BIOLOXÍA DE DRAGAL

Page 1

ALUMNOS DE 2º E.S.O. CCNN CPI “VIRXE DA CELA” MONFERO


ÁNGEL VARELA

Este é o meu dragón chamado dragón azul ou de xeo (“Glaucus atlanticus”). Tratáse dun dragón xa extinto, pero grazas aos seus restos fósiles coñecemos as súas caraterísticas.

NUTRICIÓN Alimentábase dunhas vacas, que xa non existen. Era polo tanto carnívoro. O dragón ao facer a dixestión producía gas metano; este gas vai cara a gorxa a unha velocidade alta e produce lume ao frotarse a grande velocidade coas paredes ásperas da gorxa.


RELACIÓN O meu dragón vai polas montañas, montes… Relaciónase con outros dragón dalí, máis con outros seres vivos dese lugar.

REPRODUCIÓN Poñen ovos nunha cova e os deixan alí, a femia incuba os ovos durante catro meses. Logo rompen as súas cascas e salen as crías. Estes ovos son de cor azul, de forma ovoide e con pinchas negras.


TANIA GRUEIRO ESTE E O MEU DRAGÓN, EN LATÍN “LILAC IGNIS” EN GALEGO “LUME AZUL”. XA NON EXISTE, PERO PODEMOS VER AS SÚAS CARACTERÍSTICAS GRAZAS AOS DATOS QUE NOS DAN OS SEUS FÓSILES.

NUTRICIÓN O MEU DRAGÓN ALIMÉNTASE DE PLANTAS COMO A SOLLA E O XIRASOL QUE SON PLANTAS OLEAXINOSAS. AO DIXERILAS DESPRÁZANSE A UNHA VESÍCULA CHAMADA OLEAXINOSITA QUE FORMA BIOCOMBUSTIBLES. AO SENTIRSE ATACADO PODE EXPULSAR LUME POLA BOCA, DISTINTO SEGÚN SEXA MACHO OU FEMIA. AS CORES DO LUME PODEN CAMBIAR; SENDO FEMIA A COR É LILA E SENDO MACHO: AZUL, ESTO DÉBESE Á COR DA BURBULLA OLEAXINOSITA, E CAMBIA SEGÚN AS HORMONAS FEMININAS OU MASCULINAS. OS DRAGÓNS TEÑEN UNHA ESPECIE DE GLÁNDULAS NA BOCA QUE PRODUCEN UNHA SUBSTANCIA QUE CONTEÑEN NA SALIVA QUE OS PROTEXE DAS QUEIMADURAS DO SEU PROPIO LUME.


REPRODUCIÓN O MEU DRAGÓN REPRODÚCESE DUNHA FORMA MOI ESPECÍFICA: O MACHO VOA SOBRE A FEMIA A 1 METRO DE ALTURA APROXIMADAMENTE. CANDO ESTA VOANDO SOLTA POLA BOCA UNHA SUBSTANCIA QUE CAERÁ XUSTO NA BOCA DA FEMIA, ENTON AO DIXERILA CREA UNHA MOLÉUCLA NO SEU ÚTERO QUE PRODUCE UN GRAN OVO. ESTE ESTA NA BARRIGA DA DRAGOA FEMIA UNS 7 MESES NOS QUE O BEBÉ DRAGÓN DESENVOLVE PARTES DO CORPO COMO AS PATAS, AS ÁS…

RELACIÓN ESTE DRAGÓN VIVE EN COVAS DAS ALTAS MONTAÑAS E COMPÓRTASE DE DISTINTAS MANEIRAS NAS DIFERENTES ESTACIÓNS: NO VERÁN E NA PRIMAVERA MUDAN DE PEL NO OUTONO E NO INVERNO IVERNAN.


ANA GONZÁLEZ Dragón de aire

Este tipo de dragóns habitan en climas tropicais, xa que necesitan aire cálido e non moitos líquidos para poder sobrevivir.

NUTRICIÓN Este dragón, aliméntase de cana de azucre, que é a principal substancia para producir bioetanol. O aparato dixestivo do dragón contén dous estómagos, que separan o combustible do resto da comida que vai nutrir ó animal e que entra nun deles gota a gota.


