Contos de medo 2014

Page 1



Contos de medo

PELES GRAVADAS

O pasado é o antecedente, advertencia silenciosa do futuro que está por vir. A humanidade está enferma, vítima de si mesma. Cada fragmento da historia suplica polo exterminio dunha especie destinada a ser a súa propia destrución. Ao final só escuridade.

Actualidade resumida no aumento das cifras de depresión e suicidio. A escuridade envolve o mundo do mesmo xeito que a

IES MENDIÑO


2014-15

pel cobre os músculos tensos como arames esperando o momento de ruptura. Ao final, só soidade. Dous xoves, ambos participantes da secta “Amigos de Seth”. Ela, pequena e miúda, de cálidos e saltóns ollos marróns. El, alto e delgado, de cabelo curto dun apagado loiro beige. Ambos compenetrados, unidos pola franca complicidade e rápido entendemento. Ao final, só caída. Xuntos escriben, sen percatarse de que a obra que teñen entre as mans pode supoñer o fin da humanidade. Seguros, toman as palabras exactas e as estruturas perfectas, alcanzando así a esencia da exquisitez. Ao final, só destrución. Mais a humanidade non está preparada para descubrir esta obra. Eles seguen adiante. Así, todo lector comeza a viaxe cara a unha tortura que cala no máis fondo do ser e vaise abrindo camiño pola mente ata deixala tan espida e deteriorada que non IES MENDIÑO


Contos de medo

hai volta atrás. O individuo perde a esencia do seu ser, o carácter e o equilibrio naufragados. Ao final, só silencio. Entón ela esperta. Ao seu carón, el respira de forma irregular. O sangue esvara polas súas núas peles, as verbas malditas gravadas

por

sempre nos

seus

corpos. Na

escuridade

encóntranse o un ao outro. El abrázaa mentres a comprensión do incerto asolaga a habitación nun prolongado silencio. Jimena Álvarez, Miguel Ángel Doural, Gabriel Fuentes, Lucía Ojea e Eva Taibo 2ºBach.

IES MENDIÑO


2014-15

COÑECIN UN HOME

Coñecín un home, un tanto raro, ao que non lle gustaba estar con ninguén.

Era Samaín, e coma sempre sucedía

por

esta

época,

Santiago quedaba na casa, a ver unha película de medo. El, algo asustado, foi para cama.

Deitouse

como

de

costume. Santiago

empezou

a

escoitar ruídos, pero non lle fixo moito caso, ata que... PLUM...caeu

algo.

Levantouse asustado. Empezou a buscar por toda a casa, para descubrir que puidese ter caído, e non atopou nada. Volveu deitarse. Dez minutos máis tarde, escoitou pasos. Acendeu a luz. Abriu o caixón e buscou unha lanterna. Colleuna. Puxo as zapatillas. Tremíanlle as mans. IES MENDIÑO


Contos de medo

Seguía escoitando os pasos. Santiago decatouse de que viñan do teito. Entón alongou a man ata alcanzar a fina cadea que servía para abrir a porta que daba ao faiado. A escada baixou facendo un ruído atronador. Dubidou durante un tempo sen subir por ela... colleu forzas e valentía e subiu un chanzo, e outro; así ata que chegou ao faiado. Alumeou coa lanterna, pero non viu nada e, de súpeto, sentiu como dúas mans lle tapaban os ollos. Santiago conseguiu fazarse e abrilos e viu unha vella á que lle faltaba un ollo. O medo paralizouno, sentiu como lle penetraba un coitelo. Intentou berrar, pero non puido... Intentou desatarse, abaneando o corpo dun lado a outro, pero quedou inconsciente e. PI, PI, PI, PI, PI, PI, PI......................................................... Santiago ergueuse, pensou que lle ía saír o corazón do peito. Dende aquela fixo amigos. Buscou moza e foi vivir con ela. Gabino Martínez e Fátima Gonçalves. 3º ESO C

