Programa Electoral Luis Castedo
Candidato a reitor da UDC 2011
http://luiscastedo.com
Benqueridos amigos e amigas da Universidade da Coruña
Ao longo dos últimos anos tiven a oportunidade de desempeñar distintas tarefas de xestión nesta universidade, tanto de carácter xeral, como representante do Claustro e membro do Consello de Goberno, como de maneira concreta na miña Facultade e no meu Departamento. Durante este tempo fostes varios os compañeiros que me animastes a presentarme a reitor da UDC. A medida que estes ánimos se ían estendendo, e tras recibir numerosos apoios de persoal docente e investigador, estudantes e membros do persoal de administración e servizos, puiden ir estudando e analizado de forma pormenorizada as inquedanzas que me faciades chegar e as carencias que todos detectabamos dentro da nosa Institución. Puiden descubrir que si é posible construír outra universidade máis aberta, máis internacional, máis emprendedora e máis centrada naqueles que nunca deberon deixar de ser os auténticos protagonistas: vós. A isto debo unir o apoio explícito
prestado polo grupo Alternativa Universitaria de Progreso que decidiron elixirme, tamén eles, como o candidato idóneo para representar a UDC ao máis alto nivel, cousa que agradezo encarecidamente. Todos estes folgos fixeron que non dubidase á hora de asumir con ilusión e convicción esta grandísima responsabilidade que agora teño por diante.
novos tempos para que a UDC estea á altura dos retos que se nos presentan. A UDC debe responder axeitadamente á esixencia que Galicia nos demanda de ter un servizo público de educación superior de calidade, que lle permita proxectarse no futuro e lle axude a alcanzar as súas aspiracións máis nobres de desenvolvemento humano, científico e social.
Preséntome para facer da UDC unha universidade máis plural, máis eficaz e máis innovadora. Plural porque cremos que é posible que estudantes, persoal de administración e servizos, profesores e investigadores, malia a súa diversidade, se identifiquen cun mesmo proxecto, que ten como fin último a excelencia na formación dos nosos estudantes, o éxito académico dos nosos docentes, a solvencia da nosa xestión e o progreso da institución que nos acolle a todos. Eficaz porque os tempos de crise en que nos atopamos nos obrigan a aproveitar ao máximo todos os nosos recursos humanos, materiais e financeiros. E innovadora porque estamos certos de que os desafíos aos que nos imos enfrontar se poden superar se recorremos a novas fórmulas e solucións. Afrontamos tempos de cambio, e por iso apaixonantes, nos que non hai lugar para o pesimismo nin a desilusión. Máis ben o contrario. Na Galicia do futuro coa que todos soñamos, o coñecemento e a súa transmisión á nosa xuventude van xogar un papel decisivo. É responsabilidade nosa adaptarnos aos
Unha aperta afectuosa
Luis Castedo http://luiscastedo.com
Motivación As universidades teñen a responsabilidade de formar profesionais competentes e de liderar a investigación e a innovación, mediante a implantación de políticas orientadas a conseguir a calidade, a eficiencia e a excelencia docente e investigadora, de xeito que os seus titulados cumpran cos máximos niveis de esixencia de cualificacións académicas que a sociedade demande, e que os resultados dos seus grupos de investigación contribúan ao crecemento económico e á mellora da calidade de vida da súa contorna. Na actualidade, o sistema universitario español está a vivir un período cheo de cambios e incertezas, o que dificulta que unha universidade pública, como a UDC, alcance os seus obxectivos. A todo isto temos que engadir que nos últimos anos a nosa universidade foi perdendo prestixio dentro do Sistema Universitario Galego (SUG). De feito é a institución universitaria de Galicia con menos grupos de investigación de referencia recoñecidos pola Xunta, con menos proxectos de investigación, a única sen campus
de excelencia e, entre outras cousas, a que acada menor financiamento por estudante. Ante esta realidade e tendo en conta que, tal como establece o recentemente aprobado Plan de Financiamento do Sistema Universitario de Galicia 2011-2015, a competencia polos fondos públicos vai estar condicionada á consecución duns obxectivos específicos, medidos a través de indicadores auditados, cómpre facer unha análise crítica das nosas debilidades. É o momento de promover un profundo cambio na UDC, asumindo as súas responsabilidades sociais e respondendo ás demandas derivadas da natureza dunha institución pública e de calidade.
A UDC que queremos ...
Unha UDC da que nos sintamos orgullosos ✓✓ Ao servizo dos seus estudantes ✓✓ Que aprecie o labor do seu PAS ✓✓ Ilusionada coa docencia e a investigación ✓✓ Próxima, amable, que conte coa opinión de todos ✓✓ Que contribúa á proxección da cultura, a ciencia e a innovación galegas.
