces de entre o millo. Un tolo disfrazado de pallaso conducía un coche enferruxado, antigo, dos que agora xa non se fabrican, botaba tanto fume polo tubo de escape que non podía ver nada. Aquel era o meu fin. Espertei cheo de suor, pálido, a cama estaba toda revolta, pero xa estaba na miña cas, a salvo de todos os males, ou iso cría... Ana Pereira e María Martínez (2º Bach.)

IES MENDIÑO


2013-14

IES MENDIテ前


Contos de medo

AQUEL VENTO...

Era a noite do 31 de outubro. Ao día seguinte era o día de defuntos. Chovía moito, tronaba e ía moito vento. Non podía durmir; tremíanme as pernas, comezaron a caerme as bágoas dos ollos... De súpeto, mirei unha sombra que parecía o corpo do meu avó. Erguinme e abrín a porta, pero aquela sombra xa desaparecera. Busqueina por todas as partes, por todas as habitacións da casa, pero nada, a sombra non aparecía. Escoitei un ruído e tireime ao chan; agarrei as pernas e comecei a tremer. Pechóuseme a porta co vento. Miña nai ergueuse e eu comecei a berrar: “Estou aquí, estou aquí!!! Nun intre paráronme de tremer as pernas e levanteime. Mirei pola ventá; caera un raio xusto diante da miña casa. Tentei abrir a porta, pero o intento foi nulo. Oín un berro da miña nai. Pero eu non podía facer nada; estaba alí, pechada na habitación. Atei unha saba a outra e rompín a ventá. Cando estaba intentando baixar pola saba, abríuseme a porta e notei como se o vento me empurrara contra a ventá. Intentei agarrarme a un IES MENDIÑO


2013-14

andel, pero notaba que o “vento” tiña máis forza ca min. Deixeime caer. Pero cando me empurrou de novo, agarreime á saba e case cando estaba a chegar abaixo, aquel “vento” tirou a saba e eu caín; batín coa cabeza contra o chan e quedei uns minutos medio adurmiñada. Cando espertei, escoitei berros. Eran berros raros, non parecían nin do meu pai nin da miña nai, nin de ninguén coñecido; non me soaban un pelo. Busquei a chave de reposto que hai nun tarro da entrada. Abrín a porta e non escoitei nada; pero a medida que ía subindo polas escaleiras, escoitaba uns ruidiños. A m,iña sorpresa foi cando cheguei arriba, xa non había ningún ruído, non se escoitaba nada; o silencio apoderárase da casa. Decidín meterme de novo na cama, pero cando pechei os ollos, tiña escalofríos. Acordeime entón de que non escoitaba a miña nai. Levanteime e fun dando pasiños non mi fortes ata chegar á habitación dos meus pais. Cando abrín a porta, eles estaban durmindo. Eu pensei que todo aquilo fora un soño e metinme entre os dous a durmir. Carla Martínez Torres (1º ESO)

IES MENDIÑO


Contos de medo

IES MENDIテ前


2013-14

RISOS E MÁIS RISOS...

Unha boa noite de inverno, nun afastado pobo de Lugo, uns rapaces e mais unhas rapazas decidiran facer unha festa para desestresarse despois dos difíciles exames que fixeran ao longo daqueles días. A idea da festa era simple: todos quedaban a durmir nunha veiga preto do cemiterio, para darlle morbo. Antía non estaba moi decidida a ir, xa que a idea de ir durmir aló desacougábaa un pouco, pero como todas as súas amigas ían, ela foi tamén. E é que cando moitas rapazas novas se xuntan pola noite con alcol e ganas de troula... algo bo non vai pasar! Ao principio a festa foi animada e divertida, pero conforme o tempo pasaba, o ambiente foi cobrando un matiz de descontrol. Antía, que bebera máis ben pouco, estaba leda, pero os seus amigos non se tiñan en pé... Visto isto, os máis graciosos propuxeron gastarlles unha broma, aproveitando o seu estado. Antía opúñase con firmeza, pero os seus argumentos foron ignorados como o canto dos grilos. Os bromistas empezaron a pintar, a marear, a vacilar e a humillar ás atontadas vítimas, que, coma moscas, caían en todas IES MENDIÑO


Contos de medo

as burlas. Antía seguía insistindo en que pararan. Tal teima anoxou aos seus compañeiros, que decidiron tomala con ela. Coñecendo o medo que ela lle tiña ao cemiterio, decidiron reducila e amordazala entre todos e logo levala ao lugar. Antía, arrepiada, comezou a correr cara ao bosque seguida por algún deles.

