Proxecto educativo de centro (p e c )

Page 1

PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO Autor: Equipo Educativo Centro Menores “Lar A Mercé”


PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO 2

CONTIDO INTRODUCIÓN ............................................................................................................................. 4 DESCRICIÓN DO CENTRO .............................................................................................................. 5 1. Datos identificativos ....................................................................................................................... 5 2. Tipoloxía do centro......................................................................................................................... 5 3. Recursos ......................................................................................................................................... 6 4. Contorna. ........................................................................................................................................ 7 POBOACIÓN ATENDIDA .............................................................................................................. 11 1. Características xerais .................................................................................................................... 11 2. Condicións para o ingreso. ........................................................................................................... 11 3. Características específicas. ........................................................................................................... 12 ACCIÓN EDUCATIVA ................................................................................................................... 13 1. Organización Educativa ................................................................................................................ 13 1. Estrutura organizativa .......................................................................................................... 13 2. Grupos de interese ............................................................................................................... 36 2. Intervención Educativa ................................................................................................................. 44 1. Criterios metodolóxicos. ...................................................................................................... 44 2. Fases de intervención ........................................................................................................... 48 3. Eidos de Desenvolvemento da Intervención Educativa ............................................................... 49 4. Instrumentos da Accion Educativa. .............................................................................................. 54 1. Instrumentos xerais .............................................................................................................. 54


PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO 3

2. Instrumentos individuais ...................................................................................................... 57 AVALIACIÓN............................................................................................................................... 61 1. Criterios e instrumentos de avaliación......................................................................................... 61 2. Resultados da avaliación .............................................................................................................. 64 ANEXO ....................................................................................................................................... 66 INTRODUCIÓN .................................................................................................................................. 66 DESCRIPCIÓN DO CENTRO................................................................................................................ 67 POBOACIÓN ATENDIDA .................................................................................................................... 69 ACCIÓN EDUCATIVA ......................................................................................................................... 69 Organización Educativa ............................................................................................................ 69 Intervención Educativa............................................................................................................. 71 AVALIACIÓN DO PEC ............................................................................................................................ 73


PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO 4

INTRODUCIÓN Iniciaremos este documento facendo referencia á normativa vixente que afecta directamente aos centro de protección de menores e á atención de día. A lexislación fundamental é: 

Lei 3/1997, do 9 de xuño, galega da familia, da infancia e da adolescencia na Sección 4ª. Define no artigo 29º o Acollemento Residencial.

 Decreto 329/2005, do 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores - Capítulo I (Disposicións xerais), 

Artigo 1º. (Obxecto).

Artigo 2º.-Requisitos dos centros.

Artigo 3º.-Centros de menores

- Sección segunda (Clasificación dos centros de menores) 

Artigo 8º.-Clasificación xeral e tipoloxía dos centros de menores

Artigo 13º.-Centros con fogares

Artigo 19º.-Centros de atención de día.

Unha vez vista a normativa centrarémonos en definir o centro “Lar A Mercé”. Estamos a falar dun centro con Fogares (denominación segundo a tipoloxía da normativa) de protección de menores; un recurso residencial e de atención de día integral. Pertencemos á entidade relixiosa Hermanas Mercedarias de la Caridad, entidade sen ánimo de lucro. A través da nosa tarefa educativa integral, baseada nos Dereitos do Neno, promovemos o carácter propio mercedario, cos seguintes principios: → Educación evanxelizadora liberadora → Integral, isto é, que abrangue a formación intelectual, moral e relixiosa. → Adaptada ás capacidades dos/as menores respectando o seu propio ritmo. → Enraizada na propia cultura, asumíndoa e construíndoa a partir dos seus propios elementos. → Educación baseada no diálogo e a participación. → Educación inspirada no amor, a xustiza e a liberdade → Educación aberta e atenta aos signos dos tempos.


PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO 5

→ Téntase dar a todos as mesmas oportunidades, cunha atención preferente a aqueles sectores da sociedade máis necesitados. → Educación orientada á adquisición de valores e actitudes: respecto, solidariedade, servizo, afabilidade, convivencia, paz, diálogo e participación. → Educación fundamentada na Convención dos Dereitos do Neno. → Permite ao/á menor expresar a súa opción nos asuntos que lle atinxe, respectando a súa crenza relixiosa.

DESCRICIÓN DO CENTRO

1. DATOS IDENTIFICATIVOS Este recurso pertence á Congregación de Hermanas Mercedarias de la Caridad, provincia Mª Inmaculada (Madrid). A entidade está inscrita no Rexistro de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais co nº E-3670, correspondéndolle ao centro “Lar A Mercé” o nº E-3670-1 Partimos dos valores que a Congregación nos transmite, compartimos e difundimos, que podemos ver no noso Manual de Calidade

2. TIPOLOXÍA DO CENTRO. O centro “Lar A Mercé” é un centro con fogares. A súa finalidade é a atención de rapaces/zas en situación administrativa de desamparo ou risco, que estean tutelados, en situación de garda ou apoio técnico pola Xunta de Galicia. Os programas que se levan a cabo son de acollemento residencial e atención de día; en ambos casos as persoas destinatarias, ademais das características nomeadas anteriormente, deben ter no momento do ingreso idades comprendidas entre os 3 os 18 anos, podendo superar esta idade por


PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO 6

prórrogas concedidas pola administración competente. O número de prazas concertadas na actualidade son 28, se ben se dispón do permiso necesario (PIA: permiso inicio actividades) para un total de 30 prazas A atención que se dá en “Lar A Mercé”, tanto en réxime residencial como en réxime de atención de día, é unha atención integral baseada nas seguintes prestacións: aloxamento (só en réxime residencial), manutención e vestiario, apoio psicosocial e educativo, seguimento escolar, promoción da saúde, animación planificada do tempo libre, formación nas habilidades sociais básicas e/ou autonomía e independencia, e colaboración en apoio e orientación ás familias dos/as menores.

3. RECURSOS A infraestrutura de que dispoñemos consta dun edificio con soto, baixo e tres pisos, cunha superficie útil de 751 m². As prazas concertadas (28 prazas) están distribuídas en tres unidades de convivencia: unha unidade (ou fogar) de atención de día con 8 prazas e dous fogares de acollemento residencial con 10 prazas cada un deles. Todas as unidades de convivencia teñen unha distribución similar, cunha sala de estar, un dormitorio para a persoa educadora e un despacho, dous dormitorios de tres prazas, un de dúas e dous de unha praza, e unha cociña con comedor. Clarexar que todos os dormitorios teñen baño completo (bañeira, inodoro e lavabo, tendo un dos dormitorios o seu baño adaptado), armarios e un espazo destinado ao estudo. O centro dispón dun despacho de dirección, así como diversas salas de reunións, sala de visitas, sala de usos múltiples e unha capela. Posúe tamén unha cociña industrial, unha lavandaría e un patio; desfrutamos tamén dunha zona axardinada. No que respecta á accesibilidade do centro, salientar a existencia de varias entradas aptas para persoas con mobilidade reducida, así como un elevador dentro do edificio.


PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO 7

Os materiais e espazos destas dependencias responden á Orde do 29 de Febreiro de 1996, pola que se regulan os requisitos específicos que deben reunir os centros de menores e os centros de atención á infancia (DOGA nº57 do 20 de Marzo de 1996) Se nos centramos agora nos recursos materiais, podemos salientar que dispoñemos de dúas furgonetas (de 5 prazas e 9 prazas) para as diferentes necesidades de transporte. O centro tamén está dotado de cinco ordenadores de uso profesional para o equipo educativo e de nove ordenadores para uso lúdico dos menores, todos con conexión a internet e co software con licenzas necesario para o seu uso, destacando neste ámbito a aplicación web XeCeMe1 para uso profesional de xestión do centro. Na sala de usos múltiples disponse de ordenadores para uso lúdico, mesa de ping-pong, pantalla de 3x3 metros con proxector, consola para xogos e diversos xoguetes. En cada unha das tres unidades de convivencia, na sala de estar temos biblioteca, televisor, dvd, dous ordenadores con conexión para o uso dos menores, ademais dunha gran variedade de xogos e xoguetes apropiados para as diferentes idades dos menores. Os recursos humanos con que conta o centro son cinco educadoras sociais, dúas integradoras sociais, dúas persoas de limpeza e unha cociñeira, ademais do director do centro.

4. CONTORNA. Lar “A Mercé” está situado no casco urbano da vila de Santa Cruz, rúa Garrucha nº 7, C.P. 15179 Concello de Oleiros, a oito quilómetros da cidade da Coruña. Encóntrase ben comunicado, tendo un doado acceso á rede de transportes públicos, así como aos centros de saúde e servizos comunitarios.

1

XeCeMe: aplicación informática para a Xestión de Centros de Menores


PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO 8

O centro sitúase nun ámbito residencial de calidade, que atende, entre outros, a plantexamentos de ordenación de espazos ou políticas para industria, o comercio, o turismo e as actividades económicas relacionadas coa natureza e os servizos. O turismo e as súas actividades derivadas –ocio, hostalaría, hospedaxe, estilo de vida, artesanía- ten unha relevancia moi vencellada ao desenvolvemento urbanístico e á protección da natureza en Santa Cruz. Dito turismo de temporada ou de fin de semana revitaliza o bulir do pobo na primavera e no verán, ao igual que acontece en Mera e Sta. Cristina (pertencentes ao mesmo Concello). No Concello hai unha importante actividade comercial, ubicada no eixo da Avenida das Mariñas, e empresarial, nun ámbito urbano tranquilo, desenvolvido e ben comunicado. Os núcleos urbanos tamén concitan unha considerable actividade comercial minorista. O Concello de Oleiros posúe unha completa rede de centros socioculturais ao servizo de todos os veciños, a maioría instalados en edificios recuperados. En Sta Cruz, en concreto, atópanse o centro Cultural “As Torres”, o Museo dos Oleiros José María Kaydeda, O Castelo de Sta Cruz -no que ten a súa sede o CEIDA-, o Centro Cívico, a Aula da Terceira Idade e a biblioteca pública Rosalía de Castro. Ademais, o pobo conta cunha das máis veteranas entidades veciñais do concello, a Asociación de Veciños “Santaia”, que colabora activamente en todo acontecemento público que ten lugar na parroquia, ao tempo que desenvolve unha chea de actividades culturais e deportivas propias, como por exemplo a Semana Cultural, dirixida á infancia, que ten lugar en agosto e que consta dunha sucesión de actividades: carreiras, travesías a nado ao castelo, concursos variados, obradoiros… A vida cultural e deportiva do pobo conta ademais con outras entidades, entre as que destacan a Coral Lembranzas, o club de chave “O Pello” e o club de fútbol Sta Cruz CF. Parte das iniciativas culturais destinadas á mocidade do Concello coordínanse na Casa da Xuventude que o Concello ten na Fábrica de Perillo. Entre outras destacan actividades pensadas para satisfacer as demandas para o ocio e o tempo libre (viaxes e excursións, roteiros, cursos de remo e natación, fotomaratóns, campamentos, concertos...), actividades de formación (cursos, obradoiros, tertulias, conferencias...), produción de materiais, centro de recursos, oficina de información xuvenil, etc.


PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO 9

Todo Sta Cruz está pensado para o desfrute do tempo de lecer, contando con lugares de esparexemento en todos os seus recantos: o paseo marítimo, na franxa litoral, co acceso ao Castelo de Sta Cruz –bordeable en toda a súa contorna-, o Parque Luís Seoane, os xardíns do Centro Cultural “As Torres”, a Fraga de Bañil, o paseo da Avenida Che Guevara, o paseo da praia de Bastiagueiro, o parque-mirador de As Galeras, o parque de Liáns –na contorna da igrexa do mesmo nome… Sta Cruz ten un amplo abano de recursos a disposición da veciñanza en materia de educación, sanidade, deporte e natureza. No que respecta á educación, no pobo contamos coa Escola Infantil das Galeras, co CEIP Isidro Parga Pondal, co Instituto de Educación Secundaria e Bacharelato María Casares e co Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo (no que alén da xestión de cursos do programa FIP hai aberto un servizo de asesoramento e xestión en materia laboral), cos que temos garantida unha formación académica que dá resposta a todas as idades. Mais, para evitar “masificar” ditos centros cos nenos pertencentes á nosa casa e ao mesmo tempo para favorecer as relacións dos menores con rapazas/rapaces da zona, outros centros educativos do Concello abriron as súas portas ás rapazas/rapaces de “Lar A Mercé”: a Escola Infantil “Esquío”, a Escola Infantil de Dexo, o CEIP Luis Seoane de Canide (Mera), o CEIP Rabadeira, o IES Neira Vilas de Perillo, o IES Miraflores de Oleiros, e diversos centros da cidade da Coruña, nos que se escolarizan aquelas/es rapazas/rapaces que os Equipos da Consellería consideran que deben continuar a desenvolverse na súa contorna familiar ou aqueloutros para os que o Concello de Oleiros non ten resposta. En Bastiagueiro está situado o INEF, dependente da Universidade de A Coruña. A maioría dos centros escolares do Concello participan nos programas de apoio elaborados polo servizo pedagóxico municipal: Coñecer Oleiros, Aprendamos na Natureza, Hortos escolares, proxecto Arbre, actividades extraescolares, escolas de verán e aulas de informática. En materia sanitaria Sta Cruz conta cun Centro de Saúde con unidades de extracción de sangue, medicina de familia, matrona, enfermería e servizo de urxencias, situándose o referido á medicina bucodental no Centro de Sáude A Covada, así como coa proximidade do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña. A nivel deportivo, en Sta Cruz temos o Pavillón Arsenio Iglesias, o campo de fútbol do Sta Cruz CF, un campo da chave, as pistas polideportivas do CEIP Parga Pondal, do IES Mª Casares e do INEF, así


PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO 10

como a pista do Parque Luís Seoane. Tamén, e dentro do Concello, contamos coas instalacións das piscinas municipais, o Complexo deportivo de Oleiros, dúas pistas de skateboard, unha no Parque José Martí de Sta Cristina e outra próxima ao INEF, o rocódromo de Canide, o Centro de actividades náutico-deportivas da Pasaxe, o frontón de Bastiagueiro, o equipo de atletismo Mª Casares de Bastiagueiro, a Escola de remo de Perillo, o Club de surf de Bastiagueiro, etc, todos estes equipamentos e entidades cunha ampla oferta multideportiva para todas as idades.. A conservación da natureza é un aspecto moi coidado en Sta Cruz, onde está situado ademais do CEIDA, dependente da Universidade de A Coruña, o Centro de Recuperación da Fauna Salvaxe, e onde as coidadas zonas verdes e de esparexemento contribúen a saúde urbana, evitando grandes concentracións e xerando espazos sans e abertos ao uso público


PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO 11

POBOACIÓN ATENDIDA

1. CARACTERÍSTICAS XERAIS Segundo se describe na lei 3/1997 de xuño, galega da familia, a infancia e a adolescencia (DOG nº 118), a Consellería asumirá a tutela dos menores desamparados que residan ou se encontren transitoriamente no territorio galego sempre que se aprecie situación de desamparo. O centro “Lar A Mercé” tenta dar unha resposta específica ás necesidades particulares dos/as diferentes menores que precisan deste recurso de protección. Algunhas destas necesidades son comúns á totalidade da poboación de nenas/os e adolescentes (necesidades de carácter físico e biolóxico, necesidades cognitivas, emocionais, sociais e educativas –LO 1/1996 de Protección Xurídica do Menor) mais outras esixen dunha programación específica e individualizada, que teña en conta a historia familiar, psicosocial e sanitaria da/o nena/o e o seu momento evolutivo.

2. CONDICIÓNS PARA O INGRESO. Os criterios de admisión sempre terán como fin último dar atención personalizada segundo as necesidades de cada menor e as posibilidades reais do centro. Así os puntos máis salientables serán:  Realizar entrevista previa ao ingreso co ETM para recadarmos toda a información (situación administrativa, idade, curso académico, datos de saúde), da/o menor.  Antes do ingreso, para autorizarmos a admisión, debemos ter asinado Centro Educativo por parte da Consellería de Educación, ou dependendo da idade da/o menor, plan educativo/formación.  Realizar entrevista coa familia e a/o menor no centro, previo ao ingreso para que coñezan ao director, á persoa educadora de referencia e as instalacións.


PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO 12

 Realizar o ingreso da/o menor coordinado coa presenza da persoa educadora de referencia e a dirección, co fin de que a súa incorporación ao centro se leve a cabo dun xeito correcto (salvo situacións excepcionais e xustificadas).  Achega por parte do ETM do plan de caso.

3. CARACTERÍSTICAS ESPECÍFICAS. Cando estamos a falar de características específicas, falamos de atender as necesidades emerxentes que presenta a poboación hoxe en día. Así, a evolución do acollemento residencial e da atención de día (cada un deles na súa medida e capacidade de intervención) culmina coa implantación de modelos especializados, o que supón a necesaria diversificación dos recursos. Se analizamos as características xerais da poboación atendida podemos clasificala nalgúns dos seguintes epígrafes  Consumos esporádicos de drogas brandas e tabaco ou consumo esporádico de alcol co consentimento ou coa tolerancia dos pais ou gardadores.  Convivencia nun medio sociofamiliar deteriorado que prexudica o desenvolvemento integral, en todos ou nalgún dos ámbitos normalizados, de modo parcial ou total.  Presentan algún tipo de trastorno de conduta que impide o normal desenvolvemento dunha personalidade e actitudes sociais “normalizadas”.  Adolescentes sen previsión de retorno ao fogar familiar.  Menores con problemas de Saúde Mental.  Adolescentes que presentan condutas violentas cara á súa familia.  Menores infractores con medida protectora.  Menores de etnia xitana.  Menores estranxeiros non acompañados.


PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO 13

ACCIÓN EDUCATIVA

1. ORGANIZACIÓN EDUCATIVA 1. Estrutura organizativa ORGANIGRAMA. PERFÍS PROFESIONAIS A organización do centro recóllese no organigrama2 de cargos e funcións. Esta xerarquización caracterízase por:  Ser flexíbel e tendente á horizontalidade grazas á capacidade de decisión en cada nivel.  Asegurar unha distribución e delimitación clara dos roles e funcións dos diferentes profesionais.  Delimitar tarefas no contexto das funcións asignadas.  Fomentar a participación do persoal na toma de decisións sobre cuestións directamente relacionadas co seu traballo.  Facilitar o traballo en equipo e establecer canles de comunicación abertos e fluídos entre os profesionais.  Garantir o coñecemento por parte do persoal das metas e dos obxectivos do centro. O persoal con perfil profesional que aparece neste organigrama son: Director/a, Educadores/as, Responsable Calidade, Técnico/a especialista - Auxiliar Técnico educativo, Educador de noites e Monitor/a de Tempo Libre, Persoal de servizo. Ademais, recóllese persoal imprescindible mais sen perfil profesional (Provincial, Administrador, Superiora e Voluntarias), así como Alumnos en prácticas e voluntarios Nos apartados de competencias e nas funcións de cada membro que forman os equipos, aparecen destacadas en negra aquelas funcións e competencias que son consideradas imprescindibles.

2

O organigrama modifícase neste documento, polo que nas seguintes revisións ou creacións de documentación terase en conta este cambio e modificaranse de forma paulatina os documentos anteriores


PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO 14

1. PROVINCIAL Máxima representante e responsable da Congregación Hermanas Mercedarias de la Caridad.

2. EQUIPO DIRECTIVO O equipo directivo toma decisións sobre todos os aspectos relacionados co centro baseándose nun plan estratéxico: xestión económica, recursos humanos e decisións técnicas de calado estratéxico. O Equipo Directivo está formado polo Administrador, o Director e a Superiora. Destaca como función esencial do equipo directivo:  Dotar ao centro dos recursos humanos e materiais necesarios para o seu bo funcionamento. O Equipo Directivo xestionará os recursos existentes para que estes sexan eficaces e eficientes ás necesidades do centro e aos seus usuarios e usuarias.


PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO 15

3. ADMINISTRADOR O administrador/a realiza as funcións de administración e xestión económica do centro, delegado polo director/a do centro.

4. DIRECTOR/A O/A director/a no centro “Lar A Mercé” é a persoa encargada de dirixir, coordinar, supervisar e xestionar o funcionamento global do centro. É a autoridade máxima do centro e asume directamente a responsabilidade da súa actividade e o funcionamento en todos os eidos, tanto na organización da actividade como respecto ás/aos menores acollidos no mesmo. Cabe destacar que lle corresponde directamente a imputación legal do exercicio da súa garda, conforme establece o artigo 172 do código civil. Correspóndelle o seu nomeamento e cese á Superiora Provincial.

 Competencias3  Coñecementos (campo do saber): titulación universitaria media e/ou superior no campo das ciencias sociais, humanas ou educativas de grao medio en áreas psicolóxicas, pedagóxicas ou socio-educativa; certificación relacionada coa xestión de Sevizos Sociais, certificación de coñecementos de informática; carné de conducir; certificación de mediación e/ou resolución de conflitos; certificación de primeiros auxilios.  Habilidades (campo do saber facer): capacidade de organización e planificación; capacidade de traballo en equipo; capacidade na toma de decisións; e coñecemento en técnicas de comunicación.

3

Enténdese por competencia o coñecemento, habilidade ou destreza necesaria para poder desenvolver o noso exercicio tendo en conta a formación unida á experiencia como profesionais. Véxase Documentos Profesionalizadores Educador Social para competencias Clave. ASEDES


PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO 16

 Actitudes (campo do saber estar): firmeza, tenacidade, persistencia, capacidade de liderazgo, dinamismo, compromiso, dispoñibilidade horaria; absoluta privacidade de toda a información que derive do desempeño do posto de traballo (LPD), capacidades de comunicación óptima que propicien o diálogo ante calquera situación, gran capacidade de empatía, optimismo e tolerancia ao estrés, accesibilidade.

 Funcións Función de coordinación  Coordinar o Equipo educativo, tanto de forma interna como co resto do equipo directivo  Dirixir, coordinar e supervisar a atención residencial e a atención de día  Organizar o Equipo educativo para elaborar o Proxecto Educativo do Centro, o Regulamento de Réxime Interno e a Programación Anual, ademais revisará a lexislación pertinente e participará na elaboración da Memoria Anual xunto ao resto do Equipo educativo.  Potenciar e impulsar a colaboración coas familias e coas institucións e organismos que faciliten a relación do centro coa contorna  Convocar e coordinar as reunións de traballo do centro Funcións relacionadas co persoal  Seleccionar o persoal educativo do centro así como o persoal de servizos e xestionar a formación continua da plantilla, adaptándoa ás necesidades de cada perfil e aos da propia congregación  Supervisar o traballo dos traballadores/as no centro Función de seguridade  Contribuír de forma activa ao mantemento da seguridade no centro

5. SUPERIORA Representante no centro da congregación relixiosa Hermanas Mercedarias de la Caridad.


PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO 17

6. RESPONSABLE DE CALIDADE O/A responsable de calidade ten como principal obxectivo definir, controlar e dirixir o sistema de xestión de calidade de acordo cos requisitos da norma ISO vixente e aplicable. Salientar que a persoa responsable de calidade formará parte da plantilla do centro.

 Competencias

 Coñecementos (campo do saber): certificación axeitada ao posto a desempeñar na institución; coñecementos básicos do campo da xestión de calidade e en planificación educativa.  Habilidades (campo do saber facer): capacidade de organización e planificación; capacidade de traballo en equipo; flexibilidade horaria.  Actitudes (campo do saber estar): firmeza, tenacidade, persistencia e capacidade de liderazgo

 Funcións  Orientar e mobilizar a organización de cara aos valores expresados na Política de Calidade establecida: Mantendo unha comunicación directa e regular cos diferentes axentes interventores e motivando o Equipo educativo no mantemento do sistema de calidade.  Realizar un seguimento do traballo realizado para revisar resultados e orientar o Sistema de Xestión de Calidade de cara á mellora continua:

Propoñendo e revisando as tarefas

realizadas, así como datas para realizar reunións do equipo educativo no tema de calidade.  Representar ao Equipo educativo nas funcións do sistema de calidade: Presentándose como o punto de inflexión do equipo educativo, o piar organizativo das tarefas do sistema de calidade.

7. EQUIPO EDUCATIVO O Equipo educativo ten como obxectivo xeral realizar a intervención e seguimento do proceso educativo da/o menor ademais da creación de todas as ferramentas de organización e intervención,


PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO 18

tales como o Proxecto Educativo de Centro, Regulamento de Réxime Interno, Programación Anual, Memoria Anual ou informes entre outros. Está formado polos diferentes educadores/as que compoñen a plantilla do centro e polo/a Director/a do centro.

As funcións esenciais do Equipo educativo son as seguintes:  Elaborar e poñer en marcha os programas que se determinen na Programación Anual: Realizaranse todas as actividades necesarias para levar a cabo a Programación Anual que responden ás necesidades e problemáticas que presentan os/as menores.  Informar cada educador e educadora ao resto do Equipo educativo do desenvolvemento dos/as menores: Para poder detectar novas necesidades é preciso a existencia dunha comunicación transparente e fluída.  Programar anualmente actividades socioculturais, lúdicas e/ou de tempo libre: Realizaranse as actividades programadas, facendo uso dos recursos existentes no centro e na contorna.