IES MENDIÑO


2014-15

CHAMADA AO MÁIS ALÁ Tras

ver

un

vídeo

paranormal,

decidiran

facer

unha

comunicación espiritual na que participaban Alex, unha moza loira de ollos negros; Daniela, unha moza loira de ollos marróns e Xoán, un mozo moreno de ollos verdes. Pasadas dúas semanas, aos rapaces aparecéronlles marcas estrañas nalgunha parte do seu corpo; a Daniela e a Xoán un signo no pescozo e a Alex, pola parte posterior da Orella, un signo similar ao dos compañeiros, pero con algún trazo distinto. Tras pasar un día, os tres rapaces volveron facer unha chamada ao outro mundo, pero non atoparon resposta a aquel estraño sinal que lles aparecera no Corpo. Alex atopábase rodeada dun halo de misterio polo que Xoán e Daniela propuxéranse falar con ela. - Alex, atópaste ben? –dixo Xoán. - Si, estou coma sempre. Por que? –contestou Alex. - Non sei… atopámoste moi rara dende que fixemos a primeira comunicación –engadiu Daniela. IES MENDIÑO


Contos de medo

- Pois estou ben. Veña, teño que marchar; tede coidado, amigos – dixo Alex. Alex encamiñouse á saída deixando os seus amigos estrañados polas

palabras

de Alex. Nesa mesma noite, ás tres da mañá, Xoán

ergueuse

para ir ao baño e

escoitou

ruído

un no

corredor, como se

fosen

uns

rabuñazos… Un calafrío percorreu o fraco corpo do rapaz, pero reuniu todas as súas forzas para abrir a porta do cuarto de baño. Pouco a pouco, foi abrindo a porta do cuarto e, de súpeto, escoitou

as pingas dalgún líquido ao fondo do

corredor… outro calafrío… o acelerado bombeo do corazón… pasos… Xoán dirixiuse o máis rápido posible ao baño. O tenso ambiente volveuse tenebrosos en canto sentiu escachar o ruído de algo contra o chan… Pasos… Pasos rápidos… Máis rápidos…

IES MENDIÑO


2014-15

Xoán deu en correr e corre… e, de socato, o pingueo que estaba a escoitar converteuse nunha poza de sangue. Xoán deu o derradeiro salaio. Morreu de súpeto ao sentir contacto con algo estraño que roubou toda a vitalidade do rapaz. Ao día seguinte, Alex e Daniela buscaron a Xoán por todas as partes, pero non o atoparon. Daniela seguiu a buscalo e, ao xirar nun recanto do corredor, atopou o Corpo morto do seu amigo. Daniela virouse rapidamente para ver a Alex, pero este non estaba. - Alex, Alex!! Xoán… Xoán…Xoán está morto –berrou Daniela. - Tranquila,

Dani,

non

berres.

Será

mellor

que

nos

tranquilicemos e avisemos á policía –dixo Alex, que aparecera sen sentir, abrazando a Daniela. - Vale, faremos iso, pero mentres non chegue a policía, será mellor que chamemos a Oliver –contestou moi nerviosa Daniela. Oliver, o irmán de Daniela, chegou moi axiña, antes ca policía. As dúas mozas estaban aterradas a non se separaban do corpo morto do seu amigo. IES MENDIÑO


Contos de medo

- Eu creo que é mellor que chamemos á policía; isto é moi grave ; o asasino pode andar por aí -dixo Oliver collendo o móbil - A policía xa está avisada -contestaron á vez os dous amigos. E sen ter moito senso, Alex dixo moi nerviosa: - Non! Enterrémolo xa! Facédeme caso, sei o que digo. - Vale… Tranquila… Vou buscar unha pá… -dixo Alex. En canto o rapaz chegou ao lugar onde estaban os pais, sentiu que alguén o estaba seguindo… algo estraño. De súpeto, escoitou uns rabuñazos moi preto de onde se atopaba. Xirouse e ficou petrificado de medo. Empezou a sentir un pingueo incesante dun líquido e, deseguido, o ruído dunha porcelana romper en anacos. Cando se deu a volta, ollou a Alex en fronte del sorríndolle. O último que o rapaz puido sentir foi como unha masa paranormal se introducía no seu Corpo, quitándolle toda a vida. - Ei, Alex, onde está Oliver? –preguntou Daniela. - Non sei, será mellor que vaias ver… -contestou Alex.