Unha UDC que xestione eficazmente os seus recursos e loite por un mellor financiamento ✓✓ Capaz de negociar coas administracións públicas ✓✓ Que racionalice e priorice axeitadamente o gasto ✓✓ Imaxinativa á hora de explorar novas vías de financiamento ✓✓ Áxil, sen confusos procedementos burocráticos ✓✓ Cunha eficiente estrutura organizativa do seu PAS
Unha UDC atractiva para os estudantes ✓✓ Cunha oferta académica de titulacións que sexa un referente en Galicia ✓✓ Con residencias universitarias públicas nos Campus da Coruña e Ferrol ✓✓ Que dispoña dunhas infraestruturas e un transporte colectivo axeitados ✓✓ Que se preocupe pola inserción laboral dos seus titulados. ✓✓ Cun Consello de Estudantes que represente a todo o estudantado
Unha UDC que aposte pola calidade da súa docencia ✓✓ Que motive os labores docentes dos seus profesores ✓✓ Que fomente o uso de metodoloxías docentes innovadoras ✓✓ Que utilice linguas estranxeiras durante a aprendizaxe ✓✓ Que organice racionalmente as súas actividades docentes ✓✓ Que promova sinerxías entre docencia e investigación
Unha UDC que aposte decididamente pola investigación e a innovación ✓✓ Que potencie os grupos de investigación ✓✓ Cuns altos índices de produción científica ✓✓ Que valore a captación de axudas á investigación ✓✓ Que impulse as actividades do Parque Tecnolóxico nos Campus da Coruña e Ferrol ✓✓ Que sexa líder en transferencia de tecnoloxía
Obxectivos O que co apoio de Alternativa Universitaria de Progreso queremos é unha universidade plural, eficiente, innovadora e integradora que desde unha posición aberta, independente e non aliñada politicamente, desenvolva modelos de xestión democráticos, transparentes e participativos, orientados a lograr a calidade docente, a excelencia na investigación, e a proxección internacional da cultura, a ciencia e a innovación galegas, pois estes elementos son a base do desenvolvemento social, compromiso ineludible que lle corresponde á UDC como universidade pública. Queremos liderar unha universidade que conte coa colaboración de todos os axentes implicados, que avance sen tutelaxes, nin herdanzas, nin sucesións impostas, que teña como principal obxectivo converterse nunha institución que estableza as condicións necesarias para prestixiar a formación que imparte e a investigación que realiza, de xeito que, por un lado, o seu alumnado se poida incorporar ao mercado laboral o antes posible, nos postos para os que se prepararon e, por outro, para que a sociedade e a industria vexan na
UDC unha institución da que emana coñecemento e innovación con grupos de investigación aos que recorrer na procura de solucións. Para afrontar este reto contamos cun equipo capaz e ilusionado, con ganas de traballar con empeño por e para a nosa universidade, poñendo en práctica un estilo de goberno integrador, baseado no consenso e na liberdade de expresión que, xuntando os esforzos e as ilusións da súa comunidade universitaria, logre revalorizar as potencialidades da UDC converténdoa nunha marca de calidade prestixada. Propoñemos un programa electoral estruturado ao redor de cinco liñas de acción básicas, orientado a modificar a situación actual, acadando maiores niveis de calidade docente e investigadora que permitan recuperar o prestixio perdido nos últimos anos e mellorar significativamente nos indicadores que inciden na captación de recursos do modelo de financiamento autonómico.
Programa
As liñas de acción que propoñemos actuarán de xeito conxunto para que cheguemos a ter unha universidade prestixiada, eficiente, integrada na nosa contorna, comprometida coas súas necesidades, cunha oferta académica moderna e de calidade, capaz de formar os mellores profesionais, con grupos de investigación de excelencia capacitados para realizar unha transferencia innovadora e efectiva de tecnoloxía que contribúa ao crecemento económico e á mellora do nivel de vida da nosa rexión.
Liña 1 Transparencia e eficiencia na xestión dos recursos A UDC precisa desenvolver un modelo de xestión económica eficiente, próximo a todos os usuarios, que garanta que a execución orzamentaria se adapte aos obxectivos expostos e ás normas legais aplicables. Unha xestión eficiente implica un uso sistemático e aínda máis extenso das novas tecnoloxías, mais tamén a simplificación e racionalización da burocracia. Pero, ademais, resulta imprescindible adoptar algunhas medidas de aforro que permitan liberar recursos para fins máis necesarios. Por outra banda, a sustentabilidade da nosa universidade non é posible sen unha xestión eficaz dos recursos humanos que inclúa medidas para mellorar as súas condicións de traballo, a súa formación e o recoñecemento e a incentivación no desempeño da súas funcións. A nosa proposta concrétase en medidas conducentes a aumentar a eficacia e a eficiencia na xestión dos recursos económicos, humanos e materiais de que dispón a nosa universidade.