8. EDUCADORES E EDUCADORAS O/a educador/a no centro Lar a Mercé é a persoa encargada de protexer e educar ao menor, incluído no programa residencial ou de atención de día, así como estar presente no desenvolvemento da súa vida cotiá durante a súa estadía no centro. Os diferentes perfís cos que se conta no centro Lar a Mercé son: Educador/a de Referencia, Técnico/a especialista - Auxiliar Técnico educativo, Auxiliar de noite, Educador/a de fin de semana e Monitor/a de tempo libre. No centro “Lar A Mercé” contamos con mínimo unha educadora en cada unidade de convivencia nas horas do día nas que as/os menores permanecen no centro.


PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO 19

8.1. EDUCADOR/A DE REFERENCIA O/a Educador/a de Referencia identifícase como a persoa que realiza o acompañamento da/o menor durante o tempo que dure a súa estadía no programa residencial ou de atención de día, sendo a persoa responsable da súa formación integral e globalizadora. Ademais é a canle de comunicación entre o/a menor e o Equipo Técnico, e deberá ser coñecedora dos recursos dos que se dispón na contorna.

 Competencias  Coñecementos (campo do saber): titulación universitaria en Educación Social ou diplomatura relacionada co campo da educación ou das Ciencias Humanas e Sociais; certificación de manipulador de alimentos; certificación relacionada co campo da informática; carné de conducir; certificación de mediación e/ou resolución de conflitos; certificación de primeiros auxilios.  Habilidades (campo do saber facer): capacidade de organización e planificación; capacidade para a selección e xestión da información; capacidade de traballo en equipo; capacidade na toma de decisións; coñecementos na xestión da comunicación e a escoita activa.  Actitudes (campo do saber estar): responsabilidade; autocontrol; flexibilidade horaria; absoluta privacidade de toda a información que derive do desempeño do posto de traballo (LPD); colaboración e traballo en equipo; capacidades comunicativas óptimas para propiciar o diálogo co/coa menor; transmitir confianza, cercanía, cariño e accesibilidade; asertividade; tolerancia ante o estrés; dinamismo; compromiso; implicación; gran capacidade de empatía; mostrar optimismo; ser coñecedor/a da contorna do centro; sentido crítico e reflexivo.

 Funcións Función de programación e intervención  Rexistrar o acompañamento da/o menor ao seu ingreso, observando e rexistrando a súas condutas e actitudes, favorecendo o seu proceso de integración no centro


PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO 20

 Planificar a intervención (Planificar/desenvolver e avaliar PEI) de cada menor, tras un Plan de Caso e un informe inicial, tendo en conta todas as áreas da súa vida, estabelécense uns obxectivos a alcanzar nun determinado período de tempo, e posteriormente realizar o seguimento da/o menor durante a súa estadía no centro (protocolos de observación, informes de seguimento educativos e informe final ao remate da estadía da/o menor no centro)  Xestionar e tramitar toda a documentación necesaria relacionada co/coa menor (bolsas, solicitude de axudas, solicitude de actividades, matrículas escolares…)  Programación e execución de actividades educativas, laborais e de formación das/os menores, que se determinen na Programación Anual e que respondan ás necesidades e problemáticas que presentan os/as menores  Avaliar os proxectos e actividades emprendidas así como os informes de resultados, aportando solucións ás desviacións detectadas  Realización da Programación Anual  Participar na elaboración do Proxecto Educativo de Centro, no Regulamento de Réxime Interno e Memoria Anual

Funcións de coordinación  Coordinación co ETM, equipo educativo e outros servizos. Mantendo reunións entre o equipo educativo, reunións co Equipo Técnico do Menor e emitindo informes, remitidos o ETM.  Coordinación cos demais axentes que interveñen tanto co/coa menor como coa familia (SS.SS de atención primaria, SS.SS de atención especializada, Chabolismo...)  Coordinación coas familias. Mantendo unhas canles fluídas cos diferentes axentes que están implicados: entrevistas, visitas supervisadas no centro, saídas reguladas, puntos de encontro, reunións..., orientado á atención das familias dos/as menores, acompañando a titorías, citas médicas e acudindo a reunións conxuntas co ETM/Servizos Sociais e as familias


PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO 21

Funcións relacionadas coa familia  Detectar carencias ou diversas problemáticas durante as saídas das/os menores  Acompañar e mediar nas relacións da/o menor coa súa familia.

Funcións relacionadas coa escola  Guiar o desenvolvemento escolar. Mantendo relacións fluídas cos equipos educativos dos diferentes centros escolares, proporcionando materiais de reforzo axeitados ao estado evolutivo da/o menor e realizando o seguimento das tarefas de reforzo escolar

Funcións relacionadas co/coa menor  Subministrar ás/aos menores o material necesario para poder desenvolver a súa vida cotiá de forma axeitada (roupa suficiente e adaptada, material escolar, calzado...)  Utilizar a vida doméstica como reforzo educativo: ensinando, modelando e corrixindo os hábitos de vida cotiá; acompañando e orientando, mantendo unha comunicación directa e regular co/coa menor e proporcionando trato persoal, acercamento, confianza e diálogo, seguindo liña educativa marcada no plan de traballo establecido para cada menor  Realizar unha acción titorial con cada unha/un das/os menores, cando sexa necesaria e oportuna, informándoas e asesorándoas sempre que sexa necesario  Preparación da/o menor para a súa adaptación á medida que se adoptará, preparando o proceso de desinternamento da/o menor, tendo en conta os obxectivos e estratexias que se plantexen no mesmo segundo sexa para a emancipación, o acollemento familiar, a adopción, o traslado de centro, o retorno á súa familia de orixe…

Funcións relacionadas coa saúde e seguridade  Fomentar hábitos de vida saudable. Acudindo ás citas médicas e ensinando e modelando hábitos de vida saudables  Administrar coidados aos/ás menores cando exista unha situación de enfermidade  Velar pola seguridade dos/as menores


PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO 22

Funcións relacionadas co lecer e tempo libre  Participación nas tarefas de ocio e tempo libre das/os menores, educando ás/aos mesmas/os no seu correcto uso, favorecendo hábitos saudables e correctas relacións entre iguais  Propiciar a diversión e un clima distendido e agradable durante as saídas grupais  Estimular a creatividade en actividades manuais ou de esparexemento  Xeración de redes sociais e contextos adecuados: Facilitarase a relación da/o menor coa contorna  Difusión e xestión participativa da cultura

Outras funcións  Tomar as decisións urxentes necesarias en ausencia das persoas responsables superiores máis directas sempre que a urxencia das mesmas atinxan ao interese superior da/o menor  Rexistro de información actualizada relativa á/ao menor así como da súa familia na aplicación informática Xeceme  Control diario do gasto de cada piso

8.2. TÉCNICO/A ESPECIALISTA - AUXILIAR TÉCNICO EDUCATIVO Nos momentos nos que a actividade das/os nenas/os é máis intensa o centro Lar a Mercé conta con varios Técnico/a especialista - Auxiliar Técnico educativo. Unha das súas principais funcións é organizar e supervisar os servizos de apoio ás unidades de convivencia.  Competencias  Coñecementos (campo do saber): Ciclo formativo de grado superior en Integración Social; certificación de manipulador de alimentos; certificación relacionada co campo da informática; carné de conducir; certificación de mediación e/ou resolución de conflitos; certificación de primeiros auxilios.


PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO 23

 Habilidades (campo do saber facer): capacidade de organización e planificación; capacidade para a selección e xestión da información; capacidade de traballo en equipo; capacidade na toma de decisións; coñecementos na xestión da comunicación e a escoita activa.  Actitudes (campo do saber estar): responsabilidade; autocontrol; flexibilidade horaria; absoluta privacidade de toda a información que derive do desempeño do posto de traballo (LPD); colaboración e traballo en equipo; capacidades comunicativas óptimas para propiciar o diálogo co/coa menor; transmitir confianza, cercanía, cariño e accesibilidade; asertividade; tolerancia ante o estrés; dinamismo; compromiso; implicación, gran capacidade de empatía; mostrar optimismo; ser coñecedor/a da contorna do centro; sentido crítico e reflexivo.

 Funcións Función de programación e intervención  Realización e desenvolvemento de proxectos específicos de intervención (animación á lectura, ocio durante os días festivos...) así como a súa avaliación  Avaliar os proxectos e actividades emprendidas así como os informes de resultados, achegando solucións ás desviacións detectadas  Colaboración na implementación da Programación anual xunto ao/á Educador/a de Referencia  Participar na elaboración do Proxecto Educativo de Centro, do Regulamento de Réxime Interno e da Memoria Anual

Funcións de coordinación  Organizar e supervisar servizos de apoio ás unidades de convivencia

Funcións relacionadas coa familia  Acompañamento coas familias. Mantendo unhas canles fluídas coa familia, escoitando as súas demandas ou transmitindo a información diaria en relación aos/ás menores, por exemplo nas tarefas de transporte e recollida


PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO 24

 Detectar carencias ou diversas problemáticas durante as saídas dos/as menores  Acompañar e mediar nas relacións do/a menor coa súa familia.

Funcións relacionadas coa escola  Realizar o seguimento nas tarefas escolares diarias

Funcións relacionadas co/coa menor  Utilizar a vida doméstica como reforzo educativo: ensinando, modelando e corrixindo os hábitos de vida cotiá; acompañando e orientado, mantendo unha comunicación directa e regular co/coa menor e proporcionando trato persoal, acercamento, confianza e diálogo, seguindo liña educativa marcada no plan de traballo establecido para cada menor

Funcións relacionadas coa saúde e seguridade  Fomentar hábitos de vida saudable. Acudindo ás citas médicas e ensinando e modelando hábitos de vida saudables  Administrar coidados aos/ás menores cando exista unha situación de enfermidade  Velar pola seguridade dos/as menores

Funcións relacionadas co lecer e tempo libre  Participación nas tarefas de ocio e tempo de lecer dos/as menores, educando os/as mesmos no seu correcto uso, favorecendo hábitos saudables e correctas relacións entre iguais  Propiciar a diversión e un clima distendido e agradable durante as saídas grupais  Estimular a creatividade en actividades manuais ou esparexemento  Xeración de redes sociais e contextos adecuados: Facilitarase a relación do/a menor coa contorna  Difusión e xestión participativa da cultura


PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO 25

Outras funcións  Tomar as decisións urxentes necesarias en ausencia das persoas responsables superiores máis directas sempre que a urxencia das mesmas atinxan ao interese superior do/a menor  Rexistro de información actualizada relativa ao/á menor así como da súa familia na aplicación informática Xeceme  Control diario do gasto de cada piso

8.3. AUXILIAR DE NOITE Auxiliar de noite ten como principal cometido garantir o descanso dos/as menores durante as noites e velar pola súa seguridade.

 Competencias:

 Coñecementos (campo do saber): Sen titulación específica, certificación de manipulador de alimentos; certificación relacionada co campo da informática; carné de conducir; certificación de mediación e/ou resolución de conflitos; certificación de primeiros auxilios.  Habilidades (campo do saber facer): capacidade de organización e planificación; capacidade para a selección e xestión da información; capacidade de traballo en equipo; capacidade na toma de decisións; coñecementos na xestión da comunicación e a escoita activa.  Actitudes (campo do saber estar): responsabilidade; absoluta privacidade de toda a información que derive do desempeño do posto de traballo (LPD); colaboración e traballo en equipo; capacidades comunicativas óptimas para propiciar o diálogo co/coa menor; gran capacidade de empatía; mostrar optimismo; tolerancia ante o estrés; transmitir confianza, cercanía, cariño e accesibilidade; asertividade; autocontrol; dinamismo; compromiso; implicación. 


PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO 26

 Funcións: Función de programación e intervención  Participar na elaboración do Proxecto Educativo de Centro, do Regulamento de Réxime Interno e da Memoria Anual

Funcións relacionadas co/coa menor  Garantir o descanso durante a noite de todos/as os/as menores.