IES MENDIÑO


2014-15

Daniela colleu a pテ。 e dirixiuse ao soto onde estaba Oliver. Cando chegou, todo estaba moi escuro e, ao prender a luz, descubriu o cadテ。ver do seu irmテ。n. Achegouse a el intentando IES MENDIテ前


Contos de medo

autoconvencerse de que aquilo non estaba a pasar. Pero entón descubriu a Alex que acababa de cegar ao soto e estaba na porta ollando para ela e ríndose. - Alex, por que te ris?... meu irmán está morto –dixo Daniela chorando desconsoladamente. - Ha, ha, ha... ai... Daniela... que inocente es –contestoulle - Axúdame, temos que ir avisar a alguén –dixo Dani- A policía non chega. - Tranquila, voute axudar... Dentro dun pouco estarás en paz... como todos –contestou Alex cun pouso de maldade na voz. - Alex, matáchelos ti? Por que? –berrou desesperadamente. - Ha, ha,ha... Vouche explicar. Un día, sen máis, despois de que pola vosa culpa morreran meus pais naquel accidente de coche, sentín un alma maligna cerca miña. Ao principio pensei que eran imaxinacións miñas, pero resultou que era verdade, que a alma era de meus pais coas mesmas ganas de matarvos a ti e a Xoán e a min... Así que decidimos xuntarnos e preparar as nosas vinganza. Meus pais son

IES MENDIÑO


2014-15

capaces de meterse dentro dunha persoa e roubarlle toda a vitalidade que teñen ata matala e eu, antes de que o fixeran, divertinme asustando a Xoán e a Oliver a rabuñazos, reproducindo o goteo dun líquido, rompendo algo... en fin!. Foi moi divertido ver como se asustaban antes de que meus pais lle deran o golpe final e remataran coa súa miserable vida. Así que, de memento, se quedas ti por morrer... ha, ha, ha –dixo Alex achegándose a Daniela perigosamente- Voute matar e así pagarás pola morte de meus pais. A túa vida pola deles –sentenciou. - Alex, estás tola, ti invocaches a teus pais na chamada paranormal para matarnos... A morte de teus pais non foi culpa nosa... Chamámolos para que viñesen a axudarche – dixo Daniela. - Cala!! A culpa é toda vosa e ti tamén pagarás –dixo Alex. - Non... estás tola... Alex... ti non es así...-dixo Daniela. De súpeto, unha masa escura rodeou a Alex e esta última quedou cos ollos en branco absorbendo toda a masa.

IES MENDIÑO


Contos de medo

- Vas morrer... –dixeron tres voces ao mesmo tempo achegándose a Daniela. A rapaza estaba terriblemente asustada, pero reuniu toda a rabia pola morte do seu irmán e do seu amigo e agarrou a pá que tiña ao seu carón para baterlle a Alex con todas as súas forzas, porque se mataba a Alex, mataría os pais que estaban dentro dela. Así o fixo. Cando a pá chocou contra a cabeza de Alex, esta finou de inmediato, conseguindo así que aquel horrible pesadelo rematase. Pasado un tempo, a moza decidiu arredarse todo o posible daquel lugar. Cambiou de identidade, tentando deixar atrás todo aquel horror e tristura. Claudia Roza e Rocío Toucedo