Despois

de

varios

minutos

logrou

despistalos

agochándose tras dun gran penedo. Descansou, tomou alento e dispúxose a volver, pero, para a súa sorpresa, non tiña nin idea de onde estaban. O medo invadiuna. Eran as tres da mañá, ía moito frío e estaba soa no medio daquel escuro e tenebroso bosque. Involuntariamente, as bágoas comezaron a escorregar polas súas frías meixelas. Estaba tremendo moito, produto do medo e do frío. Non podía quedar alí toda a noite, así que vagou durante unha hora en busca dunha saída, pero dáballe a sensación de que o bosque estaba vivo e que ía cambiando de forma para mantela alí retida. Antía, xa abatida, sentou ao carón dun enorme carballo, agachou a cabeza e rompeu a chorar. Por que tivera que ir a aquela festa? Non podía crear a súa situación. Mentres ela seguía laiándose, unha figura foi formándose da nada diante dela. Parecía unha rapaza da súa idade, de pelo IES MENDIÑO


2013-14

longo, negro e enmarañado que lle cubría a face por completo. A súa vestimenta non era actual e a cor da pel era grisácea. Antía, coa cabeza entre os xeonllos, advertiu a presenza do espectro. A modiño foi erguendo a mirada ata ter unha visión plena daquela espeluznante nena. Quedou mirando para ela, para aquel rostro oculto e misterioso. Non se daba movido do sitio. O pavor tíñaa paralizada. De súpeto, a cara da nena púxose a poucos centímetros da súa. Os ollos eran grandes e amarelos, tiña un sorriso aterrador que destacaba sobre a cute danada e podre. Susurrando cunha voz de ultratumba que escoitaba como se viñera de dentro de si, a nena dixo: “Xa están todos durmidos”. Riu dunha maneira espeluznante e desapareceu rapidamente. Antía non daba creto ao sucedido. Con valentía, empezou a correr polo bosque na procura do camiño de volta. Notaba en todo momento a presenza de algo entre as árbores que a observaba... e ría. Incriblemente, albiscou a fogueira da festa ao lonxe. Unha ledicia infinita invadiuna e nun último pulo botou a correr. Pouco a pouco, a súa alegría foi minguando. Conforme avanzaba, vía os seus amigos espallados pola veiga adiante. Só había unha persoa de pé xunto da fogueira: a nena de antes. Antía parou en seco uns vinte metros antes de chegar, pero o espectro xa sabía que estaba alí e desapareceu. IES MENDIÑO


Contos de medo

Notou un frío alento na caluga e un riso perverso, suave pero insistente. Detrás dela, a horrenda cara daquel ser demoniaco murmuraba: “Todos dormen, ves? Agora tócache a ti”. E o seu riso trocouse nunha gargallada esaxerada e descontrolada. Antía correu sen parar, pero a burlona e perturbadora risada acompañábaa preto da orella. A aterrorizada rapaza pechou os ollos. Notou que se paraba, que o seu corpo se desplomaba e todo daba voltas. A voz, co alento frío na súa orella: “Xa estás durmidiña”. E máis risos... Tras duns instantes, Antía notou que todo volvía á normalidade. A voz pasara, a súa cabeza xa non daba voltas e o seu corpo respondía. Cun sorriso, pensou que todo fora un soño e que bebera moito. Dispúxose a erguerse, pero a súa cabeza bateu contra unha superficie de madeira. A moza, dorida, fixo o intento de botar a man á cabeza, pero esta tamén tropezou. Abriu os ollos. Todo seguía escuro. O medo volvía. Rapidamente colleu o chisqueiro do peto da chaqueta e acendeuno. Diante da súa cara había unha táboa de madeira, a poucos centímetros. Mirou á esquerda, outra táboa máis. Mirou abaixo, outra táboa que estaba despois dos pés. Mirou ao lado dereito e viu unha IES MENDIÑO


2013-14

cara perturbadora e aterradora, que non paraba de sorrir e de ollar para ela. Esta dixo:”Boas noites, miña xoia!”. E, entre gargalladas espeluznantes, o chisqueiro apagouse xunto con Antía. Gabriel Fuentes Míguez (1º Bach.)