Xestión económica Implantar medidas de eficacia, aforro e moderación do gasto
• • •
• • • •
Reordenar as políticas orzamentarias cara a moderación do gasto, a racionalización dos consumos e a captación de novos recursos Reestruturar o equipo de goberno reducindo o número de vicerreitorías Impulsar a xestión e a administración electrónica, implantando progresivamente o acceso web a todos os servizos e adaptando o DNI electrónico a todos os trámites administrativos, tales como autorexistro de documentos, petición de documentación, certificados, etc Potenciar o papel do Consello Social na xestión económica da universidade Simplificar os procesos burocráticos da xestión económica impulsando as modificacións normativas pertinentes Promover que os postos de máxima responsabilidade administrativa dos servizos e dos centros sexan ocupados por PAS Desenvolver manuais de procedemento administrativo que sirvan como instrumento de apoio na xestión
• •
Priorizar os investimentos Racionalizar o horario de apertura e peche dos centros en datas especiais de escasa actividade académica
Instaurar procedementos de transparencia, comunicación e debate
• • • • •
Implantar modelos de administración participativa, impulsando o traballo en equipo Potenciar o debate democrático e integrador de normativas e toma de decisións Desalentar a indeterminación de acordos e o aprazamento da toma de decisións Aumentar o apoio institucional ao Defensor Universitario para o axeitado cumprimento das súas funcións de garantía de dereitos para toda a comunidade universitaria Maximizar o uso da Web da UDC para dar transparencia a todos os procesos
Xestión dos recursos humanos Incrementar a eficacia na xestión dos recursos humanos
• •
• • • • • •
Definir unha Relación de Postos de Traballo (RPT) eficaz e ben dotada que responda ás necesidades actuais, fixando un calendario de execución Garantir orzamentariamente a carreira profesional do PDI e do PAS dotando prazas para o PDI acreditado, estruturando a carreira profesional do PAS e establecendo un plan de promoción e estabilización para os traballadores da UDC Promover o consenso no plano de funcionarización do PAS laboral Esclarecer os criterios para conceder a prolongación da permanencia no servizo activo dos PAS Garantir o cumprimento dos acordos existentes e dos que se acaden no marco da negociación cos representantes dos traballadores Negociar a elaboración dun catálogo de competencias e funcións dos PAS Promover e defender a creación dun corpo de persoal investigador para dotar de estabilidade laboral ao persoal do capítulo VI Estudar a integración do persoal do capítulo VI que desempeña tarefas administrativas no colecivo do PAS laboral
Impulsar a formación e a mobilidade
• • •
•
Incentivar e promover a formación continua, a actualización de coñecementos, e a formación específica adaptada ás necesidades de cada posto de traballo Potenciar os cursos de formación on-line Propiciar o establecemento de convenios ou a colaboración con outras universidades para compartir os recursos formativos dos que, que pola súa especificidade ou a súa contía, resulte difícil a organización Revisar o acordo de mobilidade entre as universidades galegas que permita xestionar o proceso de forma máis áxil e eficaz
Facilitar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral
• • •
Establecer concertos e/ou convenios con centros especializados para facilitar que todo o persoal da UDC atenda aos seus familiares dependentes Potenciar a organización de talleres e actividades para os fillos de traballadores e do alumnado durante os períodos de vacacións escolares Facilitar a adaptación da xornada laboral e a flexibilidade horaria para persoas con cargas familiares importantes
Promover activamente actos de convivencia da comunidade universitaria coa sociedade
•
Potenciar as asociacións de antigos alumnos
Manter e, no posible, reforzar o plan de acción social
• •
Establecer vías de participación na vida da universidade despois da xubilación Revisar a normativa sobre profesores eméritos e honorarios para posibilitar a creación dun Colexio de Profesores Eméritos e Honorarios
Xestión das infrastructuras Potenciar a xestión sostible e ambiental das instalacións da UDC
• • •
Elaborar un plano medioambiental de reciclaxe e uso de materiais ecolóxicos Rematar as obras inacabadas e reparar e mellorar as actuais realizando, onde se precise, acondicionamentos para persoas con minusvalidez Adecuar e adecentar os accesos aos distintos cam-
•
pus (xardíns, sinalización, pavimentos…) Poñer en valor todas as instalacións da UDC con especial atención ás deportivas
Liña 2 Calidade na docencia, na oferta académica e nos servizos
Ampliar as infraestruturas do Campus de Ferrol
• •
Promover conxuntamente co Concello de Ferrol unha solución aos problemas de aparcadoiro no campus de Esteiro Impulsar a construción dun edificio que albergue un Centro Politécnico no que se impartan todas as titulacións de enxeñaría do Campus de Ferrol
O Plan de Financiamento do Sistema Universitario de Galicia 2011-2015 establece que parte dos fondos que se recibirán terán a súa orixe en obxectivos ligados aos resultados docentes polo que é ineludible tomar medidas orientadas a mellorar a calidade da docencia, así como a fomentar a actualización e a innovación. Estas medidas, xunto cunha ampla oferta de estudos con demanda que faciliten a inserción laboral e a mellora da calidade dos servizos, sentarán as bases para proporcionar un servizo educativo diferenciado que sexa referente en Galicia e convrta a UDC nun polo de atracción de estudantes que contribuirá a incrementar a captación de financiamento. As propostas que expoñemos para acadar unha mellora da calidade na nosa universidade estrutúranse en medidas para mellorar a calidade na docencia, na oferta académica e nos nosos servizos.