IES MENDIÑO

4º ESO


2014-15

IES MENDIテ前


RUÍDO

Contos de medo

O outro día estaba soa na casa vendo unha película un tanto estraña cando escoitei un ruído no garaxe. Alerteime, pero non lle dei importancia. Seguín vendo a película tranquilamente pero sobresalteime de novo por uns ruídos máis fortes no baixo da casa. Non o dubidei, abrín a porta e baixei as escaleiras en silencio, collín a vasoira que estaba ao lado do portalón do garaxe. Pareime, penseino dúas veces e, cando por fin me armei de valor, volvín a escoitar eses arrepiantes ruídos. Sentín un terrible calafrío, xirei o picaporte e a porta abriu, esperei que aparecese calquera cousa mais o que vin deume un susto de infarto... O meu gato saíu fuxindo do garaxe. Aquilo deixoume petrificada, pero máis tarde rin polo sucedido. Antía Collazo, Lía Orge. Ana Belén Otero e María Couñago. 3º ESO

IES MENDIÑO


2014-15

ERA UNHA NOITE SOMBRÍA

Era unha noite sombría e ía frío. Saía de traballar e volvía Á casa. Decidín coller o camiño máis curto que era cruzar polo monte. Ía camiñando polo tenebroso e escuro monte intentando tranquilizarme pensando en chegar á casa, estar cos meus fillos, sentarnos ao carón da cociña e poder gozar dunha cunca de leite quente. Pero, canto máis pensaba niso, máis me inquietaba. Todo estaba escuro. De súpeto, correume un calafrío polas costas, e sentín un ruído detrás miña. Apurei o paso. Sentín como se o corazón se me fora a saír do peito. De pronto, vino. Sei que o vin. Estaba diante miña. Ao velo, volvín sentir unha sensación de frío, temor, ansiedade, desacougo. Acercouse a min, sorrindo, da súa boca saía un cairo e caíalle unha pinga de sangue. O mundo caéuseme, notaba que xa non tiña o chan baixo os pés, que estaba flotando. Unha bágoa esvaroume pola meixela e comecei a pensar nos meus neniños. Os meus pequechiños... quedarían sen nai. IES MENDIÑO


Contos de medo

O ser púxose diante miña, mirándome. Non podía botar a corre; estaba paralizada. Supliqueille. Non podía facer outra cousa. Este miroume e, de pronto, converteuse nun morcego e marchou. Nunca o volvín ver. Xa pasaron dous meses diso, pero o recordo dese ser converténdose en morcego ségueme a todos partes. Nunca souben porqué me deixou viva. Silvia García e Lucía Mouriño 4º ESO

IES MENDIÑO


2014-15

ZAPATOS BRANCOS

31 de outubro de 1995, ano no que a ditadura franquista tocara a súa fin. Unha parella de labregos de Silleda festexaba con alegría a morte daquel malnacido. O home decidira ir cazar un xabaril para culminar aquel grandioso día. Ao saír advertiulle á súa muller. •

Non abras a ninguén. A morte chamará á túa porta, preguntándoche, coa miña voz, se viras a unha rapaza con zapatos negros mais un rapaz cun acordeón. Debes temela, pero non chegará inesperadamente. Voume, xa é a hora.

Cando abandonou o fogar, o home dispúxose a preparar a súa arma. Abriuna, introduciulle os balíns e cargouna. Lavaba os zapatos brancos de cazar. Non deixaría a ningún con vida. Entrementres, a muller non aguantaba os nervios, estaba ao borde do ataque. A Santa Compaña visitaríaa esa noite...? E, o máis intrigante de todo... Como o sabía o seu marido? Cargada de medo, dirixiuse á cama. Tentaría durmir algo, así non estaría consciente cando chegara a Estadea. Cando estaba a piques de IES MENDIÑO


Contos de medo

caer nas mans do sono... escoitou un ruído . Foi un son xordo, saído da escuridade da noite... O home dispúxose a ir na procura da primeira vítima. Un can ouveou. Unha moza corría de volta á súa casa cando o home lle preguntou: •

Viches un mozo e mais unha moza con zapatos negros?