IES MENDIÑO


Contos de medo

AS NOITES DO 3 DE MARZO

Hai dezasete anos unha señora do meu pobo quería ter un fillo. A verdade é que non era moito de ir rezar, pero gustáballe falar coas mulleres que si ían. Una tarde ventosa de inverno cando ás seis xa é noite, foi ao cabodano dun seu tío. Cando chegou á igrexa, non viu ninguén, polo que foi á parte traseira do templo onde facía un pouco máis de abrigo. Cando chegou, sentiu unha sombra negra acariñándolle a barriga e unha visión arrepiante de xente crucificada. Deu un berrro e, cando abriu os ollos, toda a xente viu para ela, pero estaban falando entre si en grupos e non crucificada como vira antes. Logo da misa, saíu con paso apurado para a súa casa; polo que puidese pasar, non foi por un carreiro escuro que atallaba ata a a súa casa, foi pola estrada. Non se vía pasar nin un coche. Pasados dez minutos, viu a mesma sombra que lle tocara a IES MENDIÑO


2013-14

barriga cun neno nos brazos. Ela parou en seco, pero ao dar a volta, sentiu tres rabuñadas no brazo, alzou a vista e viu unha procesión alumeada con farois que se dirixía a ela, coñeceu a Virxe, era a virxe da Trindade, denominada a virxe dos malos espíritos. Desmaiouse e pasou alí toda a noite ata que uns veciños a atoparon. Á semana seguinte foi falar co cura, contoulle o que lle pasara e el díxolle que tivese coidado, que algo malo lle podería ocorrer. Ao día seguinte, ela e o seu marido tiñan cita no xinecólogo para realizar unha inseminación artificial. Cando se dispoñía a deitarse na padiola, tivo a impresión de ver a sombra co meniño, ambos os dous negando coa cabeza. Asustada, tumbouse e véuselle á mente a procesión da virxe, a sombra, o meniño e todas as cousas estrañas que lle aconteceran. Levantouse dun chimpo; vestiuse e saíu. Cando chegou á casa chamou a unha irmá súa, coa que se levaba moi mal. Contestou o home desta e contoulle que a súa irmá desparecera había tres meses mentres levaba o seu meniño ao pediatra.. Foi entón ao lugar onde vira a procesión e volveu ver a sombra, pero sen o meniño. Esta vez miraba para unhas matorreiras coa IES MENDIÑO


Contos de medo

cara entristecida. Cando se achegou, recoñeceu a súa irmá e ao seu sobriño mortos coa seguinte nota: Pídoche perdón, miña rula fíxeno onte ás dez,e as aparicións que vías era o mesmo espírito que me atormentaba a min. Aos trinta meses de acontecer isto, a muller deu a luz, pero seguía vendo o espírito. O neno, cando tiña tres anos, choraba moito pola noite, pero unha non o fixo. Cando á mañá seguinte, a muller foi levantalo, atopouno co corpo deforme, bágoas de sangue na cara e morto. A muller, confusa, saíu da casa co neno nos brazos, berrando como unha tola e agredindo a todo o mundo cunha pistola. Chegou ao sitio onde atopara a irmá morta, e suicidouse. Á mañá seguinte, atopáronos e enterráronos. Agora todas as noites do 3 de marzo (3/3) escóitase chorar un neno no cemiterio, tres disparos e unha muller berrando. Cristina Suárez Cabadas (4ºESO) IES MENDIÑO


2013-14

IES MENDIテ前


Contos de medo

UNHA VIAXE A TRANSILVANIA

Era unha mañá soleada e tranquila que non delataba o que horas atrás acontecera naquel lugar. Todo comezara cando Susan propuxo facer unha excursión a Transilvania cos seus amigos. Pero o que non sabían era que o que parecía unha relaxante viaxe se convertiría na traxedia que marcou as súas vidas. Con estas palabras comezou todo: -Ei rapaces, que vos parecería se fuximos da calor de Sevilla para ir a … Transilvania!? -dixo Susan no colo do seu noivo Martiño que estaba comendo chasquis e, no momento de dicir o lugar de destino, escupiunos todos na cabeza de Rosa. -Como???!! -dixeron todos sorprendidos e mortos de riso polo ocorrido- . -

Pero

xa

merquei

os

billetes

e

agora

non

podo

devolvelos...Facíame moita ilusión e ademais será moi divertido, a que si, meu amor? - Bueno, eu por ti xa sabes que fago todo e que te apoio no que sexa, cariño. IES MENDIÑO


