Recomendacións nadal 15

Page 1


PRELECTORES/AS (E. INFANTIL) UN CONTO AO REVÉS Chuches Amil Edit.: Galaxia Nas cancións deste libro-disco vive unha historia protagonizada por dous nenos soñadores que soñan historias que son soños. No conto que o acompaña viven cancións para facernos rir e cantar. Preparado para vivir unha aventura singular? Pois entre. A ler. A escoitar. A soñar.

EL CONEJITO QUE QUIERE DORMIRSE Johan Forssén Ehrlin Edit. Beascoa O coelliño quere durmirse, pero non sabe como facelo!! Este conto, escrito cunha linguaxe sinxela e con bonitas ilustracións, axuda a que os máis pequenos se relaxen e queden durmidos, antes incluso de rematalo! EL LIBRO SIN DIBUJOS B. J. Novak Edit.: Planeta Atención! Perigo! Este libro ten unha aparencia moi seria pero en realidade é totalmente ridículo. Si un neno proponche lelo, acabarás dicindo palabras tontorronas e facendo que todos os que están ao teu ao redor rían e rían sen parar! Unha experiencia irrepetible de lectura compartida! Miguel Cerro

DESPOIS DA CHUVIA Edit.: Kalandraka

O valor da solidariedade, o afán de superación e a procura da felicidade inmaterial están presentes no VIII Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado, unha obra de intenso colorido e orixinal composición . LEARN WITH MAISY Lucy Cousins Edit. Walker Books Manchas e raias, grande ou enanísimo, 1, 2, 3, ABC ... A Maisy encántalle aprender cousas novas e no seu mundo, sempre é divertido!


PRIMEIROS LECTORES (1º CICLO) LA CABRA QUE NO ESTABA Pablo Albo e Guridi Edit.: Fun Readers Amence na granxa e os animais prepáranse para un novo día. As galiñas, os ratos, o burro, o porco, a cabra? a cabra? Un momento, a cabra non está, ¡desapareceu! Os seus compañeiros están decididos a atopala pero será mellor que lles axudedes. Algunha pista sobre onde pode estar?

Rafael Valcarcel

CAMINO AZUL Edit.: Palabras aladas

Azul, a formiga que decide ir máis aló das cousas que se adoitan dar por sentadas, é a compañía perfecta para transmitirnos a importancia da imaxinación, o valor da diferenza e de loitar por defender un xeito de ver e entender o mundo .

AS LENTES DE VER Margarita del Mazo e Guridi Edit.: Uridi. Colección La Mulladero Carliños é un neno pequerrecho e baixiño que só ten ollos para a Inés. El fai todo o que está ao seu alcance para facerse notar, pero non hai maneira: para a Inés é coma se el non existise. A esperanza chégalle o día en que a Inés anuncia na escola que lle van pór lentes de ver e o Carliños convéncese de que as súas olladas por fin se van cruzar... ONDE VIVEN AS FADAS? CONTO PARA LER ÁS ESCURAS Ignasi Valios Edit.: Buñuel—Xerais Neste conto, o autor xogar. Teremos que atopar as fadas e debemos iluminar o álbum para poder encontralas. Seguro que espertará nos nenos e nenas a maxia e o misterio .

O LÁPIS DE ROSALIA Antón CortizasEdit.: Xerais Rosalía va á escola, onde aprende a escribir, que para iso ten seis anos. O seu pai comproulle un lapis, moi, moi especial, porque resulta que era ¡un lapis desobediente! SNOWY, THE BRAVE RABBIT Antón Blanco e Rocío Núñez Edit.: Edelvives Snowy é un coello diferente, é branco e séntese só. Unha noite de inverno, Snowy demostra o seu valor e convértese no heroe do bosque. Inclúe CD.


LECTORES AUTÓNOMOS (2º CICLO) EL ABUELO ZULAIMAR Juan Carlos Méndez Guémez Edit.: OQO Editora Non todos os nenos poden gozar da presenza dun avó preto co que compartir xogos, abrazos, experiencias? Iso é o que lle sucede a Zulaimar pero, lonxe de amedrentarse, a pequena desta historia bota man do seu enxeño e transforma a ausencia en terreo fértil de onde xorden a creación e a dozura. ¿QUIEN PUEDE VENCER AL VIENTO? Charo Pita Edit.: OQO Editora Hai moito tempo , os animais que vivían traballando o campo comezaron a preocuparse pola seca que estaba a piques de arruinar os seus cultivos e decidiron ir chamar ao vento que trouxera a chuvia, pero este resistíase a chegar. Descobre quen poderá vencer ao vento nesta fantástica historia.