A rapaza, cargada de medo, non tivo tempo de responder, pois o home a silenciou cun só golpe. A morte comezara a súa facenda. A labrega, na súa casa, tremía de medo. Non sabía qué facer para distraerse e non pensar na visita. Nerviosamente, recolleu a vaixela e lavouna, feito que evitara antes, debido á posición do vertedoiro: xusto baixo a fiestra. Tremíanlle moito as mans, estaba moi intranquila. Os pratos escorregábanselle e caían ao chan, partindo en milleiros de anacos. Non podía seguir así. Debía tranquilizarse. O cazador seguía en busca de vítimas que caeran nas súas mans. Dirixíase de volta cara a súa casa, cando un home se lle

IES MENDIÑO


2014-15

parou a preguntar se tivera unha boa caza. Non o recoñecía, mais dáballe igual: a morte non distingue persoas. Dun tiro na gorxa deixouno sen vida. Xa pouco lle faltaba. Un corvo grallou. Nun intento de tranquilizarse, a muller do cazador tomaba unha tila. A cunca tremía nas súas mans, a piques de derramala por riba súa. Chamaron á porta. A respiración paróuselle durante uns poucos segundos... Sería ela? Sería a Estadea? A voz do seu marido xurdiu de detrás da porta. Esquecendo as advertencias que lle dixera, abriu a porta e viuno a el, con pequenas pinguiñas de sangue nos zapatos... Brancos? Non recordaba... Xa nada máis sentiu, nin recordou, nin fixou. Nada máis aconteceu. Os raios do sol comezaron a acariñar os cumios dos outeiros. O labrego non lembraba nada. Tivo medo ao ver á súa muller morta... Os seus zapatos volvían ser negros. Borja Fernández e Uxía Martínez 4º ESO

IES MENDIÑO


Contos de medo

IES MENDIテ前


2014-15

HAI UNS VINTE ANOS

Hai uns vinte anos que escoitei esta historia. Coido que foi un 31 de outubro, estaba co meu tío ao lume da lareira cando o tío Nicolás comezou a narrar esta historia: Eu coñecín a un tal Xurxo, o Aparecido. Este alcume víñalle de cando era mozo porque unha vez, xogando con dous amigos, miraron a un rapaz sentado e decidiron meterse con el. Este rapaz resultou ser un aparecido. Os amigos de Xurxo morreron días despois por causas que se descoñecen e dende entón el miraba xente morta. Co paso do tempo Xurxo aprendeu a convivir con este problema pois os espíritos nunca lle fixeran nada, ata un día que Xurxo estaba a coller cogomelos. Estaba moi canso e atopou cunha cabana ruidosa no monte e decidiu entrar nela para botar unha soneca, ou iso cría el. Cando espertou, xa de noite pecha, a lúa estaba no alto e polo monte abaixo descendía unha espesa brétema, entre a bruma Xurxo albiscou unha serie de candís sostidos por uns espíritos cubertos por unha túnica negra. Pensando que era outra das IES MENDIÑO


Contos de medo

moitas aparicións que sufrira ao longo da súa vida, proseguiu o camiño de volta á casa. Un dos espíritos da que el non sabía que era a Santa Compaña tendeulle unha vela. Xurxo colleuna. Non se soubo máis del, moitos din que pasou a formar parte da procesión de espíritos pois sempre se aparece a Santa Compaña, pódese oír como os fantasmas murmuran o nome de Xurxo. Pablo Iglesias e Manuel Rancaño. 3º ESO

IES MENDIÑO


2014-15

AQUEL ESPANTOSO SON

Cando escoitei aquel espantoso son, atopábame eu só na casa, pois os meus pais tiñan una reunión de traballo (ou polo menos, iso cría eu) polo que terían que estar fóra toda a noite. O frío reinaba no meu pequeno fogar, xa que era pleno inverno e a calefacción non funcionaba debido a una avaría. Terminara os deberes había xa unha hora e

atopábame lendo unha

interesante novela de misterio á luz dun candil. Foi entón , ao redor das 10.30, cando o ruidoso estrondo resoou nos meus oídos. O son viña do faiado e, aínda que nunca me achego a gozar daquel escuro e tenebroso lugar, sentinme obrigado a descubrir a orixe daquela especie de alarido. As miñas pernas tremían mentres subía lentamente as escaleiras. Cando me atopei enfronte daquela espantosa habitación, o medo invadira o meu corpo. Foi entón cando abrín a vella porta que, debido á oxidación, emitiu un agudo e molesto son e, detrás dela, atopei o que máis temía atopar. O corazón detívoseme cando vin diante miña o corpo decapitado dunha muller. IES MENDIÑO


