EXPOSICIÓN REINVENTA Lara Torres Rodríguez
11 DECEMBRO- 12 XANEIRO 2011
Galería Metro Rúa Nova,24, 15705, Santiago de Compostela. www.galeriametro.com Tlf. 881 031 279
GALERIA METRO pertence á empresa mc proxectos de arte, sl. e está especializada na difusión e venta de obras de artistas contemporáneos. Desde os nosos inicios no ano 2007, a labor de promoción e difusión persegue popularizar o consumo de arte como mecanismo de revalorización da creación artística e cultural e contribuir á profesionalización dos nosos artistas. Mediante a plataforma virtual, ademáis da producción de exposicións e a asistencia a feiras especializadas, pretendemos unha maior capacidade e alcance na promoción dos nosos artistas, mantendo o rigor en canto á calidad e servizo aos nosos clientes, tal e como o estivemos facendo durante estes últimos anos. A nosa selección conxuga a aposta decidida por creadores emerxentes, con propostas artísticas de calidade e económicamente atractivas, e artistas consolidados que xa ocupan un lugar destacado no panorama artístico actual.
“O poema-obxeto é unha criatura anfibia que vive entre dous elementos: o signo e a imaxe, o arte visual e o arte verbal. Un poema-obxeto contemplase e, ao mesmo tempo, leese. O poema-obxeto ofrécese á vista como un enigma visual, descifralos exixe leelos, pero… coidado! Non se propón contar ou entreter, senon maravillar: O seu carácter é poético.” O poema-obxeto é unha composición que tende a combinar os recursos da poesía e a plástica, especulando sobre o seu recíproco poder de exaltación. O primeiro poema-obxeto foi presentado por André Breton en 1929.
Neste traballo expoño algúns poemas obxeto. Trátoos de preto analizando as características de cada un. Previa á súa materialización houbo un traballo de bocetos e un proceso para a elección dos materiais empregados. Algunhas das ideas non as realicei por diferentes cuestións en cada caso. Ao meu parecer, as que materialicei foron as eleccións axeitadas.
REFERENTES Chema Madoz. A súa obra é fotográfica e dota de gran importancia a obxetos cotidianos modificandoos levemente cambiando o seu significado atribuíndolle outro novo. Realiza obras conceptuais e pensa que o medio de conservación máis axeitado das mesmas é a fotografía. Di que a fotografía en branco e negro fai centrarse ao espectador na obra posto que elimina o factor da cor eliminando así distracións e calquer tipo de interferencia subxectiva do espectador. Joan Brossa. Poeta catalán. Para el non había distincións entre xéneros artísticos. Comezou a incluir os poemas visuais nos seus libros de poesía literaria. Carelman cos seus obxetos imposibles.
POEMAS OBXETO
POEMAS
OBXETO
Neste poema obxeto empreguei pelo natural, de feito é pelo do meu último corte. Quíxeno facer meu enteiramente. Un cepillo que ten como función esencial cepillar o pelo, pérdea totalmente ao sustituir as puas encargadas da acción por pelo natural, elemento receptor da mesma. Empreguei este cepillo en concreto xa que as cores non son nada estridentes nin demasiado escuras como é común nestes artículos. Son cores claras e pastelosas que non eclipsan para nada o engadido do pelo. Cada parte ten o protagonismo correspondente e axeitado. No mango o cepillo tiña a marca, feito que interferia visualmente co conxunto e intentei eliminala e que non se percibira.
Pelos na testa
POEMAS OBXETO
Proposición de ferretería
Neste poema obxeto a modificación é moi insignificante pero efectiva. Consiste nunha simple adesión do elemento tuerca mediante Supergen. O punto de unión é casi imperceptible. Quedou bastante depurado. Presento a tuerca a modo de diamante ou pedra preciosa. A presentación é dentro dunha caixiña aberta de xoiería, por un lado para que a peza se manteña vertical e permita a súa correcta visualización, e por outro lado para incluilo nun entorno ou elemento socialmente recoñecible como contexto. A caixa está forrada con terciopelo vermello, unha cor moi común nestas caixiñas. É a cor da paixón, do amor... e penso que por eso se emprega xa que vai dirixida normalmente ao acto da proposición.
POEMAS OBXETO Este poema obxeto consiste na unión de dúas escobillas de baño xerando así unha escobilla doble. Para a súa realización precisei ferramentas do taller de plástico para realizar o corte limpo das escobillas, e do de metal posto que o punto que permite o anclaxe depende dun tornillo. Ao tornillo tívenlle que cortar o cabezal e xerar así dúas puntas. No resultado final a unión é prácticamente imperceptible. Ao poñer por duplicado o obxeto interfiro no seu uso. Non podería funcionar como escobilla de baño posto que a súa hergonomía vese afectada negativamente, e tampouco podería funcionar como bastoncillo dos oidos, forma ca que garda gran parecido, debido á súa escala e ao material do que está composto. Conseguín que esta forma perdera por completo o seu uso. A imaxe está tomada sobre un fondo negro para potenciar o contraste e permitir así a mellor apreciación do obxeto.
Baño, non
POEMAS OBXETO
Este obxeto orixinalmente está destinado a amasar e modelar a masa. Ca modificación da supercicie encargada da acción mediante unha lixa de grano groso vese dificultado o uso do obxeto. Elexín unha lixa de cor negra para incrementar o contraste ca cor da madeira do rodillo e potenciar así o cambio, visualmente falando. Sobre fondo branco resaltan todos os aspectos da obra.
Non o que pensas, rasca
POEMAS OBXETO
Este poema obxeto consta dunhas gafas de bucear e dunhas pestanas postizas. A elección deste modelo en concreto débese a que a súa forma aseméllase moito máis que outras ao ollo humano con esas formas curvas. Axústanse Rimel moito máis ao meu proxecto estas que outras grandes de submarismo que hai no mercado. Son consciente que a cor azul tal vez distrae un pouco a atención das pestanas pero non considerei que fora algo que perxudicase extremadamente á idea. A fotografía tomeina intencionadamente sobre fondo branco para coseguir así que as pestanas resalten.
baixo as profundidades
POEMAS OBXETO
Neste poema obxeto a miña intención é xerar contrastes sociais mediante os materiais e as formas. Empreguei un collar de perlas que se lle atribuen á clase alta e pudente, asóciase ca elegancia. Engadinlle un silbato de plástico azul, vese que é un silbato de xoguete, nin siquiera é dos metálicos. Elexín o que ten que ver cun material barato para referirme a clases baixas e de baixa economia. Un silbato ten como función chamar a atención de aí que elexira este elemento como medio de unión cas perlas posto que a xente pudente é a que se pode permitir demandar todo o que lles poida apetecer debido á súa condición. Unha realidade é que quen manda nesta sociedade é a economía, quen ten poder adquisitivo . Pide, ti que podes
Neste caso tamén invalidei o uso do obxeto orixinal. Un reloxo que é para levar na muñeca e poder ver a hora, debido a estes pinchos (alfileres) que engadín xa non se pode poñer. Queda inutilizado. Elexín este reloxo negro por ser algo neutro, nin é moi ancho nin moi fino, nin moi elegante nin de plástico e resalta sobre o fondo branco. Son consciente de que o acabado final neste caso non é o óptimo pero non o dei resolto de mellor maneira pero decidín incluilo igualmente.
Precaución, pincho
EXPOSICIÓN REINVENTA
Lara Torres Rodríguez
11 DECEMBRO- 12 XANEIRO 2011
Galería Metro Rúa Nova,24, 15705, Santiago de Compostela. www.galeriametro.com Tlf. 881 031 279