Docencia de calidade Desenvolver medidas para mellorar a calidade da docencia e incentivala e avaliala axeitadamente
•
• • • • • •
Impulsar un modelo de ensino centrado no estudante, tal como se demanda na aplicación de Boloña, fomentando a implicación do alumnado no proceso formativo, na vida universitaria e especialmente nas decisións que lle afectan Flexibilizar a organización docente para adaptala ás necesidades de cada centro e titulación Aumentar a autonomía de Centros, Departamentos, Institutos de Investigación na xestión académica Revisar o actual sistema de avaliación da actividade docente do profesorado Implantar un sistema de incentivos, axudas e apoio técnico para proxectos de mellora docente, elaboración de materiais, uso das TICs ou calquera outro proxecto de innovación da formación Fomentar a utilización da lingua estranxeira na ensinanza e na aprendizaxe Recoñecer todas as actividades docentes do profesorado: grao, proxectos, traballos fin de grao, máster, traballos de fin de máster, teses de doutoramento, etcétera
•
Simplificar a burocracia asociada á calidade docente
Mellorar e modernizar os medios materiais e os recursos destinados á docencia
• • •
Elaborar un plan específico de medios e recursos docentes Mellorar o funcionamento do Campus Virtual facilitando o seu uso Potenciar e incentivar a creación de contidos tanto para a auto-aprendizaxe (coleccións de exercicios, materias para ensino virtual, etcétera) como para o ensino non presencial
Oferta académica de calidade Reorientar a Unidade Técnica de Calidade cara a un servizo de asesoramento na acreditación das novas titulacións Dotar aos centros dos recursos humanos necesarios para a xestión dos procesos de calidade das titulacións
Mellorar e ampliar a oferta académica de grao atendendo ás demandas da contorna
• • • •
Consolidar a actual oferta académica de títulos de Grao e facilitar a súa continua adaptación para corrixir as deficiencias que se detecten Implantar novas titulacións atractivas, adaptadas ás necesidades do noso mercado laboral e da nosa contorna social, facendo un estudo do seu interese e da súa viabilidade Fomentar e facilitar a creación de itinerarios que conduzan á obtención de dobres titulacións que atraian estudantes con interese nunha formación diferenciada e menos convencional Ofertar títulos conxuntos con outras universidades nacionais e estranxeiras
Realizar unha oferta atractiva de estudos de máster coordinados coa oferta de grao e coa investigación
• •
Manter e fomentar a creación de estudos de Máster de calidade, adaptándoos ás necesidades de cada centro Elaborar unha normativa que estableza as condicións que debe cumprir un Máster en termos de calidade, nivel de esixencia e demanda social
• •
Estimular a participación do profesorado co pleno recoñecemento da docencia no Máster como actividade docente regrada para todos os efectos Impulsar o desenvolvemento de mestrados e programas de doutorado conxuntos con outras universidades nacionais e estranxeiras
Impulsar o ciclo clínico compartido de Medicina coa Universidade de Santiago de Compostela ou con outra universidade do EEES Potenciar o Campus Sénior establecendo máis cursos de interese
Calidade nos servizos Reorientar a Unidade Técnica de Calidade cara
a un servizo de asesoramento na certificación dos diferentes servizos
Deseñar unha nova páxina web da UDC Mellorar os servizos de restauración e transporte
• • •
Negociar coas autoridades responsables un mellor servizo de transporte público axeitado aos nosos horarios que ao tempo sexa eficaz e barato Promover un transporte colectivo eficaz entre os distintos campus da UDC Supervisar a calidade dos servizos de restauración e cafetería nos distintos campus
Mellorar os servizos ao alumnado
• • • • • •
Reorganizar o Servizo de Asesoramento e Promoción do Estudante (SAPE) mellorando o asesoramento sobre bolsas, itinerarios formativos e as posibilidades de mobilidade no EEES Fundar a Páxina Web e a Revista Dixital do Estudantado Crear un Consello de Estudantes onde estean representadas as distintas facultades e cada unha das Asociación de Estudantes Ampliar, na medida do posible, as bolsas e axudas da UDC Promover a creación de residencias públicas e a sinatura de convenios coas privadas tanto no campus da Coruña como no de Ferrol Mellorar as condicións de estudo (horarios, bibliotecas, salas de estudo, etcétera) sen esquecer os campus periféricos
• •
Mellorar a oferta de cursos de linguas estranxeiras como complemento da formación Ofertar cursos de emprendemento para apoiar os estudantes que queiran crear novas empresas
Promover a inserción laboral dos/as estudantes e a súa preparación profesional
• • • • • •