2013-14

- Eu vou se Alberto non vai, non teño ganas de aturalo...-dixo Allie. - Mira quen foi falar, ti si que es insoportable. –dixo Alberto - Basta, deixade de pelexar que parecedes rapaces pequenos; agora si que teño ganas de ir de viaxe para que amañedes as vosas pelexas. - Eu destou de acordo en ir de viaxe e podes estar coa miña noiva todo o tempo posible –dixo Cris sorrindo cara a Rosa. Cando estiveron todos de acordo prepararon o necesario e colleron un voo a Transilvania. En canto chegaron ao hotel quedaron sorprendidos: tiña grandes fosos e unha gran ponte de madeira cunha táboas podridas; a aparencia non era moi boa, pero por dentro resultou ser un magnífico hotel de 4 estrelas. Cada habitación incluía dúas camas, os rapaces xuntáronse de dous en dous quedando así en parellas: Susan, alta, co pelo rapado e non moi delagada co sue noivo Martiño, de estatura media, moreno, ollos marróns e con cara de despistado; Rosa, unha rapaza baixa, loira, cun corte de pelo estrafalario e delgada como un pau e o seu noivo Cris, moi alto, pelo roxo e ollos verdes; IES MENDIÑO


Contos de medo

Alberto, un rapaz alto, loiro e de ollos azuis que, aínda que se levaba mal co resto do grupo pensou que que lles faría ben convivir xuntos; Allie, unha rapaza baixa,morena, con gafas e fraca e, por último, Bruno, moreno, alto e moi fraco con Camille da que levaba namorado dende que se integrara no grupo. Camille é baixa, loira, ollos marróns e delgada. Cando xa se incorporaron na habitación e desfixeran as maletas quedaron no salón cando, se súpeto, a luz esvaeceuse. Allie e Camille deron un berro arrepiante cando Bruno e Alberto escacharon a rir. - Ui, que pasará? –dixo Martiño rindo- Nin que nos fosen a matar. - Xa nos gustaría que te matasen e así calabas dunha vez. Que só vés connosco porque es noivo de Susan –dixeron á vez as rapazas. Enfadadas, marcharon ás súas habitacións mentres que Bruno, Alberto, Rosa e Cris saíron fóra a fumar. Pasados uns minutos e, ao ver que os seus compañeiros de habitación non aparecían, saíron a buscalos. Camille levaba un camisón vermello, Allie levaba un pantalón curto e un xersei de osos azul celeste. Fóra ía moito frío pero non viron os rapaces por ningures. Entón escoitan un forte berro ao lonxe e sen dubidalo intentan abrir a porta para entrar pero decátanse de que non abre. Dende o IES MENDIÑO


2013-14

outro lado, Bruno e Alberto sostiñan a porta para que as rapazas non puidesen entrar. Entrementres escoitouse outro berro e as rapazas berraron ao unísono conxeladas. - Deixádenos entrar, que estamos morrendo de frío. Isto xa pasa dunha broma –berraron Allie e Camille. Cando as deixaron entrar, Bruno abrazou a Camille para que entrara en calor aínda que ela intentou resistirse. Bruno tiña moita forza, mentres que Allie corría cara á súa habitación, a luz comezou a palpabrexar. Cando estaba chegando viu un rastro de sangue e dirixiuse cara á habitación de Susan e Martiño que estaban tendidos no chan ensanguentados. -Susan, Martiño, estades ben? Respondédeme... Como ningún dos dous lle falou, achegouse e viu o que antes non puidera percibir: un coitelo cravado na cabeza de Mariño. Achegouse un pouco máis a eles cando unha sombra apareceu ao seu carón e a sostivo entre os sues brazos; entón comezou a berrar e a chorar pensando que ían matala, pero decatouse de que era Alberto o que a suxeitaba mentres estaba a piques de chorar.

IES MENDIÑO


Contos de medo

Esa mesma noite reuníronse todos para facer a viaxe de regreso a casa aínda que Cris seguía crendo que todo era unha farsa para poder rirse deles. Rosa colleu o seu móbil disposta a chamar para encargar os billetes pero a viaxe máis próxima despegaba de alí a dúas semanas. Non tiñan forma de escapar de alí. Deseperados, decidiron permanecer todos xuntos no salón, coa idea de que o asasino seguía no edificio. - Non hai forma de escapar –dixo Bruno sosténdolle a man a Camille sentada ao seu lado. Cris decidiu marchar pensando que seguía sendo broma; así que colleu a Rosa e marcharon ao seu cuarto. A maña seguinte amenceu con néboa mesta e chovia incesante. Dende a ventá podíase ver a paisaxe e o foso no que se albiscaba un corpo boca abaixo flotando todo queimado e cos brazos descuartizados e xunto del unha persoa alta e corpulenta cunha motoserra na man. Debía de ter un defecto de nacemento porque andaba coa cabeza pegada ao ombreiro, tiña chepa e corría de lado. Cando o viu, Camille empezou a berrar e correu cara á habitación onde se atopaba Rosa, esta IES MENDIÑO