Funcións relacionadas coa saúde e seguridade  Fomentar hábitos de vida saudable  Administrar coidados aos/ás menores cando exista unha situación de enfermidade  Velar pola seguridade dos/as menores Funcións relacionadas co lecer e tempo libre  Difusión e xestión participativa da cultura

Outras funcións  Tomar as decisións urxentes necesarias en ausencia das persoas responsables superiores máis directas sempre que a urxencia das mesmas atinxan ao interese superior do/a menor  Rexistro de información actualizada relativa ao/á menor así como da súa familia na aplicación informática Xeceme

8.4. EDUCADOR/A DE FIN DE SEMANA


PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO 27

 Competencias:  Coñecementos (campo do saber): titulación universitaria en Educación Social ou diplomatura relacionada co campo da educación ou das Ciencias Humanas e Sociais; certificación de manipulador de alimentos; certificación relacionada co campo da informática; carné de conducir; certificación de mediación e/ou resolución de conflitos; certificación de primeiros auxilios.  Habilidades (campo do saber facer): capacidade de organización e planificación; capacidade para a selección e xestión da información; capacidade de traballo en equipo; capacidade na toma de decisións; coñecementos na xestión da comunicación e a escoita activa.  Actitudes (campo do saber estar): responsabilidade; autocontrol; flexibilidade horaria; absoluta privacidade de toda a información que derive do desempeño do posto de traballo (LPD); colaboración e traballo en equipo; capacidades comunicativas óptimas para propiciar o diálogo co/coa menor; transmitir confianza, cercanía, cariño e accesibilidade; asertividade; tolerancia ante o estrés; dinamismo; compromiso; implicación gran capacidade de empatía; mostrar optimismo; ser coñecedor/a da contorna do centro; sentido crítico e reflexivo.  Funcións: Función de programación e intervención  Colaboración na implementación da Programación anual xunto ao Educador de Referencia  Participar na elaboración do Proxecto Educativo de Centro, do Regulamento de Réxime Interno e da Memoria Anual

Funcións de coordinación  Coordinación coas familias. Mantendo unhas canles fluídas cos diferentes axentes que están involucrados: entrevistas, visitas supervisadas no centro, saídas reguladas, puntos de encontro, reunións..., orientado á atención das familias dos/as menores


PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO 28

Funcións relacionadas coa familia  Acompañamento coas familias. Mantendo unhas canles fluídas coa familia, escoitando as súas demandas ou transmitindo a información diaria en relación aos/ás menores, por exemplo nas tarefas de transporte e recollida  Detectar carencias ou diversas problemáticas durante as saídas dos/as menores  Acompañar e mediar nas relacións do/a menor coa súa familia.

Funcións relacionadas coa escola  Realizar o seguimento nas tarefas escolares durante a fin de semana

Funcións relacionadas co/coa menor  Utilizar a vida doméstica como reforzo educativo: ensinando, modelando e corrixindo os hábitos de vida cotiá; acompañando e orientado, mantendo unha comunicación directa e regular co/coa menor e proporcionando trato persoal, achegamento, confianza e diálogo, seguindo liña educativa marcada no plan de traballo establecido para cada menor

Funcións relacionadas coa saúde e seguridade  Fomentar hábitos de vida saudable  Administrar coidados aos/ás menores cando exista unha situación de enfermidade  Velar pola seguridade dos/as menores

Funcións relacionadas co lecer e tempo libre  Participación nas tarefas de ocio e tempo de lecer dos/as menores, educando os/as mesmos no seu correcto uso, favorecendo hábitos saudables e correctas relacións entre iguais  Propiciar a diversión e un clima distendido e agradable durante as saídas grupais  Estimular a creatividade en actividades manuais ou de esparexemento


PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO 29

 Xeración de redes sociais e contextos adecuados: facilitarase a relación do/a menor coa contorna  Difusión e xestión participativa da cultura

Outras funcións  Tomar as decisións urxentes necesarias en ausencia das persoas responsables superiores máis directas sempre que a urxencia das mesmas afecten ao interese superior do/a menor  Rexistro de información actualizada relativa ao/á menor así como da súa familia na aplicación informática Xeceme  Control diario do gasto de bote fin de semana

8.5. MONITOR/A DE TEMPO LIBRE A figura do monitor/a de tempo libre aparece durante as épocas en que a carga de traballo fai que sexa necesario un reforzo para o Equipo educativo. O seu traballo serve de apoio á totalidade do Equipo educativo.

 Competencias:  Coñecementos (campo do saber): Título de Monitor de Tempo Libre, certificación de manipulador de alimentos; certificación relacionada co campo da informática; carné de conducir; certificación de mediación e/ou resolución de conflitos; certificación de primeiros auxilios.  Habilidades (campo do saber facer): capacidade de organización e planificación; capacidade para a selección e xestión da información; capacidade de traballo en equipo; capacidade na toma de decisións; coñecementos na xestión da comunicación e a escoita activa.  Actitudes (campo do saber estar): responsabilidade; autocontrol; dinamismo; absoluta privacidade de toda a información que derive do desempeño do posto de traballo (LPD); colaboración e traballo en equipo; capacidades comunicativas óptimas para propiciar o diálogo co/coa menor; gran capacidade de empatía; mostrar optimismo; tolerancia ante o


PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO 30

estrés; transmitir confianza, cercanía, cariño e accesibilidade; ser coñecedor/a da contorna do centro; sentido crítico e reflexivo; asertividade; compromiso; implicación; flexibilidade horaria.

 Funcións: Función de intervención  Apoiar o Equipo Educativo nas labores da vida diaria cos/coas menores

Funcións relacionadas coa escola  Realizar o seguimento nas tarefas escolares diarias

Funcións relacionadas co/coa menor  Utilizar a vida doméstica como reforzo educativo: ensinando, modelando e corrixindo os hábitos de vida cotiá; acompañando e orientado, mantendo unha comunicación directa e regular co/coa menor e proporcionando trato persoal, acercamento, confianza e diálogo, seguindo liña educativa marcada no plan de traballo establecido para cada menor Funcións relacionadas coa saúde e seguridade  Fomentar hábitos de vida saudable  Administrar coidados aos/a menores cando exista unha situación de enfermidade  Velar pola seguridade dos/as menores

Funcións relacionadas co lecer e tempo libre  Participación nas tarefas de ocio e tempo de lecer dos/as menores, educando os/as mesmos/as no seu correcto uso, favorecendo hábitos saudables e correctas relacións entre iguais  Propiciar a diversión e un clima distendido e agradable durante as saídas grupais  Estimular a creatividade en actividades manuais ou de esparexemento


PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO 31

 Xeración de redes sociais e contextos adecuados: facilitarase a relación do/a menor coa contorna  Difusión e xestión participativa da cultura

Outras funcións  Tomar as decisións urxentes necesarias en ausencia das persoas responsables superiores máis directas sempre que a urxencia das mesmas atinxan ao interese superior do/a menor  Rexistro de información actualizada relativa ao/á menor así como da súa familia na aplicación informática Xeceme

9. PERSOAL DE SERVIZO No centro “Lar A Mercé” contamos con persoal de servizo que realiza funcións nas áreas de cociña, lavandaría e limpeza. Funcións relacionadas coa cociña  Deseño e elaboración dos menús do centro así como os específicos referidos a diferentes dietas (dieta hipocalórica, alerxias alimentarias, non consumo de porco...)  Responsabilizarse do bo estado e conservación dos alimentos existentes no almacén e nas diferentes cámaras frigoríficas  Elaborar os pedidos relacionados coa área de cociña así como recepcionar e almacenar a mercadoría  Organización do almacén de alimentos  Manter en correcto estado de orde e limpeza as distintas áreas de traballo  Manter en boas condicións de funcionamento a maquinaria e utensilios da área de limpeza e avisar o responsable ante calquera desperfecto  Aplicar as normas de seguridade e hixiene vixentes e aplicables  Retirar e trasladar os residuos segundo a política de reciclaxe


PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO 32

Funcións relacionadas coa limpeza  Cumprir coas condicións de limpeza e hixiene necesarias para a eliminación da sucidade e a desinfección total  Elaborar pedidos, organizar e almacenar os produtos e material necesario para o correcto desempeño da limpeza  Avisar dos desperfectos que se produzan ou da previsión dos mesmos  Elaborar pratos sinxelos nos momentos no que o/a cociñeiro/a non estea presente  Manter en correcto estado de orde e limpeza as distintas áreas de traballo  Manter en boas condicións de funcionamento a maquinaria e utensilios da área de limpeza  Aplicar as normas de seguridade e hixiene vixentes e aplicables  Retirar e trasladar os residuos segundo a política de reciclaxe

Funcións relacionadas coa lavandaría  Recepcionar a roupa sucia depositada no seu caldeiro correspondente  Lavar e secar a roupa poñendo en funcionamento lavadoras e secadoras, usando a maquinaria e produtos adecuados  Pasar o ferro á roupa de forma manual ou mediante o uso de maquinaria específica segundo necesidades  Organizar as prendas por piso e distribuílas correctamente  Etiquetar roupa no caso de ser necesario  Realizar arranxos básicos de costura  Identificar prioridades e urxencias en relación á roupa  Manter en correcto estado de orde e limpeza o lugar e os materiais de traballo

10. VOLUNTARIOS/AS No centro contamos cun grupo de Voluntarias pertencentes á congregación relixiosa “Hermanas Mercedarias de la Caridad” que residen no propio centro. Este grupo caracterízase por ser persoal de apoio sen responsabilidade sobre os/as menores, sendo persoal non profesional.


PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO 33

Ademais podemos contar con voluntarios externos á Entidade que se regularán pola normativa de voluntariado vixente en cada momento

11.

ALUMNOS E ALUMNAS EN PRÁCTICAS

En determinados momentos contamos con alumnos/as que deciden realizar a súas prácticas no noso Lar. Actualmente poden solicitar estas prácticas alumnos e alumnas da Universidade da Coruña (UDC), Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED) e o Centro de Formación Profesional Tomás Barros. As súas prácticas están orientadas á preparación dos alumnos e alumnas para o exercicio profesional, coñecendo o ámbito do sistema de protección e máis concretamente o funcionamento dun centro con fogares, tanto no ámbito residencial como no de atención de día. Búscase que estas prácticas sexan unha fonte de aprendizaxe, que lles aporten novas experiencias profesionais e os/as axuden a construír o seu propio coñecemento no ámbito de menores.

ORGANIZACIÓN INTERNA A nosa organización interna parte dun modelo de educación activa, integral e compensatoria. Respectarase a personalidade do/a menor, procurando o desenvolvemento das súas capacidades por medio da interacción do grupo ao que pertence. A comunicación é unha das premisas máis importantes na organización interna de todo o equipo educativo e en relación co equipo directivo. Ao existiren diferentes quendas de traballo, a comunicación e a transparencia son plenamente necesarias para que o traballo cos/coas menores resulte o máis satisfactorio posible. Poderase, desa maneira, detectar novas necesidades, buscar alternativas ou continuar cunha forma de traballo que está a dar resultado. O intercambio de información será diaria entre os/as educadores, sendo moi importante nos cambios de quenda para teren en conta os acordos no día a día ou para compartiren a situación do


PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO 34

fogar e as incidencias máis destacadas cos/coas menores do lar. Ademais, procurarase que exista un contacto diario dalgún/dalgunha dos/as educadores/as de referencia, tanto en atención residencial como en atención de día coa dirección para o intercambio de información da vida cotiá nos distintos fogares, salvo en períodos non lectivos onde o ritmo habitual se altera. Realizar o traballo de forma coordinada é un elemento moi importante na organización interna. Traballarase con unidade de criterios dende unha perspectiva de equipo multidisciplinar, coordinándose todos os membros que compoñen o Equipo Educativo, en base ás programacións establecidas. O equipo directivo reunirase co equipo educativo polo menos unha vez ao mes para realizaren o seguimento dos menores. Nestas reunións exporase os casos máis salientables, e prestarase especial importancia á organización de todo o equipo. Nas reunións do equipo educativo existirá un apartado para tratar Calidade tal e como aparece nas actas do Equipo Educativo, tendo en conta o planning de reunións do Equipo Educativo e as revisións de Calidade. A cadencia destas reunión pódese ver interrompida nos meses de verán, salvo que se precise dalgunha sesión extraordinaria. As reunións do Equipo no mes de maio, xuño e setembro teñen a característica engadida de realizar labores de redistribución das estadías no lar e no fogar, vacacións, saídas puntuais, poñer en común decisións importantes e claves con algún/algunha menor. As reunións programadas quedarán plasmadas nunha acta, e anteriormente a convocatoria será enviada por correo electrónico. Poderanse realizar reunións extraordinarias sempre que o equipo directivo ou educativo o vexa necesario para tratar calquera tema relacionado co desempeño do seu traballo e cando sexa de importancia para todos os membros que compoñen ambos equipos.

FERRAMENTAS Para favorecer a comunicación entre os diferentes profesionais que compoñen ambos equipos dispoñemos de ferramentas de uso común, que facilitan a difusión de información para garantir a transparencia e o coñecemento de información.


PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO 35

 Aplicación informática XECEME (Xestión de Centros de Menores) (Pé de Páxina) ampliada a información no punto 3.3.2 “Instrumentos Xerais” deste documento.  Outlook con calendario común  Dropbox (nube de documentos compartidos)  Grupo de mensaxes instantáneas compartidas, respectando a LPD

Ademais, utilízase o correo electrónico corporativo como forma de comunicación habitual para todo o persoal.