RELACIÓN O meu dragón ten moi desenvolvidos os sentidos da vista e do olfacto, polo tanto iso permítelle localizar e ulir con maior facilidade o alimento para poder producir ese lume que solta pola boca.

REPRODUCIÓN Os dragóns de aire femias, teñen dúas épocas de celo; unha entre febreiro e marzo, e outra entre agosto e setembro, na que, poden poñer dende 5 a 9 ovos, que serán incubados, ata o seu nacemento, pola nai. Á hora do nacemento, as crías saen de cor alaranxada e con grandes ollos, e como non: moi, moi famentos; polo que o macho terá que ter os alimentos preparados para ese día. Cando van medrando, emigran dende o lado dos seus pais, e crean de novo unha nova familia.


IVÁN DEIVE DRAGÓNS NEGROS (“Dragonus pantanosus negrus”)

NUTRICIÓN Aliméntanse de animais do pantano como os caimáns. Aínda que moitas veces desprázanse fóra da súa zona de caza para comer remolacha dos campos dos campesiños, cousa que fan para producir lume, e o fan da seguinte maneira: Ao comer esa remolacha producen bioetanol no interior do seu organismo. O bioetanol é un gas inflamable que ao rozar coas paredes do esófago do dragón produce unha chispa, o que fai que prenda o bioetanol nela e bote lume pola boca cando el queira, xa que é o dragón o que regula o paso do biocombustible polo seu esófago.


RELACIÓN O meu dragón ten moi desenvolvido o sentido da vista xa que o necesitan para cazar eses caimáns tan escurridizos, pero tamén teñen moi desenvolvido o do olfacto para ulilos. Normalmente, vivían en pantanos, xa que hai máis humidade; aínda

que

había

algúns

que

soían

habitar

en

goridas

subterráneas. Despiadados por natureza, devastaban todo ao seu paso, pero só atacaban si co ataque podían sacar algo para o seu beneficio. Usaban un ataque poderoso que cubría os ceos de escuridade, momento no que podían pasar inadvertidos e atacar.

REPRODUCIÓN Este ser vivo ten unha reprodución sexual vivípara, cando os membros dos dous sexos atópanse no mes de cortexo; que é Maio, o macho baila movendo a súa cola dun lado a outro, e cando a femia o acepta, copulan. O período de xestación dura de 8 a 9 meses, e soen ter de 3 a 5 bebés dragóns, coidados pola nai.


SERGIO GARCÍA Dragóns verdes. “Dragonis terribilis bosquibilus”

NUTRICIÓN Estes seres vivos habitan os montes de todo o mundo. Ahí aliméntanse dunhas plantas que producen bioetanol. Ao comeren estas plantas producen o bolo alimenticio na gorxa, e nos seus cinco estómagos, fermenta. Ao pasaren dúas horas, este bolo, pasa por un órgano especial que o filtra, de maneira que os nutrientes van ó sangue, os refugallos elimínanse e o gas vai dirixido polos “vasos gaseosos” a unha vesícula situada na boca. O dragón, ao ter unha língua bífida, coas puntas moi ríxidas, cando quere, solta gas á vez que fai unha chispa batendo as dúas puntas da língua, así produce o lume para defenderse.


RELACIÓN Estes dragóns son moi tímidos, solitarios e agresivos. Habitan nos bosques, cando ven algún movemento no bosque ou lles molestan algo, suben ao aire e queiman todo o bosque co seu poderoso lume, de ahí ven o nome: “terribilis bosquibilus”.

REPRODUCCIÓN Son animais ovíparos, poñen entre dous e tres ovos de cor verde esmeralda, reprodúcense unha vez ao ano, o primeiro macho que da coa femia, fecúndaa e vaise. As

femias coidan

as crías, que

teñen

desenvolvemento

postembrionario directo, ata que aprenden a voar, despois abandoan á nai.


ADRIÁN MOSQUERA VARELA DRAGÓNS VERMELLOS

NUTRICIÓN Alímentanse dun biocombustible chamado biogás que se obtén do esterco e da basura, que lles provoca unha reacción inflamable no interior do seu estómago e que se produce unha chispa mediante o riscamento dunhas especies de glándulas que producen unha chispa e produce unha chamarada de lume.