Contos de medo

Un inesperado lóstrego de tronada amosoume un home que sostiña entre as súas mans a cabeza do cadáver e, cando os meus

ollos

acostumaron

se á

escuridade, apreciei

no

rostro

daquel

suxeito,

o

do

meu pai e no da vítima,

o

da

miña nai. Asustado, e cos ollos cheos de bágoas, botei a correr todo o que me permitían as miñas pequenas pernas, que xa deixaran de tremer. Cando xa estaba á metade das escaleiras, tropecei e o meu corpo rodou ata chegar ao primeiro andar. Foi naquel momento cando espertei. Lucas Quiñones.

IES MENDIÑO

3º ESO


2014-15

HISTORIA SEN FINAL

De súpeto, espertei. Encontrábame no chan, acurrucado e mollado. Non entendía nada. Estaba escuro, só se podía ver un raio de luz que se filtraba por debaixo da porta. Unha porta era o que se vía; nada máis, só unha porta e cascudas polo chan.

Erguinme; estaba canso e algo mareado. Dirixinme á porta mentres pisaba sen remedio algunha cascuda. Cando cheguei, agarrei o pomo e abrín. A porta daba a un corredor estreito, da mesma anchura que a propia porta. Polas paredes había fileiras de cadros á altura da cabeza, neles había pintadas paisaxes, árbores, pazos… pero todos moi borrosos, tanto que custaba adiviñar qué querían representar. Uns pasos máis adiante, había unha porta á esquerda e, diante dela, un entrante na parede onde estaba situada unha repisa, un teléfono, comprimidos para a depresión e un reloxo, un reloxo dixital que marcaba as 23:59 h. Na parede enriba da repisa estaba o único cadro distinto dos demais, pero tiña arrincada a parte superior. Na parte que restaba do cadro podía verse pintado un pescozo que tiña posto un colar de perlas e un Corpo cunha IES MENDIÑO


Contos de medo

blusa a flores moi bonitas; enriba diso, escrito cun pincel e pintura branca, puña “ Para a miña querida amada”.

De súpeto, comezou a soar unha voz que estaba dando as noticias de última hora; a voz proviña dunha radio que estaba detrás da repisa e que ata aquel momento non vira.

O locutor falaba dun home que nas últimas horas matara a súa Muller e os seus catro fillos

a coiteladas e sen motivo

aparente ningún, pois parecía unha familia feliz que nunca tivera discusións e se levaban todos moi ben. Logo da morte da súa familia, o home cortouse o pescozo…

Cortárase a emisión das noticias, era como se á radio se lle acabase a pila de repente. Busquei o botón de acendido e apagado, pero topei co oco baleiro das pilas. Con cara pálida, deixei a radio onde estaba.

Amedrentado e desorientado aínda, volvín abrir a porta da esquerda do corredor, mais sen éxito. A porta estaba pechada por dentro e non tiña buxeiro para a chave nin me deixaba mover o pomo. Continuei andando devagar polo corredor

IES MENDIÑO


2014-15

mentres observaba as case abstractas paisaxes dos cadros. Andei ata chegar á porta do fondo. Nervioso e con moito medo, abrín a porta e… Non había nada, só outra porta máis adiante. Estrañado, volvín andar cara á porta que tiña diante e agarrei o pomo con forza. Nese momento, como se dun portazo se tratase, cerrouse a porta. Volvín axiña,; tentei abrila pero…

(Que cadaquén imaxine un final para esta historia).

Francisco Míguez

IES MENDIÑO

4º ESO



Lucas Álvarez 1º ESO

BIBLIOTECA DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATURA EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

IES MENDIÑO – REDONDELA


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.