Ursula Wรถlfel Ilustraciรณns de
Joรฃo Vaz de Carvalho
Título orixinal en alemán: Achtundzwanzig Lachgeschichten Colección SETELEGUAS © da edición orixinal: Thienemann Verlag (Thienemann Verlag, GmbH), Stuttgart/ Wien, 1969 © do texto: Ursula Wölfel, 1969 © das ilustracións: João Vaz de Carvalho, 2006 © da tradución ao galego: Franck Meyer, 2006 © desta edición: Kalandraka Editora, 2009 Italia 37. 36162 Pontevedra Telf.: 986 860 276 editora@kalandraka.com www.kalandraka.com
Impreso en Eujoa, Asturias Terceira edición: xullo, 2009 ISBN: 978-84-8464-599-3 DL: PO-109-06 Reservados todos os dereitos
Ursula Wรถlfel Ilustraciรณns de
Joรฃo Vaz de Carvalho
• p. 07 2. A HISTORIA DA PULGA E DO MONO • p. 09 3. A HISTORIA DO RATO NA TENDA • p. 11 4. A HISTORIA DO NARIZ DE FLORES • p. 13 5. A HISTORIA DOS TOUROS BRAMADORES • p. 15 6. A HISTORIA DOS BOLIÑOS DE PASAS • p. 17 7. A HISTORIA DO GATO DE NEVE • p. 19 8. A HISTORIA DO CAMELO LISTO • p. 21 9. A HISTORIA DA RA E DO MOSCARDO • p. 23 10. A HISTORIA DO HOME APURADO • p. 25 11. A HISTORIA DO CHUPETE • p. 27 12. A HISTORIA DO MOSQUITO • p. 29 13. A HISTORIA DA LAVANDEIRA • p. 31 14. A HISTORIA DO NENO VIAXEIRO • p. 33 15. A HISTORIA DA CORDA PARA SALTAR • p. 35 16. A HISTORIA DA PEQUENA FOCA • p. 37 17. A HISTORIA DA PITA E DO COCHE • p. 39 18. A HISTORIA DO PAPAGAIO • p. 41 19. A HISTORIA DOS HIPOPÓTAMOS • p. 43 20. A HISTORIA DA MULLER QUE SEMPRE ESTABA PENSANDO • p. 45 21. A HISTORIA DO PAXARO VORAZ • p. 47 22. A HISTORIA DO PORCO QUE QUERÍA CHAMARSE ROSA • p. 49 23. A HISTORIA DA BICICLETA VERDE • p. 51 24. A HISTORIA DO RINOCERONTE E DO COELLO • p. 53 25. A HISTORIA DO BURRO LISTO • p. 55 26. A HISTORIA DO HÁMSTER • p. 57 27. A HISTORIA DO CADELIÑO CO ÓSO • p. 59 28. A HISTORIA DOS BOCEXOS • p. 61 1. A HISTORIA DO NENO QUE XAMAIS PARABA DE RIR
1
• • A HISTORIA DO NENO QUE XAMAIS PARABA DE RIR
Unha vez había un neno tan alegre que xamais paraba de rir. O neno foi dar un paseo co avó, cando se puxo a chover a ballón. Non levaban nin abrigo nin paraugas, así que se foron abrigar con máis xente nun portal. A xente botaba pestes contra a chuvia, mais o neno só podía rir. A chuvia caía do tellado ao sombreiro do avó onde estancaba como nunha pota. E, cando o sombreiro se encheu por completo, a auga rebordou e foille ao neno polo coiro. Daquela o neno aínda lle entraba máis risa e tamén rompeu a rir o avó. Logo pasou un camión salferindo a todo o mundo de lama, e o neno quedou mollado e sucio de arriba a abaixo. A xente estaba a piques de volver maldicir, pero o neno botouse a rir máis aínda e, daquela, a xente xa non puido rosmar. Todos romperon a rir. 7
2
• • A HISTORIA DA PULGA E DO MONO
Unha vez unha pulga beliscou a un mono na barriga. Daquela o mono golpeou coa man na barriga con tal forza que houbo un grande estrondo. Mais a pulga xa lle saltara ao ombreiro. Daquela o mono trabou no ombreiro e con tanto ímpeto mordeu que encheu a boca de pelos. Mais a pulga xa lle saltara ás costas. O mono quixo collela, dando voltas arredor de si ata que se mareou. Mais a pulga saltara un pouco máis para abaixo gabeando polo cu do mono. Este sentou rapidamente no chan. Botou unha risa e pensou: agora collina! Mais daquela a pulga beliscou ao mono desde abaixo. O mono ergueuse cun salto e golpeou coas dúas mans no cu, cada vez máis rápido e máis forte. Mais a pulga xa lle saltara á cabeza. Sentada alí arriba, miraba como o mono batía en si mesmo. 9
3
• • A HISTORIA DO RATO NA TENDA
Unha vez un rato entrou de noite nunha tenda. Púxose a ulir canto de bo había nela: a manteiga e o touciño e o chourizo e o queixo e o pan e o pastel e o chocolate e as mazás e as noces e as ricas cenorias. Primeiro ergueuse sobre as patas traseiras estirando o fociño e asubiou de alegría. Mais con que podería empezar? Ía botarlle o dente a un paquete de manteiga cando desde algún lado lle entrou un recendo marabilloso a touciño e desde outro lado un recendo marabilloso a queixo! Ía botarlle o dente ao queixo cando desde algún lado lle chegou un recendo marabilloso a chourizo e desde outro lado un recendo marabilloso a chocolate! Ía botarlle o dente ao chocolate cando desde algún lado lle chegou un recendo marabilloso a pastel e desde outro lado volveu recender tan marabillosamente a manteiga! O pobre do rato corría dun lado para outro. Non sabía por onde empezar. De repente fíxose de día e empezou a entrar xente na tenda. Botaron fóra o rato. E este díxolles aos outros ratos: «Nunca volverei entrar nesa tenda! Cando queres empezar a comer bótante fóra!». 11
C O L E C C I Ó N
Un rato rodeado de exquisitos manxares e que, indeciso ante a abundancia, queda sen probar ningún; un neno que non mete o dedo no nariz porque quere ser o máis educado do mundo; dous touros presuntuosos que aburren as vacas; un home con tanta présa que xa non sabe nin onde vai; e así ata «28 Historias para rir» que Ursula Wölfel nos ofrece neste libro. Con elas continúa a serie que iniciara coas «27 Historias para tomar a sopa».