2 minute read

O 3º ciclo coñece maís ao arquitecto Antonio Palacios.

TEMPLO VOTIVO DO MAR, Panxón

Antonio Palacios deseñou na fachada unha torre alta de 30 metros a modo de faro, coa finalidade de que os mariñeiros a localizasen e servise de guía.

Advertisement

A decoración interior das bóvedas do templo está baseada en mosaicos realizados polos nenos de Panxón con restos de vidro e azulexo.

FONTE DO CRISTO, Porriño

Antonio Palacios (1874-1945) foi un arquitecto porriñés. Pasou a súa infancia entre as canteiras da familia da súa nai e o traballo do seu pai como axudante de Obras Públicas no ferrocarril. Os seus restos están enterrados no cemiterio de Porriño, no chan, baixo unha lousa da pedra que marcou a súa obra: o granito.

Antonio Palacios

VIRXE DA ROCHA, Baiona

É unha estatua duns 15 m tallada construída en pedra sobre as rochas do monte Sansón para orientar e protexer aos navegantes. A cara e as mans son de mármore branco. A coroa é de porcelana.

CASA DO CONCELLO, Porriño BOTICA NOVA, Porriño TEMPLETE DO METRO DE SAN LUIS, Porriño

Este curso estivemos facendo unha pequena investigación sobre o camiño de Santiago; así que fomos de excursión a Tui, porta de entrada do camiño portugués. Alí o concelleiro de turismo facilitounos o plano de Dona Urraca e aí fomos nós, en busca das pistas do plano, percorrendo parte da zona vella da cidade. Moitas grazas á Oficina de Turismo e ao concelleiro, foron moi amables. Logo merendamos no parque coas vistas ao Río Miño e fomos a Porriño.

A ciencia entra nas nosas aulas a miúdo. Consideramos fundamental estimular o pensamento científico e evitar a toda costa que se cometa un crime… Si, si, o crime de acabar coa capacidade de razoar do noso alumnado e de preguntarse o porqué das cousas. Por iso, participamos nos talleres de Galiciencia e fixemos algúns retos de Misión Alba. Temos un acuario con gambas, vermes de seda e tratamos de incubar ovos, este ano sen éxito.

http://terceirociclovincios.blogspot.com/ Visita o noso blogue.

This article is from: