SUXERENCIAS PARA MERCAR OS XOGUETES EN CALQUERA ÉPOCA DO ANO. DEBERIAMOS LEMBRAR QUE: O xogo é a principal atividade do neno e a nena porque
xogando relacionanse co mundo. Xogar é unha actividade de desenvolvemento da
afectividade, da creatividade e da imaxinación. Xogando desenvolven actitudes e comportamentos
de cooperación, amistade e respeto as diferencias e as relación de igualdade. O xoguete sexista ensina un reparto discriminatorio
dos papeis sociais.
Non agobialos con demasiados xoguetes, podemos
destruir o seu interese e ilusión cumha morea que os desborda. Se probamos a construir con el ou ela algún xoguete,
descubriremos que lle resulta igual de interesante ou mais que os do comercio. Boa parte dos xoguetes modernos son tan
sofisticados e automatizados que non permiten empregar a imaxinación e desenrolar habilidades. Por iso, pasada a novedade, o neno ou nena perde interese e deixao de lado.
O XOGUETE APROPIADO DEBE CUMPLIR DUAS FUNCIÓNS: − DIVERTIR E INTERESAR Ó NENO OU NENA
SE VAS MERCAR UN XOGUETE LEMBRA: Que deberá adaptarse a cada neno ou nena segundo
as sua idade e personalidade.
− ACTIVAR AS SUAS FACULTADES MOTRICES, IMAXINATIVAS, INTELECTUAIS E SOIAIS…
Todos lembramos que a imaxinación converte caixas valeiras, chapas, corchos, tacos de madeira en xoguetes maravillosos, porque nos mesmos lles demos un sentido e unha utilidade e teñen vida nas nosas mans. O neno ou nena disfruta construindo.