RELACIÓN Estes animais habitan nos bosques e nas covas das altas montañas. Son moi solitarios e só se xuntan varios da súa epecie para procrear. Co medio relaciónanse para obter comida, como coellos, corzos, xabaríns…

REPRODUCIÓN

Estes animais teñen unha rara reprodución e as crías desenvólvense dentro da nai nun ovo ata que están preparadas para saír ao exterior, aínda que permanecen no ovo 3 meses despois de saír do interior da nai. A xestación dura en total arredor de 10 meses.


VÍCTOR GÓMEZ VARELA DRAGÓN NARANJA DE FUEGO “DRAGONIS NARANGIS FIRE”

NUTRICIÓN Este dragón aliméntase de aceites vexetais ou graxas animais que producen un biocombustible chamado biodiesel. O seu lume sae do corpo e cando eructa pon o rabo diante da boca e xúntase o lume do biodiesel e sae unha gran laparada.


RELACIÓN O dragón vive nas montañas e entra nos volcáns. Logo durme dentro dunhas covas cercanas aos volcáns é recupérase tamén comendo os aceites vexetais e graxas animais.

REPRODUCIÓN Para reproducirse manteñen unha pelexa coa femia e logo dun rato a femia cánsase e el comeza a reproducirse con ela. Os dragóns bebés son moi fráxiles. Os pequenos non nacen coa capacidade de producir lume.


MARTIN FERNÁNDEZ Dragón lume fresco “Dragonicus lumicus fresquitis”

NUTRICIÓN Este dragón come de todo, polo tanto, é omnívoro; come tanto animais como vexetación. Este dragón ten un pedernal na súa campanilla. Ao rozar ese pedernal coa língua, na parte de atrás desa especie de “pedra”, ao rascar, fai lume.


RELACIÓN Apenas se relaciona co medio só para procrear, xa que vive no subsolo e algúns nos mares.

REPRODUCIÓN Só sae a luz da terra para reproducirse, xa que a luz quéimalle a súa prezada pel. Sempre se atopan na mesma cova onde se coñeceron de pequenos.


ANA PENA Dragón residueiro (“Dracus rexidei”)

NUTRICIÓN Os dragóns teñen no seu estómago unhas bacterias anaeróbicas; isto quere dicir que, cando o animal come, os restos non dixeridos da súa alimentación, fermentan, e forman biogás. Cando queren botar lume, usan este gas, xa que o lume lle sae por unha perna, na cal ten o órgano de almacenamento dese gas.


RELACIÓN Estes dragóns, relaciónanse con outros seres vivos mediante a súa olor, e non é como nós cremos, canto mellor ulen, máis enfadados se poñen.

REPRODUCIÓN Non se reproducen por ovos, como sucede habitualmente, se non que a súa reprodución é vivípara, e presentan dimorfismo sexual (os machos son azuis, e as femias verdes). A femia tarda 34 meses en xestar ao novo individuo, que durante os 53 primeiros días vivirá coa súa nai, e despois, independizarase, isto quere dicir, que se desprenden da súa nai e do seu pai para sempre.


ALBA RODRÍGUEZ PURRIÑOS Dragón europeo

(“Draco Montanus”)

NUTRICIÓN O dragón europeo aliméntase de vacas, ovellas, cabras, cabalos e humanos. Despois de alimentarse, os restos orgánicos repousan nunca válvula na que fermentan. Ao cabo dunhas horas transfórmase en biogás que é un biocombustible que se forma a partir da fermentación de desfeitos orgánicos. Cando o dragón se ve acurralado utiliza o biogás para a súa defensa. O biocombustible ascende polo pescozo do dragón chegando ás amígdalas, onde se acciona un mecanismo que ao rozar o biogás coas paredes da gorxa prodúcese una chispa. Cando o dragón abre a boca sae o lume, que utiliza para defenderse.


RELACIÓN O seu hábitat natural son as montañas. Presenta unhas escamas irregulares, de forma que na cabeza son máis pequenas. Ademais inclúe unha limitada gama de cores como o vermello, verde, negro ou dourado. Combinándose entre si. Ten un corpo robusto, forte e impoñente. Con catro patas e tres poderosas garras en cada unha. Presentando una potente cola e uns letais cornos. Ademáis pode voar, xa que ten unhas enormes ás, coas que viaxa por toda Europa en busca de novas presas. Pode medir ata os 14 metros de lonxitude e os 5 de altura.

