Nadarin

Page 1

NadarĂ­n Leo Lionni




Para o meu amigo Alfredo Segre, que lle puxo nome a Nadarín.

Título orixinal: Swimmy, 1963 Colección

© da edición orixinal: Random House Children´s Books © do texto e das ilustracións: Leo Lionni, 1963 © da tradución: Xosé Manuel González Barreiro, 2007 © desta edición: Kalandraka Editora, 2012 Italia, 37 - 36162 Pontevedra Telf.: 986 860 276 editora@kalandraka.com www.kalandraka.com

Impreso en Eujoa, Asturias Primeira edición: abril, 2007 Terceira edición: xullo, 2012 ISBN: 978-84-8464-628-0 DL: PO 471-2008 Reservados todos os dereitos


NadarĂ­n Leo Lionni


Nun recuncho perdido do mar vivía feliz un banco de peixes. Todos eran vermellos. Só un era negro como a cuncha de mexillón. Nadaba mellor có resto dos seus irmáns e irmás. Chamábanlle Nadarín.




Un mal día, apareceu veloz entre as ondas, un atún rabioso e moi famento. Dun bocado tragou todos os peixiños vermellos. Soamente Nadarín deu escapado.


Fuxiu cara รกs profundidades.


Estaba s贸, triste e asustado.


Pero o mar estaba cheo de fermosas criaturas e, nadando de marabilla en marabilla, NadarĂ­n volveu ser feliz. Ollou unha augamar da cor do arco da vella...




unha lagosta que paseaba remexendo a auga...


estraĂąos peixes movidos por un fĂ­o invisible...




un bosque de algas que nacĂ­an de pedras de caramelo...



unha anguĂ­a tan longa que se esquecĂ­a da cola...


e anĂŠmones, que semellaban palmeiras de cor vermella abanando no vento.



Entón, agachado entre as sombras das rochas e das algas, descubriu un banco de peixes igualiños a el. «Vinde nadar, xogar e VER cousas!», dixo cheo de felicidade. «Non podemos», dixo un pequeno peixe vermello, «o gran peixe comeríanos». «Pero non podedes quedar aí para sempre», dixo Nadarín. «Temos que pensar en algo».




Nadarín pensou e pensou e pensou. De súpeto dixo: «Xa sei! Imos nadar todos xuntos coma se fósemos o peixe máis grande do mar!».



Ensinoulles a nadar ben xunti単os, cada un no seu sitio.



E cando aprenderon a nadar coma se fosen un peixe xigante, díxolles: «Eu serei o ollo».


E nadaron na auga fresca da mañá, baixo o sol do mediodía,


e escorrentaron o gran peixe.





Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.