2013-14

estaba suxeitando unha corda ao teito. En canto Camilla a mirou, foi correndo cara a ela a quitarlla das mans. - Estás tola! Por que te querías suicidar?! –dixo Camille. - Déixame en paz, a miña vida non ten sentido sen Cris... Está morto! Morto! E eu mirei como o mataban cos meus propios ollos!! Baixaron ao salón, xuntáronse cos demais e explicáronlles brevemente o que acontecera: - Eu estaba saíndo do baño, pero non estaba Cris, chameino pero non contestaba e, cando me asomei pola ventá, vin como un

home

corpulento

cunha

motoserra

atacaba

a

Cris

cortándolle os brazos no acto e lle prendía lume mentres o tiraba ao foso. Intentei socorrelo, pero as miñas pernas non respondían. Todo foi moi rápido.-Dixo Rosa. Ao

acabar

de

explicarlles

o

acontecido,

as

rapazas

acompañaron a Rosa ao seu cuarto, mentres os rapaces foron ver o corpo calcinado do seu amigo. Mentres subían as escaleiras, Rosa, nun ataque de loucura, botou a correr e, cando chegou ao seu cuarto, suidouse IES MENDIÑO


Contos de medo

tirándose pola ventá mentres berraba o nome de Cris. Allie e Camille non puideron evitalo. Alberto e Bruno observaron todo dende a ponte. Estes comezaron a correr cara a Camille e Allie ao comprobar que Rosa estaba morta. Elas estaban chorando desconsoladamente e, cando chegaron os rapaces, caeron ao chan rendidas. Entón decidiron marchar do hotel pois no monte que o roceaba non os atoparía o asasino. Baixaron á cociña e en cadansúa mochila levaron o necesario para poderen sobrevivir. - Ía ser divertido dicían –dixo ironicamente Bruno. - Aínda non podo crer que morreran os nosos amigos –dixo Allie. - Queres que che colla a mochila, que estás moi cansa? –díxolle Bruno a Camille. - Non, deixa, podo eu soa...Se queres, axúdalle a Allie que eu me atopo ben...-dixo Camille. - Non, grazas, a min non me fai falta que me axude ninguén – dixo Allie. - Calade!, temos que saír de aquí o antes posible, collede todo e vámonos –dixo Alberto algo enoxado. IES MENDIÑO


2013-14

Prepararon todo e fuxiron bosque a través. Cando xa levaban moitos quilómetros percorridos pararon a descansar e tomar algo para repoñer forzas. - Agora que estamos aquí perdidos equizais non sobrevivamos, quería dicirche que quero estar contigo para sempre –díxolle Bruno a Camille e esta sorriu. A primeira en comer foi Allie; nada máis trabar unha galleta, empezou a sentirse moi mal e poñerse moi branca. De súpeto, Allie desmaiouse e Alberto foi socorrela. - Allie! Que che pasa? Responde... ou se non non che volvo falar...-dixo Alberto a piques de chorar. Pero Allie non respondía, a comida estaba envelenada e a Allie quedábanlle poucas horas de vida. No medio do monte e na preocupación de todos por Allie, escoitouse o renxer dunha póla preto deles. Cando viron cara ao ruído, observaron que se dirixía a eles o que supuxeron que era o asasino polo seu aspecto: a cara queimada e unha pistola na man. Bruno e Alberto puxéronse á defensiva, pero o asasino tiña máis forza e sacáballes tres cabezas a cada dun. Como non foron quen de enfrontarse a el decidiron saír correndo. Alberto levaba a Allie IES MENDIÑO


Contos de medo

en brazos e Bruno colleulle a man a Camille para axudala a correr máis rápido.

