O Museo Municipal de Vigo nace coa doazón á cidade, en 1924, do Pazo de Castrelos propiedade de D. Fernando Quiñones de León, Marqués de Alcedo, quen dispuxo ó facelo que se adicase a museo. Dispón de vintenove salas de exposición permanente e biblioteca. A planta baixa mantén aínda a atmosfera da antiga residencia dos Marqueses, ademais de expoñer a pintura europea dos séculos XVII e XVIII, doazón de Policarpo Sanz. Un edificio anexo do pazo recolle a sección de arqueoloxía que amosa a evolución de Vigo e a súa bisbarra desde o Paleolítico á Idade Media. A sección de arte galega permite un percorrido pola pintura e escultura galegas desde finais do século XIX até hoxe, mostrando as principais tendencias e os artistas máis representativos.
Sala de arqueoloxía
Pazo e pinacoteca antiga
Pinacoteca galega contemporánea
Comedor de Sargadelos Con probabilidade esta estancia era usada polos marqueses como comedor de diario; entre outras cousas porque comunica directa e secretamente coa ala onde se ubicaba a cociña. Nas vitrinas desta sala expóñense pezas variadas da coñecida cerámica galega de Sargadelos, pertencentes, cos seus característicos tons azuis. Na mesa, dous floreiros de Sèvres e unha fonte de Limoges.
Escaleira Esta peza sobresaínte converte ao pazo de Castrelos nun edificio único, entre os da súa especie, ao dotalo dun aire aristocrático inglés, moi afastado das escaleiras doutros pazos, de pedra normalmente exterior. Resulta unha escaleira sólida, moi elegante, toda ela en carballo americano.
PREHISTORIA (120.000-1000 a. C) PRIMEIRAS FERRAMENTAS
BIFAZ RAEDERAS
CHOPPER
ENTERRAMENTOS
CISTA
MAMOA
CULTURA CASTREXA (VII a. C – I d. C) COMO COCIÑABAN
BANDEXAS PARA O LUME
COMO SE VESTÍAN
FÍBULAS FUSALOIAS (PESOS DO FUSO)
Un fuso é unha ferramenta que serve para fiar Fíbula pezas metálicas utilizadas na antigüidade para unir ou suxeitar algunha das pezas que compuñan o vestido,
ROMANIZACIÓN ( II – VI d. C)
PARA A COCIÑA E O ALMACENAXE
ESTELA FUNERARIA ROMANA placa funeraria