ai, Filomena, filomena e outros contos

Page 1

MIQUEL OBIOLS

MIGUEL CALATAYUD

Ai, Filomena, Filomena! e outros contos


a

r

o

ca

i de

l i b

r


Ai, Filomena, Filomena!

Filomena era unha rapaza que tiña moita imaxinación; tanta imaxinación que, cando lle explicaba algunha cousa á xente maior, non a entendían porque falaba dunha maneira diferente e todos armaban unha enleada do demo. Cando Filomena se poñía de leria, sempre acababan dicindo o mesmo: –Ai, Filomena, Filomena! –Que saídas de can de palleiro tes! –Nena, cando falas haite que deixar soa! Pero ela non facía caso ningún, porque a súa linguaxe secreta xa llela aprendera aos outros rapaces, e todos os nenos acabaron falando como Filomena. E entre eles ben que se entendían. Abofé que si! Todo comezou un bo día en que, pensando moito e cavilando aínda máis, puxo cara de sabia e dixo: –A linguaxe que inventaron os maiores aborréceme e amólame. Puxéronlle un nome a cada cousa e quedaron tan panchos. E agora fannos aprender nomes e máis nomes coma se fósemos uns pobres papagaios: o libro é un libro, a cadeira é unha cadeira, e veña, así con todo. Xa estou cansa de repetir sempre o mesmo; inventarei unha nova linguaxe e todo será máis divertido. Agora si que non me aburrirei! 9


E así as cousas, un día que estaba na clase de matemáticas decidiu probar o invento. Cando o mestre lle preguntou un exercicio de cálculo, Filomena contestoulle dunha maneira ben estraña: –Dime, Filomena, cantas son dez máis doce? Ela, sen pensalo demasiado, soltoulle: –Cu e cola. (Ao número «vinte e dous» chamáballe agora «cu e cola».) Os nenos da clase esmendrelláronse de risa, de tanto que lles gustara aquela saída. Pero o mestre enfadouse moito, moitísimo. –Filomena! –rifoulle o mestre–. Por que dixeches iso de «cu e cola»? Por que? –Pois porque estirei a cabeza dos camelos. (Estirar quería dicir «cambiar», cabeza quería dicir «nome» e camelo quería dicir «número».) O mestre pensou que Filomena lle estaba tomando o pelo; e non era certo, pero el era o que pensaba. Bateu co puño na mesa e berrou: –Filomena! Perdiches o siso? Os nenos da clase aínda rían máis ca antes e andaban todos alborotados. Filomena estaba contenta co seu invento, porque vía que toda a clase o celebraba con risadas. Aquel mesmo día escribiu unha redacción de tema libre que escandalizou o mestre: «Onte polo serán abrín a ventá da miña meixela e entrou unha cadeira de todas as cores á que lle custaba un pouco 10


e cola u c


voar. Tiña unha á medio rota, pobriña!, e púxena dentro dunha bañeira chea de algodón». (Meixela quería dicir «cuarto», cadeira quería dicir «bolboreta» e bañeira quería dicir «caixa».) Cando o mestre puido reaccionar díxolle coa voz medio quebrada: –Pero, nena, que tolerías escribes! Filomena encolleu os ombros e dixo: –Eu incendiei a rúa tan ben como puiden! (Incendiar quería dicir «escribir» e rúa quería dicir «redacción».) O mestre, todo arrepiado polo que sentira, saíu da clase como un lóstrego. Tremía, o teléfono caíalle das mans e as palabras non lle saían da boca cando do outro lado da liña o pai de Filomena xa se impacientaba: –Diga! Digaaaa!... –... Si... son... o meeestre... de... da... súa... súa fiilla... é que... Filomena... incendiiiou... unha rúa... e... Non podía articular ben e colgou o teléfono. O pai de Filomena pensou que se trataba dunha broma de mal gusto e non fixo caso. Mentres tanto, na clase, todos os compañeiros lle pedían a Filomena que lles explicase o seu invento. Aquel día, todos saíron da escola como unha tropa desmandada, escoltando a Filomena. –Ata lúa, narices! (Lúa quería dicir «mañá» e narices quería dicir «amigos».) 12


narices E o resto respondeulle cun «Ata lúa, Filomena!» tan clamoroso que toda a xente que pasaba pola rúa quedóuselles mirando como aquel que pensa: «Estes nenos están tolos de remate!». Cada un deles camiñaba cara á súa casa, feliz e contento, cunha lista de palabras «filoménicas» no peto para ensaiar diante da familia. Que enchente de risadas agardaba por eles! Cando Filomena chegou á casa, díxolle á súa nai: 13


car

peta

lapis

–Ola, carpeta! Teño moita fame. Que podería cantar? A nai mirouna de esguello tres ou catro veces seguidas, sen saber que dicir. –E o lapis, aínda non chegou? –Pero que lapis nin que historias, nena? Que vos deron hoxe na escola para falares así? Mira esta! 14


–Xa sei –continuou Filomena como se nada–, cantarei pan con chocolate e despois durmirei un anaco... –Que dis de ir durmir agora? Parveaches, ou? O que terías que facer é ir lavar as mans, tomar a merenda e poñerte a estudar... –Agora non teño gana de pintarme, querida carpeta! Xa che dixen que se queres cantarei un pouco e despois xa durmirei... E como a carpeta vía que a cousa se enguedellaba cada vez máis, mandou a Filomena á súa meixela sen cantar nada. Cando chegou o lapis, a carpeta explicoulle que a nena non se atopaba ben. O lapis foi á meixela de Filomena e atopouna incendiando cabezas e camelos nun caderno. E como a viu durmindo tan ben pensou que lúa sería outro día. Aquel mesmo serán, os compañeiros de Filomena tamén falaron dun xeito semellante coas súas familias, e unhas tomárono máis a ben ca outras. Pero o xogo de «Filomena, Filomena!» foise estendendo como un regueiro de pólvora entre todos os nenos e nenas da cidade. Ao final, todos os rapaces falaban unha linguaxe diferente da dos adultos. De aí vén que, naquela cidade, os pequenos e os maiores non se entendan apenas.

15


Filomena era unha rapaza que tiña moita imaxinación; tanta imaxinación que, cando lle explicaba algunha cousa á xente maior, non a entendían porque falaba dunha maneira diferente e todos armaban unha enleada do demo.

Todo comezou un bo día en que, pensando moito e cavilando aínda máis, puxo cara de sabia...


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.