REPRODUCIÓN O dragón europeo é vivíparo. Pode ter dúas crías á vez. As femias despois de ser fecundadas repousan un ano nun niño que constrúen preto das montañas. Ao cumprirse o ano as dúas crías comezan a alimentarse de pequenos mamíferos e aves. Aos seis meses o seu pai ensínalles a cazar para poder sobrevivir, a defenderse e a voar. Este período dura dous anos máis. Cando acaba esa etapa, o dragón xa é adulto e ten que sobrevivir sen a axuda dos seus proxenitores.


ANDREA BRAGE Dragón de auga (“Draconis Tremebundobulos Aquos”)

NUTRICIÓN A súa alimentación ten coma obxectivo principal a fabricación de lume, xa que é a súa principal defensa ante os perigos do seu redor. Son vexetarianos, xa que (aparte de ser de estómago sensible) para producir lume utilizan bioetanol, un biocombustible que se obtén mediante a fermentación de biomasa rica en azucres coma por exemplo a remolacha. O bioetanol prodúcese da seguinte maneira: Cando a remolacha (biomasa rica en azucre) entra no organismo é mastigada polas fauces do dragón ata que está feita papas. Desta maneira unhas glándulas que están na gorxa do animal poden absorber as graxas. O alimento restante queda fermentando unhas horas no estómago e o gas que se produce é o chamado bioetanol. Este acumúlase nunha vexiga ata o momento no que teña que utilizalo. Para que o bioetanol prenda o dragón ten que facer uso dun dos recursos que lle brinda o seu corpo: a língua ten unha parte de quina (coma a cuncha das tartarugas) que se rexenera de cada certo tempo. Ao igual que a língua, os seus dentes tamén son de quina, rompen facilmente, pero rara vez lle fan falta (utiliza o lume) de maneira que só presenta beneficios. O proceso é: o dragón libera o bioetanol da vexiga á vez que fai un “efecto chisqueiro”, golpeando a língua coa cara interior dos dentes e producindo unha chispa que produce a combustión do gas fabricando unha chama que pode chegar a ser mortal.


REPRODUCIÓN O Dragón de auga ten unha reprodución ovovivípara, na que o embarazo dura ao redor dun ano. Na época de celo, os dragóns macho realizan un cortexo á femia. Consiste en voar ao redor dela e mover a cola tal e coma se bailara. A femia escolle un macho do que posteriormente quedará preñada. O ovo está entre catro e seis meses dentro da nai, cando se achega a época na que o ovo saia ao exterior, a nai forma, nunha árbore alta e frondosa, un niño composto por: lama, ramallas e herbas secas. Para conseguir estes materiais, a dragoa xa busca de formar un niño no lugar onde haxa este tipo de elementos. Cando o ovo sae ao exterior, está coidado ó calor pola nai os meses restantes e sempre esta no niño. Canda rompe a casca, o pequeno ou pequena dragón aprende todo sobre a vida da man da nai e nalgúns casos tamén do pai. Cando está preparada a cría, volve ao lugar onde viven os seus proxenitores.

RELACIÓN Os Dragóns de auga viven en covas submariñas ou polo menos preto da auga, os dragóns poden adaptarse á auga salgada ou á auga doce. Sempre viven nestes medios, excepto cando van ter unha cría que se cambian aos árbores (véxase reprodución). A súa relación co medio varía dependendo da época do ano, en verán e en outono é a época de máis movemento, xa que é a temporada do cortexo e necesitan atopar comida para o inverno. En cambio, en inverno a relación é practicamente inexistente, íllanse nas súas covas ou nos niños dependendo do seu estado e aliméntase das reservas que recolleron en verán e en outono. En primavera, só saen do seu refuxio por comida.


CARLOS CASTRO RIVAS Eu decidín escoller o dragón negro. Ahora vouvos falar un pouco deles.

NUTRICIÓN O dragón negro alimentábase dunha pequena especie de corzos que xa non existen. Estes corzos, alimentábanse dunhas plantas as cales tiñan unhas

pequenas

formigas.