FORMACIÓN PERMANENTE

A formación é un factor moi importante a termos en conta para poder aumentar a motivación e a integración dos/as traballadores/as. Enténdese a formación continua como unha forma de actualizarse e poñerse ao día dos coñecementos profesionais, é unha forma de adquirir novos títulos académicos ou profesionais e permitir aos/ás traballadores/as ampliar os seus coñecementos. Por iso, tendo en conta a preocupación pola dirección e a demanda dos/as propios/as traballadores/as, anualmente cumpriméntase o Plan Anual de Formación. Este documento constará dos apartados: necesidades formativas achegadas polos/as traballadores/as, as accións formativas programadas (denominación do curso, data prevista, asistentes, horas, formador/a, data realización) e a avaliación individual da formación realizada. Se durante o ano xurdiren novas necesidades ou ofertas formativas interesantes para os profesionais, as mesmas reflictiranse no rexistro Plan de formación, apartado Accións formativas non previstas.


PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO 36

2. Grupos de interese Dende “Lar A Mercé” entendemos por grupo de interese (en diante GI) o conxunto de persoas ou colectivos que debemos ter en conta á hora de desenvolver a nosa acción educativa, de organización e administrativa, pois vense atinxidos polas nosas accións e ademais inflúen na nosa propia labor Atendendo a esta definición, reflictimos nun esquema concéntrico os GI da nosa organización, graduándoos de dentro a fóra, sendo os de maior impacto os que se atopan no círculo interior.

1. MENORES (USUARIOS) Este G.I. é o grupo fundamental, todos os nosos procesos xiran ao redor da satisfacción das súas necesidades e expectativas, tendo en conta as características persoais, psicosociais, historia familiar, o momento evolutivo..., planificando, desenvolvendo, revisando e volvendo a planificar a súa intervención educativa.


PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO 37

Dende o centro desenvólvense dous programas, a atención residencial e a atención de día, baseados na educación integral dos/as menores, nos Dereitos do Neno e respectando os principios mercedarios. A nosa Política de Calidade determina os seguintes compromisos:  Atender as súas necesidades e expectativas, co persoal axeitado, baixo unha perspectiva educativa integral, partindo sempre da súa realidade específica e individual.  Xerar un clima de fogar que facilite a estadía dos/as menores no centro, baixo un trato respectuoso que atenda á diversidade.  Traballar con flexibilidade e capacidade de adaptación as novas necesidades que poidan ir xurdindo.  Promover a formación e preparación do/a menor de cara á unha futura inserción sociolaboral.  Implementar procesos de mellora continua nos servizos.  Garantir a súa confidencialidade.

2. FAMILIA A familia constitúe o elemento básico para a identidade persoal e o axeitado desenvolvemento do/a menor. Tendo presente que na sociedade actual a tipoloxía de familias é moi variada, un/unha menor pode formar parte de diferentes tipos de familias: biolóxica, extensa, de acollida e de adopción. O centro “Lar A Mercé” ten a obriga de garantir o dereito dos/as nenos/as a establecer e manter contacto fluído e directo cos seus familiares, así como facilitar a implicación da familia no proceso de intervención e atención dos/as seus/súas fillos/as, atendendo ao Plan de Caso, indicacións do ETM e/ou do Xulgado de Menores. Este G.I. estará presente en varios procesos da intervención educativa: valoración e admisión, ingreso e acollida, intervención educativa, coordinación e saída. A característica principal que salientaremos con este grupo é a importancia de ter una boa comunicación bidireccional dende o Equipo educativo coa familia do/a menor.


PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO 38

A figura central da interacción entre o centro e a familia será o/a educador/a de referencia quen, cunha linguaxe e formas comprensibles para as familias, informaraas sobre o/a menor e reunirá a información que esta lle proporcione sobre el/a; transmitiralle as súas necesidades do/a menor; orientaraos sobre a relación co/coa mesmo/a; procurará espazos para que a familia participe na atención do/a rapaz/a, ao tempo que asumirá a coordinación cos outros profesionais ou servizos que atendan á familia de cara a aunar esforzos na mesma dirección. Dende o centro “Lar A Mercé” teranse en conta os seguintes compromisos:  Facilitar información e atención personalizada cando sexa posible e/ou conveniente tendo en conta os obxectivos marcados no proxecto educativo individualizado do/a menor.  Establecer unha liña de traballo conxunta para realizar unha atención personalizada ao/á menor efectiva e satisfactoria.  Garantir a estabilidade do servizo para tranquilidade das familias.

3. EQUIPO EDUCATIVO Está formado polos/as educadores/as de referencia, os/as técnicos/as especialistas, os/as monitores/as de tempo libre, educador/a fin de semana e os/as auxiliares da noite. O Equipo Educativo debe elaborar, implementar e avaliar os diferentes plans, programas e proxectos do centro. O Equipo Educativo interrelaciona con todos os GI, sendo columna vertebral nos procesos esenciais e estratéxicos, e, en diferente medida, nos de apoio. Traballarase atendendo a un modelo de educación activa, integral e compensadora, partindo dos procesos, procedementos e protocolos propios e da administración. Dende o centro teranse en conta os seguintes compromisos co Equipo Educativo:  Favorecer a formación e actualización de competencias do persoal.  Buscar as condicións mínimas que favorezan a calidade de vida laboral.  Traballar baixo o cumprimento da normativa legal establecida.  Implicar no proceso de intervención co/coa menor aos diferentes axentes.


PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO 39

 Colaborar nas diferentes actividades e/ou accións levadas a cabo polos diferentes axentes interventores.

4. EQUIPO DIRECTIVO O Equipo Directivo é a figura representativa do centro, con capacidade de xestión e toma de decisións a nivel económico, de dotación de recursos..., con múltiples compromisos co resto dos GI que interveñen en todos os procesos. O Equipo Directivo asegurarase de que a política de calidade sexa axeitada á Misión e ao propósito dos Servizos, mellorando continuamente a eficacia do Sistema de Xestión de Calidade.

5. ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA: DELEGACIÓN TERRITORIAL Na Delegación territorial da Administración Autonómica, de entre todos os cargos de xestión, son os Equipos Técnicos do Menor (ETM) os de maior impacto no noso servizo. Os ETM decretan situacións de risco ou desamparo dos/as menores, emiten resolución da situación administrativa segundo a lei e realizan unha labor de apoio e seguimento dos/as menores. Os ETM teñen gran impacto nos procesos esenciais e en menor medida nos estratéxicos. A Política de Calidade determina os seguintes compromisos:  Manter unha comunicación bidireccional a fin de establecer unha relación fluída e constante.  Facer cumprir a normativa legal establecida.  Implicar no proxecto individualizado de intervención co/coa menor aos diferentes axentes, tendo en conta o ámbito que lle compete a cada un e as limitacións correspondentes.  Colaborar nas propostas e plans de traballo prantexados de cara a conseguir un traballo en rede eficaz, conseguindo así unha labor efectiva que repercuta no benestar dos/as menores.


PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO 40

6. SERVIZOS SOCIAIS. Os servizos sociais dos concellos, entendidos como o sistema de protección social máis cercano á cidadanía, especialmente daquelas persoas en situación de carencia ou marxinación. A súa labor é fundamental á hora de favorecer mudanzas nas familias dos/as menores cos/coas que traballamos a través da participación de estas nos diferentes programas (axuda no fogar, servizos de apoio familiar, programa básico de inserción social...) e polo seguimento que levan do que acontece nos fogares. Cada concello ten unha organización diferente, son máis ou menos accesibles ás nosas necesidades... Unha boa comunicación e coordinación cos/coas técnicos/as dos SS.SS é fundamental O sistema galego de servizos sociais estrutúrase en forma de rede, con dous niveis de actuación:  Servizos sociais comunitarios: servizos sociais comunitarios básicos e servizos sociais comunitarios específicos (como saúde, educación, cultura, emprego, vivenda, migracións,..)  Servizos sociais especializados.: xestión de programas orientados a colectivos con problemática específica, prevención da exclusión, inserción e normalización, atención directa a colectivos en risco, xestión de equipamentos comunitarios Os SS.SS. dos Concellos, en coordinación co centro (segundo o caso) e cos ETM, traballan no seguimento das familias segundo o PLAN DE CASO, orientalas no que precisen, organizar os recursos dispoñibles, etc. Para que este traballo e o do centro sigan unha mesma liña son imprescindibles os contactos periódicos entre o persoal de ambas as dúas institucións, coa coordinación dos Equipos da Consellería Salientar que a través dos servizos especializados do Concello facilítase a posibilidade de que os/as menores poidan asistir a distintas actividades (educativas, deportivas, lúdicas,culturais,...) que organizan para a poboación en xeral, así se posibilita levar a cabo unha socialización axeitada O centro comprometerase a:  Implicarse no proxecto individualizado de intervención do/a menor, cos diferentes axentes, tendo en conta o ámbito que lle compete a cada un e as limitacións correspondentes.


PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO 41

 Actuar segundo indique a lexislación actual.  Promover e levar a cabo unha comunicación fluída entre o centro, os SS.SS e servizos especializados do Concello

7. ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA (CENTRAL) A Administración Autonómica Central, ademais de exercer a responsabilidades de protexer e tutelar aos/ás menores en situación de risco ou desamparo e executar as medidas ditadas polos xulgados de menores, é a responsable da concesión, baixo o criterio de concurso competitivo, dos contratos de servizos coas Entidades. Ademais, a través de distintos organismos propios, aproba e publica as distintas normas e leis que atinxe ao desenvolvemento das actividades dos centros de menores, realiza inspeccións e concesión de gastos extraordinarios, entre outros. O principal impacto recae nos procesos estratéxicos e de apoio, onde se enmarcan as normas e leis de obrigado cumprimento. O centro comprométese a:  Actuar segundo indique a lexislación actual.  Prestar unha comunicación fluída entre o centro e a Administración

8. OUTROS AXENTES Dentro do epígrafe “outros axentes” encádranse aqueles/as profesionais de entidades públicas, privadas e concertadas que traballan cos/coas menores, as familias, e o persoal do centro en diferentes momentos da intervención educativa para completar a labor educativa. Entre estes destacan:  programa de inserción laboral inclusión social e laboral dos mozos e mozas, no que se procura unha intervención máis orientada a gañar habilidades e procurar estratexias orientadas á súa independencia de cara á busca de emprego e a mellora da súa capacidade de empregabilidade


PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO 42

 servizo de información e asesoramento á mocidade en materia de sexualidade, autoestima, convivencia, uso responsable das TICs e hábitos saudables, para o asesoramento e realización da proba rápida de VIH.  equipo técnico e de voluntariado de acompañamento ás familias, ao longo de todo o proceso que dura o acollemento, no que reciben formación e asesoramento de carácter psicosocial e educativo a nivel individual e grupal, en relación ás necesidades do/a neno/a e daquelas que se poden xerar na contorna da familia de acollida.  servizo destinado a familias con nenos/as e mozos/as en situación de risco ou vulnerabilidade que requiren apoio e acompañamento, dende a perspectiva da mediación familiar, capacitando para a resolución de conflitos.  servizo de asesoramento e terapia familiar, para familias que precisan abordar situacións de conflitividade no manexo dos/as fillos/as e adolescentes.  servizo de terapia, para os/as menores que precisan abordar situacións de conflitividade no manexo de distintas situacións.  actividades de ocio e tempo de lecer, tanto deportivas como culturais. Este G.I. vai influír nos procesos esenciais e estratéxicos da intervención. Os compromisos con este G.I. serán:  Colaboración e participación nestes programas.  Manter canles de comunicación fluídas con estes axentes.  Traballar en rede con estas entidades.  Cumprir a normativa legal vixente.

9. SISTEMA EDUCATIVO A Educación Formal é aquela limitada ao sistema educativo, ensino regrado en diferentes niveis educativos, que conclúe cunha titulación, é a que transmiten as institucións recoñecidas e que responde a un currículo establecido pola normativa vixente, e a Educación No Formal é a que se produce no marco de diferentes contextos fóra do sistema formal, tales como asociacións, organizacións, institucións... e que se caracteriza por enmarcarse nun esquema intencional de ensino-aprendizaxe explícito, que pode contar ou non con acreditación e/ou certificación


PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO 43

Os centros educativos que levan a cabo a Educación Formal poden ser públicos (a súa titularidade corresponde á Administración), e todas as ensinanzas que se imparten neles son gratuítas; privados (de titularidade privada) non gratuíta mais son centros oficiais, e concertados (onde parte das ensinanzas son gratuítas, se teñen concerto de servizo coa Administración). A labor da comunidade educativa (inspección educativa, titores/as de aula, orientadores, xefes/as de estudos, directores/as,...) dos centros de ensino podémola calificar como de alto impacto no traballo que se realiza no centro, nos procesos de coordinación e intervención educativa, para poder acadar os obxectivos programados nos PEIs de cada menor baseado na coordinación e no intercambio de procedementos de intervención cos/coas menores para poder acadar os distintos obxectivos, por un lado os educativos (marcados na lexislación) e por outro os programados nos PEIs de cada menor. A relación cos centros educativos impacta nos procesos esenciais, tendo especial atención no de coordinación. A coordinación con estes axentes comeza cando dende o Lar se efectúa unha sondaxe de prazas cos/coas directores/as dos centros educativos para despois realizarmos a solicitude oficial a Inspección educativa, no caso dos/as menores en réxime de atención residencial. Tanto na atención residencial como na de día as comunicacións serán con diferentes membros da comunidade educativa (titores/as de aula, orientadores/as, xefes/as de estudos, directores/as,...). Manterase de xeito sistemático un encontro por trimestre, coincidindo coas avaliacións establecidas por cada centro educativo cada curso escolar, e sempre que o esixan as circunstancias. Así mesmo as vías de contacto serán variadas: teléfono, visitas, comunicación escrita, etc. Dende o centro, salientarase e reforzarase a importancia da vida escolar, polo que se compromete a:  posibilitar que os/as nenos/as e adolescentes conten con materiais, espazos, tempo e estímulos apropiados para a súa formación;  crear un clima favorable ao estudo, organizando o tempo, facilitando espazos de éxito vencellados ás tarefas escolares, mantendo actitudes de estímulo e reforzo;  axudar a acadar hábitos de estudo;  favorecer a adquisición da autonomía e a relación do/a menor cos/coas seus/súas compañeiros/as


PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO 44

10. SISTEMA DE SAÚDE O sistema de saúde estrutúrase en sector público (hospitais, centros de saúde, centros de especialidades) e en sector privado (hospitais, gabinetes psicolóxicos, ópticas, clínicas dentais, clínicas podolóxicas) O impacto deste G.I abrangue a todos os procesos esenciais, e ven regulado tanto pola lexislación vixente en canto a saúde, como polos protocolos vixentes da Xunta en materia de menores Así pois, o centro deberá asegurar que se cumpren os protocolos vixentes que rexen a atención sanitaria dos/as menores

2. INTERVENCIÓN EDUCATIVA 1. CRITERIOS METODOLÓXICOS. PRINCIPIOS SOCIO EDUCATIVOS Os principios socioeducativos son aqueles nos que se basea a nosa intervención e eixo básico dos nosos programas. Estes principios responden ao cumprimento do artigo 3 do Decreto 329/2005 do 28 de Xullo polo cal o centro debe ofrecer unha atención especializada e integral, equiparándoa o máximo posible ás condicións de vida nunha familia normalizada, e todo isto dende o carácter da educación evanxelizadora liberadora da orde que tal como se enumera no apartado 1.1 deste mesmo documento imprime valores como o amor, xustiza, liberdade, compromiso... :  Atención Integral: Ofrecer unha atención que englobe todos os aspectos que configuran a personalidade cunha perspectiva globalizadora da persoa, que permita atender os diferentes niveis.  Normalización: Entender os/as menores como suxeitos con dereitos e deberes, ofrecendo a posibilidade de desfrutar dunha vida o máis parecida posible á da “poboación normalizada”, potenciando o desenvolvemento das capacidades individuais. Isto implica que:


PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO 45

- Os/as nenos/as deben desfrutar do ocio e do deporte e relacionarse coa comunidade da que forman parte, permitindo que poidan ir a casas de amigos e recibir visitas no lar. - Hai que conciliar o acceso cotiá aos medios de comunicación e ás TICs, coa supervisión dos contidos segundo as idades. - A medida que a idade e o desenvolvemento o permitan, debe permitirse que os/as rapaces/rapazas acudan aos servizos comunitarios, facer trámites e xestións... - Dentro do posible, deberanse coordinar persoal e recursos para introducir a máxima flexibilidade na vida cotiá.  Garantir a elección e accesos ás actividades e relacións sociais, así como a ruptura dos horarios e ritmos semanais, durante a fins de semana.  Integración: Incorporar o/a menor a un grupo de iguais que comparte dereitos e valores, con inclusión da diferenciación social e protección das necesidades e intereses persoais do/a menor e a súa familia. A integración leva á normalización.  Individualización: Educar dende as características e particularidades de cada menor adaptándose ao ritmo individual de cada un/unha. Para isto hai que facer un prantexamento individualizado das regras de organización e funcionamento, xustificadas na mellor atención ás necesidades do/a neno/a e non no control do grupo. - Dormitorios personalizados. - Respecto á procedencia cultural e étnica. - Planificación individual do traballo. - Atención especial e especializada, segundo as necesidades.  Igualdade: Intervención e educación baseada na igualdade efectiva entre persoas, proclamada no artigo 14 da Constitución Española “Non pode prevalecer discriminación algunha por razón de nacemento, raza , sexo, relixión, opinión ou calquera outra circunstancia persoal ou social”.  Diálogo/Participación: Ofrecer unha educación baseada no diálogo e a participación, facilitadora de que o suxeito exprese aquilo que sente, participando na toma de decisións, sendo o diálogo o medio básico para solucionar os conflitos e poñer en práctica estratexias


PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO 46

de negociación, e facilitadora. Partimos dun concepto de vida comunitaria, como estructuradora da personalidade de cada menor.  Colaboración e a coordinación coa familia: partindo das visitas, chamadas e contactos habituais para realizar unha labor de motivación e achegamento. - Utilizar os momentos de contactos para tentar establecer vencellos que permitan unha boa coordinación na intervención do caso. - Prantexar

obxectivos

dirixidos

á

adquisición

por

parte

das

familias,

responsabilizándoas de determinados aspectos da educación dos/as fillos/as. - Manter unha boa coordinación cos Equipos Técnicos.  Seguridade e protección: Garantir un ambiente confortable e seguro: - Garantindo o control das relacións entre os/as nenos/as de xeito que non se produzan relacións abusivas. Todo/a neno/a debe ter a suficiente confianza para expoñer os seus problemas ao persoal educador. - Garantindo a seguridade do neno nas relacións coa familia, informando aos Equipos Técnicos de calquera sospeita ou situación de maltrato, segundo o trazado na Lei 3/2011, de 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia - Establecendo un programa de aprendizaxe de autoprotección para diminuír riscos, e educar os/as rapaces/zas na maneira de detectar e evitar situacións de maltrato, indución á delincuencia, explotación laboral, iniciación no consumo de drogas... - Aceptar o/a neno/a e facer especial fincapé no traballo individual facendo que se sinta mais querido/a, seguro/a e protexido/a.  Respecto aos dereitos do neno e da familia: os dereitos dos/as nenos/as no centro son os mesmos que os daqueles que conviven coas súas familias, mais é preciso sinalar aqueles que con frecuencia poden entrar en conflito: - Dereito á comunicación, salvo nas restricións impostas pola administración competente.. - Dereito á participación nas decisións que lles atinxan, debendo mantelos informados e consultándolles as posibles alternativas ao seu plan de intervención. - Dereito á confidencialidade de datos, tendo acceso a eles sempre que o soliciten e non ocasionen grave prexuízo.


PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO 47

- Dereito a estar informado sobre sancións, especialmente as que corresponden ás condutas máis graves, non sendo aplicados nunca castigos físicos, privacións de alimentos ou coidados básicos, limitacións das visitas, incomunicación, ou traballos de compensación desproporcionados á conduta ou á capacidade do/a neno/a. - Dereito de dispoñer de canles de comunicación para queixas ou reclamacións. - Axeitada cobertura das necesidades materiais básicas: - Planificación dunha alimentación equilibrada e variada. - Garantir que os/as rapaces/zas contan con vestiario para as diferentes situacións e actividades, convertendo o uso, orde, elección e orzamento para este en aspecto de traballo educativo. - Proporcionar dunha cantidade de cartos para os gastos propios, en función da idade.  Escolarización e alternativas educativas: é imprescindible un estudo do lugar máis acaído para cada neno/a, así como das necesidades específicas de apoio, clases especiais... Neste ámbito hai que tentar: - Escolarizar os/as menores en centros da comunidade, baixo os criterios de mellor cobertura das súas necesidades e facilidade para os desprazamentos. - Facilitar reforzo e corrección da aprendizaxe escolar, establecendo un conxunto de estratexias e recursos para facer fronte ao elevado índice de fracaso escolar que presenta a poboación atendida.  Promoción da saúde: que debe comprender tanto a atención sanitaria, como a educación para a saúde: - Realización de recoñecementos periódicos e seguimentos médicos. - Prohibición do uso do tabaco nas dependencias do centro (axustado á normativa vixente). - Planificación de traballo individual sobre a hixiene persoal, alimentación, consumo de substancias nocivas, prevención de enfermidade infecciosas, información sexual.


PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO 48

2. FASES DE INTERVENCIÓN Todas as intervencións realizadas no centro antes e durante a estadía dun/dunha menor están previamente planificadas co obxectivo de poder ofrecer unha atención integral xa dende o momento no que se decide o ingreso dun menor ata que comeza o proceso de saída do mesmo. Traballamos en base as seguintes fases:  Valoración e admisión: Esta primeira fase ten como obxectivo principal obter a maior cantidade de información sobre o/a menor tendo como ferramentas principais o Plan de Caso e as chamadas do ETM, que achegará toda a información relativa o/a menor, expoñendo os antecedentes e problemática que propiciou a proposta de ingreso. Unha vez valorada toda a información e segundo as necesidades detectadas decídese a que grupo de convivencia se destina o/a menor. Consideramos fundamental realizar unha reunión previa ao ingreso, coa suficiente antelación, ou polo menos 24 horas antes do ingreso. Sempre que se considere oportuno no caso das tutelas, e de forma obrigada nos casos de garda, acudirá a dita reunión a familia do/a menor, para a presentación desta ao responsable do centro así como aos/ás outros/as profesionais do equipo que van intervir  Ingreso e acollida: Unha vez recibida a comunicación de acollida por parte do ETM márcase unha data para que se faga efectiva. Chegado o día trátase de facer un recibimento axeitado á realidade do menor e presentarlle a súa nova contorna e grupo de convivencia. Neste momento deberán estar presentes a dirección do centro e a persoa educadora de referencia que terá o menor. Será o momento de recadar toda a documentación e información necesaria no maior número de ámbitos posibles para poder planificar unha atención individualizada e integral.  Intervención educativa: Nesta fase planifícase e iníciase a intervención educativa co/coa menor e defínense os obxectivos a acadar en cada unha das áreas de intervención do PEI, aportando todas as ferramentas necesarias para o desenvolvemento integral do/a menor.  Coordinación: Este proceso ten como finalidade establecer e manter relacións coordinadas e continuas con todos os axentes partícipes na intervención de cara a poder cumprir os obxectivos propostos na fase anterior.


PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO 49

 Saída: Esta derradeira fase comeza cando o menor acada os obxectivos prantexados no seu PEI e a súa realidade sociofamiliar favorece a desinstitucionalización así como cando se decida un cambio de medida administrativa porque a anterior resultou ineficaz.

3. EIDOS DE DESENVOLVEMENTO DA INTERVENCIÓN EDUCATIVA A intervención educativa no Lar “A Mercé” está xestionada polos procesos esenciais, entendendo estes como a secuencia de actividades que van dende o proceso de valoración e admisión ata o de saída, relacionados como se especifica no diagrama seguinte, no que queda constancia da secuencia e interacción que se produce entre eles:

Ingreso e acollida Valoración e Admisión

- Acollida

Intervención Educativa

Saída

- Planificación da intervención - Desenvolvemento da intervención - Avaliación da intervención

- Saída

Coordinación - Coordinación co ETM, FAMILIAS, COLEXIOS, OUTROS (actividades de ocio, campamentos…)

Seguindo os protocolos emitidos pola Xunta, este proceso de intervención cos/coas menores atendidos/as no recurso residencial debe responder a dous grandes bloques de obxectivos: o desenvolvemento persoal e a integración social. Isto permite planificar a intervención, organizar as accións, avalialas e estruturar as mesmas en torno ás finalidades educativas, así como facilitar o proceso continuo de avaliación No Lar “A Mercé” os obxectivos xerais de cada un destes bloques, que se concretarán logo nas Programacións Anuais e nos Proxectos Educativos Individualizados, son os seguintes:


PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO 50

DESENVOLVEMENTO PERSOAL  Desenvolvemento físico: OBXECTIVO XERAL: Promover a saúde integral dos/as menores OBXECTIVOS ESPECÍFICOS Potenciar a interiorización dos hábitos necesarios para desenvolverse correctamente no cotiá Previr enfermidades Fomentar a autonomía na utilización dos recursos sanitarios Previr os hábitos nocivos e toxicomanías Facilitar a formación en educación sexual.

 Desenvolvemento intelectual e cognitivo OBXECTIVO XERAL: Procurar o desenvolvemento intelectual do/da menor OBXECTIVOS ESPECÍFICOS Posibilitar que o/a menor realice diariamente as súas tarefas escolares con autonomía. Contribuír ao desenvolvemento das habilidades básicas. Crear unha actitude positiva sobre a aprendizaxe .


PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO 51

 Desenvolvemento afectivo e emocional OBXECTIVO XERAL: Favorecer a creación dunha autoestima positiva OBXECTIVOS ESPECÍFICOS Favorecer que os/as menores obteñan e sexan capaces de manifestar unha identidade propia. Fomentar o pensamento reflexivo e o espírito crítico. Potenciar un autoconcepto positivo Ensinar a valorar a opinión que as demais teñen dun/dunha mesmo/a.

OBXECTIVO XERAL: Potenciar a expresión positiva dos sentimentos OBXECTIVOS ESPECÍFICOS Favorecer a sinceridade e a espontaneidade Potenciar o desenvolvemento da empatía Favorecer a identificación das emocións.

 Desenvolvemento da personalidade e actitudes OBXECTIVO XERAL: Educar para a convivencia. OBXECTIVOS ESPECÍFICOS


PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO 52

Potenciar modelos de relación baseados na tolerancia e abertos ao exterior Fomentar a adquisición de habilidades sociais, de comunicación e resolución de conflitos Potenciar diferentes vencellos afectivos Favorecer o desenvolvemento dun código civico-moral

INTEGRACION SOCIAL  Contexto familiar OBXECTIVO XERAL: Facilitar a integración do/a menor nun contexto familiar axeitado.. OBXECTIVOS ESPECÍFICOS Posibilitar que o/a neno/a adquira e acepte unha visión realista da súa situación. Facilitar que a familia teña unha conciencia clara da súa problemática. Promover vencellos afectivos familiares Promover a participación da familia nos acontecementos relevantes do/a menor cando proceda Crear alianzas de intervención coas familias Fomentar a coordinación cos diferentes axentes sociais Fomentar redes de colaboración cos diferentes axentes sociais.

 Contexto escolar e formativo OBXECTIVO XERAL: Promover a integración ao centro formativo. OBXECTIVOS ESPECÍFICOS


PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO 53

Posibilitar o acceso do/a menor ao contexto formativo máis axeitado ás súas necesidades Posibilitar a participación dos/as menores na vida dos seus centros educativos Axudar a que os/as menores coñezan os recursos formativos existentes Coordinar cos centros formativos para facer un seguimento óptimo da evolución dos/as menores  Contexto de ocio OBXECTIVO XERAL: Favorecer que o/a menor descubra o tempo libre como unha oportunidade de desfrute OBXECTIVOS ESPECÍFICOS Facilitar o acceso a alternativas saudables de tempo de lecer Promover a participación en actividades lúdico-deportivas da contorna comunitaria, acordes cos seus intereses, necesidades e capacidades.

 Contexto laboral OBXECTIVO XERAL: Facilitar a adquisición das habilidades necesarias para acadar a inserción laboral

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS Orientar e fomentar a formación prelaboral dos/as maiores de 16 anos. Colaborar cos técnicos e formadores

 Integración social na residencia OBXECTIVO XERAL:


PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO 54

Facilitar a integración do/a menor no centro OBXECTIVOS ESPECÍFICOS Promover a relación co seu grupo de iguais. Establecer un marco de confianza persoa educadora/menor Facilitar a adquisición de habilidades de coidado persoal

4. INSTRUMENTOS DA ACCION EDUCATIVA.

Calquera intervención no centro está definida, fundamentada e delimitada por unha rigorosa planificación, tanto a nivel organizativo como de intervención educativa. Esta planificación realízase en base a criterios que facilitan a súa coherencia:  Están articulados entre si, evitando as desconexións e incongruencias entre todos eles  Elabóranse en función da realidade concreta do centro, tanto dende o punto de vista da súa propia estrutura organizativa como dos/as menores atendidos/as.  Son flexibles, áxiles, tanto na súa elaboración como na súa aplicación.

1. INSTRUMENTOS XERAIS Os instrumentos xerais son aqueles referidos á organización do centro, ás programacións xerais e grupais... Amais dos documentos que se describen a continuación, e que son os básicos para a realización da actividade cotiá do centro, existen outros moitos documentos xerais, recollidos no listado de documentos e rexistros do Sistema de Xestión de Calidade.


PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO 55

PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO O PEC é o instrumento básico para a identificación, organización, planificación, regulación e avaliación da Entidade Lar “A Mercé”. Nel especifícase o tipo de traballo que se vai desenvolver. O PEC debe ser elaborado en función da normativa vixente e contar coa participación e as aportacións de todos os membros que interveñen cos/coas menores. Este documento debe permitir:  Clarificar os obxectivos e recursos dispoñibles  Coordinar os esforzos de todos os que interveñen no programa  Reducir a incertidume e a improvisación, xerando un plan de actuacións común  Outorgar identidade e unidade á tarefa educativa.

REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO O RRI establece e regula as pautas de convivencia do centro, baseadas no respecto aos dereitos individuais e grupais, definindo así mesmo as responsabilidades e dereitos fundamentais das persoas que se relacionan nel. É o documento que establece que procedementos de actuación deben levarse a cabo ante determinadas situacións clave no centro. Trátase de establecer as regras e procedementos para a converxencia de criterios en aspectos clave da vida cotiá, que dean garantía e seguridade tanto aos/ás rapaces/zas como ao persoal. Debe ter en conta as seguintes consideracións:  Debe ser froito do consenso entre todos os profesionais do centro.  Na elaboración das normas atenderase os dereitos e deberes dos/as menores, familias, persoal...  Debe estar avalado pola Inspección dos Centros de Menores

PROGRAMACIÓN ANUAL DE CENTRO A Programación Anual de Centro é un documento no que se concretan as liñas xerais e específicas de actuación que previamente foron contempladas no Proxecto Educativo de Centro e no


PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO 56

Regulamento de Réxime Interno, tamén chamado Regulamento de Organización e Funcionamento. Realizarase seguindo a temporalidade recollida nos protocolos da Xunta e conta cunha vixencia de un ano natural, en cumprimento do contrato de servizo coa Administración Autonómica. A Programación Anual deberá establecer prioridades de cara aos obxectivos a lograr e ás accións e actividades a realizar. Contemplará os recursos necesarios para a realización das actividades prantexadas, asegurando un axeitado equilibrio entre as metas e os medios dispoñibles para a súa consecución, sempre adaptados ás necesidades, intereses, percepcións e posibilidades da poboación atendida no recurso.

MEMORIA ANUAL DE CENTRO A Memoria Anual de Centro é un documento que ten por obxecto a revisión e avaliación da Programación Anual elaborada polos centros e daquelas actuacións e incidencias non incluídas na mesma. Deberá ser o suficientemente clara e concreta, para facilitar unha retroalimentación cos documentos técnicos do centro (Proxecto educativo , Regulamento de Réxime Interno) co obxecto de que estes se vaian adaptando progresivamente ás necesidades da poboación atendida. Así mesmo será a base para a elaboración da programación do ano seguinte. Este documento elaborarase seguindo a temporalidade marcada nos protocolos da Xunta para os centros colaboradores

MANUAL DE CALIDADE O Manual de Calidade do centro de menores “Lar A Mercé” é un documento que ten por obxecto definir o Sistema de Xestión de Calidade, polo que se rexen as actividades que se desenvolven dentro do servizo, en relación cos requisitos da Norma ISO; identificar os procesos a través dos que pretendemos acadar a mellora continua do sistema, así como a satisfacción dos nosos clientes e dar a coñecer a política e o obxectivo de calidade aprobados pola dirección. O Manual de Xestión da Calidade é controlado polo responsable de Calidade do centro de Menores “Lar A Mercé” da seguinte forma:


PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO 57

A elaboración do Manual de Calidade correspóndelle ao Equipo Educativo, a revisión e distribución correspóndelle ao Responsable de Calidade e a aprobación e responsabilidade ao Director do “Lar A Mercé”. O Manual de Xestión da Calidade, e toda a información contida nel debe estar dispoñible para todo o persoal empregado da entidade.

CONVOCATORIAS E ACTAS DE REUNIÓNS DO EQUIPO EDUCATIVO O Equipo Educativo reúnese periodicamente para analizar, reflexionar e coordinar as accións sobre a práctica educativa, avaliando os procesos de cada menor, de modo que se facilite o traballo educativo integral dende unha unidade de criterios. Tamén serve para coordinar as distintas actividades e tarefas a realizar por cada profesional O equipo será informado a través de correo electrónico, no que se lle enviará a convocatoria cos puntos a tratar na reunión. Ao remate da mesma, abrirase unha acta, que será asinada previa comprobación, na que se recolla toda a información abordada durante a reunión.

2. INSTRUMENTOS INDIVIDUAIS Os instrumentos individuais son todos aqueles documentos nos que se recolle a información de todos e cada un dos/as menores atendidos no centro, dende o momento da súa admisión ata a saída do centro. APLICACIÓN XECEME XeCeMe é unha aplicación informática, promovida por AGACEME4, que permite unha xestión integral da atención dos/as menores dentro dos seus respectivos centros, e que abrangue o ciclo de vida da estadía dun/duna menor nun centro, dende o momento mesmo da decisión do ingreso ata a súa saída.

4

AGACEME: Asociación Galega de Centros de Menores


PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO 58

XECEME é unha aplicación moi avanzada dende o punto de vista tecnolóxico que permite que os titulares, dirección e persoal educador dos centros poidan conectarse á mesma dende calquera dispositivo con acceso a Internet. Neste soporte informático rexístrase toda a información e documentación necesaria e xerada na intervención co/coa menor.

ESCALA DE OBSERVACIÓN É o instrumento que facilita a recollida de información de cada menor durante un período de observación de un mes dende o ingreso no centro. Ten dous obxectivos principais: observar a evolución inicial do/a menor no centro e contrastar a observación do Equipo Educativo do Centro coa información do expediente do/a menor. Durante os 30 primeiros días o/a educador/a de referencia do/a menor realizará as primeiras observacións, baseándose na escala de observación. Semanalmente puntuaranse os items que conforman a escala, tanto na área de desenvolvemento persoal como na área de integración social, cunha puntuación de 0 a 5. Unha vez rematada a escala de observación emitirase un informe inicial como resultado de ditas observacións.

INFORME INICIAL Instrumento que nos permite reflexionar e reflectir sobre os distintos items recollidos no protocolo de observación. Para a partir deste e do Plan de Caso, elaborados polos Equipos Técnicos do Menor, elaborar as liñas de intervención co/coa menor. O Informe Inicial realizarase atendendo os seguintes puntos:  Datos de identificación do/da menor.  Acollida.  Chegada do/a menor ao centro.  Valoración inicial (despois da observación): Desenvolvemento persoal (físico, intelectual e cognitivo, afectivo e emocional e da personalidade e actitudes). Integración social (contexto


PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO 59

familiar, contexto escolar e formativo, contexto de ocio, contexto laboral e integración social na residencia).  Proposta educativa.

PROXECTO EDUCATIVO INDIVIDUALIZADO O P.E.I é un documento técnico coa función primordial de facilitar e canalizar a atención individualizada de cada neno/a ou adolescente. Será elaborado principalmente pola persoa educadora de referencia, asegurando a coordinación e participación do resto de profesionais do centro, tras o oportuno período de observación, tendo presente a información e propostas facilitadas polo persoal do ETM baseándose no Plan de Caso e, tendo en conta a opinión de cada neno/a ou adolescente, en función da súa capacidade, nivel e circunstancias. Nos tempos de realización e revisión do P.E.I. teranse en conta os protocolos vixentes da Administración. Para poder cumprimentar o PEI debemos ter en conta:  Establecer obxectivos a acadar durante o período de intervención do centro, de acordo cos establecidos no Plan de Caso e aliñados co PEC do centro. Os obxectivos deben formularse como logros a alcanzar polo/a neno/a ou adolescente.  Estipularanse para cada obxectivo as actividades ou tarefas que haxa que realizar, quen as levará a cabo, o tempo previsto para iso, as condicións baixo as que deben realizarse e o nivel mínimo esixido. Teranse en conta os recursos humanos, materiais, técnicos... necesarios para acadar os obxectivos, e outros recursos que resulten precisos, ademais dos proporcionados directamente polo centro.  Cada obxectivo leva a temporalización prevista para a consecución do mesmo, se ben será revisada a súa evolución semestralmente  Estableceranse criterios que permitan valorar a aproximación aos obxectivos.  P.E.I. é un documento que evoluciona e se amplía no tempo.


PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO 60

INFORME DE SEGUIMENTO EDUCATIVO Instrumento que facilita a coordinación, ao facilitar un tránsito fluído de información entre as partes intervinientes. O Informe de Seguimento Educativo, por unha banda permite a avaliación da consecución por parte do/a menor dos obxectivos prantexados no seu PEI e por outra serve de medio de comunicación. A elaboración deste informe ten lugar de forma periódica, cada seis meses, dende a entrega/elaboración do correspondente PEI. O educador de referencia do/a menor encargarase de elaborar e de entregar o informe de seguimento na data que lle corresponda, para a análise e aprobación pola dirección e posterior entrega ao ETM correspondente. A maiores, aos tres meses de entregado este informe de seguimento, elabórase un informe de seguimento interno que se pon en común co equipo educativo e se fai constar na acta da reunión dese mes. A elaboración deste informe terá lugar despois de levar a cabo as actividades e tarefas especificadas para alcanzar os obxectivos establecidos, tanto para o ámbito de desenvolvemento persoal como para o ámbito de integración social. A elaboración do informe adaptarase ao modelo deseñado para tal efecto.