Impulsar a firma de convenios a nivel institucional para que un número maior de estudantes poida realizar prácticas en empresas Crear un servizo telemático de emprego da UDC que proporcione orientación e apoio á inserción laboral dos seus estudantes e egresados Proporcionar asesoría gratuíta e incentivos ao alumnado emprendedor que opte por desenvolver proxectos empresariais como medio de inserción no mercado laboral Potenciar e mellorar o Observatorio Ocupacional Realizar estudos sistemáticos da inserción laboral dos titulados da UDC Promover a implicación do Consello social e da Fundación da Universidad da Coruña (FUAC) na orientación e na inserción laboral do estudantado
Mellorar a oferta deportiva da UDC
•
• • • •
Maximizar a divulgación dos deportes que practica a comunidade académica da UDC facilitando a organización de competicións e concursos, así como a participación nas competicións que xa existan a nivel autonómico ou nacional Ampliar e difundir os convenios da UDC para o uso de instalacións deportivas externas co fin de lograr unha oferta de actividades deportivas o máis ampla posible Ampliar o horario de apertura das instalacións deportivas Ampliar os descontos que se aplican ao persoal da UDC polo uso de instalacións deportivas aos seus familiares directos Establecer un plan de mellora da calidade dos equipos deportivos universitarios
Liña 3 Captación de máis financiamento publico e privado A UDC atravesa un proceso de profunda reestruturación motivado por diversas causas, entre as que destaca a implantación do Espazo Europeo de Educación Superior, a crecente demanda por parte das empresas e da sociedade de coñecemento e innovación que contribúan ao desenvolvemento económico, social e humano, e o novo Plan de Financiamento das universidades galegas que establece fondos condicionados pola consecución duns obxectivos específicos, medidos a través de indicadores auditados. Como consecuencia de todo iso e co fin de garantir a súa sustentabilidade, a nosa universidade ten que diversificar os seus recursos, captar fondos e aplicar distintas estratexias para involucrar aos seus contribuíntes no desempeño das súas funcións. As medidas que propoñemos para diversificar recursos e ampliar a captación de fondos concrétanse nas seguintes:
Impulsar a captación de recursos a través das actividades de transferencia de tecnoloxía
• • • • • • •
Promover unha regulación máis sinxela e eficaz dos contratos de transferencia de tecnoloxía con empresas e administracións Facilitar a contratación de servizos de I+D+i da UDC por parte de empresas Recoñecer o traballo de transferencia de tecnoloxía realizado polo profesorado Fomentar no PDI a cultura da innovación e a transferencia, apoiándoo na xestión e comercialización de patentes e na formulación da súa oferta científica, tecnolóxica e humanística Regular, reorganizar, valorar e impulsar as actividades da OTRI e da Fundación da UDC garantindo a súa transparencia e eficacia Desenvolver unha normativa clara, sinxela e incentivadora da xestión de patentes da UDC Regular as condicións para a creación de cátedras de empresa e o desenvolvemento social e humanístico, establecendo convenios coas empresas e institucións en que se recollan as actividades que se desenvolverán e o procedemento de selección do director/a da cátedra en cuestión
Fortalecer o parque tecnolóxico da UDC para a promoción da transferencia de tecnoloxía
• • • •
Elaborar unha normativa para as Empresas de Base Tecnolóxica Establecer marcos de colaboración entre as empresas do parque científico e grupos de I+D+i da UDC Fomentar, promover e incentivar a creación de empresas innovadoras Spin-off de Base Tecnolóxica Promocionar entre empresas, organizacións e administracións o catálogo de oferta tecnolóxica e de servizos, tanto das empresas do parque tecnolóxico como dos diferentes grupos de investigación da UDC
Crear unha oficina de proxectos de I+D+i que apoie as solicitudes de axudas de investigación
• • •
Crear a figura de promotor da investigación, desenvolvemento e innovación Asesorar aos grupos de investigación de cara á súa participación en convocatorias de proxectos de I+D+i en xeral e en proxectos europeos en particular Impulsar o lobby UDC procurando a máxima representación nos organismos de financiamento da investigación e establecendo unha interlocución
directa coas axencias públicas de xestión da investigación
Desenvolver un plan de captación de recursos que explore novas vías de financiamento
• • • •
• • • • •
