Antonio Rubio
David Pintor
Para Álvaro Muñoz, cantautor. O seu mestre «pitero», Pablo. E as súas musas, Gema e Luna. Antonio Rubio
Título orixinal en castelán: Almanaque musical © do texto: Antonio Rubio, 2012 © das ilustracións: David Pintor, 2012 © da tradución: Xosé Ballesteros, 2012 © desta edición: Kalandraka Editora, 2012 Italia, 37 – 36162 Pontevedra Tel.: 986 860 276 editora@kalandraka.com www.kalandraka.com Impreso en Gráficas Anduriña, Poio Primeira edición: xaneiro, 2012 ISBN: 978-84-8464-776-8 DL: PO 627-2011 Reservados todos os dereitos
Almanaque
Antonio Rubio
Musical
David Pintor
q
––––––
––––––
Xaneiro Violíns e violas van deixando notas nun branco xaneiro: que fermosa alfombra!
Chelo e contrabaixo, máis graves, adornan as copas das árbores. Óense voces roucas.
No frío xaneiro unha orquestra entoa Preludio de neve entre brancas formas.
q
––––––
––––––
Febreiro Detrás das ventás a orquestra contempla folerpas de neve que febreiro axexan.
E caen coma arpexos brancas notas lentas dalgún pentagrama oculto na néboa.
Os músicos oen o rumor da neve nunha gran caída de cadencia leve.
Recomendacións CONCERTOS PARA CORDA As catro estacións, de Vivaldi. Dous concertos para violín, de Bach. Concerto nº 1 en la menor, BWV 1041. Concerto nº 2 en mi maior, BWV 1042.
Os concertos para violín, de Mozart. Concerto nº 1 en si bemol maior, K. 207. Concerto nº 2 en re maior, K. 211. Concerto nº 3 en sol maior, K. 216. Concerto nº 4 en re maior, K.218. Concerto nº 5 en la maior, K. 219.
Concerto para violín e orquestra en re maior, Op. 61, de Beethoven. Concerto para violín en mi menor, Op. 64, de Mendelssohn. Concerto para violín e orquestra en re maior, Op, 77, de Brahms. Concerto para violín en re maior, Op. 35, de Chaikovski. Concerto para violín en re menor, de Sibelius. Concerto para violín nºs 1 e 2, de Prokofiev. Concerto nº 1 en re maior, Op. 19. Concerto nº 2 en sol menor, Op. 63.
Concerto para violín, de Alban Berg. Concerto para viola, de Béla Bartók. Concerto en si bemol maior para violonchelo, de Boccherini. Concerto para violonchelo en re maior, de Haydn. Concerto para violonchelo en si menor, Op. 104, de Dvorak.
Este almanaque saiu do prelo no mes de xaneiro, para conmemorar o nacemento de Wolfgang Amadeus Mozart.