MEDIOMEDO Ana María Fernández

Edit.: Embora

Mediomedo é un medo pequeno coma o teu dedo furabolos pero que ten aspiracións a ser un medo terrible! Ao longo deste conto irá facendo o seu adestramento. Conseguirano? COMO SE FIXO O PRIMEIRO ALFABETO Joseph Rudyard Kipling Edit.: Embora Libro con dous relatos, “Como se fixo o primeiro alfabeto “e “Como se escribiu a primeira carta”, que o autor escribiu en 1900 para a súa filla. Moitos naceran como narracións orais que logo pasaron ao papel .

NEW YEAR´S EVE Cheryl Palin Edit.: McMillan Pablo visita ao seu amigo Robert no Nadal en Escocia e vive o Anivovo neste país de fala inglesa. Podes descargar o audio na web: www.mcmillanyounglearners.es


LECTORES EXPERTOS/AS (3º CICLO) WONDERLAND Cristina Camarena Edit. Lumen Ilustrados Chámome Amanda e isto é Wonderland, unha viaxe a través da imaxe e da palabra, unha revisión das cousas que comezaron a ser importantes na miña adolescencia. Un intento de xuntar as pezas do puzle para ver o meu cadro enteiro. EL HOMBRE NIEBLA Tomi Ungerer Edit. Lóguez Edicións Finn e Cara son irmáns e viven na costa irlandesa, onde as ovellas pastan nos verdes cantís, o vento aúlla na cheminea e a néboa gris elévase sobre o mar. Un día cando os irmáns saen a remar na súa barca pola baía, unha mesta néboa péchase de súpeto sobre eles e a corrente arrástraos ata unha praia descoñecida ...

O MEU PESADELO FAVORITO María Solar Edit. Árbore Galaxia Velaquí a curiosa historia dun neno con febre e dunha repartidora de bicos, un bar onde todo o mundo di mentiras, un alien que se move polos sumidoiros, un dinorrinco... Un pesadelo? Quizais un fermoso soño feliz. Un libro divertidísimo..

CHARLIE AND THE CHOCOLATE FACTORY Roald Dahl Edit. Pearson Penguin Kids Charlie Bucket é moi pobre e o seu sono é visitar a fabrica de chocolate da súa cidade.Cando nunha barra de chocolate consegue unha visita gratuíta a esa fábrica a súa vida cambiará para sempre. Goza deste conto tradicional e descarga o audio en MP3 en www.penguinkidsaudio.com

RECOMENDADOS PARA O CLUB DE LECTURA DRUÍDAS (Alumnado de 5º) María Canosa Edit. Embora Area cre que seu avó fai maxia, que é un dos últimos druídas de Galicia. O avó tiña os sentidos moi desenvolvidos; el dicía que era polos anos pero Area continuaba a asombrala...Levar os ollos ben abertos é o mellor que se pode facer... NENA E O MAR (Alumnado de 6º) Érica Esmorís Edit. Xerais-Merlín (Premio Merlín 2015) Porto Balea é unha vila mariñeira na que todos os seus anciáns habitantes perderon a esperanza. Só Otto, o último home novo da vila, segue a saír ao mar a diario mentres deixa a Nena, a súa filla e orfa de nai, ao coidado dos habitantes da vila. Mais un día Otto non regresa, tras naufragar na Illa das sereas…


PARA TODA A FAMILIA MEMORIAS DUN NENO LABREGO Neira Vilas Edit.Xerais Este libro trata dun rapaz chamado Balbino. O neno é labrego e ten unha familia moi pobre, pero isto non lle impedirá que lle sucedan moitas aventuras que plasmará nun caderno. É un neno aventureiro e vergonzoso, moi pícaro e valente. Pensa moito no mundo e o reflexa nos episodios na súa vida como labrego.

EMOCIONARIO Cristina Núñez Pereira e Rafael R. Valcárce Edit. Palabras aladas Unha viaxe a través das emocións temos calquera ser humano. Con esta ferramenta fillos crezan aprendendo a identificar os sentimentos e aprender a controlalos. O ÚLTIMO DÍA DE TERRANOVA Manuel Rivas Edit.Xerais A nova novela de Manuel Rivas, a historia dunha biblioteca onde conflúen historias de amor, libros prohibidos, náufragos da vida e a memoria oculta da nosa historia recente. Quererás entrar en Terranova!

DON QUIJOTE DE LA MANCHA (Edición IV Aniversario) M. Cervantes, Jordi Vila Edit. Anaya Na transición do Renacemento ao Barroco, Cervantes escribiu "Don Quixote" (1605-1615), a novela máis importante da literatura mundial, unha síntese poética dos seres humanos. Esta edición completa, ortograficamente actualizada, foi coidadosamente preparado por Vicente Muñoz Puelles e as magníficas ilustracións de Jordi Vila Delclòs.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.