Potenciar e ampliar a oferta de títulos propios e de formación permanente, e ofrecer cursos de reciclaxe profesional das especialidades presentes na UDC a empresas e organizacións Promover, a través do Consello Social, a colaboración da sociedade no financiamento da UDC Organizar e promover cursos de español e galego para estranxeiros Ofertar cursos de calidade e idiomas para as empresas e as organizacións externas impartidos polos expertos da nosa Unidade Técnica de Calidade e polos profesores e investigadores dos centros da UDC que traballan con linguas estranxeiras Planificar unha oferta atractiva de cursos de verán Promocionar os nosos equipos deportivos para conseguir patrocinadores Alugar instalacións da UDC en horarios non lectivos Crear unha rede comercial de merchandising da UDC Ofertar servizos clínicos, de consultoría e a realización de traballos profesionais relacionados cos
• •
temas en que temos expertos, respectando sempre non incorrer en competencia desleal coas empresas do ramo Ofertar servizos de formación e ciclos de conferencias a diferentes colectivos (co mesmo esquema que o da Universidade Sénior) impartidos por profesorado da UDC Fomentar a contratación dos servizos de I+D+i da UDC e das empresas do noso parque tecnolóxico
Liña 4 Excelencia na investigación Unha universidade moderna xa non ten como principal e case único obxectivo a docencia. Os labores de investigación e transferencia de tecnoloxía e coñecementos á sociedade e á industria toman cada vez máis importancia, até o punto de que son o eixe principal en que se basean os rankings das universidades. Non debemos esquecer que, ademais, a investigación e a transferencia constitúen unha importante fonte de financiamento. Así, para que a posición da UDC progrese nos rankings estatais e internacionais de universidades cómpre mellorar significativamente a cantidade e calidade dos seus resultados de investigación. As medidas que propoñemos para acadar a excelencia na investigación na UDC son:
Recoñecer e incentivar o labor investigador do profesorado
• •
Potenciar os descontos docentes por actividades de investigación Incentivar e facilitar a consecución do grao de doutor/a
• •
Deseñar un plan de acción que axude a crear novos grupos de investigación naqueles centros onde hoxe non existe unha suficiente actividade investigadora consolidada Facilitar que o profesorado que ten perfil eminentemente docente e/ou profesional se incorpore a liñas de investigación prometedoras e de interese dándolle o apoio e a orientación que precise
Simplificar os procedementos burocráticos de xestión da investigación
• • •
Incentivar aos grupos de investigación
• • • • •
Incrementar a reversión dos custos indirectos nos grupos de investigación que os xeran Establecer programas de dotación de persoal docente e investigador e/ou persoal de administración e servizos ligados á calidade dos grupos de investigación Proporcionar soporte burocrático aos grupos de investigación Establecer un plan de xestión de espazos para garantir a transparencia na súa asignación en función dos resultados de investigación Deseñar axudas dirixidas aos grupos emerxentes para que acaden niveis de excelencia
•
Reestruturar e descentralizar o Servizo de Investigación Incentivar e promover a participación do PAS na xestión da investigación Estudar as modificacións normativas para simplificar a burocracia contable evitando a duplicidade na elaboración dos documentos e flexibilizando os procedementos de control de gasto, garantindo sempre a súa correcta xustificación Negociar con entidades bancarias o uso de tarxetas de crédito de pagamento previo con cargo a proxectos garantindo sempre a correcta execución dos seus gastos
Elaborar un plan estratéxico para o servizo de bibliotecas
• • •
Optimizar o servizo de bibliotecas promovendo a súa transformación en Centros de Recursos para a Aprendizaxe e a Investigación (CRAI) Adaptar a estrutura do persoal ás liñas estratéxicas de REBIUN (Red de Bibliotecas Universitarias) formándoo nas novas competencias e tarefas Potenciar e promover accións para o desenvolve-
•
mento e a implantación das habilidades de información como competencias transversais no novo modelo académico do EEES Promover, incrementar, explotar e mellorar o acceso a contidos e servizos electrónicos da biblioteca
Liña 5 Afianzamento dos lazos coa sociedade e promoción da UDC A UDC é un servizo público que debe ter un impacto social non só polas súas actividades docentes e investigadoras e de transferencia, senón tamén porque debe ter un compromiso co desenvolvemento social e cultural da contorna. A nosa universidade debe participar e potenciar a vida cultural e deportiva da nosa contorna estreitando lazos coas organizacións sociais, as institucións político-administrativas e coas outras universidades da nosa Comunidade Autónoma. Ademais, a UDC ten que manter e incrementar o seu compromiso coa promoción da lingua e a cultura galegas, contribuíndo ao seu prestixio e difusión. Así mesmo, a UDC terá que pór en coñecemento da sociedade en xeral e dos seus potenciais estudantes en particular a súa capacidade para formar axeitadamente profesionais competentes e ofrecer calidade nos servizos que ofrece. Neste ámbito consideramos que as medidas que temos que desenvolver son:
