Libro Amigo dos Bosques
A historia do
RAINBOW WARRIOR Rocío Martínez
Para Marina, Santi, Elenita, Iker e María de La Prada. Agradezo a Miguel Ángel Soto de Greenpeace e amigo, a idea de manter a memoria do Rainbow Warrior entre os máis pequenos. Rocío Martínez
A idea de facer este libro xurdiu a partir dunha escea familiar protagonizada por Alberto de la Fuente Galeano e a súa pequena filla Alejandra. Alberto, un ecoloxista convencido, contáballe á súa filla a historia dun barco, o Rainbow Warrior, que navegou durante anos polos mares do mundo para salvar as baleas e protexer os mares. Greenpeace España agradece a Alberto a idea orixinal que deu pé a este conto.
Título orixinal: Historia del Rainbow Warrior © da edición orixinal: Kalandraka Ediciones Anadalucía, 2008 © do texto e das ilustracións: Rocío Martínez, 2008 © da tradución: Laura Almazán, 2008 © desta edición: Kalandraka Editora, 2008 Italia 37 - 36162 Pontevedra Telf.: 986 860 276 editora@kalandraka.com www.kalandraka.com Impreso en C/A Gráfica Primeira edición: maio, 2008 ISBN: 978-84-8464-671-6 DL: PO 173-2008 Reservados todos os dereitos
A historia do
RAINBOW WARRIOR Rocío Martínez
Dúas baleas nadaban nun mar xeado. A máis nova facíase a preguiceira. Non quería realizar unha viaxe que, de certo, sería longa. A máis vella empuxábaa suavemente e cantáballe unha historia:
«Hai tempo, cando os homes comezaron a construír barcos de corazón mecánico, un día crearon o primeiro para protexer a nosa especie. Era un barco forte, que despois de anos de duro traballo fora abandonado nun porto. Daquela cumpriuse a profecía da tribo Cree: “Chegará un tempo en que os paxaros caerán do ceo, os animais dos bosques morrerán, o mar tornarase negro e os ríos correrán envelenados. Nese tempo, homes de todas as razas e pobos hanse unir como guerreiros do arco da vella para loitaren contra a destrución da Terra”.
O papel utilizado para a impresión deste libro fabricouse a partir de madeira procedente de bosques e plantacións xestionadas cos máis altos estándares ambientais, garantindo unha explotación dos recursos sostible co medio e beneficiosa para as persoas. Por este motivo, GREENPEACE acredita que este libro cumpre os requisitos ambientais e sociais necesarios para ser considerado un libro «amigo dos bosques». O proxecto «Libros amigos dos bosques» promove a conservación e o uso sostible dos bosques, en especial dos «bosques primarios», os últimos bosques virxes do planeta.
Libro Amigo dos Bosques
Este libro entrou no prelo o 22 de abril de 2008 nos talleres de C/A Gráfica en Vigo coincidindo co Día Mundial da Terra.
Groenlandia
Alaska Islandia
Escocia
Orkney
Aberdeen
Reino Unido Xapón
Océano Pacífico
Golfo de México
Océano Atlántico
Illas Marshall
Rongelap
Atol Moruroa
Baía Matauri Auckland
Nova Zelandia