A asasino perseguíaos moi preto; entón

Alberto e Bruno escondéronse detrás dunha árbore e, cando o asasino corría cara a eles, asaltárono por detrás cravándolle un coitelo á altura do corazón mantándoo no acto. Nese momento sentiron un ruído de coches e avións despegando. Os catro rapaces correron canto puideron cara a aquel ruído enxordecedor chegando por fin á súa salvación. No colo de Alberto, Allie abriu os ollos e, antes de perder a conciencia, Alberto confesoulle os seus sentimentos. Allie, sorrindo, asentiu dicíndolle que ela tamén o quería aínda que non sabía se sobreviría. Dúas semanas máis tarde, Allie e os seus amigos regresaban do hospital onde se desintoxicaran do veleno e voltaban as súas casas, mentres, nun monte de Transilvania, una asasino resucitaba das portas da morte con sede de vinganza.. Claudia Roza Vidal e Rocío Toucedo Rodríguez (3º ESO)

IES MENDIÑO


2013-14

IES MENDIテ前


Contos de medo

ISO NON É POSIBLE

Esta historia xamais lla contei a ninguén. De feito, teño que usar todas as miñas forzas para facelo. En realidade non é unha historia real, aínda que o pareza, e non sei se me dará tempo rematala, se chegará a mans de alguén, porque eles poderían aparecer de súpeto, quitarma, calarme de por sempre. Se me estás aler, tal vez sexa mellor que pares. Eles poden estar detrás túa, observándote. Todas as historias de medo comezan nun bosque frío e escuro, de noite, con lúa chea. Mais...para que mentir?, este comeza nun retrete do instituto. Cada día, os nenos metíanse comigo. Aquel día puxéranme a cambadela e caín. Que sei eu, tal vez tinguise o pelo desta cor azul non foi tan boa idea. Estaba xa tan farta, que comecei a chorar e refuxieime no baño onde perdín a noción do tempo autodestrozándome psicoloxicamente. Obviamente ninguén se lembrou de min e o bus marchou; o instituto pechou e as luces apagáronse.

O

primeiro

arrepío

IES MENDIÑO

subiume

lentamente.


2013-14

Percorrendo o meu corpo de pés a cabeza. Decateime de que ía frío, moito frío. Mais era novembro, non era estraño. O meu reloxo parara, pero debían ser as oito. Mamá había de estar preocupada...Ía abrir a porta cando escoitei voces ao lonxe. Se me descubrían a esa hora aínda no instituto, meteríame en problemas. Tiña dúas opcións: saír intentando que ninguén me vise ou agardar. Pero como sabería que xa marcharan? Decidín entón abrir a porta. Miña nai!, que escuro estaba todo… Nin sequera

diferenciaba

as

cores.

Un

segundo

arrepío

percorreume. Mirei o meu reflexo no espello e... o meu cabelo era negro. Onde fora parar o tinte azul? E non só iso, a chaqueta, violeta, estaba gris e branca. Achegueime ao espello. Toda eu era branca, negra e gris. Todo o que estaba na habitación era branco, negro e gris, como se as cores se esvaecesen. Iso non é posible, irás; iso non é posible, dixen. Xireime rapidamente, incrédula, e unha sombra negra, máis negra do que poidas imaxinar abalanzouse sobre min. Era unha sombra que abarcaba todo, que se meteu en cada parte de min, afogante. Oína susurrar, mais non entendía o que me dicía.

IES MENDIÑO


Contos de medo

Nunca saín dese baño. Nunca ninguén soubo máis de min. Pero quero que me lembren, quero avisar desas mortíferas criaturas. Se les isto, rógoche que o fagas saber, aínda que sei que isto parece totalmente incrible, é real, REAL…Nótoos vir, quedo sen tempo. Talvez sexas ti o seguinte. Ou a túa amiga. Ou o teu mozo. Dilles que busquen no baño das rapazas do IES Mendiño, dilles que... Inés Pérez Couñago (3º ESO)

IES MENDIÑO


2013-14

A TREBOADA

Era unha noite do mes de novembro do ano 92; era un martes. Eu estaba metido debaixo da miña cama con moito medo pola treboada que se armara de súpeto esa noite. Sempre que tiña medo agachábame debaixo da cama porque me sentía protexido, pensaba que alí ninguén me ía atopar. Miña nai marchara a traballar á taberna e eu quedara só na miña cama a durmir, pero non era capaz nin de pechar os ollos. Decidira agacharme debaixo da cama ata que, nunha arroutada, botei fóra do cuarto e marchei á bodega. Despois dunhas horas, por fin chegou a miña nai e dixo en voz alta na casa: •

Xoán, onde estás?, xa te escondiches na bodega pola treboada?

Eu saín da bodega e fun correndo a xunto da miña nai.

Daniel Domínguez Arosa (1º ESO) IES MENDIÑO



BIBLIOTECA DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATURA EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

IES MENDIÑO – REDONDELA


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.