Establecer vínculos e acordos de colaboración con asociacións culturais, fundacións, museos, concellos, deputacións, colexios profesionais e demais organizacións sociais e culturais da nosa contorna
• •
Organizar, conxuntamente coas devanditas organizacións, conferencias, visitas e outras actividades de difusión cultural, científica e tecnolóxica Estreitar a vinculación con todos os colexios profesionais
Difundir a lingua, a cultura, a ciencia e a innovación galegas
• • •
•
Promover o uso do galego desde a oficina de normalización lingüística Apoiar iniciativas de promoción da lingua, a cultura, a ciencia e a innovación galegas fóra da comunidade Promover a difusión dos resultados científico-tecnolóxicos dos grupos de I+D+i da UDC na prensa escrita, nos medios de comunicación audiovisuais, na web institucional, nos boletíns internos de noticias etcétera Crear un selo editorial denominado Edicións da Universidade da Coruña (EUDC) que promoverá
•
aquelas publicacións suxeridas pola comunidade científica e poderá abrir liñas de publicación máis xenéricas ou coleccións que recollan novas obras, novas tendencias e novos campos de estudo Establecer lazos e asinar convenios con editoriais tanto nacionais como internacionais e cos Servizos de Publicacións doutras universidades
Impulsar o interese pola ciencia, a tecnoloxía e as humanidades
•
Promover actividades de difusión do coñecemento organizando conferencias, exposicións, días de portas abertas, concursos ou olimpíadas do coñecemento, entre outras
Estreitar as relacións institucionais
• • •
Establecer o mellor marco posible para o desenvolvemento de infraestruturas con especial énfase no que ten que ver coa regularización das obras non concluídas en diversos campus Fomentar e impulsar a participación nas comisións e organismos da Xunta que concirnan a asuntos relevantes para a UDC Impulsar a presenza do noso profesorado nas comisións e postos de avaliación da actividade do-
• • •
cente e investigadora na Xunta e no Estado Impulsar as relacións coas universidades de Santiago e Vigo, coordinando accións conxuntas de cara a lograr financiamento e eficiencia, diversificando e especializando os campus Establecer un marco de colaboración coas universidades de Santiago e Vigo para o uso conxunto de recursos específicos evitando as duplicidades neste tipo de gastos Promover a concesión de doutores Honoris Causa
Potenciar o compromiso coa igualdade, a cooperación e a acción humanitaria
• • • •
Promocionar o voluntariado universitario Impulsar a formación especializada e a investigación en materias de cooperación ao desenvolvemento e acción humanitaria Incrementar as medidas potenciando o desenvolvemento de accións en materias de igualdade de xénero e de oportunidades Participar en plans de cooperación e axuda ao desenvolvemento
Promocionar a UDC entre os seus potenciais alumnos
• •
• •
Realizar visitas de promoción da UDC aos centros de secundaria Establecer vínculos de comunicación frecuente cos responsables de orientación dos centros de secundaria, facilitándolles materiais explicativos das titulacións e dos servizos que ofrecemos aos nosos estudantes, garantindo así o coñecemento da nosa oferta académica e a valoración da nosa calidade Organizar “días de portas abertas” para que os estudantes dos últimos cursos de secundaria visiten laboratorios de investigación de diferentes centros da UDC Organizar “campamentos científicos de verán” ofertando cursos e obradorios eminentemente prácticos sobre diferentes temáticas científicas, tecnolóxicas e humanísticas (natureza, informática, enxeñaría, deporte, humanidades, linguas, etcétera)
Estructura de goberno Para levar adiante o programa descrito, organizaremos a xestión da universidade segundo a seguinte estrutura de goberno: • Reitor
• Secretariado xeral • Vicerreitorías
‣‣ Organización e Proxección do Campus de
Ferrol ‣‣ Relacións Internacionais, Institucionais e Difusión Cultural ‣‣ Estudantes, Prácticas en Empresa e Orientación Laboral ‣‣ Economía, Planificación e Novas Tecnoloxías ‣‣ Investigación, Innovación e Transferencia ‣‣ Ordenación Académica, Persoal Docente e Investigador e Calidade • Xerencia: un xerente e dous vicexerentes
As vicerreitorías propostas son transversais ás cinco liñas de acción do noso programa, de xeito que se fomenta a integración do labor do goberno, garantindo a eficacia na xestión e a orientación de todos os medios ao logro dos obxectivos propostos. A Vicerreitoría do Campus de Ferrol abarca todas as liñas de acción, pois encárgase de impulsar e coordinar todas as actividades previstas no campus de Ferrol.