INFORME FINAL O Informe Final é elaborado pola persoa educadora de referencia do/a menor. Nel farase unha valoración global de todo o traballo realizado co/coa menor dende o seu ingreso. No caso de baixas programadas, este informe entregarase 15 días antes de que esta se faga efectiva; en caso da baixas urxentes, deberá entregarse á maior brevidade posible (nun prazo non superior a unha semana)


PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO 61

AVALIACIÓN O PEC ten unha vocación de estabilidade, non obstante, ten que someterse a revisión co fin de introducir as modificacións que se consideren necesarias para evitar que se produza un distanciamento entre as intencións educativas e a práctica real. A temporalidade do PEC será a que marque a lexislación vixente. Chegado o momento revisarase e actualizarase naqueles aspectos que se consideren necesarios para adaptalo ás necesidades dese momento. Para que esta avaliación do PEC sexa efectiva e garanta a utilidade do mesmo, debe ser participativa, é dicir, a responsabilidade da avaliación ten que recaer en todos os membros do equipo educativo do centro, segundo o seu papel e funcións na vida do mesmo e debe ser liderada pola Dirección, que a impulsará como ferramenta de mellora da calidade da acción do centro; esta multiplicidade de achegas é esencial para realizar xuízos de valor obxectivos e argumentados. Nesta avaliación debemos poñer de manifesto tanto os aspectos positivos da nosa labor como os negativos, profundando na comprensión dos sucesos que os motivaron e dos contextos nos que se produciron.

1. CRITERIOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN Os criterios de avaliación son os principios ou ideas en torno aos que imos emitir un xuízo valorativo; deben permitirnos valorar a relevancia (a congruencia entre os obxectivos do PEC e o resultado obtido), sostenibilidade (a medida en que a institución mantén vixentes os cambios logrados), eficacia (o grao de cumprimento dos obxectivos) e eficiencia (o modo en que se organizaron e empregaron os recursos dispoñibles no proxectado) do noso PEC. Para obter resposta a estes criterios avaliativos son moitos e moi variados os instrumentos de recollida de información e de valoración da mesma que temos na nosa labor educativa. En cada un dos casos debemos utilizar aqueles que sexan coherentes coa natureza da información que se quere obter, que responda aos obxectivos perseguidos, que sexan aplicables no tempo, viables para os recursos humanos e materiais existentes, que non dificulten a dinámica do centro e que encaixen no momento en que se atopa a nosa acción. Á hora de avaliar debemos centrarnos nos seguintes aspectos:


PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO 62

 O contido descritivo do documento, é dicir, aqueles apartados que nos sitúan na realidade lexislativa, física, da poboación que atendemos... recollidos nos apartados: Introdución, Descrición do centro e da poboación atendida e Lexislación. Para avaliar a adecuación do centro á realidade do momento hai que establecer unha serie de interrogantes que nos guíen na observación do centro e confirmen se cada un dos epígrafes responde á situación actual ou, no seu defecto, se son necesarios cambios. (cuestionario anexo orientativo) CONTIDO DESCRIPTIVO DO DOCUMENTO CRITERIOS

INSTRUMENTOS

Descrición do centro: analizando se houbo variacións

Observación Documentación interna Documentación de calidade

Datos identificativos: posibles variacións

Documentación interna

Tipoloxía: houbo variacións lexislativas

Convenio coa Xunta de Galicia Lexislación

Recursos: melloras, cambios, ampliacións....

Documentación de calidade: actas de reunións, propostas de mellora, memorias anuais Observación

Entorno: producíronse cambios no entorno do centro?

Información do Concello Páxinas web

Poboación atendida: PEC?

segue respondendo á tipoloxía recollida no

Convenio coa Xunta de Galicia Lexislación Documentación de calidade: memorias anuais

 contido da acción educativa, que abrangue os apartados: Estrutura organizativa, Relacións cos grupos de interese, Criterios metodolóxicos, Eidos de desenvolvemento


PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO 63

da intervención educativa e Instrumentos da acción educativa; facendo especial fincapé na avaliación das necesidades con respecto aos/ás menores e á organización do centro. Á hora de avaliar o PEC, está é a parte máis laboriosa, porque é a que depende directamente da nosa xestión, profesionalidade, implicación e labor directa cos diferentes grupos de interese. É importante concretizar moito este aspecto para evitar subxectividades que nos leven a unha errónea análise da situación. (cuestionario anexo orientativo)

CONTIDO DA ACCIÓN EDUCATIVA INSTRUMENTOS

CRITERIOS

Estrutura organizativa: a nosa estrutura Lexislación correspóndese

coa

recollida

no

responde á lexislación vixente...

PEC, Observación Documentación de calidade: cuestionarios de satisfacción dirección,

do

persoal,

plans

anuais

revisión de

pola

formación,

propostas de mellora, memorias anuais... Relación

cos

grupos

de

interese: Lexislación

mantéñense estes grupos de interese, hai Documentación de calidade: cuestionarios de novos grupos.

satisfacción dos ETM, dos colexios, dos/as menores, memorias anuais... Observación

Criterios

metodolóxicos:

analizando

se Lexislación

houbo variación nos criterios que rexen a Documentación

de

nosa intervención educativa, se os principios reunión... educativos e as fases de intervención Observación e análise recollidos no PEC seguen a representarnos e

calidade:

actas

de


PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO 64

identificarnos como centro Eidos de desenvolvemento da intervención Documentación de calidade: propostas de educativa: analizando se os obxectivos, mellora, revisión pola dirección, análise dos técnicas indicadores, memorias anuais, actas de utilizados na nosa intervención educativa reunións... programas,

instrumentos

e

son os axeitados á poboación atendida, se Observación e análise dan resposta ás súas necesidades, se son coherentes entre si e co noso modelo e principios teóricos, facendo especial fincapé na relación e aliñación dos diferentes plans, proxectos e programas Instrumentos da acción educativa

Lexislación Documentación-protocolos da Xunta de Galicia Documentación

de

calidade:

procesos

esenciais

2. RESULTADOS DA AVALIACIÓN Rematada a recollida e análise de todos e cada un dos apartados do PEC, o membro do equipo educativo con menor carga de traballo redactará un informe avaliativo que inclúa os aspectos positivos e os mellorables do documento vixente, con todas as conclusións, aportacións individuais, acordos e propostas, que servirá de base para a redacción dun novo PEC. Esta nova versión deberá ser ratificada por todos aqueles que colaboraron na súa realización, garantindo así a súa valía na práctica.


PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO 65

Unha vez realizado o novo documento, a dirección do centro, como responsable máximo do mesmo, fará chegar a todo o persoal, á titularidade, á administración e a todos os grupos de interese que así o demanden, a nova redacción do PEC, que servirá, durante o seu período de vixencia, de reflexo do que somos, de onde estamos e de como traballamos.


PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO 66

ANEXO INTRODUCIÓN


PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO 67

DESCRIPCIÓN DO CENTRO.


PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO 68


PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO 69

POBOACIÓN ATENDIDA

ACCIÓN EDUCATIVA Organización Educativa


PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO 70


PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO 71

Intervención Educativa CRITERIOS METODOLÓXICOS.

EIDOS DE DESENVOLVEMENTO DA INTERVENCIÓN EDUCATIVA


PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO 72

INSTRUMENTOS DA ACCIÓN EDUCATIVA


PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO 73

AVALIACIÓN DO PEC


LEXISLACIÓN:

O noso centro réxese por diferentes lexislacións en materia de menores que van do máis xeral, a internacional, ao máis específico, a autonómica. Pero non só nos afectan as leis de menores, temos que ter tamén moi en conta aquela referida a sanidade, calidade, seguridade... Tendo isto en conta, a continuación enumeramos aquelas leis e decretos que máis nos afectan:

INTERNACIONAL: Declaración dos Dereitos do Neno, adaptada pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas o 20 de novembro de 1959. Convenio da Haya, de 19 de outubro de 1996, relativo á competencia, a lei aplicable, o recoñecemento, a execución e a cooperación en materia de patria potestade e de medidas de protección do menor.

EUROPEA: Convenio Europeo n° 105, sobre o recoñecemento e a execución de decisión en materia de custodia de menores e restablecemento de dita custodia. Feito en Luxemburgo o 20 de maio de 1980 e ratificado por España o 9 de maio de 1984 (BOE 1/IX) Convenio Europeo n° 160, de 25 de xaneiro de 1996, sobre o exercicio dos dereitos dos nenos. Estrasburgo. Ratificado por España o 5 de decembro de 1997.

NACIONAL Constitución Española de 1978 Lei orgánica 1/96, de 15 de xaneiro, de Protección xurídidca do Menor, de modificación parcial do Código Civil e da Lei de Enxuiciamento Civil (BOE 17/I) Lei Orgánica 5/00, de 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores (BOE 13/I). Modificada por LO 7/00, LO 8/00 e LO 14/03


Real Decreto 1774/04, de 30 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da LO 5/00m de 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores (BOE 30/VIII) Instrución 2/06, de 15 de marzo, sobre o Fiscal e a protección do dereito ao honor, intimidade e propia imaxe do menores. I Convenio Colectivo Estatal de Reforma Xuvenil e Protección de Menores Resolución de 13 de novembro de 2012, da Dirección Xeral de Emprego, pola que se rexistra e publica o II Convenio colectivo estatal de reforma xuvenil e protección de menores. Lei orgánica 15/1999, de 13 de Decembro de Protección de Datos de Carácter Persoal Lei 31/1995, de 8 de Novembro, de prevención de riscos laborais Real Decreto 2291/1985, de 8 de noviembre, por el que se aprueba el Reglamento de Aparatos de Elevación y Manutención de los mismos.Nueva ITC de Ascensores de 22 de febrero de 2013 que actualiza o Regulamento do R.D. 2201/1985. Regulamento de instalaciones térmicas en edificios (RD 1027/2007) Real Decreto 238/2013, de 5 de abril, por el que se modifican determinados artículos e instrucciones técnicas del Reglamento de Instalaciones Térmicas en los Edificios, aprobado por Real Decreto 1027/2007, de 20 de julio. Real Decreto 842/2002, de 2 de agosto, por el que se aprueba el Reglamento electrotécnico para baja tensión. REAL DECRETO 393/2007, de 23 de marzo, por el que se aprueba la Norma Básica de Autoprotección de los centros, establecimientos y dependencias dedicados a actividades que puedan dar origen a situaciones de emergencia.REAL DECRETO 865/2003, de 4 de julio, por el que se establecen los criterios higiénico-sanitarios para la prevención y control de la legionelosis. BOE n° 171 18/07/2003 Ley Orgánica 8/2015, de 22 de julio, de modificación del sistema de protección a la infancia y a la adolescencia. Ley 26/2015, de 28 de julio, de modificación del sistema de protección a la infancia y a la adolescencia.

AUTONÓMICA Decreto 291/1995, de 3 de Novembro polo que se desenvolve a 4/1993, de 14 de Abril,


de Servizos Sociais, no relativo a rexistros de entidades prestadoras de Servizos Sociais Orden del 1 de Agosto de 1996 pola que se regulan os contidos mínimos do Regulamento de Réxime Interno e o Proxecto Educativo de Centros de atención de menores Lei 3/1997 de 9 de Xuño da familia, da infancia e da adolescencia. Decreto 42/2000, do 7 de Xaneiro polo que se refunde a normativa reguladora vixente en materia de familia, infancia e adolescencia Decreto 406/2003, do 29 de outubro, polo que se modifica o Decreto 42/2000, de 7 de xaneiro, polo que se refunde a normativa reguladora vixente en materia de familia, infancia y adolescencia Decreto 329/2005, de 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á familia Lei orgánica 4/1992, de 5 de xuño, reguladora da competencia e do procedemento dos xuzgados de menores LEI 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia IV Plan Integral de Apoio ás Familias Galegas (2008-2011) Decreto 184/2008, do 24 de xullo, polo que se crea o Observatorio Galego da Infancia DECRETO 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento. Decreto 35/2000, do 28 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento e execución da Lei de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia. DECRETO 171/2010, de 1 de outubro, sobre plans de autoprotección na Comunidade Autónoma de Galicia. Lei 8/2008, de 10 de julio, de saúde de Galicia, DECRETO 204/2012, de 4 de octubre, polo que se crea o Rexistro Galego Sanitario de Empresas e Establecementos Alimentarios DECRETO 9/2001, do 11 de xaneiro polo que se regulan os criterios sanitarios para a prevención da contaminación por legionella nas instalacións térmicas


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.