Estas

formigas

chamábanse

formigas do lume. O dragón ao comer o corzo que se alimentaba destas plantas con

formigas,

ao

inxerilas,

coa

dixestión

as

formigas

producían un gas moi inflamable, rozando os dentes producía chispas e expulsaba unha gran laparada de lume co cal se defendían. Co paso dos anos foron evolucionando e crearon dentro do seu corpo uns “almacéns” nos cales gardaban ese gas e podíano usar sempre que quixeran.


RELACIÓN O dragón negro, era un dragón que non se relacionaba con ningún outro dragón, isto débese á súa gran agresividade, todo o que lles molestaba e se podían desfacer dél, facíanno. Normalmente, eran encontrados en pantanos, aínda que había algúns que soían habitar en goridas debaixo do solo. Eran despiadados por natureza, devastaban todo ao seu paso, pero só atacaban si co ataque podían sacar algo para o seu beneficio. Usaban un ataque poderoso que cubría o ceo de escuridade, momento no cal podían pasar inadvertidos e atacar.

REPRODUCIÓN Os dragóns negros, reproducíanse moitas veces ata que a “dragoa” empreñara, os dragóns negros eran fieis a súa parella ata que esta paría, Son moi agresivos, pero se as hembras teñen crías volvíanse moito máis agresivas. Os dragóns ao non se poderen acercar a parella ían xunto a outra dragoa e facían o mesmo, así continuamente.Cando as “dragoas” tiñan os seus fillos, non deixaban que ninguén se acercara a ela e aos seus fillos. Cando os pequenos dragóns facían oito meses, xa se separaban da nai e entre sí e tiñan que aprender a cazar e a defenderse por sí solos.


RAQUEL SUÁREZ ANTÓN DRAGÓN DA NEVE (“Draco Nubila”)

NUTRICIÓN Aliméntase de: osos polares, leóns mariños, calamares xigantes… Para que saia o biodiesel, na punta da súa língua ten unha chispa que cando se xunta co biodiesel bota o lume pola boca. Atacan co alento xeado e cunha enorme cola branca


RELACIÓN

Mide 12 metros de largo e 4 de altura Viven nunha cova subterránea dun iceberg ou glaciar. Emigran do Ártico ó Ántartico cada ano e sobrevoan miles de kilómetros

REPRODUCIÓN Hai un mito que di que presentan algún tipo de hermafroditismo e que están conectados coa maxia e coas estacións do mundo. Cando saen do ovo son dun tamaño dun gato e despois chegan a ser moi grandes. Se descoñece canto poden vivir, o que mais viveu foi 200 anos.


ANTÍA LISTA RAMOS O DRAGÓN PRATEADO

NUTRICIÓN Este dragon aliméntase de desfeitos orgánicos: a basura que se pode encontar nos vertedoiros, como mazás podres e outras cousas así. A súa preferencia son os vexetais , pero tamén come carne. Estes residuos orgánicos

ao

fermentar

chamado biogás que proporciona enerxía.

xeneran un gas


RELACIÓN Estes

dragóns

son

moi

benvolentes,

colaboradores, xeralmente non son

simpáticos

e

violentos e evitan o

combate sempre que sexa posible. Teñen unhas escamas prateadas e moi flexibles que dan un aspecto metálico. Este ton de prata faino case imperceptible nas nubes, o que é unha gran vantaxe en duelos.

REPRODUCIÓN A súa reprodución e ovípara e os seus ovos son dun tamaño moi grande, poñen de 5 a 20 ovos dos cales soen saír soamente unha décima parte das crías, das cales só sobreviven 2 ou 3.


LAURA RÍO DRAGÓN DORADO

NUTRICIÓN Este dragón aliméntase dun tipo de planta velenosa chamada Adelfa que só a pode tomar el, porque se o toma outro animal morre. El pódea tomar porque ten unhas glándulas especiais que o protexen. Pode producir lume gracias a esa planta que contén un producto químico. Cando a traga, roza coas glándulas e prodúcese o lume.


RELACIÓN Soe habitar en lugares húmidos porque é onde crecen esas plantas.

REPRODUCIÓN Ten reprodución sexual. É ovovivíparo e soe ter unha media de 10 ovos. Quédase en celo cada 6 meses.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.