O candidato Luis Castedo Ribas é catedrático da Facultade de Informática da Universidade da Coruña. Nacido en Santiago de Compostela en 1966, está casado e ten un fillo. Tras superar o curso selectivo das Escolas Técnicas na Universidade de Santiago, trasladouse a Madrid para estudar Enxeñaría de Telecomunicación na Universidade Politécnica de Madrid, superando os ditos estudos en 1990 coas máis altas cualificacións. Recibiu unha bolsa do entón Ministerio de Educación e Ciencia para realizar os seus estudos de doutoramento, que completou en 1993 baixo a dirección do profesor Aníbal Figueiras Vidal, tamén na Universidade Politécnica de Madrid. Foi investigador visitante na University of Southern California, EEUU, e na École Supérieure d’électricité, Francia. En 1994 incorpórase á Universidade da Coruña como profesor titular de Universidade e en 2001 accede por oposición á praza de catedrático. Desempeñou diversos cargos de xestión na Universidade da Coruña entre os que destaca director do Departamento de Electrónica e Sistemas durante seis anos; membro da Comisión de Doutoramento durante outros seis; e coordinador do Mestrado Interuniversitario en Tecnoloxías da Información e Comunicacións en Redes Móbiles.
Luis Castedo amósase especialmente compracido da alta estima que os seus alumnos teñen del como docente, segundo o acreditan os resultados das enquisas docentes que anualmente deben cubrir os estudantes da Universidade da Coruña. No que se refire á investigación, é coautor de máis de 150 artigos en revistas e congresos internacionais do máximo prestixio no ámbito da enxeñaría eléctrica. Dirixiu, até o momento, 10 teses de doutoramento e moitos dos seus antigos alumnos son actualmente profesores na State University of New York (EEUU), Universidade Carlos III de Madrid, Universidade de Sevilla e na propia Universidade da Coruña. É coordinador do grupo de investigación en Tecnoloxía Electrónica e Comunicacións, grupo que fundou á súa chegada á Universidade da Coruña e que actualmente está integrado por nove profesores doutores e doce investigadores contratados/bolseiros. Con este grupo levou a cabo máis de 30 proxectos de investigación financiados por organismos públicos de ámbito galego, estatal e europeo, sendo director da maioría deles. Tamén asinou máis de 20 contratos de transferencia de tecnoloxía con importantes empresas do sector das Tecnoloxías da Información e Comunicacións (Indra, Telefónica I+D e ATOS Origin, entre outros). En total, o seu grupo de investigación captou para a Uni-
versidade da Coruña máis de 4 millóns de euros, o que o levou a ser recoñecido pola Consellería de Educación como Unidade de Transferencia dentro do programa de consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas do SUG para o ano 2007. Finalmente, é de salientar que do seu grupo xurdiu a empresa de base tecnolóxica Nomasystems S.L. que se dedica ao desenvolvemento de software de comunicacións para contornas de telefonía móbil e fixa. Ademais da súa familia e do mundo académico, ten unha gran paixón: a música. Estudou nos conservatorios de Santiago e “Padre Soler” de El Escorial, aínda que non chegou a rematar. Recoñece ter unha débeda de gratitude con D. Atilano Pereira Barcia, o profesor de primaria que lle ensinou a escoitar música, e con D. Francisco Comesaña, o seu profesor de violín no Escorial. Deles aprendeu as leccións máis importantes: coñecer e amar a música como manifestación das aspiracións máis nobres e elevadas do ser humano e, por extensión, outras formas de expresión artística como a arquitectura, a pintura ou a literatura, con especial énfase na novela histórica, outra das súas grandes paixóns.